7 principios para construír cidades mellores
-
0:01 - 0:03Vou incrementar a complexidade
-
0:03 - 0:05da situación en que nos atopamos.
-
0:05 - 0:09Ao tempo que procuramos solucións
ao cambio climático, -
0:10 - 0:13imos construír cidades
para tres mil millóns de persoas. -
0:15 - 0:17É dicir, imos duplicar o contorno urbano.
-
0:18 - 0:20Se non o facemos ben,
-
0:20 - 0:24non sei se tódalas solucións climáticas
do mundo salvarán a humanidade, -
0:25 - 0:29porque moito depende de como
configuremos as nosas cidades: -
0:29 - 0:30non só os impactos ambientais,
-
0:30 - 0:32senón tamén o noso benestar social,
-
0:33 - 0:35a nosa vitalidade económica,
-
0:35 - 0:38o noso sentido
de comunidade e vinculación. -
0:38 - 0:41En esencia, o modo en que configuramos
as cidades é unha manifestación -
0:41 - 0:44do tipo de humanidade que profesamos.
-
0:44 - 0:47Así que penso que facelo ben
-
0:47 - 0:49está na orde do día.
-
0:49 - 0:52E ata certo punto, facelo ben pode
axudarnos a resolver o cambio climático, -
0:52 - 0:54porque en última instancia
-
0:54 - 0:57é a nosa conduta a que parece
estar aumentando o problema. -
0:57 - 0:59Non se trata dun problema sen causas
-
0:59 - 1:03e non son só ExxonMobil e
as compañías petrolíferas. -
1:03 - 1:05Somos nós, é o xeito en que vivimos.
-
1:06 - 1:08O xeito en que vivimos.
-
1:08 - 1:10Hai un vilán nesta historia.
-
1:10 - 1:13Chámase dispersión urbana
e vou falar dela sen rodeos. -
1:13 - 1:17Pero non é o tipo de dispersión
que pensades ou que moitos pensan, -
1:17 - 1:19ese desenvolvemento de baixa densidade
-
1:19 - 1:21que se produce na periferia
da área metropolitana. -
1:22 - 1:27De feito, a dispersión pode ocorrer
en calquera lugar e grao de densidade. -
1:27 - 1:30O atributo clave é que illa a xente.
-
1:31 - 1:35Segrega as persoas en enclaves económicos
-
1:35 - 1:37e enclaves de explotación do solo.
-
1:37 - 1:38Sepáraas da natureza.
-
1:39 - 1:42Impide o intercambio fecundo,
-
1:42 - 1:43a interacción,
-
1:43 - 1:46que fai das cidades grandes lugares
-
1:46 - 1:48e fai que a sociedade prospere.
-
1:48 - 1:53Así que no que temos que pensar
é no antídoto contra a dispersión, -
1:53 - 1:58sobre todo cando estamos poñendo en marcha
este inmenso proxecto de construción. -
1:58 - 2:01Vouvos explicar un exercicio que fixemos.
-
2:01 - 2:04Desenvolvemos este modelo
para o estado de California -
2:04 - 2:07para que puidesen seguir reducindo
as emisións de carbono. -
2:08 - 2:13Formulamos distintas hipóteses sobre
como podería crecer o estado -
2:14 - 2:17e esta é só unha moi simplificada.
-
2:17 - 2:20Combinamos distintos prototipos
de desenvolvemento -
2:20 - 2:23e dixemos que nos servirían
ata o ano 2050, -
2:23 - 2:28con 10 millóns máis de tripulantes
no noso estado de California -
2:28 - 2:30Un deles era a dispersión.
-
2:30 - 2:33É simplemente máis do mesmo:
centros comerciais, parcelas, -
2:34 - 2:35parques empresariais.
-
2:35 - 2:38No outro predominaba o feito de que
non todos marchaban para a cidade, -
2:38 - 2:40o desenvolvemento era máis compacto,
-
2:40 - 2:43iso que chamabamos periferia de tranvía,
-
2:43 - 2:44barrios que invitan a camiñar,
-
2:44 - 2:48contornos con edificios de pouca altura,
integrados e de usos mixtos. -
2:49 - 2:51E os resultados son impresionantes.
-
2:51 - 2:55Son impresionantes non só
pola escala da diferenza -
2:55 - 2:59que supón este cambio
no noso hábito de construír cidades -
2:59 - 3:04senón tamén porque cada un representa
un grupo de interés especial, -
3:04 - 3:09un grupo que adoitaba defender
os seus intereses -
3:09 - 3:10cada un por separado.
