WEBVTT 00:00:13.390 --> 00:00:16.880 12 de Abril de 1961 Yuri Gagarin está a punto de ver 00:00:16.880 --> 00:00:20.370 o que nunca ninguén vira antes en toda a historia da humanidade: 00:00:22.800 --> 00:00:26.740 a Terra dende o espazo. 00:00:28.910 --> 00:00:31.245 Antes de embarcar na súa nave espacial, 00:00:31.245 --> 00:00:33.580 Gagarin gravou unha mensaxe para a poboación mundial. 00:00:35.980 --> 00:00:39.140 Prezados amigos, coñecidos ou descoñecidos. 00:00:39.140 --> 00:00:42.300 Meus prezados compatriotas e xente de todo o mundo. 00:00:42.300 --> 00:00:46.200 Dentro de poucos minutos unha poderosa nave espacial 00:00:46.200 --> 00:00:50.100 vai transportarme aos lonxincuos espazos do universo. 00:00:50.100 --> 00:00:55.520 Que podo eu dicir nestes últimos minutos antes da partida? 00:00:55.520 --> 00:01:00.940 Toda a miña vida paréceme agora un único e belo instante. 00:01:00.940 --> 00:01:08.300 Todo o que fixen e vivín até agora fíxeno e vivino para este momento. 00:01:09.820 --> 00:01:13.620 THE ATTIC ROOM PRESENTA 00:01:15.420 --> 00:01:19.780 UN FILME DE CHRISTOPHER RILEY 00:01:24.580 --> 00:01:29.540 EN ASOCIACIÓN CON YURI GAGARIN 50 E YURI'S NIGHT 00:01:31.780 --> 00:01:35.900 IMAXE: PAOLO NESPOLI 00:01:37.980 --> 00:01:41.420 MONTAXE: STEPHEN SLATER 00:01:44.100 --> 00:01:48.100 COMPOSITOR: PHILIP SHEPPARD 00:02:18.740 --> 00:02:21.740 YURI GAGARIN: Imos aló! 00:02:44.660 --> 00:02:47.400 AURORA aquí CEDRO. Síntome moi ben. 00:02:47.400 --> 00:02:50.140 Vou proseguir o voo. As forzas G están a aumentar lentamente. 00:02:51.020 --> 00:02:53.220 KOROLEV: Desexámosche un bo voo. 00:02:53.220 --> 00:02:56.940 Aquí AURORA.1 Que teñas un bo voo. Está todo normal. 00:02:58.540 --> 00:03:02.340 YURI GAGARIN: Grazas. Adeus. Até pronto, queridos amigos. Adeus, até breve. 00:03:05.620 --> 00:03:07.820 FIRST ORBIT (PRIMEIRA ÓRBITA) 00:03:10.740 --> 00:03:15.100 YURI GAGARIN: AURORA 1, aquí CEDRO. Feita a separación da cobertura. 00:03:17.300 --> 00:03:22.100 Vexo a Terra a través da xanela. O chan distínguese perfectamente 00:03:53.740 --> 00:03:58.060 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1, todo OK, a nave está a voar ben. Cambio. 00:03:58.740 --> 00:04:05.860 GAGARIN: Comprendido. Vexo ríos e formas no terreo. Distínguense facilmente. 00:04:05.860 --> 00:04:09.660 A visibilidade é boa. Vese todo moi limpo a través da xanela. Cambio. 00:04:19.740 --> 00:04:23.300 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1, está todo en orde. 00:04:25.340 --> 00:04:29.140 GAGARIN: Comprendido. Informo: vexo a Terra, a visibilidade é excelente. 00:04:29.180 --> 00:04:31.100 A visibilidade é boa. Cambio. 00:05:06.900 --> 00:05:11.140 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA. Como se sente? Aquí AURORA. Cambio. 00:05:11.140 --> 00:05:15.500 GAGARIN: AURORA aquí CEDRO, síntome moi ben. Prosigo o voo. 00:05:15.500 --> 00:05:19.980 As forzas G aumentan lixeiramente. Vibración. Aguanto ben. 00:05:21.000 --> 00:05:26.140 Estou en excelente condición. Síntome desperto. Observo a Terra a través da xanela. 