-
Malia o seu aspecto sereno e o
agradábel calor que proporciona
-
o Sol é realmente unha
poderosa caldeira a ferver
-
onde as reaccións nucleares
producen a enerxía equivalente
-
á explosión de cen mil
millóns de bombas nucleares
-
cada segundo que pasa!
-
O combustíbel do Sol é o hidróxeno.
-
Cada hora consúmese
o equivalente ao peso
-
de vinte e cinco mil superpetroleiros
cargados de petróleo.
-
E así leva sucedendo os últimos
cinco mil millóns de anos.
-
A mala noticia é que o combustíbel
non vai durar sempre...
-
o Sol, moribundo, incharase e
convertirase nunha xigante vermella
-
e engulirá polo camiño Mercurio,
Venus e, probabelmente, a Terra.
-
Se nos serve de consolo,
-
as capas exteriores do Sol
serán lanzadas ao espazo
-
e transformarase nunha
nebulosa planetaria,
-
un dos máis belos
obxectos celestes.
-
No seu centro ficará
unha anana branca,
-
a arrefriar lentamente
durante unha eternidade.