-
3:10 - 3:15Non eran quen de ver o que eu chamo
os "co-beneficios" da forma urbana -
3:15 - 3:17que lles permiten xuntarse con outros.
-
3:17 - 3:19Por exemplo, o consumo de terras:
-
3:19 - 3:22os ecoloxistas están moi preocupados
por isto, -
3:22 - 3:23tamén os agricultores;
-
3:24 - 3:26hai toda unha serie de persoas,
-
3:26 - 3:29e, por suposto, grupos de veciños,
que queren espazos abertos preto. -
3:30 - 3:32A versión dispersa de California
-
3:32 - 3:36case duplica o alcance físico
da pegada urbana. -
3:36 - 3:39Enorme aforro en gases
de efecto invernadoiro, -
3:39 - 3:43dado que en California a nosa maior
emisión de carbono provén dos coches, -
3:44 - 3:47e as cidades, que non dependen tanto
do coche, -
3:48 - 3:51obviamente xeran un aforro enorme.
-
3:52 - 3:55Quilómetros percorridos, diso é
do que estou a falar. -
3:55 - 4:00Simplemente reducindo unha media
de 16.000 kms por familia e ano, -
4:00 - 4:05desde ao redor dos 40.000 por familia,
-
4:05 - 4:10ten un impacto enorme non só
na calidade do aire e no carbono -
4:10 - 4:12senón tamén na economía das familias.
-
4:13 - 4:16Resulta moi caro conducir tanto,
-
4:16 - 4:17e, como vimos,
-
4:17 - 4:20a clase media está a pasar apuros.
-
4:20 - 4:24Sanidade: falabamos de amañar
o que estragamos, -
4:24 - 4:25de limpar o aire.
-
4:26 - 4:28Por que non deixar simplemente
de contaminar? -
4:28 - 4:31Por que non usar máis os pés
e a biblicleta? -
4:31 - 4:34E esa é unha das funcións das cidades
que construímos. -
4:35 - 4:37Gasto doméstico:
-
4:37 - 4:40O ano 2008 foi un punto de inflexión.
-
4:40 - 4:43Non só porque a industria financeira
perdese o control. -
4:44 - 4:48Foi que tratabamos de vender demasiadas
vivendas do tipo erróneo: -
4:48 - 4:51grandes parcelas, unifamiliares,
distantes, -
4:51 - 4:56demasiado caras
para a típica familia de clase media -
4:56 - 4:59e, con franqueza, agora pouco axeitadas
para o seu estilo de vida. -
4:59 - 5:01Pero para darlle saída ás existencias,
-
5:01 - 5:04podes descontar no financiamento
para lograr vender. -
5:04 - 5:07Penso que iso foi en boa medida
o que pasou. -
5:07 - 5:09Reducir os gastos nuns 10.000 dólares
-
5:09 - 5:12--lembrade que en California a mediana
está en 50.000 -- -
5:12 - 5:14este é un compoñente importante.
-
5:14 - 5:16Iso é só os coches e as facturas
dos servizos. -
5:17 - 5:21Os defensores da vivenda económica,
que a miúdo actúan pola súa conta, -
5:21 - 5:25á marxe de ecoloxistas e de políticos,
-
5:25 - 5:27todos loitando uns contra os outros,
-
5:27 - 5:29comezan a ver agora unha causa común,
-
5:29 - 5:33e penso que esa causa común é
o que vai supoñer un verdadeiro cambio. -
5:34 - 5:37Como resultado destes esforzos,
-
5:37 - 5:40Los Angeles decidiu transformarse
-
5:40 - 5:43nun medio máis orientado
cara ao transporte público. -
5:43 - 5:45De feito, desde 2008,
-
5:45 - 5:49aprobaron 400 mil millóns de dólares
en bonos para financiar o transporte -
5:49 - 5:52e cero dólares para novas autoestradas.
-
5:52 - 5:53Que transformación:
-
5:53 - 5:56LA convértese nunha cidade para camiñar
e usar o transporte público, -
5:56 - 5:58e non para os coches.
-
5:58 - 5:59(Aplausos)
-
5:59 - 6:00Como é isto posible?
