Galician subtítols

← A conexión entre o cambio climático, saúde e pobreza

Obtén el codi d'incrustació
41 llengües

Showing Revision 8 created 09/04/2020 by Xosé María Moreno.

  1. Cheguei aos Estados Unidos desde Xamaica
    coa miña familia no verán de 1.968.
  2. Éramos seis e viviamos confinados
    nun piso de dúas habitacións
  3. nun edificio de tres andares en Brooklyn.
  4. No barrio vivían moitos nenos
  5. algúns falaban español e outros inglés.
  6. Ao comezo non me deixaban xogar con eles
  7. porque, como dicían meus pais,
    "Sonche moi rillotes"
  8. (Risos)

  9. así que só podía velos pola fiestra.

  10. Patinar era unha das actividades favoritas
  11. Encantáballes agarrarse á parte traseira
    dos buses
  12. e soltábanse
  13. cando o bus chegaba ó final da rúa
  14. diante do meu edificio.
  15. Un día, apareceu una nena nova.
  16. Ouvín os risos de sempre mesturados
    con: "Mira, mira!"
  17. "Mira, mira!"
  18. Falaban español.
  19. O grupo suxeitouse á parte traseira do bus
    ao comezo da rúa
  20. e segundo baixaban a rúa
    berrando "Mira, mira, mira, mira"
  21. o bus parou de súpeto.
  22. Os que tiñan máis experiencia ceibáronse,
  23. pero a nena nova golpeouse e
    caeu na beirarrúa.
  24. Non se movía.
  25. Os adultos correron a axudala.

  26. O condutor do bus saíu a ver qué pasara
  27. e chamar a unha ambulancia.
  28. Saíalle sangue da cabeza.
  29. Non abría os ollos.
  30. Esperamos pola ambulancia,
  31. esperamos e esperamos,
  32. até que alguén dixo:
    "Onde está a ambulancia?"
  33. "Onde está a ambulancia?"
  34. Por fin, chegou a policía.
  35. Un home negro maior dixo:
    "A ambulancia non vai vir."
  36. Repetiullo máis alto a un policía
  37. "Vostede sabe que non vai vir.
  38. Aquí nunca mandan ambulancias."
  39. O policía mirou para os meus veciños que
    comezaban a fartarse,
  40. recolleu a nena, meteuna no coche
  41. e marchou.
  42. Eu tiña dez anos.

  43. Sabía que isto non era xusto.
  44. Sabía que podiamos facer algo.
  45. O que eu puiden facer foi facerme médico
  46. Fíxenme médico interno
  47. e compromentinme a coidar daqueles
    ós que chamamos desatendidos,
  48. os vulnerábeis,
  49. como os meus primeiros veciños
    nos Estados Unidos.
  50. Durante os meus primeiros anos
    de formación no Harlem dos 80,

  51. presenciei un aumento de homes
    mozos con VIH.
  52. Cando me mudei a Miami,
  53. vin que o VIH tamén afectaba
    a mulleres e nenos
  54. principalmente xente pobre de cor.
  55. En poucos anos, unha infección
    que afectaba a un grupo da poboación
  56. tornouse nunha epidemia mundial.
  57. Volvín a sentir que tiña que facer algo.
  58. Por sorte, coa axuda de activistas,
    defensores, educadores
  59. e médicos coma min que tratan
    a enfermidade,
  60. atopamos un camiño.
  61. Investimos na educación para reducir
    a transmisión do VIH
  62. e proporcionar protección legal
    a aqueles coa enfermidade.
  63. Queriámosnos asegurar de que
  64. pacientes de todo o mundo
  65. sen importar o seu nivel económico
  66. puidesen ter acceso á medicación.
  67. Novos tratamentos xurdiron
    en poucas décadas
  68. e tornaron esta enfermidade mortal
    nunha enfermidade crónica
  69. como a diabetes.
  70. Agora até hai unha vacina no horizonte.
  71. Nos últimos cinco ou sete anos,

