O que estamos aprendendo da educación en liña
-
0:01 - 0:04Como moitos de vós, son
unha persoa afortunada. -
0:04 - 0:07Medrei nunha familia
onde a educación impregnaba todo. -
0:07 - 0:11Son a terceira xeración de doutorados,
filla de dous académicos. -
0:11 - 0:15Na miña infancia, xoguei no laboratorio
universitario de meu pai. -
0:15 - 0:19Así que se daba por feito que iría
a unha das mellores universidades, -
0:19 - 0:23que, á súa vez, me abriría as portas
dun mundo de oportunidades. -
0:23 - 0:27Por desgraza, a maioría das persoas
non ten tanta sorte. -
0:27 - 0:30Nalgunhas partes do mundo,
por exemplo, en Suráfrica, -
0:30 - 0:33a educación non é de libre acceso.
-
0:33 - 0:36En Suráfrica, o sistema educativo
construíuse -
0:36 - 0:39nos días do apartheid
para a minoría branca. -
0:39 - 0:41E, como consecuencia, hoxe
non hai suficientes prazas -
0:41 - 0:45para todas as persoas que queren e merecen
unha educación de alta calidade. -
0:45 - 0:49Esa escaseza provocou
unha crise en xaneiro deste ano -
0:49 - 0:51na Universidade de Johannesburgo.
-
0:51 - 0:53Había unhas cantas prazas dispoñibles
-
0:53 - 0:56nos procesos xerais de admisión,
e a noite anterior -
0:56 - 0:59a cando se supoñía
que ía abrir o rexistro, -
0:59 - 1:03miles de persoas aliñáronse na porta
nunha fileira de 1,5 km, -
1:03 - 1:07agardando ser as primeiras
e conseguir unha das prazas. -
1:07 - 1:09Cando as portas abriron,
houbo un amoreamento, -
1:09 - 1:1320 persoas resultaron feridas
e unha muller morreu. -
1:13 - 1:14Era unha nai que deu a súa vida
-
1:14 - 1:19intentando conseguirlle ao seu fillo
a oportunidade dunha vida mellor. -
1:19 - 1:22Mesmo en partes do mundo como os EE. UU.
-
1:22 - 1:26onde a educación é accesible,
pode estar fóra do alcance. -
1:26 - 1:29Debateuse moito nos últimos anos
-
1:29 - 1:31sobre o incremento dos custos da sanidade.
-
1:31 - 1:33O que talvez non é tan obvio para a xente
-
1:33 - 1:37é que durante ese mesmo período
o custo das taxas da educación superior -
1:37 - 1:40foi aumentando
case dúas veces máis rápido, -
1:40 - 1:44ata sumar un total do 559 % desde 1985.
-
1:44 - 1:49Isto fai que a educación sexa
demasiado cara para moita xente. -
1:49 - 1:52Finalmente, mesmo para aqueles
que conseguen educación superior -
1:52 - 1:55as portas da oportunidade
pode que non se abran. -
1:55 - 1:58Só un pouco máis da metade
de graduados recentes -
1:58 - 2:01nos EE.UU. que teñen formación superior
-
2:01 - 2:04están traballando en postos
que requiren ese nivel educativo. -
2:04 - 2:06Isto, claro, non é así para os estudantes
-
2:06 - 2:08que se gradúan nas institucións elite,
-
2:08 - 2:11pero moitos outros
non conseguen que se lles valoren -
2:11 - 2:14o tempo e o esforzo.
-
2:14 - 2:17Tom Friedman, no seu artigo recente
do New York Times, captou, -
2:17 - 2:21nunha forma en que ninguén máis podería,
o espírito por tras dese esforzo. -
2:21 - 2:25Dixo que os grandes avances
son os que ocorren -
2:25 - 2:28cando o que de súpeto é posible se une
ao que é desesperadamente necesario. -
2:28 - 2:31Eu falei do que é
desesperadamente necesario. -
2:31 - 2:34Agora imos falar
do que é de súpeto posible. -
2:34 - 2:37O que é de súpeto posible
foi demostrado por -
2:37 - 2:38tres grandes cursos de Stanford,
-
2:38 - 2:42cada unha das cales tivo unha inscrición
de 100 000 persoas ou máis. -
2:42 - 2:45Para entendelo, imos
observar un deses cursos, -
2:45 - 2:48o de Aprendizaxe Automática,
impartido polo meu colega -
2:48 - 2:49e cofundador Andrew Ng.
