Return to Video

Como afecta a menopausa o cerebro

  • 0:01 - 0:04
    As mulleres son obras de arte.
  • 0:04 - 0:06
    Tanto por dentro coma por fóra.
  • 0:06 - 0:10
    Eu son neurocientífica
    e fíxome no interior,
  • 0:10 - 0:12
    especialmente no cerebro das mulleres.
  • 0:13 - 0:15
    Moitas teorías diferencian
    o cerebro feminino
  • 0:15 - 0:17
    e o masculino.
  • 0:17 - 0:19
    Levo examinando cerebros 20 anos
  • 0:19 - 0:22
    e podo garantir que non existe iso
    que chaman
  • 0:22 - 0:24
    xénero do cerebro.
  • 0:24 - 0:26
    Rosa e azul, Barbie e Lego,
  • 0:26 - 0:29
    iso son todo invencións
    que non teñen nada que ver
  • 0:29 - 0:31
    coa forma en como se constrúe o cerebro.
  • 0:32 - 0:35
    Dito esto, os cerebros das mulleres
    discordan dos dos homes
  • 0:35 - 0:37
    nalgúns aspectos.
  • 0:37 - 0:39
    Eu estou aquí
    para falar desas diferenzas,
  • 0:39 - 0:42
    porque afectan realmente á nosa saúde.
  • 0:42 - 0:44
    Por exemplo,
  • 0:44 - 0:47
    é máis probable que se lle diagnostique
    a unha muller un trastorno de ansiedade
  • 0:47 - 0:49
    ou depresión,
  • 0:49 - 0:51
    por non mencionar
    dores de cabeza ou xaqueca.
  • 0:52 - 0:54
    Pero tamén,
    no centro da miña investigación,
  • 0:54 - 0:58
    teñen máis posibilidades
    de sufrir alzhéimer que os homes.
  • 0:58 - 1:00
    O alzhéimer é a causa máis común
  • 1:00 - 1:02
    de demencia no planeta,
  • 1:02 - 1:07
    xa que afecta a case 6 millóns de persoas
    só nos Estados Unidos.
  • 1:08 - 1:11
    Pero case dous terzos desas persoas
  • 1:11 - 1:13
    son mulleres.
  • 1:13 - 1:16
    Así que, por cada home que sofre alzhéimer
  • 1:16 - 1:18
    hai dúas mulleres que o sofren.
  • 1:18 - 1:21
    Por que ocorre isto en xeral?
  • 1:21 - 1:22
    Pola idade?
  • 1:22 - 1:23
    Pola esperanza de vida?
  • 1:23 - 1:26
    Que máis podería ser?
  • 1:26 - 1:27
    Hai algúns anos,
  • 1:27 - 1:29
    lanzei a Iniciativa
    do Cerebro Feminino
  • 1:29 - 1:31
    na Weill Cornell Medicine de Nova York,
  • 1:31 - 1:34
    para dar resposta
    precisamente a esas preguntas.
  • 1:34 - 1:37
    Esta noite vin con algunhas respostas.
  • 1:38 - 1:42
    Parece ser que os nosos cerebros
    envellecen de forma diferente
  • 1:42 - 1:46
    e aquí a menopausa ten un papel
    moi importante no caso as mulleres.
  • 1:47 - 1:50
    Moita xente imaxina o cerebro
    coma unha especie de caixa negra,
  • 1:50 - 1:52
    que está illada do resto do corpo.
  • 1:52 - 1:56
    Pero, realmente, os nosos cerebros
    están en constante interacción
  • 1:56 - 1:57
    co resto do noso corpo.
  • 1:57 - 1:58
    E pode que lles sorprenda,
  • 1:58 - 2:02
    pero esas interaccións
    co sistema reprodutivo
  • 2:02 - 2:06
    son cruciais para
    o envellecemento do cerebro da muller.
  • 2:06 - 2:09
    Estas interaccións
    médianas as nosas hormonas.
  • 2:09 - 2:13
    E sabemos que as hormonas
    son diferentes dependendo do noso xénero.
