WEBVTT 00:00:00.788 --> 00:00:02.533 Pode que non sexan conscientes disto, 00:00:02.533 --> 00:00:07.413 pero hai máis bacterias no voso corpo ca estrelas en toda a galaxia. 00:00:08.040 --> 00:00:11.167 Este fascinante universo de bacterias no noso interior 00:00:11.167 --> 00:00:13.443 é unha parte esencial da nosa saúde, 00:00:13.443 --> 00:00:15.532 e a nosa tecnoloxía evoluciona tan rápido 00:00:15.532 --> 00:00:20.291 que hoxe podemos programar estas bacterias igual que programamos computadores. NOTE Paragraph 00:00:21.060 --> 00:00:22.939 O diagrama que vemos aquí, 00:00:22.939 --> 00:00:25.470 parece a xogada de algún deporte, 00:00:25.470 --> 00:00:29.626 mais é en realidade una mostra do primeiro programa bacteriano que creei. 00:00:29.626 --> 00:00:32.947 E o mesmo que escribir código, podemos imprimir e programar ADN 00:00:32.947 --> 00:00:36.174 en forma de diferentes algoritmos e programas dentro das bacterias. 00:00:36.824 --> 00:00:39.519 O que este programa produce son proteínas fluorescentes 00:00:39.519 --> 00:00:40.957 dun xeito rítmico 00:00:40.957 --> 00:00:42.559 e xera unha pequena molécula 00:00:42.559 --> 00:00:45.137 que permite ás bacterias comunicarse e sincronizarse, 00:00:45.137 --> 00:00:46.975 como poden ver neste filme. 00:00:47.505 --> 00:00:49.785 A crecente colonia de bacterias que ven aquí 00:00:49.785 --> 00:00:51.778 é do ancho aproximado dun pelo humano. 00:00:51.778 --> 00:00:54.285 O que non poden ver é que o noso programa xenético 00:00:54.285 --> 00:00:57.768 ensina a estas bacterias a produciren cada unha pequenas moléculas, 00:00:57.768 --> 00:01:01.181 e estas moléculas viaxan entre as miles de bacterias individuais 00:01:01.181 --> 00:01:03.897 dicíndolles cando acenderse e apagarse. 00:01:03.897 --> 00:01:07.148 E as bacterias sincronízanse bastante ben a esta escala, 00:01:07.148 --> 00:01:11.142 mais debido a que a molécula que as sincroniza só pode viaxar a unha determinada velocidade, 00:01:11.142 --> 00:01:14.718 en colonias maiores de bacterias, isto resulta en ondas viaxando 00:01:14.718 --> 00:01:17.620 entre bacterias que están lonxe unhas de outras, 00:01:17.620 --> 00:01:21.356 e poden ver estas ondas viaxando de dereita a esquerda na pantalla. NOTE Paragraph 00:01:21.356 --> 00:01:24.144 O noso programa xenético depende dun fenómeno natural, 00:01:24.144 --> 00:01:25.645 coñecido como a percepción do quórum, 00:01:27.147 --> 00:01:28.649 no cal as bacterias causan comportamentos cooperativos e virulentos 00:01:28.649 --> 00:01:31.590 ao alcanzaren unha densidade crítica. 00:01:31.590 --> 00:01:34.245 Vexan a percepción do quórum en acción nesta película, 00:01:34.245 --> 00:01:37.887 onde a crecente colonia de bacteria só brilla 00:01:37.887 --> 00:01:40.258 cando acada unha densidade alta ou crítica. 00:01:40.258 --> 00:01:42.100 O noso programa xenético 00:01:42.100 --> 00:01:45.251 produce patróns rítmicos de proteínas fluorescentes 00:01:45.251 --> 00:01:47.619 a medida que a colonia crece. 00:01:47.619 --> 00:01:51.310 Esta película e experimento recibe o nome de A Supernova, 00:01:51.310 --> 00:01:54.340 porque semella una estrela estoupando. NOTE Paragraph 00:01:54.340 --> 00:01:56.730 Ademáis de programar estes fermosos patróns, 00:01:56.730 --> 00:01:59.321 Pregúntome, que máis podemos obter destas bacterias? 