1 00:00:00,725 --> 00:00:03,836 Como moitos de vós, son unha persoa afortunada. 2 00:00:03,836 --> 00:00:07,236 Medrei nunha familia onde a educación impregnaba todo. 3 00:00:07,236 --> 00:00:11,474 Son a terceira xeración de doutorados, filla de dous académicos. 4 00:00:11,474 --> 00:00:15,268 Na miña infancia, xoguei no laboratorio universitario de meu pai. 5 00:00:15,268 --> 00:00:19,117 Así que se daba por feito que iría a unha das mellores universidades, 6 00:00:19,117 --> 00:00:22,918 que, á súa vez, me abriría as portas dun mundo de oportunidades. 7 00:00:22,918 --> 00:00:27,038 Por desgraza, a maioría das persoas non ten tanta sorte. 8 00:00:27,038 --> 00:00:30,173 Nalgunhas partes do mundo, por exemplo, en Suráfrica, 9 00:00:30,173 --> 00:00:32,878 a educación non é de libre acceso. 10 00:00:32,878 --> 00:00:35,853 En Suráfrica, o sistema educativo construíuse 11 00:00:35,853 --> 00:00:38,726 nos días do apartheid para a minoría branca. 12 00:00:38,726 --> 00:00:41,426 E, como consecuencia, hoxe non hai suficientes prazas 13 00:00:41,426 --> 00:00:45,278 para todas as persoas que queren e merecen unha educación de alta calidade. 14 00:00:45,278 --> 00:00:49,158 Esa escaseza provocou unha crise en xaneiro deste ano 15 00:00:49,158 --> 00:00:50,994 na Universidade de Johannesburgo. 16 00:00:50,994 --> 00:00:53,125 Había unhas cantas prazas dispoñibles 17 00:00:53,125 --> 00:00:56,094 nos procesos xerais de admisión, e a noite anterior 18 00:00:56,094 --> 00:00:58,654 a cando se supoñía que ía abrir o rexistro, 19 00:00:58,654 --> 00:01:02,706 miles de persoas aliñáronse na porta nunha fileira de 1,5 km, 20 00:01:02,706 --> 00:01:06,586 agardando ser as primeiras e conseguir unha das prazas. 21 00:01:06,586 --> 00:01:08,894 Cando as portas abriron, houbo un amoreamento, 22 00:01:08,894 --> 00:01:12,546 20 persoas resultaron feridas e unha muller morreu. 23 00:01:12,546 --> 00:01:14,486 Era unha nai que deu a súa vida 24 00:01:14,486 --> 00:01:18,549 intentando conseguirlle ao seu fillo a oportunidade dunha vida mellor. 25 00:01:18,549 --> 00:01:21,706 Mesmo en partes do mundo como os EE. UU. 26 00:01:21,706 --> 00:01:26,062 onde a educación é accesible, pode estar fóra do alcance. 27 00:01:26,062 --> 00:01:28,624 Debateuse moito nos últimos anos 28 00:01:28,624 --> 00:01:30,723 sobre o incremento dos custos da sanidade. 29 00:01:30,723 --> 00:01:33,365 O que talvez non é tan obvio para a xente 30 00:01:33,365 --> 00:01:37,387 é que durante ese mesmo período o custo das taxas da educación superior 31 00:01:37,387 --> 00:01:39,867 foi aumentando case dúas veces máis rápido, 32 00:01:39,867 --> 00:01:44,147 ata sumar un total do 559 % desde 1985. 33 00:01:44,147 --> 00:01:48,681 Isto fai que a educación sexa demasiado cara para moita xente. 34 00:01:48,681 --> 00:01:52,482 Finalmente, mesmo para aqueles que conseguen educación superior 35 00:01:52,482 --> 00:01:55,107 as portas da oportunidade pode que non se abran. 36 00:01:55,107 --> 00:01:58,314 Só un pouco máis da metade de graduados recentes 37 00:01:58,314 --> 00:02:00,627 nos EE.UU. que teñen formación superior 38 00:02:00,627 --> 00:02:03,940 están traballando en postos que requiren ese nivel educativo. 39 00:02:03,940 --> 00:02:05,930 Isto, claro, non é así para os estudantes 40 00:02:05,930 --> 00:02:07,882 que se gradúan nas institucións elite, 41 00:02:07,882 --> 00:02:10,514 pero moitos outros non conseguen que se lles valoren 42 00:02:10,514 --> 00:02:14,050 o tempo e o esforzo. 43 00:02:14,050 --> 00:02:17,080 Tom Friedman, no seu artigo recente do New York Times, captou, 44 00:02:17,080 --> 00:02:21,448 nunha forma en que ninguén máis podería, o espírito por tras dese esforzo. 45 00:02:21,448 --> 00:02:24,568 Dixo que os grandes avances son os que ocorren 46 00:02:24,568 --> 00:02:28,467 cando o que de súpeto é posible se une ao que é desesperadamente necesario. 47 00:02:28,467 --> 00:02:31,088 Eu falei do que é desesperadamente necesario. 48 00:02:31,088 --> 00:02:33,600 Agora imos falar do que é de súpeto posible. 