Cheguei aos Estados Unidos desde Xamaica
coa miña familia no verán de 1.968.
Éramos seis e viviamos confinados
nun piso de dúas habitacións
nun edificio de tres andares en Brooklyn.
No barrio vivían moitos nenos
algúns falaban español e outros inglés.
Ao comezo non me deixaban xogar con eles
porque, como dicían meus pais,
"Sonche moi rillotes"
(Risos)
así que só podía velos pola fiestra.
Patinar era unha das actividades favoritas
Encantáballes agarrarse á parte traseira
dos buses
e soltábanse
cando o bus chegaba ó final da rúa
diante do meu edificio.
Un día, apareceu una nena nova.
Ouvín os risos de sempre mesturados
con: "Mira, mira!"
"Mira, mira!"
Falaban español.
O grupo suxeitouse á parte traseira do bus
ao comezo da rúa
e segundo baixaban a rúa
berrando "Mira, mira, mira, mira"
o bus parou de súpeto.
Os que tiñan máis experiencia ceibáronse,
pero a nena nova golpeouse e
caeu na beirarrúa.
Non se movía.
Os adultos correron a axudala.
O condutor do bus saíu a ver qué pasara
e chamar a unha ambulancia.
Saíalle sangue da cabeza.
Non abría os ollos.
Esperamos pola ambulancia,
esperamos e esperamos,
até que alguén dixo:
"Onde está a ambulancia?"
"Onde está a ambulancia?"
Por fin, chegou a policía.
Un home negro maior dixo:
"A ambulancia non vai vir."
Repetiullo máis alto a un policía
"Vostede sabe que non vai vir.
Aquí nunca mandan ambulancias."
O policía mirou para os meus veciños que
comezaban a fartarse,
recolleu a nena, meteuna no coche
e marchou.
Eu tiña dez anos.
Sabía que isto non era xusto.
Sabía que podiamos facer algo.
O que eu puiden facer foi facerme médico
Fíxenme médico interno
e compromentinme a coidar daqueles
ós que chamamos desatendidos,
os vulnerábeis,
como os meus primeiros veciños
nos Estados Unidos.
Durante os meus primeiros anos
de formación no Harlem dos 80,
presenciei un aumento de homes
mozos con VIH.
Cando me mudei a Miami,
vin que o VIH tamén afectaba
a mulleres e nenos
principalmente xente pobre de cor.
En poucos anos, unha infección
que afectaba a un grupo da poboación
tornouse nunha epidemia mundial.
Volvín a sentir que tiña que facer algo.
Por sorte, coa axuda de activistas,
defensores, educadores
e médicos coma min que tratan
a enfermidade,
atopamos un camiño.
Investimos na educación para reducir
a transmisión do VIH
e proporcionar protección legal
a aqueles coa enfermidade.
Queriámosnos asegurar de que
pacientes de todo o mundo
sen importar o seu nivel económico
puidesen ter acceso á medicación.
Novos tratamentos xurdiron
en poucas décadas
e tornaron esta enfermidade mortal
nunha enfermidade crónica
como a diabetes.
Agora até hai unha vacina no horizonte.
Nos últimos cinco ou sete anos,
estou a ver unha epidemia diferente
nos pacientes en Florida,
algo coma isto.
Anna Mae, unha administrativa xubilada
que vive dunha renda fixa en Opa-locka,
veu a recoller as súas receitas.
Tiña síntomas crónicos
de presión arterial, diabetes,
doenzas cardiovasculares e asma
mesturados con doenza
pulmonar obstrutiva crónica
DPOC.
Anna Mae era un dos meus pacientes
máis regulares,
así que me sorprendeu que precisase
receitas novas
tan axiña.
Ao final da visita,
Anna deume un papel da compañía
eléctrica para que o asinase.
Non pagara a factura da luz.
O papel certificaba que o paciente tiña
unha enfermidade grave
que requería un equipamento que se
vería prexudicado
se lle cortaban a electricidade.
"Pero señora Anna Mae," dixen,
"Vostede non precisa dunha máquina
para respirar,
non creo que isto
lle vaia valer."
Tras algunhas preguntas,
dixo que usaba o aire acondicionado
día e noite porque non podía
respirar coa calor.
Como tiña que comprar mais inhaladores
para a asma,
non lle quedaba diñeiro
para as facturas.
Firmei o papel,
pero como sabía que non lle ía valer,
mandeille un traballador social.
Tamén falei con Jorge,
un bo home que moitas veces
agasallábanos froitas
que vendía nas rúas de Miami.
Os seus riles non funcionaban ben
e cando traballaba todo o día na rúa
por causa da calor
e deshidratación
non lle chegaba o suficiente sangue
aos riles.
Os seus riles sempre estaban mellor
cando descansaba uns días.
Pero sen diñeiro, que ía facer?
Como dicía: "Teño que traballar
aínda que chova, faga sol, frío ou calor."
Pero o peor caso
era o de Sandra Faye Twiggs
de Fort Lauderdale, quen tiña DPOC.
Sandra fora arrestada tras pelexar
coa sua filla por un ventilador.
Cando saíu da cárcere,
volveu ao seu piso
e non parou de toser
até que morreu tres días despois.
Isto é o que vin:
hai datos que mostran que as alerxias
están a comezar antes,
as temperaturas nocturnas
están a aumentar,
as árbores están a medrar
mais rápido
e os moquitos que transmiten doenzas
perigosas como a Zika ou o dengue
están a aparecer en áreas nas
que antes non existían.
Tamén estou a ver sinais de xentrificación
climáticas.
Isto acontece cando os ricos se mudan
a áreas pobres
que están en zonas máis elevadas
polo que teñen menos
probabilidades de asolagarse.
