A mente detrás de Linux
-
0:01 - 0:02Chris Anderson: Isto é raro.
-
0:02 - 0:07O teu software, Linux, está
en millóns de ordenadores, -
0:07 - 0:10e probablemente sostén
unha boa parte de Internet. -
0:10 - 0:12E creo que hai como
-
0:12 - 0:16un millón e medio de dispositivos
Android activos por aí. -
0:16 - 0:18O teu software está en cada un deles.
-
0:19 - 0:20É abraiante.
-
0:20 - 0:25Debes ter unha central de software
impresionante dirixindo isto. -
0:25 - 0:28Iso é o que pensei. E quedei perplexo
cando vin unha foto. -
0:28 - 0:30Quero dicir, isto é...
-
0:30 - 0:32isto é a sede central do mundo Linux.
-
0:32 - 0:34(Risos)
-
0:34 - 0:37(Aplausos)
-
0:37 - 0:40Linus Torvalds: Realmente,
non parece gran cousa. -
0:40 - 0:42E teño que dicir,
-
0:42 - 0:46a parte máis interesante da foto,
-
0:46 - 0:47a que provoca máis reaccións
-
0:47 - 0:49é o escritorio coa cinta de camiñar.
-
0:49 - 0:52É a parte máis interesante da miña oficina
-
0:52 - 0:54e, en realidade, xa non a uso.
-
0:54 - 0:56Penso que as dúas cousas
están relacionadas. -
0:57 - 1:00A forma en que traballo é...
-
1:02 - 1:06Eu non quero ter estímulos externos.
-
1:06 - 1:11Podedes velo,
as paredes son de cor verde clara. -
1:11 - 1:16Dixéronme que a usan nas paredes
das clínicas de saúde mental. -
1:16 - 1:17(Risos)
-
1:17 - 1:19É unha cor calmante,
-
1:19 - 1:22non é algo que te estimula.
-
1:23 - 1:27O que non podes ver é o ordenador,
só vemos a pantalla, -
1:28 - 1:31pero o que máis me interesa
do meu ordenador é -
1:31 - 1:34--non ten que ser grande e potente,
aínda que me gusta iso-- -
1:34 - 1:38ten que ser completamente silencioso.
-
1:38 - 1:40Coñezo persoas que traballan para Google
-
1:40 - 1:43e teñen unha pequena
central de datos na casa, -
1:43 - 1:44eu non fago iso.
-
1:44 - 1:48A miña oficina é a máis
aburrida que podedes imaxinar. -
1:49 - 1:52Sento alí só en silencio.
-
1:52 - 1:54Se o gato aparece,
-
1:54 - 1:56senta no meu colo.
-
1:56 - 1:58E quero oír o gato ronronar,
-
1:58 - 2:01non o son dos ventiladores do ordenador.
-
2:01 - 2:03CA: Isto é asombroso,
-
2:03 - 2:05porque traballando así
-
2:06 - 2:08es capaz de xestionar este
grande imperio tecnolóxico, -
2:09 - 2:10é un imperio.
-
2:10 - 2:13É un testemuño abraiante
do poder do código aberto. -
2:13 - 2:18Dinos como chegaches a
pensar no código aberto -
2:18 - 2:20e como iso levou ao
desenvolvemento de Linux. -
2:21 - 2:23LT: Eu aínda traballo só.
-
2:23 - 2:27Realmente, eu traballo só na miña casa,
-
2:27 - 2:28a miúdo en bata.
-
2:28 - 2:31Cando aparece un fotógrafo, vístome
-
2:31 - 2:32e levo roupa posta.
-
2:32 - 2:33(Risos)
-
2:33 - 2:35E así é como traballei sempre.
-
2:35 - 2:37É dicir, así tamén é como iniciei Linux.
-
2:37 - 2:41Non iniciei Linux
como un proxecto colaborativo. -
2:41 - 2:46Inicieino como un entre varios proxectos
-
2:46 - 2:50que fixen no seu momento para min mesmo.