49 00:02:33,600 --> 00:02:36,719 O que é de súpeto posible foi demostrado por 50 00:02:36,719 --> 00:02:38,287 tres grandes cursos de Stanford, 51 00:02:38,287 --> 00:02:42,167 cada unha das cales tivo unha inscrición de 100 000 persoas ou máis. 52 00:02:42,167 --> 00:02:45,341 Para entendelo, imos observar un deses cursos, 53 00:02:45,341 --> 00:02:47,941 o de Aprendizaxe Automática, impartido polo meu colega 54 00:02:47,941 --> 00:02:49,350 e cofundador Andrew Ng. 55 00:02:49,350 --> 00:02:51,739 Andrew imparte un dos grandes cursos de Stanford. 56 00:02:51,739 --> 00:02:53,168 É o de Aprendizaxe Automática 57 00:02:53,168 --> 00:02:56,246 e ten unhas 400 persoas inscritas cada vez que se ofrece. 58 00:02:56,246 --> 00:02:59,511 Cando Andrew abriu o curso Aprendizaxe Automática ao público xeral, 59 00:02:59,511 --> 00:03:02,127 inscribíronse 100.000 persoas. 60 00:03:02,127 --> 00:03:04,136 Poñamos o número en perspectiva: 61 00:03:04,136 --> 00:03:06,685 para que Andrew acadase unha audiencia do mesmo tamaño 62 00:03:06,685 --> 00:03:08,321 impartindo un curso en Stanford, 63 00:03:08,321 --> 00:03:12,247 tería que impartilo durante 250 anos. 64 00:03:12,247 --> 00:03:15,733 Claro, aburriríase moitísimo. 65 00:03:15,733 --> 00:03:18,470 Así que, ao vermos o impacto disto, 66 00:03:18,470 --> 00:03:21,598 Andrew e mais eu decidimos que tiñamos que intentar escalalo 67 00:03:21,598 --> 00:03:25,718 para levar a mellor educación de calidade ao maior número de xente que puidésemos. 68 00:03:25,718 --> 00:03:27,213 Así que conformamos Coursera, 69 00:03:27,213 --> 00:03:30,350 cuxo obxectivo é coller os mellores cursos 70 00:03:30,350 --> 00:03:33,667 dos mellores instrutores das mellores universidades 71 00:03:33,667 --> 00:03:37,695 e proporcionárllelos de balde a persoas de todo o mundo. 72 00:03:37,695 --> 00:03:40,295 Actualmente, temos 43 cursos na plataforma, 73 00:03:40,295 --> 00:03:43,494 de catro universidades e de toda unha variedade de disciplinas. 74 00:03:43,494 --> 00:03:46,167 Deixádeme que vos mostre unha pequena aproximación xeral 75 00:03:46,167 --> 00:03:47,275 de como é. 76 00:03:47,765 --> 00:03:49,798 (Vídeo) Robert Ghrist: Benvidos a Cálculo. 77 00:03:49,818 --> 00:03:52,248 E. Emanuel: 50 millóns de persoas non teñen seguro. 78 00:03:52,248 --> 00:03:54,969 S. Page: Cos modelos deseñamos políticas máis efectivas. 79 00:03:54,969 --> 00:03:57,377 Temos unha segregación incrible. 80 00:03:57,377 --> 00:03:59,299 S. Klemmer: Bush imaxinou que no futuro, 81 00:03:59,299 --> 00:04:01,547 levariamos unha cámara no centro da cabeza. 82 00:04:01,547 --> 00:04:05,801 M. Duneier: Mills quere que o estudante de socioloxía adquira a cualidade mental 83 00:04:05,801 --> 00:04:09,466 RG: O cable colgante toma a forma dun coseno hiperbólico. 84 00:04:09,466 --> 00:04:12,537 N. Parlante: Para cada píxel da imaxe, fixe o vermello a cero. 85 00:04:12,537 --> 00:04:15,514 P. Offit: ... a vacina permitiunos eliminar o virus da polio. 86 00:04:15,514 --> 00:04:19,137 D. Jurafsky: A Lufthansa serve almorzo e San Xosé? Ben, soa estraño. 87 00:04:19,137 --> 00:04:22,753 D. Koller: Así que esta é a moeda que elixe e estes son os dous lanzamentos. 88 00:04:22,753 --> 00:04:26,440 A. Ng: Na aprendizaxe automática a grande escala, gustaríanos chegar a... 89 00:04:26,440 --> 00:04:32,049 (Aplausos) 90 00:04:32,049 --> 00:04:34,323 DK: Resulta, talvez non sexa unha sorpresa, 91 00:04:34,323 --> 00:04:36,711 que aos estudantes gústalles ter o mellor contido 92 00:04:36,711 --> 00:04:39,448 das mellores universidades de balde. 93 00:04:39,448 --> 00:04:41,970 Desde que abrimos a web en febreiro, 94 00:04:41,970 --> 00:04:46,328 temos agora 640 000 estudantes de 190 países. 95 00:04:46,328 --> 00:04:48,480 Temos 1,5 millóns de inscricións, 96 00:04:48,480 --> 00:04:52,670 6 millóns de probas enviadas nos 15 cursos que lanzamos ata agora 97 00:04:52,670 --> 00:04:55,966 e 14 millóns de vídeos visualizados. 98 00:04:56,246 --> 00:04:58,764 Pero non vai só de números, 99 00:04:58,764 --> 00:05:00,405 tamén vai de xente. 