(Aplausos)
O primeiro paciente
que foi tratado con antibióticos
foi un policía de Oxford.
No seu tempo de lecer,
namentres traballaba no seu xardín
rabuñouse coa espiña dunha rosa
e esa pequena ferida infectouse.
Nos seguintes días
a súa cabeza foise inflamando,
a causa da aparición de abscesos,
e de feito, tiña un ollo tan infectado
que llo tiveron que sacar.
En febreiro de 1941,
o pobre home estaba a piques de morrer.
Estaba ingresado
no Radcliffe Infirmary de Oxford
e por sorte para el,
había un pequeno equipo médico
baixo a dirección do Dr. Howard Florey
que conseguira sintetizar
un chisco de penicilina,
un fármaco que fora descuberto
12 anos antes por Alexander Fleming,
pero que xamais se usara
para tratar doenzas humanas
e que ninguén sabía se ía funcionar
ou se as impurezas que contiña
matarían o paciente.
Aínda así, Florey e o seu equipo
decidiron usalo,
xa que postos a facelo, mellor con alguén
que fose morrer de tódalas maneiras.
Polo tanto, déronlle a menciña
a Albert Alexander,
o policía de Oxford,
e nas primeiras 24 horas,
comezou a mellorar.
Baixoulle a febre e recuperou o apetito.
No segundo día, a súa mellora
foi considerable,
pero comezaban a quedar sen penicilina
polo que utilizaron os ouriños deste
co fin de resintetizar máis penicilina
e administrarlla de novo,
o cal funcionou.
No cuarto día a recuperación
ía por bo camiño.
Semellaba un milagre,
mais no quinto día, esgotouse a penicilina
e o coitado morreu.
Esta historia non rematou ben,
pero, por sorte para millóns de persoas,
coma esta nena que foi tratada
a comezos de 1940,
quen tamén estaba a morrer
por unha septicemia,
e tan só en seis días, como podedes ver,
recuperouse grazas
ao marabilloso fármaco da penicilina.
Millóns de persoas sobreviviron
e mudou a saúde global.
Os antibióticos téñense empregado
en pacientes coma este
aínda que tamén se empregaron á lixeira
nalgunhas circunstancias,
para tratar un simple constipado ou gripe,
enfermidades elas
con moi baixa resposta
aos antibióticos.
Tamén se teñen empregado
de forma masiva, subterapeuticamente,
é dicir, en baixas concentracións,
co obxectivo de que galiñas
e porcos engorden moi rápido.
Tan só para aforrar algún céntimo
no prezo da carne,
gastamos moitísimo
en antibióticos para animais,
non para tratar os que están enfermos,
senón, principalmente,
para potenciar o seu crecemento.
Co cal, a que nos levou isto?
Basicamente, o uso masivo de antibióticos
por todo o mundo
trouxo o problema da resistencia
das bacterias
debido ao feito da selección
das máis fortes,
grazas a que nós mesmos
fixemos posible a selección.
Teño a certeza de que todos leron
nos xornais sobre o tema,
que o viron nas revistas que tiñan á man,
pero realmente quero que se dean conta
da importancia deste problema.
Isto é serio.
A seguinte diapositiva que lles vou amosar
é unha mostra da resistencia
do Acinetobacter ao carbapenem.
O Acinetobacter é un perigoso
xerme hospitalario
e o carbapenem é un dos tipos
de antibióticos máis poderosos
que se pode administrar contra ese xerme.
Poden ver que en 1999
a mostra de datos sobre a resistencia,
situábase na súa meirande parte
por debaixo do 10 % en todo EE. UU.
Agora vexan o que acontece
ao avanzar o vídeo.
Non sei onde viven vostedes
pero sexa onde sexa,
seguramente a situación
é peor agora que no 1999,
ese é o problema
da resistencia aos antibióticos.
É un problema mundial
que afecta aos países
pobres e aos ricos por igual
aínda que no fondo,
poderiades pensar
non pasa nada, só é un problema médico!
Se lles ensinásemos aos médicos
a non dar tantos antibióticos
e aos pacientes a non pedilos,
ao mellor non sería un problema
e se cadra as compañías farmacéuticas
farían o esforzo de desenvolver
novos antibióticos.
Resulta que hai algo fundamental
sobre os antibióticos
que os fai distintos doutros fármacos,
e é que se uso antibióticos,
correcta ou incorrectamente,
non só é cousa miña
senón que afecta aos demais tamén,
da mesma maneira que se escollo
ir traballar en coche
ou coller un avión para ir a algures,
o custo que impoño aos demais
polo quecemento global,
distribúese por todas partes,
aínda que eu non teña este custo
en conta necesariamente.
Na economía chamaríanlle a isto
a traxedia dos bens comúns
e é o mesmo problema
que temos cos antibióticos,
que nós non temos en conta
—nós inclúe a todo individuo, pacientes,
hospitais, sistemas de saúde completos—
non temos en conta os custos
que lles impoñemos aos demais
debido a como empregamos os antibióticos.