  72. estou a ver unha epidemia diferente
    nos pacientes en Florida,
  73. algo coma isto.
  74. Anna Mae, unha administrativa xubilada
    que vive dunha renda fixa en Opa-locka,
  75. veu a recoller as súas receitas.
  76. Tiña síntomas crónicos
    de presión arterial, diabetes,
  77. doenzas cardiovasculares e asma
  78. mesturados con doenza
    pulmonar obstrutiva crónica
  79. DPOC.
  80. Anna Mae era un dos meus pacientes
    máis regulares,
  81. así que me sorprendeu que precisase
    receitas novas
  82. tan axiña.
  83. Ao final da visita,
  84. Anna deume un papel da compañía
    eléctrica para que o asinase.
  85. Non pagara a factura da luz.
  86. O papel certificaba que o paciente tiña
    unha enfermidade grave
  87. que requería un equipamento que se
    vería prexudicado
  88. se lle cortaban a electricidade.
  89. "Pero señora Anna Mae," dixen,
  90. "Vostede non precisa dunha máquina
    para respirar,
  91. non creo que isto
    lle vaia valer."
  92. Tras algunhas preguntas,
    dixo que usaba o aire acondicionado
  93. día e noite porque non podía
    respirar coa calor.
  94. Como tiña que comprar mais inhaladores
    para a asma,
  95. non lle quedaba diñeiro
    para as facturas.
  96. Firmei o papel,
  97. pero como sabía que non lle ía valer,
  98. mandeille un traballador social.
  99. Tamén falei con Jorge,

  100. un bo home que moitas veces
  101. agasallábanos froitas
  102. que vendía nas rúas de Miami.
  103. Os seus riles non funcionaban ben
  104. e cando traballaba todo o día na rúa
  105. por causa da calor
    e deshidratación
  106. non lle chegaba o suficiente sangue
    aos riles.
  107. Os seus riles sempre estaban mellor
    cando descansaba uns días.
  108. Pero sen diñeiro, que ía facer?
  109. Como dicía: "Teño que traballar
    aínda que chova, faga sol, frío ou calor."
  110. Pero o peor caso
    era o de Sandra Faye Twiggs

  111. de Fort Lauderdale, quen tiña DPOC.
  112. Sandra fora arrestada tras pelexar
    coa sua filla por un ventilador.
  113. Cando saíu da cárcere,
  114. volveu ao seu piso
  115. e non parou de toser
  116. até que morreu tres días despois.
  117. Isto é o que vin:

  118. hai datos que mostran que as alerxias
    están a comezar antes,
  119. as temperaturas nocturnas
    están a aumentar,
  120. as árbores están a medrar
    mais rápido
  121. e os moquitos que transmiten doenzas
    perigosas como a Zika ou o dengue
  122. están a aparecer en áreas nas
    que antes non existían.
  123. Tamén estou a ver sinais de xentrificación
    climáticas.

  124. Isto acontece cando os ricos se mudan
    a áreas pobres
  125. que están en zonas máis elevadas
  126. polo que teñen menos
    probabilidades de asolagarse.
  127. Un exemplo é a miña paciente Marie,
    quen sufría estrés e ansiedade,
  128. porque fora desaloxadado seu piso
    en Little Haiti, Miami
  129. para poder construir un edificio de pisos
    de luxo.
  130. Os construtores creían que Little Haiti
    non se inundaría
  131. porque está a 3 metros sobre o
    nivel do mar.
  132. As temperaturas está a aumentar
    máis e máis.

  133. Unha emerxencia sanitaria maior có
    SIDA/VIH está cada vez máis preto,
  134. e os meus pacientes mais desfavorecidos
    déronme as primeiras probas
  135. de como vai ser.
  136. Esta nova epidemia é o cambio climático,
  137. e ten diferentes efectos para a saúde.
  138. Hai catro formas nas que o cambio
    climático nos poden influír.
  139. Direitamente, pola calor, fenómenos
    meteorolóxicos extremos e contaminación;
  140. polo contaxio de enfermidades,
  141. polos problemas co suministro
    de comida e auga,
  142. e afectando tamén
    o noso benestar emocional.
  143. En medicina usamos regras
    mnemotécnicas para axudar á memoria,
  144. esta "onda de calor" mnemotécnica
  145. amosa oito efectos do cambio climático
    na saúde.
  146. Doenzas relacionadas coa calor.

  147. Aumento das doenzas cardiovasculares
    e pulmonares.

  148. Empeoramento do asma.

  149. Lesións traumáticas,

  150. especialmente durante fenómenos
    meteorolóxicos extremos.
  151. Infeccións alimentarias.