100 00:05:00,405 --> 00:05:03,381 Xa for Akash, que vén dunha pequena cidade na India 101 00:05:03,381 --> 00:05:05,556 e nunca tería acceso 102 00:05:05,556 --> 00:05:07,295 a un curso da calidade de Stanford 103 00:05:07,295 --> 00:05:09,180 e nunca sería quen de permitirse isto. 104 00:05:09,350 --> 00:05:11,598 Xa for Jenny, que é nai solteira de dous fillos 105 00:05:11,598 --> 00:05:13,565 e quere mellorar as súas competencias 106 00:05:13,565 --> 00:05:16,700 para poder retomar e completar o seu mestrado. 107 00:05:16,700 --> 00:05:19,836 Ou Ryan, que non pode ir á escola, 108 00:05:19,836 --> 00:05:21,701 xa que ten unha filla inmunodeficiente 109 00:05:21,701 --> 00:05:25,084 e non pode arriscarse a levar xermes á casa, 110 00:05:25,084 --> 00:05:26,924 por iso non pode abandonala. 111 00:05:26,924 --> 00:05:28,556 Eu alégrome realmente de dicir, 112 00:05:28,556 --> 00:05:30,808 recentemente estivemos en contacto con Ryan, 113 00:05:30,808 --> 00:05:32,740 que esa historia tivo un final feliz. 114 00:05:32,740 --> 00:05:34,643 A bebé Shannon, podedes vela á esquerda, 115 00:05:34,643 --> 00:05:35,994 está moito mellor agora 116 00:05:35,994 --> 00:05:40,062 e Ryan conseguiu un traballo grazas aos nosos cursos. 117 00:05:40,062 --> 00:05:42,586 Entón, que fai que estes cursos sexan tan distintos? 118 00:05:42,586 --> 00:05:46,156 Despois de todo, os cursos en liña existen desde hai tempo. 119 00:05:46,156 --> 00:05:49,868 O que os fixo diferentes foi que estes creaban unha experiencia real. 120 00:05:49,868 --> 00:05:51,594 Comezaban nun determinado día, 121 00:05:51,594 --> 00:05:55,228 os estudantes tiñan que ver vídeos semanalmente 122 00:05:55,228 --> 00:05:57,083 e facer tarefas. 123 00:05:57,083 --> 00:05:58,874 E estas eran tarefas reais 124 00:05:58,874 --> 00:06:02,178 para unhas notas reais, cun prazo de entrega real. 125 00:06:02,178 --> 00:06:04,234 Podedes ver os prazos e as gráficas de uso. 126 00:06:04,234 --> 00:06:06,322 Estes son os picos que mostran 127 00:06:06,322 --> 00:06:10,111 que a procrastinación é un fenómeno global. 128 00:06:10,111 --> 00:06:12,687 (Risos) 129 00:06:12,687 --> 00:06:14,359 Á fin do curso, 130 00:06:14,359 --> 00:06:16,215 os estudantes obtiñan un certificado. 131 00:06:16,215 --> 00:06:18,285 Podían presentar ese certificado 132 00:06:18,285 --> 00:06:20,528 nunha empresa para conseguir un traballo mellor, 133 00:06:20,528 --> 00:06:22,588 e sabemos que moitos estudantes fixérono. 134 00:06:22,588 --> 00:06:24,507 Algúns estudantes colleron o certificado 135 00:06:24,507 --> 00:06:27,629 e presentárono na institución educativa en que estaban inscritos 136 00:06:27,629 --> 00:06:29,470 para obter créditos universitarios. 137 00:06:29,470 --> 00:06:31,684 Conseguían así algo realmente significativo 138 00:06:31,684 --> 00:06:34,518 polo seu investimento de tempo e de esforzo. 139 00:06:34,518 --> 00:06:37,073 Imos falar un pouco dalgún dos compoñentes 140 00:06:37,073 --> 00:06:38,965 destes cursos. 141 00:06:38,965 --> 00:06:41,593 O primeiro compoñente é que cando deixamos atrás 142 00:06:41,593 --> 00:06:43,890 as restricións físicas dunha aula 143 00:06:43,890 --> 00:06:46,730 e deseñamos contidos especificamente para o formato en liña, 144 00:06:46,730 --> 00:06:49,258 podemos romper, por exemplo, 145 00:06:49,258 --> 00:06:51,453 coa clase monolítica dunha hora. 146 00:06:51,453 --> 00:06:53,518 Podemos fragmentar o material, por exemplo, 147 00:06:53,518 --> 00:06:56,834 en unidades curtas, modulares, de 8 a 12 minutos, 148 00:06:56,834 --> 00:06:59,548 cada unha das cales representa un concepto coherente. 149 00:06:59,548 --> 00:07:02,408 Os estudantes poden percorrer o material de distintos xeitos, 150 00:07:02,408 --> 00:07:05,882 segundo a súa experiencia, as súas destrezas ou os seus intereses. 151 00:07:05,882 --> 00:07:08,602 Así, por exemplo, algúns estudantes pódense beneficiar 152 00:07:08,602 --> 00:07:11,362 dunha pequena parte de material preparatorio 153 00:07:11,362 --> 00:07:13,433 que outros estudantes poden xa coñecer. 