  • 2:13 - 2:16
    Os homes teñen máis testosterona,
    as mulleres teñen máis estróxenos.
  • 2:16 - 2:18
    Pero o que realmente importa
  • 2:18 - 2:21
    é que estas hormonas
    teñen unha lonxevidade diferente.
  • 2:21 - 2:25
    A testosterona dos homes non se acaba
    ata o final da súa vida,
  • 2:25 - 2:29
    o que resulta ser un proceso lento
    e case sen síntomas, por suposto.
  • 2:30 - 2:33
    (Risas)
  • 2:33 - 2:35
    Por outra parte,
    os estróxenos das mulleres,
  • 2:35 - 2:38
    comezan a desaparecer a mediana idade,
    durante a menopausa,
  • 2:38 - 2:42
    polo que ten moitos síntomas.
  • 2:42 - 2:45
    Asociamos menopausa con ovarios,
  • 2:45 - 2:48
    pero cando as mulleres dicimos
    que temos acoros,
  • 2:48 - 2:52
    suores nocturnas, insomnio,
    lapsus de memoria, depresión, ansiedade,
  • 2:52 - 2:54
    eses síntomas non comezan nos ovarios.
  • 2:54 - 2:57
    Senón no cerebro.
  • 2:57 - 2:59
    Son síntomas neurolóxicos.
  • 2:59 - 3:02
    O que ocorre é que non estamos acostumados
    a pensar neles como tales.
  • 3:02 - 3:04
    E por que?
  • 3:04 - 3:07
    Por que a menopausa
    afecta os nosos cerebros?
  • 3:07 - 3:09
    Ben, en primeiro lugar,
  • 3:09 - 3:13
    o cerebro e os ovarios
    forman parte do sistema neuroendócrino.
  • 3:13 - 3:15
    Como parte do sistema,
    o cerebro fala cos ovarios
  • 3:15 - 3:17
    e os ovarios respóndenlle.
  • 3:17 - 3:20
    Isto ocorre
    todos os días da vida dunha muller.
  • 3:20 - 3:24
    Polo tanto, a saúde dos ovarios
    está relacionada coa saúde do cerebro.
  • 3:24 - 3:26
    E ao revés.
  • 3:26 - 3:28
    Ao mesmo tempo,
  • 3:28 - 3:31
    as hormonas como o estróxeno
    non participan só na reprodución,
  • 3:31 - 3:34
    tamén na funcionalidade do cerebro.
  • 3:34 - 3:37
    O estróxeno ou estradiol, en particular,
  • 3:37 - 3:41
    é un dos elementos clave
    na produción de enerxía no cerebro.
  • 3:41 - 3:42
    A nivel celular,
  • 3:42 - 3:46
    o estróxeno empuxa neuronas, literalmente,
    para queimar glicosa e producir enerxía.
  • 3:46 - 3:48
    Se o nivel de estróxeno é alto
  • 3:48 - 3:50
    o nivel de enerxía do cerebro é alta.
  • 3:50 - 3:52
    Pero cando o nivel de estróxeno baixa,
  • 3:52 - 3:56
    as neuronas comezan a ir máis amodo
    e envellecen máis axiña.
  • 3:56 - 3:58
    Algúns estudos mostraron
    que este proceso
  • 3:58 - 4:02
    pode dar lugar incluso
    á formación de placas amiloides,
  • 4:02 - 4:03
    ou placas neuríticas,
  • 4:03 - 4:06
    que son propias do alzhéimer.
  • 4:06 - 4:09
    Os efectos son maiores
    en rexións específicas do cerebro,
  • 4:09 - 4:11
    comezando polo hipotálamo,
  • 4:11 - 4:14
    que se encarga de regular
    a temperatura do corpo.
  • 4:14 - 4:17
    Cando o estróxeno
    non activa correctamente o hipotálamo,
  • 4:17 - 4:21
    o cerebro non pode regular
    a temperatura do corpo correctamente.
  • 4:21 - 4:23
    Así que, os acoros que sofren as mulleres
  • 4:23 - 4:26
    cáusaos o hipotálamo.
