O comportamento moral nos animais
-
0:00 - 0:02Nacín en Den Bosch
-
0:02 - 0:05onde o pintor Hieronymus Bosch
tomou o seu nome -
0:05 - 0:07por iso sempre me sentín
moi preto del, -
0:07 - 0:10que viviu e traballou no século XV.
-
0:10 - 0:12O interesante entre el e a moralidade
-
0:12 - 0:15é que viviu cando a influencia
da relixión minguaba -
0:15 - 0:17e foi unha persoa que se preguntaba
-
0:17 - 0:19que lle sucedería á sociedade
-
0:19 - 0:22se non houbese relixión ou
se non a houbese. -
0:22 - 0:25E por iso pintou o seu famoso
cadro: "o Xardín das Delicias" -
0:25 - 0:27que algúns intrerpretan
-
0:27 - 0:29a humanidade sen perder Inocencia
-
0:29 - 0:32ou a humanidade sen
ningunha perda en absoluto. -
0:32 - 0:34E iso fai que se pregunten,
-
0:34 - 0:37que tería sucedido se non probaramos
da froita da sabedoría, -
0:37 - 0:40que tipo de moralidade teriamos?
-
0:40 - 0:42Máis tarde, como estudante,
-
0:42 - 0:44fun a un xardín moi diferente,
-
0:44 - 0:47o xardín zoolóxico de Arnhem
-
0:47 - 0:49onde viven chimpancés.
-
0:49 - 0:51Este son eu moi novo cun bebé chimpancé.
-
0:51 - 0:54(Risas)
-
0:54 - 0:56E alí descubrín
-
0:56 - 0:59que eles teñen fame de poder
e escribín un libro sobre iso. -
0:59 - 1:02Daquela a atención na investigación animal
-
1:02 - 1:04estaba na agresión e na competencia.
-
1:04 - 1:06Retratei unha imaxe do reino animal,
-
1:06 - 1:08e incluín a Humanidade,
-
1:08 - 1:10eramos no fondo competidores,
-
1:10 - 1:12agresivos,
-
1:12 - 1:15movémonos polo noso propio beneficio.
-
1:15 - 1:17Este é o inicio do meu libro.
-
1:17 - 1:19Non sei se os chimpacés o leron,
-
1:19 - 1:22mais pareceron interesados no libro.
-
1:24 - 1:26Durante o proceso
-
1:26 - 1:28todo este traballo sobre o poder
-
1:28 - 1:30a dominación, a agresión...
-
1:30 - 1:33descubrín que os chimpancés se reconcilian
despois das liortas. -
1:33 - 1:36O que ven aquí son dous machos
que acaban de rifar. -
1:36 - 1:39Rematan na copa da árbore,
sostendo a man doutro. -
1:39 - 1:42Segundos máis tarde fixen a foto,
xuntos na galla da árbore -
1:42 - 1:44bicándose e apertándose un a outro.
-
1:44 - 1:46Isto é moi interesante
-
1:46 - 1:49porque daquela todo era arredor
da competencia e da agresión, -
1:49 - 1:51así que non tería sentido.
-
1:51 - 1:53O único que importa é se gañas ou perdes.
-
1:53 - 1:55Por que reconciliarse
despois de rifar? -
1:55 - 1:57Non ten sentido.
-
1:57 - 2:00Esta é a forma na que os bonobos o fan.
Usan o sexo para todo. -
2:00 - 2:02Así que tamén para se reconciliaren.
-
2:02 - 2:04Mais o principio é exactamente o mesmo.
-
2:04 - 2:06A máxima é que tes
-
2:06 - 2:08unha relación valiosa
-
2:08 - 2:10que está danada por un conflito,
-
2:10 - 2:12así que necesitas facer algo.
-
2:12 - 2:14Daquela a miña idea do reino animal,
-
2:14 - 2:16e inclúo tamén aos humanos,
-
2:16 - 2:18empezou a mudar naquela altura.
-
2:18 - 2:20Ben, temos esta imaxe
-
2:20 - 2:22en ciencias políticas, económicas,
-
2:22 - 2:24humanidades e filosofía,
-
2:24 - 2:26que o home é un lobo para o home.