-
2:50 - 2:52En parte, porque precisaba o resultado
-
2:52 - 2:54pero aínda máis porque
o pasaba ben programando. -
2:54 - 2:59Así que tiña que ver coa fin da viaxe
-
2:59 - 3:02que, 25 anos máis tarde,
aínda non atinximos. -
3:02 - 3:06Pero, realmente, o feito é que
buscaba un proxecto pola miña conta -
3:06 - 3:10e non había ningún código
aberto no meu radar. -
3:10 - 3:12E o que ocorreu é...
-
3:13 - 3:18o proxecto medrou e chegou a ser algo
que ti queres mostrarlle á xente. -
3:19 - 3:23Realmente, isto é algo do tipo "Uau,
mira o que fixen!" -
3:23 - 3:25E creme, non era tan estupendo daquela.
-
3:26 - 3:28Eu fíxeno público
-
3:28 - 3:30pero daquela aínda non era código aberto.
-
3:30 - 3:35Nese momento, era código que estaba
aberto pero sen intención -
3:35 - 3:40de usar o tipo de metodoloxía
de código aberto en que pensamos hoxe -
3:40 - 3:42para melloralo.
-
3:42 - 3:43Era máis do tipo:
-
3:43 - 3:46"Mirade, estiven traballando nisto
durante medio ano, -
3:46 - 3:48gustaríame que o comentásedes."
-
3:48 - 3:51E houbo xente que se achegou a min.
-
3:51 - 3:53Na Universidade de Helsinki,
-
3:53 - 3:57tiña un amigo que era un dos
do código aberto. -
3:57 - 4:00Daquela, chamábase principalmente
"software libre". -
4:00 - 4:05De feito, foi el quen me
suxeriu a idea de "Ei, -
4:05 - 4:10podes usar estas licenzas
de código aberto que andan por aí". -
4:12 - 4:14E estíveno pensando.
-
4:14 - 4:18Eu estaba preocupado de verdade
sobre os intereses comerciais. -
4:18 - 4:22Quero dicir, esa é unha das preocupacións
que penso que a maioría da xente ten, -
4:22 - 4:27a preocupación de que alguén
saque partido do seu traballo, non? -
4:28 - 4:31E decidín: "Que diaños?"
-
4:32 - 4:33E...
-
4:33 - 4:34CA: E nun momento dado,
-
4:34 - 4:37alguén achegou algún código e pensaches:
-
4:37 - 4:40"Uau, isto é moi interesante,
a min non se me ocorrería. -
4:40 - 4:41Pode ser unha mellora."
-
4:41 - 4:44LT: Nin sequera comezou cando
a xente achegou código, -
4:44 - 4:47foi máis ben cando a xente
comezou a achegar ideas. -
4:47 - 4:51E o feito de que alguén
lle bote un ollo ao teu proxecto -
4:51 - 4:54--estou seguro de que tamén
é así noutras cousas, -
4:54 - 4:55pero sen dúbida éo no código--
-
4:55 - 4:59significa que alguén máis
ten interese no teu código, -
4:59 - 5:01mírao abondo como para facer observacións
-
5:02 - 5:03e achegar ideas.
-
5:03 - 5:05E iso resultoume impresionante.
-
5:05 - 5:08Eu tiña 21 anos, así que era novo
-
5:08 - 5:12pero xa levaba programando
a metade da miña vida. -
5:12 - 5:16E todos os proxectos antes diso
foran completamente persoais -
5:16 - 5:19e foi unha revelación que a xente
comezase a comentar -
5:19 - 5:23e a facerme observacións sobre o código.
-
5:23 - 5:27E mesmo antes de que comezaran
a enviar código de volta, -
5:27 - 5:29ese foi, penso, un dos grandes
momentos en que dixen: -
5:29 - 5:31"Encántanme as persoas!"
-
5:31 - 5:32Non me entendades mal,
-
5:32 - 5:34en realidade, non son sociable.
-
5:34 - 5:37(Risos)
-
5:38 - 5:40A verdade é que non
me encantan as persoas. -
5:40 - 5:41(Risos)
-
5:41 - 5:43Pero encántanme os ordenadores,
-
5:43 - 5:45encántame interactuar
por correo electrónico, -
5:45 - 5:48porque che dá unha especie de protección.
