0:00:00.707,0:00:06.105 Vou comezar dándovos[br]un truco útil non tecnolóxico 0:00:06.129,0:00:08.726 e todo canto require de vós é isto: 0:00:08.750,0:00:12.913 que cambiedes de postura[br]durante dous minutos. 0:00:12.937,0:00:16.337 Pero antes de revelárvolo,[br]quero pedirvos agora mesmo 0:00:16.361,0:00:19.930 que observedes o voso corpo[br]e o que estades a facer con el. 0:00:19.954,0:00:22.645 A ver, cantos de vós [br]estades dalgún xeito encollidos? 0:00:22.669,0:00:25.990 Encurvados, coas pernas cruzadas,[br]os nocellos enleados. 0:00:26.014,0:00:29.729 Ás veces poñemos os brazos así. 0:00:29.753,0:00:33.400 Ás veces estirámolos. (Risos) 0:00:33.424,0:00:35.672 Ollo que vos vexo. 0:00:35.696,0:00:38.687 Prestade atención[br]ao que facedes agora mesmo. 0:00:38.711,0:00:41.045 Imos volver a isto nuns minutos 0:00:41.069,0:00:43.993 e espero que se aprendedes[br]a modificalo un pouco 0:00:44.017,0:00:47.429 poida mudar considerablemente[br]o desenvolvemento da vosa vida. 0:00:47.453,0:00:51.953 Ben, estamos fascinados[br]coa linguaxe corporal 0:00:51.977,0:00:55.876 e interésanos especialmente[br]a linguaxe corporal doutras persoas. 0:00:55.900,0:01:00.097 Xa sabedes, interésanos...[br]isto, vaia... (Risos) 0:01:00.121,0:01:04.495 unha interacción torpe, un sorriso 0:01:04.519,0:01:08.727 unha ollada despectiva,[br]unha chiscadela torpe de ollo 0:01:08.751,0:01:11.965 ou mesmo algo coma unha aperta de mans. 0:01:11.989,0:01:15.314 Narrador: Aquí están[br]chegando ao número 10. 0:01:15.338,0:01:19.807 Este policía ten sorte e dálle a man[br]ao presidente dos Estados Unidos. 0:01:19.831,0:01:24.734 Aí vén o primeiro ministro...[br]Non. (Risos) (Aplausos) 0:01:24.758,0:01:27.409 (Risos) (Aplausos) 0:01:27.433,0:01:31.116 Amy Cuddy: Unha aperta de mans,[br]ou a súa ausencia, 0:01:31.140,0:01:33.640 pode darnos que falar[br]durante semanas e semanas; 0:01:33.664,0:01:35.780 mesmo á BBC e ao New York Times. 0:01:35.804,0:01:39.731 Entón cando pensamos[br]en expresión non verbal 0:01:39.755,0:01:43.119 ou linguaxe corporal (nós os sociólogos[br]chamámoslle non verbal) 0:01:43.143,0:01:45.999 falamos de linguaxe,[br]polo tanto de comunicación. 0:01:46.023,0:01:49.026 Cando falamos de comunicación[br]pensamos en interaccións. 0:01:49.050,0:01:51.465 Que me comunica a túa linguaxe corporal? 0:01:51.489,0:01:53.531 Que che comunica a miña a ti? 0:01:53.555,0:01:59.503 Hai razóns para crer[br]que é válido este enfoque. 0:01:59.527,0:02:01.585 Os sociólogos[br]pasamos moito tempo 0:02:01.585,0:02:03.876 observando os efectos[br]da nosa linguaxe corporal, 0:02:03.900,0:02:06.185 ou da doutras persoas,[br]sobre os xuízos. 0:02:06.209,0:02:09.624 Facemos xuízos[br]e deducións da linguaxe corporal. 0:02:09.648,0:02:13.614 Eses xuízos poden predicir[br]proxeccións importantes na vida 0:02:13.638,0:02:17.407 como a quen contratamos ou promovemos[br]ou a quen lle pedimos unha cita. 0:02:17.431,0:02:22.092 Por exemplo Nalini Ambady,[br]investigadora na Universidade de Tufts, 0:02:22.116,0:02:26.564 demostra que cando alguén ve[br]30 segundos de vídeos sen son 0:02:26.588,0:02:29.588 de interaccións reais médico-paciente 0:02:29.612,0:02:32.421 os seus xuízos[br]sobre a simpatía do médico 0:02:32.445,0:02:35.058 predín se ese médico[br]vai ser demandado ou non. 0:02:35.082,0:02:36.740 Así que non ten que ver tanto 0:02:36.764,0:02:39.263 con se o médico era ou non [br]incompetente 0:02:39.287,0:02:42.093 senón con se nos gustou esa persoa[br]e como interactuou. 