YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← Por que os gobernos deberían priorizar o benestar

Get Embed Code
32 Languages

Showing Revision 12 created 01/26/2020 by Xosé María Moreno.

  1. A menos de dous quilómetros de aquí,
    na cidade vella de Edimburgo,
  2. atópase Panmure House.
  3. Panmure House
  4. foi a residencia do economista escocés
    de renome mundial
  5. Adam Smith.
  6. Na súa importante obra
    "A riqueza das nacións",
  7. Adam Smith defendía,
    entre outras moitas cousas,
  8. que a medida da riqueza dun país
  9. non a daban as súas reservas
    de ouro e prata.
  10. Era a totalidade da produción
    e do comercio do país.
  11. Supoño que foi unha das primeiras
    descricións do que hoxe coñecemos
  12. como produto interior bruto, PIB.
  13. Por suposto, desde entón

  14. esa medida da produción e
    do comercio, o PIB,
  15. ten cobrado aínda máis importancia,
  16. ata o punto de que hoxe --
  17. e penso que non era esa a intención
    de Adam Smith --
  18. a miúdo considérase esa
    a medida máis importante
  19. do éxito global dun país.
  20. E o meu argumento hoxe é
    que vai sendo hora de cambiar iso.
  21. O que decidimos medir
    como país é importante.

  22. Ten verdadeira importancia porque
    determina o centro de atención política,
  23. impulsa a actividade pública.
  24. E nese contexto
  25. penso que as limitacións do PIB
    como medida do éxito nacional
  26. son demasiado evidentes.
  27. O PIB mide o froito
    de todo o noso traballo,
  28. pero non di nada sobre a natureza
    dese traballo,
  29. sobre se ese traballo paga a pena
    ou é gratificante.
  30. Por exemplo, asígnalle un valor
    ao consumo de drogas ilegais,
  31. pero non aos coidados non remunerados.
  32. Dá valor á actividade a curto prazo
  33. que impulsa a economía, aínda que
    esa actividade cause un dano enorme
  34. á sostibilidade do noso planeta
    a longo prazo.
  35. E reflexionamos sobre esta última década

  36. de conmoción política e económica,
  37. de crecentes desigualdades,
  38. e cando contemplamos os desafíos futuros
    da emerxencia climática,
  39. da automatización crecente,
  40. do envellecemento da poboación,
  41. entón penso que o argumento a favor
    dunha definición máis ampla
  42. do que significa ter éxito
    como país, como sociedade,
  43. cobra peso, cada vez máis.
  44. Por esa razón, en 2018 Escocia

  45. tomou a iniciativa na creación
    dunha nova rede denominada
  46. grupo de Gobernos pola Economía
    do Benestar,
  47. que reuniu como membros fundadores
  48. a Escocia, Islandia e Nova Zelandia.
  49. Polas iniciais en inglés, ás veces
    chámannos os países S.I.N. [pecado],
  50. aínda que o noso obxectivo
    é claramente o ben común.
  51. E o obxectivo deste grupo
    é cuestionar ese interese
  52. na medición restrinxida do PIB.
  53. É dicir que, si, o crecemento económico
    conta --
  54. é importante --
  55. pero non é o único importante.
  56. E non debería perseguirse o crecemento
    do PIB a calquera prezo.
  57. De feito, a tese dese grupo
  58. é que a meta, o obxectivo
    da política económica
  59. debería ser o benestar colectivo:
  60. Canta felicidade e saúde
    ten unha poboación
  61. e non simplemente canta riqueza.
  62. Volverei sobre as implicacións políticas
    diso nun intre.

  63. Pero penso que especialmente
    no mundo no que vivimos hoxe
  64. ten unha repercusión máis profunda.
  65. Veredes, cando nos centramos no benestar,
  66. iniciamos unha conversa
  67. que suscita preguntas profundas
    e fundamentais.
  68. Que é o que de verdade nos importa
    nas nosas vidas?
  69. Que valoramos nas comunidades
    nas que vivimos?
  70. Que clase de país,
    que clase de sociedade
  71. queremos ser realmente?
  72. E cando implicamos á xente
    nesas cuestións,
  73. na busca de respostas a esas preguntas,
  74. entón penso que temos
    máis probabilidades
  75. de abordar o estrañamento
    e a desafección pola política
  76. que están hoxe tan estendidos
  77. por todo o mundo desenvolvido.
  78. En termos de políticas, esta viaxe
    desde Escocia comezou alá polo 2007,

