< Return to Video

Podemos utilizar as bacterias para detectar o cancro (e quizais curalo)

  • 0:01 - 0:03
    Pode que non sexan conscientes disto,
  • 0:03 - 0:07
    pero hai máis bacterias no voso corpo
    ca estrelas en toda a galaxia.
  • 0:08 - 0:11
    Este fascinante universo
    de bacterias no noso interior
  • 0:11 - 0:13
    é unha parte esencial da nosa saúde,
  • 0:13 - 0:16
    e a nosa tecnoloxía evoluciona tan rápido
  • 0:16 - 0:20
    que hoxe podemos programar estas bacterias
    igual que programamos computadores.
  • 0:21 - 0:23
    O diagrama que vemos aquí,
  • 0:23 - 0:25
    parece a xogada de algún deporte,
  • 0:25 - 0:30
    mais é en realidade una mostra do
    primeiro programa bacteriano que creei.
  • 0:30 - 0:33
    E o mesmo que escribir código,
    podemos imprimir e programar ADN
  • 0:33 - 0:36
    en forma de diferentes algoritmos e
    programas dentro das bacterias.
  • 0:37 - 0:40
    O que este programa produce
    son proteínas fluorescentes
  • 0:40 - 0:41
    dun xeito rítmico
  • 0:41 - 0:43
    e xera unha pequena molécula
  • 0:43 - 0:45
    que permite ás bacterias
    comunicarse e sincronizarse,
  • 0:45 - 0:47
    como poden ver neste filme.
  • 0:48 - 0:50
    A crecente colonia de
    bacterias que ven aquí
  • 0:50 - 0:52
    é do ancho aproximado dun pelo humano.
  • 0:52 - 0:54
    O que non poden ver é que
    o noso programa xenético
  • 0:54 - 0:58
    ensina a estas bacterias a produciren
    cada unha pequenas moléculas,
  • 0:58 - 1:01
    e estas moléculas viaxan entre
    as miles de bacterias individuais
  • 1:01 - 1:04
    dicíndolles cando acenderse e apagarse.
  • 1:04 - 1:07
    E as bacterias sincronízanse
    bastante ben a esta escala,
  • 1:07 - 1:11
    mais debido a que a molécula que as sincroniza
    só pode viaxar a unha determinada velocidade,
  • 1:11 - 1:15
    en colonias maiores de bacterias,
    isto resulta en ondas viaxando
  • 1:15 - 1:18
    entre bacterias que están
    lonxe unhas de outras,
  • 1:18 - 1:21
    e poden ver estas ondas viaxando
    de dereita a esquerda na pantalla.
  • 1:21 - 1:24
    O noso programa xenético
    depende dun fenómeno natural,
  • 1:24 - 1:26
    coñecido como a percepción do quórum,
  • 1:27 - 1:29
    no cal as bacterias causan comportamentos
    cooperativos e virulentos
  • 1:29 - 1:32
    ao alcanzaren unha densidade crítica.
  • 1:32 - 1:34
    Vexan a percepción do quórum
    en acción nesta película,
  • 1:34 - 1:38
    onde a crecente colonia de
    bacteria só brilla
  • 1:38 - 1:40
    cando acada unha
    densidade alta ou crítica.
  • 1:40 - 1:42
    O noso programa xenético
  • 1:42 - 1:45
    produce patróns rítmicos
    de proteínas fluorescentes
  • 1:45 - 1:48
    a medida que a colonia crece.
  • 1:48 - 1:51
    Esta película e experimento
    recibe o nome de A Supernova,
  • 1:51 - 1:54
    porque semella una estrela estoupando.
  • 1:54 - 1:57
    Ademáis de programar
    estes fermosos patróns,
  • 1:57 - 1:59
    Pregúntome, que máis podemos
    obter destas bacterias?
  • 1:59 - 2:02
    E decidín explorar como podemos
    programar as bacterias
  • 2:02 - 2:05
    para detectarmos e tratarmos
    doenzas coma o cancro.
  • 2:06 - 2:08
    Un dos feitos máis
    sorprendentes das bacterias
  • 2:08 - 2:12
    é que poden crecer de maneira
    natural dentro de tumores.
  • 2:12 - 2:14