0:02:42.117,0:02:45.028 Aínda máis drástico,[br]Alex Todorov, de Princeton, 0:02:45.052,0:02:48.705 demostrounos que os xuízos [br]dos rostros de candidatos políticos 0:02:48.729,0:02:52.673 predín nun segundo o 70 por cento 0:02:52.697,0:02:56.523 do resultado da carreira cara ao Goberno[br]e o Senado dos EEUU 0:02:56.547,0:02:58.745 e mesmo, no eido dixital, 0:02:58.769,0:03:02.890 as emoticonas ben usadas [br]nas negociacións en liña 0:03:02.914,0:03:05.722 poden conducir a darlle máis valor [br]a esa negociación. 0:03:05.746,0:03:08.945 Se fas un mal uso deles é mala idea, non? 0:03:08.969,0:03:12.042 Falar de linguaxe non verbal[br]é falar de como xulgamos aos outros, 0:03:12.066,0:03:14.944 como nos xulgan a nós [br]e cales son as consecuencias. 0:03:14.968,0:03:17.064 Pero tendemos a esquecer[br]a outra audiencia 0:03:17.088,0:03:20.499 na que inflúe a nosa linguaxe non verbal,[br]que somos nós mesmos. 0:03:20.523,0:03:23.712 Inflúenos a nosa linguaxe non verbal, 0:03:23.736,0:03:26.075 os nosos pensamentos, sentimentos [br]e fisioloxía. 0:03:26.099,0:03:29.138 De que linguaxe non verbal estou a falar? 0:03:29.162,0:03:32.081 Son psicóloga social. [br]Estudo os prexuízos 0:03:32.105,0:03:34.808 e dou clases nunha competitiva [br]escola de negocios, 0:03:34.832,0:03:39.292 así que era inevitable que me interesasen [br]as dinámicas de poder. 0:03:39.316,0:03:43.104 Interesábanme sobre todo[br]expresións non verbais 0:03:43.128,0:03:45.107 de poder e dominación. 0:03:45.131,0:03:47.846 Que son as expresións non verbais [br]de poder e dominación? 0:03:47.870,0:03:49.929 Ben, pois son isto. 0:03:49.953,0:03:52.807 No reino animal[br]teñen que ver coa expansión, 0:03:52.831,0:03:55.817 con facerse grande, estirarse, 0:03:55.841,0:03:58.758 acaparar espazo,[br]basicamente abrirse. 0:03:58.782,0:04:00.704 Trátase de abrirse. 0:04:00.728,0:04:03.459 E funciona así [br]en todo o reino animal, 0:04:03.483,0:04:05.508 non se limita só aos primates. 0:04:06.244,0:04:08.928 Os humanos facemos o mesmo. (Risos) 0:04:08.952,0:04:12.639 Fan así cando teñen poder[br]de xeito permanente 0:04:12.663,0:04:15.640 e tamén cando se senten[br]poderosos no momento. 0:04:15.664,0:04:18.712 Isto é especialmente interesante[br]porque nos demostra 0:04:18.736,0:04:22.734 o antigas e universais que son [br]estas expresións de poder. 0:04:22.758,0:04:25.333 Esta expresión, coñecida como orgullo, 0:04:25.357,0:04:27.586 foi estudada por Jessica Tracy, 0:04:27.610,0:04:30.493 que nos di que tanto as persoas[br]que ven desde que naceron 0:04:30.517,0:04:33.434 coma as persoas que son cegas conxénitas[br]fan o mesmo 0:04:33.458,0:04:35.748 cando gañan unha competición física. 0:04:35.772,0:04:38.226 Así que que cando cruzan [br]a liña de meta e gañan 0:04:38.250,0:04:40.727 non importa se nunca viron[br]ninguén facelo. 0:04:40.751,0:04:42.044 Fan así. 0:04:42.068,0:04:44.566 Os brazos erguidos en V,[br]o queixo algo elevado. 0:04:44.590,0:04:46.653 Que facemos cando nos sentimos impotentes? 0:04:46.677,0:04:48.432 Facemos xusto o contrario. 0:04:48.456,0:04:50.960 Pechámonos. [br]Envolvémonos. 0:04:50.984,0:04:52.328 Facémonos pequenos. 0:04:52.352,0:04:54.708 Non queremos tropezar con quen[br]está ao noso carón. 0:04:54.732,0:04:57.465 E tanto os animais coma os humanos[br]facemos o mesmo. 0:04:57.489,0:05:01.445 E isto é o que acontece cando xuntas [br]poder con impotencia. 0:05:01.469,0:05:04.571 O que tendemos a facer[br]cando se trata de poder 0:05:04.595,0:05:07.224 é complementar a linguaxe [br]non verbal dos outros. 0:05:07.248,0:05:09.655 Así que se alguén se mostra [br]moi poderoso con nós, 0:05:09.679,0:05:12.299 tendemos a facernos máis pequenos.[br]Non o imitamos. 0:05:12.323,0:05:13.913 Facemos o contrario. 0:05:13.937,0:05:17.112 Se vexo este comportamento na clase, 0:05:17.136,0:05:19.649 que noto? 0:05:19.673,0:05:26.902 Noto que os alumnos do MBA presentan[br]toda a linguaxe non verbal de poder. 