A linguaxe corporal determina quen somos
-
0:01 - 0:06Vou comezar dándovos
un truco útil non tecnolóxico -
0:06 - 0:09e todo canto require de vós é isto:
-
0:09 - 0:13que cambiedes de postura
durante dous minutos. -
0:13 - 0:16Pero antes de revelárvolo,
quero pedirvos agora mesmo -
0:16 - 0:20que observedes o voso corpo
e o que estades a facer con el. -
0:20 - 0:23A ver, cantos de vós
estades dalgún xeito encollidos? -
0:23 - 0:26Encurvados, coas pernas cruzadas,
os nocellos enleados. -
0:26 - 0:30Ás veces poñemos os brazos así.
-
0:30 - 0:33Ás veces estirámolos. (Risos)
-
0:33 - 0:36Ollo que vos vexo.
-
0:36 - 0:39Prestade atención
ao que facedes agora mesmo. -
0:39 - 0:41Imos volver a isto nuns minutos
-
0:41 - 0:44e espero que se aprendedes
a modificalo un pouco -
0:44 - 0:47poida mudar considerablemente
o desenvolvemento da vosa vida. -
0:47 - 0:52Ben, estamos fascinados
coa linguaxe corporal -
0:52 - 0:56e interésanos especialmente
a linguaxe corporal doutras persoas. -
0:56 - 1:00Xa sabedes, interésanos...
isto, vaia... (Risos) -
1:00 - 1:04unha interacción torpe, un sorriso
-
1:05 - 1:09unha ollada despectiva,
unha chiscadela torpe de ollo -
1:09 - 1:12ou mesmo algo coma unha aperta de mans.
-
1:12 - 1:15Narrador: Aquí están
chegando ao número 10. -
1:15 - 1:20Este policía ten sorte e dálle a man
ao presidente dos Estados Unidos. -
1:20 - 1:25Aí vén o primeiro ministro...
Non. (Risos) (Aplausos) -
1:25 - 1:27(Risos) (Aplausos)
-
1:27 - 1:31Amy Cuddy: Unha aperta de mans,
ou a súa ausencia, -
1:31 - 1:34pode darnos que falar
durante semanas e semanas; -
1:34 - 1:36mesmo á BBC e ao New York Times.
-
1:36 - 1:40Entón cando pensamos
en expresión non verbal -
1:40 - 1:43ou linguaxe corporal (nós os sociólogos
chamámoslle non verbal) -
1:43 - 1:46falamos de linguaxe,
polo tanto de comunicación. -
1:46 - 1:49Cando falamos de comunicación
pensamos en interaccións. -
1:49 - 1:51Que me comunica a túa linguaxe corporal?
-
1:51 - 1:54Que che comunica a miña a ti?
-
1:54 - 2:00Hai razóns para crer
que é válido este enfoque. -
2:00 - 2:02Os sociólogos
pasamos moito tempo -
2:02 - 2:04observando os efectos
da nosa linguaxe corporal, -
2:04 - 2:06ou da doutras persoas,
sobre os xuízos. -
2:06 - 2:10Facemos xuízos
e deducións da linguaxe corporal. -
2:10 - 2:14Eses xuízos poden predicir
proxeccións importantes na vida -
2:14 - 2:17como a quen contratamos ou promovemos
ou a quen lle pedimos unha cita. -
2:17 - 2:22Por exemplo Nalini Ambady,
investigadora na Universidade de Tufts, -
2:22 - 2:27demostra que cando alguén ve
30 segundos de vídeos sen son -
2:27 - 2:30de interaccións reais médico-paciente
-
2:30 - 2:32os seus xuízos
sobre a simpatía do médico -
2:32 - 2:35predín se ese médico
vai ser demandado ou non. -
2:35 - 2:37Así que non ten que ver tanto
-
2:37 - 2:39con se o médico era ou non
incompetente -
2:39 - 2:42senón con se nos gustou esa persoa
e como interactuou. -
2:42 - 2:45Aínda máis drástico,
Alex Todorov, de Princeton, -
2:45 - 2:49demostrounos que os xuízos
dos rostros de candidatos políticos -
2:49 - 2:53predín nun segundo o 70 por cento
-
2:53 - 2:57do resultado da carreira cara ao Goberno
e o Senado dos EEUU -
2:57 - 2:59e mesmo, no eido dixital,
-
2:59 - 3:03as emoticonas ben usadas
nas negociacións en liña -
3:03 - 3:06poden conducir a darlle máis valor
a esa negociación. -
3:06 - 3:09Se fas un mal uso deles é mala idea, non?