  • 4:26 - 4:29
    Despois está o tronco encefálico,
    encargado do sono e do espertar.
  • 4:29 - 4:32
    Cando o estróxeno
    non o activa correctamente,
  • 4:32 - 4:34
    temos problemas para durmir.
  • 4:34 - 4:35
    A amígdala
  • 4:35 - 4:38
    é o centro emocional do cerebro
    e está preto do hipocampo.
  • 4:38 - 4:40
    É o centro de memoria do cerebro.
  • 4:40 - 4:43
    Cando os niveis de estróxeno
    baixan nesas rexións,
  • 4:43 - 4:45
    podemos comezar a ter cambios de humor
  • 4:45 - 4:47
    e esquecer cousas.
  • 4:47 - 4:51
    En resumo, esta é
    a anatomía cerebral da menopausa.
  • 4:51 - 4:52
    Permítanme mostrarlles
  • 4:52 - 4:55
    como é un cerebro real dunha muller.
  • 4:55 - 4:57
    Isto é como un escáner do cerebro
  • 4:57 - 5:00
    chamado tomografía por emisión
    por positróns (TEP).
  • 5:00 - 5:02
    Céntrase nos niveis de enerxía do cerebro.
  • 5:02 - 5:06
    Así é como queremos
    que se vexa o noso cerebro
  • 5:06 - 5:07
    cando temos 40 anos.
  • 5:07 - 5:09
    Moi fermoso e brillante.
  • 5:09 - 5:12
    Agora, este cerebro
    pertence a unha muller de 43 anos
  • 5:12 - 5:16
    cando se lle fixo o primeiro escáner,
    antes da menopausa.
  • 5:16 - 5:20
    Este é o mesmo cerebro,
    pero oito anos máis tarde,
  • 5:20 - 5:23
    despois da menopausa.
  • 5:23 - 5:25
    Se os observamos xuntos,
  • 5:25 - 5:27
    penso que se pode ver ben
    que o amarelo brillante
  • 5:27 - 5:30
    transformouse en laranxa, case violeta.
  • 5:30 - 5:34
    Iso supón unha baixada do 30 %
    nos niveis de enerxía cerebral.
  • 5:35 - 5:37
    Agora, en xeral,
  • 5:37 - 5:42
    non parece que isto
    lle ocorra a un home da mesma idade.
  • 5:43 - 5:45
    Nos nosos estudos con centos de persoas,
  • 5:45 - 5:50
    mostramos que os homes de mediana idade
    soen ter niveis de enerxía máis altos.
  • 5:50 - 5:54
    Nas mulleres, o nivel de enerxía cerebral
    soe estar ben antes da menopausa
  • 5:54 - 5:58
    pero vai diminuíndo gradualmente
    durante esta transición.
  • 5:59 - 6:02
    E esto ocorre independentemente da idade.
  • 6:02 - 6:05
    Non importaba que as mulleres
    tivesen 40, 50 ou 60 anos.
  • 6:05 - 6:09
    O que máis importaba
    era que tiñan a menopausa.
  • 6:09 - 6:12
    Precisabamos investigar
    máis para confirmar isto,
  • 6:12 - 6:15
    pero os cerebros das mulleres
    de mediana idade
  • 6:15 - 6:17
    son máis sensíbeis
    ao envellecemento hormonal
  • 6:17 - 6:20
    que ao envellecemento cronolóxico normal.
  • 6:20 - 6:22
    Esta información é moi importante,
  • 6:22 - 6:26
    pois hai moitas mulleres
    que notan estes cambios.
  • 6:26 - 6:28
    Moitas das miñas pacientes téñenme dito
  • 6:28 - 6:31
    que senten que a súa mente xoga con elas,
  • 6:31 - 6:32
    por dicilo dun xeito suave.
  • 6:32 - 6:35
    Así que eu quero darlle validez a isto,
    porque ocorre de verdade.
  • 6:35 - 6:39
    E só por aclaralo: se che pasa isto,
  • 6:39 - 6:41
    non estás tola.