    Isto ocorre porque os tumores
  • 2:14 - 2:16
    son áreas onde o sistema
    inmunitario non ten acceso
  • 2:16 - 2:18
    e así as bacterias atopan estes tumores
  • 2:18 - 2:22
    e os usan como lugar protexido
    para crecer e multiplicarse.
  • 2:22 - 2:24
    Comezamos usando bacterias probióticas
  • 2:24 - 2:26
    que son bacterias inócuas
    con beneficios saudables,
  • 2:26 - 2:29
    e descubrín que, ao seren
    inxeridas oralmente por ratos,
  • 2:29 - 2:33
    estas probióticas crecían selectivamente
    dentro de tumores de fígado.
  • 2:33 - 2:35
    Decatámonos de que o xeito máis conveniente
  • 2:35 - 2:37
    de salientar a presenza das probióticas,
  • 2:37 - 2:39
    e, por tanto, a presenza dos tumores,
  • 2:39 - 2:41
    era facermos que as bacterias
    emitisen un sinal
  • 2:41 - 2:43
    que sería detectable na urina,
  • 2:43 - 2:45
    e así programamos
    específicamente estas probióticas
  • 2:45 - 2:48
    para facermos unha molécula que
    cambiase a cor da urina
  • 2:48 - 2:51
    para indicar a presenza de cancro.
  • 2:51 - 2:53
    Demostramos que esta tecnoloxía
  • 2:53 - 2:56
    podería detectar o cancro de fígado
    de forma sensible e específica,
  • 2:56 - 2:59
    un cancro que é difícil
    de atopar doutro xeito.
  • 3:00 - 3:03
    Pois ben, xa que estas bacterias
    se adhiren a tumores,
  • 3:03 - 3:05
    estamos a programalas
    non só para detectarmos o cancro
  • 3:05 - 3:07
    senón tamén para tratarmos o cancro
  • 3:07 - 3:10
    producindo moléculas terapéuticas
    dende o interior do tumor
  • 3:10 - 3:13
    que reducen os tumores existentes,
  • 3:13 - 3:16
    e fixémolo con programas
    que usan a percepción do quórum
  • 3:16 - 3:17
    como viron en anteriores filmes.
  • 3:17 - 3:21
    Imaxinen inserirmos no futuro
    unha probiótica programada
  • 3:21 - 3:24
    que poida detectar e tratar o cancro,
  • 3:24 - 3:26
    e incluso outras enfermedades.
  • 3:27 - 3:29
    A habilidade de programarmos bacterias
  • 3:29 - 3:30
    e programar vida
  • 3:30 - 3:33
    abre novos horizontes na
    investigación do cancro,
  • 3:33 - 3:36
    para compartir esta visión,
    traballei co artista Vik Muniz
  • 3:36 - 3:38
    para crearmos o símbolo do universo,
  • 3:38 - 3:41
    feito enteiramente de bacterias
    ou células canceríxenas.
  • 3:41 - 3:47
    A Miña esperanza é que a beleza e
    propósito deste universo microscópico
  • 3:47 - 3:52
    poida inspirar enfoques novos e creativos
    na investigación do cancro.
  • 3:52 - 3:54
    Grazas.
  • 3:54 - 3:58
    (Aplausos)
Title:
Podemos utilizar as bacterias para detectar o cancro (e quizais curalo)
Speaker:
Tal Danino
Description:

O cancro de fígado é un dos máis difíciles de detectar, mais o biólogo sintético Tal Danino tivo unha idea moi pouco convencional: Que pasaría se creamos unha probiótica, unha bacteria comestíbel que fose "programada" para atopar tumores de fígado? As súas descubertas suxiren algo que estamos empezando a comprender sobre as bacterias: o seu poder de percepción de quorum, ou faceren algo xuntas unha vez que son un número enorme. Danino, membro de TED, explica como funciona a percepción do quorum -- e que a cooperación entre as bacterias podería algun día cambiar o tratamento do cancro.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
04:11

Galician subtitles

Revisions