Mentiras que lles contamos ás mulleres embarazadas.
-
0:01 - 0:04Hoxe imos compartir moitos segredos,
vostedes e mais eu, -
0:04 - 0:06e no entanto, espero que poidamos disipar
-
0:06 - 0:09parte da vergoña que moitos
sentimos acerca do sexo. -
0:11 - 0:14Cantas de aquí recibiron algunha vez
piropos dun estraño? -
0:16 - 0:18Moitas mulleres.
-
0:19 - 0:21No meu caso, a vez que mellor lembro
-
0:21 - 0:25foi cando ese estraño resultou ser
alumno meu. -
0:26 - 0:29Veu xunta min despois da clase esa noite
-
0:29 - 0:31e as súas palabras confirmáronme
o que xa sabía: -
0:31 - 0:33"Síntoo moito, profesora.
-
0:33 - 0:37Se chego a saber que era vostede,
nunca lle diría esas cousas." -
0:37 - 0:39(Risas)
-
0:39 - 0:44Para el, xamais fun unha persoa
ata que me convertín na súa profesora. -
0:45 - 0:47Este concepto, chamado obxectualización,
-
0:47 - 0:49é a base do sexismo,
-
0:49 - 0:53e vémolo reforzado
en cada aspecto das nosas vidas. -
0:56 - 0:58Vémolo no goberno
-
0:58 - 1:01que se nega a castigar aos homes
-
1:01 - 1:03por violaren mulleres.
-
1:03 - 1:05Vémolo nos anuncios.
-
1:05 - 1:07Cantos de vostedes viron un anuncio
-
1:07 - 1:13que emprega un peito de muller para vender
un produto que nada ten que ver? -
1:15 - 1:18Ou películas e películas e películas
-
1:18 - 1:21que retratan mulleres
que só se interesan polo amor? -
1:22 - 1:26Estes exemplos quizais semellen
intranscendentes e inofensivos, -
1:26 - 1:27pero son perniciosos,
-
1:27 - 1:31contribuíndo lentamente a unha cultura
que evita ver as mulleres como persoas. -
1:32 - 1:36Vémolo na escola que manda para a casa
a unha nena de 10 anos -
1:36 - 1:40porque a súa roupa distraía aos rapaces
que intentaban aprender, -
1:40 - 1:45ou no goberno que rexeita castigar a homes
por violar mulleres -
1:45 - 1:47unha e outra vez,
-
1:47 - 1:48ou na muller asasinada
-
1:48 - 1:52por pedirlle a un home que deixara
de pegarse a ela nunha pista de baile. -
1:56 - 2:00Os medios xogan un papel relevante
para perpetuar a obxectualización feminina -
2:01 - 2:04Pensemos na clásica comedia romántica.
-
2:04 - 2:08Estas películas adoitan presentarnos
dous tipos de muller, -
2:08 - 2:11dous tipos desexables, en calquera caso.
-
2:11 - 2:13A primeira é a bomba sexy.
-
2:13 - 2:17Unha muller incriblemente fermosa
e cun corpo perfecto. -
2:17 - 2:20O noso protagonista non ten problema
para identificala, -
2:20 - 2:22e menos aínda para ter
relacións sexuais con ela. -
2:23 - 2:25A segunda muller é a nosa protagonista,
-
2:25 - 2:28a muller fermosa pero tímida da que se
namora o protagonista masculino -
2:29 - 2:31aínda que ao principio
nin se decataba dela, -
2:31 - 2:33ou non lle gustaba nadiña.
-
2:34 - 2:36A primeira é a rameira.
-
2:36 - 2:38Serve para ser consumida e esquecida.
-
2:38 - 2:39Está sempre dispoñible.
-
2:40 - 2:43A segunda é desexable mais humilde,
-
2:43 - 2:47e, polo tanto, digna dos futuros bebés
do noso protagonista. -
2:47 - 2:48Material de matrimonio.