-
2:26 - 2:29Así que o máis profundo da nosa
natureza é noxenta. -
2:29 - 2:32Eu creo que a imaxe é moi inxusta co lobo.
-
2:32 - 2:34O lobo
-
2:34 - 2:36é un animal moi cooperativo.
-
2:36 - 2:38Razón pola que teñen un can na casa,
-
2:38 - 2:40que ademais ten estas características.
-
2:40 - 2:42E é moi inxusto coa humanidade,
-
2:42 - 2:46porque a humanidade é sen dúbida
moito máis cooperativa e empática -
2:46 - 2:48do que se cre.
-
2:48 - 2:50Empecei a interesarme por eses temas
-
2:50 - 2:52e a estudalos noutros animais.
-
2:52 - 2:54Estes son os alicerces da moralidade.
-
2:54 - 2:58Se preguntas a alguén: "en que
se basa a moralidade?" -
2:58 - 3:00os dous factores que sempre aparecen son
-
3:00 - 3:02a reciprocidade,
-
3:02 - 3:05asociada a ela está a noción de xustiza
e o senso de equidade. -
3:05 - 3:07E a outra é a empatía e a compaixón.
-
3:07 - 3:10E a moralidade humana é máis ca isto,
-
3:10 - 3:12pero se retiran estes dous piares,
-
3:12 - 3:14non ficaría, creo, moito.
-
3:14 - 3:16Polo que son absolutamente esenciais.
-
3:16 - 3:18Permítanme aportarlles dous exemplos.
-
3:18 - 3:20Este vídeo vello do Yerkes
Primate Center -
3:20 - 3:23onde adestraban chimpacés para cooperar.
-
3:23 - 3:26Aproximadamente hai uns cen anos
-
3:26 - 3:29que estamos a facer experimentos
sobre a cooperación. -
3:29 - 3:32O que teñen aquí son dous chimpacés novos
que teñen unha caixa, -
3:32 - 3:35a caixa é demasiado pesada para que
un chimpancé turra só dela. -
3:35 - 3:37Por suposto, dentro da caixa hai comida,
-
3:37 - 3:39senón non turrarían tan forte.
-
3:39 - 3:41Aquí vémolos turrando da caixa.
-
3:41 - 3:43E poden observar que están sincronizados.
-
3:43 - 3:46Poden ver que traballan xuntos,
turran ao mesmo tempo. -
3:46 - 3:49É un gran avance con respecto
a outros animais -
3:49 - 3:51incapaces de facer tal cousa.
-
3:51 - 3:53Agora temos unha imaxe máis interesante,
-
3:53 - 3:56porque un dos chimpancés recibe comida.
-
3:56 - 3:58Aquí un dos dous xa non quere colaborar
-
3:58 - 4:01no asunto
-
4:01 - 4:04(Risas)
-
4:08 - 4:13(Risas)
-
4:19 - 4:22(Risas)
-
4:35 - 4:38Agora ollen o que pasa ao final.
-
4:41 - 4:43(Risas)
-
4:52 - 4:54Adónase basicamente de todo.
-
4:54 - 4:57(Risas)
-
4:57 - 4:59Hai dúas cousas interesantes aquí.
-
4:59 - 5:01Un é que o chimpacé da dereita
-
5:01 - 5:03entende que necesita un parceiro,
-
5:03 - 5:05e entende que necesita cooperación.
-
5:05 - 5:08O segundo ten intención de traballar
-
5:08 - 5:10aínda que non está interesado na comida.
-
5:10 - 5:13Poida que teña que ver coa reciprocidade.
-
5:13 - 5:15Hai evidencias en primates
-
5:15 - 5:17e outros animais que devolven os favores.
-
5:17 - 5:19Conseguirá que lle devolva o favor
-
5:19 - 5:21máis adiante.
-
5:21 - 5:23Así como todo isto funciona.
-
5:23 - 5:25Fixemos o mesmo con elefantes.
-
5:25 - 5:28É moi perigoso traballarmos con elefantes.
-
5:28 - 5:30Outro problema con eles
-
5:30 - 5:32é que non podes facer aparatos
-
5:32 - 5:34xa que son demasiado pesados.
-
5:34 - 5:36Agora podes probablemente facelo,
-
5:36 - 5:38mais acho que será un trebello moi fráxil.