-
6:00 - 6:02Colles a zona menos útil,
-
6:02 - 6:04onde hai espazo, engades
transporte público, -
6:04 - 6:08e incorporas urbanización de usos mixtos,
-
6:08 - 6:10satisfás as demandas de vivenda
-
6:11 - 6:13e fas os barrios existentes no contorno
-
6:13 - 6:14máis complexos,
-
6:14 - 6:17máis interesantes e máis aptos
para percorrer camiñando. -
6:17 - 6:19Este é outro tipo de dispersión:
-
6:20 - 6:23China, dispersión de alta densidade,
que é unha especie de oxímoro, -
6:23 - 6:26pero cos mesmos problemas,
todo illado en superbloques, -
6:27 - 6:30e por suposto ese incrible smog
do que vimos de falar. -
6:30 - 6:33O 12% do PIB de China
gástase hoxe -
6:33 - 6:35nos efectos diso sobre a saúde.
-
6:36 - 6:39As cidades chinesas, por suposto,
teñen unha historia consolidada. -
6:39 - 6:40Como a de calquera outro sitio.
-
6:40 - 6:43A comunidade formábase a partir de
pequenas tendas locais -
6:43 - 6:47e servizos locais, desprazamentos a pé
e interacción cos veciños. -
6:48 - 6:50Se cadra soa utópico, pero non o é.
-
6:50 - 6:51É o que a xente quere de verdade.
-
6:52 - 6:53Os novos superbloques
-
6:53 - 6:57--bloques dunhas 5.000 unidades--
-
6:57 - 7:00son pechados, porque
ninguén coñece a ninguén. -
7:01 - 7:05E por suposto non hai sequera beirarrúa
nin tendas nos baixos -- -
7:05 - 7:06un medio moi estéril.
-
7:08 - 7:12Atopeime cun caso nun destes superbloques
-
7:12 - 7:15en que os veciños puxeran tendas ilegais
nos garaxes -
7:15 - 7:18para poder dispor desa economía
de servizos local. -
7:19 - 7:23O desexo da xente
de facer as cousas ben está aí. -
7:23 - 7:26Só temos que facer que os planificadores
e os políticos se sumen. -
7:27 - 7:31Ben, agora algunhas cuestións técnicas
de planificación. -
7:31 - 7:34Chongqing é unha cidade
de 30 millóns de habitantes. -
7:34 - 7:36É case tan grande coma California.
-
7:36 - 7:38Esta é unha pequena zona de expansión.
-
7:38 - 7:42Querían que probásemos
a alternativa á dispersión -
7:42 - 7:45en varias cidades de China.
-
7:45 - 7:48Isto é para catro millóns e medio
de persoas. -
7:48 - 7:50Cada un deses círculos
que vemos nesta imaxe -
7:50 - 7:53é a zona abarcable andando nun radio
-
7:53 - 7:55arredor dunha estación
de transporte público. -
7:55 - 7:58Un enorme investimento en metro
e unha rede rápida de autobuses, -
7:59 - 8:01e unha estrutura que permite
-
8:01 - 8:04que todos poidan ir á parada a pé
desde o seu traballo. -
8:04 - 8:06Esta é unha ampliación da zona vermella.
-
8:06 - 8:09De repente, os nosos principios
esixían espazos verdes -
8:09 - 8:13que conservasen os elementos
ecolóxicos importantes. -
8:13 - 8:17E por esoutras rúas que se ven aí
non poden circular coches. -
8:18 - 8:21Así que no canto de meter a escavadora
e achaiar o espazo -
8:21 - 8:23e construír ata a beira do río,
-
8:23 - 8:27esta banda verde non estaba
nas normas en China -
8:27 - 8:30ata que esta serie de prácticas
-
8:30 - 8:33comezaron a probarse alí.
-
8:33 - 8:35Unha trama urbana de bloques pequenos,
-
8:35 - 8:38se cadra dunhas 500 familias cada un.
-
8:38 - 8:39Coñécense todos.
-
8:39 - 8:41No perímetro da rúa hai tendas
-
8:41 - 8:43e, polo tanto, destinos locais.
-
8:43 - 8:46E as propias rúas son máis pequenas,
-
8:46 - 8:47porque hai máis.
-
8:47 - 8:49Un deseño urbano
-
8:49 - 8:51moi simple e claro.
-
8:51 - 8:55Isto que vedes aquí encántame.
-
8:55 - 8:56Pensade na lóxica disto.
