Pode que non sexan conscientes disto, pero hai máis bacterias no voso corpo ca estrelas en toda a galaxia. Este fascinante universo de bacterias no noso interior é unha parte esencial da nosa saúde, e a nosa tecnoloxía evoluciona tan rápido que hoxe podemos programar estas bacterias igual que programamos computadores. O diagrama que vemos aquí, parece a xogada de algún deporte, mais é en realidade una mostra do primeiro programa bacteriano que creei. E o mesmo que escribir código, podemos imprimir e programar ADN en forma de diferentes algoritmos e programas dentro das bacterias. O que este programa produce son proteínas fluorescentes dun xeito rítmico e xera unha pequena molécula que permite ás bacterias comunicarse e sincronizarse, como poden ver neste filme. A crecente colonia de bacterias que ven aquí é do ancho aproximado dun pelo humano. O que non poden ver é que o noso programa xenético ensina a estas bacterias a produciren cada unha pequenas moléculas, e estas moléculas viaxan entre as miles de bacterias individuais dicíndolles cando acenderse e apagarse. E as bacterias sincronízanse bastante ben a esta escala, mais debido a que a molécula que as sincroniza só pode viaxar a unha determinada velocidade, en colonias maiores de bacterias, isto resulta en ondas viaxando entre bacterias que están lonxe unhas de outras, e poden ver estas ondas viaxando de dereita a esquerda na pantalla. O noso programa xenético depende dun fenómeno natural, coñecido como a percepción do quórum, no cal as bacterias causan comportamentos cooperativos e virulentos ao alcanzaren unha densidade crítica. Vexan a percepción do quórum en acción nesta película, onde a crecente colonia de bacteria só brilla cando acada unha densidade alta ou crítica. O noso programa xenético produce patróns rítmicos de proteínas fluorescentes a medida que a colonia crece. Esta película e experimento recibe o nome de A Supernova, porque semella una estrela estoupando. Ademáis de programar estes fermosos patróns, Pregúntome, que máis podemos obter destas bacterias? E decidín explorar como podemos programar as bacterias para detectarmos e tratarmos doenzas coma o cancro. Un dos feitos máis sorprendentes das bacterias é que poden crecer de maneira natural dentro de tumores. Isto ocorre porque os tumores son áreas onde o sistema inmunitario non ten acceso e así as bacterias atopan estes tumores e os usan como lugar protexido para crecer e multiplicarse. Comezamos usando bacterias probióticas que son bacterias inócuas con beneficios saudables, e descubrín que, ao seren inxeridas oralmente por ratos, estas probióticas crecían selectivamente dentro de tumores de fígado. Decatámonos de que o xeito máis conveniente de salientar a presenza das probióticas, e, por tanto, a presenza dos tumores, era facermos que as bacterias emitisen un sinal que sería detectable na urina, e así programamos específicamente estas probióticas para facermos unha molécula que cambiase a cor da urina para indicar a presenza de cancro. Demostramos que esta tecnoloxía podería detectar o cancro de fígado de forma sensible e específica, un cancro que é difícil de atopar doutro xeito. Pois ben, xa que estas bacterias se adhiren a tumores, estamos a programalas non só para detectarmos o cancro senón tamén para tratarmos o cancro producindo moléculas terapéuticas dende o interior do tumor que reducen os tumores existentes, e fixémolo con programas que usan a percepción do quórum como viron en anteriores filmes. Imaxinen inserirmos no futuro unha probiótica programada que poida detectar e tratar o cancro, e incluso outras enfermedades. A habilidade de programarmos bacterias e programar vida abre novos horizontes na investigación do cancro, para compartir esta visión, traballei co artista Vik Muniz para crearmos o símbolo do universo, feito enteiramente de bacterias ou células canceríxenas. A Miña esperanza é que a beleza e propósito deste universo microscópico poida inspirar enfoques novos e creativos na investigación do cancro. Grazas. (Aplausos)