-
5:38 - 5:40Así que o que fixemos nesta ocasión
-
5:40 - 5:43foi levar adiante estes estudos
en Tailandia por Josh Plotnik -
5:43 - 5:46e facer un aparato circular que ten
unha única corda -
5:46 - 5:48e se turras deste lado da corda,
-
5:48 - 5:50a corda desaparece doutro lado.
-
5:50 - 5:53Dous elefantes teñen que turraren delas
á vez. -
5:53 - 5:55Se non o fan nada sucederá
-
5:55 - 5:57e a corda desaparece.
-
5:57 - 5:59Na primeira gravación que van ver
-
5:59 - 6:01hai dous elefantes que ceibamos a un tempo
-
6:01 - 6:03e chegan até o trebello.
-
6:03 - 6:06O aparato está á esquerda con comida.
-
6:06 - 6:09Van xuntos, chegan xuntos.
-
6:09 - 6:11Recollen e turran xuntos pola corda.
-
6:11 - 6:14Para eles é algo moi sinxelo.
-
6:15 - 6:17Velaquí.
-
6:24 - 6:26E así é como o traen.
-
6:26 - 6:28Mais agora ímolo facer máis difícil.
-
6:28 - 6:30Porque o propósito deste experimento
-
6:30 - 6:32é saber o ben que entenden a cooperación.
-
6:32 - 6:35Enténdena tan ben como os chimpancés,
por exemplo? -
6:35 - 6:37O noso seguinte paso é
-
6:37 - 6:39ceibar un elefante antes ca o outro,
-
6:39 - 6:41e ese elefante necesita ser intelixente
-
6:41 - 6:43para ficar alí e agardar sen turrar
-
6:43 - 6:46porque se turra, desaparece
e todo o experimento remata. -
6:46 - 6:48Agora este elefante fai algo ilegal
-
6:48 - 6:50que nós non lle ensinamos.
-
6:50 - 6:52Mais explica o entendemento que ten,
-
6:52 - 6:55porque pon a súa pata sobre a corda,
fica sobre ela -
6:55 - 6:57e espera até que o outro chega,
-
6:57 - 7:00así o outro fará todo o traballo por el.
-
7:00 - 7:03Iso é que chamamos "a sopa boba".
-
7:03 - 7:05(Risas)
-
7:05 - 7:08Isto amosa a intelixencia que teñen.
-
7:08 - 7:11Desenvolven varias destas
técnicas alternativas -
7:11 - 7:14que non aprobamos necesariamente.
-
7:14 - 7:19Agora o outro elefante aparece
-
7:19 - 7:22e disponse a turrar da corda
-
7:38 - 7:41Agora olla ao outro. O outro non
se esquece de comer. -
7:41 - 7:45(Risas)
-
7:45 - 7:47Esta foi a cooperación, a reciprocidade.
-
7:47 - 7:49Agora algo sobre a empatía.
-
7:49 - 7:51A empatía é a miña especialidade-
-
7:51 - 7:53A empatía ten dúas cualidades.
-
7:53 - 7:56Unha é entender ao outro. A definición
habitual é a abilidade -
7:56 - 7:58de entender e compartir os sentimentos.
-
7:58 - 8:00E a parte emocional.
-
8:00 - 8:02A empatía basicamente
ten dúas canles. -
8:02 - 8:04Unha é o corpo como canle.
-
8:04 - 8:06Se falas cunha persoa triste,
-
8:06 - 8:09adoptarás unha expresión e postura triste,
-
8:09 - 8:11e antes de que o saibas.
-
8:11 - 8:14Esa é a canle corporal
da empatía emocional -
8:14 - 8:16que teñen os animais.
-
8:16 - 8:18O voso can tamén a ten.
-
8:18 - 8:20Razón pola que temos mamíferos
nas casas -
8:20 - 8:22e non tartarugas ou cobras
ou cousas -
8:22 - 8:24que non teñen esa clase de empatía.
-
8:24 - 8:26E temos tamén a canle cognitiva.
-
8:26 - 8:28que é máis que captar a perspectiva doutro
-
8:28 - 8:30e iso é máis limitado.