-
8:56 - 8:58Se só un terzo das persoas teñen coche,
-
8:59 - 9:02por que lles cedemos o 100%
da rúa aos coches? -
9:03 - 9:06E se nos libramos do 70% dos coches,
-
9:06 - 9:08para todos os demais,
-
9:08 - 9:11facilitándolles o movemento
-
9:11 - 9:12aos que van a pé ou en bicicleta?
-
9:13 - 9:14Por que non incorporamos...
-
9:14 - 9:16(Aplausos)
-
9:16 - 9:18a equidade xeográfica
-
9:18 - 9:20ao noso sistema de circulación?
-
9:21 - 9:24Con franqueza, as cidades
funcionarían mellor. -
9:24 - 9:26Fagan o que fagan,
-
9:26 - 9:29á marxe das circunvalacións
que constrúan ao redor de Pekín, -
9:29 - 9:31non poden evitar a paralización
total do tráfico. -
9:31 - 9:35Esta é unha rúa sen coches,
coas beiras para usos mixtos -
9:35 - 9:38e a zona central para transporte público.
-
9:38 - 9:41Ese transporte podería ser
con vehículos sen condutor, -
9:41 - 9:43pero se cadra terei ocasión
de falar diso máis tarde. -
9:44 - 9:47Hai sete principios que veñen de adoptar
-
9:47 - 9:50as máis altas instancias
do goberno chinés, -
9:50 - 9:52e van xa camiño de poñelos en práctica.
-
9:52 - 9:54Trátase de principios sinxelos
-
9:54 - 9:56e, na miña opinión, universais.
-
9:56 - 9:59O primeiro é conservar
o medio natural, a historia -
9:59 - 10:01e a agricultura indispensable.
-
10:02 - 10:04O segundo é mesturar.
-
10:04 - 10:06O uso mixto é moi popular
pero ao dicir mixto eu refírome -
10:06 - 10:09a rendas mixtas, idades mixtas,
-
10:09 - 10:11ademais do uso mixto do terreo.
-
10:12 - 10:13Camiñar.
-
10:13 - 10:16Non é unha gran cidade
se non desfrutamos camiñando por ela. -
10:16 - 10:18Se non é así, non imos.
-
10:18 - 10:20Imos de vacacións a sitios
onde se pode camiñar. -
10:20 - 10:22Por que non facelo en todas partes?
-
10:23 - 10:26A bicicleta é o medio de transporte
máis eficiente que coñecemos. -
10:26 - 10:30China vén de adoptar medidas
para que todas as rúas dispoñan -
10:30 - 10:32de seis metros de carril bici.
-
10:32 - 10:36Toman moi en serio o de recuperar
a súa historia de uso da bicicleta. -
10:36 - 10:37(Aplausos)
-
10:37 - 10:39Un aspecto complicado da planificación:
-
10:39 - 10:40Conectar.
-
10:41 - 10:44Velaquí un plano urbano
que permite múltiples rutas -
10:44 - 10:46no canto de rutas únicas
-
10:46 - 10:50e ofrece distintos tipos de rúas.
-
10:51 - 10:52Transporte.
-
10:52 - 10:54Temos que investir máis
en transporte público. -
10:54 - 10:56Nisto non hai bala de prata.
-
10:56 - 10:59Os vehículos sen condutor
non van resolver isto por nós. -
10:59 - 11:05De feito, van xerar máis tráfico,
máis quilómetros percorridos, -
11:05 - 11:06cá alternativa.
-
11:06 - 11:07E finalmente, priorizar.
-
11:07 - 11:11Temos a cidade xerarquizada
en función do transporte público -
11:11 - 11:14no canto da antiga armazón de autovías.
-
11:15 - 11:17Supón un gran cambio de paradigma,
-
11:17 - 11:20pero é necesario reconectar
esas dúas cousas -
11:20 - 11:24de xeitos que dean forma
á estrutura da cidade. -
11:25 - 11:28Son moi optimista.
-
11:28 - 11:32En California, Estados Unidos, China,
estes cambios teñen boa acollida. -
11:32 - 11:35Son optimista por dous motivos.
-
11:35 - 11:37Un é que a maioría enténdeo.
-
11:37 - 11:39Comprenden de forma intrínseca
-
11:39 - 11:42como pode e debe ser unha gran cidade.
