Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?
-
0:01 - 0:04Este é un pavillón de tuberculosos,
-
0:04 - 0:08e cando se tomou a foto,
a finais do século XIX, -
0:08 - 0:10unha de cada sete persoas
-
0:11 - 0:12morría de tuberculose.
-
0:13 - 0:16Non tiñamos nin idea de que
estaba a causar esta enfermidade. -
0:16 - 0:18A hipótese era, de feito,
-
0:18 - 0:21que a nosa constitución
nos facía susceptibles. -
0:22 - 0:24E foi unha enfermidade moi idealizada.
-
0:24 - 0:27Chamóuselle “tise”,
-
0:27 - 0:30e era a doenza dos poetas,
-
0:30 - 0:33dos artistas e dos intelectuais.
-
0:33 - 0:36E había quen pensaba que te transportaba
a unha maior sensibilidade -
0:37 - 0:39e che outorgaba un xenio creativo.
-
0:41 - 0:42Durante a década dos 50,
-
0:43 - 0:45sóubose que a tuberculose estaba causada
-
0:45 - 0:49por unha infección bacteriana
moi contaxiosa, -
0:49 - 0:50o que era ben menos romántico,
-
0:51 - 0:53pero tiña a vantaxe
-
0:53 - 0:56de que se cadra podiamos
crear medicinas para tratala. -
0:57 - 1:00Os médicos descubriron un novo fármaco,
a iproniacida, -
1:00 - 1:03coa que tiñan esperanzas
de curar a tuberculose; -
1:03 - 1:05así que lla deron aos pacientes,
-
1:05 - 1:07e os pacientes estaban eufóricos.
-
1:07 - 1:10Estaban máis sociables, máis activos.
-
1:10 - 1:15Un informe médico indicaba que
eles estaban a "bailar polos corredores". -
1:16 - 1:17Por desgraza,
-
1:17 - 1:20isto non significaba
que estivesen mellorando. -
1:20 - 1:23Moitos estaban morrendo.
-
1:24 - 1:30Outro informe médico describiuno como
"indebidamente felices". -
1:31 - 1:35E así foi como se descubriu
o primeiro antidepresivo. -
1:36 - 1:40Polo tanto, os descubrimentos accidentais
non son raros na ciencia, -
1:40 - 1:43pero cómpre algo máis
ca un feliz accidente. -
1:43 - 1:47Debes ser capaz de recoñecelo
para poder descubrilo. -
1:48 - 1:50Como neurocientífica, vou falar un pouco
-
1:50 - 1:52sobre a miña experiencia de primeira man
-
1:52 - 1:55con como queirades chamarlle
ao contrario do puro azar, -
1:55 - 1:57podemos chamarlle azar intelixente.
-
1:57 - 1:59Pero primeiro, un pouco máis de contexto.
-
2:00 - 2:03Afortunadamente, dende os anos 50,
-
2:03 - 2:07desenvolvemos outros fármacos
e agora podemos curar a tuberculose. -
2:07 - 2:11E polo menos nos Estados Unidos, aínda
que non necesariamente noutros países -
2:11 - 2:12pechamos os nosos sanatorios
-
2:12 - 2:16e probablemente á maioría de vós
non vos preocupe moito a tuberculose. -
2:17 - 2:20Pero moito do que era certo
a principios do século XX. -
2:20 - 2:21sobre enfermidades infecciosas
-
2:21 - 2:24pódese dicir agora
dos trastornos psíquicos. -
2:25 - 2:28Estamos no medio dunha epidemia
de trastornos emocionais -
2:28 - 2:32coma a depresión
ou o estrés postraumático. -
2:32 - 2:36Un de cada catro adultos nos EE. UU.
-
2:36 - 2:38sofre unha enfermidade mental,
-
2:38 - 2:41o que significa que
se non a viviches en persoa -
2:41 - 2:43nin ninguén da túa familia a tivo,
-
2:44 - 2:47é moi probable
que a teña alguén que coñezas, -
2:47 - 2:49aínda que non fale dela.