0:05:26.926,0:05:29.450 Hai persoas [br]que son caricaturas dos alfa, 0:05:29.474,0:05:32.855 entran na aula, sitúanse no medio 0:05:32.879,0:05:36.292 mesmo antes de empezar a clase,[br]como se quixesen ocupar espazo. 0:05:36.316,0:05:38.555 Cando sentan,[br]parecen expandirse. 0:05:38.579,0:05:40.313 Erguen a man así. 0:05:40.337,0:05:43.958 Logo hai outras persoas que [br]entran practicamente esboroándose. 0:05:44.048,0:05:45.472 Así como entran xa o notas. 0:05:45.496,0:05:47.765 Velo no seu rostro [br]e no seu corpo, 0:05:47.789,0:05:50.583 sentan na cadeira [br]e fanse diminutos, 0:05:50.607,0:05:52.945 e fan así cando erguen a man. 0:05:52.969,0:05:54.827 Aquí observo dúas cousas. 0:05:54.851,0:05:56.661 Unha non vos ha sorprender. 0:05:56.685,0:05:58.703 Semella ter que ver co sexo. 0:05:58.727,0:06:04.168 As mulleres son máis propensas[br]a facelo que os homes. 0:06:04.192,0:06:06.754 As mulleres séntense sempre[br]menos poderosas cós homes, 0:06:06.778,0:06:08.636 así que isto non é sorprendente. 0:06:08.660,0:06:10.709 Pero a outra cousa que notei 0:06:10.733,0:06:13.375 é que semella estar relacionado co grao 0:06:13.399,0:06:17.235 de participación dos alumnos[br]e co seu nivel de participación. 0:06:17.259,0:06:19.817 E isto é moi importante [br]na clase do MBA 0:06:19.841,0:06:22.498 porque a participación conta [br]para a media da nota. 0:06:22.522,0:06:26.971 As escolas de negocios levan loitando[br]coa diferenza de notas segundo o sexo. 0:06:26.995,0:06:30.243 Ves mulleres e homes [br]igualmente cualificados 0:06:30.267,0:06:32.410 e logo ves estas diferenzas nas notas, 0:06:32.434,0:06:35.499 que semellan ser atribuíbles [br]en parte á participación. 0:06:35.523,0:06:38.522 Entón empecei a preguntarme: 0:06:38.546,0:06:42.164 se hai persoas que entran con[br]esa actitude e participan, 0:06:42.188,0:06:44.717 sería posible facer que outras[br]a finxisen 0:06:44.741,0:06:46.741 e que iso as levase a participar máis? 0:06:46.765,0:06:51.354 A miña colaboradora Dana Carney, [br]que está en Berkeley, 0:06:51.378,0:06:54.909 e eu queriamos saber se se pode [br]finxir ata facelo. 0:06:54.933,0:06:57.460 É dicir, podes facelo só por un intre 0:06:57.484,0:07:00.136 e experimentar un resultado [br]no teu comportamento 0:07:00.160,0:07:01.862 que te faga sentir máis poderoso? 0:07:01.886,0:07:05.314 Sabemos que a linguaxe non verbal[br]condiciona o que outras persoas 0:07:05.338,0:07:07.719 senten e pensan de nós.[br]Hai moitas probas. 0:07:07.743,0:07:09.165 Pero a nosa pregunta era: 0:07:09.189,0:07:13.229 condiciona a linguaxe non verbal[br]o que sentimos e pensamos de nós mesmos? 0:07:13.253,0:07:15.919 Hai probas de que así é. 0:07:15.943,0:07:20.555 Por exemplo, sorrimos [br]cando estamos contentos, 0:07:20.579,0:07:22.733 pero tamén cando nos obrigamos a rir 0:07:22.757,0:07:27.148 suxeitando un boli cos dentes así,[br]fainos sentir contentos. 0:07:27.172,0:07:29.090 Funciona nas dúas direccións. 0:07:29.114,0:07:32.896 Cando se trata de poder,[br]tamén funciona nas dúas direccións. 0:07:32.920,0:07:35.444 Cando nos sentimos poderosos 0:07:35.468,0:07:37.239 é máis probable que fagamos isto, 0:07:37.263,0:07:43.441 pero tamén é posible[br]que cando finximos ser poderosos 0:07:43.465,0:07:46.864 é máis probable[br]que realmente nos sintamos poderosos. 0:07:46.888,0:07:49.924 Pois a segunda pregunta [br]en realidade era, ben, 0:07:49.948,0:07:52.507 xa sabemos que a mente [br]modifica o noso corpo, 0:07:52.531,0:07:56.924 pero é certo tamén [br]que o corpo modifica a nosa mente? 