O xenio da táboa periódica de Mendeleiev -- Lou Serico
-
0:14 - 0:17A táboa periódica recoñécese ao instante.
-
0:17 - 0:20Non só está nos laboratorios
do mundo enteiro, -
0:20 - 0:23senón tamén en camisetas,
cuncas e cortinas de baño. -
0:23 - 0:26Pero a táboa periódica non é só
outra icona de moda. -
0:26 - 0:29É un exemplo perfecto do inxenio humano,
-
0:29 - 0:34ao nivel do Taj Mahal, a Mona Lisa
ou o sándwich de xeado. -
0:35 - 0:40E o seu creador, Dmitri Mendeleiev,
unha lenda da ciencia. -
0:40 - 0:43E por que?
Que hai de xenial nel e na súa táboa? -
0:43 - 0:46Foi porque fixo unha lista exhaustiva
dos elementos coñecidos? -
0:46 - 0:50Piiiii! Un lugar no Panteón da Ciencia
non se acada só por facer unha lista. -
0:51 - 0:54Ademais, Mendeleiev nin sequera foi
a primeira persoa que a fixo. -
0:55 - 0:58Será porque Mendeleiev agrupou
os elementos con propiedades similares? -
0:59 - 1:01Tampouco. Iso tamén se fixera antes.
-
1:01 - 1:03E entón, cal foi o xenio de Mendeleiev?
-
1:04 - 1:08Vexamos unha das primeiras versións
da táboa periódica, aí polo 1870. -
1:08 - 1:11Aquí vemos elementos designados
con símbolos de dúas letras, -
1:11 - 1:12organizados nunha táboa.
-
1:12 - 1:15Fíxense na entrada da columna 3,
liña 5. -
1:15 - 1:17Alí hai unha raia.
-
1:17 - 1:22Dese modesto marcador xorde
a brillantez pura de Mendeleiev. -
1:22 - 1:25Esa raia é ciencia.
-
1:25 - 1:29Poñendo a raia aí, Dmitri facía
unha declaración audaz. -
1:29 - 1:31Dicía --e agora parafraséoo--
-
1:31 - 1:36"Ninguén descubriu aínda este elemento.
Ata daquela, voulle dar un nome. -
1:36 - 1:39Está a un recadro do aluminio,
así que imos chamarlle eka-aluminio. -
1:39 - 1:41En sánscrito 'eka' significa 'un'.
-
1:43 - 1:46Ninguén descubríu aínda o eka-aluminio,
así que non sabemos nada sobre el, non? -
1:46 - 1:51Falso! Partindo da súa posición na táboa
podo contarvos todo sobre el. -
1:51 - 1:56Primeiro, un átomo de eka-aluminio
ten un peso atómico de 68, -
1:56 - 1:58é case 68 veces máis pesado
ca un átomo de hidróxeno. -
1:58 - 2:03Cando o eka-aluminio se ille veredes que é
un metal sólido a temperatura ambiente. -
2:03 - 2:05É brillante, conduce moi ben a calor,
-
2:05 - 2:07Pode aplanarse en follas,
estirarse en arames, -
2:07 - 2:11pero ten un punto de fusión baixo,
estrañamente baixo. -
2:12 - 2:15Ah, e un centímetro cúbico
ha pesar 6 gramos." -
2:16 - 2:20Mendeleiev podía prever todo isto
só vendo onde estaba o espazo en branco, -
2:20 - 2:23e cos seus coñecementos do comportamento
dos elementos que o rodeaban. -
2:24 - 2:26Poucos anos despois desta previsión,
-
2:26 - 2:29un francés, chamado
Paul Emile Lecoq de Boisbaudran, -
2:29 - 2:32descubriu un novo elemento
en mostras de minerario -
2:32 - 2:34e chamoulle "galio", por "Galia",
o nome histórico de Francia. -
2:35 - 2:39O galio está a un paso do aluminio
na táboa periódica. -
2:39 - 2:43É o eka-aluminio. Entón as previsións
de Mendeleiev foron acertadas? -
2:43 - 2:47O peso atómico do galio é 69,72.
-
2:47 - 2:50Un centímetro cúbico pesa 5,9 gramos.
-
2:51 - 2:53É un metal sólido a temperatura ambiente,
-
2:53 - 2:56pero fóndese a uns simples 30º Celsius
-
2:56 - 2:58(85º Fahrenheit).
-
2:59 - 3:01Derrétese na boca ou nas mans.
-
3:01 - 3:04Mendeleiev non só acertou de todo co galio
-
3:04 - 3:07senón que tamén previu outros elementos
descoñecidos na época: -
3:07 - 3:09escandio, xermanio, renio...
-
3:10 - 3:14O elemento que el chamou eka-manganeso
chámase hoxe tecnecio. -
3:14 - 3:22É tan raro que non puido illarse ata que
foi sintetizado nun ciclotrón en 1937, -
3:22 - 3:26case 70 anos despois de que Dmitri
predixera a súa existencia, -
3:26 - 3:2830 anos despois da súa morte.
-
3:29 - 3:32Dmitri morreu en 1907 sen acadar o Nobel,
-
3:32 - 3:35pero acabou recibindo
unha honra moito máis exclusiva. -
3:35 - 3:40En 1955, científicos da Un. de Berkeley
crearon 17 átomos -
3:40 - 3:43dun elemento descoñecido ata daquela.
-
3:43 - 3:48Este elemento encheu un recadro baleiro
na táboa periódica, no número 101, -
3:48 - 3:53e recibiu oficialmente
o nome de mendelevio en 1963. -
3:53 - 3:56Máis de 800 persoas
gañaron xa o premio Nobel, -
3:56 - 3:59pero só 15 científicos lle deron
o seu nome a un elemento. -
4:00 - 4:01Así que a próxima vez que mires
-
4:01 - 4:02para unha táboa periódica
-
4:02 - 4:06na parede dunha aula,
ou nunha cunca de cinco euros, -
4:07 - 4:11Dmitri Mendeleiev,
o arquitecto da táboa periódica, -
4:11 - 4:13estará mirando para ti.
- Title:
- O xenio da táboa periódica de Mendeleiev -- Lou Serico
- Speaker:
- Lou Serico
- Description:
-
Pode visualizar a lección enteira aquí: http://ed.ted.com/lessons/the-genius-of-mendeleev-s-periodic-table-lou-serico
Os elementos químicos xa se listaran e organizaran coidadosamente antes de Dmitri Mendeleiev. Ata se organizaran xa segundo as súas propiedades semellantes. Por que entón a táboa periódica de Mendeleiev foi a única que perdurou?
Lou Serico explícao a través do eca-aluminio, un elemento cuxa existencia foi prevista por Mendeleiev anos antes de que fose descuberto.Lección de Lou Serico, animación de TED-Ed.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TED-Ed
- Duration:
- 04:25
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The genius of Mendeleev's periodic table |