-
2:49 - 2:52Andrew imparte un
dos grandes cursos de Stanford. -
2:52 - 2:53É o de Aprendizaxe Automática
-
2:53 - 2:56e ten unhas 400 persoas inscritas
cada vez que se ofrece. -
2:56 - 3:00Cando Andrew abriu o curso
Aprendizaxe Automática ao público xeral, -
3:00 - 3:02inscribíronse 100.000 persoas.
-
3:02 - 3:04Poñamos o número en perspectiva:
-
3:04 - 3:07para que Andrew acadase
unha audiencia do mesmo tamaño -
3:07 - 3:08impartindo un curso en Stanford,
-
3:08 - 3:12tería que impartilo durante 250 anos.
-
3:12 - 3:16Claro, aburriríase moitísimo.
-
3:16 - 3:18Así que, ao vermos o impacto disto,
-
3:18 - 3:22Andrew e mais eu decidimos
que tiñamos que intentar escalalo -
3:22 - 3:26para levar a mellor educación de calidade
ao maior número de xente que puidésemos. -
3:26 - 3:27Así que conformamos Coursera,
-
3:27 - 3:30cuxo obxectivo é coller os mellores cursos
-
3:30 - 3:34dos mellores instrutores
das mellores universidades -
3:34 - 3:38e proporcionárllelos de balde
a persoas de todo o mundo. -
3:38 - 3:40Actualmente, temos
43 cursos na plataforma, -
3:40 - 3:43de catro universidades e
de toda unha variedade de disciplinas. -
3:43 - 3:46Deixádeme que vos mostre
unha pequena aproximación xeral -
3:46 - 3:47de como é.
-
3:48 - 3:50(Vídeo) Robert Ghrist:
Benvidos a Cálculo. -
3:50 - 3:52E. Emanuel: 50 millóns
de persoas non teñen seguro. -
3:52 - 3:55S. Page: Cos modelos deseñamos
políticas máis efectivas. -
3:55 - 3:57Temos unha segregación incrible.
-
3:57 - 3:59S. Klemmer: Bush imaxinou que no futuro,
-
3:59 - 4:02levariamos unha cámara
no centro da cabeza. -
4:02 - 4:06M. Duneier: Mills quere que o estudante
de socioloxía adquira a cualidade mental -
4:06 - 4:09RG: O cable colgante toma a forma
dun coseno hiperbólico. -
4:09 - 4:13N. Parlante: Para cada píxel da imaxe,
fixe o vermello a cero. -
4:13 - 4:16P. Offit: ... a vacina permitiunos
eliminar o virus da polio. -
4:16 - 4:19D. Jurafsky: A Lufthansa serve almorzo
e San Xosé? Ben, soa estraño. -
4:19 - 4:23D. Koller: Así que esta é a moeda
que elixe e estes son os dous lanzamentos. -
4:23 - 4:26A. Ng: Na aprendizaxe automática
a grande escala, gustaríanos chegar a... -
4:26 - 4:32(Aplausos)
-
4:32 - 4:34DK: Resulta, talvez non sexa
unha sorpresa, -
4:34 - 4:37que aos estudantes gústalles
ter o mellor contido -
4:37 - 4:39das mellores universidades de balde.
-
4:39 - 4:42Desde que abrimos a web en febreiro,
-
4:42 - 4:46temos agora 640 000 estudantes
de 190 países. -
4:46 - 4:48Temos 1,5 millóns de inscricións,
-
4:48 - 4:536 millóns de probas enviadas
nos 15 cursos que lanzamos ata agora -
4:53 - 4:56e 14 millóns de vídeos visualizados.
-
4:56 - 4:59Pero non vai só de números,
-
4:59 - 5:00tamén vai de xente.
-
5:00 - 5:03Xa for Akash, que vén
dunha pequena cidade na India -
5:03 - 5:06e nunca tería acceso
-
5:06 - 5:07a un curso da calidade de Stanford
-
5:07 - 5:09e nunca sería quen de permitirse isto.
-
5:09 - 5:12Xa for Jenny, que é nai solteira
de dous fillos -
5:12 - 5:14e quere mellorar as súas competencias
-
5:14 - 5:17para poder retomar
e completar o seu mestrado. -
5:17 - 5:20Ou Ryan, que non pode ir á escola,
-
5:20 - 5:22xa que ten unha filla inmunodeficiente
-
5:22 - 5:25e non pode arriscarse
a levar xermes á casa, -
5:25 - 5:27por iso non pode abandonala.
