1 00:00:03,000 --> 00:00:05,000 Isto é un río 2 00:00:05,000 --> 00:00:08,000 Isto é un regato. 3 00:00:08,000 --> 00:00:10,000 Isto é un río. 4 00:00:10,000 --> 00:00:13,000 Isto está ocorrendo en todo o país. 5 00:00:13,000 --> 00:00:15,000 Hai decenas de miles de quilómetros 6 00:00:15,000 --> 00:00:18,000 de cursos de auga secos nos Estados Unidos. 7 00:00:18,000 --> 00:00:20,000 Neste mapa, 8 00:00:20,000 --> 00:00:23,000 as áreas coloreadas representan conflitos pola auga. 9 00:00:24,000 --> 00:00:27,000 Problemas similares están xurdindo tamén no Leste. 10 00:00:27,000 --> 00:00:29,000 As razóns varían de estado a estado, 11 00:00:29,000 --> 00:00:31,000 pero, sobre todo, nos detalles. 12 00:00:31,000 --> 00:00:34,000 Hai 6.400 km de cursos de auga secos 13 00:00:34,000 --> 00:00:37,000 só en Montana. 14 00:00:37,000 --> 00:00:40,000 Que normalmente deberían ter peixes e outra vida salvaxe. 15 00:00:41,000 --> 00:00:43,000 Son as veas do ecosistema, 16 00:00:43,000 --> 00:00:46,000 e, a miúdo, son veas baleiras. 17 00:00:47,000 --> 00:00:49,000 Quero contarlles a historia 18 00:00:49,000 --> 00:00:51,000 dun destes cursos de auga 19 00:00:51,000 --> 00:00:54,000 porque é un arquetipo dunha historia máis grande. 20 00:00:54,000 --> 00:00:56,000 Isto é Prickly Pear Creek. 21 00:00:56,000 --> 00:00:58,000 Discorre a través dunha área moi poboada 22 00:00:58,000 --> 00:01:01,000 dende o East Helena ata Lake Helena. 23 00:01:01,000 --> 00:01:03,000 Ten vida piscícola 24 00:01:03,000 --> 00:01:05,000 como a troita esganada, a troita común 25 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 e a troita arco iris. 26 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 Case todos os anos 27 00:01:09,000 --> 00:01:12,000 desde hai máis dun cento deles, 28 00:01:12,000 --> 00:01:15,000 parecíase a isto no verán. 29 00:01:15,000 --> 00:01:17,000 Como chegamos a isto? 30 00:01:17,000 --> 00:01:20,000 Ben, todo comezou a finais dos anos 1800 31 00:01:20,000 --> 00:01:24,000 cando a xente comezou a asentarse en sitios como Montana. 32 00:01:24,000 --> 00:01:26,000 En resumo, había un monte de auga 33 00:01:26,000 --> 00:01:29,000 e non había moita xente. 34 00:01:29,000 --> 00:01:31,000 Pero a medida que aparecía máis xente, máis auga cumpría, 35 00:01:31,000 --> 00:01:34,000 a xente que chegou antes comezou a preocuparse, 36 00:01:34,000 --> 00:01:38,000 e en 1865, Montana aprobou a súa primeira Lei de augas. 37 00:01:38,000 --> 00:01:41,000 Basicamente dicía que toda persoa de preto dun curso de auga 38 00:01:41,000 --> 00:01:43,000 pode compartir ese ben. 39 00:01:43,000 --> 00:01:46,000 Curiosamente, presentouse unha gran cantidade de xente querendo compartir o curso de auga, 40 00:01:46,000 --> 00:01:48,000 e os que chegaran alí primeiro 41 00:01:48,000 --> 00:01:50,000 preocupáronse abondo como para levar os seus avogados. 42 00:01:50,000 --> 00:01:52,000 Houbo preitos que sentaron precedentes 43 00:01:52,000 --> 00:01:54,000 en 1870 e 1872, 44 00:01:54,000 --> 00:01:56,000 os dous relacionados con Prickly Pear Creek. 45 00:01:56,000 --> 00:01:58,000 E en 1921, 46 00:01:58,000 --> 00:02:00,000 o Tribunal Supremo de Montana 47 00:02:00,000 --> 00:02:03,000 pronunciouse nun caso relacionado con Prickly Pear sentenzando 48 00:02:03,000 --> 00:02:05,000 que a xente que chegara alí primeiro 49 00:02:05,000 --> 00:02:09,000 tiña dereitos primarios, ou superiores, sobre a auga. 50 00:02:09,000 --> 00:02:12,000 Estes "dereitos superiores" son a clave principal. 