Un exemplo é a miña paciente Marie,
quen sufría estrés e ansiedade,
porque fora desaloxadado seu piso
en Little Haiti, Miami
para poder construir un edificio de pisos
de luxo.
Os construtores creían que Little Haiti
non se inundaría
porque está a 3 metros sobre o
nivel do mar.
As temperaturas está a aumentar
máis e máis.
Unha emerxencia sanitaria maior có
SIDA/VIH está cada vez máis preto,
e os meus pacientes mais desfavorecidos
déronme as primeiras probas
de como vai ser.
Esta nova epidemia é o cambio climático,
e ten diferentes efectos para a saúde.
Hai catro formas nas que o cambio
climático nos poden influír.
Direitamente, pola calor, fenómenos
meteorolóxicos extremos e contaminación;
polo contaxio de enfermidades,
polos problemas co suministro
de comida e auga,
e afectando tamén
o noso benestar emocional.
En medicina usamos regras
mnemotécnicas para axudar á memoria,
esta "onda de calor" mnemotécnica
amosa oito efectos do cambio climático
na saúde.
Doenzas relacionadas coa calor.
Aumento das doenzas cardiovasculares
e pulmonares.
Empeoramento do asma.
Lesións traumáticas,
especialmente durante fenómenos
meteorolóxicos extremos.
Infeccións alimentarias.
Empeoramento das alerxias.
Enfermidades transmitidas por vectores
como o Zika, dengue e doenza de Lyme.
E finalemente, o aumento do estrés
emocional
Os pobres e vulnerábeis xa están a sentir
os efectos do cambio climático.
Son, metaforicamente, o paxaro
na mina de carbón.
As súas experiencias son coma
profecías ou presaxios.
Unha luz para amosarnos
que estamos a facer algo co noso mundo
que está a afectalos a eles primeiro.
Pero seremos os seguintes.
Se actuamos xuntos,
médicos, pacientes e outros
profesionais da saúde;
atoparemos solucións.
Xa fixemos isto coa crisis do VIH.
Foi grazas ao activismo dos pacentes
de VIH
que demandaron medicacións
e máis investigación
e a colaboración de médicos e
científicos
que fomos capazes de controlar
a epidemia.
E grazas ás axencias internacionais
de sáude,
ONGs, políticos e farmacéuticas
as persoas en países desfavorecidos
tiveron acceso á medicación para o VIH.
Este mesmo modelo de colaboración
pode aplicarse
para tratar os efectos do cambio climático
antes de que sexa tarde.
O cambio climático está aquí.
Xa está a danar a saúde e os fogares
dos máis desfavorecidos.
Como o meu paciente Jorge,
a maioría de nós teremos que traballar,
aínda que chova, faga sol,
vaia frío ou calor
Pero se os pacientes e os médicos
traballan xuntos
e coas ferramentas necesarias,
poden facer moito para que esta transición
climática sexa menos perigosa
para todos.
Estes pacientes inspiráronme a crear
unha organización de médicos
para loitar contra o cambio climático.
Centrámonos en entender os efectos
do cambio climático na saúde,
aprender a protexer os pacientes con
doenzas causadas polo clima
e fomentar solucións plausíbeis.
Un estudo recente amosou que tres das
profesións mais respectadas son
enfermería, medicina e farmacia.
Así que, como profesionais respectados,
temos que alzar as nosas voces para
pedir cambios nas políticas climáticas
e na política en xeral.
Hai tanto que podemos facer.
Como médicos, o contacto direito cos
nosos pacientes
permítenos ser os primeiros en
ver moitas cousas.
Estamos nunha posición perfecta para
estar á vanguarda do cambio.
Podemos educar sobre doenzas climáticas
nas universidase.
Podemos estudar as doenzas climáticas
dos nosos pacientes
se nos aseguramos de catalogalos
cos códigos correctos.
Podemos facer estudos relacionados coa
saúde e o clima.
Podemos ensinar prácticas ecolóxicas
nos fogares.
Podemos defender as necesidades
enerxéticas dos pacientes.
Podemos axudalos a ter
fogares máis seguros.
Podemos equipar os seu fogares
cos elementos necesarios
que os axuden se a
situación empeora.
Podemos presentar os nosos achados
ante os lexisladores
e podemos tratar as doenzas climáticas
dos nosos pacientes.
E, sobre todo, podemos preparalos
médica e fisicamente
para os desafíos que afrontarán
usando un modelo de medicina
que incorpora xustiza económica
e social.
Esto significaría que Sandra Faye Twiggs
con DPOC
quen morreu cando saíu da cárcere
tras pelexar coa súa filla por
un ventilador,
sabería que a calor na súa casa
afectaba á súa saúde e ánimo
e podería ter buscado un lugar
máis seguro para refrescarse.
Incluso, a súa casa nunca chegaría
a estar tan quente.
Aprendín dos pobres que as nosas
vidas non só son vulnerbáeís,
son tamén historias de resistencia,
innovación e supervivencia.
Como aquel vello sabio que berrou
ó policía
naquela noite de verán:
"A ambulancia non vai vir,"
e fíxolle levar a pequena ó hospital.
E saben que?
Escoiten.
Se vai haber unha resposta médica ó
cambio climático,
non vai estar a esperar
por unha ambulancia.
Vai ocorrer porque os médicos van
dar o primeiro paso.
Faremos tanto ruido,
que o problema non se poderá
ignorar ou malinterpretar.
Comezará coas historias que
contan os nosos pacientes
e as historias que contamos no seu nome.
Como sempre, faremos o mellor
para os nosos pacientes,
e tamén o mellor para o medio ambiente,
para nós
e para todo o mundo,
todos.
Grazas
(Aplausos e asubíos)