0:00:00.674,0:00:02.656 Vou incrementar a complexidade 0:00:02.680,0:00:05.014 da situación en que nos atopamos. 0:00:05.270,0:00:09.242 Ao tempo que procuramos solucións[br]ao cambio climático, 0:00:09.620,0:00:13.291 imos construír cidades[br]para tres mil millóns de persoas. 0:00:14.577,0:00:17.185 É dicir, imos duplicar o contorno urbano. 0:00:17.907,0:00:19.580 Se non o facemos ben, 0:00:19.604,0:00:24.003 non sei se tódalas solucións climáticas[br]do mundo salvarán a humanidade, 0:00:24.807,0:00:28.582 porque moito depende de como[br]configuremos as nosas cidades: 0:00:28.606,0:00:30.436 non só os impactos ambientais, 0:00:30.456,0:00:32.496 senón tamén o noso benestar social, 0:00:32.520,0:00:34.802 a nosa vitalidade económica, 0:00:34.826,0:00:37.625 o noso sentido [br]de comunidade e vinculación. 0:00:38.024,0:00:41.325 En esencia, o modo en que configuramos[br]as cidades é unha manifestación 0:00:41.349,0:00:43.805 do tipo de humanidade que profesamos. 0:00:44.032,0:00:47.142 Así que penso que facelo ben 0:00:47.166,0:00:48.812 está na orde do día. 0:00:48.836,0:00:52.464 E ata certo punto, facelo ben pode[br]axudarnos a resolver o cambio climático, 0:00:52.488,0:00:53.850 porque en última instancia 0:00:53.850,0:00:56.796 é a nosa conduta a que parece[br]estar aumentando o problema. 0:00:57.116,0:00:58.994 Non se trata dun problema sen causas 0:00:59.018,0:01:02.739 e non son só ExxonMobil e[br]as compañías petrolíferas. 0:01:02.948,0:01:04.661 Somos nós, é o xeito en que vivimos. 0:01:06.341,0:01:07.560 O xeito en que vivimos. 0:01:08.044,0:01:09.609 Hai un vilán nesta historia. 0:01:09.633,0:01:13.146 Chámase dispersión urbana[br]e vou falar dela sen rodeos. 0:01:13.170,0:01:16.955 Pero non é o tipo de dispersión[br]que pensades ou que moitos pensan, 0:01:16.979,0:01:18.829 ese desenvolvemento de baixa densidade 0:01:18.829,0:01:21.281 que se produce na periferia[br]da área metropolitana. 0:01:22.132,0:01:26.652 De feito, a dispersión pode ocorrer[br]en calquera lugar e grao de densidade. 0:01:27.340,0:01:30.497 O atributo clave é que illa a xente. 0:01:31.054,0:01:34.668 Segrega as persoas en enclaves económicos 0:01:34.668,0:01:36.560 e enclaves de explotación do solo. 0:01:36.584,0:01:38.405 Sepáraas da natureza. 0:01:38.704,0:01:41.735 Impide o intercambio fecundo, 0:01:41.882,0:01:43.146 a interacción, 0:01:43.170,0:01:45.593 que fai das cidades grandes lugares 0:01:45.617,0:01:47.863 e fai que a sociedade prospere. 0:01:48.389,0:01:53.131 Así que no que temos que pensar[br]é no antídoto contra a dispersión, 0:01:53.155,0:01:57.514 sobre todo cando estamos poñendo en marcha[br]este inmenso proxecto de construción. 0:01:58.105,0:02:00.590 Vouvos explicar un exercicio que fixemos. 0:02:00.614,0:02:04.215 Desenvolvemos este modelo[br]para o estado de California 0:02:04.215,0:02:07.298 para que puidesen seguir reducindo[br]as emisións de carbono. 0:02:08.046,0:02:13.428 Formulamos distintas hipóteses sobre[br]como podería crecer o estado 0:02:13.566,0:02:16.554 e esta é só unha moi simplificada. 0:02:16.713,0:02:19.509 Combinamos distintos prototipos[br]de desenvolvemento 0:02:19.533,0:02:23.344 e dixemos que nos servirían[br]ata o ano 2050, 0:02:23.368,0:02:27.963 con 10 millóns máis de tripulantes[br]no noso estado de California 0:02:28.441,0:02:29.943 Un deles era a dispersión. 