51 00:02:12,000 --> 00:02:14,000 O problema é que hoxe en día todo o Oeste 52 00:02:14,000 --> 00:02:16,000 ten este aspecto. 53 00:02:16,000 --> 00:02:18,000 Algúns destes regatos 54 00:02:18,000 --> 00:02:20,000 teñen reclamacións por de 50 a 100 veces máis auga 55 00:02:20,000 --> 00:02:23,000 ca a que hai actualmente no seu curso. 56 00:02:23,000 --> 00:02:25,000 E os titulares de dereitos superiores sobre a auga, 57 00:02:25,000 --> 00:02:28,000 se non os usan, 58 00:02:28,000 --> 00:02:30,000 arríscanse a perdelos, 59 00:02:30,000 --> 00:02:33,000 xunto co valor económico que implican. 60 00:02:33,000 --> 00:02:37,000 Xa que logo, non teñen ningún incentivo para conservar. 61 00:02:37,000 --> 00:02:40,000 Non se trata só da cantidade de xente; 62 00:02:40,000 --> 00:02:43,000 o propio sistema desincentiva a conservación 63 00:02:43,000 --> 00:02:46,000 porque un pode perder o seu dereito á auga se non o usa. 64 00:02:48,000 --> 00:02:50,000 Así, logo de décadas de demandas 65 00:02:50,000 --> 00:02:52,000 e 140 anos de experiencia 66 00:02:52,000 --> 00:02:54,000 aínda temos isto. 67 00:02:55,000 --> 00:02:57,000 É un sistema roto. 68 00:02:57,000 --> 00:02:59,000 Desincentívase a conservación 69 00:02:59,000 --> 00:03:01,000 porque se un non usa o seu dereito á auga 70 00:03:01,000 --> 00:03:03,000 pode perdelo. 71 00:03:03,000 --> 00:03:06,000 E, estou seguro que todos o saben, isto creou importantes conflitos 72 00:03:06,000 --> 00:03:10,000 entre as comunidades agrícolas e os ambientalistas. 73 00:03:10,000 --> 00:03:13,000 Ben. Aquí vou cambiar de marcha. 74 00:03:13,000 --> 00:03:15,000 A moitos de vostedes agradaralles saber 75 00:03:15,000 --> 00:03:18,000 que o resto da presentación é gratis. 76 00:03:18,000 --> 00:03:21,000 E algún alegrarase de saber que hai cervexa polo medio. 77 00:03:21,000 --> 00:03:24,000 (Risos) 78 00:03:24,000 --> 00:03:26,000 Hai algo máis que está sucedendo no país, 79 00:03:26,000 --> 00:03:28,000 e é que as empresas están empezando a preocuparse 80 00:03:28,000 --> 00:03:31,000 por súa pegada hídrica. 81 00:03:31,000 --> 00:03:34,000 Preocúpaos asegurar unha subministración axeitada de auga, 82 00:03:34,000 --> 00:03:37,000 están tratando de usala de maneira moi eficiente 83 00:03:37,000 --> 00:03:39,000 e interesados en saber como afecta o seu uso de auga 84 00:03:39,000 --> 00:03:42,000 á imaxe da súa marca. 85 00:03:42,000 --> 00:03:44,000 Ben, é un problema nacional, 86 00:03:44,000 --> 00:03:46,000 pero eu voulles contar outra historia de Montana, 87 00:03:46,000 --> 00:03:48,000 e que ten que ver coa cervexa. 88 00:03:48,000 --> 00:03:51,000 Aposto a que non sabían que cómpren 5 pintas de auga 89 00:03:51,000 --> 00:03:53,000 para facer unha pinta de cervexa. 90 00:03:53,000 --> 00:03:55,000 Se se inclúen os sumidoiros, 91 00:03:55,000 --> 00:03:58,000 son máis de 100 pintas de auga para facer unha pinta de cervexa. 92 00:03:58,000 --> 00:04:00,000 Agora ben, os cervexeiros de Montana 93 00:04:00,000 --> 00:04:02,000 xa fixeron moitas cousas 94 00:04:02,000 --> 00:04:04,000 para reducir o seu consumo de auga, 95 00:04:04,000 --> 00:04:06,000 pero aínda empregan millóns de litros. 96 00:04:06,000 --> 00:04:09,000 Digo, hai auga na cervexa. 97 00:04:10,000 --> 00:04:13,000 Que poden facer eles 98 00:04:13,000 --> 00:04:16,000 con esta pegada hídrica remanente 99 00:04:16,000 --> 00:04:18,000 que pode afectar seriamente 100 00:04:18,000 --> 00:04:20,000 o ecosistema? 