0:00:14.381,0:00:17.101 A táboa periódica recoñécese ao instante. 0:00:17.101,0:00:19.699 Non só está nos laboratorios[br]do mundo enteiro, 0:00:19.699,0:00:23.039 senón tamén en camisetas,[br]cuncas e cortinas de baño. 0:00:23.499,0:00:26.316 Pero a táboa periódica non é só[br]outra icona de moda. 0:00:26.316,0:00:29.113 É un exemplo perfecto do inxenio humano, 0:00:29.403,0:00:34.256 ao nivel do Taj Mahal, a Mona Lisa[br]ou o sándwich de xeado. 0:00:34.586,0:00:39.729 E o seu creador, Dmitri Mendeleiev,[br]unha lenda da ciencia. 0:00:40.099,0:00:42.604 E por que? [br]Que hai de xenial nel e na súa táboa? 0:00:42.934,0:00:45.890 Foi porque fixo unha lista exhaustiva[br]dos elementos coñecidos? 0:00:46.050,0:00:50.267 Piiiii! Un lugar no Panteón da Ciencia [br]non se acada só por facer unha lista. 0:00:50.917,0:00:54.028 Ademais, Mendeleiev nin sequera foi[br]a primeira persoa que a fixo. 0:00:54.518,0:00:58.233 Será porque Mendeleiev agrupou [br]os elementos con propiedades similares? 0:00:58.583,0:01:00.916 Tampouco. Iso tamén se fixera antes. 0:01:01.196,0:01:03.389 E entón, cal foi o xenio de Mendeleiev? 0:01:04.009,0:01:07.794 Vexamos unha das primeiras versións[br]da táboa periódica, aí polo 1870. 0:01:08.034,0:01:10.877 Aquí vemos elementos designados[br]con símbolos de dúas letras, 0:01:10.877,0:01:12.094 organizados nunha táboa. 0:01:12.298,0:01:15.068 Fíxense na entrada da columna 3,[br]liña 5. 0:01:15.483,0:01:17.316 Alí hai unha raia. 0:01:17.316,0:01:22.100 Dese modesto marcador xorde[br]a brillantez pura de Mendeleiev. 0:01:22.100,0:01:25.213 Esa raia é ciencia. 0:01:25.463,0:01:28.600 Poñendo a raia aí, Dmitri facía[br]unha declaración audaz. 0:01:28.600,0:01:31.100 Dicía --e agora parafraséoo-- 0:01:31.100,0:01:35.735 "Ninguén descubriu aínda este elemento.[br]Ata daquela, voulle dar un nome. 0:01:35.735,0:01:39.189 Está a un recadro do aluminio, [br]así que imos chamarlle eka-aluminio. 0:01:39.189,0:01:41.196 En sánscrito 'eka' significa 'un'. 0:01:42.526,0:01:46.295 Ninguén descubríu aínda o eka-aluminio,[br]así que non sabemos nada sobre el, non? 0:01:46.455,0:01:50.836 Falso! Partindo da súa posición na táboa[br]podo contarvos todo sobre el. 0:01:51.466,0:01:55.716 Primeiro, un átomo de eka-aluminio[br]ten un peso atómico de 68, 0:01:55.716,0:01:58.246 é case 68 veces máis pesado[br]ca un átomo de hidróxeno. 0:01:58.376,0:02:02.966 Cando o eka-aluminio se ille veredes que é[br]un metal sólido a temperatura ambiente. 0:02:02.966,0:02:04.967 É brillante, conduce moi ben a calor, 0:02:04.967,0:02:07.358 Pode aplanarse en follas, [br]estirarse en arames, 0:02:07.404,0:02:11.136 pero ten un punto de fusión baixo,[br]estrañamente baixo. 0:02:11.616,0:02:15.036 Ah, e un centímetro cúbico [br]ha pesar 6 gramos." 0:02:15.566,0:02:20.043 Mendeleiev podía prever todo isto[br]só vendo onde estaba o espazo en branco, 0:02:20.133,0:02:23.181 e cos seus coñecementos do comportamento[br]dos elementos que o rodeaban. 0:02:23.799,0:02:25.533 Poucos anos despois desta previsión, 0:02:25.533,0:02:28.631 un francés, chamado [br]Paul Emile Lecoq de Boisbaudran, 0:02:29.082,0:02:31.506 descubriu un novo elemento [br]en mostras de minerario 0:02:31.506,0:02:34.480 e chamoulle "galio", por "Galia",[br]o nome histórico de Francia. 0:02:35.100,0:02:38.522 O galio está a un paso do aluminio[br]na táboa periódica. 0:02:38.883,0:02:42.912 É o eka-aluminio. Entón as previsións[br]de Mendeleiev foron acertadas? 0:02:43.449,0:02:46.571 O peso atómico do galio é 69,72. 0:02:46.915,0:02:50.372 Un centímetro cúbico pesa 5,9 gramos. 0:02:50.750,0:02:52.966 É un metal sólido a temperatura ambiente, 0:02:52.966,0:02:55.723 pero fóndese a uns simples 30º Celsius 0:02:56.132,0:02:58.243 (85º Fahrenheit). 0:02:58.517,0:03:00.860 Derrétese na boca ou nas mans. 0:03:01.049,0:03:03.721 Mendeleiev non só acertou de todo co galio 0:03:03.966,0:03:06.652 senón que tamén previu outros elementos[br]descoñecidos na época: 0:03:06.896,0:03:09.391 escandio, xermanio, renio... 0:03:09.749,0:03:13.515 O elemento que el chamou eka-manganeso[br]chámase hoxe tecnecio. 0:03:13.899,0:03:21.733 É tan raro que non puido illarse ata que[br]foi sintetizado nun ciclotrón en 1937, 0:03:21.748,0:03:25.645 case 70 anos despois de que Dmitri[br]predixera a súa existencia, 0:03:26.198,0:03:28.266 30 anos despois da súa morte. 0:03:28.749,0:03:31.588 Dmitri morreu en 1907 sen acadar o Nobel,[br] 0:03:31.588,0:03:34.538 pero acabou recibindo [br]unha honra moito máis exclusiva. 0:03:34.903,0:03:40.056 En 1955, científicos da Un. de Berkeley [br]crearon 17 átomos 0:03:40.389,0:03:42.919 dun elemento descoñecido ata daquela. 0:03:43.409,0:03:47.836 Este elemento encheu un recadro baleiro[br]na táboa periódica, no número 101, 0:03:48.235,0:03:52.616 e recibiu oficialmente[br]o nome de mendelevio en 1963. 0:03:52.616,0:03:55.595 Máis de 800 persoas [br]gañaron xa o premio Nobel, 0:03:55.816,0:03:59.149 pero só 15 científicos lle deron[br]o seu nome a un elemento. 0:03:59.551,0:04:01.065 Así que a próxima vez que mires 0:04:01.070,0:04:02.290 para unha táboa periódica 0:04:02.310,0:04:06.356 na parede dunha aula,[br]ou nunha cunca de cinco euros, 0:04:06.782,0:04:10.549 Dmitri Mendeleiev,[br]o arquitecto da táboa periódica, 0:04:10.549,0:04:12.799 estará mirando para ti.