-
5:48 - 5:55Pero tamén me encanta que a xente
comente e se involucre no meu proxecto. -
5:55 - 5:57E iso fíxose moito máis grande.
-
5:57 - 6:00CA: Houbo un momento,
cando viches que todo o construido -
6:00 - 6:02de súpeto empezaba a despegar,
-
6:02 - 6:05en que pensaches: "Espera,
isto pode ser algo moi grande, -
6:05 - 6:08non só un proxecto persoal no
que recibo interesantes observacións -
6:08 - 6:13senón unha especie de desenvolvemento
explosivo no mundo da tecnoloxía? -
6:14 - 6:15LT: A verdade é que non.
-
6:15 - 6:19É dicir, o importante para min non foi
cando se converteu en algo enorme, -
6:19 - 6:21foi cando se converteu en algo pequeno.
-
6:21 - 6:25O importante para min foi non estar só,
-
6:25 - 6:29foi ter 10, quizais 100 persoas
involucradas. -
6:29 - 6:30Iso foi algo grande.
-
6:30 - 6:34Todo o resto foi gradual.
-
6:34 - 6:38Pasar de 100 persoas a un millón
non é gran cousa, para min. -
6:38 - 6:40Ben, quero dicir, quizais o sexa se es...
-
6:40 - 6:41(Risos)
-
6:41 - 6:44se o que queres é vender os resultados
entón é un gran negocio, -
6:44 - 6:45non me entendades mal.
-
6:45 - 6:46Pero se estás interesado na tecnoloxía
-
6:46 - 6:48e estás interesado no proxecto,
-
6:48 - 6:50a parte importante é chegar á comunidade.
-
6:50 - 6:52Despois, a comunidade medrou gradualmente
-
6:52 - 6:56e non houbo un momento concreto
en que eu dixese: -
6:56 - 6:58"Uau, isto acaba de despegar!" porque
-
6:58 - 7:02lle levou bastante tempo, relativamente.
-
7:02 - 7:05CA: Todos os técnicos cos que falo
atribúenche os méritos -
7:05 - 7:08de mudar drasticamente o seu traballo.
-
7:08 - 7:09E non é só por Linux,
-
7:09 - 7:11tamén é por iso chamado Git,
-
7:11 - 7:15que é un sistema de xestión para
o desenvolvemento de software. -
7:15 - 7:18Fálanos brevemente diso e do teu papel.
-
7:18 - 7:20LT: Un dos problemas que tiñamos,
-
7:20 - 7:23que tardou un tempo en aparecer,
-
7:23 - 7:25é cando ti...
-
7:25 - 7:31Cando medras desde 10 persoas
ou 100 traballando nun proxecto -
7:31 - 7:33ata 10 000 persoas,
-
7:33 - 7:37é dicir, agora mesmo estamos
nunha situación onde só no núcleo -
7:37 - 7:40hai 1 000 persoas involucradas
en cada lanzamento -
7:40 - 7:44e iso ocorre cada 2 meses,
uns 2 ou 3 meses. -
7:44 - 7:47Algunhas desas persoas non fan moito.
-
7:47 - 7:49Hai moita xente que fai
cambios moi pequenos. -
7:49 - 7:52Pero para manter isto,
-
7:52 - 7:55a escala cambia o xeito de mantelo.
-
7:55 - 7:57E pasámolo moi mal.
-
7:59 - 8:05Hai proxectos enteiros que só
fan código de mantemento. -
8:05 - 8:09O CVS adoitaba ser un dos máis usados,
-
8:09 - 8:12e eu odiaba o CVS apaixonadamente
e rexeitei tocalo, -
8:13 - 8:16intentei outra cousa que era
radical e interesante -
8:16 - 8:18e o resto da xente odiouna.
-
8:19 - 8:20CA: (Risos)
-
8:20 - 8:22LT: E estabamos nun mal momento,
-
8:23 - 8:25con miles de persoas
que querían participar -
8:25 - 8:30pero de moitos xeitos
eu era o punto de equilibrio -
8:30 - 8:33e non podía multiplicarme
-
8:33 - 8:36para poder traballar con miles de persoas.
