WEBVTT 00:00:01.292 --> 00:00:05.583 Cheguei aos Estados Unidos desde Xamaica coa miña familia no verán de 1.968. 00:00:06.083 --> 00:00:09.643 Éramos seis e viviamos confinados nun piso de dúas habitacións 00:00:09.667 --> 00:00:12.226 nun edificio de tres andares en Brooklyn. 00:00:12.250 --> 00:00:14.059 No barrio vivían moitos nenos 00:00:14.083 --> 00:00:16.726 algúns falaban español e outros inglés. 00:00:16.750 --> 00:00:19.184 Ao comezo non me deixaban xogar con eles 00:00:19.208 --> 00:00:22.143 porque, como dicían meus pais, "Sonche moi rillotes" NOTE Paragraph 00:00:22.167 --> 00:00:23.184 (Risos) NOTE Paragraph 00:00:23.208 --> 00:00:25.601 así que só podía velos pola fiestra. 00:00:25.625 --> 00:00:28.684 Patinar era unha das actividades favoritas 00:00:28.708 --> 00:00:31.601 Encantáballes agarrarse á parte traseira dos buses 00:00:31.625 --> 00:00:33.559 e soltábanse 00:00:33.583 --> 00:00:35.934 cando o bus chegaba ó final da rúa 00:00:35.958 --> 00:00:38.101 diante do meu edificio. 00:00:38.125 --> 00:00:40.559 Un día, apareceu una nena nova. 00:00:40.583 --> 00:00:44.934 Ouvín os risos de sempre mesturados con: "Mira, mira!" 00:00:44.958 --> 00:00:46.268 "Mira, mira!" 00:00:46.292 --> 00:00:48.101 Falaban español. 00:00:48.125 --> 00:00:52.101 O grupo suxeitouse á parte traseira do bus ao comezo da rúa 00:00:52.125 --> 00:00:56.643 e segundo baixaban a rúa berrando "Mira, mira, mira, mira" 00:00:56.667 --> 00:00:59.101 o bus parou de súpeto. 00:00:59.125 --> 00:01:02.684 Os que tiñan máis experiencia ceibáronse, 00:01:02.708 --> 00:01:06.393 pero a nena nova golpeouse e caeu na beirarrúa. 00:01:06.417 --> 00:01:08.083 Non se movía. NOTE Paragraph 00:01:09.000 --> 00:01:11.268 Os adultos correron a axudala. 00:01:11.292 --> 00:01:13.601 O condutor do bus saíu a ver qué pasara 00:01:13.625 --> 00:01:15.309 e chamar a unha ambulancia. 00:01:15.333 --> 00:01:17.226 Saíalle sangue da cabeza. 00:01:17.250 --> 00:01:19.059 Non abría os ollos. 00:01:19.083 --> 00:01:20.476 Esperamos pola ambulancia, 00:01:20.500 --> 00:01:21.768 esperamos e esperamos, 00:01:21.792 --> 00:01:23.921 até que alguén dixo: "Onde está a ambulancia?" 00:01:23.925 --> 00:01:25.582 "Onde está a ambulancia?" 00:01:25.582 --> 00:01:27.785 Por fin, chegou a policía. 00:01:28.259 --> 00:01:32.300 Un home negro maior dixo: "A ambulancia non vai vir." 00:01:33.000 --> 00:01:35.684 Repetiullo máis alto a un policía 00:01:35.708 --> 00:01:37.893 "Vostede sabe que non vai vir. 00:01:37.917 --> 00:01:40.083 Aquí nunca mandan ambulancias." 00:01:41.083 --> 00:01:44.601 O policía mirou para os meus veciños que comezaban a fartarse, 00:01:44.625 --> 00:01:46.559 recolleu a nena, meteuna no coche 00:01:46.583 --> 00:01:48.018 e marchou. NOTE Paragraph 00:01:48.042 --> 00:01:50.351 Eu tiña dez anos. 00:01:50.375 --> 00:01:52.184 Sabía que isto non era xusto. 