0:07:56.948,0:07:59.651 E cando digo mente, [br]no caso dos poderosos, 0:07:59.675,0:08:01.023 de que estou a falar? 0:08:01.047,0:08:03.189 Pois falo de pensamentos e sentimentos 0:08:03.213,0:08:06.785 e de compoñentes fisiolóxicos que forman[br]eses pensamentos e sentimentos, 0:08:06.809,0:08:09.852 e no meu caso, falo das hormonas.[br]Observo as hormonas. 0:08:09.876,0:08:14.186 Como é a mente dos poderosos comparada [br]coa dos que non o son? 0:08:14.210,0:08:18.482 As persoas poderosas tenden a ser, [br]non é sorprendente, 0:08:18.506,0:08:22.706 máis asertivos e seguros, [br]máis optimistas. 0:08:22.730,0:08:26.016 Teñen a sensación de que van gañar [br]mesmo en xogos de azar. 0:08:26.040,0:08:29.884 Tamén tenden a pensar [br]dun xeito máis abstracto. 0:08:29.908,0:08:32.528 Existen moitas diferenzas.[br]Asumen máis riscos. 0:08:32.552,0:08:35.791 Hai unha chea de diferenzas [br]entre os poderosos e os que non o son. 0:08:35.815,0:08:38.635 Fisioloxicamente[br]tamén se dan diferenzas 0:08:38.659,0:08:42.700 en dúas hormonas clave: a testosterona,[br]que é a hormona da dominación, 0:08:42.724,0:08:46.394 e o cortisol, que é a hormona do estrés. 0:08:46.418,0:08:53.539 Os machos alfa con moito poder [br]nas xerarquías de primates 0:08:53.563,0:08:56.737 teñen niveis altos de testosterona [br]e niveis baixos de cortisol. 0:08:56.761,0:08:59.669 E os líderes poderosos e eficientes 0:08:59.857,0:09:02.518 tamén teñen testosterona alta[br]e cortisol baixo. 0:09:02.542,0:09:04.923 Que significa isto?[br]Ao falar de poder, 0:09:04.947,0:09:07.246 adoitábase falar só da testosterona, 0:09:07.270,0:09:09.034 porque tiña que ver coa dominación. 0:09:09.058,0:09:12.504 Pero o poder tamén ten que ver[br]coa nosa reacción ante o estrés. 0:09:12.528,0:09:15.633 Queremos un líder dominante,[br]con moito poder, 0:09:15.657,0:09:18.375 con niveis altos de testosterona[br]pero sensible ao estrés? 0:09:18.399,0:09:19.940 Probablemente non, verdade? 0:09:19.964,0:09:22.994 Queremos unha persoa que sexa poderosa, [br]asertiva e dominante 0:09:23.018,0:09:26.682 pero non moi sensible ao estrés,[br]unha persoa que sexa tranquila. 0:09:26.706,0:09:31.832 Sabemos que nas xerarquías de primates, 0:09:31.856,0:09:34.924 se un alfa ten que tomar o control, 0:09:34.948,0:09:39.162 se alguén ten que asumir o mando,[br]tomar de súpeto ese papel, 0:09:39.186,0:09:42.273 no prazo duns días, [br]a súa testosterona elévase moito 0:09:42.297,0:09:45.778 e o cortisol descende igualmente. 0:09:45.802,0:09:48.819 Temos esa evidencia, [br]que o corpo pode moldear 0:09:48.843,0:09:51.185 a mente, polo menos a nivel facial, 0:09:51.209,0:09:55.314 e tamén que o papel asumido[br]pode moldear a mente. 0:09:55.338,0:09:58.096 Entón, que ocorre cando [br]se asume un cambio de papel? 0:09:58.120,0:10:00.680 Que sucede se se fai a un nivel mínimo, 0:10:00.704,0:10:03.133 como esta pequena manipulación[br]ou intervención? 0:10:03.157,0:10:05.967 Dicímoslle: "quero [br]que durante 2 minutos te ergas así, 0:10:05.991,0:10:08.527 iso fará que te sintas máis poderoso". 0:10:08.551,0:10:11.481 E iso foi o que fixemos. 0:10:11.505,0:10:16.096 Decidimos traer xente ao laboratorio [br]e facer un pequeno experimento, 0:10:16.120,0:10:19.645 esas persoas adoptaron, por dous minutos, 0:10:19.669,0:10:23.129 ambas as posicións, de poder [br]ou debilidade. 0:10:23.153,0:10:25.470 Vouvos mostrar xusto agora[br]cinco desas poses, 0:10:25.494,0:10:27.055 aínda que eles probaron só dúas. 0:10:27.079,0:10:28.559 Esta é unha. 0:10:29.809,0:10:31.098 Un par máis 0:10:31.792,0:10:36.545 A esta a prensa[br]chamoulle a "Muller marabilla". 0:10:36.646,0:10:37.944 Aquí temos un par máis. 0:10:37.968,0:10:40.298 Poden estar de pé, [br]ou sentados. 