00:05:26.500 --> 00:05:31.660 Consigo distinguir formas no terreo... neve... bosque. 00:05:31.660 --> 00:05:34.940 Síntome xenial. Como van as cousas convosco? Cambio. 00:05:48.860 --> 00:05:51.120 RADIO MOSCOW: Aquí vai o noso noticieiro especial. 00:05:53.640 --> 00:05:58.670 Hoxe, día 12 de Abril de 1961, 00:05:59.420 --> 00:06:05.345 a primeira nave espacial cósmica Vostok da Unión Soviética 00:06:05.345 --> 00:06:11.270 cun home a bordo estivo a orbitar a Terra. 00:06:13.100 --> 00:06:20.430 Este home do ar é o Maior Yuri Gagarin, piloto da Forza Aérea. 00:06:21.320 --> 00:06:27.580 Un cidadán da Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas. 00:06:29.240 --> 00:06:35.610 Foi anunciada a partida con éxito do foguete multifase. 00:06:36.260 --> 00:06:40.895 Despois de atinxir a primeira velocidade cósmica 00:06:40.895 --> 00:06:45.530 e de se ter separado da última fase do foguete transportador, 00:06:46.250 --> 00:06:51.650 a nave espacial iniciou o seu voo libre nunha órbita arredor da Terra. 00:06:54.580 --> 00:06:56.220 GAGARIN: AURORA aquí CEDRO 00:06:56.740 --> 00:06:59.420 Foi desconectada a segunda fase. 00:07:00.420 --> 00:07:01.620 Cambio. 00:07:13.860 --> 00:07:18.140 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA 1. Está todo a funcionar normalmente. 00:07:18.180 --> 00:07:21.100 A fase final... Está todo en orde. Cambio. 00:07:21.660 --> 00:07:27.580 GAGARIN: Comprendido. Oio o arranque. Está a traballar. Síntome moi ben. 00:07:28.140 --> 00:07:32.020 Consigo ver a Terra, a visibilidade é boa. Cambio. 00:07:34.500 --> 00:07:37.980 KOROLEV: CEDRO, CEDRO, aquí AURORA. Ben feito, vai todo á perfección. OK. 00:07:37.980 --> 00:07:40.140 Aquí AURORA. Cambio. 00:07:40.140 --> 00:07:43.160 GAGARIN: AURORA aquí CEDRO, vexo nubes sobre a Terra... 00:07:43.160 --> 00:07:46.180 pequenas, cúmulos e as súas sombras. 00:07:46.180 --> 00:07:49.340 É fermoso! Fermoso! Conseguen oírme ben? Cambio. 00:09:16.430 --> 00:09:18.910 RADIO MOSCOW: De acordo cos datos preliminares 00:09:19.580 --> 00:09:28.930 a nave espacial demora 89,1 minutos en completar unha volta á Terra. 00:09:30.300 --> 00:09:37.420 O punto da órbita máis baixo respecto da superficie terrestre está a 175 quilómetros. 00:09:38.600 --> 00:09:43.710 O punto máis alto, a 302 quilómetros. 00:10:42.040 --> 00:10:46.990 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA. Oímolo perfectamente. Continúe o voo. 00:10:49.860 --> 00:10:54.660 GAGARIN: O voo decorre ben. As forzas G aumentan devagar de modo insignificante. 00:10:55.220 --> 00:11:00.380 Óioo ben. As vibracións son lixeiras. Síntome de marabilla. 00:11:00.380 --> 00:11:05.620 A través da xanela consigo ver a Terra... cada vez máis cuberta por nubes. Cambio. 00:11:11.900 --> 00:11:14.220 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA. Todo marcha moi ben. 00:11:14.220 --> 00:11:16.540 Compréndemolo. Oímolo perfectamente. 00:11:16.700 --> 00:11:18.540 Aquí AURORA. Cambio. 