-
2:49 - 2:52Dinnos que as mulleres teñen dous roles,
-
2:52 - 2:56mais dificilmente poden existir
os dous nunha soa muller. -
2:57 - 3:00Nas contadas ocasións en que lle conto
a alguén que acabo de coñecer -
3:00 - 3:02que estudo sobre sexo,
-
3:02 - 3:04se non corta a conversa nese mesmo
intre, -
3:04 - 3:06normalmente está bastante interesado.
-
3:07 - 3:09"Oh. Cóntame máis."
-
3:09 - 3:10E fágoo.
-
3:12 - 3:15"Estou moi interesada en estudar
o comportamento sexual -
3:15 - 3:17de parellas embarazadas
e en posparto." -
3:17 - 3:20Neste punto recibo unha resposta
distinta. -
3:20 - 3:22(Risas)
-
3:22 - 3:24"Oh. Vaia.
-
3:25 - 3:27As embarazadas practican sexo?
-
3:28 - 3:32Non pensaches en estudar sobre
o desexo sexual -
3:32 - 3:33ou os orgasmos?
-
3:33 - 3:36Iso sería interesante, e sexy."
-
3:38 - 3:41Dicídeme. Cales son as primeiras palabras
que se vos ocorren -
3:41 - 3:42ao pensardes nunha muller embarazada?
-
3:43 - 3:47Fíxenlle esta pregunta nunha enquisa
a máis de 500 adultos, -
3:47 - 3:50e a maioría responderon
"barriga" ou "redonda" -
3:50 - 3:52e "adorable."
-
3:53 - 3:55Isto non me sorprendeu moito.
-
3:55 - 3:56Que máis catalogamos como adorable?
-
3:58 - 4:00Bebés. Cachorriños. Gatiños.
-
4:00 - 4:02Anciáns, non si?
-
4:02 - 4:04(Risas)
-
4:05 - 4:08Cando catalogamos un adulto
como adorable, pola contra, -
4:08 - 4:10quitámoslle gran parte
da súa intelixencia, -
4:10 - 4:11da súa complexidade.
-
4:12 - 4:15Reducímolo a características infantís.
-
4:15 - 4:17Tamén lles pedín a homes heterosexuais
-
4:17 - 4:20que imaxinasen que a muller coa que
estaban era unha embarazada, -
4:20 - 4:23e logo pedinlles a mulleres
que se imaxinasen embarazadas, -
4:23 - 4:26e despois me dixeran as primeiras
palabras que pensaron -
4:26 - 4:28ao imaxinárense practicando sexo.
-
4:29 - 4:31A maioría das respostas foron negativas.
-
4:32 - 4:34"Noxento."
-
4:34 - 4:35"Difícil."
-
4:35 - 4:38"Nada sexy." "Raro."
-
4:38 - 4:39"Incómodo."
-
4:39 - 4:40"Como?"
-
4:41 - 4:43(Risas)
-
4:43 - 4:46"Non paga a pena a molestia."
"Non paga a pena o risco." -
4:46 - 4:48Isto último marcoume especialmente.
-
4:50 - 4:54Quizais pensemos que porque separamos
as embarazadas e as nais da sexualidade, -
4:54 - 4:59eliminamos as limitacións
da obxectualización sexual. -
5:00 - 5:02Elas sofren menos sexismo. De acordo?
-
5:02 - 5:04Non exactamente.
-
5:04 - 5:07O que sucede no seu lugar
é outro tipo de obxectualización. -
5:08 - 5:10Nos meus intentos
de explicarlle isto a outros, -
5:10 - 5:14unha conversa levounos á Venus de
Willendorf, -
5:14 - 5:17unha figuriña do Paleolítico
considerada polos investigadores -
5:17 - 5:19a deusa do amor e da beleza,
-
5:19 - 5:20de aí o de Venus.