-
2:50 - 2:53A depresión superou
-
2:54 - 2:58á sida, á malaria, á diabetes e á guerra
-
2:58 - 3:01coma primeira causa
de discapacidade no mundo. -
3:02 - 3:05E tamén, coma a tuberculose nos 50,
-
3:05 - 3:07non sabemos qué a provoca.
-
3:07 - 3:09Unha vez que se desenvolve, é crónica,
-
3:09 - 3:11dura toda a vida,
-
3:11 - 3:13e non hai cura coñecida.
-
3:15 - 3:17O segundo antidepresivo que descubrimos
-
3:17 - 3:19tamén por accidente, nos anos 50,
-
3:19 - 3:23a partir dun antiestamínico
que estaba volvendo maníaca á xente, -
3:24 - 3:25foi a imipramina.
-
3:26 - 3:30E no caso do pavillón de tuberculosos
e mais no do antiestamínico, -
3:30 - 3:32alguén se deu conta
-
3:32 - 3:34de que o fármaco creado
para facer unha cousa, -
3:34 - 3:37--tratar a tuberculose
ou suprimir alerxias-- -
3:37 - 3:39podería usarse para algo moi diferente
-
3:39 - 3:40--tratar a depresión.
-
3:41 - 3:44Este tipo de redeseño
é bastante estimulante. -
3:44 - 3:48Cando os médicos viron por primeira vez
como a iproniacida melloraba o ánimo, -
3:48 - 3:51non se decataron do que estaban vendo.
-
3:51 - 3:53Estaban tan habituados a pensar
-
3:53 - 3:56dende o marco de que era un fármaco
para a tuberculose -
3:56 - 3:58que se limitaron a anotalo
-
3:58 - 4:00como un efecto secundario,
un efecto secundario negativo. -
4:00 - 4:02Como podedes ver aquí,
-
4:02 - 4:06moitos deses pacientes en 1954
estaban experimentando euforia extrema. -
4:07 - 4:11E eles estaban preocupados por se isto
podería interferir dalgún xeito -
4:11 - 4:13coa súa recuperación da tuberculose.
-
4:13 - 4:20Así que se recomendou que a iproniacida
se empregase só en tuberculoses extremas -
4:20 - 4:23e en pacientes que fose
moi estables emocionalmente, -
4:24 - 4:28que é o modo contrario
a como se emprega un antidepresivo. -
4:28 - 4:32Estaban tan habituados a velo
dende a perspectiva dunha soa doenza -
4:33 - 4:37que non podían ver as grandes implicacións
para outra distinta. -
4:37 - 4:40E sendo sinceros, non é só culpa súa.
-
4:40 - 4:43A fixación funcional é
un prexuízo que nos afecta a todos. -
4:43 - 4:46É a tendencia de dar pensado nun obxecto
-
4:46 - 4:49só en termos da súa función tradicional.
-
4:50 - 4:52E o contexto mental é diferente, non si?
-
4:52 - 4:54É con esta especie de marco preconcibido
-
4:54 - 4:55con quen afrontamos os problemas.
-
4:56 - 4:59E isto fainos moi complicado
facer ese redeseño, -
4:59 - 5:02supoño que por iso lle deron
un programa de TV a un tipo -
5:02 - 5:04ao que se lle dá tan ben facelos.
-
5:05 - 5:07(Risas)
-
5:08 - 5:12Os efectos, nos dous casos,
da iproniacida e da imipramina -
5:12 - 5:13foron tan fortes
-
5:13 - 5:15que había maníacos,
ou persoas bailando polos corredores. -
5:16 - 5:18Non é tan sorprendente que se detectasen.
-
5:18 - 5:22Pero isto fai que te preguntes
qué máis pasamos por alto. -
5:23 - 5:25A iproniacida e a imipramina,
-
5:25 - 5:27son máis que un caso de redeseño.