-
8:30 - 8:32Hai poucos animais
-
8:32 - 8:35quen de facelo. Os elefantes e
primates poden. -
8:35 - 8:37A sincronización,
-
8:37 - 8:39que é unha parte do mecanismo
da empatía -
8:39 - 8:41é moi antiga no reino animal.
-
8:41 - 8:43e en humanos podemos estudala
-
8:43 - 8:45co bocexo contaxioso.
-
8:45 - 8:47Os humanos bocexamos cando outros bocexan.
-
8:47 - 8:49e está relacionado coa empatía.
-
8:49 - 8:51Activa a mesma área do cerebro.
-
8:51 - 8:53Sabemos que quen ten
o bocexo contaxioso -
8:53 - 8:55é moi empáticos.
-
8:55 - 8:57Por exemplo, os nenos autistas
-
8:57 - 8:59non teñen bocexo contaxioso.
-
8:59 - 9:01Así que hai unha conexión.
-
9:01 - 9:04E o estudamos nos chimpances poñéndoos
ante unha cabeza animada. -
9:04 - 9:06O que se ve na esquina
superior esquerda -
9:06 - 9:08é unha cabeza animada que bocexa
-
9:08 - 9:10e hai un chimpacé ollando,
-
9:10 - 9:13un chimpancé de carne e óso que
olla unha pantalla -
9:13 - 9:16sobre o que se ven estas animacións.
-
9:20 - 9:22(Risas)
-
9:22 - 9:24Bocexar é contaxioso
-
9:24 - 9:26algo co que estamos familiarizados.
-
9:26 - 9:29E se cadra vós comezan
a bocexar axiña. -
9:29 - 9:32É algo que compartimos con outros animais
-
9:32 - 9:35e está relacionado co canal
corporal da sincronización -
9:35 - 9:37que está á súa vez relacionado coa empatía
-
9:37 - 9:40e que é universal entre os mamíferos.
-
9:40 - 9:43Ademais estudamos expresións
máis complexas. O consolo. -
9:43 - 9:46Este é un chimpacé macho que rifou
e está berrando, -
9:46 - 9:48e un novo achégase e rodéao co seu brazo
-
9:48 - 9:50e acóugao.
-
9:50 - 9:53Iso é o consolo. É moi semellante
ao consolo humano. -
9:53 - 9:56E o comportamento do consolo
-
9:56 - 9:58está impulsado pola empatía.
-
9:58 - 10:01Hoxe se estuda a empatía nos nenos
-
10:01 - 10:03facendo que un membro da familia
-
10:03 - 10:05actúe angustiado e así ven que fan.
-
10:05 - 10:07E iso está relacionado coa empatía,
-
10:07 - 10:10e ese é o tipo de expresión que vemos.
-
10:10 - 10:13Hai pouco publicamos un experimento
-
10:13 - 10:16sobre o altruísmo e os chimpacés
-
10:16 - 10:18e pregúntase: preocúpanse
os chimpancés -
10:18 - 10:20sobre o benestar doutro?
-
10:20 - 10:22Durante décadas asumimos
-
10:22 - 10:24que só o podemos facer os humanos,
-
10:24 - 10:27que só os humanos nos preocupamos
do benestar dos demais. -
10:27 - 10:29Fixemos un experimento moi sinxelo.
-
10:29 - 10:32Fixémolo con chimpancés que viven
en Lawrenceville, -
10:32 - 10:34nunha estación de campo en Yerkes.
-
10:34 - 10:36E así é como viven.
-
10:36 - 10:39Chamámolos para que entren nun cuarto
e experimentamos con eles -
10:39 - 10:41Neste caso, poñemos un
a carón doutro. -
10:41 - 10:44Un ten unha bolsa con fichas, as pezas
teñen diferentes sensos. -
10:44 - 10:47Unha das fichas alimenta só
ao parceiro que escolle, -
10:47 - 10:49a outro alimenta a ámbolos dous.
-
10:49 - 10:52Este é un estudo que fixemos
con Vicky Horner. -
10:53 - 10:55Aquí tedes as fichas de dúas cores.
-
10:55 - 10:57Así que teñen unha bolsa enteira delas.
-
10:57 - 11:00E teñen que escoller unha
entre as dúas cores. -
11:00 - 11:03Agora veredes como funciona.
-
11:03 - 11:06Se este chimpancé fai a escolla egoísta,
-
11:06 - 11:09que é neste caso a ficha vermella,
-
11:09 - 11:11necesita devolvérnola.