00:01:52.208 --> 00:01:54.601 Sabía que podiamos facer algo. 00:01:54.625 --> 00:01:57.226 O que eu puiden facer foi facerme médico 00:01:57.250 --> 00:01:58.559 Fíxenme médico interno 00:01:58.583 --> 00:02:02.934 e compromentinme a coidar daqueles ós que chamamos desatendidos, 00:02:02.958 --> 00:02:04.268 os vulnerábeis, 00:02:04.292 --> 00:02:07.833 como os meus primeiros veciños nos Estados Unidos. NOTE Paragraph 00:02:09.042 --> 00:02:13.268 Durante os meus primeiros anos de formación no Harlem dos 80, 00:02:13.292 --> 00:02:17.643 presenciei un aumento de homes mozos con VIH. 00:02:17.667 --> 00:02:19.476 Cando me mudei a Miami, 00:02:19.500 --> 00:02:22.393 vin que o VIH tamén afectaba a mulleres e nenos 00:02:22.417 --> 00:02:25.184 principalmente xente pobre de cor. 00:02:25.208 --> 00:02:29.518 En poucos anos, unha infección que afectaba a un grupo da poboación 00:02:29.542 --> 00:02:31.893 tornouse nunha epidemia mundial. 00:02:31.917 --> 00:02:34.559 Volvín a sentir que tiña que facer algo. 00:02:34.583 --> 00:02:38.684 Por sorte, coa axuda de activistas, defensores, educadores 00:02:38.708 --> 00:02:41.309 e médicos coma min que tratan a enfermidade, 00:02:41.333 --> 00:02:43.476 atopamos un camiño. 00:02:43.500 --> 00:02:47.726 Investimos na educación para reducir a transmisión do VIH 00:02:47.750 --> 00:02:51.309 e proporcionar protección legal a aqueles coa enfermidade. 00:02:51.333 --> 00:02:53.601 Queriámosnos asegurar de que 00:02:53.625 --> 00:02:57.101 pacientes de todo o mundo 00:02:57.125 --> 00:02:59.559 sen importar o seu nivel económico 00:02:59.583 --> 00:03:02.143 puidesen ter acceso á medicación. 00:03:02.167 --> 00:03:05.518 Novos tratamentos xurdiron en poucas décadas 00:03:05.542 --> 00:03:09.393 e tornaron esta enfermidade mortal nunha enfermidade crónica 00:03:09.417 --> 00:03:10.976 como a diabetes. 00:03:11.000 --> 00:03:13.625 Agora até hai unha vacina no horizonte. NOTE Paragraph 00:03:15.625 --> 00:03:17.559 Nos últimos cinco ou sete anos, 00:03:17.583 --> 00:03:21.226 estou a ver unha epidemia diferente nos pacientes en Florida, 00:03:21.250 --> 00:03:23.393 algo coma isto. 00:03:23.417 --> 00:03:28.601 Anna Mae, unha administrativa xubilada que vive dunha renda fixa en Opa-locka, 00:03:28.625 --> 00:03:31.101 veu a recoller as súas receitas. 00:03:31.125 --> 00:03:34.809 Tiña síntomas crónicos de presión arterial, diabetes, 00:03:34.833 --> 00:03:36.559 doenzas cardiovasculares e asma 00:03:36.583 --> 00:03:39.782 mesturados con doenza pulmonar obstrutiva crónica 00:03:39.782 --> 00:03:41.643 DPOC. 00:03:41.667 --> 00:03:44.226 Anna Mae era un dos meus pacientes máis regulares, 00:03:44.250 --> 00:03:47.768 así que me sorprendeu que precisase receitas novas 00:03:47.792 --> 00:03:49.309 tan axiña. 00:03:49.333 --> 00:03:50.851 Ao final da visita, 00:03:50.875 --> 00:03:54.476 Anna deume un papel da compañía eléctrica para que o asinase. 