0:00:00.876,0:00:03.811 Hoxe imos compartir moitos segredos,[br]vostedes e mais eu, 0:00:03.835,0:00:06.291 e no entanto, espero que poidamos disipar 0:00:06.315,0:00:08.915 parte da vergoña que moitos[br]sentimos acerca do sexo. 0:00:10.915,0:00:14.395 Cantas de aquí recibiron algunha vez[br]piropos dun estraño? 0:00:16.075,0:00:17.635 Moitas mulleres. 0:00:18.521,0:00:21.178 No meu caso, a vez que mellor lembro 0:00:21.202,0:00:24.562 foi cando ese estraño resultou ser[br]alumno meu. 0:00:25.595,0:00:28.531 Veu xunta min despois da clase esa noite 0:00:28.555,0:00:31.411 e as súas palabras confirmáronme[br]o que xa sabía: 0:00:31.435,0:00:33.211 "Síntoo moito, profesora. 0:00:33.235,0:00:37.131 Se chego a saber que era vostede,[br]nunca lle diría esas cousas." 0:00:37.155,0:00:39.451 (Risas) 0:00:39.475,0:00:43.555 Para el, xamais fun unha persoa[br]ata que me convertín na súa profesora. 0:00:44.515,0:00:47.091 Este concepto, chamado obxectualización, 0:00:47.115,0:00:49.171 é a base do sexismo, 0:00:49.195,0:00:52.715 e vémolo reforzado [br]en cada aspecto das nosas vidas. 0:00:55.635,0:00:57.851 Vémolo no goberno 0:00:57.875,0:01:01.291 que se nega a castigar aos homes 0:01:01.315,0:01:03.051 por violaren mulleres. 0:01:03.075,0:01:05.371 Vémolo nos anuncios. 0:01:05.395,0:01:07.403 Cantos de vostedes viron un anuncio 0:01:07.427,0:01:12.795 que emprega un peito de muller para vender[br]un produto que nada ten que ver? 0:01:14.515,0:01:18.291 Ou películas e películas e películas 0:01:18.315,0:01:21.195 que retratan mulleres[br]que só se interesan polo amor? 0:01:22.195,0:01:25.811 Estes exemplos quizais semellen[br]intranscendentes e inofensivos, 0:01:25.835,0:01:27.091 pero son perniciosos, 0:01:27.115,0:01:31.395 contribuíndo lentamente a unha cultura[br]que evita ver as mulleres como persoas. 0:01:31.955,0:01:36.145 Vémolo na escola que manda para a casa[br]a unha nena de 10 anos 0:01:36.169,0:01:39.811 porque a súa roupa distraía aos rapaces [br]que intentaban aprender, 0:01:39.835,0:01:45.011 ou no goberno que rexeita castigar a homes[br]por violar mulleres 0:01:45.035,0:01:46.611 unha e outra vez, 0:01:46.635,0:01:48.091 ou na muller asasinada 0:01:48.115,0:01:52.195 por pedirlle a un home que deixara[br]de pegarse a ela nunha pista de baile. 0:01:55.515,0:02:00.275 Os medios xogan un papel relevante[br]para perpetuar a obxectualización feminina 0:02:01.395,0:02:04.211 Pensemos na clásica comedia romántica. 0:02:04.235,0:02:08.131 Estas películas adoitan presentarnos[br]dous tipos de muller, 0:02:08.155,0:02:10.891 dous tipos desexables, en calquera caso. 0:02:10.915,0:02:13.331 A primeira é a bomba sexy. 0:02:13.355,0:02:17.011 Unha muller incriblemente fermosa[br]e cun corpo perfecto. 0:02:17.035,0:02:19.651 O noso protagonista non ten problema[br]para identificala, 0:02:19.675,0:02:22.035 e menos aínda para ter[br]relacións sexuais con ela. 0:02:22.725,0:02:24.611 A segunda muller é a nosa protagonista, 0:02:24.635,0:02:28.491 a muller fermosa pero tímida da que se[br]namora o protagonista masculino 0:02:28.515,0:02:30.651 aínda que ao principio[br]nin se decataba dela, 0:02:30.675,0:02:33.275 ou non lle gustaba nadiña. 0:02:33.835,0:02:35.851 A primeira é a rameira. 0:02:35.875,0:02:37.891 Serve para ser consumida e esquecida. 0:02:37.915,0:02:39.195 Está sempre dispoñible. 0:02:39.795,0:02:43.451 A segunda é desexable mais humilde, 0:02:43.475,0:02:46.931 e, polo tanto, digna dos futuros bebés[br]do noso protagonista. 