A fisioterapia é aburrida. Mellor xoga a un xogo!
-
0:01 - 0:04De cativo encantábame xogar aos agochos.
-
0:05 - 0:06Moito.
-
0:06 - 0:10Unha vez subín a unha árbore
para ter un grande escondedoiro, -
0:11 - 0:13pero caín e rompín un brazo.
-
0:13 - 0:17E así comecei primaria
cunha grande escaiola no torso. -
0:18 - 0:22Quitáronma seis semanas despois,
pero non podía estirar o cóbado, -
0:22 - 0:25así que tiven que facer fisioterapia
para flexionalo e estiralo, -
0:25 - 0:28cen veces ao día, sete días á semana.
-
0:29 - 0:32Case non fixen nada. Era aburrido, doía...
-
0:32 - 0:36En consecuencia
botei seis semanas máis para recuperarme. -
0:37 - 0:40Anos despois, miña nai
padeceu de ombro conxelado, -
0:40 - 0:43que produce dor e rixidez nesa zona.
-
0:44 - 0:47A persoa da que, durante media vida,
crin que tiña superpoderes, -
0:48 - 0:51de súpeto precisaba axuda
para se vestir ou cortar a comida. -
0:51 - 0:54Cada semana ía a sesións de fisioterapia
pero, coma min, -
0:54 - 0:56apenas seguía o tratamento na casa
-
0:56 - 0:59tardou máis de cinco meses
en comezar a mellorar. -
1:00 - 1:03Tanto miña nai coma min
precisabamos fisioterapia, -
1:03 - 1:05un proceso no que realizas
exercicios repetitivos -
1:05 - 1:09para recuperar o movemento
perdido tras un accidente ou lesión. -
1:10 - 1:12Ao comezo, o fisioterapeuta
traballa co paciente -
1:12 - 1:15pero despois é cousa do paciente
facer os exercicios na casa. -
1:15 - 1:19Pero aos pacientes resúltanlles
aburridos, frustrantes, confusos -
1:19 - 1:21e longos ata obteren resultados.
-
1:22 - 1:26É unha mágoa ver que o abandono
pode chegar ao 70%. -
1:27 - 1:30Isto indica que a maioría
non fai os exercicios -
1:30 - 1:33e, polo tanto, tarda moito máis
en recuperarse. -
1:34 - 1:37Os fisioterapeutas coinciden
en que determinados exercicios -
1:37 - 1:39reducen o tempo de recuperación,
-
1:39 - 1:41pero os pacientes non están motivados
para facelos. -
1:43 - 1:45Así que tres amigos e mais eu,
-
1:45 - 1:47todos nós frikis informáticos,
-
1:47 - 1:49preguntámonos
-
1:49 - 1:53se non sería interesante que os pacientes
puidesen recuperarse xogando. -
1:54 - 1:56Comezamos a crear MIRA,
unha plataforma de software para PC -
1:56 - 1:59que usa Kinect,
unha cámara que capta o movemento, -
1:59 - 2:03para mudar os exercicios tradicionais
en videoxogos. -
2:04 - 2:08A fisioterapeuta xa marcou
o horario para a miña terapia. -
2:08 - 2:10Vexamos como é.
-
2:14 - 2:17No primeiro xogo
voas cunha abella de arriba a abaixo -
2:17 - 2:19para recoller o pole
e pousalo na colmea -
2:19 - 2:21mentres esquivas outros bechos.
-
2:22 - 2:25Controlo a abella
ao estirar e dobrar o cóbado, -
2:25 - 2:29igual que cando tiña sete anos
e me quitaron a escaiola. -
2:30 - 2:33Antes de deseñar o xogo
falamos coa comunidade de fisioterapeutas -
2:33 - 2:36para entender qué movementos
precisan facer os pacientes. -
2:36 - 2:38Logo deseñamos un videoxogo
-
2:38 - 2:41para ofrecerlles aos pacientes
metas motivadoras e sinxelas que seguir. -
2:41 - 2:43O software pode personalizarse
-
2:43 - 2:46e os fisioterapeutas tamén poden crear
os seus propios exercicios. -
2:47 - 2:49Con este software, a miña fisioterapeuta
-
2:49 - 2:51gravouse facendo
unha abdución do ombro, -
2:51 - 2:53un dos movementos
que miña nai tiña que facer -
2:53 - 2:55cando padecía de ombro conxelado.
-
2:56 - 2:59Podo seguir o exemplo da fisioterapeuta
no lado esquerdo da pantalla, -
2:59 - 3:02mentres que no dereito
véxome facendo o movemento recomendado. -
3:02 - 3:05Estou máis involucrado
e síntome máis seguro -
3:05 - 3:07porque fago os exercicios
coa miña terapeuta -
3:07 - 3:10e fago o que ela considera
mellor para min. -
3:11 - 3:14Basicamente, a aplicación
ofrécelles aos fisioterapeutas -
3:14 - 3:17a posibilidade de crearen
o exercicio que crean máis axeitado. -
3:18 - 3:21Este é un xogo de poxas para previr caídas
-
3:21 - 3:24deseñado para fortalecer os músculos
e mellorar o equilibrio. -
3:25 - 3:27Aquí, teño que facer movementos
de sentarse e erguerse -
3:27 - 3:29e, cando me ergo,
-
3:29 - 3:31poxo polos artigos que quero mercar.