-
5:27 - 5:29Eu alégrome realmente de dicir,
-
5:29 - 5:31recentemente estivemos
en contacto con Ryan, -
5:31 - 5:33que esa historia tivo un final feliz.
-
5:33 - 5:35A bebé Shannon, podedes vela á esquerda,
-
5:35 - 5:36está moito mellor agora
-
5:36 - 5:40e Ryan conseguiu un traballo grazas
aos nosos cursos. -
5:40 - 5:43Entón, que fai que estes
cursos sexan tan distintos? -
5:43 - 5:46Despois de todo, os cursos
en liña existen desde hai tempo. -
5:46 - 5:50O que os fixo diferentes foi que estes
creaban unha experiencia real. -
5:50 - 5:52Comezaban nun determinado día,
-
5:52 - 5:55os estudantes tiñan que ver
vídeos semanalmente -
5:55 - 5:57e facer tarefas.
-
5:57 - 5:59E estas eran tarefas reais
-
5:59 - 6:02para unhas notas reais,
cun prazo de entrega real. -
6:02 - 6:04Podedes ver os prazos
e as gráficas de uso. -
6:04 - 6:06Estes son os picos que mostran
-
6:06 - 6:10que a procrastinación é
un fenómeno global. -
6:10 - 6:13(Risos)
-
6:13 - 6:14Á fin do curso,
-
6:14 - 6:16os estudantes obtiñan un certificado.
-
6:16 - 6:18Podían presentar ese certificado
-
6:18 - 6:21nunha empresa para conseguir
un traballo mellor, -
6:21 - 6:23e sabemos que moitos estudantes fixérono.
-
6:23 - 6:25Algúns estudantes colleron o certificado
-
6:25 - 6:28e presentárono na institución educativa
en que estaban inscritos -
6:28 - 6:29para obter créditos universitarios.
-
6:29 - 6:32Conseguían así
algo realmente significativo -
6:32 - 6:35polo seu investimento
de tempo e de esforzo. -
6:35 - 6:37Imos falar un pouco dalgún dos compoñentes
-
6:37 - 6:39destes cursos.
-
6:39 - 6:42O primeiro compoñente é
que cando deixamos atrás -
6:42 - 6:44as restricións físicas dunha aula
-
6:44 - 6:47e deseñamos contidos especificamente
para o formato en liña, -
6:47 - 6:49podemos romper, por exemplo,
-
6:49 - 6:51coa clase monolítica dunha hora.
-
6:51 - 6:54Podemos fragmentar o material,
por exemplo, -
6:54 - 6:57en unidades curtas, modulares,
de 8 a 12 minutos, -
6:57 - 7:00cada unha das cales representa
un concepto coherente. -
7:00 - 7:02Os estudantes poden percorrer
o material de distintos xeitos, -
7:02 - 7:06segundo a súa experiencia,
as súas destrezas ou os seus intereses. -
7:06 - 7:09Así, por exemplo, algúns estudantes
pódense beneficiar -
7:09 - 7:11dunha pequena parte
de material preparatorio -
7:11 - 7:13que outros estudantes poden xa coñecer.
-
7:13 - 7:16Outros poden estar interesados
nun tema concreto -
7:16 - 7:19que queren seguir individualmente
con maior profundidade. -
7:19 - 7:22Así que este formato permítenos romper
-
7:22 - 7:25co modelo educativo
en que todo vale para todos, -
7:25 - 7:29e permítelles aos estudantes seguir
un currículo máis personalizado. -
7:29 - 7:31Por suposto, todos sabemos
como educadores -
7:31 - 7:35que os estudantes non aprenden
sentados vendo vídeos de xeito pasivo. -
7:35 - 7:38Quizais un dos compoñentes
máis grandes deste proxecto -
7:38 - 7:40é que precisamos ter estudantes
-
7:40 - 7:43que practiquen co material
-
7:43 - 7:46para entendelo de verdade.
-
7:46 - 7:49Houbo unha serie de estudos
que demostraron a importancia disto. -
7:49 - 7:52Este publicado en Science
o ano pasado, por exemplo, -
7:52 - 7:54demostrou que mesmo
a simple práctica de recuperación -
7:54 - 7:57onde os estudantes só teñen que repetir
-
7:57 - 7:59o que xa aprenderon
-
7:59 - 8:01dá resultados moito mellores
-
8:01 - 8:03en varias probas de rendemento
-
8:03 - 8:07que moitas outras
intervencións educativas. -
8:07 - 8:10Tentamos construír unha práctica
de recuperación na plataforma -
8:10 - 8:12así como outras formas de práctica.
