A agonía da abstinencia aos opioides, e o que os médicos nos deberían contar.
-
0:00 - 0:03Cantos analxésicos tomas?
-
0:04 - 0:07Unha pregunta rutineira
que me cambiou a vida. -
0:08 - 0:09Era xullo de 2015,
-
0:09 - 0:12dous meses despois de case perder o pé
-
0:12 - 0:13nun grave accidente de moto.
-
0:14 - 0:17Atopábame na consulta do meu traumatólogo
-
0:17 - 0:19para outra revisión.
-
0:20 - 0:21Mirei a miña muller, Sadiye;
-
0:21 - 0:22e calculamos.
-
0:23 - 0:26“Ao redor de 115 miligramos de oxicodona”
-
0:27 - 0:29"Quizais algo máis", engadín.
-
0:29 - 0:33Xa lles dera esta información previamente
a varios doutores, -
0:33 - 0:35polo que respondín con indiferenza,
-
0:35 - 0:36pero esta vez foi distinto.
-
0:37 - 0:39O médico púxose serio, miroume e dixo:
-
0:40 - 0:42"Travis iso é unha morea de opioides,
-
0:42 - 0:45é hora de deixar a medicación".
-
0:46 - 0:48Durante dous meses aumentando a dose,
-
0:48 - 0:50esta foi a primeira vez
que alguén se preocupou. -
0:51 - 0:54De feito, esta foi
a primeira conversa que tiven -
0:54 - 0:56sobre o meu tratamento con opioides.
-
0:57 - 0:59Ninguén me advertira,
-
0:59 - 1:00asesorara,
-
1:00 - 1:01ou propuxera un plan.
-
1:02 - 1:04Só receitas e máis receitas.
-
1:06 - 1:10O que pasou despois,
foi un verdadeiro trauma. -
1:10 - 1:15Programáronme unha redución
de dose moi agresiva, -
1:15 - 1:18segundo a cal tiña que dividir
a miña medicación en catro tomas, -
1:19 - 1:22baixando unha por semana
no transcurso dun mes. -
1:23 - 1:27O que me levou a padecer
unha crise de abstinencia a opioides. -
1:28 - 1:30Noutras palabras,
-
1:30 - 1:32un inferno.
-
1:34 - 1:36Ao principio,
-
1:36 - 1:37[1ª SEMANA]
-
1:37 - 1:39asemellábase a unha gripe grave.
-
1:39 - 1:40Tiña náuseas,
-
1:40 - 1:42perdín o apetito,
-
1:42 - 1:44doíame todo
-
1:44 - 1:47e o meu pé esnaquizado
doíame cada vez máis. -
1:48 - 1:52Comecei a ter problemas para durmir
xa que me atopaba inquedo. -
1:54 - 1:55Daquela,
-
1:55 - 1:57pensei que era horrible.
-
1:58 - 2:00Non sabía o que me esperaba...
-
2:00 - 2:01[2ª SEMANA]
-
2:02 - 2:04Ao principio da segunda semana,
-
2:04 - 2:05a miña vida foi a peor.
-
2:06 - 2:09Tódolos síntomas intensificáronse,
-
2:10 - 2:13o meu termóstato interno toleou.
-
2:13 - 2:16Suaba abondo e decontino
-
2:16 - 2:20e aínda así, cando conseguía saír
ao quente sol de agosto, -
2:20 - 2:23poñíaseme a pel de galiña.
-
2:24 - 2:27A inquedanza que me impedira durmir
durante a primeira semana -
2:27 - 2:30converteuse na típica
sensación de abstinencia. -
2:31 - 2:36Era un desasosego
que me provocaba constantes espasmos, -
2:36 - 2:38impedíndome durmir.
-
2:39 - 2:42Pero o que máis me alteraba era o pranto.
-
2:44 - 2:49As bágoas brotaban
-
2:49 - 2:51sen motivo aparente
-
2:51 - 2:52e sen aviso previo.
-
2:53 - 2:55Daquela, asemellaba un fallo nervioso
-
2:55 - 2:57semellante aos arrepíos.
-
2:58 - 3:02Sadiye preocupouse e chamou ao médico,
-
3:02 - 3:05quen, dilixentemente, recomendou
moito líquido contra as náuseas. -
3:06 - 3:10Cando ela insistiu, dicindo:
"Atópase moi mal" -
3:10 - 3:12O doutor respondeu, "se tan mal está,
-
3:12 - 3:15sempre pode reintroducir
a medicación durante unha tempada" -
3:16 - 3:18"E despois que?" preguntei.
-
3:19 - 3:21"Téntao de novo", dixo.