-
5:28 - 5:31Teñen en común outras dúas cousas
moi importantes. -
5:31 - 5:33Primeira: terribles efectos secundarios.
-
5:33 - 5:36Entre outros, toxicidade hepática,
-
5:36 - 5:39incremento de peso de preto de 25 quilos,
-
5:39 - 5:40tendencias suicidas.
-
5:41 - 5:45E segundo: os dous aumentan
os niveis de serotonina, -
5:45 - 5:47que é un sinal químico no cerebro,
-
5:47 - 5:48un neurotransmisor.
-
5:49 - 5:52E se collemos as cousas xuntas,
--cada unha delas, -
5:52 - 5:53separada non é tan importante--
-
5:53 - 5:57pero xuntas significaban que cumpría
desenvolver fármacos máis seguros, -
5:57 - 6:01e que a serotonina parecía
un bo sitio para comezar. -
6:02 - 6:06Por iso, desenvolvemos fármacos
que se centrasen máis na serotonina, -
6:06 - 6:09os inhibidores selectivos
de recaptación da serotonina (ISRS), -
6:09 - 6:12o máis famoso dos cales é o Prozac.
-
6:12 - 6:14Diso hai 30 anos,
-
6:14 - 6:17e dende aquela viñémonos centrando
en mellorar eses fármacos. -
6:18 - 6:21E os ISRS son mellores ca os fármacos
que había antes , -
6:21 - 6:23pero aínda teñen
moitos efectos secundarios: -
6:23 - 6:26suba de peso, insomnio,
-
6:26 - 6:27tendencias suicidas...
-
6:28 - 6:30e tardan moito en facer efecto,
-
6:30 - 6:33unhas catro ou seis semanas
en moitos pacientes. -
6:33 - 6:34E iso naqueles en que funcionan.
-
6:35 - 6:38Hai moitos pacientes
aos que estes fármacos non lles funcionan. -
6:38 - 6:41E iso significa que agora, en 2016,
-
6:42 - 6:45aínda non temos cura
para ningún trastorno emocional, -
6:45 - 6:47só fármacos que suprimen síntomas,
-
6:47 - 6:51o que é como se para unha infección
tomamos un analxésico -
6:52 - 6:53ou un antibiótico.
-
6:53 - 6:55Co analxésico pódeste sentir mellor,
-
6:55 - 6:58pero non vai facer nada
para tratar a enfermidade subxacente. -
6:59 - 7:01E grazas a esta flexibilidade
no noso pensamento -
7:01 - 7:04puidemos recoñecer
que a iproniacida e a imipramina -
7:04 - 7:06poderían redeseñarse dese xeito,
-
7:06 - 7:08o que nos levou á hipótese da serotonina,
-
7:08 - 7:11coa que, ironicamente, nos obsesionamos.
-
7:12 - 7:14Estes son sinais no cerebro, serotonina,
-
7:14 - 7:16dun anuncio de ISRS.
-
7:16 - 7:18Por se non está claro,
isto é unha dramatización. -
7:19 - 7:23E na ciencia,
intentamos eliminar os prexuízos -
7:23 - 7:25facendo estudos de dobre cego
-
7:25 - 7:29ou sendo estatisticamente agnósticos
sobre os resultados que podemos atopar. -
7:29 - 7:33Pero os nesgos entran raposeiramente
naquilo que decidimos estudar -
7:33 - 7:35e en como decidimos estudalo.
-
7:36 - 7:40E así, nos últimos 30 anos,
centrámonos na serotonina, -
7:40 - 7:42excluíndo con frecuencia outros elementos.
-
7:43 - 7:44Seguimos sen ter cura.
-
7:45 - 7:49E se a serotonina non fose
o único factor da depresión? -
7:49 - 7:51E se nin sequera fose unha parte esencial?
-
7:51 - 7:53Isto significa que tanto ten o tempo
-
7:53 - 7:56os cartos ou o esforzo que lle adiquemos,
-
7:56 - 7:58nunca nos levará a unha cura.