0:02:29.967,0:02:33.499 É simplemente máis do mesmo:[br]centros comerciais, parcelas, 0:02:33.523,0:02:34.707 parques empresariais. 0:02:34.731,0:02:38.345 No outro predominaba o feito de que[br]non todos marchaban para a cidade, 0:02:38.345,0:02:40.228 o desenvolvemento era máis compacto, 0:02:40.252,0:02:42.810 iso que chamabamos periferia de tranvía, 0:02:42.834,0:02:44.333 barrios que invitan a camiñar, 0:02:44.333,0:02:48.146 contornos con edificios de pouca altura,[br]integrados e de usos mixtos. 0:02:48.969,0:02:51.405 E os resultados son impresionantes. 0:02:51.429,0:02:54.592 Son impresionantes non só[br]pola escala da diferenza 0:02:54.616,0:02:58.743 que supón este cambio [br]no noso hábito de construír cidades 0:02:58.875,0:03:03.589 senón tamén porque cada un representa[br]un grupo de interés especial, 0:03:04.233,0:03:08.622 un grupo que adoitaba defender[br]os seus intereses 0:03:08.646,0:03:09.811 cada un por separado. 0:03:09.835,0:03:14.765 Non eran quen de ver o que eu chamo[br]os "co-beneficios" da forma urbana 0:03:14.958,0:03:17.433 que lles permiten xuntarse con outros. 0:03:17.457,0:03:19.045 Por exemplo, o consumo de terras: 0:03:19.069,0:03:21.883 os ecoloxistas están moi preocupados[br]por isto, 0:03:21.907,0:03:23.092 tamén os agricultores; 0:03:23.696,0:03:25.918 hai toda unha serie de persoas, 0:03:25.942,0:03:29.329 e, por suposto, grupos de veciños,[br]que queren espazos abertos preto. 0:03:29.861,0:03:31.947 A versión dispersa de California 0:03:31.971,0:03:35.597 case duplica o alcance físico[br]da pegada urbana. 0:03:36.429,0:03:39.104 Enorme aforro en gases[br]de efecto invernadoiro, 0:03:39.128,0:03:43.458 dado que en California a nosa maior[br]emisión de carbono provén dos coches, 0:03:43.967,0:03:47.498 e as cidades, que non dependen tanto[br]do coche, 0:03:47.691,0:03:50.626 obviamente xeran un aforro enorme. 0:03:51.601,0:03:54.677 Quilómetros percorridos, diso é[br]do que estou a falar. 0:03:54.701,0:03:59.590 Simplemente reducindo unha media[br]de 16.000 kms por familia e ano, 0:03:59.710,0:04:04.870 desde ao redor dos 40.000 por familia, 0:04:05.064,0:04:09.944 ten un impacto enorme non só[br]na calidade do aire e no carbono 0:04:09.968,0:04:12.359 senón tamén na economía das familias. 0:04:12.563,0:04:15.556 Resulta moi caro conducir tanto, 0:04:15.580,0:04:16.972 e, como vimos, 0:04:16.996,0:04:19.511 a clase media está a pasar apuros. 0:04:20.313,0:04:24.298 Sanidade: falabamos de amañar[br]o que estragamos, 0:04:24.322,0:04:25.481 de limpar o aire. 0:04:25.505,0:04:27.636 Por que non deixar simplemente[br]de contaminar? 0:04:27.636,0:04:30.948 Por que non usar máis os pés[br]e a biblicleta? 0:04:30.972,0:04:34.163 E esa é unha das funcións das cidades[br]que construímos. 0:04:35.314,0:04:36.706 Gasto doméstico: 0:04:37.243,0:04:39.541 O ano 2008 foi un punto de inflexión. 0:04:39.565,0:04:42.913 Non só porque a industria financeira[br]perdese o control. 0:04:43.643,0:04:48.069 Foi que tratabamos de vender demasiadas[br]vivendas do tipo erróneo: 0:04:48.326,0:04:51.277 grandes parcelas, unifamiliares,[br]distantes, 0:04:51.301,0:04:55.502 demasiado caras [br]para a típica familia de clase media 0:04:55.526,0:04:58.910 e, con franqueza, agora pouco axeitadas[br]para o seu estilo de vida. 0:04:59.152,0:05:01.068 Pero para darlle saída ás existencias, 0:05:01.466,0:05:04.476 podes descontar no financiamento[br]para lograr vender. 