0:02:46.955,0:02:48.155 Material de matrimonio. 0:02:48.755,0:02:51.691 Dinnos que as mulleres teñen dous roles, 0:02:51.715,0:02:55.955 mais dificilmente poden existir[br]os dous nunha soa muller. 0:02:56.555,0:03:00.211 Nas contadas ocasións en que lle conto[br]a alguén que acabo de coñecer 0:03:00.235,0:03:01.971 que estudo sobre sexo, 0:03:01.995,0:03:04.371 se non corta a conversa nese mesmo[br]intre, 0:03:04.395,0:03:06.395 normalmente está bastante interesado. 0:03:07.315,0:03:09.091 "Oh. Cóntame máis." 0:03:09.115,0:03:10.315 E fágoo. 0:03:12.195,0:03:14.811 "Estou moi interesada en estudar[br]o comportamento sexual 0:03:14.835,0:03:16.701 de parellas embarazadas [br]e en posparto." 0:03:16.745,0:03:20.171 Neste punto recibo unha resposta[br]distinta. 0:03:20.195,0:03:22.171 (Risas) 0:03:22.195,0:03:23.995 "Oh. Vaia. 0:03:24.675,0:03:26.875 As embarazadas practican sexo? 0:03:28.075,0:03:32.011 Non pensaches en estudar sobre[br]o desexo sexual 0:03:32.035,0:03:33.371 ou os orgasmos? 0:03:33.395,0:03:36.395 Iso sería interesante, e sexy." 0:03:37.835,0:03:40.651 Dicídeme. Cales son as primeiras palabras[br]que se vos ocorren 0:03:40.675,0:03:42.475 ao pensardes nunha muller embarazada? 0:03:43.275,0:03:46.691 Fíxenlle esta pregunta nunha enquisa[br]a máis de 500 adultos, 0:03:46.715,0:03:50.291 e a maioría responderon[br]"barriga" ou "redonda" 0:03:50.315,0:03:52.355 e "adorable." 0:03:53.035,0:03:54.651 Isto non me sorprendeu moito. 0:03:54.675,0:03:56.365 Que máis catalogamos como adorable? 0:03:57.835,0:04:00.331 Bebés. Cachorriños. Gatiños. 0:04:00.355,0:04:02.011 Anciáns, non si? 0:04:02.035,0:04:03.755 (Risas) 0:04:05.050,0:04:07.707 Cando catalogamos un adulto[br]como adorable, pola contra, 0:04:07.731,0:04:10.211 quitámoslle gran parte[br]da súa intelixencia, 0:04:10.235,0:04:11.435 da súa complexidade. 0:04:12.195,0:04:14.675 Reducímolo a características infantís. 0:04:15.385,0:04:17.211 Tamén lles pedín a homes heterosexuais 0:04:17.235,0:04:20.371 que imaxinasen que a muller coa que[br]estaban era unha embarazada, 0:04:20.395,0:04:23.171 e logo pedinlles a mulleres[br]que se imaxinasen embarazadas, 0:04:23.195,0:04:25.811 e despois me dixeran as primeiras[br]palabras que pensaron 0:04:25.835,0:04:27.875 ao imaxinárense practicando sexo. 0:04:28.955,0:04:31.035 A maioría das respostas foron negativas. 0:04:32.242,0:04:33.669 "Noxento." 0:04:33.693,0:04:35.066 "Difícil." 0:04:35.090,0:04:37.531 "Nada sexy." "Raro." 0:04:37.555,0:04:38.755 "Incómodo." 0:04:39.235,0:04:40.491 "Como?" 0:04:40.515,0:04:42.515 (Risas) 0:04:43.315,0:04:46.411 "Non paga a pena a molestia."[br]"Non paga a pena o risco." 0:04:46.435,0:04:48.435 Isto último marcoume especialmente. 0:04:49.715,0:04:54.451 Quizais pensemos que porque separamos[br]as embarazadas e as nais da sexualidade, 0:04:54.475,0:04:59.491 eliminamos as limitacións [br]da obxectualización sexual. 0:04:59.515,0:05:01.555 Elas sofren menos sexismo. De acordo? 0:05:02.235,0:05:03.811 Non exactamente. 0:05:03.835,0:05:06.955 O que sucede no seu lugar[br]é outro tipo de obxectualización. 0:05:07.755,0:05:10.011 Nos meus intentos[br]de explicarlle isto a outros, 0:05:10.035,0:05:13.811 unha conversa levounos á Venus de[br]Willendorf, 0:05:13.835,0:05:16.745 unha figuriña do Paleolítico[br]considerada polos investigadores 0:05:16.745,0:05:18.675 a deusa do amor e da beleza, 0:05:18.675,0:05:20.115 de aí o de Venus. 