00:03:54.500 --> 00:03:56.976 Non pagara a factura da luz. 00:03:57.000 --> 00:04:01.303 O papel certificaba que o paciente tiña unha enfermidade grave 00:04:01.303 --> 00:04:03.768 que requería un equipamento que se vería prexudicado 00:04:03.792 --> 00:04:06.715 se lle cortaban a electricidade. 00:04:07.917 --> 00:04:09.434 "Pero señora Anna Mae," dixen, 00:04:09.458 --> 00:04:11.893 "Vostede non precisa dunha máquina para respirar, 00:04:11.917 --> 00:04:13.708 non creo que isto lle vaia valer." 00:04:14.583 --> 00:04:17.809 Tras algunhas preguntas, dixo que usaba o aire acondicionado 00:04:17.833 --> 00:04:21.601 día e noite porque non podía respirar coa calor. 00:04:21.625 --> 00:04:25.684 Como tiña que comprar mais inhaladores para a asma, 00:04:25.708 --> 00:04:28.518 non lle quedaba diñeiro para as facturas. 00:04:28.542 --> 00:04:29.809 Firmei o papel, 00:04:29.833 --> 00:04:31.934 pero como sabía que non lle ía valer, 00:04:31.958 --> 00:04:34.458 mandeille un traballador social. NOTE Paragraph 00:04:35.250 --> 00:04:36.643 Tamén falei con Jorge, 00:04:36.667 --> 00:04:38.393 un bo home que moitas veces 00:04:38.417 --> 00:04:39.768 agasallábanos froitas 00:04:39.792 --> 00:04:43.059 que vendía nas rúas de Miami. 00:04:43.083 --> 00:04:46.518 Os seus riles non funcionaban ben 00:04:46.542 --> 00:04:50.106 e cando traballaba todo o día na rúa 00:04:50.106 --> 00:04:52.033 por causa da calor e deshidratación 00:04:52.033 --> 00:04:54.684 non lle chegaba o suficiente sangue aos riles. 00:04:54.708 --> 00:04:58.768 Os seus riles sempre estaban mellor cando descansaba uns días. 00:04:58.792 --> 00:05:01.768 Pero sen diñeiro, que ía facer? 00:05:01.792 --> 00:05:06.267 Como dicía: "Teño que traballar aínda que chova, faga sol, frío ou calor." NOTE Paragraph 00:05:06.917 --> 00:05:10.143 Pero o peor caso era o de Sandra Faye Twiggs 00:05:10.167 --> 00:05:12.726 de Fort Lauderdale, quen tiña DPOC. 00:05:12.750 --> 00:05:16.808 Sandra fora arrestada tras pelexar coa sua filla por un ventilador. 00:05:17.774 --> 00:05:19.351 Cando saíu da cárcere, 00:05:19.399 --> 00:05:21.250 volveu ao seu piso 00:05:21.250 --> 00:05:23.143 e non parou de toser 00:05:23.167 --> 00:05:25.167 até que morreu tres días despois. NOTE Paragraph 00:05:26.583 --> 00:05:28.726 Isto é o que vin: 00:05:28.750 --> 00:05:32.434 hai datos que mostran que as alerxias están a comezar antes, 00:05:32.458 --> 00:05:34.684 as temperaturas nocturnas están a aumentar, 00:05:34.708 --> 00:05:36.559 as árbores están a medrar mais rápido 00:05:36.583 --> 00:05:39.976 e os moquitos que transmiten doenzas perigosas como a Zika ou o dengue 00:05:40.000 --> 00:05:42.625 están a aparecer en áreas nas que antes non existían. NOTE Paragraph 00:05:43.458 --> 00:05:47.184 Tamén estou a ver sinais de xentrificación climáticas. 00:05:47.208 --> 00:05:50.143 Isto acontece cando os ricos se mudan a áreas pobres 00:05:50.167 --> 00:05:52.476 que están en zonas máis elevadas 00:05:52.500 --> 00:05:55.792 polo que teñen menos probabilidades de asolagarse. 