Rob Harmon: Como pode manter o mercado os regatos correndo?
-
0:03 - 0:05Isto é un río
-
0:05 - 0:08Isto é un regato.
-
0:08 - 0:10Isto é un río.
-
0:10 - 0:13Isto está ocorrendo en todo o país.
-
0:13 - 0:15Hai decenas de miles de quilómetros
-
0:15 - 0:18de cursos de auga secos nos Estados Unidos.
-
0:18 - 0:20Neste mapa,
-
0:20 - 0:23as áreas coloreadas representan conflitos pola auga.
-
0:24 - 0:27Problemas similares están xurdindo tamén no Leste.
-
0:27 - 0:29As razóns varían de estado a estado,
-
0:29 - 0:31pero, sobre todo, nos detalles.
-
0:31 - 0:34Hai 6.400 km de cursos de auga secos
-
0:34 - 0:37só en Montana.
-
0:37 - 0:40Que normalmente deberían ter peixes e outra vida salvaxe.
-
0:41 - 0:43Son as veas do ecosistema,
-
0:43 - 0:46e, a miúdo, son veas baleiras.
-
0:47 - 0:49Quero contarlles a historia
-
0:49 - 0:51dun destes cursos de auga
-
0:51 - 0:54porque é un arquetipo dunha historia máis grande.
-
0:54 - 0:56Isto é Prickly Pear Creek.
-
0:56 - 0:58Discorre a través dunha área moi poboada
-
0:58 - 1:01dende o East Helena ata Lake Helena.
-
1:01 - 1:03Ten vida piscícola
-
1:03 - 1:05como a troita esganada, a troita común
-
1:05 - 1:07e a troita arco iris.
-
1:07 - 1:09Case todos os anos
-
1:09 - 1:12desde hai máis dun cento deles,
-
1:12 - 1:15parecíase a isto no verán.
-
1:15 - 1:17Como chegamos a isto?
-
1:17 - 1:20Ben, todo comezou a finais dos anos 1800
-
1:20 - 1:24cando a xente comezou a asentarse en sitios como Montana.
-
1:24 - 1:26En resumo, había un monte de auga
-
1:26 - 1:29e non había moita xente.
-
1:29 - 1:31Pero a medida que aparecía máis xente, máis auga cumpría,
-
1:31 - 1:34a xente que chegou antes comezou a preocuparse,
-
1:34 - 1:38e en 1865, Montana aprobou a súa primeira Lei de augas.
-
1:38 - 1:41Basicamente dicía que toda persoa de preto dun curso de auga
-
1:41 - 1:43pode compartir ese ben.
-
1:43 - 1:46Curiosamente, presentouse unha gran cantidade de xente querendo compartir o curso de auga,
-
1:46 - 1:48e os que chegaran alí primeiro
-
1:48 - 1:50preocupáronse abondo como para levar os seus avogados.
-
1:50 - 1:52Houbo preitos que sentaron precedentes
-
1:52 - 1:54en 1870 e 1872,
-
1:54 - 1:56os dous relacionados con Prickly Pear Creek.
-
1:56 - 1:58E en 1921,
-
1:58 - 2:00o Tribunal Supremo de Montana
-
2:00 - 2:03pronunciouse nun caso relacionado con Prickly Pear sentenzando
-
2:03 - 2:05que a xente que chegara alí primeiro
-
2:05 - 2:09tiña dereitos primarios, ou superiores, sobre a auga.
-
2:09 - 2:12Estes "dereitos superiores" son a clave principal.
-
2:12 - 2:14O problema é que hoxe en día todo o Oeste
-
2:14 - 2:16ten este aspecto.
-
2:16 - 2:18Algúns destes regatos
-
2:18 - 2:20teñen reclamacións por de 50 a 100 veces máis auga
-
2:20 - 2:23ca a que hai actualmente no seu curso.
-
2:23 - 2:25E os titulares de dereitos superiores sobre a auga,
-
2:25 - 2:28se non os usan,
-
2:28 - 2:30arríscanse a perdelos,
-
2:30 - 2:33xunto co valor económico que implican.
-
2:33 - 2:37Xa que logo, non teñen ningún incentivo para conservar.
-
2:37 - 2:40Non se trata só da cantidade de xente;
-
2:40 - 2:43o propio sistema desincentiva a conservación
-
2:43 - 2:46porque un pode perder o seu dereito á auga se non o usa.
-
2:48 - 2:50Así, logo de décadas de demandas
-
2:50 - 2:52e 140 anos de experiencia
-
2:52 - 2:54aínda temos isto.
-
2:55 - 2:57É un sistema roto.