101 00:04:20,000 --> 00:04:22,000 Estes ecosistemas son realmente importantes 102 00:04:22,000 --> 00:04:24,000 para os cervexeiros de Montana e os seus clientes. 103 00:04:24,000 --> 00:04:26,000 Despois de todo hai unha forte correlación 104 00:04:26,000 --> 00:04:28,000 entre a auga e a pesca. 105 00:04:28,000 --> 00:04:30,000 E, para algúns, hai unha forte correlación 106 00:04:30,000 --> 00:04:32,000 entre a pesca e a cervexa. 107 00:04:32,000 --> 00:04:34,000 (Risos) 108 00:04:34,000 --> 00:04:37,000 Por iso os cervexeiros de Montana e os seus clientes están preocupados 109 00:04:37,000 --> 00:04:40,000 e están buscando algunha maneira de enfrontar o problema. 110 00:04:40,000 --> 00:04:43,000 Como poden enfrontar esta pegada hídrica remanente? 111 00:04:43,000 --> 00:04:45,000 Recorden Prickly Pear. 112 00:04:45,000 --> 00:04:47,000 Ata agora, 113 00:04:47,000 --> 00:04:49,000 a administración comercial da auga 114 00:04:49,000 --> 00:04:53,000 limitouse a medir e reducir, 115 00:04:53,000 --> 00:04:55,000 e estamos suxerindo que o próximo paso 116 00:04:55,000 --> 00:04:57,000 sexa restaurar. 117 00:04:57,000 --> 00:04:59,000 Recorden Prickly Pear. 118 00:04:59,000 --> 00:05:01,000 É un sistema roto 119 00:05:01,000 --> 00:05:03,000 Hai desincentivo para a conservación 120 00:05:03,000 --> 00:05:06,000 porque se un non usa o seu dereito á auga, arriscase a perdelo. 121 00:05:06,000 --> 00:05:08,000 Pois ben, nós decidimos conectar ambolos dous mundos: 122 00:05:08,000 --> 00:05:10,000 o mundo empresarial 123 00:05:10,000 --> 00:05:12,000 coa súa pegada hídrica 124 00:05:12,000 --> 00:05:14,000 e o mundo dos granxeiros 125 00:05:14,000 --> 00:05:16,000 cos seus dereitos superiores sobre estes regatos. 126 00:05:16,000 --> 00:05:18,000 Nalgúns estados 127 00:05:18,000 --> 00:05:20,000 os titulares dos dereitos superiores 128 00:05:20,000 --> 00:05:23,000 poden deixar a súa auga na corrente 129 00:05:23,000 --> 00:05:26,000 mentres que a protexen legalmente de terceiros e 130 00:05:26,000 --> 00:05:29,000 e manteñen o seu dereito sobre ela. 131 00:05:29,000 --> 00:05:31,000 Despois de todo 132 00:05:31,000 --> 00:05:33,000 é o seu dereito á auga 133 00:05:33,000 --> 00:05:35,000 e se queren usalo 134 00:05:35,000 --> 00:05:37,000 pra promover a cría de peixes no curso de auga 135 00:05:37,000 --> 00:05:40,000 teñen dereito a facelo. 136 00:05:40,000 --> 00:05:44,000 Pero non teñen incentivos. 137 00:05:44,000 --> 00:05:47,000 Por iso, traballando cos fideicomisos locais de auga 138 00:05:47,000 --> 00:05:50,000 creamos un incentivo para facelo. 139 00:05:50,000 --> 00:05:53,000 Pagámoslles para que deixen a auga no curso do río. 140 00:05:53,000 --> 00:05:55,000 Iso é o que está sucedendo aquí. 141 00:05:55,000 --> 00:05:58,000 Esta persoa tomou a decisión 142 00:05:58,000 --> 00:06:00,000 de pechar esta comporta, 143 00:06:00,000 --> 00:06:02,000 deixando a auga no regato. 144 00:06:02,000 --> 00:06:04,000 El non perde o seu dereito á auga, 145 00:06:04,000 --> 00:06:07,000 só elixe aplicar ese dereito, 146 00:06:07,000 --> 00:06:09,000 ou unha parte del, 147 00:06:09,000 --> 00:06:12,000 ó regato, no canto de aplicalo á terra. 148 00:06:12,000 --> 00:06:14,000 Dado que é titular do dereito superior 149 00:06:14,000 --> 00:06:18,000 pode protexer a auga fronte a outros usuarios do regato. 150 00:06:18,000 --> 00:06:20,000 De acordo? 