-
8:36 - 8:38Así que Git é o meu segundo gran proxecto,
-
8:38 - 8:43que creei só para manter
o meu primeiro gran proxecto. -
8:43 - 8:46E así, literalmente, é como traballo.
-
8:46 - 8:48Non programo para,
-
8:48 - 8:50ben, eu programo por diversión,
-
8:50 - 8:52pero quero programar
para algo que teña sentido -
8:52 - 8:56así que cada proxecto que fixen
tiña que ver con algo que eu precisaba -
8:56 - 8:58e...
-
8:58 - 9:01CA: Así que, en realidade, tanto
Linux como Git xurdiron -
9:01 - 9:04case como unha consecuencia involuntaria
-
9:04 - 9:06do desexo de non traballar con xente.
-
9:06 - 9:08LT: Totalmente. Si.
-
9:08 - 9:09(Risos)
-
9:09 - 9:10CA: É abraiante.
LT: Si. -
9:10 - 9:12(Aplausos)
-
9:12 - 9:15E aínda así, es a persoa
que transformou a tecnoloxía -
9:15 - 9:17non só unha vez senón dúas,
-
9:17 - 9:19e queremos intentar entender por que.
-
9:19 - 9:21Déchesnos algunhas pistas, pero...
-
9:21 - 9:26Aquí hai unha foto túa de neno
cun cubo de Rubik. -
9:26 - 9:30Mencionaches que estiveches programando
desde que tiñas 10 ou 11 anos, -
9:30 - 9:31a metade da túa vida.
-
9:31 - 9:35Eras unha especie de xenio
dos ordenadores, un cerebriño? -
9:35 - 9:37a estrela da escola
capaz de facer calquera cousa? -
9:37 - 9:39Como eras de pequeno?
-
9:40 - 9:43LT: Si, penso que era
o "nerd" prototípico. -
9:43 - 9:44É dicir, era...
-
9:45 - 9:47Non era sociable daquela.
-
9:47 - 9:50Este é o meu irmán pequeno.
-
9:50 - 9:53Eu estaba claramente
máis interesado no cubo de Rubik -
9:53 - 9:54que no meu irmán pequeno.
-
9:54 - 9:55(Risos)
-
9:55 - 9:58A miña irmá pequena, que non está na foto,
-
9:58 - 10:01cando tiñamos reunións familiares,
-
10:01 - 10:05e non é unha familia grande
pero teño un par de primos, -
10:05 - 10:07ela preparábame con antelación.
-
10:07 - 10:10Antes de que entrara na sala, ela dicía:
-
10:10 - 10:13"Ben. É así e así..."
-
10:14 - 10:16Porque eu non era...
-
10:16 - 10:17Eu era un "geek".
-
10:18 - 10:19Andaba con ordenadores,
-
10:19 - 10:20andaba coas matemáticas,
-
10:20 - 10:21andaba coa física.
-
10:21 - 10:22Dábanseme ben.
-
10:22 - 10:25Non creo que fora algo excepcional.
-
10:26 - 10:28Polo visto, a miña irmá dixo
-
10:28 - 10:35que a miña calidade máis excepcional
era a de non renderme. -
10:36 - 10:38CA: Ben, imos aí porque é interesante.
-
10:38 - 10:39Ti non te rendes.
-
10:39 - 10:42Así que non ten que ver
con ser un "geek" e ser intelixente, -
10:42 - 10:45vai de ser... teimudo?
-
10:45 - 10:47LT: Vai de ser teimudo.
-
10:47 - 10:48Vai de...
-
10:49 - 10:51simplemente, comezar algo
-
10:51 - 10:57e non dicir: "Vale, déixoo,
imos facer outra cousa... -
10:57 - 10:58Mira, unha mosca!"
-
10:59 - 11:03E véxoo en moitas outras
partes da miña vida, tamén. -
11:03 - 11:07Vivín en Silicon Valley durante 7 anos.