-
3:22 - 3:26Pero eu non concibía volver
á miña dose anterior -
3:26 - 3:30agás que tivese un plan mellor para lidar
coa síndrome de abstinencia de novo. -
3:30 - 3:34Así é que proseguimos co acordado
e baixamos outra dose. -
3:34 - 3:35[SEMANA 3]
-
3:36 - 3:37Ao comezo da terceira semana,
-
3:38 - 3:40o meu mundo ensombreceuse.
-
3:41 - 3:44Deixei de comer,
-
3:44 - 3:46de durmir,
-
3:46 - 3:49todo grazas ao desacougo
que me tiña retorcéndome toda a noite. -
3:50 - 3:52Pero o peor...
-
3:52 - 3:53o peor foi a depresión.
-
3:54 - 3:59As bágoas que antes asemellaban
un mal funcionamento, -
3:59 - 4:00agora tiñan significado.
-
4:01 - 4:04Varias veces ao día podía sentir
esa presión no meu peito -
4:04 - 4:06que vaticinaba que as bágoas
estaban a chegar, -
4:06 - 4:08pero non as podía controlar,
-
4:08 - 4:12e con elas viñan a desesperación
e a desesperanza. -
4:13 - 4:16Comecei a crer que nunca me recuperaría
-
4:16 - 4:18nin do accidente,
nin da síndrome de abstinencia. -
4:20 - 4:22Sadiye volveu a chamar ao doutor
-
4:22 - 4:25e desta vez aconsellounos
que contactásemos coa unidade de dor -
4:25 - 4:27que nos atendera na hospitalización.
-
4:27 - 4:29Semellaba unha boa idea,
-
4:29 - 4:30polo que chamamos decontado,
-
4:31 - 4:33e asombrounos que ninguén
nos quixese atender. -
4:34 - 4:37A recepcionista que contestou
a chamada informounos -
4:37 - 4:40de que a unidade de dor
só trata a doentes hospitalizados. -
4:41 - 4:43Aínda que prescriben opioides
para controlar a dor -
4:43 - 4:45non supervisaban reducións
nin abstinencias. -
4:47 - 4:53Anoxados, chamamos de novo ao doutor
e suplicámoslle por calquera cousa... -
4:53 - 4:55que me puidese axudar...
-
4:55 - 4:57pero, en vez diso, desculpouse
-
4:57 - 5:00e admitiu que non sabía que facer.
-
5:00 - 5:01"Mirade", dixo,
-
5:01 - 5:03"o meu consello inicial foi un erro,
-
5:04 - 5:07así que a miña recomendación é
que Travis volva á medicación, -
5:07 - 5:10ata que atope a alguén máis competente
para reducirlle a dose. -
5:13 - 5:15Por suposto que quería tomar a medicación.
-
5:15 - 5:17Sentíame moribundo.
-
5:19 - 5:26Pero cría que se evitaba
pasar pola abstinencia -
5:26 - 5:27nunca podería deixar a medicación.
-
5:29 - 5:31Polo que nos mantivemos firmes
-
5:31 - 5:32e deixei a última dose.
-
5:32 - 5:34[SEMANA 4]
-
5:34 - 5:37Cando o meu cerebro sentiu
como era a vida sen opioides -
5:37 - 5:39por primeira vez en meses,
-
5:40 - 5:42pensei que ía morrer.
-
5:43 - 5:44Asumín que ía morrer.
-
5:45 - 5:46Síntoo.
-
5:46 - 5:47(Chora)
-
5:53 - 5:55Se os síntomas non me mataban,
-
5:56 - 5:57faríao eu mesmo.
-
5:58 - 6:00Sei que soa drástico,
-
6:00 - 6:03porque para min estar aquí, anos despois,
-
6:03 - 6:05san e salvo...
-
6:05 - 6:06é extraordinario.
-
6:07 - 6:09Pero estaba totalmente convencido,
-
6:11 - 6:14non tiña esperanza ningunha
-
6:15 - 6:17de volver á normalidade.
-
6:21 - 6:24O insomnio fíxose insoportable
-
6:24 - 6:27e despois de dous días sen apenas durmir,
-
6:28 - 6:32pasei unha noite enteira
tirado no chan do baño. -
6:33 - 6:38Alternaba entre pegar a cabeza
ás baldosas para baixar a febre -
6:39 - 6:43e tentar trousar, pese a que non comera
nos últimos días. -
6:45 - 6:47Cando Sadiye me atopou ao final da noite,
-
6:47 - 6:48horrorizouse,
-
6:48 - 6:50e chamamos outra vez.
-
6:50 - 6:52Chamamos a todo o mundo,
-
6:52 - 6:55chamamos a cirurxiáns e médicos da dor,
a médicos de familia. -
6:55 - 6:58Calquera que atopamos en internet,
-
6:58 - 7:00e ninguén podía facer nada para axudarme.
-
7:01 - 7:03Os poucos cos que puidemos falar,
-
7:04 - 7:07recomendaron volver á medicación.
-
7:09 - 7:13Unha clínica privada da dor
díxonos que prescribían opioides -
7:13 - 7:16pero que non supervisaban
a redución ou a abstinencia. -
7:17 - 7:20Cando a desesperación
podía ouvirse na miña voz, -
7:20 - 7:22como agora,
-
7:24 - 7:26unha recepcionista suspirou e dixo,
-
7:26 - 7:30"Señor Rieder, quizais o que precise
sexa un centro de desintoxicación -
7:30 - 7:31ou unha unidade de drogodependencia"
-
7:32 - 7:34Non se me ocorría nada mellor,
así que seguín o seu consello, -
7:35 - 7:37colguei e empecei a chamar a eses centros.
-
7:37 - 7:40Pero non tardei nada en descubrir
-
7:41 - 7:46que están centrados en quen leva anos
loitando coa súa adicción a substancias. -
7:46 - 7:47No caso dos opioides,
-
7:47 - 7:51normalmente isto non implica
que os deixen, -
7:51 - 7:55senón que os substitúan por outros
máis seguros a longo prazo: -
7:55 - 7:58metadona ou buprenorfina, para
o tratamento de mantemento. -
7:58 - 8:01Amais, tódolos sitios aos que chamei
tiñan unha longa lista de espera. -
8:02 - 8:05Non era o tipo de paciente
que están acostumados a tratar. -
8:06 - 8:09Despois de ser rexeitado
polos centros de desintoxicación -
8:09 - 8:11aceptei a miña derrota.
-
8:12 - 8:13Estaba desfeito e frustrado,
-
8:14 - 8:16non podía continuar.
-
8:18 - 8:20Díxenlle a Sadiye que ía volver medicarme.
-
8:22 - 8:24Comezaría coa dose máis baixa posible
-
8:24 - 8:26e tomaría soamente o necesario
-
8:26 - 8:29para escapar dos efectos demoledores
da abstinencia. -
8:30 - 8:32Esa noite, axudoume a subir as escaleiras,
-
8:32 - 8:35e por primeira vez en semanas fun á cama.
-
8:35 - 8:38Collín o bote laranxa das menciñas,
-
8:38 - 8:39apoieino na mesa de noite...
-
8:41 - 8:42e non o toquei.
-
8:43 - 8:44Adormecín,
-
8:44 - 8:46durmín toda a noite
-
8:46 - 8:48e cando espertei,
-
8:48 - 8:50os síntomas máis graves
case desapareceran. -
8:52 - 8:53Lográrao.
-
8:53 - 8:56(Aplausos)
-
8:56 - 8:57(Suspira)
-
8:57 - 8:59(Aplausos)
-
9:02 - 9:05Grazas, esa foi a miña reacción.
-
9:05 - 9:07(Suspira aliviado e ri)
-
9:12 - 9:15Síntoo, teño que recompoñerme un pouco.
-
9:16 - 9:18Creo que esta historia é importante,
-
9:18 - 9:20non porque me crea especial.
-
9:20 - 9:24Isto é importante precisamente
porque non son especial, -
9:24 - 9:26nada do que me aconteceu foi inusual.
-
9:28 - 9:31A miña dependencia aos opioides
era totalmente predicible -
9:31 - 9:33dada a cantidade que tomaba
-
9:33 - 9:36e durante o tempo que o fixen.
-
9:36 - 9:41A dependencia é a resposta innata
do cerebro a un medio rico en opioides. -
9:41 - 9:46Polo tanto, era evidente dende o comezo
que ía precisar -
9:46 - 9:48un plan supervisado de redución de dose.
-
9:49 - 9:53Pero aparentemente, o noso
sistema sanitario aínda non decidiu -
9:53 - 9:55quen é o responsable
de pacientes coma min. -
9:56 - 9:59Os médicos víanme coma
un paciente complexo -
9:59 - 10:03con necesidade de coidados especiais
para o control da analxesia. -
10:03 - 10:06Os especialistas en dor entendían que
a súa función era controlar a dor -
10:06 - 10:08e cando non logrei deixar a medicación,
-
10:08 - 10:11pasaron a verme como un caso
de especialistas en adiccións. -
10:11 - 10:13Pero esta especialidade está colapsada,
-
10:13 - 10:17e centrada en doentes cunha
longa historia de abuso de substancias. -
10:17 - 10:21En resumo, receitáronme unha menciña
que precisaba unha prolongada supervisión -
10:22 - 10:24que non me ofreceron,
-
10:24 - 10:27nin quedaba claro quen a tiña que ofrecer.
-
10:28 - 10:30Esta é a receita dun desastre
-
10:31 - 10:34do que sería interesante falar
-
10:34 - 10:36inclusive nunha charla TED.