154 00:07:13,433 --> 00:07:15,873 Outros poden estar interesados nun tema concreto 155 00:07:15,873 --> 00:07:18,959 que queren seguir individualmente con maior profundidade. 156 00:07:18,959 --> 00:07:22,194 Así que este formato permítenos romper 157 00:07:22,194 --> 00:07:25,018 co modelo educativo en que todo vale para todos, 158 00:07:25,018 --> 00:07:29,010 e permítelles aos estudantes seguir un currículo máis personalizado. 159 00:07:29,010 --> 00:07:31,353 Por suposto, todos sabemos como educadores 160 00:07:31,353 --> 00:07:34,713 que os estudantes non aprenden sentados vendo vídeos de xeito pasivo. 161 00:07:34,713 --> 00:07:37,658 Quizais un dos compoñentes máis grandes deste proxecto 162 00:07:37,658 --> 00:07:40,250 é que precisamos ter estudantes 163 00:07:40,250 --> 00:07:42,659 que practiquen co material 164 00:07:42,659 --> 00:07:45,815 para entendelo de verdade. 165 00:07:45,815 --> 00:07:49,083 Houbo unha serie de estudos que demostraron a importancia disto. 166 00:07:49,083 --> 00:07:51,615 Este publicado en Science o ano pasado, por exemplo, 167 00:07:51,615 --> 00:07:54,447 demostrou que mesmo a simple práctica de recuperación 168 00:07:54,447 --> 00:07:57,239 onde os estudantes só teñen que repetir 169 00:07:57,239 --> 00:07:58,639 o que xa aprenderon 170 00:07:58,639 --> 00:08:00,559 dá resultados moito mellores 171 00:08:00,559 --> 00:08:02,828 en varias probas de rendemento 172 00:08:02,828 --> 00:08:07,132 que moitas outras intervencións educativas. 173 00:08:07,132 --> 00:08:10,094 Tentamos construír unha práctica de recuperación na plataforma 174 00:08:10,094 --> 00:08:12,348 así como outras formas de práctica. 175 00:08:12,348 --> 00:08:16,492 Por exemplo, mesmo os nosos vídeos non son só vídeos. 176 00:08:16,492 --> 00:08:18,535 Cada poucos minutos, o vídeo detense 177 00:08:18,535 --> 00:08:20,686 e o estudante ten que responder unha pregunta. 178 00:08:20,686 --> 00:08:23,407 (Vídeo) SP: 4 cousas: prospectiva, desconto hiperbólico, 179 00:08:23,407 --> 00:08:26,249 nesgo de statu quo, falacia da taxa base. Ben documentadas. 180 00:08:26,249 --> 00:08:29,116 Todas desviacións ben documentadas do comportamento racional. 181 00:08:29,116 --> 00:08:30,390 DK: Aquí detense o vídeo, 182 00:08:30,390 --> 00:08:32,646 e o estudante escribe a resposta na caixa 183 00:08:32,646 --> 00:08:35,869 e envíaa. Obviamente, non estaban prestando atención. 184 00:08:35,884 --> 00:08:36,753 (Risos) 185 00:08:36,753 --> 00:08:38,763 Así que intentan facelo outra vez, 186 00:08:38,763 --> 00:08:41,299 e desta vez fano ben. 187 00:08:41,299 --> 00:08:43,492 Hai unha explicación opcional se a desexan. 188 00:08:43,492 --> 00:08:47,749 E agora o vídeo segue coa seguinte parte da lección. 189 00:08:47,749 --> 00:08:49,527 Este é un tipo de pregunta simple 190 00:08:49,527 --> 00:08:51,758 que eu como instrutora podería facer na clase, 191 00:08:51,758 --> 00:08:54,208 pero cando eu fago ese tipo de pregunta nunha clase, 192 00:08:54,208 --> 00:08:55,508 o 80 % dos estudantes 193 00:08:55,508 --> 00:08:57,524 aínda están escribindo o último que dixen, 194 00:08:57,524 --> 00:09:00,695 O 15 % están en Facebook, 195 00:09:00,695 --> 00:09:03,151 e despois están os listos na fila de diante 196 00:09:03,151 --> 00:09:04,420 que soltan a resposta 197 00:09:04,420 --> 00:09:06,827 antes de que ninguén máis teña ocasión de pensala, 198 00:09:06,827 --> 00:09:09,589 e eu como instrutora estou moi satisfeita 199 00:09:09,589 --> 00:09:11,237 de que alguén saiba a resposta. 200 00:09:11,237 --> 00:09:14,029 E así a clase continúa, e a maioría de estudantes 201 00:09:14,029 --> 00:09:17,558 nin se chega a decatar de que eu fixen unha pregunta. 202 00:09:17,558 --> 00:09:20,165 Aquí, cada estudante 203 00:09:20,165 --> 00:09:22,949 ten que interactuar co material. 204 00:09:22,949 --> 00:09:25,255 E, claro, estas simples cuestións de recuperación 205 00:09:25,255 --> 00:09:26,547 non son a fin da historia. 206 00:09:26,547 --> 00:09:29,737 Precisamos construír cuestións prácticas moito máis significativas 207 00:09:29,737 --> 00:09:32,000 e tamén darlles aos estudantes retroalimentación 208 00:09:32,000 --> 00:09:33,533 sobre estas cuestións. 