  • 6:41 - 6:43
    (Risas)
  • 6:43 - 6:45
    (Aplausos)
  • 6:45 - 6:46
    Gracias.
  • 6:47 - 6:48
    É importante.
  • 6:48 - 6:51
    A moitas mulleres preocúpalles
    estaren perdendo a cabeza.
  • 6:51 - 6:55
    Pero a verdade é que o voso cerebro
    pode estar pasando por unha transición,
  • 6:55 - 6:56
    ou xa está en transición
  • 6:56 - 6:59
    e precisa tempo e apoio para axustarse.
  • 6:59 - 7:01
    Tamén, se a alguén lle preocupa
  • 7:01 - 7:04
    que as mulleres desta idade
    poidan render por debaixo do esperado
  • 7:04 - 7:07
    gustaríame engadir que tamén
    observamos o rendemento cognitivo,
  • 7:07 - 7:08
    Deus non o queira, verdade?
  • 7:08 - 7:10
    (Risas)
  • 7:10 - 7:12
    Non fagamos iso.
  • 7:12 - 7:14
    Pero estudamos o rendemento cognitivo,
  • 7:14 - 7:17
    e non atopamos ningunha diferenza
    entre homes e mulleres
  • 7:17 - 7:20
    antes e despois da menopausa.
  • 7:20 - 7:22
    Hai máis estudos que o confirman.
  • 7:22 - 7:25
    En resumo, podemos estar cansas,
  • 7:25 - 7:27
    pero seguimos a ser intelixentes.
  • 7:27 - 7:29
    (Risas)
  • 7:29 - 7:31
    Deixemos de pensar iso.
  • 7:31 - 7:33
    Dito todo isto,
  • 7:33 - 7:35
    hai unha cousa aínda máis seria
    que merece a nosa atención.
  • 7:36 - 7:37
    Se recordan, xa mencionei
  • 7:37 - 7:40
    que as baixadas do nivel de estróxeno
    poderían favorecer
  • 7:40 - 7:43
    a formación de placas amiloides
    ou placas neuríticas.
  • 7:43 - 7:46
    Hai outro tipo de escáner cerebral
    co que se ven exactamente esas placas.
  • 7:46 - 7:50
    E nós usámolo para mostrar que os homes
    de mediana idade case non tiñan ningunha.
  • 7:50 - 7:52
    Isto está moi ben.
  • 7:52 - 7:53
    Pero, para as mulleres,
  • 7:53 - 7:58
    hai un pequeno incremento
    durante a transición cara a menopausa.
  • 7:58 - 8:00
    E quero ser moi, moi clara aquí:
  • 8:00 - 8:03
    non todas as mulleres
    desenvolven as placas,
  • 8:03 - 8:06
    e non todas as mulleres con placas
    desenvolven demencia.
  • 8:06 - 8:08
    Telas é un factor de risco,
  • 8:08 - 8:12
    pero non é en ningún caso un diagnóstico,
    especialmente neste punto.
  • 8:12 - 8:15
    Pero, aínda así, é unha idea
  • 8:15 - 8:17
    para asociar o alzhéimer coa menopausa.
  • 8:17 - 8:20
    Pensamos na menopausa
    como algo da mediana idade
  • 8:20 - 8:23
    e no alzhéimer como algo da vellez.
  • 8:23 - 8:24
    Pero, en realidade,
  • 8:24 - 8:26
    moitos estudos, incluíndo o meu,
  • 8:26 - 8:30
    mostraron que o alzhéimer comeza
    con cambios negativos no cerebro
  • 8:30 - 8:35
    que se producen anos, se non décadas,
    antes dos síntomas clínicos.
  • 8:35 - 8:36
    Así que, para as mulleres,
  • 8:36 - 8:39
    parece que este proceso
    comeza na metade da vida,
  • 8:39 - 8:40
    durante a menopausa.
  • 8:40 - 8:42
    Esta información é importante
  • 8:42 - 8:46
    porque nos dá unha liña temporal
    para comezar a investigar eses cambios.
