Un prometedor test para diagnosticar o cancro de páncreas... feito por un adolescente
-
0:01 - 0:04Pasaron algunha vez na vida un momento
-
0:05 - 0:08tan doloroso e confuso
-
0:08 - 0:10que o único que querían
-
0:10 - 0:13era aprender del o máximo posible
para darlle sentido? -
0:14 - 0:18Cando tiña 13 anos, un amigo da familia,
que era coma se fose meu tío, -
0:18 - 0:20faleceu de cancro de páncreas.
-
0:21 - 0:24Cando a enfermidade golpeou
tan preto da casa, -
0:24 - 0:25souben que tiña que aprender máis,
-
0:26 - 0:28así que fun á web na busca de respostas.
-
0:29 - 0:33Atopei datos estatísticos
sobre o cancro de páncreas -
0:33 - 0:35e o que encontrei sorprendeume.
-
0:36 - 0:41O 85% destes cancros detéctanse tarde,
-
0:41 - 0:44cando a supervivencia é inferior ao 2%.
-
0:46 - 0:49Por que non o detectamos con eficacia?
-
0:50 - 0:51A razón?
-
0:51 - 0:55A medicina usa técnicas de hai 60 anos.
-
0:56 - 0:57É máis vella có meu pai.
-
0:58 - 1:00(Risas)
-
1:02 - 1:07Ademais, son moi caras.
Cada exame custa 800 dólares$ -
1:08 - 1:13e son inexactas:
detectan o 30 % dos cancros. -
1:14 - 1:18O voso médico tería que ter
fundadas sospeitas de que tedes cancro -
1:18 - 1:19para pedir este exame.
-
1:20 - 1:23Sabía que debía haber un sistema mellor.
-
1:24 - 1:26Por iso, establecín criterios científicos
-
1:26 - 1:28para determinar como debería ser un sensor
-
1:28 - 1:31que diagnosticase con efectividade
o cancro de páncreas. -
1:31 - 1:33O sensor tería que ser
-
1:33 - 1:38de baixo custo, rápido, simple, sensible,
-
1:38 - 1:41selectivo e pouco invasivo.
-
1:42 - 1:47Hai unha razón pola que esa proba
leva sesenta anos sen actualizarse. -
1:47 - 1:50Porque cando buscamos cancro de páncreas,
-
1:50 - 1:52analizamos a corrente sanguínea,
-
1:52 - 1:57que está repleta de proteínas
-
1:57 - 2:00e buscamos unha diferenza minúscula
neste volume de proteínas. -
2:01 - 2:02Só unha proteína específica.
-
2:02 - 2:04É case imposible.
-
2:04 - 2:08Pero, grazas ao meu optimismo adolescente
-
2:08 - 2:09(Risas)
-
2:09 - 2:12(Aplausos)
-
2:14 - 2:19fun consultar os dous mellores amigos
do adolescente: Google e a Wikipedia. -
2:19 - 2:21De aí sacaba todo o necesario
para facer os deberes. -
2:22 - 2:23(Risas)
-
2:23 - 2:26E encontrei un artigo
-
2:26 - 2:30que enumeraba unhas 8000 proteínas
-
2:30 - 2:32presentes cando se ten cancro de páncreas.
-
2:32 - 2:35Por iso decidín seguir
e facer disto a miña nova misión: -
2:35 - 2:37analizar todas estas proteínas
-
2:37 - 2:41e ver cales poderían ser
biomarcadores do cancro. -
2:41 - 2:43E para simplificar un pouco o traballo,
-
2:43 - 2:47tracei un mapa cos criterios científicos.
Velaquí o está. -
2:48 - 2:51A proteína debe estar presente
en todos os cancros pancreáticos, -
2:52 - 2:54en altas concentracións
na corrente sanguínea, -
2:54 - 2:57nas etapas temperás, pero só no cancro.
-
2:58 - 3:01Estaba toleando con esta enorme tarefa
-
3:01 - 3:04e ao final, despois de 4000 intentos,
-
3:04 - 3:06cando estaba a punto de perder o xuízo,
-
3:06 - 3:07atopei a proteína.
-
3:07 - 3:11Chámase mesotelina,
-
3:11 - 3:14unha proteína común e corrente,
-
3:14 - 3:17agás que teñas cancro de páncreas,
ovario ou pulmón, -
3:18 - 3:21nese caso a concentración é alta.
-
3:22 - 3:25A clave é que está no inicio da doenza,
-
3:26 - 3:28cando a supervivencia é case do 100%.
-
3:29 - 3:32Xa atopara unha proteína para detectalo,
-
3:32 - 3:35entón centreime en detectar a proteína
-
3:35 - 3:37e, con ela, o cancro de páncreas.