-
11:11 - 11:14Nós poñémola sobre a mesa
onde hai dúas recompensas, -
11:14 - 11:17neste caso só o da dereita obtén comida.
-
11:17 - 11:19A que está á dereita marcha porque xa sabe
-
11:19 - 11:22que este non é un bo resultado para ela.
-
11:22 - 11:24Entón o próximo é a ficha pro-social.
-
11:24 - 11:27Aquel que escolle, esa é
a parte interesante, -
11:27 - 11:29para quen escolle,
-
11:29 - 11:31non ten neste caso importancia.
-
11:31 - 11:34Así que entrega unha ficha pro-social
e ambos reciben comida. -
11:34 - 11:37O que escolle sempre obtén
unha recompensa. -
11:37 - 11:39polo que quen escolla non ten relevancia.
-
11:39 - 11:41E ela debería entón escoller a cegas.
-
11:41 - 11:43Mais o que nos atopamos
-
11:43 - 11:45é que prefiren a ficha pro-social.
-
11:45 - 11:48Esta é a liña cincuenta por cento que
é o esperable no azar. -
11:48 - 11:51Se o compañeiro atrae a atención
sobre el escollen máis, -
11:51 - 11:54e tamén se o compañeiro lles mete presión.
-
11:54 - 11:57Se o compañeiro comeza
a cuspir e intimidalos -
11:57 - 12:00entón diminúen as escollas.
-
12:00 - 12:02É como se dixesen,
-
12:02 - 12:04"se non te comportas non
serei pro-social" -
12:04 - 12:06E isto é o que pasa sen compañeiro,
-
12:06 - 12:08cando non hai un parceiro sentado aí.
-
12:08 - 12:10Agora sabemos que os chimpacés
-
12:10 - 12:12se preocupan de que os demais estean ben
-
12:12 - 12:15especialmente, se son membros
do seu mesmo grupo. -
12:15 - 12:18O experimento final que quero expoñer
-
12:18 - 12:20é o noso estudo sobre a equidade.
-
12:20 - 12:23Esto chegou a ser un estudo moi famoso.
-
12:23 - 12:25Agora hai moitos máis,
-
12:25 - 12:27despois de facermos
isto hai dez anos, -
12:27 - 12:29chegou a ser moi coñecido.
-
12:29 - 12:31O primeiro foi con monos capuchinos.
-
12:31 - 12:34Vou amosarlles o noso experimento.
-
12:34 - 12:37Foi feito con cans e paxaros
-
12:37 - 12:39e con chimpacés.
-
12:39 - 12:43Mais con Sarah Brosnan empezamos
con monos capuchinos. -
12:43 - 12:45Así que o que fixemos foi
-
12:45 - 12:47poñer dous capuchinos
cóbado con cóbado. -
12:47 - 12:49Viven en grupo
e coñécense entre eles. -
12:49 - 12:52Tirámolos do grupo e puxémolos
nunha cámara de experimentación. -
12:52 - 12:54E hai unha tarefa moi simple
-
12:54 - 12:56que necesitan facer.
-
12:56 - 12:59Se lle dan aos dous cogombro
para faceren a tarefa, -
12:59 - 13:01os dous monos un a carón doutro,
-
13:01 - 13:03son capaces de facelo 25 veces seguidas.
-
13:03 - 13:07Así que o cogombro, que para min
non é máis que auga, -
13:07 - 13:10para eles é algo estupendo.
-
13:10 - 13:13Agora se lle dan uvas ao compañeiro,
-
13:13 - 13:15a comida preferida dos capuchinos,
-
13:15 - 13:18corresponde exactamente cos prezos
no supermercado -
13:18 - 13:21polo tanto se lle dan uvas, unha comida
moito mellor -
13:21 - 13:24entón crean desigualdade entre eles.
-
13:24 - 13:26Ben este é o experimento que fixemos.
-
13:26 - 13:29Hai pouco gravámolo con novos monos
que non fixeran esta tarefa -
13:29 - 13:31pensando que reaccionarían
máis forte -
13:31 - 13:33e tiñamos razón.
-
13:33 - 13:35O da esquerda é o que recibe o cogombro.
