-
12 de Abril de 1961
Yuri Gagarin está a punto de ver
-
o que nunca ninguén vira antes
en toda a historia da humanidade:
-
a Terra dende o espazo.
-
Antes de embarcar na súa nave espacial,
-
Gagarin gravou unha mensaxe
para a poboación mundial.
-
Prezados amigos,
coñecidos ou descoñecidos.
-
Meus prezados compatriotas
e xente de todo o mundo.
-
Dentro de poucos minutos
unha poderosa nave espacial
-
vai transportarme
aos lonxincuos espazos do universo.
-
Que podo eu dicir nestes últimos
minutos antes da partida?
-
Toda a miña vida paréceme agora
un único e belo instante.
-
Todo o que fixen e vivín até agora
fíxeno e vivino para este momento.
-
THE ATTIC ROOM PRESENTA
-
UN FILME DE CHRISTOPHER RILEY
-
EN ASOCIACIÓN CON YURI GAGARIN 50
E YURI'S NIGHT
-
IMAXE: PAOLO NESPOLI
-
MONTAXE: STEPHEN SLATER
-
COMPOSITOR: PHILIP SHEPPARD
-
YURI GAGARIN: Imos aló!
-
AURORA aquí CEDRO. Síntome moi ben.
-
Vou proseguir o voo.
As forzas G están a aumentar lentamente.
-
KOROLEV: Desexámosche un bo voo.
-
Aquí AURORA.1 Que teñas un bo voo. Está todo normal.
-
YURI GAGARIN: Grazas. Adeus. Até pronto,
queridos amigos. Adeus, até breve.
-
FIRST ORBIT (PRIMEIRA ÓRBITA)
-
YURI GAGARIN: AURORA 1, aquí CEDRO.
Feita a separación da cobertura.
-
Vexo a Terra a través da xanela.
O chan distínguese perfectamente
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1, todo OK,
a nave está a voar ben. Cambio.
-
GAGARIN: Comprendido. Vexo ríos e formas
no terreo. Distínguense facilmente.
-
A visibilidade é boa. Vese todo moi
limpo a través da xanela. Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1,
está todo en orde.
-
GAGARIN: Comprendido. Informo: vexo
a Terra, a visibilidade é excelente.
-
A visibilidade é boa. Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA. Como
se sente? Aquí AURORA. Cambio.
-
GAGARIN: AURORA aquí CEDRO, síntome
moi ben. Prosigo o voo.
-
As forzas G aumentan lixeiramente.
Vibración. Aguanto ben.
-
Estou en excelente condición. Síntome
desperto. Observo a Terra a través da xanela.
-
Consigo distinguir formas no terreo...
neve... bosque.
-
Síntome xenial. Como van as cousas
convosco? Cambio.
-
RADIO MOSCOW:
Aquí vai o noso noticieiro especial.
-
Hoxe, día 12 de Abril de 1961,
-
a primeira nave espacial cósmica
Vostok da Unión Soviética
-
cun home a bordo
estivo a orbitar a Terra.
-
Este home do ar é o Maior Yuri Gagarin,
piloto da Forza Aérea.
-
Un cidadán da Unión das Repúblicas
Socialistas Soviéticas.
-
Foi anunciada a partida con éxito
do foguete multifase.
-
Despois de atinxir a primeira
velocidade cósmica
-
e de se ter separado da última
fase do foguete transportador,
-
a nave espacial iniciou o seu voo libre
nunha órbita arredor da Terra.
-
GAGARIN: AURORA aquí CEDRO
-
Foi desconectada a segunda fase.
-
Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1.
Está todo a funcionar normalmente.
-
A fase final... Está todo en orde. Cambio.
-
GAGARIN: Comprendido. Oio o arranque.
Está a traballar. Síntome moi ben.
-
Consigo ver a Terra, a visibilidade
é boa. Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO, CEDRO, aquí AURORA.
Ben feito, vai todo á perfección. OK.
-
Aquí AURORA. Cambio.
-
GAGARIN: AURORA aquí CEDRO,
vexo nubes sobre a Terra...
-
pequenas, cúmulos e as súas sombras.
-
É fermoso! Fermoso! Conseguen
oírme ben? Cambio.
-
RADIO MOSCOW:
De acordo cos datos preliminares
-
a nave espacial demora 89,1 minutos
en completar unha volta á Terra.
-
O punto da órbita máis baixo respecto
da superficie terrestre está a 175 quilómetros.
-
O punto máis alto, a 302 quilómetros.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA.
Oímolo perfectamente. Continúe o voo.
-
GAGARIN: O voo decorre ben. As forzas G
aumentan devagar de modo insignificante.
-
Óioo ben. As vibracións son lixeiras.
Síntome de marabilla.
-
A través da xanela consigo ver a Terra...
cada vez máis cuberta por nubes. Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA.
Todo marcha moi ben.
-
Compréndemolo. Oímolo
perfectamente.
-
Aquí AURORA. Cambio.
-
RADIO MOSCOW: O estado do aviador
espacial Maior Yuri Gagarin...
-
durante o lanzamento da nave
espacial Vostok foi normal,
-
e neste momento séntese ben.