0:05:04.476,0:05:06.544 Penso que iso foi en boa medida[br]o que pasou. 0:05:06.568,0:05:09.234 Reducir os gastos nuns 10.000 dólares 0:05:09.258,0:05:12.095 --lembrade que en California a mediana[br]está en 50.000 -- 0:05:12.119,0:05:13.764 este é un compoñente importante. 0:05:13.764,0:05:16.336 Iso é só os coches e as facturas[br]dos servizos. 0:05:16.677,0:05:20.877 Os defensores da vivenda económica,[br]que a miúdo actúan pola súa conta, 0:05:20.901,0:05:25.014 á marxe de ecoloxistas e de políticos, 0:05:25.389,0:05:27.367 todos loitando uns contra os outros, 0:05:27.391,0:05:29.309 comezan a ver agora unha causa común, 0:05:29.333,0:05:32.785 e penso que esa causa común é[br]o que vai supoñer un verdadeiro cambio. 0:05:33.837,0:05:36.717 Como resultado destes esforzos, 0:05:36.741,0:05:39.765 Los Angeles decidiu transformarse 0:05:39.789,0:05:43.161 nun medio máis orientado[br]cara ao transporte público. 0:05:43.185,0:05:44.919 De feito, desde 2008, 0:05:44.943,0:05:48.892 aprobaron 400 mil millóns de dólares[br]en bonos para financiar o transporte 0:05:48.916,0:05:51.535 e cero dólares para novas autoestradas. 0:05:51.789,0:05:52.911 Que transformación: 0:05:52.911,0:05:56.196 LA convértese nunha cidade para camiñar[br]e usar o transporte público, 0:05:56.196,0:05:57.575 e non para os coches. 0:05:57.575,0:05:58.506 (Aplausos) 0:05:58.506,0:05:59.620 Como é isto posible? 0:05:59.620,0:06:01.755 Colles a zona menos útil, 0:06:01.755,0:06:04.162 onde hai espazo, engades[br]transporte público, 0:06:04.212,0:06:08.289 e incorporas urbanización de usos mixtos, 0:06:08.313,0:06:10.496 satisfás as demandas de vivenda 0:06:10.520,0:06:12.511 e fas os barrios existentes no contorno 0:06:12.535,0:06:14.000 máis complexos, 0:06:14.024,0:06:16.693 máis interesantes e máis aptos[br]para percorrer camiñando. 0:06:17.440,0:06:19.073 Este é outro tipo de dispersión: 0:06:19.787,0:06:23.118 China, dispersión de alta densidade,[br]que é unha especie de oxímoro, 0:06:23.319,0:06:26.467 pero cos mesmos problemas,[br]todo illado en superbloques, 0:06:26.777,0:06:30.264 e por suposto ese incrible smog[br]do que vimos de falar. 0:06:30.329,0:06:33.352 O 12% do PIB de China[br]gástase hoxe 0:06:33.352,0:06:35.492 nos efectos diso sobre a saúde. 0:06:35.713,0:06:38.822 As cidades chinesas, por suposto,[br]teñen unha historia consolidada. 0:06:38.822,0:06:40.344 Como a de calquera outro sitio. 0:06:40.368,0:06:43.380 A comunidade formábase a partir de[br]pequenas tendas locais 0:06:43.404,0:06:47.309 e servizos locais, desprazamentos a pé[br]e interacción cos veciños. 0:06:47.571,0:06:49.695 Se cadra soa utópico, pero non o é. 0:06:49.719,0:06:51.396 É o que a xente quere de verdade. 0:06:51.710,0:06:53.257 Os novos superbloques 0:06:53.281,0:06:57.201 --bloques dunhas 5.000 unidades-- 0:06:57.225,0:07:00.487 son pechados, porque[br]ninguén coñece a ninguén. 0:07:01.061,0:07:04.561 E por suposto non hai sequera beirarrúa[br]nin tendas nos baixos -- 0:07:04.585,0:07:06.449 un medio moi estéril. 