-
11:07 - 11:11E traballei para a mesma compañía,
en Silicon Valley -
11:11 - 11:13durante todo ese tempo.
-
11:13 - 11:14Iso é inaudito.
-
11:15 - 11:17Silicon Valley non funciona así.
-
11:17 - 11:20O punto de Silicon Valley
é que a xente salta de traballo -
11:20 - 11:23para vivir experiencias diferentes.
-
11:23 - 11:25E eu non son ese tipo de persoa.
-
11:25 - 11:28CA: Pero durante o
desenvolvemento de Linux, -
11:28 - 11:32esa teimosía, ás veces, levoute
ao conflito con outra xente. -
11:32 - 11:34Fálanos diso un pouco.
-
11:34 - 11:40Era esencial para manter a
calidade do que se estaba a construír? -
11:40 - 11:42Como describirías o que ocorreu?
-
11:42 - 11:44LT: Non sei se é esencial.
-
11:45 - 11:48Volvendo ao de "non son
unha persoa sociable", -
11:48 - 11:50ás veces, tamén son...,
-
11:52 - 11:54como diriamos,
-
11:54 - 11:57"miope" no que se refire
aos sentimentos doutras persoas. -
11:58 - 12:03e iso, ás veces, faiche dicir
cousas que as feren. -
12:03 - 12:07E non estou orgulloso diso
-
12:07 - 12:08(Aplausos)
-
12:08 - 12:10pero, ao mesmo tempo, é...
-
12:11 - 12:14Hai xente que me di
que debería ser agradable. -
12:15 - 12:20E cando intento explicarlles que
quizais ti es agradable pero -
12:20 - 12:23quizais deberías ser máis agresivo,
-
12:23 - 12:26ven que non son agradable.
-
12:26 - 12:28(Risos)
-
12:28 - 12:30O que intento dicir
é que somos diferentes. -
12:30 - 12:32Non son unha persoa sociable;
-
12:32 - 12:35non é algo do que estea
particularmente orgulloso -
12:35 - 12:36pero é parte de min.
-
12:36 - 12:39E unha das cousas que
me gustan do código aberto -
12:39 - 12:45é que permite que xente
distinta traballe xunta. -
12:45 - 12:46Non temos que gustarnos
-
12:46 - 12:49e, ás veces, realmente, non nos gustamos.
-
12:49 - 12:52Quero dicir, hai
discusións moi moi acendidas. -
12:52 - 12:56E, de feito, podes atopar cousas en que
-
12:56 - 12:59nin sequera estás de acordo
en estar en desacordo, -
12:59 - 13:02é só que estás interesado
en cousas moi diferentes. -
13:02 - 13:05E volvendo ao punto onde dixen antes
-
13:05 - 13:07que temía que persoas
con intereses comerciais -
13:07 - 13:09se aproveitaran do meu traballo,
-
13:09 - 13:11resultou, e demostrouse rapidamente,
-
13:12 - 13:14que esas persoas eran xente encantadora.
-
13:15 - 13:18E fixeron todas as cousas en que eu
non estaba nada interesado -
13:18 - 13:20e tiñan obxectivos totalmente diferentes.
-
13:20 - 13:26E usaron o código aberto
de xeitos que eu non o faría. -
13:26 - 13:28Pero podían facelo porque
era código aberto -
13:28 - 13:30e, en realidade, funcionou moi ben.
-
13:30 - 13:32E penso que funciona do mesmo xeito.
-
13:32 - 13:36Tes que ter xente sociable,
os comunicadores, -
13:36 - 13:37a xente cálida e acolledora
-
13:37 - 13:39que
-
13:39 - 13:40(risos)
-
13:40 - 13:43quere darche unha aperta
e incluírte na comunidade. -
13:43 - 13:45Pero non todo o mundo é así.
-
13:45 - 13:46E eu non son así.
-
13:46 - 13:48A min impórtame a tecnoloxía.
-
13:48 - 13:50Hai a quen lle importa
a interface de usuario [IU] -
13:50 - 13:53Eu non podo facer unha IU
nin para salvar a vida. -
13:53 - 13:56Quero dicir, se estivese varado nunha illa
-
13:56 - 13:59e a única maneira de saír dela
fose facer unha boa IU -
13:59 - 14:01morrería alí.