-
7:58 - 8:01Nos últimos anos, os médicos descubriron
o que probablemente é -
8:01 - 8:06o primeiro antidepresivo real dende os
inhibidores de recaptación da serotonina, -
8:07 - 8:08o Calipsol,
-
8:08 - 8:11e este fármaco funciona moi rápido,
nunhas poucas horas ou un día, -
8:11 - 8:13e non se basea en serotonina.
-
8:13 - 8:16Faino no glutamato, outro neurotransmisor.
-
8:16 - 8:18E tamén tiña outra función.
-
8:18 - 8:21Tradicionalmente empregábase
coma anestesia en operacións. -
8:21 - 8:23Pero ao revés cós fármacos anteriores
-
8:23 - 8:25que se identificaron bastante axiña,
-
8:25 - 8:27levou 20 anos darse conta
-
8:27 - 8:29de que o Calipsol era un antidepresivo,
-
8:29 - 8:32a pesar de ser, en realidade,
un antidepresivo mellor -
8:32 - 8:34ca a maioría dos outros fármacos.
-
8:34 - 8:38E probablemente,
por ser un antidepresivo mellor -
8:38 - 8:40custounos máis recoñecelo.
-
8:40 - 8:42Non había loucura
que amosase os seus efectos. -
8:43 - 8:46En 2013, na Universidade de Columbia,
-
8:46 - 8:47estaba a traballar coa miña colega,
-
8:47 - 8:49a dra. Christine Ann Denny,
-
8:49 - 8:53estabamos estudando o Calipsol
como un antidepresivo en ratos. -
8:54 - 8:56O Calipsol ten unha vida media moi curta,
-
8:56 - 8:59o que significa que permanece no corpo
só unhas poucas horas. -
8:59 - 9:01Estábamos facendo probas piloto.
-
9:01 - 9:03Poñeriámoslle unha inxección aos ratos,
-
9:03 - 9:05e esperariamos unha semana,
-
9:05 - 9:08e despois fariamos outro experimento
para poder aforrar cartos. -
9:08 - 9:10E nun dos meus experimentos
-
9:11 - 9:12estresabamos aos ratos,
-
9:12 - 9:14e usabamos isto
como un modelo de depresión. -
9:14 - 9:17Ao comezo parecía
que non funcionaba en absoluto. -
9:17 - 9:19Puidemos parar nese momento.
-
9:20 - 9:22Pero usei este modelo de depresión
durante moitos anos, -
9:22 - 9:24e os resultados parecían estraños.
-
9:24 - 9:26Parecíame que estaban mal.
-
9:26 - 9:27Volvín atrás,
-
9:28 - 9:29o e reanaliceinos
-
9:29 - 9:33baseándome en se recibiran ou non
unha inxección de Calipsol -
9:33 - 9:34a semana anterior.
-
9:35 - 9:37E eran algo coma isto.
-
9:37 - 9:39Se mirades á esquerda,
-
9:39 - 9:42se poñedes un rato nun novo espazo,
-
9:42 - 9:44a caixa neste caso, é moi emocionante,
-
9:44 - 9:46o rato camiñará e explorará a contorna
-
9:46 - 9:50e pódese ver a liña rosa,
que á a medida do que camiñan. -
9:50 - 9:53Tamén puxemos outro rato
nun gobelete -
9:54 - 9:56co que podía decidir interaccionar.
-
9:56 - 9:59Isto tamén é unha dramatización,
por se non está claro. -
9:59 - 10:03Un rato normal explorará.
-
10:03 - 10:04Será sociable.
-
10:05 - 10:06Mirade o que está a pasar.
-
10:06 - 10:09Se estresas un rato
neste modelo de depresión, -
10:09 - 10:10que é a caixa do medio,
-
10:11 - 10:13non son sociables, non exploran.