0:10:40.322,0:10:42.283 Aquí están as posicións de debilidade. 0:10:42.307,0:10:45.037 Agora dóbranse,[br]fanse pequenos. 0:10:46.644,0:10:48.085 Esta é de moi baixo poder. 0:10:48.109,0:10:52.068 Cando tocas o pescozo[br]estaste protexendo, realmente. 0:10:52.092,0:10:54.089 Isto é o que ocorre. 0:10:54.207,0:10:56.413 Eles veñen, cospen nun frasco, 0:10:56.437,0:10:59.586 e dicímoslles durante dous minutos:[br]"tes que facer isto ou aquilo." 0:10:59.610,0:11:01.651 Eles non ven as fotos das posicións. 0:11:01.675,0:11:04.202 Non queremos inducilos [br]cun concepto de poder. 0:11:04.226,0:11:05.859 Queremos que sintan o poder. 0:11:05.883,0:11:07.218 Fan isto dous minutos. 0:11:07.242,0:11:10.427 Logo preguntámoslles, [br]"como de poderoso te sentes? 0:11:10.451,0:11:12.794 entón dámoslles[br]a oportunidade de apostar, 0:11:12.818,0:11:15.559 ao final tomamos outra mostra de saliva. 0:11:15.583,0:11:17.441 Iso é todo. Este é todo o experimento. 0:11:17.465,0:11:19.026 Isto foi o que atopamos. 0:11:19.050,0:11:20.930 Tolerancia ao risco, a apostar; 0:11:20.954,0:11:25.068 atopamos que cando están[br]nunha posición de alto poder 0:11:25.092,0:11:27.226 arríscanse a apostar o 86%. 0:11:27.250,0:11:29.346 Cando están nas posicións de[br]baixo poder, 0:11:29.370,0:11:33.346 só o 60%. É unha diferenza [br]moi significativa. 0:11:33.370,0:11:35.826 Vexamos o que atopamos coa testosterona. 0:11:35.850,0:11:38.363 Partindo da súa situación normal[br]ao chegar, 0:11:38.387,0:11:41.693 a xente poderosa experimenta[br]un incremento do 20% 0:11:41.717,0:11:46.314 e os débiles experimentan[br]una diminución do 10%. 0:11:46.338,0:11:49.131 De novo, 2 minutos,[br]e obtéñense eses cambios. 0:11:49.155,0:11:51.132 Agora os resultados co cortisol. 0:11:51.156,0:11:54.930 Os máis poderosos experimentan [br]un 25% de diminución, 0:11:54.954,0:11:59.062 os máis débiles experimentan [br]un aumento de arredor do 15%. 0:11:59.086,0:12:01.794 Só dous minutos provocan[br]estes cambios hormonais 0:12:01.818,0:12:03.438 que configuran o teu cerebro 0:12:03.462,0:12:07.739 para facelo asertivo, seguro[br]ou confortable, 0:12:07.763,0:12:12.816 ou ben susceptible ao estrés,[br]e sentíndose como apagado. 0:12:12.840,0:12:15.603 Todos coñecemos esa sensación,[br]non si? 0:12:15.627,0:12:20.811 Semella que a nosa linguaxe non verbal[br]rexe o xeito de vernos a nós mesmos, 0:12:20.835,0:12:23.267 non só aos demais,[br]senón a nós mesmos. 0:12:23.291,0:12:25.694 O corpo pode cambiarnos a mente. 0:12:25.718,0:12:28.100 A seguinte pregunta, por suposto, é... 0:12:28.124,0:12:29.944 pode un xesto de poder nuns minutos 0:12:29.968,0:12:32.005 cambiarche a vida[br]de xeito significativo? 0:12:32.029,0:12:36.322 Isto é no laboratorio, este experimento, [br]son só dous minutos. 0:12:36.346,0:12:38.087 Onde podes realmente aplicar isto? 0:12:38.111,0:12:39.922 Iso é o que nos preocupa. 0:12:39.946,0:12:46.687 Pensamos que onde se necesita[br]é en situacións nas que te avalían, 0:12:46.711,0:12:49.164 como nas situacións sociais esixentes, 0:12:49.188,0:12:51.744 nas que te avalían[br]mesmo os teus amigos. 0:12:51.768,0:12:53.825 Para os adolescentes[br]é na mesa do comedor. 0:12:53.849,0:12:58.122 Para algunha xente é falar[br]na xunta da escola. 0:12:58.146,0:13:01.910 Pode ser ao presentar un negocio[br]ou dar unha charla coma esta 0:13:01.934,0:13:04.708 ou ir a unha entrevista de traballo. 0:13:04.732,0:13:07.400 Escollemos unha coa que[br]a maioría da xente se identifica 0:13:07.424,0:13:10.319 porque moitos pasaron por ela,[br]a entrevista de traballo. 