-
14:01 - 14:01(Risos)
-
14:01 - 14:04Así que hai diferentes tipos de xente,
-
14:04 - 14:07e non estou poñendo escusas,
Estou intentando explicarme. -
14:07 - 14:08CA: Cando falamos a semana pasada,
-
14:08 - 14:11falaches dalgún outro trazo que tes
-
14:11 - 14:12bastante interesante.
-
14:12 - 14:13Esa idea chamada gusto.
-
14:13 - 14:15E teño un par de imaxes aquí.
-
14:15 - 14:20Seica, creo, este é un exemplo de
código de non bo gusto precisamente -
14:20 - 14:23e este ten mellor gusto,
-
14:23 - 14:25o que se pode ver inmediatamente.
-
14:25 - 14:28Cal é a diferenza entre estes dous?
-
14:29 - 14:30LT: Isto é...
-
14:30 - 14:33Canta xente aquí programou?
-
14:33 - 14:35CA: Oh, meu deus.
-
14:35 - 14:36LT: Eu garántoche que
-
14:36 - 14:38todo o mundo que levantou a man,
-
14:38 - 14:41fixo o que se chama
unha lista ligada simple. -
14:41 - 14:43E ensínase...
-
14:43 - 14:47Este, o primeiro enfoque
que non ten moi bo gusto -
14:47 - 14:51é, basicamente, como se ensina a
facer cando comezas a programar. -
14:51 - 14:53E non tes que entender o código.
-
14:53 - 14:55A parte máis interesante para min
-
14:55 - 14:58é a última condición if.
-
14:59 - 15:01Porque o que ocorre nunha
lista ligada simple, -
15:01 - 15:05isto é, ao eliminar un elemento
existente dunha lista e... -
15:05 - 15:09Hai unha diferenza dependendo
de se é o primeiro elemento -
15:09 - 15:11ou se é un elemento da metade.
-
15:11 - 15:12Porque se é o primeiro elemento,
-
15:12 - 15:15tes que cambiar o punteiro
para o primeiro elemento. -
15:15 - 15:17Se está na metade,
-
15:17 - 15:19tes que cambiar o punteiro
dun elemento anterior. -
15:19 - 15:21Así que son casos totalmente diferentes.
-
15:21 - 15:22CA: E ese é mellor.
-
15:22 - 15:24LT: E este é mellor.
-
15:24 - 15:26Non ten a condición if.
-
15:27 - 15:29E, realmente, non importa.
-
15:29 - 15:32Eu non quero que entendas
por que non ten a condición if, -
15:32 - 15:33quero que entendas
-
15:33 - 15:36que, ás veces, podes ver
un problema doutra forma -
15:36 - 15:39e reescribilo para que
desapareza un caso especial -
15:39 - 15:41e se converta nun caso normal.
-
15:41 - 15:43E iso é bo código.
-
15:43 - 15:45Pero é código simple.
-
15:45 - 15:46Este é CS 101.
-
15:46 - 15:49Non é importante, aínda
que os detalles son importantes. -
15:50 - 15:54Para min, o que marca as persoas
coas que quero traballar -
15:54 - 15:57é que teñen bo gusto, que é como...
-
15:57 - 15:59Envieiche este estúpido exemplo
-
15:59 - 16:01que é irrelevante porque é moi pequeno.
-
16:02 - 16:04O bo gusto é moito máis grande que isto.
-
16:04 - 16:08O bo gusto trata de ver
realmente os grandes patróns -
16:08 - 16:12e saber instintivamente
cal é a mellor forma de facer as cousas. -
16:12 - 16:15CA: Ben, estamos aquí xuntando as pezas.
-
16:16 - 16:17Ti tes gusto,
-
16:18 - 16:20dun xeito que ten sentido
para a xente do software. -
16:20 - 16:22Ti es...