151 00:06:20,000 --> 00:06:23,000 Págaselle para que deixe a auga no regato. 152 00:06:23,000 --> 00:06:25,000 Este fulano está medindo a auga 153 00:06:25,000 --> 00:06:28,000 que deixa no regato. 154 00:06:28,000 --> 00:06:31,000 Despois tomamos a auga medida 155 00:06:31,000 --> 00:06:34,000 e dividímola en incrementos de miles de litros. 156 00:06:34,000 --> 00:06:37,000 Cada incremento recibe un número de serie e un certificado, 157 00:06:37,000 --> 00:06:39,000 e despois os cervexeiros e outros 158 00:06:39,000 --> 00:06:41,000 mercan eses certificados 159 00:06:41,000 --> 00:06:43,000 como unha forma de devolver a auga 160 00:06:43,000 --> 00:06:45,000 a eses ecosistemas degradados. 161 00:06:45,000 --> 00:06:47,000 Os cervexeiros pagan 162 00:06:47,000 --> 00:06:50,000 para restituír a auga ao regato. 163 00:06:50,000 --> 00:06:52,000 Isto proporciona unha maneira simple, barata 164 00:06:52,000 --> 00:06:54,000 e medible 165 00:06:54,000 --> 00:06:57,000 de devolver a auga a estes ecosistemas degradados, 166 00:06:57,000 --> 00:07:00,000 á vez que lles dá aos granxeiros unha alternativa económica 167 00:07:00,000 --> 00:07:03,000 e ás empresas preocupadas pola súa pegada hídrica 168 00:07:03,000 --> 00:07:05,000 unha maneira fácil de lidar con eles. 169 00:07:05,000 --> 00:07:08,000 Tras 140 anos de conflito, 170 00:07:08,000 --> 00:07:12,000 e 100 anos de cursos de auga secos, 171 00:07:12,000 --> 00:07:14,000 unha circunstancia que o litixio e a regulación 172 00:07:14,000 --> 00:07:17,000 non foron quen de resolver, 173 00:07:17,000 --> 00:07:19,000 nos elaboramos unha solución de mercado, 174 00:07:19,000 --> 00:07:21,000 de compradores e vendedores dispostos; 175 00:07:21,000 --> 00:07:25,000 unha solución que non require litixios. 176 00:07:26,000 --> 00:07:28,000 Trátase de dar 177 00:07:28,000 --> 00:07:31,000 ás persoas preocupadas pola súa pegada hídrica 178 00:07:31,000 --> 00:07:33,000 unha oportunidade real 179 00:07:33,000 --> 00:07:35,000 de poñer auga onde se necesita con urxencia, 180 00:07:35,000 --> 00:07:38,000 nestes ecosistemas degradados, 181 00:07:38,000 --> 00:07:40,000 mentres que á vez 182 00:07:40,000 --> 00:07:42,000 propónselles aos granxeiros 183 00:07:42,000 --> 00:07:44,000 unha alternativa económica coherente 184 00:07:44,000 --> 00:07:46,000 sobre o uso da súa auga. 185 00:07:46,000 --> 00:07:49,000 Estas transaccións crean aliados, non inimigos. 186 00:07:49,000 --> 00:07:51,000 Conectan a xente no canto de dividila. 187 00:07:51,000 --> 00:07:54,000 E dan o apoio económico necesario para as comunidades rurais. 188 00:07:54,000 --> 00:07:57,000 E, o máis importante é que funcionan. 189 00:07:57,000 --> 00:07:59,000 Levamos devoltos máis de 15 mil millóns de litros de auga 190 00:07:59,000 --> 00:08:01,000 aos ecosistemas degradados. 191 00:08:01,000 --> 00:08:03,000 Levamos conectado aos titulares de "dereitos superiores" sobre a auga 192 00:08:03,000 --> 00:08:05,000 con cervexeiros de Montana, 193 00:08:05,000 --> 00:08:08,000 con hoteis e empresas de té de Oregon 194 00:08:08,000 --> 00:08:11,000 e con empresas de tecnoloxía que usan moita auga no Sudoeste. 195 00:08:11,000 --> 00:08:14,000 E cando establecemos estas conexións, 196 00:08:14,000 --> 00:08:16,000 podemos e facémolo, 197 00:08:16,000 --> 00:08:19,000 transformar iso en isto. 198 00:08:20,000 --> 00:08:22,000 Moitas grazas. 199 00:08:22,000 --> 00:08:25,000 (Aplausos)