-
8:12 - 8:16Por exemplo, mesmo os nosos vídeos
non son só vídeos. -
8:16 - 8:19Cada poucos minutos, o vídeo detense
-
8:19 - 8:21e o estudante ten
que responder unha pregunta. -
8:21 - 8:23(Vídeo) SP: 4 cousas: prospectiva,
desconto hiperbólico, -
8:23 - 8:26nesgo de statu quo, falacia da taxa base.
Ben documentadas. -
8:26 - 8:29Todas desviacións ben documentadas
do comportamento racional. -
8:29 - 8:30DK: Aquí detense o vídeo,
-
8:30 - 8:33e o estudante escribe a resposta na caixa
-
8:33 - 8:36e envíaa. Obviamente,
non estaban prestando atención. -
8:36 - 8:37(Risos)
-
8:37 - 8:39Así que intentan facelo outra vez,
-
8:39 - 8:41e desta vez fano ben.
-
8:41 - 8:43Hai unha explicación
opcional se a desexan. -
8:43 - 8:48E agora o vídeo segue
coa seguinte parte da lección. -
8:48 - 8:50Este é un tipo de pregunta simple
-
8:50 - 8:52que eu como instrutora
podería facer na clase, -
8:52 - 8:54pero cando eu fago
ese tipo de pregunta nunha clase, -
8:54 - 8:56o 80 % dos estudantes
-
8:56 - 8:58aínda están escribindo
o último que dixen, -
8:58 - 9:01O 15 % están en Facebook,
-
9:01 - 9:03e despois están os listos
na fila de diante -
9:03 - 9:04que soltan a resposta
-
9:04 - 9:07antes de que ninguén máis
teña ocasión de pensala, -
9:07 - 9:10e eu como instrutora estou
moi satisfeita -
9:10 - 9:11de que alguén saiba a resposta.
-
9:11 - 9:14E así a clase continúa,
e a maioría de estudantes -
9:14 - 9:18nin se chega a decatar de que eu
fixen unha pregunta. -
9:18 - 9:20Aquí, cada estudante
-
9:20 - 9:23ten que interactuar co material.
-
9:23 - 9:25E, claro, estas simples cuestións
de recuperación -
9:25 - 9:27non son a fin da historia.
-
9:27 - 9:30Precisamos construír cuestións
prácticas moito máis significativas -
9:30 - 9:32e tamén darlles aos estudantes
retroalimentación -
9:32 - 9:34sobre estas cuestións.
-
9:34 - 9:36Agora, como se avalía o traballo
de 100 000 estudantes -
9:36 - 9:40se non temos 10 000
asistentes técnicos? -
9:40 - 9:42A resposta é que precisamos
usar a tecnoloxía -
9:42 - 9:43para que o faga por nós.
-
9:43 - 9:46Afortunadamente, a tecnoloxía
xa percorreu un bo camiño, -
9:46 - 9:49e podemos avaliar
unha variedade interesante de tarefas. -
9:49 - 9:51Ademais das preguntas de escolla múltiple
-
9:51 - 9:54e de resposta curta que vistes no vídeo,
-
9:54 - 9:57tamén podemos avaliar
matemáticas, expresións matemáticas -
9:57 - 9:59así como derivacións matemáticas.
-
9:59 - 10:02Podemos avaliar modelos,
-
10:02 - 10:04xa for modelos financeiros
nunha clase de negocios -
10:04 - 10:07ou modelos físicos nunha clase
de ciencias ou enxeñaría -
10:07 - 10:11e podemos avaliar algúns traballos
de programación moi sofisticados. -
10:11 - 10:13Deixádeme amosarvos un que é moi sinxelo
-
10:13 - 10:14pero bastante visual.
-
10:14 - 10:17É do curso Ciencias da Computación 101
de Stanford. -
10:17 - 10:19Os estudantes teñen que corrixir a cor
-
10:19 - 10:20da imaxe vermella borrosa.
-
10:20 - 10:22Están inserindo o programa no navegador,
-
10:22 - 10:26e podedes ver que non o conseguen,
a Estatua da Liberdade aínda está mareada. -
10:26 - 10:30Así que o estudante inténtao outra vez,
e agora conseguiuno e díselle -
10:30 - 10:32que pode seguir coa próxima tarefa.