  79. coa publicación do que chamamos
    o noso Marco Nacional de Actuación,
  80. no que víamos os distintos indicadores
    cos que nos medimos.
  81. Eses indicadores son cousas tan diversas
    como a desigualdade de ingresos,
  82. a felicidade dos nenos,
  83. o acceso a espazos verdes e a vivenda.
  84. Ningún destes está recollido
    nas cifras de PIB,
  85. pero son todos esenciais para
    unha sociedade sa e feliz.
  86. (Aplausos)

  87. E ese enfoque máis amplo é o núcleo
    da nosa estratexia económica,

  88. na que concedemos a mesma importancia
    a reducir a desigualdade
  89. ca á competitividade económica.
  90. Dá impulso ao noso compromiso
    co traballo xusto,
  91. ao garantir un traballo
    gratificante e ben pagado.
  92. Está trala nosa decisión de formar
    unha Comisión para a Transición Xusta
  93. que guíe os nosos pasos
    cara a unha economía de cero emisións.
  94. Sabemos polas transformacións
    económicas do pasado
  95. que se non imos con coidado,
    vai haber máis perdedores ca gañadores.
  96. E ao enfrontarnos ao reto do cambio
    climático e a automatización,
  97. non debemos cometer os mesmos erros.
  98. O que estamos a facer en Escocia
    é, creo eu, importante,

  99. pero temos moitísimo que aprender
    doutros países.
  100. Hai un intre mencionei os nosos socios
  101. na rede de Benestar:
  102. Islandia e Nova Zelandia.
  103. Cabe sinalar, e deixo que vós mesmos
    decidades se ten importancia ou non,
  104. que estes tres países están actualmente
    dirixidos por mulleres.
  105. (Aplausos)

  106. Tamén están a facer un gran traballo.

  107. Nova Zelandia fixo público en 2019
    o seu primeiro Orzamento do Benestar,
  108. incluíndo a saúde mental
    como aspecto central;
  109. Islandia vai diante en igualdade salarial,
    garderías e permiso de paternidade --
  110. non son o tipo de medidas
    nas que primeiro pensamos
  111. cando falamos de crear
    riqueza económica,
  112. senón políticas esenciais
    para unha economía sa
  113. e unha sociedade feliz.
  114. Comecei con Adam Smith
    e "A riqueza das nacións"

  115. Nunha obra anterior de Adam Smith,
    "A teoria dos sentimentos morais",
  116. que, na miña opinión,
    é igual de importante,
  117. comenta que o valor de calquera goberno
  118. xúlgase en proporción
  119. á medida en que fai feliz á xente.
  120. Penso que é un bo principio fundamental
  121. para un grupo de países centrados
    na promoción do benestar.
  122. Ninguén de nós ten tódalas respostas,

  123. nin sequera Escocia,
    o berce de Adam Smith,
  124. Pero no mundo no que vivimos hoxe,
    con crecente división e desigualdade,
  125. con desafección e alienación,
  126. é máis importante ca nunca
  127. facernos e responder esas preguntas
  128. e fomentarmos unha visión da sociedade
  129. que teña o benestar, e non só a riqueza,
    como centro
  130. (Aplausos)

  131. Atopádesvos na fermosa, e soleada
    capital...

  132. (Risas)

  133. do país que liderou o mundo
    na Ilustración,

  134. o país que axudou a dirixir o mundo
    cara á era industrial,
  135. o país que neste mesmo momento
    axuda a dirixir o mundo
  136. cara á era das baixas emisións.
  137. quero, e estou decidida a que así sexa,
    que Escocia sexa tamén o país
  138. que axude a cambiar o centro de atención
    de países e gobernos de todo o mundo
  139. para colocar o benestar na base
    de todo o que facemos.
  140. Penso que lle debemos iso a esta xeración.
  141. Creo firmemente que lle debemos iso
    á próxima xeración
  142. e a tódolos que veñen detrás de nós.
  143. E se facemos iso desde aquí,
    desde o país da Ilustración,
  144. entón penso que crearemos
    unha sociedade mellor,
  145. máis sa, xusta e feliz,
    empezando por aquí.
  146. E cumprimos coa nosa parte aquí
    en Escocia
  147. para construírmos tamén un mundo
    máis xusto e máis feliz
  148. Moitas grazas.

  149. (Aplausos)