0:07:07.758,0:07:11.634 Atopeime cun caso nun destes superbloques 0:07:11.658,0:07:14.742 en que os veciños puxeran tendas ilegais[br]nos garaxes 0:07:14.908,0:07:18.336 para poder dispor desa economía[br]de servizos local. 0:07:18.630,0:07:23.387 O desexo da xente [br]de facer as cousas ben está aí. 0:07:23.411,0:07:26.485 Só temos que facer que os planificadores[br]e os políticos se sumen. 0:07:27.162,0:07:30.623 Ben, agora algunhas cuestións técnicas[br]de planificación. 0:07:30.993,0:07:34.008 Chongqing é unha cidade[br]de 30 millóns de habitantes. 0:07:34.190,0:07:36.488 É case tan grande coma California. 0:07:36.488,0:07:38.318 Esta é unha pequena zona de expansión. 0:07:38.397,0:07:41.664 Querían que probásemos[br]a alternativa á dispersión 0:07:41.927,0:07:44.583 en varias cidades de China. 0:07:45.072,0:07:47.964 Isto é para catro millóns e medio[br]de persoas. 0:07:48.378,0:07:50.439 Cada un deses círculos[br]que vemos nesta imaxe 0:07:50.439,0:07:52.852 é a zona abarcable andando nun radio 0:07:52.852,0:07:54.957 arredor dunha estación[br]de transporte público. 0:07:55.280,0:07:58.465 Un enorme investimento en metro[br]e unha rede rápida de autobuses, 0:07:58.704,0:08:01.176 e unha estrutura que permite 0:08:01.176,0:08:04.091 que todos poidan ir á parada a pé[br]desde o seu traballo. 0:08:04.091,0:08:06.232 Esta é unha ampliación da zona vermella. 0:08:06.256,0:08:09.413 De repente, os nosos principios[br]esixían espazos verdes 0:08:09.437,0:08:12.929 que conservasen os elementos[br]ecolóxicos importantes. 0:08:13.151,0:08:16.918 E por esoutras rúas que se ven aí[br]non poden circular coches. 0:08:17.502,0:08:20.814 Así que no canto de meter a escavadora[br]e achaiar o espazo 0:08:21.149,0:08:22.904 e construír ata a beira do río, 0:08:23.236,0:08:27.322 esta banda verde non estaba[br]nas normas en China 0:08:27.484,0:08:29.823 ata que esta serie de prácticas 0:08:30.079,0:08:32.633 comezaron a probarse alí. 0:08:33.063,0:08:35.018 Unha trama urbana de bloques pequenos, 0:08:35.042,0:08:37.658 se cadra dunhas 500 familias cada un. 0:08:37.682,0:08:38.951 Coñécense todos. 0:08:38.975,0:08:41.284 No perímetro da rúa hai tendas 0:08:41.362,0:08:43.284 e, polo tanto, destinos locais. 0:08:43.308,0:08:45.663 E as propias rúas son máis pequenas, 0:08:45.687,0:08:47.217 porque hai máis. 0:08:47.241,0:08:48.792 Un deseño urbano 0:08:48.816,0:08:51.109 moi simple e claro. 0:08:51.395,0:08:54.605 Isto que vedes aquí encántame. 0:08:54.629,0:08:55.903 Pensade na lóxica disto. 0:08:56.352,0:08:58.499 Se só un terzo das persoas teñen coche, 0:08:58.523,0:09:02.173 por que lles cedemos o 100%[br]da rúa aos coches? 0:09:02.928,0:09:06.107 E se nos libramos do 70% dos coches, 0:09:06.131,0:09:08.306 para todos os demais, 0:09:08.330,0:09:10.575 facilitándolles o movemento 0:09:10.599,0:09:12.454 aos que van a pé ou en bicicleta? 0:09:12.948,0:09:14.346 Por que non incorporamos... 0:09:14.370,0:09:15.823 (Aplausos) 0:09:15.847,0:09:18.000 a equidade xeográfica 0:09:18.024,0:09:20.204 ao noso sistema de circulación? 0:09:20.698,0:09:23.941 Con franqueza, as cidades[br]funcionarían mellor. 0:09:24.480,0:09:25.684 Fagan o que fagan, 0:09:25.684,0:09:28.545 á marxe das circunvalacións[br]que constrúan ao redor de Pekín, 0:09:28.565,0:09:30.992 non poden evitar a paralización[br]total do tráfico. 