-
10:32 - 10:35Esta capacidade de interactuar
activamente co material -
10:35 - 10:37e de saber se o fixemos ben ou mal
-
10:37 - 10:40é realmente esencial para
a aprendizaxe dos estudantes. -
10:40 - 10:42Claro que aínda
non podemos avaliar totalmente -
10:42 - 10:45as actividades que
se precisan para todos os cursos. -
10:45 - 10:49Concretamente, falta o tipo
de actividades de pensamento crítico -
10:49 - 10:50que son esenciais en disciplinas
-
10:50 - 10:54como as de humanidades,
ciencias sociais, negocios e outras. -
10:54 - 10:56Así que intentamos
convencer, por exemplo, -
10:56 - 10:58algúns dos docentes de humanidades
-
10:58 - 11:01de que as preguntas tipo test
non son unha estratexia tan mala. -
11:01 - 11:03Iso non funcionou moi ben.
-
11:03 - 11:05Así que tivemos que buscar outra solución.
-
11:05 - 11:08E a solución á que chegamos
foi a avaliación entre compañeiros. -
11:08 - 11:11Resulta que segundo estudos previos,
-
11:11 - 11:12como este de Saddler e Good,
-
11:12 - 11:15a avaliación entre compañeiros é
sorprendentemente efectiva -
11:15 - 11:18para conseguir cualificacións
reproducibles. -
11:18 - 11:20Intentouse só en clases pequenas
-
11:20 - 11:22pero aí demostrouse, por exemplo,
-
11:22 - 11:24que esas notas asignadas
por estudantes no eixe y -
11:24 - 11:25están moi ben correlacionadas
-
11:25 - 11:27coas notas asignadas
por profesores no eixe x. -
11:27 - 11:30Sorprende aínda máis
que as autoavaliacións -
11:30 - 11:33onde os estudantes puntúan
o seu propio traballo de xeito crítico, -
11:33 - 11:35sempre que os motivemos apropiadamente
-
11:35 - 11:37para que non poidan poñerse a nota máxima,
-
11:37 - 11:40están mellor correlacionadas
coas avaliacións do profesor. -
11:40 - 11:41Así que é unha estratexia eficaz
-
11:41 - 11:44que pode usarse
para avaliar a grande escala -
11:44 - 11:46e unha estratexia de aprendizaxe
útil para os estudantes, -
11:46 - 11:49porque eles realmente
aprenden da experiencia. -
11:49 - 11:53Así que agora temos a maior rede de
avaliación entre compañeiros nunca vista, -
11:53 - 11:56con decenas de miles de estudantes
-
11:56 - 11:57que cualifican o traballo doutros
-
11:57 - 12:00e con bastante éxito, teño que dicilo.
-
12:00 - 12:02Pero isto non se trata
unicamente de estudantes -
12:02 - 12:05sentados sós nos seus salóns
traballando con problemas. -
12:05 - 12:07Ao redor de cada un dos nosos cursos
-
12:07 - 12:09formouse unha comunidade de estudantes,
-
12:09 - 12:11unha comunidade global de xente
-
12:11 - 12:14ao redor dun esforzo
intelectual compartido. -
12:14 - 12:16O que vedes aquí é un mapa autoxerado
-
12:16 - 12:19de estudantes do noso curso 101
de Socioloxía de Princeton -
12:19 - 12:22onde teñen que poñerse nun mapamundi,
-
12:22 - 12:25e podedes ver o alcance global
deste tipo de proxecto. -
12:25 - 12:29Os estudantes colaboraron
nestes cursos de diferentes xeitos. -
12:29 - 12:32En primeiro lugar, había un foro
de preguntas e respostas -
12:32 - 12:34onde os estudantes
tiñan que poñer preguntas, -
12:34 - 12:37e outros estudantes
tiñan que respondelas. -
12:37 - 12:38E o máis abraiante é que,
-
12:38 - 12:40como había tantos estudantes,
-
12:40 - 12:43isto implicaba que mesmo
se un estudante poñía unha pregunta -
12:43 - 12:44ás 3 da mañá,
-
12:44 - 12:46nalgún punto do mundo
-
12:46 - 12:48habería alguén esperto
-
12:48 - 12:50e traballando no mesmo problema.