0:05:20.515,0:05:22.651 Pero esta teoría revisouse máis tarde, 0:05:22.675,0:05:26.371 cando os investigadores notaron[br]a obvia fixación do escultor 0:05:26.395,0:05:29.811 nos atributos sexuais da figuriña: 0:05:29.835,0:05:33.091 grandes peitos, [br]considerados ideais para aleitar; 0:05:33.115,0:05:35.731 Unha barriga redonda [br]e posiblemente embarazada; 0:05:35.755,0:05:39.235 os restos de tintura vermella, [br]aludindo á menstruación ou ao parto. 0:05:40.555,0:05:44.090 Tamén supuxeron que se fixera para[br]ser collida ou depositala deitada 0:05:44.114,0:05:48.491 xa que os seus pequenos pés[br]non lle permitirían aguantarse de pé. 0:05:48.515,0:05:49.995 Tampouco tiña face. 0:05:50.795,0:05:54.891 Por esta razón, supúxose que era[br]a representación da fertilidade 0:05:54.915,0:05:57.771 e non o retrato dunha persoa. 0:05:57.795,0:05:59.075 Era un obxecto. 0:05:59.675,0:06:01.491 Na historia da súa interpretación, 0:06:01.515,0:06:04.651 pasou de ser un obxecto[br]de beleza e amor ideais 0:06:04.675,0:06:06.515 a ser un obxecto de reprodución. 0:06:07.355,0:06:09.811 Penso que esta transición fala máis 0:06:09.835,0:06:13.611 dos investigadores que interpretaron [br]o seu propósito 0:06:13.635,0:06:17.635 ca do propio propósito da[br]figuriña. 0:06:18.355,0:06:20.451 Cando unha muller queda embarazada, 0:06:20.475,0:06:24.211 abandona o ámbito [br]do desexo sexual masculino 0:06:24.235,0:06:28.811 e introdúcese no seu papel[br]reprodutivo e de crianza. 0:06:28.835,0:06:31.451 E ao facelo, tamén se converte 0:06:31.475,0:06:33.251 en propiedade da comunidade, 0:06:33.275,0:06:37.755 considerada moi importante[br]só polo feito de estar embarazada. Si? 0:06:38.315,0:06:40.811 Chameille a isto o efecto Willendorf, 0:06:40.835,0:06:44.515 e unha vez máis vémolo reforzado[br]en moitos aspectos da vida da muller. 0:06:45.218,0:06:47.731 Algunha persoa aquí [br]estivo visiblemente embarazada? 0:06:47.755,0:06:48.971 (Risas) 0:06:48.995,0:06:50.251 Xa. Moitas de vós, certo? 0:06:50.275,0:06:54.411 E cantas tivestes algunha vez un estraño [br]tocándovos a barriga durante o embarazo, 0:06:54.435,0:06:57.771 incluso sen pedirvos permiso[br]primeiro? 0:06:57.795,0:07:00.531 Ou cantas veces alguén[br]que non era o voso médico, 0:07:00.555,0:07:04.171 o profesional médico que vos atende,[br]vos dixo o que podedes comer ou non? 0:07:04.195,0:07:07.425 Ou vos fixo preguntas privadas [br]sobre o voso plan de plan de parto? 0:07:08.075,0:07:10.875 E logo vos dixo por que[br]esas decisións están todas mal? 0:07:11.555,0:07:12.771 Xa, eu tamén. 0:07:12.795,0:07:17.051 Negouse un camareiro a traervos[br]un vaso de viño? 0:07:17.075,0:07:19.811 Esta quizais vos dea que pensar, seino,[br]mais escoitade. 0:07:19.835,0:07:21.931 Este é un gran segredo. 0:07:21.955,0:07:25.875 Beber con moderación durante o embarazo[br]é, en realidade, seguro. 0:07:26.515,0:07:28.051 Moitas de nós non o sabemos 0:07:28.075,0:07:31.811 porque os médicos non queren[br]confiarlles este segredo ás embarazadas, 0:07:31.835,0:07:33.595 (Risas) 0:07:37.355,0:07:41.611 especialmente se teñen un menor nivel[br]educativo ou son mulleres de cor. 0:07:41.635,0:07:43.371 O que isto quere dicir é 0:07:43.395,0:07:47.611 que o efecto Willendorf é, ademais,[br]clasista e racista. 