1 00:00:01,292 --> 00:00:03,592 As mulleres son obras de arte. 2 00:00:03,952 --> 00:00:06,031 Tanto por dentro coma por fóra. 3 00:00:06,417 --> 00:00:09,809 Eu son neurocientífica e fíxome no interior, 4 00:00:09,833 --> 00:00:12,387 especialmente no cerebro das mulleres. 5 00:00:12,647 --> 00:00:15,268 Moitas teorías diferencian o cerebro feminino 6 00:00:15,292 --> 00:00:16,559 e o masculino. 7 00:00:16,583 --> 00:00:18,684 Levo examinando cerebros 20 anos 8 00:00:18,708 --> 00:00:21,684 e podo garantir que non existe iso que chaman 9 00:00:21,708 --> 00:00:23,768 xénero do cerebro. 10 00:00:23,792 --> 00:00:26,101 Rosa e azul, Barbie e Lego, 11 00:00:26,125 --> 00:00:28,809 iso son todo invencións que non teñen nada que ver 12 00:00:28,833 --> 00:00:31,083 coa forma en como se constrúe o cerebro. 13 00:00:32,125 --> 00:00:35,226 Dito esto, os cerebros das mulleres discordan dos dos homes 14 00:00:35,250 --> 00:00:36,643 nalgúns aspectos. 15 00:00:36,667 --> 00:00:38,893 Eu estou aquí para falar desas diferenzas, 16 00:00:38,917 --> 00:00:42,226 porque afectan realmente á nosa saúde. 17 00:00:42,250 --> 00:00:43,518 Por exemplo, 18 00:00:43,542 --> 00:00:47,309 é máis probable que se lle diagnostique a unha muller un trastorno de ansiedade 19 00:00:47,333 --> 00:00:48,726 ou depresión, 20 00:00:48,750 --> 00:00:51,476 por non mencionar dores de cabeza ou xaqueca. 21 00:00:51,500 --> 00:00:53,976 Pero tamén, no centro da miña investigación, 22 00:00:54,000 --> 00:00:57,726 teñen máis posibilidades de sufrir alzhéimer que os homes. 23 00:00:57,750 --> 00:01:00,018 O alzhéimer é a causa máis común 24 00:01:00,042 --> 00:01:02,184 de demencia no planeta, 25 00:01:02,337 --> 00:01:06,976 xa que afecta a case 6 millóns de persoas só nos Estados Unidos. 26 00:01:07,687 --> 00:01:11,309 Pero case dous terzos desas persoas 27 00:01:11,333 --> 00:01:13,226 son mulleres. 28 00:01:13,250 --> 00:01:16,018 Así que, por cada home que sofre alzhéimer 29 00:01:16,042 --> 00:01:17,643 hai dúas mulleres que o sofren. 30 00:01:17,667 --> 00:01:20,643 Por que ocorre isto en xeral? 31 00:01:20,667 --> 00:01:22,018 Pola idade? 32 00:01:22,042 --> 00:01:23,434 Pola esperanza de vida? 33 00:01:23,458 --> 00:01:25,601 Que máis podería ser? 34 00:01:25,625 --> 00:01:26,976 Hai algúns anos, 35 00:01:27,000 --> 00:01:28,934 lanzei a Iniciativa do Cerebro Feminino 36 00:01:28,958 --> 00:01:31,226 na Weill Cornell Medicine de Nova York, 37 00:01:31,250 --> 00:01:33,601 para dar resposta precisamente a esas preguntas. 38 00:01:33,625 --> 00:01:36,667 Esta noite vin con algunhas respostas. 39 00:01:37,750 --> 00:01:42,476 Parece ser que os nosos cerebros envellecen de forma diferente 40 00:01:42,500 --> 00:01:46,208 e aquí a menopausa ten un papel moi importante no caso as mulleres. 41 00:01:47,250 --> 00:01:50,476 Moita xente imaxina o cerebro coma unha especie de caixa negra, 42 00:01:50,500 --> 00:01:52,476 que está illada do resto do corpo. 