00:13:16.850 --> 00:13:21.630 RADIO MOSCOW: O estado do aviador espacial Maior Yuri Gagarin... 00:13:22.090 --> 00:13:28.670 durante o lanzamento da nave espacial Vostok foi normal, 00:13:29.050 --> 00:13:32.570 e neste momento séntese ben. 00:13:34.140 --> 00:13:36.660 GAGARIN: Está todo a ir ben. Vexo a Terra. 00:13:37.420 --> 00:13:41.100 Vexo o horizonte a través da xanela. 00:13:41.100 --> 00:13:45.140 O horizonte desprazouse lixeiramente cara as miñas pernas. 00:13:45.140 --> 00:13:50.180 KOROLEV: CEDRO CEDRO aquí AURORA. CEDRO aquí AURORA. 00:13:50.180 --> 00:13:56.460 Vai todo ben. Como me oe? Como se sente? Aquí AURORA. Cambio. 00:13:56.460 --> 00:14:00.100 GAGARIN: AURORA aquí CEDRO, oio perfectamente. 00:14:00.100 --> 00:14:03.740 Síntome de marabilla. O voo discorre ben. 00:14:03.740 --> 00:14:11.100 Pola xanela vexo a Terra. A visibilidade é boa. Vese todo claro. 00:14:11.900 --> 00:14:17.980 Algunhas zonas están cubertas por nubes do tipo cúmulo. 00:14:17.980 --> 00:14:21.260 Continuamos o voo. Está todo normal. Cambio. 00:14:22.380 --> 00:14:26.620 KOROLEV: CEDRO aquí AURORA. Comprendido. Bo traballo. 00:14:26.620 --> 00:14:32.180 Boa comunicación. Continúe co mesmo espírito. Aquí AURORA. Cambio. 00:14:32.700 --> 00:14:38.020 GAGARIN: Comprendido. Todo marcha ben. Todo perfecto. Continuamos! 00:15:32.620 --> 00:15:35.100 O voo está a decorrer ben. 00:15:35.100 --> 00:15:38.060 A terceira fase está en marcha. 00:15:38.060 --> 00:15:42.340 A luz da TV traballa ben. Síntome xenial. 00:15:42.340 --> 00:15:44.340 Síntome desperto e alerta. 00:15:46.790 --> 00:15:52.110 RADIO MOSCOW: O ángulo da declinación do plano da órbita 00:15:52.110 --> 00:15:57.430 respecto do Ecuador é de 65 graos e 4 minutos. 00:15:59.740 --> 00:16:09.650 O peso da nave espacial co piloto é de catro toneladas e 725 quilogramos, 00:16:10.320 --> 00:16:14.620 excluíndo o peso da última fase do transportador do foguete. 00:16:16.210 --> 00:16:21.450 Estableceuse e mantense comunicación bidireccional 00:16:21.450 --> 00:16:26.690 co aviador espacial Maior Yuri Gagarin. 00:16:27.980 --> 00:16:32.180 GAGARIN: A Terra está cada vez máis cuberta de nubes. 00:16:32.180 --> 00:16:36.380 Cúmulos. Está a ficar cuberta por nubes do tipo nimbo-estrato. 00:16:36.380 --> 00:16:41.580 É unha especie de película sobre a Terra. A superficie xa apenas se ve. 00:16:41.580 --> 00:16:47.860 Interesante... si... agora abre. Formas xeolóxicas de montañas... bosques. 00:16:47.860 --> 00:16:54.340 AURORA 1, AURORA 1, óioo moi debilmente. Estou ben. 00:16:54.340 --> 00:16:57.420 Síntome alerta. Sigo co voo. Todo ben. 00:16:57.420 --> 00:17:01.540 A nave funciona normalmente. Cambio. 00:17:03.980 --> 00:17:08.260 Nesta fase xa apenas consigo oír AURORA 1. 00:17:20.420 --> 00:17:24.859 GAGARIN: Agora os raios de Sol atravesan a xanela. 00:17:24.859 --> 00:17:29.300 A luz é un pouco demasiado brillante. 00:17:34.780 --> 00:17:42.420 Agora o Sol.. deixa de bater nos vidros. 