-
11:42 - 11:46O segundo é que a clase de análise
que podemos levar a cabo agora -
11:47 - 11:49permítelle á xente unir os puntos,
-
11:50 - 11:53permítelle configurar coalicións políticas
-
11:53 - 11:54que non existían antes.
-
11:55 - 11:58E iso permítelle crear a clase
de comunidades que todos necesitamos. -
11:58 - 12:00Grazas.
-
12:00 - 12:03(Aplausos)
-
12:08 - 12:11Chris Anderson: De acordo entón,
coches autónomos, sen condutor. -
12:11 - 12:15A moitos dos que están aquí entusiásmanos.
-
12:15 - 12:18Que te preocupa deles
ou que problemas lles ves? -
12:18 - 12:22Peter Calthorpe: Penso que hai
excesivo alboroto con este tema -
12:22 - 12:25En primeiro lugar, moitos din
que nos imos librar de moitos coches. -
12:25 - 12:28O que non din é que van aumentar moito
os quilómetros percorridos. -
12:29 - 12:31Imos ter moitos máis coches polas rúas.
-
12:31 - 12:33Haberá máis atascos.
-
12:33 - 12:35CA: É que son moi interesantes...
-
12:35 - 12:37podes conducir mentres les ou dormes.
-
12:37 - 12:39PC: Ben, hai un par de razóns.
-
12:39 - 12:43Unha é que se son privados,
percorreranse maiores distancias. -
12:43 - 12:45Darán nova forza á dispersión urbana.
-
12:45 - 12:47Se podes traballar de camiño ao traballo,
-
12:47 - 12:49podes vivir en lugares máis apartados.
-
12:49 - 12:51Revitalizará a dispersión
-
12:52 - 12:54dun xeito que me aterra.
-
12:54 - 12:56Por exemplo, os taxis.
-
12:56 - 13:00Máis da metade das enquisas din
que a xente non quere compartilos. -
13:00 - 13:01Se non os comparten,
-
13:01 - 13:06podemos chegar a un incremento do 90%
en quilómetros percorridos. -
13:07 - 13:08Mesmo se os comparten,
-
13:08 - 13:11aínda así andaremos polo 30%
de incremento. -
13:11 - 13:14CA: Con compartilos refíreste
a moitos usuarios á vez -
13:14 - 13:16en sistemas intelixentes
de viaxes compartidas? -
13:16 - 13:19PC: Si, polo estilo de Uber
pero sen volante. -
13:19 - 13:23A realidade é a eficiencia
enerxética dos vehículos, -
13:23 - 13:25independentemente de se teñen
volante ou non. -
13:25 - 13:28Afirman que van ser os únicos
cun consumo eléctrico eficiente, -
13:28 - 13:29pero non é certo.
-
13:30 - 13:33O realmente importante é que
a pé, na bici ou no transporte público -
13:34 - 13:37é como prosperan as cidades
e as comunidades. -
13:37 - 13:40Pechar a xente en burbullas privadas,
-
13:40 - 13:42con ou sen volante,
-
13:42 - 13:44é a dirección equivocada.
-
13:44 - 13:45E sinceramente,
-
13:45 - 13:50a imaxe dun coche autónomo indo
recoller un pedido ao McDonald's -
13:51 - 13:52sen o seu dono,
-
13:52 - 13:56facendo esa clase de mandados arbitrarios,
-
13:56 - 13:57resulta aterradora.
-
13:57 - 14:00CA: Ben, grazas.
Debo dicir que as imaxes que amosaches -
14:01 - 14:04desas rúas con zonas de usos mixtos
foron moi inspiradoras e fermosas. -
14:04 - 14:06PC: Grazas.
CA: Grazas polo teu traballo. -
14:06 - 14:08(Aplausos)
- Title:
- 7 principios para construír cidades mellores
- Speaker:
- Peter Calthorpe
- Description:
-
Máis da metade da poboación mundial vive xa en cidades, e calcúlase que para 2050 outros 2.500 millóns teranse mudado a áreas urbanas. O xeito en que construímos as novas cidades será a clave de moito do que nos importa, desde o cambio climático e a vitalidade económica ata o noso propio benestar e o noso sentido de conexión. Peter Calthorpe leva tempo traballando na planificación urbana do futuro e defendendo un deseño de comunidade que priorice a interacción humana. Nesta charla, preséntanos sete principios universais para resolver o problema da dispersión urbana e para construír cidades máis intelixentes e sostibles.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:20
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for 7 principles for building better cities |