-
3:09 - 3:12Falar de linguaxe non verbal
é falar de como xulgamos aos outros, -
3:12 - 3:15como nos xulgan a nós
e cales son as consecuencias. -
3:15 - 3:17Pero tendemos a esquecer
a outra audiencia -
3:17 - 3:20na que inflúe a nosa linguaxe non verbal,
que somos nós mesmos. -
3:21 - 3:24Inflúenos a nosa linguaxe non verbal,
-
3:24 - 3:26os nosos pensamentos, sentimentos
e fisioloxía. -
3:26 - 3:29De que linguaxe non verbal estou a falar?
-
3:29 - 3:32Son psicóloga social.
Estudo os prexuízos -
3:32 - 3:35e dou clases nunha competitiva
escola de negocios, -
3:35 - 3:39así que era inevitable que me interesasen
as dinámicas de poder. -
3:39 - 3:43Interesábanme sobre todo
expresións non verbais -
3:43 - 3:45de poder e dominación.
-
3:45 - 3:48Que son as expresións non verbais
de poder e dominación? -
3:48 - 3:50Ben, pois son isto.
-
3:50 - 3:53No reino animal
teñen que ver coa expansión, -
3:53 - 3:56con facerse grande, estirarse,
-
3:56 - 3:59acaparar espazo,
basicamente abrirse. -
3:59 - 4:01Trátase de abrirse.
-
4:01 - 4:03E funciona así
en todo o reino animal, -
4:03 - 4:06non se limita só aos primates.
-
4:06 - 4:09Os humanos facemos o mesmo. (Risos)
-
4:09 - 4:13Fan así cando teñen poder
de xeito permanente -
4:13 - 4:16e tamén cando se senten
poderosos no momento. -
4:16 - 4:19Isto é especialmente interesante
porque nos demostra -
4:19 - 4:23o antigas e universais que son
estas expresións de poder. -
4:23 - 4:25Esta expresión, coñecida como orgullo,
-
4:25 - 4:28foi estudada por Jessica Tracy,
-
4:28 - 4:30que nos di que tanto as persoas
que ven desde que naceron -
4:31 - 4:33coma as persoas que son cegas conxénitas
fan o mesmo -
4:33 - 4:36cando gañan unha competición física.
-
4:36 - 4:38Así que que cando cruzan
a liña de meta e gañan -
4:38 - 4:41non importa se nunca viron
ninguén facelo. -
4:41 - 4:42Fan así.
-
4:42 - 4:45Os brazos erguidos en V,
o queixo algo elevado. -
4:45 - 4:47Que facemos cando nos sentimos impotentes?
-
4:47 - 4:48Facemos xusto o contrario.
-
4:48 - 4:51Pechámonos.
Envolvémonos. -
4:51 - 4:52Facémonos pequenos.
-
4:52 - 4:55Non queremos tropezar con quen
está ao noso carón. -
4:55 - 4:57E tanto os animais coma os humanos
facemos o mesmo. -
4:57 - 5:01E isto é o que acontece cando xuntas
poder con impotencia. -
5:01 - 5:05O que tendemos a facer
cando se trata de poder -
5:05 - 5:07é complementar a linguaxe
non verbal dos outros. -
5:07 - 5:10Así que se alguén se mostra
moi poderoso con nós, -
5:10 - 5:12tendemos a facernos máis pequenos.
Non o imitamos. -
5:12 - 5:14Facemos o contrario.
-
5:14 - 5:17Se vexo este comportamento na clase,
-
5:17 - 5:20que noto?