  • 8:47 - 8:49
    En termos dunha liña temporal,
  • 8:49 - 8:52
    a maioría das mulleres sofren a menopausa
    sobre os 50 anos.
  • 8:52 - 8:54
    Pero pode ocorrer antes,
  • 8:54 - 8:57
    normalmente
    a causa de intervencións médicas.
  • 8:57 - 9:01
    E un exemplo común é a histerectomía
    e/ou a ooforectomía,
  • 9:01 - 9:03
    que consisten
    na extirpación clínica do útero
  • 9:03 - 9:05
    e/ou dos ovarios.
  • 9:05 - 9:08
    Desafortunadamente, hai probas
    que demostran
  • 9:08 - 9:11
    que a extracción do útero e, aínda máis,
    dos ovarios
  • 9:11 - 9:13
    antes da menopausa
  • 9:13 - 9:17
    están correlacionadas cun maior risco
    de sufrir demencia para as mulleres.
  • 9:17 - 9:20
    Sei que estas novas son preocupantes,
  • 9:20 - 9:22
    e, definitivamente, entristecedoras,
  • 9:22 - 9:23
    pero tíñamos que falar disto
  • 9:23 - 9:27
    porque a maioría das mulleres
    non coñecen está correlación
  • 9:27 - 9:30
    e paréceme moi importante
    que teñan esta información.
  • 9:30 - 9:33
    Ninguén está insinuando
    que as mulleres rexeiten estas prácticas
  • 9:33 - 9:35
    se as precisan.
  • 9:35 - 9:39
    O importante aquí é
    que temos que entender mellor
  • 9:39 - 9:42
    o que ocorre nos nosos cerebros
    cando sufrimos a menopausa,
  • 9:42 - 9:44
    natural ou médica,
  • 9:44 - 9:47
    e como protexer o noso cerebro
    durante este proceso.
  • 9:47 - 9:49
    Como podemos facer isto?
  • 9:49 - 9:50
    Como protexemos o cerebro?
  • 9:50 - 9:52
    Deberiamos tomar hormonas?
  • 9:52 - 9:55
    Pois esa é unha boa pregunta.
  • 9:55 - 9:57
    E a resposta máis sinxela agora
  • 9:57 - 10:00
    é que a terapia hormonal pode axudar
  • 10:00 - 10:03
    a diminuír algúns síntomas,
    como os acoros,
  • 10:03 - 10:07
    pero non se recomenda actualmente
    para a prevención da demencia.
  • 10:07 - 10:10
    Moitos de nós estamos a traballar probando
    diferentes fórmulas,
  • 10:10 - 10:13
    diferentes doses
    e diferentes liñas temporais,
  • 10:13 - 10:17
    e, oxalá, todo este traballo consiga
    cambiar as recomendacións
  • 10:17 - 10:19
    no futuro.
  • 10:19 - 10:22
    Mentres, hai outras cousas
    que podemos facer hoxe
  • 10:22 - 10:25
    para apoiar as hormonas
    e os seus efectos no cerebro
  • 10:25 - 10:27
    que non requeren unha medicación
  • 10:27 - 10:31
    pero si precisan que analicemos
    o noso estilo de vida.
  • 10:31 - 10:33
    A causa disto é que o que comemos,
  • 10:33 - 10:35
    o exercicio que facemos,
  • 10:35 - 10:37
    as horas que durmimos ou non durmimos,
  • 10:37 - 10:39
    ou o nivel de estrés das nosas vidas
  • 10:39 - 10:42
    son cousas que poden ter un impacto real
    sobre as nosas hormonas,
  • 10:42 - 10:45
    para ben ou para mal.
  • 10:45 - 10:47
    A comida, por exemplo.
  • 10:47 - 10:49
    Hai moitas dietas,
  • 10:49 - 10:52
    pero os estudos amosan
    que a dieta mediterránea, en particular,
  • 10:52 - 10:56
    é beneficiosa para a saúde das mulleres.
  • 10:56 - 10:59
    As que seguen esta dieta
    teñen un menor risco
  • 10:59 - 11:02
    de deterioración cognitiva, depresión,
  • 11:02 - 11:05
    cardiopatías, derramo cerebral
    e cancro,
  • 11:05 - 11:08
    e tamén teñen menos acoros.