-
5:21 - 5:23Pero esta teoría revisouse máis tarde,
-
5:23 - 5:26cando os investigadores notaron
a obvia fixación do escultor -
5:26 - 5:30nos atributos sexuais da figuriña:
-
5:30 - 5:33grandes peitos,
considerados ideais para aleitar; -
5:33 - 5:36Unha barriga redonda
e posiblemente embarazada; -
5:36 - 5:39os restos de tintura vermella,
aludindo á menstruación ou ao parto. -
5:41 - 5:44Tamén supuxeron que se fixera para
ser collida ou depositala deitada -
5:44 - 5:48xa que os seus pequenos pés
non lle permitirían aguantarse de pé. -
5:49 - 5:50Tampouco tiña face.
-
5:51 - 5:55Por esta razón, supúxose que era
a representación da fertilidade -
5:55 - 5:58e non o retrato dunha persoa.
-
5:58 - 5:59Era un obxecto.
-
6:00 - 6:01Na historia da súa interpretación,
-
6:02 - 6:05pasou de ser un obxecto
de beleza e amor ideais -
6:05 - 6:07a ser un obxecto de reprodución.
-
6:07 - 6:10Penso que esta transición fala máis
-
6:10 - 6:14dos investigadores que interpretaron
o seu propósito -
6:14 - 6:18ca do propio propósito da
figuriña. -
6:18 - 6:20Cando unha muller queda embarazada,
-
6:20 - 6:24abandona o ámbito
do desexo sexual masculino -
6:24 - 6:29e introdúcese no seu papel
reprodutivo e de crianza. -
6:29 - 6:31E ao facelo, tamén se converte
-
6:31 - 6:33en propiedade da comunidade,
-
6:33 - 6:38considerada moi importante
só polo feito de estar embarazada. Si? -
6:38 - 6:41Chameille a isto o efecto Willendorf,
-
6:41 - 6:45e unha vez máis vémolo reforzado
en moitos aspectos da vida da muller. -
6:45 - 6:48Algunha persoa aquí
estivo visiblemente embarazada? -
6:48 - 6:49(Risas)
-
6:49 - 6:50Xa. Moitas de vós, certo?
-
6:50 - 6:54E cantas tivestes algunha vez un estraño
tocándovos a barriga durante o embarazo, -
6:54 - 6:58incluso sen pedirvos permiso
primeiro? -
6:58 - 7:01Ou cantas veces alguén
que non era o voso médico, -
7:01 - 7:04o profesional médico que vos atende,
vos dixo o que podedes comer ou non? -
7:04 - 7:07Ou vos fixo preguntas privadas
sobre o voso plan de plan de parto? -
7:08 - 7:11E logo vos dixo por que
esas decisións están todas mal? -
7:12 - 7:13Xa, eu tamén.
-
7:13 - 7:17Negouse un camareiro a traervos
un vaso de viño? -
7:17 - 7:20Esta quizais vos dea que pensar, seino,
mais escoitade. -
7:20 - 7:22Este é un gran segredo.
-
7:22 - 7:26Beber con moderación durante o embarazo
é, en realidade, seguro. -
7:27 - 7:28Moitas de nós non o sabemos
-
7:28 - 7:32porque os médicos non queren
confiarlles este segredo ás embarazadas, -
7:32 - 7:34(Risas)
-
7:37 - 7:42especialmente se teñen un menor nivel
educativo ou son mulleres de cor. -
7:42 - 7:43O que isto quere dicir é
-
7:43 - 7:48que o efecto Willendorf é, ademais,
clasista e racista. -
7:48 - 7:54Está presente cando o goberno
lles lembra ás mulleres -
7:54 - 7:56con cada nova lei antielección
-
7:56 - 7:59que o contido dos seus úteros
non é seu, -
7:59 - 8:01ou cando o xinecólogo lles di,
-
8:01 - 8:03"Aínda que é seguro
practicar sexo no embarazo, -
8:04 - 8:05un nunca sabe.
-
8:05 - 8:07Mellor previr ca curar, non si?"
-
8:07 - 8:12Négaselle a súa privacidade básica e
a súa autonomía corporal -
8:12 - 8:14co argumento de "se unha boa nai."