-
10:37 - 10:40O fallo no manexo dos opioides
-
10:40 - 10:43suscita unha gran preocupación
na actualidade nos EE. UU. -
10:44 - 10:46porque nos atopamos
no medio dunha epidemia -
10:47 - 10:51na que en 2015 houbo 33000 mortes
por sobredose. -
10:53 - 10:56Case a metade desas mortes,
debéronse a opioides receitados. -
10:58 - 11:03A comunidade médica comezou
a actuar contra esta crise -
11:03 - 11:07pero a súa resposta consistiu
en prescribir menos pílulas. -
11:08 - 11:10Por suposto que é importante.
-
11:10 - 11:12Por exemplo, sabemos
-
11:12 - 11:16que os médicos estadounidenses
a miúdo prescriben fármacos -
11:16 - 11:18que non se precisan.
-
11:18 - 11:19No caso dos opioides,
-
11:19 - 11:21aínda cando son necesarios,
-
11:21 - 11:24prescríbense máis do que cumpriría.
-
11:24 - 11:29Este tipo de feitos axudan a comprender
por que os EE. UU., -
11:30 - 11:33a pesar de ter o 5% da poboación mundial,
-
11:33 - 11:37consume o 70% da produción total
dos opioides. -
11:39 - 11:43Non obstante, se nos centramos só
na porcentaxe de prescrición -
11:43 - 11:47podemos estar esquecendo
dous feitos importantes. -
11:48 - 11:53Para comezar, os opioides son
-
11:53 - 11:56e serán fármacos necesarios
para o tratamento da dor. -
11:56 - 12:01Como doente que sufriu dor intensa,
real e constante, -
12:01 - 12:05podo afirmar que poden facer
que pague a pena vivir. -
12:06 - 12:08Por último,
-
12:08 - 12:13podemos loitar contra esta epidemia
sen deixar de receitar opioides -
12:13 - 12:16a aqueles que de verdade os necesitan,
-
12:16 - 12:19obrigando aos médicos a que supervisen
todo o que prescriban. -
12:20 - 12:22Por exemplo,
-
12:22 - 12:24volvendo ao meu réxime de deshabituación.
-
12:25 - 12:27Non é razoable esperar
-
12:27 - 12:31que calquera médico que prescriba opioides
saiba o potentes que son? -
12:32 - 12:36Despois de publicar a miña historia
nunha revista científica, -
12:36 - 12:40alguén do CDC envioume a súa guía
para a redución gradual de opioides. -
12:41 - 12:42Era un documento de 4 páxinas
-
12:42 - 12:44cheo de imaxes.
-
12:45 - 12:50Nel ensínaselles aos médicos a reducir
a dose nos casos máis sinxelos -
12:50 - 12:52e unha das súas recomendacións
-
12:52 - 12:56é que nunca se paute unha redución
superior ao 10 % por semana. -
12:57 - 13:00Se o meu médico me aconsellara ese plan
-
13:00 - 13:05a miña deshabituación ocorrería
en meses, en vez de en semanas. -
13:06 - 13:09Estou seguro de que non ía ser sinxelo,
-
13:09 - 13:11seguramente fose molesto
-
13:12 - 13:14pero quizais non sería un inferno.
-
13:15 - 13:17Asemella que ese tipo de información
-
13:17 - 13:20deberíaa ter calquera
que prescriba opioides. -
13:21 - 13:22Para rematar,
-
13:23 - 13:29teño que dicir que
o manexo axeitado dos opioides -
13:29 - 13:31non resolverá por si mesmo a crise.
-
13:32 - 13:35A epidemia nos EE.UU.
é máis grande que iso. -
13:36 - 13:41Pero cando un fármaco é responsable
de decenas de miles de mortes -
13:41 - 13:45un control inadecuado non é admisible.
-
13:47 - 13:50Axudar a estes doentes a suspender
-
13:50 - 13:52o que lles prescribiron
-
13:52 - 13:54pode non ser a solución completa
á nosa epidemia, -
13:55 - 13:57pero sería un adianto.
-
13:58 - 13:59Grazas.
-
13:59 - 14:02(Aplausos)
- Title:
- A agonía da abstinencia aos opioides, e o que os médicos nos deberían contar.
- Speaker:
- Travis Rieder
- Description:
-
Os Estados Unidos conta co cinco por cento da poboación mundial pero consome case o setenta por cento da producción de opioides. Sofre unha epidemia que provoca decenas de miles de mortes cada ano. Como chegamos a este punto, e que podemos facer? Nesta charla chea de experiencias persoais, Travis Rieder rememora a dolorosa, con frecuencia silenciada, loita contra a síndrome de abstinencia e expón como os mesmos médicos que rapidamente prescriben (e máis do necesario) opioides, non se atopan preparados para deshabituar aos pacientes.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:17