É un problema semellante
ao que acontece noutro eido
que ben coñecemos,
o consumo de combustible
e o uso da enerxía,
e, por suposto, o consumo de enerxía,
ademais de esgotar os recursos,
causa contaminación local
e cambio climático.
E, no caso da enerxía,
hai dúas maneiras de atallar o problema.
Unha é facer un mellor uso
do petróleo que temos
e, por analoxía,
iso sería facer un mellor uso
dos antibióticos existentes.
Iso podémolo facer de distintas maneiras
das que falarei máis adiante
pero a outra opción é a opción de
"perfora, perfora",
que, no caso dos antibióticos,
tradúcese en atopar novos antibióticos.
Estas opcións non están separadas.
Van da man xa que, se investimos moito
en novos pozos petrolíferos,
reducimos o incentivo para a conservación
do petróleo existente,
do mesmo xeito que ocorrerá
cos antibióticos.
No caso contrario sucederá que,
se empregamos os antibióticos
axeitadamente,
non necesariamente teremos que investir
no desenvolvemento de novos fármacos.
Se pensabades que estabamos en completo
equilibrio entre estas dúas opcións,
en realidade estamos a xogar a un xogo.
O xogo da coevolución.
e a coevolución dáse,
nesta imaxe en particular,
entre guepardos e gacelas.
Os guepardos evolucionaron
para correr máis rápido
xa que, se non o fixesen,
non obterían comida ningunha.
As gacelas evolucionaron
para correr máis rápido
pois se non corresen máis rápido,
elas serían a comida.
Xogamos ao mesmo contra as bacterias,
salvo que nós non somos os guepardos,
somos as gacelas,
e, no que dura esta curta conferencia,
as bacterias puideron
ter fillos e netos,
e achar como ser resistentes
por selección e ensaio e erro,
intentándoo unha e outra vez.
Namentres, como lles ganamos
a carreira as bacterias?
Nós contamos con procesos
para descubrir fármacos,
analizamos moléculas,
facemos probas clínicas,
e, cando cremos ter un bo fármaco,
temos aínda o proceso regulador do FDA.
Despois de superar todo iso,
procuramos ir un paso por diante
das bacterias.
Abofé que isto non é un xogo
que poida prolongarse ou ganarse
tan só innovando para ir por diante.
Temos que retardar
o proceso da coevolución
e hai ideas que podemos coller
emprestadas do campo da enerxía
que nos poden axudar a pensar
nas medidas que poderíamos tomar
no caso dos antibióticos.
Pensade, por exemplo, na xestión
do prezo da enerxía.
Temos uns impostos
sobre as emisións de gases,
onde se teñen en conta
os custos da contaminación,
que recaen nas persoas
que consomen esa enerxía.
Poderiamos contemplar
facer o mesmo cos antibióticos,
o que quizais aseguraría
que se usan axeitadamente.
Tamén hai subsidios á enerxía limpa,
os cales permiten cambiar a combustibles
que no contaminan tanto
ou incluso para non utilizar
combustibles fósiles.
A analoxía neste caso é que quizais
temos que absternos de usar antibióticos,
e se vos poñedes a pensar, cales son
bos substitutos dos antibióticos?
Pois resulta que,
calquera cousa que reduza
a necesidade de antibióticos sería eficaz.
Por exemplo, mellorar o control
das infeccións hospitalarias
ou vacinar a xente,
sobre todo contra a gripe estacional.
A gripe estacional é probablemente
o impulsor principal detrás
do consumo de antibióticos,
tanto neste país coma en outros moitos,
e iso realmente podería axudar.
A terceira opción suporía algo parecido
aos permisos comercializables.
Pode que parezan posibilidades remotas,
pero se se tivera en conta
o feito de que quizais
non hai antibióticos suficientes
para todos os infectados,
poderiamos contemplar asignar
algúns destes antibióticos
a uns pacientes e non a outros,
en función das necesidades clínicas,
pero tamén do prezo do tratamento.
Educar aos consumidores
sen dúbida funciona.
Moitas veces, a xente
abusa dos antibióticos
ou estanse a receitar de máis,
sen razón.
Tamén sabemos que,
ao igual que no caso da enerxía,
os mecanismos de retroalimentación
poden ser útiles.
Se a un o avisan de que está a consumir
moita enerxía durante a hora punta,
un mesmo procura diminuír o seu consumo,
e o mesmo feito dáse
até no caso dos antibióticos.
Un hospital de St. Louis
acostumaba poñer nun taboleiro
os nomes dos cirurxiáns ordenados
por cantos antibióticos
utilizaran no mes anterior
e só o facían pola
retroalimentación informativa,
sen intención de humillalos,
pero, en esencia, proporcionábanlles
aos cirurxiáns unha información
coa que podían reflexionar
sobre como usaban os antibióticos.