  152. Empeoramento das alerxias.

  153. Enfermidades transmitidas por vectores
    como o Zika, dengue e doenza de Lyme.

  154. E finalemente, o aumento do estrés
    emocional

  155. Os pobres e vulnerábeis xa están a sentir
    os efectos do cambio climático.

  156. Son, metaforicamente, o paxaro
    na mina de carbón.
  157. As súas experiencias son coma
    profecías ou presaxios.
  158. Unha luz para amosarnos
  159. que estamos a facer algo co noso mundo
    que está a afectalos a eles primeiro.
  160. Pero seremos os seguintes.
  161. Se actuamos xuntos,

  162. médicos, pacientes e outros
    profesionais da saúde;
  163. atoparemos solucións.
  164. Xa fixemos isto coa crisis do VIH.
  165. Foi grazas ao activismo dos pacentes
    de VIH
  166. que demandaron medicacións
    e máis investigación
  167. e a colaboración de médicos e
    científicos
  168. que fomos capazes de controlar
    a epidemia.
  169. E grazas ás axencias internacionais
    de sáude,
  170. ONGs, políticos e farmacéuticas
  171. as persoas en países desfavorecidos
    tiveron acceso á medicación para o VIH.
  172. Este mesmo modelo de colaboración
    pode aplicarse
  173. para tratar os efectos do cambio climático
    antes de que sexa tarde.
  174. O cambio climático está aquí.

  175. Xa está a danar a saúde e os fogares
    dos máis desfavorecidos.
  176. Como o meu paciente Jorge,
  177. a maioría de nós teremos que traballar,
  178. aínda que chova, faga sol,
  179. vaia frío ou calor
  180. Pero se os pacientes e os médicos
    traballan xuntos
  181. e coas ferramentas necesarias,
  182. poden facer moito para que esta transición
    climática sexa menos perigosa
  183. para todos.
  184. Estes pacientes inspiráronme a crear
    unha organización de médicos

  185. para loitar contra o cambio climático.
  186. Centrámonos en entender os efectos
    do cambio climático na saúde,
  187. aprender a protexer os pacientes con
    doenzas causadas polo clima
  188. e fomentar solucións plausíbeis.
  189. Un estudo recente amosou que tres das
    profesións mais respectadas son

  190. enfermería, medicina e farmacia.
  191. Así que, como profesionais respectados,
  192. temos que alzar as nosas voces para
    pedir cambios nas políticas climáticas
  193. e na política en xeral.
  194. Hai tanto que podemos facer.
  195. Como médicos, o contacto direito cos
    nosos pacientes
  196. permítenos ser os primeiros en
    ver moitas cousas.
  197. Estamos nunha posición perfecta para
    estar á vanguarda do cambio.
  198. Podemos educar sobre doenzas climáticas
    nas universidase.

  199. Podemos estudar as doenzas climáticas
    dos nosos pacientes
  200. se nos aseguramos de catalogalos
    cos códigos correctos.
  201. Podemos facer estudos relacionados coa
    saúde e o clima.
  202. Podemos ensinar prácticas ecolóxicas
    nos fogares.
  203. Podemos defender as necesidades
    enerxéticas dos pacientes.
  204. Podemos axudalos a ter
    fogares máis seguros.
  205. Podemos equipar os seu fogares
    cos elementos necesarios
  206. que os axuden se a
    situación empeora.
  207. Podemos presentar os nosos achados
    ante os lexisladores
  208. e podemos tratar as doenzas climáticas
    dos nosos pacientes.
  209. E, sobre todo, podemos preparalos
    médica e fisicamente
  210. para os desafíos que afrontarán
  211. usando un modelo de medicina
  212. que incorpora xustiza económica
    e social.
  213. Esto significaría que Sandra Faye Twiggs
    con DPOC

  214. quen morreu cando saíu da cárcere
  215. tras pelexar coa súa filla por
    un ventilador,
  216. sabería que a calor na súa casa
    afectaba á súa saúde e ánimo
  217. e podería ter buscado un lugar
    máis seguro para refrescarse.
  218. Incluso, a súa casa nunca chegaría
    a estar tan quente.
  219. Aprendín dos pobres que as nosas
    vidas non só son vulnerbáeís,

  220. son tamén historias de resistencia,
    innovación e supervivencia.
  221. Como aquel vello sabio que berrou
    ó policía
  222. naquela noite de verán:
  223. "A ambulancia non vai vir,"
  224. e fíxolle levar a pequena ó hospital.
  225. E saben que?

  226. Escoiten.
  227. Se vai haber unha resposta médica ó
    cambio climático,
  228. non vai estar a esperar
    por unha ambulancia.
  229. Vai ocorrer porque os médicos van
    dar o primeiro paso.
  230. Faremos tanto ruido,
  231. que o problema non se poderá
    ignorar ou malinterpretar.
  232. Comezará coas historias que
    contan os nosos pacientes
  233. e as historias que contamos no seu nome.
  234. Como sempre, faremos o mellor
    para os nosos pacientes,
  235. e tamén o mellor para o medio ambiente,
  236. para nós
  237. e para todo o mundo,
  238. todos.
  239. Grazas

  240. (Aplausos e asubíos)