WEBVTT 00:00:03.000 --> 00:00:05.000 Isto é un río 00:00:05.000 --> 00:00:08.000 Isto é un regato. 00:00:08.000 --> 00:00:10.000 Isto é un río. 00:00:10.000 --> 00:00:13.000 Isto está ocorrendo en todo o país. 00:00:13.000 --> 00:00:15.000 Hai decenas de miles de quilómetros 00:00:15.000 --> 00:00:18.000 de cursos de auga secos nos Estados Unidos. 00:00:18.000 --> 00:00:20.000 Neste mapa, 00:00:20.000 --> 00:00:23.000 as áreas coloreadas representan conflitos pola auga. 00:00:24.000 --> 00:00:27.000 Problemas similares están xurdindo tamén no Leste. 00:00:27.000 --> 00:00:29.000 As razóns varían de estado a estado, 00:00:29.000 --> 00:00:31.000 pero, sobre todo, nos detalles. 00:00:31.000 --> 00:00:34.000 Hai 6.400 km de cursos de auga secos 00:00:34.000 --> 00:00:37.000 só en Montana. 00:00:37.000 --> 00:00:40.000 Que normalmente deberían ter peixes e outra vida salvaxe. 00:00:41.000 --> 00:00:43.000 Son as veas do ecosistema, 00:00:43.000 --> 00:00:46.000 e, a miúdo, son veas baleiras. NOTE Paragraph 00:00:47.000 --> 00:00:49.000 Quero contarlles a historia 00:00:49.000 --> 00:00:51.000 dun destes cursos de auga 00:00:51.000 --> 00:00:54.000 porque é un arquetipo dunha historia máis grande. 00:00:54.000 --> 00:00:56.000 Isto é Prickly Pear Creek. 00:00:56.000 --> 00:00:58.000 Discorre a través dunha área moi poboada 00:00:58.000 --> 00:01:01.000 dende o East Helena ata Lake Helena. 00:01:01.000 --> 00:01:03.000 Ten vida piscícola 00:01:03.000 --> 00:01:05.000 como a troita esganada, a troita común 00:01:05.000 --> 00:01:07.000 e a troita arco iris. 00:01:07.000 --> 00:01:09.000 Case todos os anos 00:01:09.000 --> 00:01:12.000 desde hai máis dun cento deles, 00:01:12.000 --> 00:01:15.000 parecíase a isto no verán. 00:01:15.000 --> 00:01:17.000 Como chegamos a isto? 00:01:17.000 --> 00:01:20.000 Ben, todo comezou a finais dos anos 1800 00:01:20.000 --> 00:01:24.000 cando a xente comezou a asentarse en sitios como Montana. 00:01:24.000 --> 00:01:26.000 En resumo, había un monte de auga 00:01:26.000 --> 00:01:29.000 e non había moita xente. 00:01:29.000 --> 00:01:31.000 Pero a medida que aparecía máis xente, máis auga cumpría, 00:01:31.000 --> 00:01:34.000 a xente que chegou antes comezou a preocuparse, 00:01:34.000 --> 00:01:38.000 e en 1865, Montana aprobou a súa primeira Lei de augas. 00:01:38.000 --> 00:01:41.000 Basicamente dicía que toda persoa de preto dun curso de auga 00:01:41.000 --> 00:01:43.000 pode compartir ese ben. 00:01:43.000 --> 00:01:46.000 Curiosamente, presentouse unha gran cantidade de xente querendo compartir o curso de auga, 00:01:46.000 --> 00:01:48.000 e os que chegaran alí primeiro 00:01:48.000 --> 00:01:50.000 preocupáronse abondo como para levar os seus avogados. 00:01:50.000 --> 00:01:52.000 Houbo preitos que sentaron precedentes 00:01:52.000 --> 00:01:54.000 en 1870 e 1872, 00:01:54.000 --> 00:01:56.000 os dous relacionados con Prickly Pear Creek. 00:01:56.000 --> 00:01:58.000 E en 1921, 00:01:58.000 --> 00:02:00.000 o Tribunal Supremo de Montana 00:02:00.000 --> 00:02:03.000 pronunciouse nun caso relacionado con Prickly Pear sentenzando 00:02:03.000 --> 00:02:05.000 que a xente que chegara alí primeiro 00:02:05.000 --> 00:02:09.000 tiña dereitos primarios, ou superiores, sobre a auga. 00:02:09.000 --> 00:02:12.000 Estes "dereitos superiores" son a clave principal. NOTE Paragraph 00:02:12.000 --> 00:02:14.000 O problema é que hoxe en día todo o Oeste 00:02:14.000 --> 00:02:16.000 ten este aspecto. 