0:13:10.343,0:13:13.074 Entón publicamos os resultados, 0:13:13.098,0:13:14.659 a prensa interesouse 0:13:14.683,0:13:16.758 e dixo... ben, isto é o que hai que facer 0:13:16.782,0:13:18.855 cando vas a unha entrevista, non? 0:13:18.879,0:13:19.886 (Risos) 0:13:19.910,0:13:22.357 Naturalmente quedamos arrepiados[br]e dixemos: 0:13:22.381,0:13:24.653 Non, por Deus, non,[br]non é o que queriamos dicir. 0:13:24.677,0:13:26.917 Por moitas razóns, non,[br]non fagades iso. 0:13:26.941,0:13:29.508 De novo, non se trata[br]de falarlle a outra xente. 0:13:29.532,0:13:31.093 Trátase de falar contigo mesmo. 0:13:31.117,0:13:34.176 Que fas antes de ir a unha[br]entrevista de traballo? Fas isto. 0:13:34.200,0:13:36.742 Estás sentado.[br]Miras o teu iPhone... 0:13:36.766,0:13:39.028 ou o teu Android, non imos[br]deixar ninguén fóra. 0:13:39.052,0:13:40.922 Repasas as túas mensaxes, 0:13:40.946,0:13:42.946 estás encurvado, facéndote pequeno, 0:13:42.970,0:13:45.399 cando realmente o que deberías[br]estar facendo é isto, 0:13:45.423,0:13:48.460 quizais no baño, vale?[br]Faino. Lévache dous minutos. 0:13:48.484,0:13:50.246 Iso é o que queremos avaliar, vale? 0:13:50.270,0:13:52.064 Convidamos a xente ao laboratorio, 0:13:52.088,0:13:55.441 e adoptaron posturas de alto[br]e baixo poder outra vez, 0:13:55.465,0:13:58.073 pasaron unha[br]entrevista de traballo estresante 0:13:58.097,0:14:01.689 de cinco minutos de duración.[br]Estanos gravando. 0:14:01.713,0:14:03.670 Tamén os están xulgando, 0:14:03.694,0:14:08.175 e os xuíces están adestrados para[br]non dar retroalimentación non verbal 0:14:08.199,0:14:09.758 Vense así. 0:14:09.985,0:14:12.066 Imaxinade que esta persoa vos entrevista. 0:14:12.090,0:14:16.689 Durante cinco minutos, nada,[br]é peor ca que te interrompan. 0:14:16.713,0:14:18.353 A xente odia isto. 0:14:18.377,0:14:22.093 É o que Marianne LaFrance chama[br]"estar en areas movedizas sociais". 0:14:22.117,0:14:23.902 Isto dispara o cortisol. 0:14:23.926,0:14:26.212 Esta é a entrevista[br]á que os sometemos, 0:14:26.236,0:14:28.433 porque queriamos[br]ver o que acontecía. 0:14:28.457,0:14:31.540 Temos analistas mirando[br]as cintas, catro en total. 0:14:31.564,0:14:34.712 Eles non coñecen a hipótese.[br]Tampouco coñecen as condicións. 0:14:34.736,0:14:37.497 Non teñen nin idea[br]de que posición tomou cada persoa 0:14:37.521,0:14:42.587 e ao rematar de ollar[br]todas as cintas, 0:14:42.611,0:14:44.759 dixeron, "queremos[br]contratar estas persoas", 0:14:44.783,0:14:46.284 todas as de posicións de poder. 0:14:46.308,0:14:48.081 "Non queremos contratar esoutras. 0:14:48.105,0:14:51.922 Dámoslles unha avaliación moito[br]máis positiva en xeral". 0:14:51.946,0:14:53.586 Que estaba acontecendo? 0:14:53.610,0:14:55.602 Non se trata do contido do discurso. 0:14:55.626,0:14:58.478 Trátase da presenza[br]que lle achegaban ao discurso. 0:14:58.502,0:15:00.979 Porque os avaliamos [br]en todas esas variables 0:15:01.003,0:15:04.542 relativas á competencia:[br]Estruturan ben o discurso? 0:15:04.566,0:15:06.800 Exprésanse ben?[br]Que cualificacións teñen? 0:15:06.824,0:15:09.450 Estas cousas non afectan.[br]Isto e o que afecta. 0:15:09.474,0:15:11.173 Esta clase de cousas. 0:15:11.197,0:15:13.588 Cada persoa móstrase[br]a si mesma, basicamente. 0:15:13.612,0:15:15.002 Amosan o que son. 0:15:15.026,0:15:17.125 Amosan as súas ideas,[br]por si mesmos, 0:15:17.149,0:15:19.361 sen ningún extra. 0:15:19.385,0:15:24.292 Así que isto é o que provoca [br]ou condiciona o efecto. 0:15:24.316,0:15:27.660 Cando lle falo á xente sobre isto, 0:15:27.684,0:15:31.039 que o noso corpo cambia a nosa mente 0:15:31.063,0:15:33.815 e o comportamento pode cambiar[br]a nosa forma de ser, dinme: 0:15:33.839,0:15:35.382 "Parece finxido". Ai si? 0:15:35.406,0:15:37.284 Eu dígolles: fínxeo ata que o fagas. 