-
8:14 - 8:17Non confiamos nela para tomar
as súas propias decisións. -
8:17 - 8:19É curriña, Lembrades?
-
8:22 - 8:24Cando lles dicimos ás mulleres
-
8:24 - 8:27que o pracer sexual, perdoade.
-
8:27 - 8:32Ao dicirlles ás mulleres que o risco
do sexo durante o embarazo non paga a pena -
8:32 - 8:36o que lles dicimos é
que o seu pracer sexual non importa. -
8:36 - 8:39E, xa que logo, que elas non importan,
-
8:40 - 8:44a pesar de que as necesidades do seu feto
non están en conflito coas súas propias. -
8:45 - 8:47Así que os profesionais médicos,
-
8:47 - 8:50como o Colexio Americano de Xinecología
e Obstetricia (ACOG) -
8:50 - 8:55teñen a oportunidade de educar sobre
a seguridade do sexo durante o embarazo. -
8:55 - 8:57E que din os expertos?
-
8:58 - 9:00O ACOG non ten
ningunha declaración oficial -
9:00 - 9:03sobre a seguridade do sexo durante o
embarazo. -
9:04 - 9:07A guía da Clínica Mayo é,
en liñas xerais, positiva, -
9:07 - 9:10pero presenta unha advertencia:
-
9:10 - 9:13"Aínda que a maioría das mulleres
pode practicar sexo sen problemas -
9:13 - 9:15no embarazo, ás veces é mellor ser cauto."
-
9:15 - 9:18Algunhas mulleres non queren
practicar sexo durante o embarazo, -
9:18 - 9:19e iso está perfecto.
-
9:19 - 9:22Outras queren practicar sexo
durante o embarazo, -
9:22 - 9:23e iso tamén está perfecto.
-
9:23 - 9:26O que cómpre parar é o feito
de que a sociedade lles diga -
9:26 - 9:28o que poden facer e que non co seu corpo.
-
9:29 - 9:32(Aplausos)
-
9:36 - 9:41As embarazadas non son recipientes
de reprodución sen cara nin identidade, -
9:41 - 9:43que non poden manterse en pé por si soas.
-
9:44 - 9:47Mais a verdade é, o verdadeiro segredo é,
-
9:47 - 9:51que lles dicimos a todas as mulleres
que o seu pracer sexual non importa. -
9:51 - 9:54Ata rexeitamos admitir que as mulleres
que practican sexo con outras -
9:54 - 9:56ou as que non queren ter
fillos existen. -
9:57 - 9:59"Oh, só é unha etapa...
-
9:59 - 10:01só necesita que apareza o home adecuado."
-
10:02 - 10:04Cada vez que unha muller practica sexo
-
10:05 - 10:06simplemente porque se sente ben,
-
10:07 - 10:08é algo revolucionario.
-
10:08 - 10:10Ela é revolucionaria.
-
10:10 - 10:13Vai en contra da sociedade que insiste
-
10:13 - 10:15en que só existe para o pracer masculino
-
10:15 - 10:17ou para a reprodución.
-
10:18 - 10:22A muller que prioriza
as súas necesidades sexuais pon medo, -
10:22 - 10:28porque a muller que prioriza as súas
necesidades sexuais priorízase a si mesma. -
10:28 - 10:31(Aplauso)
-
10:31 - 10:36É unha muller pedindo
ser tratada coma unha igual. -
10:36 - 10:37É unha muller que insiste
-
10:37 - 10:41para que lle fagas sitio na mesa de poder,
-
10:41 - 10:43e iso é o máis aterrador de todo
-
10:43 - 10:45porque non podemos facer un sitio para ela
-
10:46 - 10:49sen que algúns de nós teñamos que ceder
o noso espazo extra. -
10:51 - 10:53(Aplausos)
-
10:56 - 10:58Teño un último segredo para vostedes.
-
10:59 - 11:01Son nai de dous mozos
-
11:01 - 11:03e serviríanos a súa axuda.