00:05:56.375 --> 00:06:00.059 Un exemplo é a miña paciente Marie, quen sufría estrés e ansiedade, 00:06:00.083 --> 00:06:04.018 porque fora desaloxadado seu piso en Little Haiti, Miami 00:06:04.042 --> 00:06:06.893 para poder construir un edificio de pisos de luxo. 00:06:06.917 --> 00:06:10.851 Os construtores creían que Little Haiti non se inundaría 00:06:10.875 --> 00:06:13.625 porque está a 3 metros sobre o nivel do mar. NOTE Paragraph 00:06:14.708 --> 00:06:19.684 As temperaturas está a aumentar máis e máis. 00:06:19.708 --> 00:06:24.476 Unha emerxencia sanitaria maior có SIDA/VIH está cada vez máis preto, 00:06:24.500 --> 00:06:27.746 e os meus pacientes mais desfavorecidos déronme as primeiras probas 00:06:27.746 --> 00:06:29.833 de como vai ser. 00:06:29.833 --> 00:06:32.559 Esta nova epidemia é o cambio climático, 00:06:32.583 --> 00:06:35.559 e ten diferentes efectos para a saúde. 00:06:35.583 --> 00:06:38.893 Hai catro formas nas que o cambio climático nos poden influír. 00:06:38.917 --> 00:06:43.101 Direitamente, pola calor, fenómenos meteorolóxicos extremos e contaminación; 00:06:43.125 --> 00:06:45.226 polo contaxio de enfermidades, 00:06:45.250 --> 00:06:48.684 polos problemas co suministro de comida e auga, 00:06:48.708 --> 00:06:52.059 e afectando tamén o noso benestar emocional. 00:06:52.083 --> 00:06:56.226 En medicina usamos regras mnemotécnicas para axudar á memoria, 00:06:56.250 --> 00:06:58.643 esta "onda de calor" mnemotécnica 00:06:58.667 --> 00:07:01.667 amosa oito efectos do cambio climático na saúde. NOTE Paragraph 00:07:02.597 --> 00:07:05.351 Doenzas relacionadas coa calor. NOTE Paragraph 00:07:05.375 --> 00:07:09.601 Aumento das doenzas cardiovasculares e pulmonares. NOTE Paragraph 00:07:09.625 --> 00:07:11.934 Empeoramento do asma. NOTE Paragraph 00:07:11.958 --> 00:07:13.809 Lesións traumáticas, 00:07:13.833 --> 00:07:16.434 especialmente durante fenómenos meteorolóxicos extremos. NOTE Paragraph 00:07:16.458 --> 00:07:19.726 Infeccións alimentarias. NOTE Paragraph 00:07:19.750 --> 00:07:21.976 Empeoramento das alerxias. NOTE Paragraph 00:07:22.000 --> 00:07:27.309 Enfermidades transmitidas por vectores como o Zika, dengue e doenza de Lyme. NOTE Paragraph 00:07:27.333 --> 00:07:30.792 E finalemente, o aumento do estrés emocional NOTE Paragraph 00:07:31.375 --> 00:07:35.851 Os pobres e vulnerábeis xa están a sentir os efectos do cambio climático. 00:07:35.875 --> 00:07:39.250 Son, metaforicamente, o paxaro na mina de carbón. 00:07:39.833 --> 00:07:43.851 As súas experiencias son coma profecías ou presaxios. 00:07:43.875 --> 00:07:46.476 Unha luz para amosarnos 00:07:46.500 --> 00:07:51.268 que estamos a facer algo co noso mundo que está a afectalos a eles primeiro. 00:07:51.292 --> 00:07:54.000 Pero seremos os seguintes. NOTE Paragraph 00:07:54.833 --> 00:07:56.143 Se actuamos xuntos, 00:07:56.167 --> 00:07:58.768 médicos, pacientes e outros profesionais da saúde; 00:07:58.792 --> 00:08:00.851 atoparemos solucións. 