00:17:48.300 --> 00:17:54.060 O ceo... o ceo está negro. Ceo negro... mais non se ven estrelas no ceo. 00:17:54.180 --> 00:17:59.260 Posibelmente afecte a iluminación. Vou cambiar a luz de traballo. 00:19:44.940 --> 00:19:52.120 GAGARIN: 320 atmosferas. Síntome ben. Síntome alerta. Vou continuar co voo. 00:19:53.430 --> 00:20:00.710 Sinto... Non, non sinto. Vexo unha lixeira rotación da nave en torno ao seu eixo. 00:20:05.150 --> 00:20:09.840 A sensación de ausencia de peso... o efecto é agradábel. 00:20:09.840 --> 00:20:14.530 Non causa ningún daqueles fenómenos. 00:20:14.550 --> 00:20:16.410 Enténdeme? Cambio. 00:20:48.030 --> 00:20:49.500 GAGARIN: PRIMAVERA aquí CEDRO. 00:20:49.500 --> 00:20:52.800 Fíxose a separación do foguete... 00:20:54.810 --> 00:21:01.950 ás 9 horas, 18 minutos e 7 segundos como estaba previsto. 00:21:02.500 --> 00:21:03.910 Síntome ben. 00:21:04.210 --> 00:21:08.805 Acendido Modo Descendente 1. 00:21:08.805 --> 00:21:13.400 Marcador do Sistema de Control Descendente en posición 2. 00:21:14.010 --> 00:21:16.220 Todas as luces do Modo Descendente están prendidas. 00:21:16.220 --> 00:21:19.900 Síntome ben. Síntome alerta. 00:21:20.060 --> 00:21:26.325 Condicións na cápsula: presión 1 atmosfera, 00:21:26.325 --> 00:21:32.590 humidade 65, temperatura 20, presión no compartimento 1 atmosfera. 00:21:33.040 --> 00:21:40.470 No sistema manual 155, no primeiro automático 155 00:21:40.470 --> 00:21:47.900 e no segundo automático 157. 00:21:48.700 --> 00:21:51.640 A presión no tanque do propulsor de saída de órbita é de 320 atmosferas. 00:21:52.010 --> 00:21:55.990 Levo ben a sensación de ausencia de peso. É agradábel. 00:21:55.990 --> 00:22:00.210 Prosigo co voo en órbita. Como me reciben? Cambio. 00:23:58.630 --> 00:24:02.110 GAGARIN: A nave segue rotando. 00:24:02.110 --> 00:24:05.590 A rotación da nave pode determinarse pola superficie da Terra. 00:24:05.590 --> 00:24:09.510 A superficie da Terra desprázase cara á esquerda. 00:24:09.510 --> 00:24:12.900 A nave espacial rota lixeiramente cara á dereita... 00:24:12.980 --> 00:24:16.070 Ben. Moi bonito... Síntome ben. 00:24:17.010 --> 00:24:20.150 Prosigo o voo. Está todo a correr moi ben. 00:24:22.950 --> 00:24:25.310 Vai todo perfectamente. 00:24:27.060 --> 00:24:29.610 Que acontece aí AURORA? Non teño recepción. 00:24:30.710 --> 00:24:35.120 Que acontece, PRIMAVERA? Tampouco hai recepción. 00:24:41.940 --> 00:24:48.610 PRIMAVERA, PRIMAVERA, aquí CEDRO. Consegue oírme? Cambio. 00:24:49.820 --> 00:24:55.110 PRIMAVERA, aquí CEDRO. Non consigo oílo. Consegue oírme? Cambio. 00:25:08.570 --> 00:25:12.950 A sensación de ausencia de peso é interesante. Todo flota. Todo está flotando. 00:25:13.010 --> 00:25:15.910 Fermoso! Interesante! 00:25:43.910 --> 00:25:47.430 GAGARIN: AURORA 3 aquí CEDRO, como me recibe? Cambio. 00:25:47.430 --> 00:25:50.720 PRIMAVERA, non oio. Non oio PRIMAVERA. 00:25:50.720 --> 00:25:54.030 Síntome ben. Síntome alerta. 