-
11:03 - 11:08Aínda que os meus fillos me escoitan
dicir con frecuencia -
11:08 - 11:12que é importante que os homes
recoñezan as mulleres como iguais -
11:12 - 11:14e teñen en seu pai a un modelo,
-
11:14 - 11:18precisamos que o que sucede no mundo
reforce o que pasa na nosa casa. -
11:19 - 11:22Isto non é un problema de homes
ou de mulleres. -
11:22 - 11:23Isto é problema de todos,
-
11:24 - 11:28e todos temos un papel no desmantelamento
dos sistema de desigualdade. -
11:29 - 11:31Para comezar, debemos deixar
de dicirlles ás mulleres -
11:31 - 11:34o que poden facer cos seus corpos
e o que non. -
11:34 - 11:37(Aplausos)
-
11:38 - 11:42Isto inclúe non tratar as embarazadas
como unha propiedade comunal. -
11:42 - 11:46Se non a coñecen, non lle pregunten
se lle poden tocar a barriga. -
11:46 - 11:48Non o farían con ninguén máis.
-
11:48 - 11:50Non lle digan o que pode comer ou non.
-
11:50 - 11:53Non lle pregunten por detalles privados
das súas decisións médicas. -
11:53 - 11:55E isto inclúe entender
-
11:55 - 11:57que, incluso se vostede está
en contra do aborto, -
11:57 - 12:00pode seguir loitando
polo dereito das mulleres a decidir. -
12:01 - 12:04Cando se trata da igualdade das mulleres,
as dúas non poden entrar en conflito. -
12:05 - 12:07Se practica sexo con mulleres,
-
12:07 - 12:09priorice o seu pracer.
-
12:09 - 12:11E se non sabe como, pregunte.
-
12:12 - 12:14Se ten fillos ou fillas --
-
12:14 - 12:16(Risas)
-
12:16 - 12:19fale con eles de sexo tan
axiña como sexa posible, -
12:19 - 12:24porque os nenos xa non buscan s-e-x-o
no dicionario. -
12:24 - 12:25Búscano en internet.
-
12:26 - 12:29E cando teñan esas conversas,
-
12:30 - 12:32non se centren só na reprodución.
-
12:32 - 12:34As persoas practican sexo
por múltiples razóns, -
12:34 - 12:36algunhas porque queren un bebé,
-
12:36 - 12:38pero a maioría porque se sente ben.
-
12:38 - 12:39Admítano.
-
12:41 - 12:43E independentemente
de se teñen fillos ou non, -
12:43 - 12:48apoien unha educación sexual integral
que non avergoñe aos nosos adolescentes -
12:48 - 12:50(Aplausos)
-
12:56 - 12:59Nada positivo se saca
de avergoñar a un adolescente -
12:59 - 13:01polos seus desexos
e comportamentos sexuais, -
13:02 - 13:06máis que tests positivos de embarazo
e de enfermidades de transmisión sexual -
13:07 - 13:10Cada día, dásenos a oportunidade
-
13:10 - 13:12de racharmos cos patróns de desigualdade.
-
13:13 - 13:16E penso que todos podemos estar de acordo
en que paga a pena facelo. -
13:17 - 13:18Grazas.
-
13:18 - 13:25(Aplausos)
- Title:
- Mentiras que lles contamos ás mulleres embarazadas.
- Speaker:
- Sofia Jawed-Wessel
- Description:
-
"Cando lles dicimos ás mulleres que non paga a pena asumir riscos practicando sexo durante o embarazo, estamos a dicirlles que o seu pracer sexual non importa... que elas non importan," di Sofia Jawed-Wessel, investigadora sexual. Nesta reveladora charla, Sofía escarva nas nosas opinións sobre o embarazo para poñer ao descuberto a relación entre as mulleres, o sexo e os sistemas de poder.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:56
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Enara Caride edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women | ||
Enara Caride edited Galician subtitles for The lies we tell pregnant women |