0:15:37.308,0:15:39.161 Eu non son así. 0:15:39.185,0:15:42.336 Eu non quero chegar alí[br]e sentirme coma unha fraude. 0:15:42.360,0:15:44.170 Non quero sentirme [br]coma un impostor. 0:15:44.194,0:15:48.267 Non quero chegar alí para sentir [br]que non debía estar alí. 0:15:48.291,0:15:50.454 Isto é moi importante para min, 0:15:50.478,0:15:53.700 porque quero contarvos unha [br]pequena historia sobre ser un impostor 0:15:53.724,0:15:55.922 e sobre sentirse como[br]que non debía estar alí. 0:15:55.946,0:15:58.863 Cando tiña 19 anos sufrín un [br]terrible accidente de coche. 0:15:58.887,0:16:02.268 Saín despedida del[br]e dei varias voltas de campá. 0:16:02.292,0:16:04.150 Saín despedida do coche. 0:16:04.174,0:16:07.138 Espertei na UCI cunha ferida na cabeza. 0:16:07.162,0:16:09.371 Botáronme da universidade 0:16:09.395,0:16:15.083 e dixéronme que o meu CI baixara[br]dúas desviacións estándar. 0:16:15.107,0:16:17.671 Foi moi traumático. 0:16:17.695,0:16:20.542 Coñecía o meu CI porque[br]me cualificaran como superdotada, 0:16:20.566,0:16:22.554 e consideráranme nena prodixio. 0:16:22.578,0:16:25.754 Así que me botaron da universidade[br]e tentei volver. 0:16:25.778,0:16:27.978 Dicíanme: "non poderás [br]terminar a carreira. 0:16:28.002,0:16:30.555 Tes que aceptar que hai[br]outras cousas que podes facer, 0:16:30.579,0:16:32.579 pero no teu caso isto non." 0:16:32.603,0:16:36.137 Tiven que lidar con iso[br]e teño que dicir 0:16:36.161,0:16:38.911 que que che quiten a túa identidade,[br]o que realmente es, 0:16:38.935,0:16:40.770 que para min era ser intelixente, 0:16:40.794,0:16:42.433 que che arrebaten iso, 0:16:42.457,0:16:45.556 é a cousa que máis impotente [br]te pode facer sentir. 0:16:45.580,0:16:47.359 Sentíame totalmente impotente. 0:16:47.383,0:16:49.245 Entón traballei e traballei,[br]e tiven sorte. 0:16:49.269,0:16:51.115 e traballei, e tiven sorte, e traballei. 0:16:51.139,0:16:53.367 Finalmente gradueime na universidade. 0:16:53.391,0:16:55.391 Tardei catro anos máis [br]cós meus compañeiros, 0:16:55.415,0:16:59.732 e logrei convencer alguén,[br]o meu anxo da garda, Susan Fiske, 0:16:59.756,0:17:02.676 para que me aceptase,[br]e acabei en Princeton, 0:17:02.700,0:17:05.527 e eu sentía como[br]que non debía estar alí. 0:17:05.550,0:17:06.820 Son unha impostora. 0:17:06.845,0:17:08.750 A noite antes da exposición [br]de 1º curso, 0:17:08.773,0:17:12.272 e esa exposición en Princeton[br]é de 20 minutos para 20 persoas. 0:17:12.297,0:17:13.474 É así. 0:17:13.499,0:17:15.962 Tiña tanto medo de verme[br]excluída o seguinte día 0:17:15.986,0:17:18.775 que eu chameina[br]e díxenlle: "Vouno deixar". 0:17:18.799,0:17:20.631 Ela díxome: "Non vas deixar nada, 0:17:20.655,0:17:23.189 porque eu apostei por ti[br]e vas quedar. 0:17:23.213,0:17:25.980 Vas quedar, e isto é o que vas facer. 0:17:26.003,0:17:27.337 Vas finxir. 0:17:27.361,0:17:30.517 Vas facer todas as exposicións[br]que che encarguen. 0:17:30.541,0:17:32.780 Simplemente valas facer,[br]e facer e facer. 0:17:32.804,0:17:35.225 aínda que esteas asustada[br]ou incluso paralizada 0:17:35.249,0:17:37.598 e tendo una experiencia extracorpórea, 0:17:37.622,0:17:40.968 ata que chegue o momento que [br]digas "Arre demo, logreino". 0:17:40.992,0:17:43.934 Eu cheguei ata aquí.[br]Estou a facelo agora. 0:17:43.958,0:17:45.053 E iso foi o que fixen. 