-
2:57 - 2:59Desincentívase a conservación
-
2:59 - 3:01porque se un non usa o seu dereito á auga
-
3:01 - 3:03pode perdelo.
-
3:03 - 3:06E, estou seguro que todos o saben, isto creou importantes conflitos
-
3:06 - 3:10entre as comunidades agrícolas e os ambientalistas.
-
3:10 - 3:13Ben. Aquí vou cambiar de marcha.
-
3:13 - 3:15A moitos de vostedes agradaralles saber
-
3:15 - 3:18que o resto da presentación é gratis.
-
3:18 - 3:21E algún alegrarase de saber que hai cervexa polo medio.
-
3:21 - 3:24(Risos)
-
3:24 - 3:26Hai algo máis que está sucedendo no país,
-
3:26 - 3:28e é que as empresas están empezando a preocuparse
-
3:28 - 3:31por súa pegada hídrica.
-
3:31 - 3:34Preocúpaos asegurar unha subministración axeitada de auga,
-
3:34 - 3:37están tratando de usala de maneira moi eficiente
-
3:37 - 3:39e interesados en saber como afecta o seu uso de auga
-
3:39 - 3:42á imaxe da súa marca.
-
3:42 - 3:44Ben, é un problema nacional,
-
3:44 - 3:46pero eu voulles contar outra historia de Montana,
-
3:46 - 3:48e que ten que ver coa cervexa.
-
3:48 - 3:51Aposto a que non sabían que cómpren 5 pintas de auga
-
3:51 - 3:53para facer unha pinta de cervexa.
-
3:53 - 3:55Se se inclúen os sumidoiros,
-
3:55 - 3:58son máis de 100 pintas de auga para facer unha pinta de cervexa.
-
3:58 - 4:00Agora ben, os cervexeiros de Montana
-
4:00 - 4:02xa fixeron moitas cousas
-
4:02 - 4:04para reducir o seu consumo de auga,
-
4:04 - 4:06pero aínda empregan millóns de litros.
-
4:06 - 4:09Digo, hai auga na cervexa.
-
4:10 - 4:13Que poden facer eles
-
4:13 - 4:16con esta pegada hídrica remanente
-
4:16 - 4:18que pode afectar seriamente
-
4:18 - 4:20o ecosistema?
-
4:20 - 4:22Estes ecosistemas son realmente importantes
-
4:22 - 4:24para os cervexeiros de Montana e os seus clientes.
-
4:24 - 4:26Despois de todo hai unha forte correlación
-
4:26 - 4:28entre a auga e a pesca.
-
4:28 - 4:30E, para algúns, hai unha forte correlación
-
4:30 - 4:32entre a pesca e a cervexa.
-
4:32 - 4:34(Risos)
-
4:34 - 4:37Por iso os cervexeiros de Montana e os seus clientes están preocupados
-
4:37 - 4:40e están buscando algunha maneira de enfrontar o problema.
-
4:40 - 4:43Como poden enfrontar esta pegada hídrica remanente?
-
4:43 - 4:45Recorden Prickly Pear.
-
4:45 - 4:47Ata agora,
-
4:47 - 4:49a administración comercial da auga
-
4:49 - 4:53limitouse a medir e reducir,
-
4:53 - 4:55e estamos suxerindo que o próximo paso
-
4:55 - 4:57sexa restaurar.
-
4:57 - 4:59Recorden Prickly Pear.
-
4:59 - 5:01É un sistema roto
-
5:01 - 5:03Hai desincentivo para a conservación
-
5:03 - 5:06porque se un non usa o seu dereito á auga, arriscase a perdelo.
-
5:06 - 5:08Pois ben, nós decidimos conectar ambolos dous mundos:
-
5:08 - 5:10o mundo empresarial
-
5:10 - 5:12coa súa pegada hídrica
-
5:12 - 5:14e o mundo dos granxeiros
-
5:14 - 5:16cos seus dereitos superiores sobre estes regatos.
-
5:16 - 5:18Nalgúns estados
-
5:18 - 5:20os titulares dos dereitos superiores
-
5:20 - 5:23poden deixar a súa auga na corrente
-
5:23 - 5:26mentres que a protexen legalmente de terceiros e
-
5:26 - 5:29e manteñen o seu dereito sobre ela.
-
5:29 - 5:31Despois de todo
-
5:31 - 5:33é o seu dereito á auga
-
5:33 - 5:35e se queren usalo
-
5:35 - 5:37pra promover a cría de peixes no curso de auga
-
5:37 - 5:40teñen dereito a facelo.
-
5:40 - 5:44Pero non teñen incentivos.
