WEBVTT 00:00:05.800 --> 00:00:09.000 Malia o seu aspecto sereno e o agradábel calor que proporciona 00:00:09.000 --> 00:00:11.600 o Sol é realmente unha poderosa caldeira a ferver 00:00:11.600 --> 00:00:14.400 onde as reaccións nucleares producen a enerxía equivalente 00:00:14.400 --> 00:00:17.400 á explosión de cen mil millóns de bombas nucleares 00:00:17.400 --> 00:00:19.200 cada segundo que pasa! 00:00:19.200 --> 00:00:21.000 O combustíbel do Sol é o hidróxeno. 00:00:21.000 --> 00:00:22.800 Cada hora consúmese o equivalente ao peso 00:00:22.800 --> 00:00:25.600 de vinte e cinco mil superpetroleiros cargados de petróleo. 00:00:25.600 --> 00:00:29.000 E así leva sucedendo os últimos cinco mil millóns de anos. 00:00:29.000 --> 00:00:32.000 A mala noticia é que o combustíbel non vai durar sempre... 00:00:32.000 --> 00:00:36.000 o Sol, moribundo, incharase e convertirase nunha xigante vermella 00:00:36.000 --> 00:00:39.600 e engulirá polo camiño Mercurio, Venus e, probabelmente, a Terra. 00:00:39.600 --> 00:00:41.000 Se nos serve de consolo, 00:00:41.000 --> 00:00:43.500 as capas exteriores do Sol serán lanzadas ao espazo 00:00:43.500 --> 00:00:46.200 e transformarase nunha nebulosa planetaria, 00:00:46.200 --> 00:00:48.600 un dos máis belos obxectos celestes. 00:00:48.600 --> 00:00:51.000 No seu centro ficará unha anana branca, 00:00:51.000 --> 00:00:54.000 a arrefriar lentamente durante unha eternidade.