00:08:00.875 --> 00:08:03.351 Xa fixemos isto coa crisis do VIH. 00:08:03.375 --> 00:08:06.851 Foi grazas ao activismo dos pacentes de VIH 00:08:06.875 --> 00:08:09.976 que demandaron medicacións e máis investigación 00:08:10.000 --> 00:08:12.851 e a colaboración de médicos e científicos 00:08:12.875 --> 00:08:15.250 que fomos capazes de controlar a epidemia. 00:08:15.750 --> 00:08:18.559 E grazas ás axencias internacionais de sáude, 00:08:18.583 --> 00:08:22.434 ONGs, políticos e farmacéuticas 00:08:22.458 --> 00:08:27.198 as persoas en países desfavorecidos tiveron acceso á medicación para o VIH. 00:08:27.458 --> 00:08:32.601 Este mesmo modelo de colaboración pode aplicarse 00:08:32.625 --> 00:08:36.833 para tratar os efectos do cambio climático antes de que sexa tarde. NOTE Paragraph 00:08:37.333 --> 00:08:39.101 O cambio climático está aquí. 00:08:39.125 --> 00:08:42.309 Xa está a danar a saúde e os fogares dos máis desfavorecidos. 00:08:42.333 --> 00:08:44.059 Como o meu paciente Jorge, 00:08:44.083 --> 00:08:46.393 a maioría de nós teremos que traballar, 00:08:46.417 --> 00:08:47.893 aínda que chova, faga sol, 00:08:47.917 --> 00:08:49.476 vaia frío ou calor 00:08:49.500 --> 00:08:53.434 Pero se os pacientes e os médicos traballan xuntos 00:08:53.458 --> 00:08:54.976 e coas ferramentas necesarias, 00:08:55.000 --> 00:08:58.473 poden facer moito para que esta transición climática sexa menos perigosa 00:08:58.473 --> 00:09:00.053 para todos. NOTE Paragraph 00:09:00.053 --> 00:09:03.309 Estes pacientes inspiráronme a crear unha organización de médicos 00:09:03.333 --> 00:09:05.559 para loitar contra o cambio climático. 00:09:05.583 --> 00:09:08.976 Centrámonos en entender os efectos do cambio climático na saúde, 00:09:09.000 --> 00:09:12.434 aprender a protexer os pacientes con doenzas causadas polo clima 00:09:12.458 --> 00:09:15.000 e fomentar solucións plausíbeis. NOTE Paragraph 00:09:15.833 --> 00:09:20.393 Un estudo recente amosou que tres das profesións mais respectadas son 00:09:20.417 --> 00:09:22.764 enfermería, medicina e farmacia. 00:09:22.764 --> 00:09:25.060 Así que, como profesionais respectados, 00:09:25.060 --> 00:09:28.642 temos que alzar as nosas voces para pedir cambios nas políticas climáticas 00:09:28.642 --> 00:09:30.476 e na política en xeral. 00:09:30.500 --> 00:09:32.643 Hai tanto que podemos facer. 00:09:32.667 --> 00:09:35.518 Como médicos, o contacto direito cos nosos pacientes 00:09:35.542 --> 00:09:37.865 permítenos ser os primeiros en ver moitas cousas. 00:09:37.865 --> 00:09:41.976 Estamos nunha posición perfecta para estar á vanguarda do cambio. NOTE Paragraph 00:09:42.000 --> 00:09:46.184 Podemos educar sobre doenzas climáticas nas universidase. 00:09:46.208 --> 00:09:49.518 Podemos estudar as doenzas climáticas dos nosos pacientes 00:09:49.542 --> 00:09:52.684 se nos aseguramos de catalogalos cos códigos correctos. 