-
5:20 - 5:27Noto que os alumnos do MBA presentan
toda a linguaxe non verbal de poder. -
5:27 - 5:29Hai persoas
que son caricaturas dos alfa, -
5:29 - 5:33entran na aula, sitúanse no medio
-
5:33 - 5:36mesmo antes de empezar a clase,
como se quixesen ocupar espazo. -
5:36 - 5:39Cando sentan,
parecen expandirse. -
5:39 - 5:40Erguen a man así.
-
5:40 - 5:44Logo hai outras persoas que
entran practicamente esboroándose. -
5:44 - 5:45Así como entran xa o notas.
-
5:45 - 5:48Velo no seu rostro
e no seu corpo, -
5:48 - 5:51sentan na cadeira
e fanse diminutos, -
5:51 - 5:53e fan así cando erguen a man.
-
5:53 - 5:55Aquí observo dúas cousas.
-
5:55 - 5:57Unha non vos ha sorprender.
-
5:57 - 5:59Semella ter que ver co sexo.
-
5:59 - 6:04As mulleres son máis propensas
a facelo que os homes. -
6:04 - 6:07As mulleres séntense sempre
menos poderosas cós homes, -
6:07 - 6:09así que isto non é sorprendente.
-
6:09 - 6:11Pero a outra cousa que notei
-
6:11 - 6:13é que semella estar relacionado co grao
-
6:13 - 6:17de participación dos alumnos
e co seu nivel de participación. -
6:17 - 6:20E isto é moi importante
na clase do MBA -
6:20 - 6:22porque a participación conta
para a media da nota. -
6:23 - 6:27As escolas de negocios levan loitando
coa diferenza de notas segundo o sexo. -
6:27 - 6:30Ves mulleres e homes
igualmente cualificados -
6:30 - 6:32e logo ves estas diferenzas nas notas,
-
6:32 - 6:35que semellan ser atribuíbles
en parte á participación. -
6:36 - 6:39Entón empecei a preguntarme:
-
6:39 - 6:42se hai persoas que entran con
esa actitude e participan, -
6:42 - 6:45sería posible facer que outras
a finxisen -
6:45 - 6:47e que iso as levase a participar máis?
-
6:47 - 6:51A miña colaboradora Dana Carney,
que está en Berkeley, -
6:51 - 6:55e eu queriamos saber se se pode
finxir ata facelo. -
6:55 - 6:57É dicir, podes facelo só por un intre
-
6:57 - 7:00e experimentar un resultado
no teu comportamento -
7:00 - 7:02que te faga sentir máis poderoso?
-
7:02 - 7:05Sabemos que a linguaxe non verbal
condiciona o que outras persoas -
7:05 - 7:08senten e pensan de nós.
Hai moitas probas. -
7:08 - 7:09Pero a nosa pregunta era:
-
7:09 - 7:13condiciona a linguaxe non verbal
o que sentimos e pensamos de nós mesmos? -
7:13 - 7:16Hai probas de que así é.
-
7:16 - 7:21Por exemplo, sorrimos
cando estamos contentos, -
7:21 - 7:23pero tamén cando nos obrigamos a rir
-
7:23 - 7:27suxeitando un boli cos dentes así,
fainos sentir contentos. -
7:27 - 7:29Funciona nas dúas direccións.
-
7:29 - 7:33Cando se trata de poder,
tamén funciona nas dúas direccións. -
7:33 - 7:35Cando nos sentimos poderosos
-
7:35 - 7:37é máis probable que fagamos isto,
-
7:37 - 7:43pero tamén é posible
que cando finximos ser poderosos -
7:43 - 7:47é máis probable
que realmente nos sintamos poderosos. -
7:47 - 7:50Pois a segunda pregunta
en realidade era, ben, -
7:50 - 7:53xa sabemos que a mente
modifica o noso corpo, -
7:53 - 7:57pero é certo tamén
que o corpo modifica a nosa mente? -
7:57 - 8:00E cando digo mente,
no caso dos poderosos, -
8:00 - 8:01de que estou a falar?
-
8:01 - 8:03Pois falo de pensamentos e sentimentos
-
8:03 - 8:07e de compoñentes fisiolóxicos que forman
eses pensamentos e sentimentos, -
8:07 - 8:10e no meu caso, falo das hormonas.
Observo as hormonas. -
8:10 - 8:14Como é a mente dos poderosos comparada
coa dos que non o son? -
8:14 - 8:18As persoas poderosas tenden a ser,
non é sorprendente, -
8:19 - 8:23máis asertivos e seguros,
máis optimistas. -
8:23 - 8:26Teñen a sensación de que van gañar
mesmo en xogos de azar. -
8:26 - 8:30Tamén tenden a pensar
dun xeito máis abstracto. -
8:30 - 8:33Existen moitas diferenzas.
Asumen máis riscos. -
8:33 - 8:36Hai unha chea de diferenzas
entre os poderosos e os que non o son. -
8:36 - 8:39Fisioloxicamente
tamén se dan diferenzas -
8:39 - 8:43en dúas hormonas clave: a testosterona,
que é a hormona da dominación, -
8:43 - 8:46e o cortisol, que é a hormona do estrés.
-
8:46 - 8:54Os machos alfa con moito poder
nas xerarquías de primates -
8:54 - 8:57teñen niveis altos de testosterona
e niveis baixos de cortisol. -
8:57 - 9:00E os líderes poderosos e eficientes
-
9:00 - 9:03tamén teñen testosterona alta
e cortisol baixo. -
9:03 - 9:05Que significa isto?
Ao falar de poder, -
9:05 - 9:07adoitábase falar só da testosterona,
-
9:07 - 9:09porque tiña que ver coa dominación.
-
9:09 - 9:13Pero o poder tamén ten que ver
coa nosa reacción ante o estrés. -
9:13 - 9:16Queremos un líder dominante,
con moito poder, -
9:16 - 9:18con niveis altos de testosterona
pero sensible ao estrés? -
9:18 - 9:20Probablemente non, verdade?
-
9:20 - 9:23Queremos unha persoa que sexa poderosa,
asertiva e dominante -
9:23 - 9:27pero non moi sensible ao estrés,
unha persoa que sexa tranquila. -
9:27 - 9:32Sabemos que nas xerarquías de primates,
-
9:32 - 9:35se un alfa ten que tomar o control,
-
9:35 - 9:39se alguén ten que asumir o mando,
tomar de súpeto ese papel, -
9:39 - 9:42no prazo duns días,
a súa testosterona elévase moito -
9:42 - 9:46e o cortisol descende igualmente.
-
9:46 - 9:49Temos esa evidencia,
que o corpo pode moldear -
9:49 - 9:51a mente, polo menos a nivel facial,
-
9:51 - 9:55e tamén que o papel asumido
pode moldear a mente. -
9:55 - 9:58Entón, que ocorre cando
se asume un cambio de papel? -
9:58 - 10:01Que sucede se se fai a un nivel mínimo,
-
10:01 - 10:03como esta pequena manipulación
ou intervención? -
10:03 - 10:06Dicímoslle: "quero
que durante 2 minutos te ergas así, -
10:06 - 10:09iso fará que te sintas máis poderoso".
-
10:09 - 10:11E iso foi o que fixemos.
-
10:12 - 10:16Decidimos traer xente ao laboratorio
e facer un pequeno experimento, -
10:16 - 10:20esas persoas adoptaron, por dous minutos,
-
10:20 - 10:23ambas as posicións, de poder
ou debilidade. -
10:23 - 10:25Vouvos mostrar xusto agora
cinco desas poses, -
10:25 - 10:27aínda que eles probaron só dúas.
-
10:27 - 10:29Esta é unha.
-
10:30 - 10:31Un par máis
-
10:32 - 10:37A esta a prensa
chamoulle a "Muller marabilla". -
10:37 - 10:38Aquí temos un par máis.
-
10:38 - 10:40Poden estar de pé,
ou sentados. -
10:40 - 10:42Aquí están as posicións de debilidade.
-
10:42 - 10:45Agora dóbranse,
fanse pequenos. -
10:47 - 10:48Esta é de moi baixo poder.
-
10:48 - 10:52Cando tocas o pescozo
estaste protexendo, realmente. -
10:52 - 10:54Isto é o que ocorre.
-
10:54 - 10:56Eles veñen, cospen nun frasco,
-
10:56 - 11:00e dicímoslles durante dous minutos:
"tes que facer isto ou aquilo." -
11:00 - 11:02Eles non ven as fotos das posicións.
-
11:02 - 11:04Non queremos inducilos
cun concepto de poder. -
11:04 - 11:06Queremos que sintan o poder.
-
11:06 - 11:07Fan isto dous minutos.
-
11:07 - 11:10Logo preguntámoslles,
"como de poderoso te sentes? -
11:10 - 11:13entón dámoslles
a oportunidade de apostar, -
11:13 - 11:16ao final tomamos outra mostra de saliva.
-
11:16 - 11:17Iso é todo. Este é todo o experimento.
-
11:17 - 11:19Isto foi o que atopamos.
-
11:19 - 11:21Tolerancia ao risco, a apostar;
-
11:21 - 11:25atopamos que cando están
nunha posición de alto poder -
11:25 - 11:27arríscanse a apostar o 86%.
-
11:27 - 11:29Cando están nas posicións de
baixo poder, -
11:29 - 11:33só o 60%. É unha diferenza
moi significativa. -
11:33 - 11:36Vexamos o que atopamos coa testosterona.
-
11:36 - 11:38Partindo da súa situación normal
ao chegar, -
11:38 - 11:42a xente poderosa experimenta
un incremento do 20% -
11:42 - 11:46e os débiles experimentan
una diminución do 10%. -
11:46 - 11:49De novo, 2 minutos,
e obtéñense eses cambios. -
11:49 - 11:51Agora os resultados co cortisol.
-
11:51 - 11:55Os máis poderosos experimentan
un 25% de diminución, -
11:55 - 11:59os máis débiles experimentan
un aumento de arredor do 15%. -
11:59 - 12:02Só dous minutos provocan
estes cambios hormonais -
12:02 - 12:03que configuran o teu cerebro
-
12:03 - 12:08para facelo asertivo, seguro
ou confortable, -
12:08 - 12:13ou ben susceptible ao estrés,
e sentíndose como apagado. -
12:13 - 12:16Todos coñecemos esa sensación,
non si? -
12:16 - 12:21Semella que a nosa linguaxe non verbal
rexe o xeito de vernos a nós mesmos, -
12:21 - 12:23non só aos demais,
senón a nós mesmos. -
12:23 - 12:26O corpo pode cambiarnos a mente.
-
12:26 - 12:28A seguinte pregunta, por suposto, é...
-
12:28 - 12:30pode un xesto de poder nuns minutos
-
12:30 - 12:32cambiarche a vida
de xeito significativo? -
12:32 - 12:36Isto é no laboratorio, este experimento,
son só dous minutos. -
12:36 - 12:38Onde podes realmente aplicar isto?
-
12:38 - 12:40Iso é o que nos preocupa.
-
12:40 - 12:47Pensamos que onde se necesita
é en situacións nas que te avalían, -
12:47 - 12:49como nas situacións sociais esixentes,
-
12:49 - 12:52nas que te avalían
mesmo os teus amigos. -
12:52 - 12:54Para os adolescentes
é na mesa do comedor. -
12:54 - 12:58Para algunha xente é falar
na xunta da escola. -
12:58 - 13:02Pode ser ao presentar un negocio
ou dar unha charla coma esta -
13:02 - 13:05ou ir a unha entrevista de traballo.
-
13:05 - 13:07Escollemos unha coa que
a maioría da xente se identifica -
13:07 - 13:10porque moitos pasaron por ela,
a entrevista de traballo. -
13:10 - 13:13Entón publicamos os resultados,
-
13:13 - 13:15a prensa interesouse
-
13:15 - 13:17e dixo... ben, isto é o que hai que facer
-
13:17 - 13:19cando vas a unha entrevista, non?
-
13:19 - 13:20(Risos)
-
13:20 - 13:22Naturalmente quedamos arrepiados
e dixemos: -
13:22 - 13:25Non, por Deus, non,
non é o que queriamos dicir. -
13:25 - 13:27Por moitas razóns, non,
non fagades iso. -
13:27 - 13:30De novo, non se trata
de falarlle a outra xente. -
13:30 - 13:31Trátase de falar contigo mesmo.
-
13:31 - 13:34Que fas antes de ir a unha
entrevista de traballo? Fas isto. -
13:34 - 13:37Estás sentado.
Miras o teu iPhone... -
13:37 - 13:39ou o teu Android, non imos
deixar ninguén fóra. -
13:39 - 13:41Repasas as túas mensaxes,
-
13:41 - 13:43estás encurvado, facéndote pequeno,
-
13:43 - 13:45cando realmente o que deberías
estar facendo é isto, -
13:45 - 13:48quizais no baño, vale?
Faino. Lévache dous minutos. -
13:48 - 13:50Iso é o que queremos avaliar, vale?
-
13:50 - 13:52Convidamos a xente ao laboratorio,
-
13:52 - 13:55e adoptaron posturas de alto
e baixo poder outra vez, -
13:55 - 13:58pasaron unha
entrevista de traballo estresante -
13:58 - 14:02de cinco minutos de duración.
Estanos gravando. -
14:02 - 14:04Tamén os están xulgando,
-
14:04 - 14:08e os xuíces están adestrados para
non dar retroalimentación non verbal -
14:08 - 14:10Vense así.
-
14:10 - 14:12Imaxinade que esta persoa vos entrevista.
-
14:12 - 14:17Durante cinco minutos, nada,
é peor ca que te interrompan. -
14:17 - 14:18A xente odia isto.
-
14:18 - 14:22É o que Marianne LaFrance chama
"estar en areas movedizas sociais". -
14:22 - 14:24Isto dispara o cortisol.
-
14:24 - 14:26Esta é a entrevista
á que os sometemos, -
14:26 - 14:28porque queriamos
ver o que acontecía. -
14:28 - 14:32Temos analistas mirando
as cintas, catro en total. -
14:32 - 14:35Eles non coñecen a hipótese.
Tampouco coñecen as condicións. -
14:35 - 14:37Non teñen nin idea
de que posición tomou cada persoa -
14:38 - 14:43e ao rematar de ollar
todas as cintas, -
14:43 - 14:45dixeron, "queremos
contratar estas persoas", -
14:45 - 14:46todas as de posicións de poder.
-
14:46 - 14:48"Non queremos contratar esoutras.
-
14:48 - 14:52Dámoslles unha avaliación moito
máis positiva en xeral". -
14:52 - 14:54Que estaba acontecendo?
-
14:54 - 14:56Non se trata do contido do discurso.
-
14:56 - 14:58Trátase da presenza
que lle achegaban ao discurso. -
14:59 - 15:01Porque os avaliamos
en todas esas variables -
15:01 - 15:05relativas á competencia:
Estruturan ben o discurso? -
15:05 - 15:07Exprésanse ben?
Que cualificacións teñen? -
15:07 - 15:09Estas cousas non afectan.
Isto e o que afecta. -
15:09 - 15:11Esta clase de cousas.
-
15:11 - 15:14Cada persoa móstrase
a si mesma, basicamente. -
15:14 - 15:15Amosan o que son.
-
15:15 - 15:17Amosan as súas ideas,
por si mesmos, -
15:17 - 15:19sen ningún extra.
-
15:19 - 15:24Así que isto é o que provoca
ou condiciona o efecto. -
15:24 - 15:28Cando lle falo á xente sobre isto,
-
15:28 - 15:31que o noso corpo cambia a nosa mente
-
15:31 - 15:34e o comportamento pode cambiar
a nosa forma de ser, dinme: -
15:34 - 15:35"Parece finxido". Ai si?
-
15:35 - 15:37Eu dígolles: fínxeo ata que o fagas.
-
15:37 - 15:39Eu non son así.
-
15:39 - 15:42Eu non quero chegar alí
e sentirme coma unha fraude. -
15:42 - 15:44Non quero sentirme
coma un impostor. -
15:44 - 15:48Non quero chegar alí para sentir
que non debía estar alí. -
15:48 - 15:50Isto é moi importante para min,
-
15:50 - 15:54porque quero contarvos unha
pequena historia sobre ser un impostor -
15:54 - 15:56e sobre sentirse como
que non debía estar alí. -
15:56 - 15:59Cando tiña 19 anos sufrín un
terrible accidente de coche. -
15:59 - 16:02Saín despedida del
e dei varias voltas de campá. -
16:02 - 16:04Saín despedida do coche.
-
16:04 - 16:07Espertei na UCI cunha ferida na cabeza.
-
16:07 - 16:09Botáronme da universidade
-
16:09 - 16:15e dixéronme que o meu CI baixara
dúas desviacións estándar. -
16:15 - 16:18Foi moi traumático.
-
16:18 - 16:21Coñecía o meu CI porque
me cualificaran como superdotada, -
16:21 - 16:23e consideráranme nena prodixio.
-
16:23 - 16:26Así que me botaron da universidade
e tentei volver. -
16:26 - 16:28Dicíanme: "non poderás
terminar a carreira. -
16:28 - 16:31Tes que aceptar que hai
outras cousas que podes facer, -
16:31 - 16:33pero no teu caso isto non."
-
16:33 - 16:36Tiven que lidar con iso
e teño que dicir -
16:36 - 16:39que que che quiten a túa identidade,
o que realmente es, -
16:39 - 16:41que para min era ser intelixente,
-
16:41 - 16:42que che arrebaten iso,
-
16:42 - 16:46é a cousa que máis impotente
te pode facer sentir. -
16:46 - 16:47Sentíame totalmente impotente.
-
16:47 - 16:49Entón traballei e traballei,
e tiven sorte. -
16:49 - 16:51e traballei, e tiven sorte, e traballei.
-
16:51 - 16:53Finalmente gradueime na universidade.
-
16:53 - 16:55Tardei catro anos máis
cós meus compañeiros, -
16:55 - 17:00e logrei convencer alguén,
o meu anxo da garda, Susan Fiske, -
17:00 - 17:03para que me aceptase,
e acabei en Princeton, -
17:03 - 17:06e eu sentía como
que non debía estar alí. -
17:06 - 17:07Son unha impostora.
-
17:07 - 17:09A noite antes da exposición
de 1º curso, -
17:09 - 17:12e esa exposición en Princeton
é de 20 minutos para 20 persoas. -
17:12 - 17:13É así.
-
17:13 - 17:16Tiña tanto medo de verme
excluída o seguinte día -
17:16 - 17:19que eu chameina
e díxenlle: "Vouno deixar". -
17:19 - 17:21Ela díxome: "Non vas deixar nada,
-
17:21 - 17:23porque eu apostei por ti
e vas quedar. -
17:23 - 17:26Vas quedar, e isto é o que vas facer.
-
17:26 - 17:27Vas finxir.
-
17:27 - 17:31Vas facer todas as exposicións
que che encarguen. -
17:31 - 17:33Simplemente valas facer,
e facer e facer. -
17:33 - 17:35aínda que esteas asustada
ou incluso paralizada -
17:35 - 17:38e tendo una experiencia extracorpórea,
-
17:38 - 17:41ata que chegue o momento que
digas "Arre demo, logreino". -
17:41 - 17:44Eu cheguei ata aquí.
Estou a facelo agora. -
17:44 - 17:45E iso foi o que fixen.
-
17:45 - 17:46Cinco anos de grao universitario,
-
17:46 - 17:49uns poucos anos, sabedes,
en Northwestern, -
17:49 - 17:51Mudeime a Harvard, agora
estou en Harvard, -
17:51 - 17:55xa non penso nunca niso
pero por moito tempo tiven a sensación -
17:55 - 17:56de que non debía estar alí.
-
17:57 - 17:59A finais do meu primeiro ano en Harvard,
-
17:59 - 18:04unha estudante que non falara
na clase en todo o semestre, -
18:04 - 18:07á que lle dixeran, "mira, tes que
participar ou vas suspender", -
18:07 - 18:10veu ao meu despacho.
Eu non a coñecía de antes. -
18:10 - 18:13Totalmente derrotada,
díxome: -
18:13 - 18:16"Non debería estar aquí".
-
18:20 - 18:22Ese foi o meu momento.
-
18:22 - 18:24Porque sucederon dúas cousas.