43 00:01:52,500 --> 00:01:55,601 Pero, realmente, os nosos cerebros están en constante interacción 44 00:01:55,625 --> 00:01:56,893 co resto do noso corpo. 45 00:01:56,917 --> 00:01:58,393 E pode que lles sorprenda, 46 00:01:58,417 --> 00:02:02,018 pero esas interaccións co sistema reprodutivo 47 00:02:02,042 --> 00:02:05,851 son cruciais para o envellecemento do cerebro da muller. 48 00:02:05,875 --> 00:02:08,643 Estas interaccións médianas as nosas hormonas. 49 00:02:08,667 --> 00:02:12,643 E sabemos que as hormonas son diferentes dependendo do noso xénero. 50 00:02:12,667 --> 00:02:16,226 Os homes teñen máis testosterona, as mulleres teñen máis estróxenos. 51 00:02:16,250 --> 00:02:17,684 Pero o que realmente importa 52 00:02:17,708 --> 00:02:21,393 é que estas hormonas teñen unha lonxevidade diferente. 53 00:02:21,417 --> 00:02:24,601 A testosterona dos homes non se acaba ata o final da súa vida, 54 00:02:24,625 --> 00:02:29,476 o que resulta ser un proceso lento e case sen síntomas, por suposto. 55 00:02:29,500 --> 00:02:33,018 (Risas) 56 00:02:33,042 --> 00:02:35,434 Por outra parte, os estróxenos das mulleres, 57 00:02:35,458 --> 00:02:38,434 comezan a desaparecer a mediana idade, durante a menopausa, 58 00:02:38,458 --> 00:02:42,059 polo que ten moitos síntomas. 59 00:02:42,083 --> 00:02:45,018 Asociamos menopausa con ovarios, 60 00:02:45,042 --> 00:02:47,851 pero cando as mulleres dicimos que temos acoros, 61 00:02:47,875 --> 00:02:51,809 suores nocturnas, insomnio, lapsus de memoria, depresión, ansiedade, 62 00:02:51,833 --> 00:02:54,184 eses síntomas non comezan nos ovarios. 63 00:02:54,208 --> 00:02:56,768 Senón no cerebro. 64 00:02:56,792 --> 00:02:58,893 Son síntomas neurolóxicos. 65 00:02:58,917 --> 00:03:02,309 O que ocorre é que non estamos acostumados a pensar neles como tales. 66 00:03:02,333 --> 00:03:03,643 E por que? 67 00:03:03,667 --> 00:03:07,393 Por que a menopausa afecta os nosos cerebros? 68 00:03:07,417 --> 00:03:08,684 Ben, en primeiro lugar, 69 00:03:08,708 --> 00:03:12,809 o cerebro e os ovarios forman parte do sistema neuroendócrino. 70 00:03:12,833 --> 00:03:15,351 Como parte do sistema, o cerebro fala cos ovarios 71 00:03:15,375 --> 00:03:17,233 e os ovarios respóndenlle. 72 00:03:17,257 --> 00:03:20,351 Isto ocorre todos os días da vida dunha muller. 73 00:03:20,375 --> 00:03:24,268 Polo tanto, a saúde dos ovarios está relacionada coa saúde do cerebro. 74 00:03:24,292 --> 00:03:26,309 E ao revés. 75 00:03:26,333 --> 00:03:27,643 Ao mesmo tempo, 76 00:03:27,667 --> 00:03:31,309 as hormonas como o estróxeno non participan só na reprodución, 77 00:03:31,333 --> 00:03:33,976 tamén na funcionalidade do cerebro. 78 00:03:34,000 --> 00:03:36,559 O estróxeno ou estradiol, en particular, 79 00:03:36,583 --> 00:03:40,726 é un dos elementos clave na produción de enerxía no cerebro. 80 00:03:40,750 --> 00:03:42,309 A nivel celular, 81 00:03:42,333 --> 00:03:46,309 o estróxeno empuxa neuronas, literalmente, para queimar glicosa e producir enerxía. 