-
12:50 - 12:52Así que, en moitos dos nosos cursos,
-
12:52 - 12:54o tempo medio de resposta
para unha pregunta -
12:54 - 12:58no foro foi de 22 minutos.
-
12:58 - 13:02É un nivel de servizo que eu nunca lles
ofrecín aos meus estudantes de Stanford. -
13:02 - 13:04(Risos)
-
13:04 - 13:06E podedes ver nos testemuños
dos estudantes -
13:06 - 13:07que realmente cren
-
13:07 - 13:10que, grazas a esta enorme
comunidade en liña, -
13:10 - 13:12puideron interactuar entre si
de moitas formas -
13:12 - 13:17que son máis profundas
das que hai no contexto da clase física. -
13:17 - 13:19Os estudantes tamén se agruparon,
-
13:19 - 13:21sen ningún tipo de intervención nosa,
-
13:21 - 13:23en pequenos grupos de estudo.
-
13:23 - 13:25Algúns eran grupos de estudo presenciais
-
13:25 - 13:27segundo as limitacións xeográficas
-
13:27 - 13:30que se reunían cada semana
para traballar en series de problemas. -
13:30 - 13:32Este é o grupo de San Francisco,
-
13:32 - 13:34pero hainos por todo o mundo.
-
13:34 - 13:36Outros son grupos de estudo virtuais,
-
13:36 - 13:39formados segundo
trazos lingüísticos ou culturais -
13:39 - 13:40e na parte inferior esquerda
-
13:40 - 13:44podedes ver o noso grupo de estudo
universal e multicultural -
13:44 - 13:46onde a xente explicitamente quere conectar
-
13:46 - 13:49con xente doutras culturas.
-
13:49 - 13:51Hai enormes oportunidades
-
13:51 - 13:54que xorden deste tipo de contexto.
-
13:54 - 13:58A primeira é que ten o potencial de darnos
-
13:58 - 14:00unha mirada sen precedentes
-
14:00 - 14:03para entender a aprendizaxe humana.
-
14:03 - 14:06Porque os datos que podemos
conseguir aquí son únicos. -
14:06 - 14:10Podemos analizar cada clic,
cada envío de tarefas, -
14:10 - 14:15cada publicación no foro
de decenas de miles de estudantes. -
14:15 - 14:17Así, no estudo da aprendizaxe humana
-
14:17 - 14:19podemos pasar de partir de hipóteses
-
14:19 - 14:22a traballar desde os datos,
unha transformación que, -
14:22 - 14:25por exemplo, revolucionou a bioloxía.
-
14:25 - 14:28Podemos usar estes datos
para entender preguntas fundamentais -
14:28 - 14:31como cales son
as estratexias de aprendizaxe -
14:31 - 14:33máis efectivas e cales non.
-
14:33 - 14:35E no contexto de cursos concretos,
-
14:35 - 14:37podemos facer preguntas
-
14:37 - 14:40como cales son
as equivocacións máis comúns -
14:40 - 14:42e como axudamos aos estudantes
a resolvelas. -
14:42 - 14:43Este é un exemplo disto,
-
14:43 - 14:45do curso de Aprendizaxe Automática
de Andrew. -
14:45 - 14:48Esta é unha distribución
de respostas erradas -
14:48 - 14:49para unha das tarefas de Andrew.
-
14:49 - 14:51As respostas resultan ser
pares de números, -
14:51 - 14:54así que podemos velas
nesta gráfica bidimensional. -
14:54 - 14:57Cada pequena cruz
é unha resposta incorrecta diferente. -
14:57 - 15:00A cruz grande na parte superior esquerda
-
15:00 - 15:02é onde 2 000 estudantes
-
15:02 - 15:05deron exactamente
a mesma resposta incorrecta. -
15:05 - 15:07Agora, se dous estudantes
nunha clase de 100 -
15:07 - 15:08cometesen o mesmo erro,
-
15:08 - 15:10nunca nos decatariamos.
-
15:10 - 15:12Mais cando 2 000 estudantes
dan a mesma resposta errada, -
15:12 - 15:14é difícil non darse conta.
-
15:14 - 15:16Así que Andrew e os seus estudantes
-
15:16 - 15:18analizaron algunhas desas tarefas,
-
15:18 - 15:22entenderon a raíz dos equívocos
-
15:22 - 15:24e crearon unha mensaxe de erro específica
-
15:24 - 15:27que lles aparecería aos estudantes
-
15:27 - 15:29cuxa resposta caera nese caixón.