209 00:09:33,533 --> 00:09:36,421 Agora, como se avalía o traballo de 100 000 estudantes 210 00:09:36,421 --> 00:09:39,503 se non temos 10 000 asistentes técnicos? 211 00:09:39,503 --> 00:09:41,857 A resposta é que precisamos usar a tecnoloxía 212 00:09:41,857 --> 00:09:43,352 para que o faga por nós. 213 00:09:43,352 --> 00:09:46,000 Afortunadamente, a tecnoloxía xa percorreu un bo camiño, 214 00:09:46,000 --> 00:09:49,268 e podemos avaliar unha variedade interesante de tarefas. 215 00:09:49,268 --> 00:09:51,375 Ademais das preguntas de escolla múltiple 216 00:09:51,375 --> 00:09:53,948 e de resposta curta que vistes no vídeo, 217 00:09:53,948 --> 00:09:57,208 tamén podemos avaliar matemáticas, expresións matemáticas 218 00:09:57,208 --> 00:09:59,160 así como derivacións matemáticas. 219 00:09:59,160 --> 00:10:02,034 Podemos avaliar modelos, 220 00:10:02,034 --> 00:10:04,450 xa for modelos financeiros nunha clase de negocios 221 00:10:04,450 --> 00:10:07,194 ou modelos físicos nunha clase de ciencias ou enxeñaría 222 00:10:07,194 --> 00:10:10,938 e podemos avaliar algúns traballos de programación moi sofisticados. 223 00:10:10,938 --> 00:10:12,857 Deixádeme amosarvos un que é moi sinxelo 224 00:10:12,857 --> 00:10:14,217 pero bastante visual. 225 00:10:14,217 --> 00:10:16,814 É do curso Ciencias da Computación 101 de Stanford. 226 00:10:16,814 --> 00:10:18,638 Os estudantes teñen que corrixir a cor 227 00:10:18,638 --> 00:10:20,010 da imaxe vermella borrosa. 228 00:10:20,010 --> 00:10:22,028 Están inserindo o programa no navegador, 229 00:10:22,028 --> 00:10:26,086 e podedes ver que non o conseguen, a Estatua da Liberdade aínda está mareada. 230 00:10:26,086 --> 00:10:29,842 Así que o estudante inténtao outra vez, e agora conseguiuno e díselle 231 00:10:29,842 --> 00:10:32,201 que pode seguir coa próxima tarefa. 232 00:10:32,201 --> 00:10:35,349 Esta capacidade de interactuar activamente co material 233 00:10:35,349 --> 00:10:37,033 e de saber se o fixemos ben ou mal 234 00:10:37,033 --> 00:10:40,159 é realmente esencial para a aprendizaxe dos estudantes. 235 00:10:40,159 --> 00:10:42,434 Claro que aínda non podemos avaliar totalmente 236 00:10:42,434 --> 00:10:45,268 as actividades que se precisan para todos os cursos. 237 00:10:45,268 --> 00:10:48,569 Concretamente, falta o tipo de actividades de pensamento crítico 238 00:10:48,569 --> 00:10:50,491 que son esenciais en disciplinas 239 00:10:50,491 --> 00:10:54,088 como as de humanidades, ciencias sociais, negocios e outras. 240 00:10:54,088 --> 00:10:56,337 Así que intentamos convencer, por exemplo, 241 00:10:56,337 --> 00:10:57,953 algúns dos docentes de humanidades 242 00:10:57,953 --> 00:11:00,939 de que as preguntas tipo test non son unha estratexia tan mala. 243 00:11:00,939 --> 00:11:02,840 Iso non funcionou moi ben. 244 00:11:02,840 --> 00:11:05,273 Así que tivemos que buscar outra solución. 245 00:11:05,273 --> 00:11:08,347 E a solución á que chegamos foi a avaliación entre compañeiros. 246 00:11:08,347 --> 00:11:10,769 Resulta que segundo estudos previos, 247 00:11:10,769 --> 00:11:12,441 como este de Saddler e Good, 248 00:11:12,441 --> 00:11:15,259 a avaliación entre compañeiros é sorprendentemente efectiva 249 00:11:15,259 --> 00:11:18,143 para conseguir cualificacións reproducibles. 250 00:11:18,143 --> 00:11:19,913 Intentouse só en clases pequenas 251 00:11:19,913 --> 00:11:21,500 pero aí demostrouse, por exemplo, 252 00:11:21,500 --> 00:11:23,852 que esas notas asignadas por estudantes no eixe y 253 00:11:23,852 --> 00:11:25,263 están moi ben correlacionadas 254 00:11:25,263 --> 00:11:27,489 coas notas asignadas por profesores no eixe x. 255 00:11:27,489 --> 00:11:29,559 Sorprende aínda máis que as autoavaliacións 256 00:11:29,559 --> 00:11:32,960 onde os estudantes puntúan o seu propio traballo de xeito crítico, 257 00:11:32,960 --> 00:11:34,797 sempre que os motivemos apropiadamente 258 00:11:34,797 --> 00:11:36,795 para que non poidan poñerse a nota máxima, 259 00:11:36,795 --> 00:11:39,826 están mellor correlacionadas coas avaliacións do profesor. 