82 00:03:46,333 --> 00:03:47,768 Se o nivel de estróxeno é alto 83 00:03:47,792 --> 00:03:49,893 o nivel de enerxía do cerebro é alta. 84 00:03:49,917 --> 00:03:52,184 Pero cando o nivel de estróxeno baixa, 85 00:03:52,208 --> 00:03:56,101 as neuronas comezan a ir máis amodo e envellecen máis axiña. 86 00:03:56,125 --> 00:03:58,184 Algúns estudos mostraron que este proceso 87 00:03:58,208 --> 00:04:01,601 pode dar lugar incluso á formación de placas amiloides, 88 00:04:01,625 --> 00:04:03,184 ou placas neuríticas, 89 00:04:03,208 --> 00:04:06,309 que son propias do alzhéimer. 90 00:04:06,333 --> 00:04:09,143 Os efectos son maiores en rexións específicas do cerebro, 91 00:04:09,167 --> 00:04:11,059 comezando polo hipotálamo, 92 00:04:11,083 --> 00:04:14,184 que se encarga de regular a temperatura do corpo. 93 00:04:14,208 --> 00:04:17,268 Cando o estróxeno non activa correctamente o hipotálamo, 94 00:04:17,292 --> 00:04:21,018 o cerebro non pode regular a temperatura do corpo correctamente. 95 00:04:21,042 --> 00:04:23,434 Así que, os acoros que sofren as mulleres 96 00:04:23,458 --> 00:04:25,559 cáusaos o hipotálamo. 97 00:04:25,583 --> 00:04:28,934 Despois está o tronco encefálico, encargado do sono e do espertar. 98 00:04:28,958 --> 00:04:31,643 Cando o estróxeno non o activa correctamente, 99 00:04:31,667 --> 00:04:33,601 temos problemas para durmir. 100 00:04:33,625 --> 00:04:34,934 A amígdala 101 00:04:34,958 --> 00:04:38,226 é o centro emocional do cerebro e está preto do hipocampo. 102 00:04:38,250 --> 00:04:40,268 É o centro de memoria do cerebro. 103 00:04:40,292 --> 00:04:43,143 Cando os niveis de estróxeno baixan nesas rexións, 104 00:04:43,167 --> 00:04:45,226 podemos comezar a ter cambios de humor 105 00:04:45,250 --> 00:04:46,518 e esquecer cousas. 106 00:04:46,542 --> 00:04:50,976 En resumo, esta é a anatomía cerebral da menopausa. 107 00:04:51,000 --> 00:04:52,268 Permítanme mostrarlles 108 00:04:52,292 --> 00:04:55,226 como é un cerebro real dunha muller. 109 00:04:55,250 --> 00:04:56,976 Isto é como un escáner do cerebro 110 00:04:57,000 --> 00:04:59,726 chamado tomografía por emisión por positróns (TEP). 111 00:04:59,750 --> 00:05:01,851 Céntrase nos niveis de enerxía do cerebro. 112 00:05:01,875 --> 00:05:05,518 Así é como queremos que se vexa o noso cerebro 113 00:05:05,542 --> 00:05:07,226 cando temos 40 anos. 114 00:05:07,250 --> 00:05:09,309 Moi fermoso e brillante. 115 00:05:09,333 --> 00:05:12,393 Agora, este cerebro pertence a unha muller de 43 anos 116 00:05:12,417 --> 00:05:15,518 cando se lle fixo o primeiro escáner, antes da menopausa. 117 00:05:15,542 --> 00:05:20,393 Este é o mesmo cerebro, pero oito anos máis tarde, 118 00:05:20,417 --> 00:05:22,684 despois da menopausa. 119 00:05:22,708 --> 00:05:24,518 Se os observamos xuntos, 120 00:05:24,542 --> 00:05:26,976 penso que se pode ver ben que o amarelo brillante 121 00:05:27,000 --> 00:05:29,768 transformouse en laranxa, case violeta. 122 00:05:29,792 --> 00:05:34,292 Iso supón unha baixada do 30 % nos niveis de enerxía cerebral. 