-
10:13 - 10:16Eles, sobre todo, escóndense
nesa esquina, detrás do gobelete. -
10:17 - 10:20Porén, os ratos que recibiron
a inxección de Calipsol, -
10:20 - 10:21védelo á vosa dereita,
-
10:22 - 10:24estaban explorando, eran sociables.
-
10:25 - 10:27Parecía coma se nunca antes
estiveran estresados, -
10:28 - 10:29o que era imposible.
-
10:30 - 10:32Poderíamos parar aquí,
-
10:33 - 10:37pero Christine tamén usara antes
Calipsol como anestesia, -
10:37 - 10:39e había uns anos que detectara
-
10:39 - 10:41que parecía ter algúns efectos
estraños nas células -
10:41 - 10:42e nalgún outro comportamento
-
10:42 - 10:45que tamén parecía manterse
moito despois de tomar o fármaco, -
10:45 - 10:47se cadra, unhas poucas semanas.
-
10:47 - 10:48Así que nos dixemos,
-
10:48 - 10:50ao mellor isto non é de todo imposible”,
-
10:50 - 10:52pero eramos moi escépticas.
-
10:52 - 10:54E fixemos o que se fai en ciencia
cando un non está seguro: -
10:54 - 10:56intentámolo outra vez.
-
10:56 - 10:59Lembro de estar no cuarto dos animais,
-
11:00 - 11:03movendo ratos dunha caixa á outra
para analizalos, -
11:03 - 11:07e Christine estaba sentada no chan
co ordenador no colo -
11:07 - 11:08para que os ratos non a visen,
-
11:08 - 11:11e ela estaba analizando os datos
en tempo real. -
11:11 - 11:12Recordo que berramos,
-
11:12 - 11:15algo que non debes facer nunha sala
con animais que estás analizando, -
11:15 - 11:16porque funcionou.
-
11:17 - 11:21Parecía coma se estes ratos
estivesen protexidos contra o estrés, -
11:21 - 11:24ou estaban indebidamente felices,
coma lle queirades chamar. -
11:25 - 11:27E estabamos moi emocionadas.
-
11:28 - 11:32E despois eramos realmente escépticas,
porque era demasiado bo para ser certo. -
11:32 - 11:33Así que volvémolo probar.
-
11:34 - 11:36Volvemos probalo nun modelo
de estrés postraumático, -
11:36 - 11:39e outra vez nun modelo fisiolóxico,
-
11:39 - 11:41onde só lles demos hormonas do estrés.
-
11:41 - 11:43Tiñamos estudantes facendo probas.
-
11:43 - 11:47E tamén os nosos colaboradores
do outro lado do mundo, en Francia. -
11:48 - 11:51E cada vez que alguén facía probas
confirmábanos o mesmo. -
11:51 - 11:54Parecía que esta inxección de Calipsol
-
11:54 - 11:57dalgunha maneira protexía
do estrés durante semanas. -
11:57 - 11:59Publicamos isto hai só un ano,
-
11:59 - 12:03pero dende aquela outros laboratorios
confirmaron este efecto independentemente. -
12:04 - 12:06Non sabemos qué causa a depresión,
-
12:06 - 12:10pero si que o estrés é a causa inicial
-
12:10 - 12:12no 80 por cento dos casos,
-
12:12 - 12:15e a depresión e o estrés postraumático
son doenzas distintas, -
12:15 - 12:16pero isto é algo que comparten.
-
12:17 - 12:19O estrés traumático,
-
12:19 - 12:22coma un combate ou un desastre natural
-
12:22 - 12:24ou violencia nas comunidades
ou unha agresión sexual -
12:24 - 12:26que causa
trastorno por estrés postraumático, -
12:27 - 12:33e non todo o mundo exposto ao estrés
desenvolve un trastorno emocional. -
12:33 - 12:36E esta capacidade de
sentir estrés e resistilo -
12:36 - 12:40e recuperarse e non desenvolver
depresión ou estrés postraumático -
12:40 - 12:43coñécese como resistencia ó estrés,
-
12:43 - 12:45e varía de persoa a persoa.