260 00:11:39,826 --> 00:11:41,433 Así que é unha estratexia eficaz 261 00:11:41,433 --> 00:11:43,577 que pode usarse para avaliar a grande escala 262 00:11:43,577 --> 00:11:46,273 e unha estratexia de aprendizaxe útil para os estudantes, 263 00:11:46,273 --> 00:11:48,528 porque eles realmente aprenden da experiencia. 264 00:11:48,528 --> 00:11:53,177 Así que agora temos a maior rede de avaliación entre compañeiros nunca vista, 265 00:11:53,177 --> 00:11:55,681 con decenas de miles de estudantes 266 00:11:55,681 --> 00:11:57,279 que cualifican o traballo doutros 267 00:11:57,279 --> 00:11:59,948 e con bastante éxito, teño que dicilo. 268 00:11:59,948 --> 00:12:02,208 Pero isto non se trata unicamente de estudantes 269 00:12:02,208 --> 00:12:05,249 sentados sós nos seus salóns traballando con problemas. 270 00:12:05,249 --> 00:12:07,056 Ao redor de cada un dos nosos cursos 271 00:12:07,056 --> 00:12:09,216 formouse unha comunidade de estudantes, 272 00:12:09,216 --> 00:12:11,096 unha comunidade global de xente 273 00:12:11,096 --> 00:12:13,628 ao redor dun esforzo intelectual compartido. 274 00:12:13,628 --> 00:12:16,280 O que vedes aquí é un mapa autoxerado 275 00:12:16,280 --> 00:12:19,241 de estudantes do noso curso 101 de Socioloxía de Princeton 276 00:12:19,241 --> 00:12:22,000 onde teñen que poñerse nun mapamundi, 277 00:12:22,000 --> 00:12:24,960 e podedes ver o alcance global deste tipo de proxecto. 278 00:12:24,960 --> 00:12:29,337 Os estudantes colaboraron nestes cursos de diferentes xeitos. 279 00:12:29,337 --> 00:12:32,166 En primeiro lugar, había un foro de preguntas e respostas 280 00:12:32,166 --> 00:12:34,310 onde os estudantes tiñan que poñer preguntas, 281 00:12:34,310 --> 00:12:36,734 e outros estudantes tiñan que respondelas. 282 00:12:36,734 --> 00:12:38,447 E o máis abraiante é que, 283 00:12:38,447 --> 00:12:40,117 como había tantos estudantes, 284 00:12:40,117 --> 00:12:42,942 isto implicaba que mesmo se un estudante poñía unha pregunta 285 00:12:42,942 --> 00:12:44,114 ás 3 da mañá, 286 00:12:44,114 --> 00:12:45,696 nalgún punto do mundo 287 00:12:45,696 --> 00:12:47,770 habería alguén esperto 288 00:12:47,770 --> 00:12:50,083 e traballando no mesmo problema. 289 00:12:50,083 --> 00:12:52,041 Así que, en moitos dos nosos cursos, 290 00:12:52,041 --> 00:12:54,370 o tempo medio de resposta para unha pregunta 291 00:12:54,370 --> 00:12:57,788 no foro foi de 22 minutos. 292 00:12:57,788 --> 00:13:02,365 É un nivel de servizo que eu nunca lles ofrecín aos meus estudantes de Stanford. 293 00:13:02,365 --> 00:13:03,706 (Risos) 294 00:13:03,706 --> 00:13:05,828 E podedes ver nos testemuños dos estudantes 295 00:13:05,828 --> 00:13:07,335 que realmente cren 296 00:13:07,335 --> 00:13:09,856 que, grazas a esta enorme comunidade en liña, 297 00:13:09,856 --> 00:13:12,455 puideron interactuar entre si de moitas formas 298 00:13:12,455 --> 00:13:16,648 que son máis profundas das que hai no contexto da clase física. 299 00:13:16,648 --> 00:13:18,992 Os estudantes tamén se agruparon, 300 00:13:18,992 --> 00:13:20,855 sen ningún tipo de intervención nosa, 301 00:13:20,855 --> 00:13:22,758 en pequenos grupos de estudo. 302 00:13:22,758 --> 00:13:25,120 Algúns eran grupos de estudo presenciais 303 00:13:25,120 --> 00:13:26,756 segundo as limitacións xeográficas 304 00:13:26,756 --> 00:13:29,818 que se reunían cada semana para traballar en series de problemas. 305 00:13:29,818 --> 00:13:31,568 Este é o grupo de San Francisco, 306 00:13:31,568 --> 00:13:33,887 pero hainos por todo o mundo. 307 00:13:33,887 --> 00:13:35,919 Outros son grupos de estudo virtuais, 308 00:13:35,919 --> 00:13:38,908 formados segundo trazos lingüísticos ou culturais 309 00:13:38,908 --> 00:13:40,352 e na parte inferior esquerda 310 00:13:40,352 --> 00:13:44,148 podedes ver o noso grupo de estudo universal e multicultural 311 00:13:44,148 --> 00:13:46,161 onde a xente explicitamente quere conectar 312 00:13:46,161 --> 00:13:48,917 con xente doutras culturas. 