123 00:05:35,417 --> 00:05:37,393 Agora, en xeral, 124 00:05:37,417 --> 00:05:41,895 non parece que isto lle ocorra a un home da mesma idade. 125 00:05:42,792 --> 00:05:44,976 Nos nosos estudos con centos de persoas, 126 00:05:45,000 --> 00:05:49,809 mostramos que os homes de mediana idade soen ter niveis de enerxía máis altos. 127 00:05:49,833 --> 00:05:54,018 Nas mulleres, o nivel de enerxía cerebral soe estar ben antes da menopausa 128 00:05:54,042 --> 00:05:57,500 pero vai diminuíndo gradualmente durante esta transición. 129 00:05:58,875 --> 00:06:01,768 E esto ocorre independentemente da idade. 130 00:06:01,792 --> 00:06:04,893 Non importaba que as mulleres tivesen 40, 50 ou 60 anos. 131 00:06:04,917 --> 00:06:08,897 O que máis importaba era que tiñan a menopausa. 132 00:06:09,417 --> 00:06:12,101 Precisabamos investigar máis para confirmar isto, 133 00:06:12,125 --> 00:06:14,726 pero os cerebros das mulleres de mediana idade 134 00:06:14,750 --> 00:06:17,393 son máis sensíbeis ao envellecemento hormonal 135 00:06:17,417 --> 00:06:20,018 que ao envellecemento cronolóxico normal. 136 00:06:20,042 --> 00:06:22,184 Esta información é moi importante, 137 00:06:22,208 --> 00:06:25,518 pois hai moitas mulleres que notan estes cambios. 138 00:06:25,542 --> 00:06:27,518 Moitas das miñas pacientes téñenme dito 139 00:06:27,542 --> 00:06:30,518 que senten que a súa mente xoga con elas, 140 00:06:30,542 --> 00:06:31,881 por dicilo dun xeito suave. 141 00:06:32,208 --> 00:06:35,393 Así que eu quero darlle validez a isto, porque ocorre de verdade. 142 00:06:35,417 --> 00:06:38,809 E só por aclaralo: se che pasa isto, 143 00:06:38,833 --> 00:06:41,101 non estás tola. 144 00:06:41,125 --> 00:06:42,851 (Risas) 145 00:06:42,875 --> 00:06:44,643 (Aplausos) 146 00:06:44,667 --> 00:06:45,917 Gracias. 147 00:06:46,708 --> 00:06:47,976 É importante. 148 00:06:48,000 --> 00:06:51,059 A moitas mulleres preocúpalles estaren perdendo a cabeza. 149 00:06:51,083 --> 00:06:54,643 Pero a verdade é que o voso cerebro pode estar pasando por unha transición, 150 00:06:54,667 --> 00:06:56,191 ou xa está en transición 151 00:06:56,215 --> 00:06:59,309 e precisa tempo e apoio para axustarse. 152 00:06:59,333 --> 00:07:00,893 Tamén, se a alguén lle preocupa 153 00:07:00,917 --> 00:07:04,018 que as mulleres desta idade poidan render por debaixo do esperado 154 00:07:04,042 --> 00:07:07,143 gustaríame engadir que tamén observamos o rendemento cognitivo, 155 00:07:07,167 --> 00:07:08,476 Deus non o queira, verdade? 156 00:07:08,500 --> 00:07:09,934 (Risas) 157 00:07:09,958 --> 00:07:11,684 Non fagamos iso. 158 00:07:11,708 --> 00:07:13,601 Pero estudamos o rendemento cognitivo, 159 00:07:13,625 --> 00:07:17,059 e non atopamos ningunha diferenza entre homes e mulleres 160 00:07:17,083 --> 00:07:19,684 antes e despois da menopausa. 161 00:07:19,708 --> 00:07:21,934 Hai máis estudos que o confirman. 162 00:07:21,958 --> 00:07:24,768 En resumo, podemos estar cansas, 163 00:07:24,792 --> 00:07:26,934 pero seguimos a ser intelixentes. 