-
16:22 - 16:23(Risos)
-
16:23 - 16:26LT: Penso que tivo sentido
para algunha xente aquí. -
16:28 - 16:31CA: Ti es un programador moi intelixente
-
16:31 - 16:33e es soberanamente teimudo.
-
16:34 - 16:35Pero ten que haber algo máis.
-
16:35 - 16:36Cambiaches o futuro.
-
16:36 - 16:39Debes ter a capacidade
desas grandes visións do futuro. -
16:39 - 16:41Es un visionario, non si?
-
16:41 - 16:44LT: En realidade, sentinme
un pouco incómodo no TED -
16:44 - 16:46estes últimos dous días
-
16:46 - 16:49porque hai moita visión por aquí, non?
-
16:49 - 16:50E eu non son un visionario.
-
16:50 - 16:52Eu non teño un plan a 5 anos.
-
16:53 - 16:54Son enxeñeiro.
-
16:54 - 16:55E penso que realmente é...
-
16:56 - 16:58Alégrome moito polas persoas
-
16:58 - 17:00que pasean mirando para as nubes
-
17:00 - 17:03ollando as estrelas
e dicindo "Eu quero ir aí." -
17:03 - 17:05Pero eu miro para o chan
-
17:05 - 17:08e quero arranxar a focha
que hai en fronte de min -
17:08 - 17:09antes de caer nela.
-
17:09 - 17:11Este é o tipo de persoa que son.
-
17:11 - 17:12(Aclamacións)
-
17:12 - 17:13(Aplausos)
-
17:13 - 17:17CA: Faláchesme a semana pasada
deses dous tipos. -
17:17 - 17:20Quen son e que relación tes con eles?
-
17:20 - 17:24LT: Ben, este é unha especie
de clixé na tecnoloxía, -
17:24 - 17:26o tema Tesla contra Edison,
-
17:26 - 17:31onde Tesla sempre se ve como
o científico visionario e de ideas tolas. -
17:31 - 17:33A xente adora a Tesla.
-
17:34 - 17:37Hai xente que lle pon o
seu nome ás empresas. -
17:37 - 17:38(Risos)
-
17:39 - 17:42A outra persoa é Edison,
-
17:42 - 17:46que a miúdo é desprezado
por ser máis corrente -
17:46 - 17:47e é...
-
17:47 - 17:50é dicir, a súa cita máis famosa é:
-
17:50 - 17:55"O xenio é 1 % de inspiración
e 99 % de transpiración." -
17:55 - 17:57Eu estou do lado de Edison,
-
17:57 - 17:59mesmo se á xente non lle cae ben.
-
17:59 - 18:02Porque se os comparas,
-
18:02 - 18:07Tesla ten unha mente
que atrae nestes tempos, -
18:07 - 18:09pero quen cambiou realmente o mundo?
-
18:10 - 18:13Pode que Edison non fora
unha persoa agradable, -
18:13 - 18:16fixo moitas cousas...
-
18:16 - 18:19quizais non era tan intelectual
-
18:19 - 18:21nin tan visionario.
-
18:21 - 18:25Pero eu penso que son
máis un Edison que un Tesla. -
18:26 - 18:28CA: O tema do TED
esta semana son os soños: -
18:28 - 18:30soños grandes, valentes, audaces.
-
18:30 - 18:31Ti es un auténtico antídoto.
-
18:31 - 18:33LT: Intento desinchalo un pouco, si.
-
18:33 - 18:35CA: Iso está ben.
-
18:35 - 18:36(Risos)
-
18:36 - 18:37Apoiámoste, apoiámoste.
-
18:39 - 18:42Empresas como Google e moitas
outras gañaron, podería dicirse, -
18:42 - 18:44millóns de dólares
grazas ao teu software. -
18:44 - 18:45Moléstate?
-
18:45 - 18:46LT: Non.
-
18:46 - 18:49Non, non me molesta por varias razóns.
-
18:49 - 18:51E unha delas é que me vai ben.
-
18:51 - 18:52Vaime moi ben.
-
18:53 - 18:55Pero a outra razón é...
-
18:55 - 19:00Se eu non fixera o do código aberto
e deixara pasar a cousa, -
19:00 - 19:02Linux nunca sería o que é.