0:07:47.635,0:07:53.531 Está presente cando o goberno[br]lles lembra ás mulleres 0:07:53.555,0:07:56.211 con cada nova lei antielección 0:07:56.235,0:07:59.091 que o contido dos seus úteros[br]non é seu, 0:07:59.115,0:08:01.171 ou cando o xinecólogo lles di, 0:08:01.195,0:08:03.491 "Aínda que é seguro[br]practicar sexo no embarazo, 0:08:03.515,0:08:04.851 un nunca sabe. 0:08:04.875,0:08:06.515 Mellor previr ca curar, non si?" 0:08:07.395,0:08:11.651 Négaselle a súa privacidade básica e[br]a súa autonomía corporal 0:08:11.675,0:08:13.675 co argumento de "se unha boa nai." 0:08:14.155,0:08:16.795 Non confiamos nela para tomar[br]as súas propias decisións. 0:08:17.115,0:08:18.715 É curriña, Lembrades? 0:08:21.795,0:08:24.091 Cando lles dicimos ás mulleres 0:08:24.115,0:08:27.051 que o pracer sexual, perdoade. 0:08:27.075,0:08:31.891 Ao dicirlles ás mulleres que o risco[br]do sexo durante o embarazo non paga a pena 0:08:31.915,0:08:36.171 o que lles dicimos é [br]que o seu pracer sexual non importa. 0:08:36.195,0:08:39.491 E, xa que logo, que elas non importan, 0:08:39.515,0:08:44.235 a pesar de que as necesidades do seu feto[br]non están en conflito coas súas propias. 0:08:45.195,0:08:47.451 Así que os profesionais médicos, 0:08:47.475,0:08:50.451 como o Colexio Americano de Xinecología[br]e Obstetricia (ACOG) 0:08:50.475,0:08:55.371 teñen a oportunidade de educar sobre[br]a seguridade do sexo durante o embarazo. 0:08:55.395,0:08:56.795 E que din os expertos? 0:08:57.755,0:09:00.251 O ACOG non ten [br]ningunha declaración oficial 0:09:00.275,0:09:03.435 sobre a seguridade do sexo durante o[br]embarazo. 0:09:04.078,0:09:07.091 A guía da Clínica Mayo é,[br]en liñas xerais, positiva, 0:09:07.115,0:09:09.611 pero presenta unha advertencia: 0:09:09.635,0:09:12.806 "Aínda que a maioría das mulleres[br]pode practicar sexo sen problemas 0:09:12.806,0:09:14.931 no embarazo, ás veces é mellor ser cauto." 0:09:14.955,0:09:18.051 Algunhas mulleres non queren[br]practicar sexo durante o embarazo, 0:09:18.075,0:09:19.331 e iso está perfecto. 0:09:19.355,0:09:21.971 Outras queren practicar sexo[br]durante o embarazo, 0:09:21.995,0:09:23.411 e iso tamén está perfecto. 0:09:23.435,0:09:26.141 O que cómpre parar é o feito[br]de que a sociedade lles diga 0:09:26.161,0:09:28.435 o que poden facer e que non co seu corpo. 0:09:29.475,0:09:31.595 (Aplausos) 0:09:36.035,0:09:40.691 As embarazadas non son recipientes [br]de reprodución sen cara nin identidade, 0:09:40.715,0:09:42.835 que non poden manterse en pé por si soas. 0:09:44.115,0:09:46.531 Mais a verdade é, o verdadeiro segredo é, 0:09:46.555,0:09:50.811 que lles dicimos a todas as mulleres[br]que o seu pracer sexual non importa. 0:09:50.835,0:09:54.051 Ata rexeitamos admitir que as mulleres[br]que practican sexo con outras 0:09:54.075,0:09:56.395 ou as que non queren ter[br]fillos existen. 0:09:56.835,0:09:58.531 "Oh, só é unha etapa... 0:09:58.555,0:10:00.875 só necesita que apareza o home adecuado." 0:10:02.155,0:10:04.491 Cada vez que unha muller practica sexo 0:10:04.515,0:10:06.491 simplemente porque se sente ben, 0:10:06.515,0:10:08.251 é algo revolucionario. 0:10:08.275,0:10:10.451 Ela é revolucionaria. 0:10:10.475,0:10:13.051 Vai en contra da sociedade que insiste 0:10:13.075,0:10:15.291 en que só existe para o pracer masculino 0:10:15.315,0:10:16.635 ou para a reprodución. 0:10:18.435,0:10:22.411 A muller que prioriza [br]as súas necesidades sexuais pon medo, 0:10:22.435,0:10:27.571 porque a muller que prioriza as súas[br]necesidades sexuais priorízase a si mesma. 0:10:27.595,0:10:31.371 (Aplauso) 0:10:31.395,0:10:35.811 É unha muller pedindo[br]ser tratada coma unha igual. 