-
13:35 - 13:38O da dereita recibe uvas.
-
13:38 - 13:40O que recibe cogombro,
-
13:40 - 13:42vexan como a primeira peza está ben.
-
13:42 - 13:45O primeiro anaco o come.
-
13:45 - 13:48Agora o outro recibe unha uva,
verán que lle sucede. -
13:48 - 13:51Entréganos unha pedra. Esa é a tarefa.
-
13:51 - 13:54E nós dámoslles un anaco
de cogombro e o comen. -
13:54 - 13:57O outro debe darnos unha pedra
-
13:57 - 14:00e así o fai.
-
14:00 - 14:03E ela consegue unha uva e a come.
-
14:03 - 14:05O outro observa.
-
14:05 - 14:07Dános unha pedra
-
14:07 - 14:10e recibe, outra vez, cogombro.
-
14:12 - 14:27(Risas)
-
14:27 - 14:30Proba a pedra contra a parede.
-
14:30 - 14:32Ten que entregárnola.
-
14:32 - 14:35E recibe cogombro outra vez.
-
14:37 - 14:41(Risas)
-
14:43 - 14:47O que aquí vemos é a protesta
contra Wall Street. -
14:47 - 14:50(Risas)
-
14:50 - 14:53(Aplauso)
-
14:53 - 14:55Permítanme,
-
14:55 - 14:57permítanme contar unha historia graciosa.
-
14:57 - 14:59Este estudo chegou a ser moi famoso
-
14:59 - 15:01e recibimos moitos comentarios,
-
15:01 - 15:03en concreto de antropólogos,
economistas, -
15:03 - 15:05filósofos.
-
15:05 - 15:07Non lles gustou en absoluto.
-
15:07 - 15:10Porque dicidiran nas súas mentes, creo,
-
15:10 - 15:12que a equidade é un asunto moi complexo
-
15:12 - 15:14e que os animais non a teñen.
-
15:14 - 15:16Incluso un filósofo escribiunos
-
15:16 - 15:19que é imposible que un mono
teña a noción da equidade -
15:19 - 15:22porque a equidade foi inventada
durante a Revolución Francesa. -
15:22 - 15:24(Risas)
-
15:24 - 15:27Outro escribiu un capítulo enteiro
-
15:27 - 15:31dicindo que crería que todo isto
tiña algo que ver coa equidade -
15:31 - 15:33se o que obtiña as uvas renunciase a elas.
-
15:33 - 15:35Agora o chiste esta en que Sarah Brosnan,
-
15:35 - 15:37que leva fai isto mesmo con chimpancés,
-
15:37 - 15:39tiña unha parella de combinacións deles
-
15:39 - 15:42onde, sen dúbida, aquel que recibía
a uva refugábaa -
15:42 - 15:44até que o seu compañeiro obtivese unha.
-
15:44 - 15:47Aquí nos achegamos moito á
noción humana de equidade. -
15:47 - 15:51Acho que os filósofos necesitan repensar
a súa filosofía durante un momento. -
15:51 - 15:53Resumindo,
-
15:53 - 15:55coido que hai unha moralidade evolutiva.
-
15:55 - 15:57e que é moito máis do que levamos falado,
-
15:57 - 16:00mais sería imposible sen
estes ingredientes -
16:00 - 16:02que atopamos noutros primates,
-
16:02 - 16:04que son a empatía e o consolo,
-
16:04 - 16:07as tendencias pro-sociais, a reciprocidade
-
16:07 - 16:10e a noción de xustiza. Traballamos
para ver se podemos -
16:10 - 16:13crear unha moralidade de abaixo a arriba
-
16:13 - 16:15sen implicar a Deus e a relixión,
-
16:15 - 16:18e ver como podemos chegar até
unha moralidade evolutiva -
16:18 - 16:21Grazas pola súa atención.
-
16:21 - 16:30(Aplausos)
- Title:
- O comportamento moral nos animais
- Speaker:
- Frans de Waal
- Description:
-
Empathy, cooperation, fairness and reciprocity -- caring about the well-being of others seems like a very human trait. But Frans de Waal shares some surprising videos of behavioral tests, on primates and other mammals, that show how many of these moral traits all of us share.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 16:31
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo accepted Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals | |
![]() |
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals |