A crise dos antibióticos que vén de camiño
-
0:00 - 0:01(Aplausos)
-
0:01 - 0:04O primeiro paciente
que foi tratado con antibióticos -
0:04 - 0:06foi un policía de Oxford.
-
0:06 - 0:08No seu tempo de lecer,
-
0:08 - 0:11namentres traballaba no seu xardín
rabuñouse coa espiña dunha rosa -
0:11 - 0:15e esa pequena ferida infectouse.
-
0:15 - 0:17Nos seguintes días
a súa cabeza foise inflamando, -
0:17 - 0:19a causa da aparición de abscesos,
-
0:19 - 0:23e de feito, tiña un ollo tan infectado
que llo tiveron que sacar. -
0:23 - 0:26En febreiro de 1941,
-
0:26 - 0:29o pobre home estaba a piques de morrer.
-
0:29 - 0:32Estaba ingresado
no Radcliffe Infirmary de Oxford -
0:32 - 0:33e por sorte para el,
-
0:33 - 0:35había un pequeno equipo médico
-
0:35 - 0:37baixo a dirección do Dr. Howard Florey
-
0:37 - 0:39que conseguira sintetizar
-
0:39 - 0:42un chisco de penicilina,
-
0:42 - 0:46un fármaco que fora descuberto
12 anos antes por Alexander Fleming, -
0:46 - 0:50pero que xamais se usara
para tratar doenzas humanas -
0:50 - 0:52e que ninguén sabía se ía funcionar
-
0:52 - 0:56ou se as impurezas que contiña
matarían o paciente. -
0:56 - 0:58Aínda así, Florey e o seu equipo
decidiron usalo, -
0:58 - 1:02xa que postos a facelo, mellor con alguén
que fose morrer de tódalas maneiras. -
1:02 - 1:06Polo tanto, déronlle a menciña
a Albert Alexander, -
1:06 - 1:09o policía de Oxford,
-
1:09 - 1:11e nas primeiras 24 horas,
-
1:11 - 1:13comezou a mellorar.
-
1:13 - 1:17Baixoulle a febre e recuperou o apetito.
-
1:17 - 1:20No segundo día, a súa mellora
foi considerable, -
1:20 - 1:22pero comezaban a quedar sen penicilina
-
1:22 - 1:24polo que utilizaron os ouriños deste
-
1:24 - 1:27co fin de resintetizar máis penicilina
-
1:27 - 1:29e administrarlla de novo,
-
1:29 - 1:30o cal funcionou.
-
1:30 - 1:32No cuarto día a recuperación
ía por bo camiño. -
1:32 - 1:34Semellaba un milagre,
-
1:34 - 1:38mais no quinto día, esgotouse a penicilina
-
1:38 - 1:41e o coitado morreu.
-
1:41 - 1:43Esta historia non rematou ben,
-
1:43 - 1:48pero, por sorte para millóns de persoas,
-
1:48 - 1:51coma esta nena que foi tratada
a comezos de 1940, -
1:51 - 1:54quen tamén estaba a morrer
por unha septicemia, -
1:54 - 1:57e tan só en seis días, como podedes ver,
-
1:57 - 2:00recuperouse grazas
ao marabilloso fármaco da penicilina. -
2:00 - 2:02Millóns de persoas sobreviviron
-
2:02 - 2:06e mudou a saúde global.
-
2:06 - 2:09Os antibióticos téñense empregado
-
2:09 - 2:12en pacientes coma este
-
2:12 - 2:15aínda que tamén se empregaron á lixeira
nalgunhas circunstancias, -
2:15 - 2:18para tratar un simple constipado ou gripe,
-
2:18 - 2:19enfermidades elas
-
2:19 - 2:20con moi baixa resposta
-
2:20 - 2:21aos antibióticos.
-
2:21 - 2:22Tamén se teñen empregado
-
2:22 - 2:25de forma masiva, subterapeuticamente,
-
2:25 - 2:27é dicir, en baixas concentracións,
-
2:27 - 2:31co obxectivo de que galiñas
e porcos engorden moi rápido. -
2:31 - 2:35Tan só para aforrar algún céntimo
no prezo da carne, -
2:35 - 2:37gastamos moitísimo
en antibióticos para animais, -
2:37 - 2:40non para tratar os que están enfermos,
-
2:40 - 2:43senón, principalmente,
para potenciar o seu crecemento. -
2:43 - 2:46Co cal, a que nos levou isto?
-
2:46 - 2:48Basicamente, o uso masivo de antibióticos
-
2:48 - 2:50por todo o mundo
-
2:50 - 2:53trouxo o problema da resistencia
das bacterias -
2:53 - 2:56debido ao feito da selección
das máis fortes, -
2:56 - 3:00grazas a que nós mesmos
fixemos posible a selección. -
3:00 - 3:03Teño a certeza de que todos leron
nos xornais sobre o tema, -
3:03 - 3:07que o viron nas revistas que tiñan á man,
-
3:07 - 3:08pero realmente quero que se dean conta
-
3:08 - 3:10da importancia deste problema.
-
3:10 - 3:11Isto é serio.
-
3:11 - 3:13A seguinte diapositiva que lles vou amosar
-
3:13 - 3:17é unha mostra da resistencia
do Acinetobacter ao carbapenem. -
3:17 - 3:19O Acinetobacter é un perigoso
xerme hospitalario -
3:19 - 3:22e o carbapenem é un dos tipos
de antibióticos máis poderosos -
3:22 - 3:25que se pode administrar contra ese xerme.
-
3:25 - 3:28Poden ver que en 1999
-
3:28 - 3:30a mostra de datos sobre a resistencia,
-
3:30 - 3:33situábase na súa meirande parte
por debaixo do 10 % en todo EE. UU. -
3:33 - 3:36Agora vexan o que acontece
ao avanzar o vídeo. -
3:46 - 3:49Non sei onde viven vostedes
-
3:49 - 3:51pero sexa onde sexa,
seguramente a situación -
3:51 - 3:54é peor agora que no 1999,
-
3:54 - 3:58ese é o problema
da resistencia aos antibióticos. -
3:58 - 4:00É un problema mundial
-
4:00 - 4:02que afecta aos países
pobres e aos ricos por igual -
4:02 - 4:04aínda que no fondo,
poderiades pensar -
4:04 - 4:06non pasa nada, só é un problema médico!
-
4:06 - 4:09Se lles ensinásemos aos médicos
a non dar tantos antibióticos -
4:09 - 4:12e aos pacientes a non pedilos,
-
4:12 - 4:13ao mellor non sería un problema
-
4:13 - 4:15e se cadra as compañías farmacéuticas
-
4:15 - 4:17farían o esforzo de desenvolver
-
4:17 - 4:19novos antibióticos.
-
4:19 - 4:22Resulta que hai algo fundamental
sobre os antibióticos -
4:22 - 4:24que os fai distintos doutros fármacos,
-
4:24 - 4:26e é que se uso antibióticos,
-
4:26 - 4:27correcta ou incorrectamente,
-
4:27 - 4:31non só é cousa miña
senón que afecta aos demais tamén, -
4:31 - 4:34da mesma maneira que se escollo
ir traballar en coche -
4:34 - 4:36ou coller un avión para ir a algures,
-
4:36 - 4:39o custo que impoño aos demais
polo quecemento global, -
4:39 - 4:41distribúese por todas partes,
-
4:41 - 4:43aínda que eu non teña este custo
en conta necesariamente. -
4:43 - 4:47Na economía chamaríanlle a isto
a traxedia dos bens comúns -
4:47 - 4:51e é o mesmo problema
que temos cos antibióticos, -
4:51 - 4:53que nós non temos en conta
-
4:53 - 4:56—nós inclúe a todo individuo, pacientes,
-
4:56 - 4:58hospitais, sistemas de saúde completos—
-
4:58 - 5:02non temos en conta os custos
que lles impoñemos aos demais -
5:02 - 5:04debido a como empregamos os antibióticos.
-
5:04 - 5:06É un problema semellante
-
5:06 - 5:08ao que acontece noutro eido
que ben coñecemos, -
5:08 - 5:10o consumo de combustible
e o uso da enerxía, -
5:10 - 5:12e, por suposto, o consumo de enerxía,
-
5:12 - 5:14ademais de esgotar os recursos,
-
5:14 - 5:18causa contaminación local
e cambio climático. -
5:18 - 5:20E, no caso da enerxía,
-
5:20 - 5:22hai dúas maneiras de atallar o problema.
-
5:22 - 5:26Unha é facer un mellor uso
do petróleo que temos -
5:26 - 5:28e, por analoxía,
iso sería facer un mellor uso -
5:28 - 5:29dos antibióticos existentes.
-
5:29 - 5:31Iso podémolo facer de distintas maneiras
-
5:31 - 5:33das que falarei máis adiante
-
5:33 - 5:37pero a outra opción é a opción de
"perfora, perfora", -
5:37 - 5:41que, no caso dos antibióticos,
tradúcese en atopar novos antibióticos. -
5:41 - 5:43Estas opcións non están separadas.
-
5:43 - 5:47Van da man xa que, se investimos moito
-
5:47 - 5:49en novos pozos petrolíferos,
-
5:49 - 5:52reducimos o incentivo para a conservación
do petróleo existente, -
5:52 - 5:54do mesmo xeito que ocorrerá
cos antibióticos. -
5:54 - 5:56No caso contrario sucederá que,
-
5:56 - 5:59se empregamos os antibióticos
axeitadamente, -
5:59 - 6:02non necesariamente teremos que investir
-
6:02 - 6:04no desenvolvemento de novos fármacos.
-
6:04 - 6:06Se pensabades que estabamos en completo
-
6:06 - 6:08equilibrio entre estas dúas opcións,
-
6:08 - 6:13en realidade estamos a xogar a un xogo.
-
6:13 - 6:15O xogo da coevolución.
-
6:15 - 6:18e a coevolución dáse,
nesta imaxe en particular, -
6:18 - 6:20entre guepardos e gacelas.
-
6:20 - 6:23Os guepardos evolucionaron
para correr máis rápido -
6:23 - 6:24xa que, se non o fixesen,
-
6:24 - 6:26non obterían comida ningunha.
-
6:26 - 6:28As gacelas evolucionaron
para correr máis rápido -
6:28 - 6:32pois se non corresen máis rápido,
elas serían a comida. -
6:32 - 6:34Xogamos ao mesmo contra as bacterias,
-
6:34 - 6:36salvo que nós non somos os guepardos,
-
6:36 - 6:38somos as gacelas,
-
6:38 - 6:40e, no que dura esta curta conferencia,
-
6:40 - 6:43as bacterias puideron
-
6:43 - 6:46ter fillos e netos,
e achar como ser resistentes -
6:46 - 6:49por selección e ensaio e erro,
-
6:49 - 6:51intentándoo unha e outra vez.
-
6:51 - 6:54Namentres, como lles ganamos
a carreira as bacterias? -
6:54 - 6:57Nós contamos con procesos
para descubrir fármacos, -
6:57 - 6:58analizamos moléculas,
-
6:58 - 7:00facemos probas clínicas,
-
7:00 - 7:02e, cando cremos ter un bo fármaco,
-
7:02 - 7:06temos aínda o proceso regulador do FDA.
-
7:06 - 7:08Despois de superar todo iso,
-
7:08 - 7:10procuramos ir un paso por diante
-
7:10 - 7:12das bacterias.
-
7:12 - 7:15Abofé que isto non é un xogo
que poida prolongarse ou ganarse -
7:15 - 7:18tan só innovando para ir por diante.
-
7:18 - 7:22Temos que retardar
o proceso da coevolución -
7:22 - 7:25e hai ideas que podemos coller
emprestadas do campo da enerxía -
7:25 - 7:27que nos poden axudar a pensar
-
7:27 - 7:29nas medidas que poderíamos tomar
-
7:29 - 7:30no caso dos antibióticos.
-
7:30 - 7:32Pensade, por exemplo, na xestión
-
7:32 - 7:34do prezo da enerxía.
-
7:34 - 7:36Temos uns impostos
sobre as emisións de gases, -
7:36 - 7:38onde se teñen en conta
-
7:38 - 7:39os custos da contaminación,
-
7:39 - 7:41que recaen nas persoas
-
7:41 - 7:43que consomen esa enerxía.
-
7:43 - 7:44Poderiamos contemplar
-
7:44 - 7:45facer o mesmo cos antibióticos,
-
7:45 - 7:47o que quizais aseguraría
-
7:47 - 7:49que se usan axeitadamente.
-
7:49 - 7:51Tamén hai subsidios á enerxía limpa,
-
7:51 - 7:53os cales permiten cambiar a combustibles
-
7:53 - 7:54que no contaminan tanto
-
7:54 - 7:57ou incluso para non utilizar
combustibles fósiles. -
7:57 - 8:00A analoxía neste caso é que quizais
-
8:00 - 8:02temos que absternos de usar antibióticos,
-
8:02 - 8:06e se vos poñedes a pensar, cales son
bos substitutos dos antibióticos? -
8:06 - 8:07Pois resulta que,
-
8:07 - 8:08calquera cousa que reduza
-
8:08 - 8:10a necesidade de antibióticos sería eficaz.
-
8:10 - 8:14Por exemplo, mellorar o control
das infeccións hospitalarias -
8:14 - 8:16ou vacinar a xente,
-
8:16 - 8:19sobre todo contra a gripe estacional.
-
8:19 - 8:21A gripe estacional é probablemente
-
8:21 - 8:24o impulsor principal detrás
do consumo de antibióticos, -
8:24 - 8:27tanto neste país coma en outros moitos,
-
8:27 - 8:29e iso realmente podería axudar.
-
8:29 - 8:34A terceira opción suporía algo parecido
aos permisos comercializables. -
8:34 - 8:38Pode que parezan posibilidades remotas,
-
8:38 - 8:40pero se se tivera en conta
o feito de que quizais -
8:40 - 8:43non hai antibióticos suficientes
para todos os infectados, -
8:43 - 8:46poderiamos contemplar asignar
-
8:46 - 8:50algúns destes antibióticos
a uns pacientes e non a outros, -
8:50 - 8:53en función das necesidades clínicas,
-
8:53 - 8:56pero tamén do prezo do tratamento.
-
8:56 - 8:58Educar aos consumidores
sen dúbida funciona. -
8:58 - 9:01Moitas veces, a xente
abusa dos antibióticos -
9:01 - 9:04ou estanse a receitar de máis,
sen razón. -
9:04 - 9:07Tamén sabemos que,
ao igual que no caso da enerxía, -
9:07 - 9:09os mecanismos de retroalimentación
poden ser útiles. -
9:09 - 9:11Se a un o avisan de que está a consumir
-
9:11 - 9:13moita enerxía durante a hora punta,
-
9:13 - 9:15un mesmo procura diminuír o seu consumo,
-
9:15 - 9:18e o mesmo feito dáse
até no caso dos antibióticos. -
9:18 - 9:22Un hospital de St. Louis
acostumaba poñer nun taboleiro -
9:22 - 9:24os nomes dos cirurxiáns ordenados
-
9:24 - 9:28por cantos antibióticos
utilizaran no mes anterior -
9:28 - 9:31e só o facían pola
retroalimentación informativa, -
9:31 - 9:32sen intención de humillalos,
-
9:32 - 9:34pero, en esencia, proporcionábanlles
-
9:34 - 9:36aos cirurxiáns unha información
-
9:36 - 9:37coa que podían reflexionar
-
9:37 - 9:38sobre como usaban os antibióticos.
-
9:38 - 9:40Aínda queda moito por facer
-
9:40 - 9:42en canto á subministración tamén.
-
9:42 - 9:44Se miran os prezos da penicilina,
-
9:44 - 9:46o custo por día é duns 10 céntimos.
-
9:46 - 9:48É un fármaco bastante barato.
-
9:48 - 9:50Os fármacos introducidos
posteriormente -
9:50 - 9:52—a linezolida e a daptomicina—
-
9:52 - 9:54son moito máis caros.
-
9:54 - 10:00Nun mundo que está afeito a pagar
10 céntimos ao día por un antibiótico, -
10:00 - 10:04a idea de pagar 180 dólares ao día
semella moito -
10:04 - 10:06Que nos pode dicir isto?