-
5:44 - 5:47Por iso, traballando cos fideicomisos locais de auga
-
5:47 - 5:50creamos un incentivo para facelo.
-
5:50 - 5:53Pagámoslles para que deixen a auga no curso do río.
-
5:53 - 5:55Iso é o que está sucedendo aquí.
-
5:55 - 5:58Esta persoa tomou a decisión
-
5:58 - 6:00de pechar esta comporta,
-
6:00 - 6:02deixando a auga no regato.
-
6:02 - 6:04El non perde o seu dereito á auga,
-
6:04 - 6:07só elixe aplicar ese dereito,
-
6:07 - 6:09ou unha parte del,
-
6:09 - 6:12ó regato, no canto de aplicalo á terra.
-
6:12 - 6:14Dado que é titular do dereito superior
-
6:14 - 6:18pode protexer a auga fronte a outros usuarios do regato.
-
6:18 - 6:20De acordo?
-
6:20 - 6:23Págaselle para que deixe a auga no regato.
-
6:23 - 6:25Este fulano está medindo a auga
-
6:25 - 6:28que deixa no regato.
-
6:28 - 6:31Despois tomamos a auga medida
-
6:31 - 6:34e dividímola en incrementos de miles de litros.
-
6:34 - 6:37Cada incremento recibe un número de serie e un certificado,
-
6:37 - 6:39e despois os cervexeiros e outros
-
6:39 - 6:41mercan eses certificados
-
6:41 - 6:43como unha forma de devolver a auga
-
6:43 - 6:45a eses ecosistemas degradados.
-
6:45 - 6:47Os cervexeiros pagan
-
6:47 - 6:50para restituír a auga ao regato.
-
6:50 - 6:52Isto proporciona unha maneira simple, barata
-
6:52 - 6:54e medible
-
6:54 - 6:57de devolver a auga a estes ecosistemas degradados,
-
6:57 - 7:00á vez que lles dá aos granxeiros unha alternativa económica
-
7:00 - 7:03e ás empresas preocupadas pola súa pegada hídrica
-
7:03 - 7:05unha maneira fácil de lidar con eles.
-
7:05 - 7:08Tras 140 anos de conflito,
-
7:08 - 7:12e 100 anos de cursos de auga secos,
-
7:12 - 7:14unha circunstancia que o litixio e a regulación
-
7:14 - 7:17non foron quen de resolver,
-
7:17 - 7:19nos elaboramos unha solución de mercado,
-
7:19 - 7:21de compradores e vendedores dispostos;
-
7:21 - 7:25unha solución que non require litixios.
-
7:26 - 7:28Trátase de dar
-
7:28 - 7:31ás persoas preocupadas pola súa pegada hídrica
-
7:31 - 7:33unha oportunidade real
-
7:33 - 7:35de poñer auga onde se necesita con urxencia,
-
7:35 - 7:38nestes ecosistemas degradados,
-
7:38 - 7:40mentres que á vez
-
7:40 - 7:42propónselles aos granxeiros
-
7:42 - 7:44unha alternativa económica coherente
-
7:44 - 7:46sobre o uso da súa auga.
-
7:46 - 7:49Estas transaccións crean aliados, non inimigos.
-
7:49 - 7:51Conectan a xente no canto de dividila.
-
7:51 - 7:54E dan o apoio económico necesario para as comunidades rurais.
-
7:54 - 7:57E, o máis importante é que funcionan.
-
7:57 - 7:59Levamos devoltos máis de 15 mil millóns de litros de auga
-
7:59 - 8:01aos ecosistemas degradados.
-
8:01 - 8:03Levamos conectado aos titulares de "dereitos superiores" sobre a auga
-
8:03 - 8:05con cervexeiros de Montana,
-
8:05 - 8:08con hoteis e empresas de té de Oregon
-
8:08 - 8:11e con empresas de tecnoloxía que usan moita auga no Sudoeste.
-
8:11 - 8:14E cando establecemos estas conexións,
-
8:14 - 8:16podemos e facémolo,
-
8:16 - 8:19transformar iso en isto.
-
8:20 - 8:22Moitas grazas.
-
8:22 - 8:25(Aplausos)
- Title:
- Rob Harmon: Como pode manter o mercado os regatos correndo?
- Speaker:
- Rob Harmon
- Description:
-
Cos regatos e ríos secando por causa da sobreexplotación, Rob Harmon implementou un enxeñoso mecanismo de mercado para recuperar a auga daqueles. Os agricultores e as compañías cervexeiras atopan os seus destinos entrenzados nesta intrigante historia centenaria de Prickly Pear Creek.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 08:26