00:01:59.321 --> 00:02:01.900 E decidín explorar como podemos programar as bacterias 00:02:01.900 --> 00:02:04.689 para detectarmos e tratarmos doenzas coma o cancro. 00:02:06.009 --> 00:02:08.307 Un dos feitos máis sorprendentes das bacterias 00:02:08.307 --> 00:02:11.744 é que poden crecer de maneira natural dentro de tumores. 00:02:11.744 --> 00:02:13.508 Isto ocorre porque os tumores 00:02:13.508 --> 00:02:15.923 son áreas onde o sistema inmunitario non ten acceso 00:02:15.923 --> 00:02:17.920 e así as bacterias atopan estes tumores 00:02:17.920 --> 00:02:21.751 e os usan como lugar protexido para crecer e multiplicarse. 00:02:21.751 --> 00:02:23.585 Comezamos usando bacterias probióticas 00:02:23.585 --> 00:02:26.209 que son bacterias inócuas con beneficios saudables, 00:02:26.209 --> 00:02:28.670 e descubrín que, ao seren inxeridas oralmente por ratos, 00:02:28.670 --> 00:02:32.826 estas probióticas crecían selectivamente dentro de tumores de fígado. 00:02:32.826 --> 00:02:34.780 Decatámonos de que o xeito máis conveniente 00:02:34.780 --> 00:02:36.861 de salientar a presenza das probióticas, 00:02:36.861 --> 00:02:38.724 e, por tanto, a presenza dos tumores, 00:02:38.724 --> 00:02:40.953 era facermos que as bacterias emitisen un sinal 00:02:40.953 --> 00:02:43.069 que sería detectable na urina, 00:02:43.069 --> 00:02:45.481 e así programamos específicamente estas probióticas 00:02:45.481 --> 00:02:48.360 para facermos unha molécula que cambiase a cor da urina 00:02:48.360 --> 00:02:51.170 para indicar a presenza de cancro. 00:02:51.170 --> 00:02:53.180 Demostramos que esta tecnoloxía 00:02:53.180 --> 00:02:56.370 podería detectar o cancro de fígado de forma sensible e específica, 00:02:56.370 --> 00:02:59.060 un cancro que é difícil de atopar doutro xeito. NOTE Paragraph 00:02:59.891 --> 00:03:02.890 Pois ben, xa que estas bacterias se adhiren a tumores, 00:03:02.890 --> 00:03:05.478 estamos a programalas non só para detectarmos o cancro 00:03:05.478 --> 00:03:07.266 senón tamén para tratarmos o cancro 00:03:07.266 --> 00:03:10.493 producindo moléculas terapéuticas dende o interior do tumor 00:03:10.493 --> 00:03:12.815 que reducen os tumores existentes, 00:03:12.815 --> 00:03:15.570 e fixémolo con programas que usan a percepción do quórum 00:03:15.570 --> 00:03:17.413 como viron en anteriores filmes. NOTE Paragraph 00:03:17.413 --> 00:03:21.110 Imaxinen inserirmos no futuro unha probiótica programada 00:03:21.110 --> 00:03:23.589 que poida detectar e tratar o cancro, 00:03:23.589 --> 00:03:26.170 e incluso outras enfermedades. 00:03:26.960 --> 00:03:28.604 A habilidade de programarmos bacterias 00:03:28.604 --> 00:03:30.299 e programar vida 00:03:30.299 --> 00:03:33.248 abre novos horizontes na investigación do cancro, 00:03:33.248 --> 00:03:35.983 para compartir esta visión, traballei co artista Vik Muniz 00:03:35.983 --> 00:03:37.799 para crearmos o símbolo do universo, 00:03:37.799 --> 00:03:41.440 feito enteiramente de bacterias ou células canceríxenas. 00:03:41.443 --> 00:03:46.645 A Miña esperanza é que a beleza e propósito deste universo microscópico 00:03:46.645 --> 00:03:51.544 poida inspirar enfoques novos e creativos na investigación do cancro. NOTE Paragraph 00:03:51.544 --> 00:03:54.168 Grazas. NOTE Paragraph 00:03:54.168 --> 00:03:57.935 (Aplausos)