-
19:02 - 19:07E trouxo experiencias
que non me gustan, falar en público... -
19:07 - 19:09pero, ao mesmo tempo,
é unha experiencia. -
19:09 - 19:11Crédeme.
-
19:11 - 19:16Hai un montón de cousas
que me fan moi feliz -
19:16 - 19:19e me fan pensar que
fixen as escollas correctas. -
19:19 - 19:21CA: A idea do código aberto
-
19:21 - 19:23--e penso que rematamos aquí--,
-
19:23 - 19:27a idea do código aberto está
totalmente implantada no mundo -
19:27 - 19:30ou hai máis cara a onde andar,
-
19:30 - 19:32hai máis cousas que se poden facer?
-
19:33 - 19:35LT: Aí teño dúas visións contrapostas.
-
19:35 - 19:39Penso que unha razón pola
que o código aberto funciona tan ben -
19:40 - 19:42é que, á fin e ao cabo,
-
19:42 - 19:45o código tende a ser branco ou negro.
-
19:45 - 19:49A miúdo, hai unha maneira
bastante boa de decidir, -
19:49 - 19:53isto está ben feito e isto está mal.
-
19:53 - 19:56O código ou funciona ou non,
-
19:56 - 20:00o que significa que hai menos
espazo para as discusións. -
20:00 - 20:04E temos discusións a pesar disto, vale?
-
20:04 - 20:06En moitas outras áreas...
-
20:06 - 20:10é dicir, a xente falaba de cousas
como política aberta e así... -
20:10 - 20:13e é difícil, ás veces, dicir
-
20:13 - 20:16que é posible aplicar
os mesmos principios noutras áreas -
20:17 - 20:22porque o branco e o negro
non só se transforman en grises -
20:22 - 20:24senón noutras cores distintas.
-
20:24 - 20:29Obviamente, o código aberto
está reaparecendo na ciencia. -
20:29 - 20:30Na ciencia foi onde comezou.
-
20:30 - 20:33Pero despois a ciencia
acabou por ser moi pechada, -
20:33 - 20:37con revistas moi caras e esas cousas.
-
20:37 - 20:41E o código aberto está
reaparecendo na ciencia, -
20:41 - 20:45con cousas como arXiv
e revistas de acceso aberto. -
20:47 - 20:49Wikipedia tamén cambiou o mundo.
-
20:49 - 20:51Hai outros exemplos
-
20:51 - 20:53e estou seguro de que han vir máis...
-
20:54 - 20:55CA: Pero ti non es un visionario
-
20:55 - 20:57e non che corresponde imaxinalos.
-
20:57 - 20:58LT: Non.
-
20:58 - 20:59(Risos)
-
20:59 - 21:01Correspóndevos a vós facelo, non?
-
21:01 - 21:03CA: Exactamente.
-
21:03 - 21:04Linus Torvalds,
-
21:04 - 21:06grazas por Linux, grazas por Internet,
-
21:06 - 21:08grazas por todos eses teléfonos Android.
-
21:08 - 21:11Grazas por vires ao TED
e revelarnos tanto de ti. -
21:11 - 21:12LT: Grazas.
-
21:12 - 21:17(Aplausos)
- Title:
- A mente detrás de Linux
- Speaker:
- Linus Torvalds
- Description:
-
Linus Torvalds transformou a tecnoloxía dúas veces: primeiro, co núcleo de Linux, que axuda a soster Internet, e despois co Git, o sistema de xestión de código fonte usado por programadores en todo o mundo. Nunha rara entrevista co comisario do TED, Chris Anderson, Torvalds discute, cunha franqueza extraordinaria, os trazos de personalidade que impulsan a súa singular filosofía de traballo, enxeñaría e vida. "Non son un visionario, son un enxeñeiro" di Torvalds. "Alégrome moito polas persoas que pasean mirando para as nubes... pero eu miro para o chan e quero arranxar as fochas que teño en fronte de min, antes de caer nelas."
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 21:30
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mind behind Linux | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mind behind Linux |