00:02:16.000 --> 00:02:18.000 Algúns destes regatos 00:02:18.000 --> 00:02:20.000 teñen reclamacións por de 50 a 100 veces máis auga 00:02:20.000 --> 00:02:23.000 ca a que hai actualmente no seu curso. 00:02:23.000 --> 00:02:25.000 E os titulares de dereitos superiores sobre a auga, 00:02:25.000 --> 00:02:28.000 se non os usan, 00:02:28.000 --> 00:02:30.000 arríscanse a perdelos, 00:02:30.000 --> 00:02:33.000 xunto co valor económico que implican. 00:02:33.000 --> 00:02:37.000 Xa que logo, non teñen ningún incentivo para conservar. 00:02:37.000 --> 00:02:40.000 Non se trata só da cantidade de xente; 00:02:40.000 --> 00:02:43.000 o propio sistema desincentiva a conservación 00:02:43.000 --> 00:02:46.000 porque un pode perder o seu dereito á auga se non o usa. 00:02:48.000 --> 00:02:50.000 Así, logo de décadas de demandas 00:02:50.000 --> 00:02:52.000 e 140 anos de experiencia 00:02:52.000 --> 00:02:54.000 aínda temos isto. 00:02:55.000 --> 00:02:57.000 É un sistema roto. 00:02:57.000 --> 00:02:59.000 Desincentívase a conservación 00:02:59.000 --> 00:03:01.000 porque se un non usa o seu dereito á auga 00:03:01.000 --> 00:03:03.000 pode perdelo. 00:03:03.000 --> 00:03:06.000 E, estou seguro que todos o saben, isto creou importantes conflitos 00:03:06.000 --> 00:03:10.000 entre as comunidades agrícolas e os ambientalistas. NOTE Paragraph 00:03:10.000 --> 00:03:13.000 Ben. Aquí vou cambiar de marcha. 00:03:13.000 --> 00:03:15.000 A moitos de vostedes agradaralles saber 00:03:15.000 --> 00:03:18.000 que o resto da presentación é gratis. 00:03:18.000 --> 00:03:21.000 E algún alegrarase de saber que hai cervexa polo medio. 00:03:21.000 --> 00:03:24.000 (Risos) 00:03:24.000 --> 00:03:26.000 Hai algo máis que está sucedendo no país, 00:03:26.000 --> 00:03:28.000 e é que as empresas están empezando a preocuparse 00:03:28.000 --> 00:03:31.000 por súa pegada hídrica. 00:03:31.000 --> 00:03:34.000 Preocúpaos asegurar unha subministración axeitada de auga, 00:03:34.000 --> 00:03:37.000 están tratando de usala de maneira moi eficiente 00:03:37.000 --> 00:03:39.000 e interesados en saber como afecta o seu uso de auga 00:03:39.000 --> 00:03:42.000 á imaxe da súa marca. 00:03:42.000 --> 00:03:44.000 Ben, é un problema nacional, 00:03:44.000 --> 00:03:46.000 pero eu voulles contar outra historia de Montana, 00:03:46.000 --> 00:03:48.000 e que ten que ver coa cervexa. 00:03:48.000 --> 00:03:51.000 Aposto a que non sabían que cómpren 5 pintas de auga 00:03:51.000 --> 00:03:53.000 para facer unha pinta de cervexa. 00:03:53.000 --> 00:03:55.000 Se se inclúen os sumidoiros, 00:03:55.000 --> 00:03:58.000 son máis de 100 pintas de auga para facer unha pinta de cervexa. NOTE Paragraph 00:03:58.000 --> 00:04:00.000 Agora ben, os cervexeiros de Montana 00:04:00.000 --> 00:04:02.000 xa fixeron moitas cousas 00:04:02.000 --> 00:04:04.000 para reducir o seu consumo de auga, 00:04:04.000 --> 00:04:06.000 pero aínda empregan millóns de litros. 00:04:06.000 --> 00:04:09.000 Digo, hai auga na cervexa. 00:04:10.000 --> 00:04:13.000 Que poden facer eles 00:04:13.000 --> 00:04:16.000 con esta pegada hídrica remanente 00:04:16.000 --> 00:04:18.000 que pode afectar seriamente 00:04:18.000 --> 00:04:20.000 o ecosistema? 