0:10:35.835,0:10:37.371 É unha muller que insiste 0:10:37.395,0:10:40.731 para que lle fagas sitio na mesa de poder, 0:10:40.755,0:10:42.651 e iso é o máis aterrador de todo 0:10:42.675,0:10:45.491 porque non podemos facer un sitio para ela 0:10:45.515,0:10:49.035 sen que algúns de nós teñamos que ceder[br]o noso espazo extra. 0:10:50.835,0:10:53.035 (Aplausos) 0:10:56.475,0:10:58.295 Teño un último segredo para vostedes. 0:10:58.955,0:11:00.811 Son nai de dous mozos 0:11:00.835,0:11:02.835 e serviríanos a súa axuda. 0:11:03.315,0:11:08.011 Aínda que os meus fillos me escoitan[br]dicir con frecuencia 0:11:08.035,0:11:11.571 que é importante que os homes[br]recoñezan as mulleres como iguais 0:11:11.595,0:11:14.131 e teñen en seu pai a un modelo, 0:11:14.155,0:11:18.275 precisamos que o que sucede no mundo[br]reforce o que pasa na nosa casa. 0:11:18.595,0:11:21.891 Isto non é un problema de homes[br]ou de mulleres. 0:11:21.915,0:11:23.491 Isto é problema de todos, 0:11:23.515,0:11:27.915 e todos temos un papel no desmantelamento[br]dos sistema de desigualdade. 0:11:28.515,0:11:31.131 Para comezar, debemos deixar[br]de dicirlles ás mulleres 0:11:31.155,0:11:33.571 o que poden facer cos seus corpos[br]e o que non. 0:11:33.595,0:11:36.635 (Aplausos) 0:11:38.235,0:11:42.131 Isto inclúe non tratar as embarazadas[br]como unha propiedade comunal. 0:11:42.155,0:11:45.851 Se non a coñecen, non lle pregunten[br]se lle poden tocar a barriga. 0:11:45.875,0:11:47.571 Non o farían con ninguén máis. 0:11:47.595,0:11:49.731 Non lle digan o que pode comer ou non. 0:11:49.755,0:11:52.921 Non lle pregunten por detalles privados[br]das súas decisións médicas. 0:11:52.945,0:11:54.691 E isto inclúe entender 0:11:54.715,0:11:57.291 que, incluso se vostede está[br]en contra do aborto, 0:11:57.315,0:11:59.995 pode seguir loitando[br]polo dereito das mulleres a decidir. 0:12:00.515,0:12:04.275 Cando se trata da igualdade das mulleres,[br]as dúas non poden entrar en conflito. 0:12:04.995,0:12:07.251 Se practica sexo con mulleres, 0:12:07.275,0:12:08.771 priorice o seu pracer. 0:12:08.795,0:12:11.195 E se non sabe como, pregunte. 0:12:12.075,0:12:13.571 Se ten fillos ou fillas -- 0:12:13.595,0:12:15.531 (Risas) 0:12:15.555,0:12:19.331 fale con eles de sexo tan[br]axiña como sexa posible, 0:12:19.355,0:12:23.731 porque os nenos xa non buscan s-e-x-o[br]no dicionario. 0:12:23.755,0:12:25.395 Búscano en internet. 0:12:26.355,0:12:29.035 E cando teñan esas conversas, 0:12:29.795,0:12:31.731 non se centren só na reprodución. 0:12:31.755,0:12:33.981 As persoas practican sexo[br]por múltiples razóns, 0:12:33.981,0:12:35.651 algunhas porque queren un bebé, 0:12:35.661,0:12:38.151 pero a maioría porque se sente ben. 0:12:38.195,0:12:39.395 Admítano. 0:12:40.795,0:12:43.371 E independentemente[br]de se teñen fillos ou non, 0:12:43.395,0:12:47.651 apoien unha educación sexual integral[br]que non avergoñe aos nosos adolescentes 0:12:47.675,0:12:50.355 (Aplausos) 0:12:56.155,0:12:58.731 Nada positivo se saca[br]de avergoñar a un adolescente 0:12:58.755,0:13:01.355 polos seus desexos[br]e comportamentos sexuais, 0:13:02.155,0:13:05.795 máis que tests positivos de embarazo[br]e de enfermidades de transmisión sexual 0:13:06.635,0:13:09.691 Cada día, dásenos a oportunidade 0:13:09.715,0:13:12.435 de racharmos cos patróns de desigualdade. 0:13:12.995,0:13:16.475 E penso que todos podemos estar de acordo[br]en que paga a pena facelo. 0:13:17.235,0:13:18.451 Grazas. 0:13:18.475,0:13:25.431 (Aplausos)