-
10:06 - 10:10O prezo estanos a mostrar que no futuro
-
10:10 - 10:15no imos ter antibióticos baratos
dos que botar man. -
10:15 - 10:18Ese prezo é un sinal
-
10:18 - 10:20de que ao mellor temos que prestar
-
10:20 - 10:22moita máis atención ao aforro.
-
10:22 - 10:25Ese prezo tamén é un sinal
-
10:25 - 10:26de que ao mellor é hora de comezar
-
10:26 - 10:27a botarlles unha ollada
-
10:27 - 10:28a outras tecnoloxías,
-
10:28 - 10:30do mesmo xeito que o prezo da gasolina
-
10:30 - 10:33é un sinal e un estímulo
-
10:33 - 10:35para desenvolver coches eléctricos.
-
10:35 - 10:37Os prezos son sinais importantes
-
10:37 - 10:38e necesitamos prestarlles atención,
-
10:38 - 10:41pero tamén teñan en conta que,
-
10:41 - 10:45aínda que os prezos nos parezan
insólitos para un antibiótico, -
10:45 - 10:47non son nada comparados co prezo diario
-
10:47 - 10:49dalgúns fármacos contra o cancro
-
10:49 - 10:52que salvan a vida do paciente
durante algúns meses ou quizais un ano, -
10:52 - 10:54namentres que o antibiótico podería
-
10:54 - 10:56salvarlle a vida ao paciente para sempre.
-
10:56 - 10:57Polo tanto, todo isto esixe un cambio
-
10:57 - 10:59cara a un novo paradigma,
-
10:59 - 11:01un cambio que dá medo,
-
11:01 - 11:03xa que en moitos lugares deste país,
-
11:03 - 11:05e en moitos outros lugares do mundo,
-
11:05 - 11:07a idea de pagar 200 dólares
-
11:07 - 11:10por un día de tratamento con antibióticos
-
11:10 - 11:12é simplemente inimaxinable.
-
11:12 - 11:14Así que debemos pensar niso.
-
11:14 - 11:16Agora ben, hai outras opcións,
-
11:16 - 11:18outras tecnoloxías alternativas
-
11:18 - 11:20nas que se está a traballar.
-
11:20 - 11:22Entre outras, os bacteriófagos,
os probióticos, -
11:22 - 11:26a percepción de quórum e os simbióticos.
-
11:26 - 11:29Todos son bos camiños para explorar
-
11:29 - 11:32e volveranse aínda máis lucrativos
-
11:32 - 11:35cando o prezo dos novos antibióticos
comece a subir. -
11:35 - 11:38Xa vimos que o mercado responde
-
11:38 - 11:40e o goberno agora está a pensar
-
11:40 - 11:41en formas de subvencionar
-
11:41 - 11:44novos antibióticos
e o seu desenvolvemento. -
11:44 - 11:45Aínda así existen desafíos.
-
11:45 - 11:48Non podemos limitarnos
a meterlle cartos ao problema. -
11:48 - 11:51Queremos ser capaces de investir
en novos antibióticos e tamén -
11:51 - 11:54en maneiras que promovan
-
11:54 - 11:57o uso e venda adecuados
deses antibióticos, -
11:57 - 11:59e ese é o auténtico desafío.
-
11:59 - 12:02Volvendo á tecnoloxía,
-
12:02 - 12:05todos recordan esa frase
dunha coñecida película sobre dinosauros: -
12:05 - 12:07
"A vida atopará un camiño". -
12:07 - 12:10Isto non son solucións permanentes.
-
12:10 - 12:13Debemos recordar que,
calquera que sexa a tecnoloxía, -
12:13 - 12:17a natureza atopará o xeito
de contrarrestala. -
12:17 - 12:19Se cadra estades a pensar
-
12:19 - 12:21que só é un problema cos antibióticos
e as bacterias, -
12:21 - 12:23pero dáse o feito de que temos exactamente
-
12:23 - 12:26o mesmo problema en moitos outros eidos,
-
12:26 - 12:29coa tuberculose multirresistente
(MDR TB), -
12:29 - 12:32un grave problema na India e Suráfrica.