0:09:31.200,0:09:34.509 Esta é unha rúa sen coches,[br]coas beiras para usos mixtos 0:09:35.436,0:09:37.525 e a zona central para transporte público. 0:09:37.549,0:09:40.562 Ese transporte podería ser[br]con vehículos sen condutor, 0:09:40.677,0:09:43.434 pero se cadra terei ocasión[br]de falar diso máis tarde. 0:09:43.611,0:09:47.334 Hai sete principios que veñen de adoptar 0:09:47.358,0:09:50.058 as máis altas instancias[br]do goberno chinés, 0:09:50.082,0:09:52.027 e van xa camiño de poñelos en práctica. 0:09:52.027,0:09:53.563 Trátase de principios sinxelos 0:09:53.563,0:09:55.700 e, na miña opinión, universais. 0:09:55.724,0:09:59.287 O primeiro é conservar[br]o medio natural, a historia 0:09:59.401,0:10:01.368 e a agricultura indispensable. 0:10:02.306,0:10:03.629 O segundo é mesturar. 0:10:03.653,0:10:06.410 O uso mixto é moi popular[br]pero ao dicir mixto eu refírome 0:10:06.410,0:10:08.633 a rendas mixtas, idades mixtas, 0:10:08.657,0:10:11.149 ademais do uso mixto do terreo. 0:10:12.190,0:10:13.104 Camiñar. 0:10:13.368,0:10:16.365 Non é unha gran cidade[br]se non desfrutamos camiñando por ela. 0:10:16.412,0:10:17.874 Se non é así, non imos. 0:10:17.874,0:10:20.176 Imos de vacacións a sitios[br]onde se pode camiñar. 0:10:20.176,0:10:22.372 Por que non facelo en todas partes? 0:10:22.561,0:10:26.133 A bicicleta é o medio de transporte[br]máis eficiente que coñecemos. 0:10:26.416,0:10:29.888 China vén de adoptar medidas[br]para que todas as rúas dispoñan 0:10:29.888,0:10:31.607 de seis metros de carril bici. 0:10:31.631,0:10:35.573 Toman moi en serio o de recuperar[br]a súa historia de uso da bicicleta. 0:10:35.597,0:10:37.053 (Aplausos) 0:10:37.077,0:10:39.380 Un aspecto complicado da planificación: 0:10:39.404,0:10:40.397 Conectar. 0:10:40.757,0:10:44.269 Velaquí un plano urbano[br]que permite múltiples rutas 0:10:44.293,0:10:46.104 no canto de rutas únicas 0:10:46.128,0:10:49.675 e ofrece distintos tipos de rúas. 0:10:50.752,0:10:52.096 Transporte. 0:10:52.120,0:10:54.430 Temos que investir máis[br]en transporte público. 0:10:54.454,0:10:56.229 Nisto non hai bala de prata. 0:10:56.253,0:10:59.317 Os vehículos sen condutor[br]non van resolver isto por nós. 0:10:59.341,0:11:04.507 De feito, van xerar máis tráfico,[br]máis quilómetros percorridos, 0:11:04.531,0:11:05.893 cá alternativa. 0:11:05.917,0:11:07.131 E finalmente, priorizar. 0:11:07.155,0:11:11.311 Temos a cidade xerarquizada[br]en función do transporte público 0:11:11.335,0:11:14.498 no canto da antiga armazón de autovías. 0:11:14.522,0:11:16.672 Supón un gran cambio de paradigma, 0:11:17.245,0:11:19.912 pero é necesario reconectar[br]esas dúas cousas 0:11:19.936,0:11:24.325 de xeitos que dean forma[br]á estrutura da cidade. 0:11:25.443,0:11:27.587 Son moi optimista. 0:11:27.700,0:11:32.473 En California, Estados Unidos, China,[br]estes cambios teñen boa acollida. 0:11:32.497,0:11:35.132 Son optimista por dous motivos. 0:11:35.156,0:11:37.235 Un é que a maioría enténdeo. 0:11:37.259,0:11:39.141 Comprenden de forma intrínseca 0:11:39.165,0:11:41.807 como pode e debe ser unha gran cidade. 