-
3:39 - 3:41O meu achado chegou nun lugar insólito,
-
3:41 - 3:44no lugar menos probable para a innovación:
-
3:44 - 3:48a clase de bioloxía de secundaria,
o inhibidor absoluto da innovación. -
3:48 - 3:50(Risas)
-
3:51 - 3:53(Aplausos)
-
3:54 - 3:58Lin este artigo sobre algo
chamado nanotubos de carbono, -
3:58 - 4:00que son tubos finos e longos de carbono,
-
4:00 - 4:04do grosor dun átomo
e 1/50000 do diámetro dun cabelo. -
4:04 - 4:07E a pesar das súas pequenas dimensións,
-
4:07 - 4:08teñen propiedades incribles.
-
4:09 - 4:11Son os superheroes
da ciencia dos materiais. -
4:11 - 4:15Mentres lía este artigo, que tiña agachado
baixo o meu pupitre na clase de bioloxía, -
4:15 - 4:19supoñíase que lles atendía
a outros interesantes tipos de moléculas: -
4:19 - 4:20os anticorpos.
-
4:21 - 4:23Son moi interesantes porque só reaccionan
-
4:23 - 4:24a unha proteína específica,
-
4:24 - 4:27pero non tanto como os nanotubos.
-
4:28 - 4:32Así que estaba sentado nesa clase,
e de súpeto decateime: -
4:33 - 4:36podía combinar o que estivera lendo
sobre os nanotubos de carbono -
4:37 - 4:40con aquelo ao que supostamente
lle atendera: os anticorpos. -
4:40 - 4:43Podía tecer un feixe destes anticorpos
-
4:43 - 4:45para formar unha rede de nanotubos
-
4:45 - 4:48que só reaccionase a unha proteína
-
4:48 - 4:51e grazas ás propiedades dos nanotubos,
-
4:52 - 4:54cambiaría as súas propiedades eléctricas
-
4:54 - 4:56en función do número
de proteínas presentes. -
4:56 - 4:58Pero hai un problema.
-
4:58 - 5:01Estas redes de nanotubos son moi débiles.
-
5:02 - 5:05Son tan finos, que precisan un soporte.
-
5:05 - 5:07Por iso elixín usar papel.
-
5:08 - 5:10Facer un sensor de cancro con papel
é tan simple -
5:11 - 5:13como facer galletas
con labras de chocolate... encántame!. -
5:14 - 5:15(Risas)
-
5:16 - 5:19Comézase con auga,
bótanse uns cantos nanotubos, -
5:19 - 5:24engádense anticorpos, mestúrase,
cóllese papel, móllase, sécase -
5:24 - 5:26e pódese detectar o cáncer.
-
5:27 - 5:31(Aplausos)
-
5:34 - 5:37Logo, de repente, caín na conta
-
5:37 - 5:40de que había un defecto no meu plan.
-
5:41 - 5:44Non podo investigar sobre o cancro
no mesado da cociña. -
5:44 - 5:46A miña nai non lle gustaría.
-
5:47 - 5:49Polo tanto, decidín buscar un laboratorio.
-
5:50 - 5:54Elaborei orzamento, material,
calendario e procedemento -
5:54 - 5:57e envieilles correos
a 200 profesores distintos -
5:57 - 6:00da Johns Hopkins University
e dos Institutos Nacionais de Saúde. -
6:00 - 6:03basicamente, a calquera que tivera
algo que ver co cancro de páncreas. -
6:04 - 6:07E senteime a agardar
polas respostas positivas -
6:07 - 6:09que dirían: “Es un xenio! Vasnos salvar!”
-
6:09 - 6:10E...
-
6:11 - 6:13(Risas)
-
6:14 - 6:18Despois impúxose a realidade e,
ao cabo dun mes, -
6:18 - 6:22rexeitáranme en 199 dos 200 correos.
-
6:22 - 6:24Un profesor revisou todo o procedemento,
-
6:24 - 6:28--non sei de onde sacou o tempo--
-
6:28 - 6:31e explicoume punto por punto
por que cada paso -
6:32 - 6:34era un enorme erro.
-
6:34 - 6:39Obviamente, os profesores non tiñan
unha opinión tan alta do meu traballo. -
6:40 - 6:42Con todo, había unha físgoa de esperanza.
-
6:43 - 6:45Un dixo: “Talvez poida axudarche, rapaz”.
-
6:45 - 6:47Así que fun nesa dirección.
-
6:48 - 6:51(Risas)
-
6:52 - 6:54Nunca se pode dicir "non" a un rapaciño.
-
6:54 - 6:57E así, tres meses máis tarde,
-
6:57 - 7:00acordei unha reunión con este home,
-
7:00 - 7:03fun ao laboratorio, entusiasmado, senteime
-
7:03 - 7:05abrín a boca e comecei a falar.