-
3:32 - 3:33(Risas)
-
3:34 - 3:36De aquí a dous días,
miña avoa fará 82 anos -
3:37 - 3:39e hai un 50% de posibilidades
de que os maiores de 80 anos -
3:39 - 3:41caian polo menos unha vez ao ano,
-
3:41 - 3:44o que pode provocar rotura de cadeira
ou algo aínda peor. -
3:44 - 3:48O baixo ton muscular e os problemas
de equilibrio son as causas principais -
3:48 - 3:51polo que frear estes problemas
con exercicios específicos -
3:52 - 3:54axudará a que xente maior como miña avoa
-
3:54 - 3:57estea protexida e
sexa independente por máis tempo. -
3:57 - 4:00Cando o meu horario remata,
MIRA amosa un resumo -
4:00 - 4:02do meu progreso durante a sesión.
-
4:04 - 4:06Acabo de mostrarvos tres xogos diferentes
-
4:06 - 4:08para nenos, adultos e anciáns.
-
4:08 - 4:11Poden empregarse con pacientes
ortopédicos ou neurolóxicos, -
4:11 - 4:14e axiña teremos opcións
para nenos con autismo, -
4:14 - 4:16doenzas mentais ou patoloxías da fala.
-
4:17 - 4:19A miña fisioterapeuta
pode volver ao meu perfil -
4:19 - 4:21e ver os datos recollidos
nas miñas sesións. -
4:22 - 4:25Pode ver canto me movín,
cantos puntos conseguín, -
4:25 - 4:27a velocidade das miñas articulacións
-
4:27 - 4:28e moitas cousas máis.
-
4:28 - 4:31Pode empregar todo isto
para adaptar o meu tratamento. -
4:32 - 4:34Alégrame dicir que esta versión se emprega
-
4:34 - 4:37en máis de dez clínicas
de Europa e dos EE. UU. -
4:37 - 4:39e que traballamos na versión doméstica.
-
4:39 - 4:43Queremos que os fisioterapeutas
poidan prescribir este tratamento dixital -
4:44 - 4:47e axudarlles aos pacientes
a recuperarse nas súas casas. -
4:48 - 4:51Se miña nai ou eu tivésemos algo así
cando precisamos fisioterapia, -
4:51 - 4:54seguiriamos o tratamento
-
4:55 - 4:57e se cadra, recuperabámonos antes.
-
4:57 - 4:58(Risas)
-
4:58 - 4:59Grazas.
-
5:00 - 5:02(Aplausos)
-
5:03 - 5:06Tom Rielly: Cosmin, que hardware é este
-
5:06 - 5:07que están retirando?
-
5:07 - 5:09De que está feito e canto custa?
-
5:10 - 5:13Cosmin Mihaiu: Microsoft Surface Pro 3
para a demo -
5:13 - 5:17pero só precisas un ordenador e un Kinect,
que custa 120 dólares. -
5:17 - 5:20TR: Ben, e o Kinect é o que se emprega
para xogar coa Xbox -
5:20 - 5:21cos xogos en 3D, non si?
-
5:21 - 5:24CM: Exacto, pero non precisas a Xbox,
só unha cámara. -
5:24 - 5:26TR: Entón custa menos de 1000 dólares?
-
5:26 - 5:29CM: Así é, podes telo por 400.
-
5:29 - 5:32TR: E agora, estás cos ensaios clínicos.
CM: Si. -
5:32 - 5:35TR: E despois esperas deseñar
a versión doméstica -
5:35 - 5:37para practicar a distancia
e que na clínica -
5:37 - 5:40vexan o progreso e outras cousas.
-
5:40 - 5:40CM: Xusto.
-
5:40 - 5:42TR: Xenial. Moitas grazas.
CM: Grazas. -
5:43 - 5:44(Aplausos)
- Title:
- A fisioterapia é aburrida. Mellor xoga a un xogo!
- Speaker:
- Cosmin Mihaiu
- Description:
-
Tes unha lesión e vas camiño da casa para facer unha hora de fisioterapia. O que menos che apetece é ter que facer pola túa conta exercicios confusos que tardan tempo de máis en producir resultados. O membro de TED, Cosmin Mihaiu, amósanos unha solución divertida e económica que converte os aburridos exercicios de fisioterapia nun videoxogo cunhas instrucións clarísimas.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 05:57
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Raquel Senra Fernández edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead | |
![]() |
Raquel Senra Fernández edited Galician subtitles for Physical therapy is boring -- play a game instead |