0:11:41.831,0:11:46.243 O segundo é que a clase de análise[br]que podemos levar a cabo agora 0:11:46.696,0:11:49.230 permítelle á xente unir os puntos, 0:11:49.936,0:11:52.776 permítelle configurar coalicións políticas 0:11:52.929,0:11:54.358 que non existían antes. 0:11:54.719,0:11:58.325 E iso permítelle crear a clase[br]de comunidades que todos necesitamos. 0:11:58.483,0:11:59.672 Grazas. 0:11:59.696,0:12:03.472 (Aplausos) 0:12:08.018,0:12:11.455 Chris Anderson: De acordo entón,[br]coches autónomos, sen condutor. 0:12:11.479,0:12:14.824 A moitos dos que están aquí entusiásmanos. 0:12:15.443,0:12:18.096 Que te preocupa deles[br]ou que problemas lles ves? 0:12:18.426,0:12:21.568 Peter Calthorpe: Penso que hai[br]excesivo alboroto con este tema 0:12:21.592,0:12:24.922 En primeiro lugar, moitos din[br]que nos imos librar de moitos coches. 0:12:25.190,0:12:28.451 O que non din é que van aumentar moito[br]os quilómetros percorridos. 0:12:28.508,0:12:31.055 Imos ter moitos máis coches polas rúas. 0:12:31.079,0:12:32.948 Haberá máis atascos. 0:12:32.972,0:12:35.280 CA: É que son moi interesantes... 0:12:35.304,0:12:37.212 podes conducir mentres les ou dormes. 0:12:37.212,0:12:38.659 PC: Ben, hai un par de razóns. 0:12:38.709,0:12:42.874 Unha é que se son privados,[br]percorreranse maiores distancias. 0:12:42.898,0:12:44.839 Darán nova forza á dispersión urbana. 0:12:44.863,0:12:46.878 Se podes traballar de camiño ao traballo, 0:12:46.902,0:12:48.969 podes vivir en lugares máis apartados. 0:12:48.993,0:12:51.450 Revitalizará a dispersión 0:12:51.559,0:12:53.644 dun xeito que me aterra. 0:12:53.916,0:12:55.663 Por exemplo, os taxis. 0:12:55.794,0:12:59.521 Máis da metade das enquisas din[br]que a xente non quere compartilos. 0:12:59.566,0:13:00.940 Se non os comparten, 0:13:00.964,0:13:05.577 podemos chegar a un incremento do 90%[br]en quilómetros percorridos. 0:13:06.597,0:13:07.918 Mesmo se os comparten, 0:13:07.942,0:13:11.472 aínda así andaremos polo 30%[br]de incremento. 0:13:11.496,0:13:14.028 CA: Con compartilos refíreste[br]a moitos usuarios á vez 0:13:14.028,0:13:16.244 en sistemas intelixentes[br]de viaxes compartidas? 0:13:16.244,0:13:18.929 PC: Si, polo estilo de Uber[br]pero sen volante. 0:13:18.929,0:13:22.962 A realidade é a eficiencia[br]enerxética dos vehículos, 0:13:22.986,0:13:25.127 independentemente de se teñen[br]volante ou non. 0:13:25.127,0:13:28.038 Afirman que van ser os únicos[br]cun consumo eléctrico eficiente, 0:13:28.038,0:13:29.247 pero non é certo. 0:13:29.766,0:13:33.456 O realmente importante é que[br]a pé, na bici ou no transporte público 0:13:33.790,0:13:36.767 é como prosperan as cidades[br]e as comunidades. 0:13:36.978,0:13:39.557 Pechar a xente en burbullas privadas, 0:13:39.809,0:13:41.711 con ou sen volante, 0:13:42.130,0:13:43.701 é a dirección equivocada. 0:13:43.725,0:13:44.876 E sinceramente, 0:13:44.900,0:13:49.640 a imaxe dun coche autónomo indo[br]recoller un pedido ao McDonald's 0:13:50.603,0:13:52.016 sen o seu dono, 0:13:52.311,0:13:55.851 facendo esa clase de mandados arbitrarios, 0:13:56.045,0:13:57.323 resulta aterradora. 0:13:57.466,0:14:00.382 CA: Ben, grazas.[br]Debo dicir que as imaxes que amosaches 0:14:00.588,0:14:03.955 desas rúas con zonas de usos mixtos[br]foron moi inspiradoras e fermosas. 0:14:04.048,0:14:06.207 PC: Grazas.[br]CA: Grazas polo teu traballo. 0:14:06.231,0:14:07.690 (Aplausos)