  • 11:08 - 11:10
    O que nos interesa desta dieta
  • 11:10 - 11:14
    é que é bastante rica en alimentos
    que conteñen estróxenos
  • 11:14 - 11:18
    en forma de fitoestróxenos
    ou estróxenos procedentes de plantas
  • 11:18 - 11:21
    que actúan como estróxenos leves
    no noso corpo.
  • 11:21 - 11:24
    Algúns fitoestróxenos están relacionados
    cun posible risco de cancro,
  • 11:24 - 11:27
    pero non os que contén esta dieta,
    que son sans.
  • 11:27 - 11:30
    Especialmente as sementes de liño,
  • 11:30 - 11:33
    as de sésamo, albaricoques secos,
  • 11:33 - 11:36
    legumes e moitas froitas.
  • 11:36 - 11:37
    E unha boa noticia
  • 11:38 - 11:42
    é que o chocolate negro tamén contén
    fitoestróxenos.
  • 11:42 - 11:44
    A dieta é unha boa forma
    de obter estróxenos,
  • 11:44 - 11:48
    pero tamén é importante evitar cousas
    que reduzan os nosos estróxenos,
  • 11:48 - 11:50
    especialmente o estrés.
  • 11:50 - 11:53
    O estrés pode roubarnos os estróxenos,
  • 11:53 - 11:57
    porque o cortisol,
    que é a principal hormona do estrés,
  • 11:57 - 11:59
    traballa en equilibrio cos estróxenos.
  • 11:59 - 12:02
    Se o cortisol aumenta,
    os estróxenos baixan.
  • 12:02 - 12:05
    Se o cortisol baixa,
    os estróxenos aumentan outra vez.
  • 12:05 - 12:07
    Polo tanto, reducir o estrés
    é moi importante.
  • 12:07 - 12:10
    Non só axuda no día a día,
  • 12:10 - 12:12
    senón que tamén lle axuda ao cerebro.
  • 12:12 - 12:14
    Estas son algunhas cousas que
  • 12:14 - 12:16
    podemos facer para axudar ao cerebro
  • 12:16 - 12:17
    e hai máis.
  • 12:17 - 12:18
    Pero o importante é que
  • 12:18 - 12:22
    cambiar a forma na que entendemos
    o cerebro feminino
  • 12:22 - 12:25
    realmente cambia
    a forma na que o coidamos,
  • 12:25 - 12:28
    e a forma na que formulamos
    a saúde das mulleres.
  • 12:28 - 12:31
    E cantas máis mulleres
    soliciten esta información,
  • 12:31 - 12:34
    antes poderemos romper
    os tabús sobre a menopausa,
  • 12:34 - 12:37
    e atoparmos solucións
    que funcionen realmente,
  • 12:37 - 12:39
    non só para o alzhéimer,
  • 12:39 - 12:42
    senón para a saúde das mulleres en xeral.
  • 12:42 - 12:44
    A saúde cerebral é saúde feminina.
  • 12:44 - 12:46
    Grazas.
  • 12:46 - 12:48
    (Aplausos)
  • 12:48 - 12:49
    Grazas.
  • 12:49 - 12:50
    Oh, grazas.
Title:
Como afecta a menopausa o cerebro
Speaker:
Lisa Mosconi
Description:

Moitos dos síntomas da menopausa (acoros, suores nocturnas, insomnio, lapsus de memoria, depresión e ansiedade) comezan no cerebro. Como afecta a menopausa a saúde cognitiva exactamente? Coa exposición dos seus innovadores achados, a neurocientífica Lisa Mosconi revela como a diminución dos niveis hormonais afecta ao envellecemento do cerebro. Ademais, comparte cambios sinxelos do noso estilo de vida que poden beneficiar a saúde do noso cerebro.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
13:04
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for How menopause affects the brain
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How menopause affects the brain
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for How menopause affects the brain
Show all

Galician subtitles

Revisions