00:25:54.400 --> 00:25:58.770 Está todo normal, prosigo co voo. Non hai problemas coa ausencia de peso. 00:25:58.770 --> 00:26:04.200 En xeral o voo está a decorrer ben. Que me pode dicir? Cambio. 00:26:08.800 --> 00:26:14.810 AURORA 3: CEDRO aquí AURORA. Agora oímolo. Como se sente? 00:26:16.450 --> 00:26:22.020 GAGARIN: AURORA 3 aquí CEDRO, o voo está a decorrer con éxito. 00:26:22.480 --> 00:26:28.610 A sensación de ausencia de peso é normal. Síntome ben. 00:26:28.990 --> 00:26:33.470 Todos os instrumentos, todos os sistemas están a funcionar ben. 00:26:33.770 --> 00:26:40.900 Que me pode comunicar? Oio perfectamente. Cambio. 00:26:42.970 --> 00:26:48.355 AURORA 3: CEDRO aquí AURORA 3, oímolo ben. Todos os instrumentos 00:26:48.355 --> 00:26:53.740 funcionan adecuadamente. Vostede séntese ben. 00:26:56.090 --> 00:26:59.990 Que pode dicirme sobre o voo? 00:27:00.200 --> 00:27:02.420 Que pode dicirme? Cambio. 00:27:08.800 --> 00:27:20.830 CEDRO aquí AURORA 3, sen instrucións do 20º [Korolev]. Sen instrucións. Todo ben. 00:27:22.600 --> 00:27:27.880 GAGARIN: Comprendido, comprendido. Sen instrucións do 20º. 00:27:29.800 --> 00:27:33.120 Déame os seus datos de voo. 00:27:33.900 --> 00:27:36.180 Saúdos ao Loiriño! [Alexei Leonov] 00:27:40.160 --> 00:27:48.680 RADIO MOSCOVA: Os transmisores de onda curta 00:27:48.680 --> 00:27:57.200 a bordo da nave operan en 9,019 megahertzs e 20,006 megahertzs 00:27:57.700 --> 00:28:06.400 na lonxitude de onda curta exterior de 143,625 megahertzs. 00:28:07.680 --> 00:28:10.335 GAGARIN: Hai aquí un halo moi bonito! 00:28:10.335 --> 00:28:14.990 Hai un arco iris, primeiro na superficie da Terra e logo transita cara abaixo. 00:28:14.990 --> 00:28:18.710 Moi bonito, vin estes fenómenos pola fiestra do lado dereito. 00:30:41.680 --> 00:30:46.470 Agora a Terra desapareceu da fiestra. Síntome ben. 00:34:39.000 --> 00:34:47.625 RADIO MOSCOVA: Os transmisores de onda curta 00:34:47.625 --> 00:34:56.250 a bordo da nave operan en 9,019 megahertzs e 20,006 megahertzs 00:34:56.650 --> 00:35:05.410 na lonxitude de onda curta exterior de 143,625 megahertzs. 00:40:38.240 --> 00:40:44.050 O estado do aviador espacial durante o voo 00:40:44.050 --> 00:40:49.860 é observado coa axuda de dispositivos de radiotelemetría e televisión. 00:40:52.210 --> 00:40:56.720 Os sistemas que aseguran as condicións necesarias para a vida 00:40:56.720 --> 00:41:01.230 no interior da cabina da nave espacial están a funcionar con normalidade. 00:44:14.310 --> 00:44:18.900 AXENCIA TASS: Aquí fala MOSCOVA - aquí fala MOSCOVA. 00:44:20.250 --> 00:44:25.350 Retransmiten todas as estacións de radio da Unión Soviética. 00:44:26.520 --> 00:44:29.860 Son as 10:02 en Moscova. 00:44:30.940 --> 00:44:42.400 Transmitimos a noticia do primeiro voo humano ao espazo. 00:44:44.050 --> 00:44:52.960 O 12 de Abril de 1961 a Unión Soviética lanzou a primeira 00:44:52.960 --> 00:45:01.870 nave espacial tripulada en órbita arredor da Terra cun home a bordo. 00:45:03.010 --> 00:45:10.795 O piloto e cosmonauta da nave espacial é 00:45:10.795 --> 00:45:18.580 un cidadán da Unión Soviética, o Maior Gagarin Yuri Alexyvich. 00:46:15.510 --> 00:46:19.490 GAGARIN: Vexo as estrelas pola xanela. Vexo como se desprazan as estrelas. 00:46:19.490 --> 00:46:25.180 É un espectáculo moi bonito. O voo prosegue na sombra da Terra. 00:46:58.030 --> 00:47:01.515 GAGARIN: Neste momento, a través da fiestra da dereita, vexo a estrela. 00:47:01.515 --> 00:47:05.000 Cruza a fiestra da esquerda para a dereita. 00:47:05.000 --> 00:47:08.390 A estrela pasou... vai, vai. 01:05:00.000 --> 01:05:04.950 GAGARIN: Atención, atención. 01:05:04.950 --> 01:05:09.900 10 horas, 9 minutos, 15 segundos. Saio da sombra da Terra. 01:05:09.900 --> 01:05:18.000 A través da fiestra dereita e da xanela vexo aparecer o Sol. 01:05:18.000 --> 01:05:21.560 A nave rota. Pode que estea funcionando o Sistema de Orientación Solar. 01:07:51.560 --> 01:07:57.940 GAGARIN: Agora pola xanela vexo a Terra, vexo a Terra. Estou voando sobre o mar. 01:07:57.940 --> 01:08:03.400 A dirección do movemento sobre o mar é fácil de determinar. 01:08:03.400 --> 01:08:06.460 Agora posibelmente estea desprazándome cara ao lado dereito. 01:08:24.010 --> 01:08:32.100 Está un pouco nubrado. Pode detectarse a dirección do movemento sobre o mar. 01:15:00.220 --> 01:15:02.000 RADIO BBC: Este foi o boletín do tempo. E agora, unha ollada ás noticias. 01:15:03.220 --> 01:15:07.350 Hai unha hora os rusos anunciaron a posta en órbita do primeiro home no espazo. 01:15:07.860 --> 01:15:10.940 Un anuncio difundido en inglés por Radio Moscova dicía que 01:15:10.940 --> 01:15:14.185 a Vostok, a primeira nave espacial cun home a bordo, 01:15:14.185 --> 01:15:17.430 foi lanzada hoxe en órbita á volta da Terra. 01:15:18.190 --> 01:15:21.290 O primeiro navegador espacial é o Maior Yuri Gagarin. 01:15:22.300 --> 01:15:25.390 Establecéronse e mantivéronse radiocomunicacións con el. 01:15:25.980 --> 01:15:28.600 Séntese ben e as condicións na cabina son normais. 01:15:29.300 --> 01:15:31.280 O voo da nave espacial prosegue. 01:15:32.550 --> 01:15:36.115 GAGARIN: Está todo funcionando normalmente? 01:15:36.115 --> 01:15:39.680 Está todo funcionando normalmente? 01:34:30.000 --> 01:34:31.200 12 de Abril de 1961 01:34:31.200 --> 01:34:36.000 Logo de facer a primeira órbita arredor da Terra, 01:34:36.000 --> 01:34:41.500 Gagarin reentra na atmosfera. 01:34:41.500 --> 01:34:47.000 Exéctase da cápsula 7 km por riba do chan e descende en paracaídas. 01:34:50.000 --> 01:34:53.000 Agradecementos 01:38:21.000 --> 01:38:25.300 Órbita Terrestre, 2011. A bordo da Estación Espacial Internacional. 01:38:40.410 --> 01:38:46.618 [TRANSMISIÓN RADIO MOSCOVA] Foi un noticiario especial sobre 01:38:46.618 --> 01:38:52.825 o lanzamento da primeira nave espacial Vostok que leva a bordo 01:38:52.825 --> 01:38:59.032 un cidadán da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, 01:38:59.032 --> 01:39:05.240 o Maior Yuri Gagarin. Aquí Radio Moscova. 01:39:06.240 --> 01:39:11.240 Subtítulos en galego: Martin Pawley, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.