-
18:24 - 18:25A primeira que me decatei:
-
18:25 - 18:28Vaites! Eu xa non me sinto así.
-
18:28 - 18:31Xa non me sentía así
pero ela si e póñome no seu lugar. -
18:31 - 18:33A segunda foi,
claro que debe estar aquí! -
18:33 - 18:35Vamos, que pode finxilo e pode facelo.
-
18:35 - 18:39Así que lle dixen: " Si, por suposto.
Si que debes estar aquí!". -
18:39 - 18:41Mañá vas finxilo,
-
18:41 - 18:43vas facerte poderosa, e sabes qué...
-
18:43 - 18:49(Aplausos)
-
18:49 - 18:53Vas ir á clase
-
18:53 - 18:55e vas dar o mellor
discurso de todos." -
18:55 - 18:58E sabedes? Fixo o
mellor discurso de todos, -
18:58 - 19:00a xente xirábase e dicía:
-
19:00 - 19:03vaia, nin sequera me fixara
en que se sentaba aí. (Risos) -
19:03 - 19:05Veu xunta min uns meses despois
-
19:05 - 19:08e comprobei que xa
non finxía senón que se transformara, -
19:08 - 19:11finxiuno ata transformarse.
-
19:11 - 19:12De modo que cambiara.
-
19:12 - 19:16Agora quero dicirvos que non
hai que finxilo ata facelo. -
19:17 - 19:19Hai que finxilo ata transformarse.
-
19:19 - 19:23Hai que facelo o suficiente ata
transformarse e internalizalo. -
19:23 - 19:26O último que vos
vou dicir é isto. -
19:26 - 19:30Pequenos cambios poden levar
a grandes transformacións. -
19:30 - 19:32Son só dous minutos.
-
19:32 - 19:34Dous minutos, dous minutos,
dous minutos. -
19:34 - 19:38Antes de enfrontarvos á seguinte
situación onde vos avalíen, -
19:38 - 19:40durante dous minutos, intentade isto,
no ascensor, -
19:40 - 19:43no cuarto de baño, no despacho
coa porta pechada. -
19:44 - 19:45Isto é o que tedes que facer.
-
19:45 - 19:48Configurar o cerebro para
acadar o mellor desa situación. -
19:48 - 19:51Subide a testosterona.
Baixade o cortisol. -
19:51 - 19:55Non saiades desa situación sentindo como
que non lles mostrei quen son. -
19:55 - 19:56Saíde desa situación coa sensación
-
19:56 - 19:59de que vou dicir
quen son e vouno demostrar. -
19:59 - 20:05Quero pedirvos antes de nada
que adoptedes unha posición de poder, -
20:05 - 20:10e tamén quero convidarvos a compartir
a experiencia, porque é moi simple. -
20:10 - 20:12O meu ego non depende disto.
(Risos) -
20:12 - 20:14Compartídeo, mostrádello á xente,
-
20:14 - 20:17porque os que mellor poden usalo
-
20:17 - 20:20son aqueles sen recursos nin tecnoloxía,
-
20:20 - 20:22sen posición nin poder.
-
20:22 - 20:25Compartídeo con eles porque poden
facelo en privado. -
20:25 - 20:27Só necesitan o seu corpo,
privacidade e dous minutos -
20:27 - 20:30para cambiar significativamente
as proxeccións da súa vida. -
20:30 - 20:32Grazas.
-
20:32 - 20:35(Aplausos)
- Title:
- A linguaxe corporal determina quen somos
- Speaker:
- Amy Cuddy
- Description:
-
A linguaxe corporal inflúe en como nos ven os demais pero tamén pode cambiar o xeito no que nos vemos a nós mesmos. A psicóloga social Amy Cuddy defende que adoptar "posturas de poder" (manter unha postura de seguridade aínda que non nos sintamos seguros) pode provocar unha sensación de confianza e ter impacto nas nosas posibilidades de éxito. (Nota.- Algún dos achados presentados nesta charla véñense citando en debates abertos existentes entre científicos sociais sobre robusteza e reproducibilidade). Pode ler a resposta de Amy Cuddy máis abaixo na sección "Learn more".
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 21:02
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your body language may shape who you are |