Aínda queda moito por facer
en canto á subministración tamén.
Se miran os prezos da penicilina,
o custo por día é duns 10 céntimos.
É un fármaco bastante barato.
Os fármacos introducidos
posteriormente
—a linezolida e a daptomicina—
son moito máis caros.
Nun mundo que está afeito a pagar
10 céntimos ao día por un antibiótico,
a idea de pagar 180 dólares ao día
semella moito
Que nos pode dicir isto?
O prezo estanos a mostrar que no futuro
no imos ter antibióticos baratos
dos que botar man.
Ese prezo é un sinal
de que ao mellor temos que prestar
moita máis atención ao aforro.
Ese prezo tamén é un sinal
de que ao mellor é hora de comezar
a botarlles unha ollada
a outras tecnoloxías,
do mesmo xeito que o prezo da gasolina
é un sinal e un estímulo
para desenvolver coches eléctricos.
Os prezos son sinais importantes
e necesitamos prestarlles atención,
pero tamén teñan en conta que,
aínda que os prezos nos parezan
insólitos para un antibiótico,
non son nada comparados co prezo diario
dalgúns fármacos contra o cancro
que salvan a vida do paciente
durante algúns meses ou quizais un ano,
namentres que o antibiótico podería
salvarlle a vida ao paciente para sempre.
Polo tanto, todo isto esixe un cambio
cara a un novo paradigma,
un cambio que dá medo,
xa que en moitos lugares deste país,
e en moitos outros lugares do mundo,
a idea de pagar 200 dólares
por un día de tratamento con antibióticos
é simplemente inimaxinable.
Así que debemos pensar niso.
Agora ben, hai outras opcións,
outras tecnoloxías alternativas
nas que se está a traballar.
Entre outras, os bacteriófagos,
os probióticos,
a percepción de quórum e os simbióticos.
Todos son bos camiños para explorar
e volveranse aínda máis lucrativos
cando o prezo dos novos antibióticos
comece a subir.
Xa vimos que o mercado responde
e o goberno agora está a pensar
en formas de subvencionar
novos antibióticos
e o seu desenvolvemento.
Aínda así existen desafíos.
Non podemos limitarnos
a meterlle cartos ao problema.
Queremos ser capaces de investir
en novos antibióticos e tamén
en maneiras que promovan
o uso e venda adecuados
deses antibióticos,
e ese é o auténtico desafío.
Volvendo á tecnoloxía,
todos recordan esa frase
dunha coñecida película sobre dinosauros:
"A vida atopará un camiño".
Isto non son solucións permanentes.
Debemos recordar que,
calquera que sexa a tecnoloxía,
a natureza atopará o xeito
de contrarrestala.
Se cadra estades a pensar
que só é un problema cos antibióticos
e as bacterias,
pero dáse o feito de que temos exactamente
o mesmo problema en moitos outros eidos,
coa tuberculose multirresistente
(MDR TB),
un grave problema na India e Suráfrica.
Milleiros de pacientes morren porque
os fármacos de segunda liña son moi caros
e, ás veces, nin sequera funcionan
e ademais temos a XDR TB.
Os virus vólvense resistentes.
Están as pragas na agricultura.
Os parasitos da malaria.
Hoxe en día
a meirande parte do mundo
depende dun medicamento,
os derivados da artemisina,
fundamentalmente
para o tratamento da malaria.
A resistencia á artemisina xa chegou
e se comezara a espallarse, poría en risco
o único fármaco co cal tratamos
a malaria con eficacia
e sen perigo, en todo o mundo.
Os mosquitos vólvense resistentes.
Se teñen fillos, seguro que
lles soarán os piollos,
e se son da cidade de Nova York,
teño entendido que alí
a especialidade son as chinches.
Pois tamén son resistentes.
Tamén temos un exemplo
no outro lado do charco.
Resulta que as ratas tamén
son resistentes ao veleno.
O que todos estes casos teñen en común
é a idea de que temos estas tecnoloxías
para controlar a natureza
desde hai só 70, 80 ou 100 anos
e, nun abrir e pechar de ollos,
estragamos a nosa
capacidade para controlala
porque non nos demos conta
de que a selección natural
e a evolución ían achar
como atopar un camiño
e temos que repensar por completo
como vamos empregar as medidas
para controlar os organismos biolóxicos
e reformular como incentivamos
o desenvolvemento e a introdución,
neste caso a prescrición dos antibióticos,
e o uso deste valioso recurso.
Realmente necesitamos
comezar a consideralos
como recursos naturais.
Agora estamos nunha encrucillada.
Unha opción lévanos á reformulación
e a consideración precavida dos incentivos
para mudar o modelo de negocio.
A alternativa é
un mundo no que ata unha folla de herba
pode ser unha arma letal.
Grazas.
(Aplausos)