00:04:20.000 --> 00:04:22.000 Estes ecosistemas son realmente importantes 00:04:22.000 --> 00:04:24.000 para os cervexeiros de Montana e os seus clientes. 00:04:24.000 --> 00:04:26.000 Despois de todo hai unha forte correlación 00:04:26.000 --> 00:04:28.000 entre a auga e a pesca. 00:04:28.000 --> 00:04:30.000 E, para algúns, hai unha forte correlación 00:04:30.000 --> 00:04:32.000 entre a pesca e a cervexa. 00:04:32.000 --> 00:04:34.000 (Risos) 00:04:34.000 --> 00:04:37.000 Por iso os cervexeiros de Montana e os seus clientes están preocupados 00:04:37.000 --> 00:04:40.000 e están buscando algunha maneira de enfrontar o problema. NOTE Paragraph 00:04:40.000 --> 00:04:43.000 Como poden enfrontar esta pegada hídrica remanente? 00:04:43.000 --> 00:04:45.000 Recorden Prickly Pear. 00:04:45.000 --> 00:04:47.000 Ata agora, 00:04:47.000 --> 00:04:49.000 a administración comercial da auga 00:04:49.000 --> 00:04:53.000 limitouse a medir e reducir, 00:04:53.000 --> 00:04:55.000 e estamos suxerindo que o próximo paso 00:04:55.000 --> 00:04:57.000 sexa restaurar. 00:04:57.000 --> 00:04:59.000 Recorden Prickly Pear. 00:04:59.000 --> 00:05:01.000 É un sistema roto 00:05:01.000 --> 00:05:03.000 Hai desincentivo para a conservación 00:05:03.000 --> 00:05:06.000 porque se un non usa o seu dereito á auga, arriscase a perdelo. 00:05:06.000 --> 00:05:08.000 Pois ben, nós decidimos conectar ambolos dous mundos: 00:05:08.000 --> 00:05:10.000 o mundo empresarial 00:05:10.000 --> 00:05:12.000 coa súa pegada hídrica 00:05:12.000 --> 00:05:14.000 e o mundo dos granxeiros 00:05:14.000 --> 00:05:16.000 cos seus dereitos superiores sobre estes regatos. 00:05:16.000 --> 00:05:18.000 Nalgúns estados 00:05:18.000 --> 00:05:20.000 os titulares dos dereitos superiores 00:05:20.000 --> 00:05:23.000 poden deixar a súa auga na corrente 00:05:23.000 --> 00:05:26.000 mentres que a protexen legalmente de terceiros e 00:05:26.000 --> 00:05:29.000 e manteñen o seu dereito sobre ela. 00:05:29.000 --> 00:05:31.000 Despois de todo 00:05:31.000 --> 00:05:33.000 é o seu dereito á auga 00:05:33.000 --> 00:05:35.000 e se queren usalo 00:05:35.000 --> 00:05:37.000 pra promover a cría de peixes no curso de auga 00:05:37.000 --> 00:05:40.000 teñen dereito a facelo. 00:05:40.000 --> 00:05:44.000 Pero non teñen incentivos. NOTE Paragraph 00:05:44.000 --> 00:05:47.000 Por iso, traballando cos fideicomisos locais de auga 00:05:47.000 --> 00:05:50.000 creamos un incentivo para facelo. 00:05:50.000 --> 00:05:53.000 Pagámoslles para que deixen a auga no curso do río. 00:05:53.000 --> 00:05:55.000 Iso é o que está sucedendo aquí. 00:05:55.000 --> 00:05:58.000 Esta persoa tomou a decisión 00:05:58.000 --> 00:06:00.000 de pechar esta comporta, 00:06:00.000 --> 00:06:02.000 deixando a auga no regato. 00:06:02.000 --> 00:06:04.000 El non perde o seu dereito á auga, 00:06:04.000 --> 00:06:07.000 só elixe aplicar ese dereito, 00:06:07.000 --> 00:06:09.000 ou unha parte del, 00:06:09.000 --> 00:06:12.000 ó regato, no canto de aplicalo á terra. 00:06:12.000 --> 00:06:14.000 Dado que é titular do dereito superior 00:06:14.000 --> 00:06:18.000 pode protexer a auga fronte a outros usuarios do regato. 00:06:18.000 --> 00:06:20.000 De acordo? 