-
15:29 - 15:31É dicir, os estudantes
que cometían o mesmo erro -
15:31 - 15:33agora terían
unha retroalimentación personalizada -
15:33 - 15:37que lles diría como solucionar
ese erro de xeito eficaz. -
15:37 - 15:41Así que esta personalización
é algo que podemos construír -
15:41 - 15:44grazas a termos estes grandes números.
-
15:44 - 15:46A personalización é, talvez,
-
15:46 - 15:49unha das maiores oportunidades aquí
-
15:49 - 15:51porque nos permite resolver un problema
-
15:51 - 15:54que temos desde hai 30 anos.
-
15:54 - 15:57O investigador educativo
Benjamin Bloom, en 1984, -
15:57 - 16:00expuxo o que se chamou
o problema 2 sigma, -
16:00 - 16:03que observou ao estudar
tres grupos de estudantes. -
16:03 - 16:06O primeiro estudaba
nunha aula baseada en leccións. -
16:06 - 16:09O segundo era un grupo
de alumnos que estudaba -
16:09 - 16:10nunha aula baseada en leccións estándar
-
16:10 - 16:13pero cun enfoque orientado
ao dominio do contido, -
16:13 - 16:15onde os estudantes non podían
pasar ao seguinte tema -
16:15 - 16:18se non demostraban
que dominaban o anterior. -
16:18 - 16:20E, finalmente, había
un grupo de estudantes -
16:20 - 16:25aos que se lles daba instrución
individual a través dun titor. -
16:25 - 16:28O grupo baseado no dominio obtivo
un desvío padrón total, -
16:28 - 16:30ou sigma, superior en rendemento
-
16:30 - 16:33que o grupo baseado
en leccións convencionais, -
16:33 - 16:35e a titoría individual deu
unha mellora -
16:35 - 16:37sigma 2 en rendemento.
-
16:37 - 16:38Para entender o que significa,
-
16:38 - 16:40vexamos a clase baseada en leccións,
-
16:40 - 16:43tomando o rendemento medio como limiar.
-
16:43 - 16:45Nunha clase baseada en leccións,
-
16:45 - 16:48a metade dos estudantes están
por riba dese limiar e a metade por baixo. -
16:48 - 16:50Na instrución de titoría individual,
-
16:50 - 16:55o 98 % dos estudantes están
por riba dese limiar. -
16:55 - 16:59Imaxinade que puidésemos ensinar
de xeito que o 98 % dos estudantes -
16:59 - 17:01estivesen por riba da media.
-
17:01 - 17:05Este é o problema sigma 2.
-
17:05 - 17:07Porque non podemos permitirnos,
como sociedade, -
17:07 - 17:10proporcionarlle a cada estudante
un titor humano individual. -
17:10 - 17:12Mais quizais poidamos permitirnos
darlle a cada un -
17:12 - 17:14un computador ou un teléfono intelixente.
-
17:14 - 17:17A cuestión é:
Como podemos usar a tecnoloxía -
17:17 - 17:20para ir desde o lado esquerdo da gráfica,
desde a curva azul, -
17:20 - 17:23ao lado dereito coa curva verde?
-
17:23 - 17:25O dominio é fácil de acadar
usando un computador, -
17:25 - 17:27porque un computador non se cansa
-
17:27 - 17:30de amosar o mesmo vídeo cinco veces.
-
17:30 - 17:33E non se cansa de avaliar
o mesmo traballo múltiples veces, -
17:33 - 17:36como vimos en moitos dos exemplos
que vos amosei. -
17:36 - 17:38E mesmo a personalización
-
17:38 - 17:40é algo cuxos comezos empezamos a ver,
-
17:40 - 17:43a través da traxectoria
personalizada polo currículo -
17:43 - 17:46ou a través da retroalimentación
personalizada. -
17:46 - 17:49Así que o obxectivo aquí
é intentar empurrar -
17:49 - 17:52e ver o lonxe que podemos
chegar cara á curva verde. -
17:52 - 17:58Pero, se isto é tan estupendo,
estarán as universidades obsoletas? -
17:58 - 18:00Ben, Mark Twain pensaba iso.