-
GAGARIN: Está todo a ir ben.
Vexo a Terra.
-
Vexo o horizonte a través da xanela.
-
O horizonte desprazouse lixeiramente
cara as miñas pernas.
-
KOROLEV: CEDRO CEDRO aquí AURORA.
CEDRO aquí AURORA.
-
Vai todo ben. Como me oe? Como se sente?
Aquí AURORA. Cambio.
-
GAGARIN: AURORA aquí CEDRO,
oio perfectamente.
-
Síntome de marabilla.
O voo discorre ben.
-
Pola xanela vexo a Terra. A visibilidade
é boa. Vese todo claro.
-
Algunhas zonas están cubertas
por nubes do tipo cúmulo.
-
Continuamos o voo.
Está todo normal. Cambio.
-
KOROLEV: CEDRO aquí AURORA.
Comprendido. Bo traballo.
-
Boa comunicación. Continúe co mesmo
espírito. Aquí AURORA. Cambio.
-
GAGARIN: Comprendido. Todo marcha ben.
Todo perfecto. Continuamos!
-
O voo está a decorrer ben.
-
A terceira fase está en marcha.
-
A luz da TV traballa ben. Síntome xenial.
-
Síntome desperto e alerta.
-
RADIO MOSCOW: O ángulo da
declinación do plano da órbita
-
respecto do Ecuador é de
65 graos e 4 minutos.
-
O peso da nave espacial co piloto é de
catro toneladas e 725 quilogramos,
-
excluíndo o peso da última fase
do transportador do foguete.
-
Estableceuse e mantense
comunicación bidireccional
-
co aviador espacial Maior Yuri Gagarin.
-
GAGARIN: A Terra está cada vez
máis cuberta de nubes.
-
Cúmulos. Está a ficar cuberta por
nubes do tipo nimbo-estrato.
-
É unha especie de película sobre a Terra.
A superficie xa apenas se ve.
-
Interesante... si... agora abre.
Formas xeolóxicas de montañas... bosques.
-
AURORA 1, AURORA 1, óioo
moi debilmente. Estou ben.
-
Síntome alerta. Sigo co voo. Todo ben.
-
A nave funciona normalmente. Cambio.
-
Nesta fase xa apenas consigo oír AURORA 1.
-
GAGARIN: Agora os raios de Sol
atravesan a xanela.
-
A luz é un pouco demasiado brillante.
-
Agora o Sol.. deixa de bater nos vidros.
-
O ceo... o ceo está negro. Ceo negro...
mais non se ven estrelas no ceo.
-
Posibelmente afecte a iluminación.
Vou cambiar a luz de traballo.
-
GAGARIN: 320 atmosferas. Síntome ben.
Síntome alerta. Vou continuar co voo.
-
Sinto... Non, non sinto. Vexo unha lixeira
rotación da nave en torno ao seu eixo.
-
A sensación de ausencia de peso...
o efecto é agradábel.
-
Non causa ningún daqueles fenómenos.
-
Enténdeme? Cambio.
-
GAGARIN: PRIMAVERA aquí CEDRO.
-
Fíxose a separación do foguete...
-
ás 9 horas, 18 minutos e 7 segundos
como estaba previsto.
-
Síntome ben.
-
Acendido Modo Descendente 1.
-
Marcador do Sistema de Control
Descendente en posición 2.
-
Todas as luces do Modo
Descendente están prendidas.
-
Síntome ben. Síntome alerta.
-
Condicións na cápsula:
presión 1 atmosfera,
-
humidade 65, temperatura 20,
presión no compartimento 1 atmosfera.
-
No sistema manual 155,
no primeiro automático 155
-
e no segundo automático 157.
-
A presión no tanque do propulsor
de saída de órbita é de 320 atmosferas.
-
Levo ben a sensación de ausencia
de peso. É agradábel.
-
Prosigo co voo en órbita. Como me reciben? Cambio.
-
GAGARIN: A nave segue rotando.
-
A rotación da nave pode determinarse
pola superficie da Terra.
-
A superficie da Terra
desprázase cara á esquerda.
-
A nave espacial rota lixeiramente cara á dereita...
-
Ben. Moi bonito... Síntome ben.
-
Prosigo o voo. Está todo a correr moi ben.
-
Vai todo perfectamente.
-
Que acontece aí AURORA?
Non teño recepción.
-
Que acontece, PRIMAVERA?
Tampouco hai recepción.
-
PRIMAVERA, PRIMAVERA, aquí CEDRO. Consegue oírme? Cambio.
-
PRIMAVERA, aquí CEDRO. Non consigo oílo.
Consegue oírme? Cambio.
-
A sensación de ausencia de peso é interesante.
Todo flota. Todo está flotando.
-
Fermoso! Interesante!
-
GAGARIN: AURORA 3 aquí CEDRO,
como me recibe? Cambio.
-
PRIMAVERA, non oio.
Non oio PRIMAVERA.
-
Síntome ben. Síntome alerta.
-
Está todo normal, prosigo co voo.
Non hai problemas coa ausencia de peso.
-
En xeral o voo está a decorrer ben.
Que me pode dicir? Cambio.