-
7:05 - 7:07Cinco segundos despois
chama a outro doutor. -
7:08 - 7:11O cuarto énchese de doutores
-
7:11 - 7:14que comezaron a torpedearme a preguntas
-
7:14 - 7:16e sentíame coma un espectáculo de feira.
-
7:16 - 7:18Estabamos 20 doutores,
o profesor e mais eu, -
7:19 - 7:20amoreados nesa pequena oficina
-
7:20 - 7:23e eles bombardeándome a preguntas,
-
7:23 - 7:25tratando de afundir o meu procedemento.
-
7:26 - 7:28Que probabilidade ten? En fin…
-
7:28 - 7:30(Risas)
-
7:33 - 7:35Porén, sometinme ao interrogatorio,
-
7:35 - 7:38respondín todas as preguntas,
algunhas ao chou, -
7:38 - 7:39pero acertei,
-
7:41 - 7:43e conseguín o espazo de laboratorio
que precisaba. -
7:44 - 7:48Pouco despois descubrín
que o meu brillante procedemento -
7:48 - 7:50tiña un millón de buratos,
-
7:50 - 7:52e ao longo de 7 meses,
-
7:52 - 7:54fun tapando minuciosamente cada un deles.
-
7:55 - 7:56O resultado?
-
7:56 - 8:01Un sensor de papel de 3 centavos
que funciona en 5 minutos. -
8:01 - 8:04Isto é 168 veces máis rápido,
-
8:04 - 8:07máis de 26000 veces máis barato
-
8:07 - 8:11e 400 veces máis sensible ca o actual test
-
8:11 - 8:13de detección de cancro de páncreas.
-
8:14 - 8:19(Aplausos)
-
8:23 - 8:25Unha das mellores partes do sensor
-
8:25 - 8:27é que ten preto do 100% de precisión
-
8:28 - 8:30e pode detectar o cancro nos seus inicios
-
8:30 - 8:33cando se ten case o 100 %
de posibilidades de supervivencia. -
8:33 - 8:35E así, nos próximos dous a cinco anos
-
8:35 - 8:39este sensor podería elevar a supervivencia
-
8:39 - 8:43dun triste 5,5 % a case o 100 %,
-
8:43 - 8:46e o mesmo se podería dicir
para os cancros de ovario e pulmón. -
8:46 - 8:48Pero iso non é todo.
-
8:48 - 8:50Cambiando o anticorpo,
-
8:50 - 8:53podemos ver outra proteína e outra doenza,
-
8:53 - 8:56en teoría calquera enfermidade do mundo.
-
8:57 - 9:01Abrangue desde doenzas cardíacas
ata malaria, VIH, sida,, -
9:02 - 9:04así como outros tipos de cancro --todo.
-
9:04 - 9:06E quizais, un día,
-
9:06 - 9:09todos poidamos ter un tío extra,
-
9:09 - 9:12esa nai, ese irmán, esa irmá,
-
9:12 - 9:14todos poidamos ter ese familiar que amamos
-
9:15 - 9:20e que os nosos corazóns se libren
da carga que supón a enfermidade -
9:20 - 9:23vinculada ao cancro de páncreas,
ovario e pulmón -
9:23 - 9:24ou calquera outra enfermidade.
-
9:25 - 9:27Grazas a internet todo é posible.
-
9:28 - 9:29As teorías compártense
-
9:29 - 9:31e non é preciso ser un profesor
con moitos títulos -
9:31 - 9:33para que as túas ideas se valoren.
-
9:33 - 9:37É un espazo neutral, onde o aspecto,
a idade ou o sexo -
9:37 - 9:38tanto teñen.
-
9:39 - 9:40O que importa son as ideas.
-
9:41 - 9:46Trátase de utilizar internet doutro xeito
-
9:46 - 9:48e decatarse de que hai moito máis
-
9:48 - 9:51que publicar autofotos poñendo cariñas.
-
9:51 - 9:53(Risas)
-
9:53 - 9:55Poderiades cambiar o mundo.
-
9:56 - 10:01Se un rapaz de 15 anos
que non sabía qué era o páncreas. -
10:01 - 10:04atopou unha forma nova
de detectar o cancro de páncreas -
10:05 - 10:07imaxinade o que podedes facer vós.
-
10:08 - 10:09Grazas.
-
10:09 - 10:15(Aplausos)
- Title:
- Un prometedor test para diagnosticar o cancro de páncreas... feito por un adolescente
- Speaker:
- Jack Andraka
- Description:
-
Máis do 85% dos cancros de páncreas teñen diagnósticos tardíos, cando a porcentaxe de supervivencia é inferior ao 2%. Como é posible?
Jack Andraka fálanos sobre como desenvolveu un prometedor test para a detección temperá do cancro pancreático que é moi barato, efectivo e non invasivo -- e todo isto antes de facer os 16 anos. - Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:49