-
18:00 - 18:03Dicía: "A universidade é un lugar
onde os apuntamentos dun profesor -
18:03 - 18:05van directamente
aos apuntamentos dun estudante -
18:05 - 18:08sen pasar polo cerebro
de ningún deles." -
18:08 - 18:11(Risos)
-
18:11 - 18:14Aínda que eu lamento
disentir de Mark Twain. -
18:14 - 18:17Penso que el non se queixaba
-
18:17 - 18:19das universidades senón
do formato de clase maxistral -
18:19 - 18:22en que moitas universidades
invisten gran parte do tempo. -
18:22 - 18:25Así que imos cara a atrás
un pouco, ata Plutarco, que dixo: -
18:25 - 18:27"A mente non é un recipiente
que hai que encher -
18:27 - 18:29senón madeira que necesita
ser acendida." -
18:29 - 18:32Talvez deberiamos investir
menos tempo nas universidades -
18:32 - 18:35a encher as mentes
dos nosos estudantes con contido -
18:35 - 18:38a través de leccións, e máis tempo
a acender a súa creatividade, -
18:38 - 18:41a súa imaxinación e as súas destrezas
na resolución de problemas -
18:41 - 18:44conversando, realmente, con eles.
-
18:44 - 18:45Entón, como o facemos?
-
18:45 - 18:49Facémolo a través
da aprendizaxe activa na aula. -
18:49 - 18:51Houbo moitos estudos, incluído este,
-
18:51 - 18:53que demostran que coa aprendizaxe activa,
-
18:53 - 18:56cando interactuamos
cos nosos estudantes na aula, -
18:56 - 18:58o rendemento mellora
en todas as dimensións, -
18:58 - 19:01en asistencia, en compromiso
e en aprendizaxe -
19:01 - 19:03medidos en probas estandarizadas.
-
19:03 - 19:05Vedes, por exemplo,
que o nivel de rendemento -
19:05 - 19:08case se duplica
neste experimento concreto. -
19:08 - 19:12Entón, quizais é así como deberiamos
usar o noso tempo nas universidades. -
19:12 - 19:17Para resumir, se puidésemos ofrecer
unha educación de alta calidade -
19:17 - 19:19para todas as persoas do mundo, de balde,
-
19:19 - 19:21que suporía? Tres cousas.
-
19:21 - 19:25Primeiro, estableceríase a educación
como un dereito humano fundamental, -
19:25 - 19:26calquera persoa ao redor do mundo
-
19:26 - 19:28con capacidades e motivación
-
19:28 - 19:30podería desenvolver
as destrezas que precisase -
19:30 - 19:31para mellorar a súa vida,
-
19:31 - 19:34a das súas familias e
a das súas comunidades. -
19:34 - 19:36Segundo, faría posible
a aprendizaxe ao longo da vida. -
19:36 - 19:38É unha vergoña que, para tantas persoas,
-
19:38 - 19:41a aprendizaxe remate ao finalizar
o ensino medio ou a universidade. -
19:41 - 19:44O feito de termos dispoñible
este asombroso contido, -
19:44 - 19:47permítenos aprender algo novo
-
19:47 - 19:48cando o desexemos,
-
19:48 - 19:50para simplemente expandir a mente
-
19:50 - 19:51ou para cambiar as nosas vidas.
-
19:51 - 19:54E, finalmente, isto faría posible
unha marea de innovación, -
19:54 - 19:57xa que podemos atopar
un asombroso talento en calquera parte. -
19:57 - 20:00Quizais o próximo Albert Einstein ou
o próximo Steve Jobs -
20:00 - 20:03estea vivindo nalgún lugar
nunha remota aldea de África. -
20:03 - 20:06E se podemos ofrecerlle
a esa persoa unha educación, -
20:06 - 20:08poderá ser capaz de aparecer
coa próxima grande idea -
20:08 - 20:10e facer do mundo un lugar
mellor para todos nós. -
20:10 - 20:11Moitas grazas.
-
20:11 - 20:19(Aplausos)
- Title:
- O que estamos aprendendo da educación en liña
- Speaker:
- Daphne Koller
- Description:
-
Daphne Kolle está convencendo as mellores universidades para que poñan os cursos máis interesantes en liña e de balde, non só como un servizo, senón tamén como un xeito de investigar a forma en que aprende a xente. Cada vez que se preme unha tecla, que se fai un test de comprensión, que se discute nun foro de compañeiros e que se autocorrixe unha tarefa acumúlase unha marea de datos sen precedentes sobre como se procesa o coñecemento e, máis importante, como se absorbe.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 20:40
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Mario Cal accepted Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for What we're learning from online education | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for What we're learning from online education |