00:06:20.000 --> 00:06:23.000 Págaselle para que deixe a auga no regato. NOTE Paragraph 00:06:23.000 --> 00:06:25.000 Este fulano está medindo a auga 00:06:25.000 --> 00:06:28.000 que deixa no regato. 00:06:28.000 --> 00:06:31.000 Despois tomamos a auga medida 00:06:31.000 --> 00:06:34.000 e dividímola en incrementos de miles de litros. 00:06:34.000 --> 00:06:37.000 Cada incremento recibe un número de serie e un certificado, 00:06:37.000 --> 00:06:39.000 e despois os cervexeiros e outros 00:06:39.000 --> 00:06:41.000 mercan eses certificados 00:06:41.000 --> 00:06:43.000 como unha forma de devolver a auga 00:06:43.000 --> 00:06:45.000 a eses ecosistemas degradados. 00:06:45.000 --> 00:06:47.000 Os cervexeiros pagan 00:06:47.000 --> 00:06:50.000 para restituír a auga ao regato. 00:06:50.000 --> 00:06:52.000 Isto proporciona unha maneira simple, barata 00:06:52.000 --> 00:06:54.000 e medible 00:06:54.000 --> 00:06:57.000 de devolver a auga a estes ecosistemas degradados, 00:06:57.000 --> 00:07:00.000 á vez que lles dá aos granxeiros unha alternativa económica 00:07:00.000 --> 00:07:03.000 e ás empresas preocupadas pola súa pegada hídrica 00:07:03.000 --> 00:07:05.000 unha maneira fácil de lidar con eles. NOTE Paragraph 00:07:05.000 --> 00:07:08.000 Tras 140 anos de conflito, 00:07:08.000 --> 00:07:12.000 e 100 anos de cursos de auga secos, 00:07:12.000 --> 00:07:14.000 unha circunstancia que o litixio e a regulación 00:07:14.000 --> 00:07:17.000 non foron quen de resolver, 00:07:17.000 --> 00:07:19.000 nos elaboramos unha solución de mercado, 00:07:19.000 --> 00:07:21.000 de compradores e vendedores dispostos; 00:07:21.000 --> 00:07:25.000 unha solución que non require litixios. 00:07:26.000 --> 00:07:28.000 Trátase de dar 00:07:28.000 --> 00:07:31.000 ás persoas preocupadas pola súa pegada hídrica 00:07:31.000 --> 00:07:33.000 unha oportunidade real 00:07:33.000 --> 00:07:35.000 de poñer auga onde se necesita con urxencia, 00:07:35.000 --> 00:07:38.000 nestes ecosistemas degradados, 00:07:38.000 --> 00:07:40.000 mentres que á vez 00:07:40.000 --> 00:07:42.000 propónselles aos granxeiros 00:07:42.000 --> 00:07:44.000 unha alternativa económica coherente 00:07:44.000 --> 00:07:46.000 sobre o uso da súa auga. NOTE Paragraph 00:07:46.000 --> 00:07:49.000 Estas transaccións crean aliados, non inimigos. 00:07:49.000 --> 00:07:51.000 Conectan a xente no canto de dividila. 00:07:51.000 --> 00:07:54.000 E dan o apoio económico necesario para as comunidades rurais. 00:07:54.000 --> 00:07:57.000 E, o máis importante é que funcionan. 00:07:57.000 --> 00:07:59.000 Levamos devoltos máis de 15 mil millóns de litros de auga 00:07:59.000 --> 00:08:01.000 aos ecosistemas degradados. 00:08:01.000 --> 00:08:03.000 Levamos conectado aos titulares de "dereitos superiores" sobre a auga 00:08:03.000 --> 00:08:05.000 con cervexeiros de Montana, 00:08:05.000 --> 00:08:08.000 con hoteis e empresas de té de Oregon 00:08:08.000 --> 00:08:11.000 e con empresas de tecnoloxía que usan moita auga no Sudoeste. 00:08:11.000 --> 00:08:14.000 E cando establecemos estas conexións, 00:08:14.000 --> 00:08:16.000 podemos e facémolo, 00:08:16.000 --> 00:08:19.000 transformar iso en isto. NOTE Paragraph 00:08:20.000 --> 00:08:22.000 Moitas grazas. NOTE Paragraph 00:08:22.000 --> 00:08:25.000 (Aplausos)