164 00:07:26,958 --> 00:07:29,351 (Risas) 165 00:07:29,375 --> 00:07:31,393 Deixemos de pensar iso. 166 00:07:31,417 --> 00:07:32,684 Dito todo isto, 167 00:07:32,708 --> 00:07:35,468 hai unha cousa aínda máis seria que merece a nosa atención. 168 00:07:35,658 --> 00:07:37,059 Se recordan, xa mencionei 169 00:07:37,083 --> 00:07:39,934 que as baixadas do nivel de estróxeno poderían favorecer 170 00:07:39,958 --> 00:07:42,809 a formación de placas amiloides ou placas neuríticas. 171 00:07:42,833 --> 00:07:46,434 Hai outro tipo de escáner cerebral co que se ven exactamente esas placas. 172 00:07:46,458 --> 00:07:50,309 E nós usámolo para mostrar que os homes de mediana idade case non tiñan ningunha. 173 00:07:50,333 --> 00:07:51,601 Isto está moi ben. 174 00:07:51,625 --> 00:07:53,059 Pero, para as mulleres, 175 00:07:53,083 --> 00:07:58,268 hai un pequeno incremento durante a transición cara a menopausa. 176 00:07:58,292 --> 00:08:00,351 E quero ser moi, moi clara aquí: 177 00:08:00,375 --> 00:08:02,768 non todas as mulleres desenvolven as placas, 178 00:08:02,792 --> 00:08:06,018 e non todas as mulleres con placas desenvolven demencia. 179 00:08:06,042 --> 00:08:08,059 Telas é un factor de risco, 180 00:08:08,083 --> 00:08:11,843 pero non é en ningún caso un diagnóstico, especialmente neste punto. 181 00:08:12,500 --> 00:08:14,768 Pero, aínda así, é unha idea 182 00:08:14,792 --> 00:08:17,434 para asociar o alzhéimer coa menopausa. 183 00:08:17,458 --> 00:08:19,976 Pensamos na menopausa como algo da mediana idade 184 00:08:20,000 --> 00:08:22,518 e no alzhéimer como algo da vellez. 185 00:08:22,542 --> 00:08:23,809 Pero, en realidade, 186 00:08:23,833 --> 00:08:25,851 moitos estudos, incluíndo o meu, 187 00:08:25,875 --> 00:08:30,101 mostraron que o alzhéimer comeza con cambios negativos no cerebro 188 00:08:30,125 --> 00:08:34,548 que se producen anos, se non décadas, antes dos síntomas clínicos. 189 00:08:34,708 --> 00:08:36,018 Así que, para as mulleres, 190 00:08:36,042 --> 00:08:38,976 parece que este proceso comeza na metade da vida, 191 00:08:39,000 --> 00:08:40,393 durante a menopausa. 192 00:08:40,417 --> 00:08:42,309 Esta información é importante 193 00:08:42,333 --> 00:08:46,334 porque nos dá unha liña temporal para comezar a investigar eses cambios. 194 00:08:46,583 --> 00:08:48,726 En termos dunha liña temporal, 195 00:08:48,750 --> 00:08:52,101 a maioría das mulleres sofren a menopausa sobre os 50 anos. 196 00:08:52,125 --> 00:08:53,893 Pero pode ocorrer antes, 197 00:08:53,917 --> 00:08:56,809 normalmente a causa de intervencións médicas. 198 00:08:56,833 --> 00:09:00,726 E un exemplo común é a histerectomía e/ou a ooforectomía, 199 00:09:00,750 --> 00:09:03,393 que consisten na extirpación clínica do útero 200 00:09:03,417 --> 00:09:05,351 e/ou dos ovarios. 201 00:09:05,375 --> 00:09:07,851 Desafortunadamente, hai probas que demostran 202 00:09:07,875 --> 00:09:11,059 que a extracción do útero e, aínda máis, dos ovarios 203 00:09:11,083 --> 00:09:12,809 antes da menopausa 204 00:09:12,833 --> 00:09:16,948 están correlacionadas cun maior risco de sufrir demencia para as mulleres. 205 00:09:17,458 --> 00:09:19,559 Sei que estas novas son preocupantes, 206 00:09:19,583 --> 00:09:21,684 e, definitivamente, entristecedoras, 207 00:09:21,708 --> 00:09:23,351 pero tíñamos que falar disto 208 00:09:23,375 --> 00:09:26,893 porque a maioría das mulleres non coñecen está correlación 209 00:09:26,917 --> 00:09:29,970 e paréceme moi importante que teñan esta información. 210 00:09:30,125 --> 00:09:33,184 Ninguén está insinuando que as mulleres rexeiten estas prácticas 211 00:09:33,208 --> 00:09:34,893 se as precisan. 212 00:09:34,917 --> 00:09:38,601 O importante aquí é que temos que entender mellor 213 00:09:38,625 --> 00:09:42,018 o que ocorre nos nosos cerebros cando sufrimos a menopausa, 214 00:09:42,042 --> 00:09:43,726 natural ou médica, 215 00:09:43,750 --> 00:09:47,184 e como protexer o noso cerebro durante este proceso. 216 00:09:47,208 --> 00:09:48,559 Como podemos facer isto? 217 00:09:48,583 --> 00:09:50,018 Como protexemos o cerebro? 218 00:09:50,042 --> 00:09:51,893 Deberiamos tomar hormonas? 219 00:09:51,917 --> 00:09:54,559 Pois esa é unha boa pregunta. 220 00:09:54,583 --> 00:09:57,184 E a resposta máis sinxela agora 221 00:09:57,208 --> 00:09:59,684 é que a terapia hormonal pode axudar 222 00:09:59,708 --> 00:10:02,885 a diminuír algúns síntomas, como os acoros, 223 00:10:03,000 --> 00:10:06,768 pero non se recomenda actualmente para a prevención da demencia. 224 00:10:06,792 --> 00:10:10,184 Moitos de nós estamos a traballar probando diferentes fórmulas, 225 00:10:10,208 --> 00:10:12,768 diferentes doses e diferentes liñas temporais, 226 00:10:12,792 --> 00:10:16,851 e, oxalá, todo este traballo consiga cambiar as recomendacións 227 00:10:16,875 --> 00:10:18,768 no futuro. 228 00:10:18,792 --> 00:10:22,143 Mentres, hai outras cousas que podemos facer hoxe 229 00:10:22,167 --> 00:10:24,893 para apoiar as hormonas e os seus efectos no cerebro 230 00:10:24,917 --> 00:10:26,976 que non requeren unha medicación 231 00:10:27,000 --> 00:10:30,934 pero si precisan que analicemos o noso estilo de vida. 232 00:10:30,958 --> 00:10:33,226 A causa disto é que o que comemos, 233 00:10:33,250 --> 00:10:34,934 o exercicio que facemos, 234 00:10:34,958 --> 00:10:37,101 as horas que durmimos ou non durmimos, 235 00:10:37,125 --> 00:10:39,101 ou o nivel de estrés das nosas vidas 236 00:10:39,125 --> 00:10:42,309 son cousas que poden ter un impacto real sobre as nosas hormonas, 237 00:10:42,333 --> 00:10:44,684 para ben ou para mal. 238 00:10:44,708 --> 00:10:46,684 A comida, por exemplo. 239 00:10:46,708 --> 00:10:48,601 Hai moitas dietas, 240 00:10:48,625 --> 00:10:52,434 pero os estudos amosan que a dieta mediterránea, en particular, 241 00:10:52,458 --> 00:10:55,643 é beneficiosa para a saúde das mulleres. 