-
12:32 - 12:34Milleiros de pacientes morren porque
-
12:34 - 12:36os fármacos de segunda liña son moi caros
-
12:36 - 12:39e, ás veces, nin sequera funcionan
-
12:39 - 12:40e ademais temos a XDR TB.
-
12:40 - 12:42Os virus vólvense resistentes.
-
12:42 - 12:44Están as pragas na agricultura.
-
12:44 - 12:45Os parasitos da malaria.
-
12:45 - 12:46Hoxe en día
-
12:46 - 12:48a meirande parte do mundo
-
12:48 - 12:49depende dun medicamento,
-
12:49 - 12:51os derivados da artemisina,
-
12:51 - 12:53fundamentalmente
para o tratamento da malaria. -
12:53 - 12:55A resistencia á artemisina xa chegou
-
12:55 - 12:59e se comezara a espallarse, poría en risco
-
12:59 - 13:02o único fármaco co cal tratamos
a malaria con eficacia -
13:02 - 13:05e sen perigo, en todo o mundo.
-
13:05 - 13:07Os mosquitos vólvense resistentes.
-
13:07 - 13:08Se teñen fillos, seguro que
-
13:08 - 13:09lles soarán os piollos,
-
13:09 - 13:11e se son da cidade de Nova York,
-
13:11 - 13:14teño entendido que alí
a especialidade son as chinches. -
13:14 - 13:16Pois tamén son resistentes.
-
13:16 - 13:19Tamén temos un exemplo
no outro lado do charco. -
13:19 - 13:22Resulta que as ratas tamén
son resistentes ao veleno. -
13:22 - 13:24O que todos estes casos teñen en común
-
13:24 - 13:27é a idea de que temos estas tecnoloxías
-
13:27 - 13:31para controlar a natureza
desde hai só 70, 80 ou 100 anos -
13:31 - 13:34e, nun abrir e pechar de ollos,
-
13:34 - 13:37estragamos a nosa
capacidade para controlala -
13:37 - 13:39porque non nos demos conta
-
13:39 - 13:42de que a selección natural
e a evolución ían achar -
13:42 - 13:43como atopar un camiño
-
13:43 - 13:45e temos que repensar por completo
-
13:45 - 13:48como vamos empregar as medidas
-
13:48 - 13:51para controlar os organismos biolóxicos
-
13:51 - 13:54e reformular como incentivamos
-
13:54 - 13:56o desenvolvemento e a introdución,
-
13:56 - 13:59neste caso a prescrición dos antibióticos,
-
13:59 - 14:03e o uso deste valioso recurso.
-
14:03 - 14:05Realmente necesitamos
comezar a consideralos -
14:05 - 14:07como recursos naturais.
-
14:07 - 14:09Agora estamos nunha encrucillada.
-
14:09 - 14:13Unha opción lévanos á reformulación
-
14:13 - 14:15e a consideración precavida dos incentivos
-
14:15 - 14:17para mudar o modelo de negocio.
-
14:17 - 14:19A alternativa é
-
14:19 - 14:22un mundo no que ata unha folla de herba
-
14:22 - 14:25pode ser unha arma letal.
-
14:25 - 14:26Grazas.
-
14:26 - 14:29(Aplausos)
- Title:
- A crise dos antibióticos que vén de camiño
- Speaker:
- Ramanan Laxminarayan
- Description:
-
Os antibióticos salvan vidas. Pero nós, estámolos a empregar de máis e moitas veces non co obxectivo de salvar vidas, senón por exemplo para tratar a gripe ou para criar polos de forma máis barata. O resultado, dinos o investigador Ramanan Laxminarayan, é que os fármacos van deixar de funcionar, a medida que as bacterias se fagan cada vez máis resistentes.
El fainos un chamamento (a pacientes e médicos por igual) para que vexamos os antibióticos --e a súa eficacia constante-- como un recurso esgotable, e que pensemos dúas veces antes de utilizalos.
É unha visión particular que nos amosa como as tendencias médicas poden golpear as nosas vidas - Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:42
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Aitor Valle edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics | ||
Aitor Valle edited Galician subtitles for The coming crisis in antibiotics |