0:17:45.077,0:17:46.461 Cinco anos de grao universitario, 0:17:46.485,0:17:48.585 uns poucos anos, sabedes,[br]en Northwestern, 0:17:48.609,0:17:50.672 Mudeime a Harvard, agora [br]estou en Harvard, 0:17:50.696,0:17:54.672 xa non penso nunca niso[br]pero por moito tempo tiven a sensación 0:17:54.696,0:17:56.478 de que non debía estar alí. 0:17:56.502,0:17:59.195 A finais do meu primeiro ano en Harvard, 0:17:59.219,0:18:03.520 unha estudante que non falara[br]na clase en todo o semestre, 0:18:03.544,0:18:07.211 á que lle dixeran, "mira, tes que [br]participar ou vas suspender", 0:18:07.235,0:18:09.759 veu ao meu despacho.[br]Eu non a coñecía de antes. 0:18:09.783,0:18:13.211 Totalmente derrotada, [br]díxome: 0:18:13.235,0:18:16.361 "Non debería estar aquí". 0:18:20.111,0:18:22.068 Ese foi o meu momento. 0:18:22.092,0:18:23.684 Porque sucederon dúas cousas. 0:18:23.708,0:18:24.978 A primeira que me decatei: 0:18:25.002,0:18:28.112 Vaites! Eu xa non me sinto así. 0:18:28.136,0:18:31.136 Xa non me sentía así[br]pero ela si e póñome no seu lugar. 0:18:31.160,0:18:33.431 A segunda foi,[br]claro que debe estar aquí! 0:18:33.455,0:18:35.408 Vamos, que pode finxilo e pode facelo. 0:18:35.432,0:18:38.975 Así que lle dixen: " Si, por suposto. [br]Si que debes estar aquí!". 0:18:38.999,0:18:40.761 Mañá vas finxilo, 0:18:40.785,0:18:43.474 vas facerte poderosa, e sabes qué... 0:18:43.498,0:18:48.891 (Aplausos) 0:18:48.915,0:18:52.969 Vas ir á clase 0:18:52.993,0:18:55.393 e vas dar o mellor[br]discurso de todos." 0:18:55.417,0:18:58.398 E sabedes? Fixo o[br]mellor discurso de todos, 0:18:58.422,0:19:00.361 a xente xirábase e dicía: 0:19:00.385,0:19:03.305 vaia, nin sequera me fixara[br]en que se sentaba aí. (Risos) 0:19:03.329,0:19:05.122 Veu xunta min uns meses despois 0:19:05.146,0:19:08.186 e comprobei que xa[br]non finxía senón que se transformara, 0:19:08.210,0:19:10.584 finxiuno ata transformarse. 0:19:10.608,0:19:12.407 De modo que cambiara. 0:19:12.431,0:19:16.491 Agora quero dicirvos que non [br]hai que finxilo ata facelo. 0:19:16.515,0:19:19.288 Hai que finxilo ata transformarse. 0:19:19.312,0:19:22.929 Hai que facelo o suficiente ata[br]transformarse e internalizalo. 0:19:22.953,0:19:25.584 O último que vos[br]vou dicir é isto. 0:19:25.608,0:19:30.056 Pequenos cambios poden levar[br]a grandes transformacións. 0:19:30.080,0:19:32.467 Son só dous minutos. 0:19:32.467,0:19:34.387 Dous minutos, dous minutos,[br]dous minutos. 0:19:34.411,0:19:37.535 Antes de enfrontarvos á seguinte[br]situación onde vos avalíen, 0:19:37.559,0:19:40.241 durante dous minutos, intentade isto,[br]no ascensor, 0:19:40.265,0:19:43.480 no cuarto de baño, no despacho[br]coa porta pechada. 0:19:43.504,0:19:44.907 Isto é o que tedes que facer. 0:19:44.931,0:19:47.742 Configurar o cerebro para [br]acadar o mellor desa situación. 0:19:47.766,0:19:50.707 Subide a testosterona.[br]Baixade o cortisol. 0:19:50.731,0:19:54.673 Non saiades desa situación sentindo como[br]que non lles mostrei quen son. 0:19:54.697,0:19:56.397 Saíde desa situación coa sensación 0:19:56.421,0:19:59.393 de que vou dicir[br]quen son e vouno demostrar. 0:19:59.417,0:20:05.184 Quero pedirvos antes de nada[br]que adoptedes unha posición de poder, 0:20:05.208,0:20:10.298 e tamén quero convidarvos a compartir[br]a experiencia, porque é moi simple. 0:20:10.322,0:20:12.475 O meu ego non depende disto. [br](Risos) 0:20:12.499,0:20:14.262 Compartídeo, mostrádello á xente, 0:20:14.286,0:20:16.706 porque os que mellor poden usalo 0:20:16.730,0:20:20.081 son aqueles sen recursos nin tecnoloxía, 0:20:20.105,0:20:22.279 sen posición nin poder. 0:20:22.303,0:20:24.851 Compartídeo con eles porque poden[br]facelo en privado. 0:20:24.875,0:20:27.319 Só necesitan o seu corpo,[br]privacidade e dous minutos 0:20:27.343,0:20:30.469 para cambiar significativamente[br]as proxeccións da súa vida. 0:20:30.493,0:20:31.624 Grazas. 0:20:31.648,0:20:34.679 (Aplausos)