00:09:52.708 --> 00:09:55.393 Podemos facer estudos relacionados coa saúde e o clima. 00:09:55.417 --> 00:09:58.309 Podemos ensinar prácticas ecolóxicas nos fogares. 00:09:58.333 --> 00:10:01.101 Podemos defender as necesidades enerxéticas dos pacientes. 00:10:01.125 --> 00:10:03.226 Podemos axudalos a ter fogares máis seguros. 00:10:03.250 --> 00:10:06.059 Podemos equipar os seu fogares cos elementos necesarios 00:10:06.083 --> 00:10:07.852 que os axuden se a situación empeora. 00:10:07.852 --> 00:10:11.248 Podemos presentar os nosos achados ante os lexisladores 00:10:11.248 --> 00:10:15.458 e podemos tratar as doenzas climáticas dos nosos pacientes. 00:10:16.750 --> 00:10:21.851 E, sobre todo, podemos preparalos médica e fisicamente 00:10:21.875 --> 00:10:24.268 para os desafíos que afrontarán 00:10:24.292 --> 00:10:25.851 usando un modelo de medicina 00:10:25.875 --> 00:10:29.667 que incorpora xustiza económica e social. NOTE Paragraph 00:10:30.667 --> 00:10:34.226 Esto significaría que Sandra Faye Twiggs con DPOC 00:10:34.250 --> 00:10:37.851 quen morreu cando saíu da cárcere 00:10:37.875 --> 00:10:40.434 tras pelexar coa súa filla por un ventilador, 00:10:40.458 --> 00:10:44.726 sabería que a calor na súa casa afectaba á súa saúde e ánimo 00:10:44.750 --> 00:10:47.643 e podería ter buscado un lugar máis seguro para refrescarse. 00:10:47.667 --> 00:10:51.625 Incluso, a súa casa nunca chegaría a estar tan quente. NOTE Paragraph 00:10:52.417 --> 00:10:55.934 Aprendín dos pobres que as nosas vidas non só son vulnerbáeís, 00:10:55.958 --> 00:11:00.268 son tamén historias de resistencia, innovación e supervivencia. 00:11:00.292 --> 00:11:03.434 Como aquel vello sabio que berrou ó policía 00:11:03.458 --> 00:11:04.726 naquela noite de verán: 00:11:04.750 --> 00:11:07.143 "A ambulancia non vai vir," 00:11:07.167 --> 00:11:11.208 e fíxolle levar a pequena ó hospital. NOTE Paragraph 00:11:12.083 --> 00:11:13.476 E saben que? 00:11:13.500 --> 00:11:14.750 Escoiten. 00:11:15.500 --> 00:11:19.559 Se vai haber unha resposta médica ó cambio climático, 00:11:19.583 --> 00:11:23.125 non vai estar a esperar por unha ambulancia. 00:11:23.708 --> 00:11:28.018 Vai ocorrer porque os médicos van dar o primeiro paso. 00:11:28.042 --> 00:11:29.726 Faremos tanto ruido, 00:11:29.750 --> 00:11:33.458 que o problema non se poderá ignorar ou malinterpretar. 00:11:34.083 --> 00:11:37.244 Comezará coas historias que contan os nosos pacientes 00:11:37.248 --> 00:11:39.965 e as historias que contamos no seu nome. 00:11:40.625 --> 00:11:45.226 Como sempre, faremos o mellor para os nosos pacientes, 00:11:45.250 --> 00:11:48.226 e tamén o mellor para o medio ambiente, 00:11:48.250 --> 00:11:50.226 para nós 00:11:50.250 --> 00:11:52.851 e para todo o mundo, 00:11:52.875 --> 00:11:54.309 todos. NOTE Paragraph 00:11:54.333 --> 00:11:55.643 Grazas NOTE Paragraph 00:11:55.667 --> 00:11:57.708 (Aplausos e asubíos)