313 00:13:48,917 --> 00:13:51,028 Hai enormes oportunidades 314 00:13:51,028 --> 00:13:54,353 que xorden deste tipo de contexto. 315 00:13:54,353 --> 00:13:58,007 A primeira é que ten o potencial de darnos 316 00:13:58,007 --> 00:14:00,441 unha mirada sen precedentes 317 00:14:00,441 --> 00:14:02,730 para entender a aprendizaxe humana. 318 00:14:02,730 --> 00:14:06,193 Porque os datos que podemos conseguir aquí son únicos. 319 00:14:06,193 --> 00:14:10,202 Podemos analizar cada clic, cada envío de tarefas, 320 00:14:10,202 --> 00:14:14,565 cada publicación no foro de decenas de miles de estudantes. 321 00:14:14,565 --> 00:14:16,908 Así, no estudo da aprendizaxe humana 322 00:14:16,908 --> 00:14:18,841 podemos pasar de partir de hipóteses 323 00:14:18,841 --> 00:14:21,699 a traballar desde os datos, unha transformación que, 324 00:14:21,699 --> 00:14:24,740 por exemplo, revolucionou a bioloxía. 325 00:14:24,740 --> 00:14:28,294 Podemos usar estes datos para entender preguntas fundamentais 326 00:14:28,294 --> 00:14:30,574 como cales son as estratexias de aprendizaxe 327 00:14:30,574 --> 00:14:32,740 máis efectivas e cales non. 328 00:14:32,740 --> 00:14:34,980 E no contexto de cursos concretos, 329 00:14:34,980 --> 00:14:36,517 podemos facer preguntas 330 00:14:36,517 --> 00:14:39,772 como cales son as equivocacións máis comúns 331 00:14:39,772 --> 00:14:41,919 e como axudamos aos estudantes a resolvelas. 332 00:14:41,919 --> 00:14:43,133 Este é un exemplo disto, 333 00:14:43,133 --> 00:14:45,409 do curso de Aprendizaxe Automática de Andrew. 334 00:14:45,409 --> 00:14:47,597 Esta é unha distribución de respostas erradas 335 00:14:47,597 --> 00:14:49,127 para unha das tarefas de Andrew. 336 00:14:49,127 --> 00:14:51,170 As respostas resultan ser pares de números, 337 00:14:51,170 --> 00:14:53,551 así que podemos velas nesta gráfica bidimensional. 338 00:14:53,551 --> 00:14:57,149 Cada pequena cruz é unha resposta incorrecta diferente. 339 00:14:57,149 --> 00:14:59,555 A cruz grande na parte superior esquerda 340 00:14:59,555 --> 00:15:01,703 é onde 2 000 estudantes 341 00:15:01,703 --> 00:15:04,748 deron exactamente a mesma resposta incorrecta. 342 00:15:04,748 --> 00:15:07,075 Agora, se dous estudantes nunha clase de 100 343 00:15:07,075 --> 00:15:08,362 cometesen o mesmo erro, 344 00:15:08,362 --> 00:15:09,713 nunca nos decatariamos. 345 00:15:09,713 --> 00:15:12,403 Mais cando 2 000 estudantes dan a mesma resposta errada, 346 00:15:12,403 --> 00:15:13,970 é difícil non darse conta. 347 00:15:13,970 --> 00:15:16,162 Así que Andrew e os seus estudantes 348 00:15:16,162 --> 00:15:17,802 analizaron algunhas desas tarefas, 349 00:15:17,802 --> 00:15:21,770 entenderon a raíz dos equívocos 350 00:15:21,770 --> 00:15:24,290 e crearon unha mensaxe de erro específica 351 00:15:24,290 --> 00:15:26,539 que lles aparecería aos estudantes 352 00:15:26,539 --> 00:15:28,718 cuxa resposta caera nese caixón. 353 00:15:28,718 --> 00:15:30,992 É dicir, os estudantes que cometían o mesmo erro 354 00:15:30,992 --> 00:15:33,388 agora terían unha retroalimentación personalizada 355 00:15:33,388 --> 00:15:37,227 que lles diría como solucionar ese erro de xeito eficaz. 356 00:15:37,227 --> 00:15:41,038 Así que esta personalización é algo que podemos construír 357 00:15:41,038 --> 00:15:44,178 grazas a termos estes grandes números. 358 00:15:44,178 --> 00:15:46,490 A personalización é, talvez, 359 00:15:46,490 --> 00:15:48,913 unha das maiores oportunidades aquí 360 00:15:48,913 --> 00:15:51,258 porque nos permite resolver un problema 361 00:15:51,258 --> 00:15:53,948 que temos desde hai 30 anos. 362 00:15:53,948 --> 00:15:57,297 O investigador educativo Benjamin Bloom, en 1984, 363 00:15:57,297 --> 00:15:59,548 expuxo o que se chamou o problema 2 sigma, 364 00:15:59,548 --> 00:16:02,610 que observou ao estudar tres grupos de estudantes. 365 00:16:02,610 --> 00:16:06,218 O primeiro estudaba nunha aula baseada en leccións. 