-
12:45 - 12:48Sempre pensamos que se trataba
dun tipo de capacidade pasiva. -
12:48 - 12:51Non hai factores de susceptibilidade
-
12:51 - 12:53nin factores de risco
para estes trastornos. -
12:54 - 12:56Pero e se fose unha capacidade activa?
-
12:56 - 12:58Se cadra, poderiamos mellorala,
-
12:58 - 13:00algo así como poñer unha armadura.
-
13:01 - 13:06Descubrimos accidentalmente o primeiro
fármaco que mellora a resistencia. -
13:07 - 13:10E como dixen, só administramos
unha pequena cantidade de fármaco -
13:10 - 13:11e o efecto durou semanas,
-
13:11 - 13:14algo que non se parece en nada
ao que vemos cos antidepresivos. -
13:14 - 13:19Parécese máis ao que pasa coas vacinas.
-
13:19 - 13:22Coas vacinas, pos unha inxección,
-
13:22 - 13:26e durante semanas, meses ou anos,
-
13:26 - 13:28cando te expós á bacteria
-
13:28 - 13:30non é a vacina do teu corpo
quen te protexe, -
13:30 - 13:32é o teu propio sistema inmunolóxico
-
13:32 - 13:36que desenvolveu resistencia e resiliencia
contra esta bacteria e pode combatela, -
13:36 - 13:38e ti non colles a infección,
-
13:38 - 13:41o que é moi distinto
a tratar a infección, non si? -
13:41 - 13:45Neste segundo caso,
colles a infección, exposte á bacteria, -
13:45 - 13:49enfermas, e despois
tomas un antibiótico que a cura, -
13:49 - 13:52e eses fármacos traballan
para eliminar a bacteria. -
13:53 - 13:56Nin se parece ao que comentei antes,
dos fármacos paliativos, -
13:56 - 13:58tomarás algo que eliminará os síntomas,
-
13:58 - 14:01pero non tratará a infección subxacente,
-
14:01 - 14:04e tan só te atoparás mellor
mentres esteas tomando o fármaco, -
14:04 - 14:06por iso tes que seguir tomándoo.
-
14:06 - 14:09E para a depresión
e o estrés postraumático -
14:09 - 14:11--velaquí temos a exposición ao estrés--
-
14:11 - 14:14só temos tratamentos paliativos.
-
14:14 - 14:16Os antidepresivos só eliminan os síntomas,
-
14:16 - 14:19e esa é basicamente a razón pola cal
hai que seguir tomándoos -
14:19 - 14:21durante a duración da enfermidade,
-
14:21 - 14:23que é, con frecuencia, a da propia vida.
-
14:24 - 14:28Por iso lles chamamos aos nosos fármacos
que melloran a resistencia “paravacinas”, -
14:28 - 14:30que significa "coma unha vacina"
-
14:30 - 14:32porque parece que tivesen o potencial
-
14:32 - 14:34de protexernos contra o estrés
-
14:34 - 14:38e previr que os ratos desenvolvan
-
14:38 - 14:40depresión e estrés postraumático.
-
14:42 - 14:44Non todos os antidepresivos
son paravacinas. -
14:45 - 14:47Tamén probamos co Prozac,
-
14:47 - 14:48e non tivo efecto ningún.
-
14:49 - 14:52Se isto se trasladase aos seres humanos
-
14:52 - 14:55poderíamos protexer á xente
-
14:55 - 14:57que está potencialmente en perigo
-
14:57 - 14:59de trastornos provocados polo estrés
-
14:59 - 15:01coma a depresión
ou o estrés postraumático. -
15:01 - 15:04Persoas como traballadores
de primeiros auxilios e bombeiros, -
15:04 - 15:08refuxiados, reclusos
e funcionarios de prisións, -
15:08 - 15:10soldados, por citar algúns.
-
15:11 - 15:15Para darvos unha idea da magnitude
deste tipo de enfermidades, -
15:16 - 15:19en 2010, a carga global destas doenzas
-
15:19 - 15:23estimouse en 2,5 billóns de dólares
-
15:23 - 15:25e como son crónicas,
-
15:25 - 15:28o custo é acumulativo
polo que se prevé que medre -
15:28 - 15:31en seis billóns de dólares
só nos próximos 15 anos. -
15:32 - 15:34Como mencionei antes,
-
15:34 - 15:38redeseñar un fármaco pode ser complexo
por causa dos nosos nesgos previos. -
15:39 - 15:40O calipsol ten outro nome,
-
15:41 - 15:42ketamina,
-
15:43 - 15:45que tamén é coñecida como
-
15:45 - 15:47Special K,
-
15:47 - 15:49unha droga de deseño e un estupefaciente.
-
15:51 - 15:54Aínda se emprega ao redor do mundo
como anestésico. -
15:54 - 15:57Emprégase en nenos.
Empregámola nos campos de batalla. -
15:57 - 16:00De feito é o fármaco elixido
en moitos países en desenvolvemento -
16:00 - 16:01porque non afecta á respiración.
-
16:01 - 16:06Está na lista de fármacos esenciais
da Organización Mundial da Saúde. -
16:07 - 16:10Se descubrísemos a ketamina
primeiro com unha paravacina, -
16:11 - 16:13sería bastante doado desenvolvérmola,
-
16:14 - 16:18pero temos que competir
contra a fixación funcional -
16:18 - 16:20e os construtos mentais que interfiren.
-
16:22 - 16:26Por sorte, non é
o único composto que descubrimos -
16:26 - 16:29con esas calidades
profilácticas e paravacinais, -
16:30 - 16:32pero os outros fármacos que atopamos,
-
16:33 - 16:35ou compostos se prefiren,
son totalmente novos, -
16:35 - 16:38teñen que superar o proceso completo
de aceptación da FDA -
16:39 - 16:42antes de poder usarse en seres humanos.
-
16:42 - 16:44E iso vai supoñer anos.
-
16:44 - 16:46Se queremos algo máis axiña,
-
16:46 - 16:49a ketamina xa está aprobada pola FDA.
-
16:49 - 16:51É xenérica, está dispoñible.
-
16:51 - 16:55Podería desenvolverse
pola metade de prezo e de tempo. -
16:56 - 17:01Pero, máis alá da fixación funcional
e o construto mental, -
17:01 - 17:04hai outro desafío para
o redeseño de fármacos: -
17:04 - 17:06as políticas.
-
17:06 - 17:08Non existen incentivos
-
17:08 - 17:12--se o fármaco é xenérico e sen patente
e non existe unha exclusividade-- -
17:12 - 17:15que animen ás farmacéuticas
a desenvolvelos, -
17:15 - 17:16porque non gañan cartos.
-
17:16 - 17:20Isto non só é certo para a ketamina.
Éo para todos os fármacos. -
17:21 - 17:26De todos os xeitos, a propia idea
é totalmente novidosa en psiquiatría, -
17:26 - 17:30usar drogas para previr
enfermidades mentais -
17:30 - 17:32no canto de tratalas.
-
17:33 - 17:38É posible que en 20, 50, ou 100 anos
-
17:38 - 17:42miremos a depresión
e o estrés postraumático -
17:42 - 17:45como miramos hoxe
os sanatorios de tuberculosos, -
17:45 - 17:46como cousas do pasado.
-
17:47 - 17:52Isto podería ser o principio da fin
dunha epidemia de saúde mental. -
17:53 - 17:57Pero como un gran científico dixo,
-
17:58 - 18:00" Só un tolo está seguro de algo,
-
18:00 - 18:03o sabio segue intentando adiviñar."
-
18:03 - 18:04[MacGyver]
-
18:04 - 18:05Grazas.
-
18:06 - 18:10(Aplausos)
- Title:
- Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?
- Speaker:
- Rebecca Brachman
- Description:
-
O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado --e controvertido-- xiro.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:23
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD? |