242 00:10:55,667 --> 00:10:59,101 As que seguen esta dieta teñen un menor risco 243 00:10:59,125 --> 00:11:01,643 de deterioración cognitiva, depresión, 244 00:11:01,667 --> 00:11:04,684 cardiopatías, derramo cerebral e cancro, 245 00:11:04,708 --> 00:11:07,518 e tamén teñen menos acoros. 246 00:11:07,542 --> 00:11:09,851 O que nos interesa desta dieta 247 00:11:09,875 --> 00:11:13,976 é que é bastante rica en alimentos que conteñen estróxenos 248 00:11:14,000 --> 00:11:17,643 en forma de fitoestróxenos ou estróxenos procedentes de plantas 249 00:11:17,667 --> 00:11:20,643 que actúan como estróxenos leves no noso corpo. 250 00:11:20,667 --> 00:11:24,143 Algúns fitoestróxenos están relacionados cun posible risco de cancro, 251 00:11:24,167 --> 00:11:27,351 pero non os que contén esta dieta, que son sans. 252 00:11:27,375 --> 00:11:29,976 Especialmente as sementes de liño, 253 00:11:30,000 --> 00:11:32,976 as de sésamo, albaricoques secos, 254 00:11:33,000 --> 00:11:35,559 legumes e moitas froitas. 255 00:11:35,583 --> 00:11:37,476 E unha boa noticia 256 00:11:37,500 --> 00:11:41,643 é que o chocolate negro tamén contén fitoestróxenos. 257 00:11:41,667 --> 00:11:44,059 A dieta é unha boa forma de obter estróxenos, 258 00:11:44,083 --> 00:11:48,351 pero tamén é importante evitar cousas que reduzan os nosos estróxenos, 259 00:11:48,375 --> 00:11:50,309 especialmente o estrés. 260 00:11:50,333 --> 00:11:53,309 O estrés pode roubarnos os estróxenos, 261 00:11:53,333 --> 00:11:56,809 porque o cortisol, que é a principal hormona do estrés, 262 00:11:56,833 --> 00:11:59,434 traballa en equilibrio cos estróxenos. 263 00:11:59,458 --> 00:12:02,143 Se o cortisol aumenta, os estróxenos baixan. 264 00:12:02,167 --> 00:12:05,059 Se o cortisol baixa, os estróxenos aumentan outra vez. 265 00:12:05,083 --> 00:12:07,351 Polo tanto, reducir o estrés é moi importante. 266 00:12:07,375 --> 00:12:09,643 Non só axuda no día a día, 267 00:12:09,667 --> 00:12:12,393 senón que tamén lle axuda ao cerebro. 268 00:12:12,417 --> 00:12:13,934 Estas son algunhas cousas que 269 00:12:13,958 --> 00:12:15,684 podemos facer para axudar ao cerebro 270 00:12:15,708 --> 00:12:16,976 e hai máis. 271 00:12:17,000 --> 00:12:18,393 Pero o importante é que 272 00:12:18,417 --> 00:12:21,976 cambiar a forma na que entendemos o cerebro feminino 273 00:12:22,000 --> 00:12:25,143 realmente cambia a forma na que o coidamos, 274 00:12:25,167 --> 00:12:27,934 e a forma na que formulamos a saúde das mulleres. 275 00:12:27,958 --> 00:12:30,893 E cantas máis mulleres soliciten esta información, 276 00:12:30,917 --> 00:12:34,309 antes poderemos romper os tabús sobre a menopausa, 277 00:12:34,333 --> 00:12:37,226 e atoparmos solucións que funcionen realmente, 278 00:12:37,250 --> 00:12:38,851 non só para o alzhéimer, 279 00:12:38,875 --> 00:12:41,559 senón para a saúde das mulleres en xeral. 280 00:12:41,583 --> 00:12:44,268 A saúde cerebral é saúde feminina. 281 00:12:44,292 --> 00:12:45,559 Grazas. 282 00:12:45,583 --> 00:12:47,518 (Aplausos) 283 00:12:47,542 --> 00:12:48,809 Grazas. 284 00:12:48,833 --> 00:12:50,083 Oh, grazas.