< Return to Video

Taylor Wilson: Sí, construín un reactor de fusión nuclear.

  • 0:00 - 0:02
    Chámome Taylor Wilson.
  • 0:02 - 0:04
    Teño 17 anos
  • 0:04 - 0:06
    e son físico nuclear,
  • 0:06 - 0:09
    pode que non o creades, pero é verdade.
  • 0:09 - 0:12
    Vou presentar un caso
  • 0:12 - 0:14
    no que o tema principal
  • 0:14 - 0:16
    será a fusión nuclear,
  • 0:16 - 0:18
    o tema do que falou
  • 0:18 - 0:20
    T. Boone Pickens
  • 0:20 - 0:23
    A fusión nuclear é a enerxía do futuro.
  • 0:23 - 0:25
    Por outra banda,
  • 0:25 - 0:27
    tamén falarei de que os rapaces poden cambiar o mundo.
  • 0:27 - 0:29
    Así que podedes preguntarvos...
  • 0:29 - 0:33
    (aplausos)
  • 0:33 - 0:35
    Podedes preguntarme,
  • 0:35 - 0:37
    ¿como podes saber cal será a enerxía do futuro?
  • 0:37 - 0:39
    Eu construín un reactor de fusión
  • 0:39 - 0:41
    cando tiña 14 anos.
  • 0:41 - 0:44
    Isto é o interior do meu reactor
  • 0:44 - 0:46
    Comecei con este proxecto
  • 0:46 - 0:49
    cando tiña 12 ou 13 anos.
  • 0:49 - 0:51
    Decidín que quería facer unha estrela.
  • 0:51 - 0:53
    A maioría de vos probablemente pensedes,
  • 0:53 - 0:56
    non existen as fusións nucleares.
  • 0:56 - 0:59
    Nunca vin una central nuclear con enerxía de fusión.
  • 0:59 - 1:01
    Non ten beneficios nin perdas.
  • 1:01 - 1:03
    Non produce máis enerxía da que se introduce,
  • 1:03 - 1:06
    pero aínda así fai cousas bastante chulas.
  • 1:06 - 1:08
    Así que construín isto no meu garaxe,
  • 1:08 - 1:10
    que agora está no departamento de física
  • 1:10 - 1:12
    da Universidade de Nevada, en Reno.
  • 1:12 - 1:14
    Golpea átomos de deuterio,
  • 1:14 - 1:17
    que son átomos de hidróxeno cun neutrón de máis.
  • 1:17 - 1:20
    Así que é unha reacción similar
  • 1:20 - 1:22
    á cadea de protóns, que ten lugar dentro do sol.
  • 1:22 - 1:25
    Golpeo eses átomos con tanta forza
  • 1:25 - 1:27
    que o hidróxeno se fusiona,
  • 1:27 - 1:29
    creando uns subprodutos no proceso
  • 1:29 - 1:32
    que emprego despois.
  • 1:32 - 1:35
    O ano pasado,
  • 1:35 - 1:39
    gañei o premio da Intel ISEF.
    [un certame científico]
  • 1:39 - 1:41
    Elaborei un detector que substitue ós que teñen agora
  • 1:41 - 1:43
    no Departamento de Seguridade Nacional dos EEUU.
  • 1:43 - 1:45
    Por menos de 1000 dólares,
  • 1:45 - 1:48
    construín un sistema máis sensible que o seu,
  • 1:48 - 1:51
    que custa centos de miles de dólares.
  • 1:51 - 1:53
    No meu garaxe.
  • 1:53 - 1:55
    (aplausos)
  • 1:55 - 1:57
    E elaborei un sistema
  • 1:57 - 1:59
    que produce isótopos médicos.
  • 1:59 - 2:01
    En lugar de necesitar instalacións de millóns de dólares,
  • 2:01 - 2:04
    construín un mecanismo que, a pequena escala,
  • 2:04 - 2:06
    pode producir estes isótopos.
  • 2:06 - 2:09
    Isto de aquí é o meu reactor de fusión.
  • 2:11 - 2:13
    E ése son eu controlando
  • 2:13 - 2:15
    o reactor de fusión.
  • 2:15 - 2:18
    O, e tamén produzo óxido de uranio no meu garaxe,
  • 2:18 - 2:21
    así que o meu programa nuclear é tan avanzado coma o iraní.
  • 2:21 - 2:24
    Quizais non debería admitir iso.
  • 2:24 - 2:27
    Este son eu no CERN, en Xenebra, en Suiza.
  • 2:27 - 2:31
    O laboratorio de física de partículas máis sobresaínte do mundo.
  • 2:31 - 2:33
    E este son eu co presidente Obama,
  • 2:33 - 2:36
    cando lle mostrei o meu traballo para o Deparatamento de Seguridade.
  • 2:36 - 2:41
    (aplausos)
  • 2:41 - 2:43
    Así que en sete anos
  • 2:43 - 2:45
    de investigación nuclear,
  • 2:45 - 2:47
    comecei co soño
  • 2:47 - 2:49
    de facer unha estrela no meu garaxe,
  • 2:49 - 2:51
    e rematei coñecendo ó presidente
  • 2:51 - 2:54
    e fabricando cousas que penso que poden cambiar o mundo.
  • 2:54 - 2:56
    E penso que outros rapaces tamén poden.
  • 2:56 - 2:58
    Así que moitas grazas.
  • 2:58 - 3:11
    (aplausos)
Title:
Taylor Wilson: Sí, construín un reactor de fusión nuclear.
Speaker:
Taylor Wilson
Description:

Taylor Wilson cre que a fusión nuclear é a solución que o futuro enerxético necesita e que os rapaces poden cambiar o mundo. E él sabe bastante sobre estas dúas cousas: cando tiña 14 anos construíu un reactor de fusión que funcionaba no garaxe dos seus pais. Agora, con 17 anos, súbese ó escenario de TED para contar a versión resumida da súa historia.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
03:32

Galician subtitles

Revisions