-
AURORA 3: CEDRO aquí AURORA.
Agora oímolo. Como se sente?
-
GAGARIN: AURORA 3 aquí CEDRO,
o voo está a decorrer con éxito.
-
A sensación de ausencia de peso
é normal. Síntome ben.
-
Todos os instrumentos, todos
os sistemas están a funcionar ben.
-
Que me pode comunicar?
Oio perfectamente. Cambio.
-
AURORA 3: CEDRO aquí AURORA 3,
oímolo ben. Todos os instrumentos
-
funcionan adecuadamente.
Vostede séntese ben.
-
Que pode dicirme sobre o voo?
-
Que pode dicirme? Cambio.
-
CEDRO aquí AURORA 3, sen instrucións
do 20º [Korolev]. Sen instrucións. Todo ben.
-
GAGARIN: Comprendido, comprendido.
Sen instrucións do 20º.
-
Déame os seus datos de voo.
-
Saúdos ao Loiriño! [Alexei Leonov]
-
RADIO MOSCOVA:
Os transmisores de onda curta
-
a bordo da nave operan en 9,019
megahertzs e 20,006 megahertzs
-
na lonxitude de onda curta
exterior de 143,625 megahertzs.
-
GAGARIN: Hai aquí un halo moi bonito!
-
Hai un arco iris, primeiro na superficie
da Terra e logo transita cara abaixo.
-
Moi bonito, vin estes fenómenos
pola fiestra do lado dereito.
-
Agora a Terra desapareceu
da fiestra. Síntome ben.
-
RADIO MOSCOVA:
Os transmisores de onda curta
-
a bordo da nave operan en 9,019
megahertzs e 20,006 megahertzs
-
na lonxitude de onda curta
exterior de 143,625 megahertzs.
-
O estado do aviador espacial durante o voo
-
é observado coa axuda de dispositivos
de radiotelemetría e televisión.
-
Os sistemas que aseguran
as condicións necesarias para a vida
-
no interior da cabina da nave espacial
están a funcionar con normalidade.
-
AXENCIA TASS: Aquí fala
MOSCOVA - aquí fala MOSCOVA.
-
Retransmiten todas as estacións
de radio da Unión Soviética.
-
Son as 10:02 en Moscova.
-
Transmitimos a noticia do primeiro
voo humano ao espazo.
-
O 12 de Abril de 1961 a Unión
Soviética lanzou a primeira
-
nave espacial tripulada en órbita
arredor da Terra cun home a bordo.
-
O piloto e cosmonauta
da nave espacial é
-
un cidadán da Unión Soviética,
o Maior Gagarin Yuri Alexyvich.
-
GAGARIN: Vexo as estrelas pola xanela.
Vexo como se desprazan as estrelas.
-
É un espectáculo moi bonito.
O voo prosegue na sombra da Terra.
-
GAGARIN: Neste momento, a través da
fiestra da dereita, vexo a estrela.
-
Cruza a fiestra da esquerda para a dereita.
-
A estrela pasou... vai, vai.
-
GAGARIN: Atención, atención.
-
10 horas, 9 minutos, 15 segundos.
Saio da sombra da Terra.
-
A través da fiestra dereita
e da xanela vexo aparecer o Sol.
-
A nave rota. Pode que estea funcionando
o Sistema de Orientación Solar.
-
GAGARIN: Agora pola xanela vexo a Terra,
vexo a Terra. Estou voando sobre o mar.
-
A dirección do movemento
sobre o mar é fácil de determinar.
-
Agora posibelmente estea
desprazándome cara ao lado dereito.
-
Está un pouco nubrado. Pode detectarse
a dirección do movemento sobre o mar.
-
RADIO BBC: Este foi o boletín do tempo.
E agora, unha ollada ás noticias.
-
Hai unha hora os rusos anunciaron a posta
en órbita do primeiro home no espazo.
-
Un anuncio difundido en inglés
por Radio Moscova dicía que
-
a Vostok, a primeira
nave espacial cun home a bordo,
-
foi lanzada hoxe en órbita
á volta da Terra.
-
O primeiro navegador espacial
é o Maior Yuri Gagarin.
-
Establecéronse e mantivéronse
radiocomunicacións con el.
-
Séntese ben e as condicións
na cabina son normais.
-
O voo da nave espacial prosegue.
-
GAGARIN: Está todo
funcionando normalmente?
-
Está todo funcionando normalmente?
-
12 de Abril de 1961
-
Logo de facer a primeira
órbita arredor da Terra,
-
Gagarin reentra na atmosfera.
-
Exéctase da cápsula 7 km por riba do chan
e descende en paracaídas.
-
Agradecementos
-
Órbita Terrestre, 2011.
A bordo da Estación Espacial Internacional.
-
[TRANSMISIÓN RADIO MOSCOVA]
Foi un noticiario especial sobre
-
o lanzamento da primeira nave espacial
Vostok que leva a bordo
-
un cidadán da Unión de Repúblicas
Socialistas Soviéticas,
-
o Maior Yuri Gagarin.
Aquí Radio Moscova.
-
Subtítulos en galego: Martin Pawley,
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.