366 00:16:06,218 --> 00:16:08,665 O segundo era un grupo de alumnos que estudaba 367 00:16:08,665 --> 00:16:10,494 nunha aula baseada en leccións estándar 368 00:16:10,494 --> 00:16:12,824 pero cun enfoque orientado ao dominio do contido, 369 00:16:12,834 --> 00:16:15,394 onde os estudantes non podían pasar ao seguinte tema 370 00:16:15,394 --> 00:16:18,068 se non demostraban que dominaban o anterior. 371 00:16:18,068 --> 00:16:20,362 E, finalmente, había un grupo de estudantes 372 00:16:20,362 --> 00:16:24,890 aos que se lles daba instrución individual a través dun titor. 373 00:16:24,890 --> 00:16:28,162 O grupo baseado no dominio obtivo un desvío padrón total, 374 00:16:28,162 --> 00:16:30,450 ou sigma, superior en rendemento 375 00:16:30,450 --> 00:16:32,844 que o grupo baseado en leccións convencionais, 376 00:16:32,844 --> 00:16:34,988 e a titoría individual deu unha mellora 377 00:16:34,988 --> 00:16:36,818 sigma 2 en rendemento. 378 00:16:36,818 --> 00:16:38,281 Para entender o que significa, 379 00:16:38,281 --> 00:16:40,114 vexamos a clase baseada en leccións, 380 00:16:40,114 --> 00:16:43,043 tomando o rendemento medio como limiar. 381 00:16:43,043 --> 00:16:44,761 Nunha clase baseada en leccións, 382 00:16:44,761 --> 00:16:48,250 a metade dos estudantes están por riba dese limiar e a metade por baixo. 383 00:16:48,250 --> 00:16:50,348 Na instrución de titoría individual, 384 00:16:50,348 --> 00:16:55,149 o 98 % dos estudantes están por riba dese limiar. 385 00:16:55,149 --> 00:16:59,069 Imaxinade que puidésemos ensinar de xeito que o 98 % dos estudantes 386 00:16:59,069 --> 00:17:01,267 estivesen por riba da media. 387 00:17:01,267 --> 00:17:04,690 Este é o problema sigma 2. 388 00:17:04,690 --> 00:17:07,089 Porque non podemos permitirnos, como sociedade, 389 00:17:07,089 --> 00:17:10,071 proporcionarlle a cada estudante un titor humano individual. 390 00:17:10,071 --> 00:17:12,470 Mais quizais poidamos permitirnos darlle a cada un 391 00:17:12,470 --> 00:17:14,489 un computador ou un teléfono intelixente. 392 00:17:14,489 --> 00:17:16,718 A cuestión é: Como podemos usar a tecnoloxía 393 00:17:16,718 --> 00:17:19,993 para ir desde o lado esquerdo da gráfica, desde a curva azul, 394 00:17:19,993 --> 00:17:22,731 ao lado dereito coa curva verde? 395 00:17:22,731 --> 00:17:25,068 O dominio é fácil de acadar usando un computador, 396 00:17:25,068 --> 00:17:26,663 porque un computador non se cansa 397 00:17:26,663 --> 00:17:29,546 de amosar o mesmo vídeo cinco veces. 398 00:17:29,546 --> 00:17:32,797 E non se cansa de avaliar o mesmo traballo múltiples veces, 399 00:17:32,802 --> 00:17:35,828 como vimos en moitos dos exemplos que vos amosei. 400 00:17:35,828 --> 00:17:37,682 E mesmo a personalización 401 00:17:37,682 --> 00:17:39,818 é algo cuxos comezos empezamos a ver, 402 00:17:39,818 --> 00:17:43,010 a través da traxectoria personalizada polo currículo 403 00:17:43,010 --> 00:17:46,274 ou a través da retroalimentación personalizada. 404 00:17:46,274 --> 00:17:48,762 Así que o obxectivo aquí é intentar empurrar 405 00:17:48,762 --> 00:17:52,259 e ver o lonxe que podemos chegar cara á curva verde. 406 00:17:52,259 --> 00:17:57,618 Pero, se isto é tan estupendo, estarán as universidades obsoletas? 407 00:17:57,618 --> 00:17:59,780 Ben, Mark Twain pensaba iso. 408 00:17:59,920 --> 00:18:03,155 Dicía: "A universidade é un lugar onde os apuntamentos dun profesor 409 00:18:03,155 --> 00:18:05,438 van directamente aos apuntamentos dun estudante 410 00:18:05,438 --> 00:18:07,504 sen pasar polo cerebro de ningún deles." 411 00:18:07,504 --> 00:18:11,281 (Risos) 412 00:18:11,281 --> 00:18:13,949 Aínda que eu lamento disentir de Mark Twain. 413 00:18:13,949 --> 00:18:16,614 Penso que el non se queixaba 414 00:18:16,614 --> 00:18:19,364 das universidades senón do formato de clase maxistral 415 00:18:19,364 --> 00:18:22,148 en que moitas universidades invisten gran parte do tempo. 416 00:18:22,148 --> 00:18:25,067 Así que imos cara a atrás un pouco, ata Plutarco, que dixo: 417 00:18:25,067 --> 00:18:27,464 "A mente non é un recipiente que hai que encher 418 00:18:27,464 --> 00:18:29,467 senón madeira que necesita ser acendida." 419 00:18:29,467 --> 00:18:32,147 Talvez deberiamos investir menos tempo nas universidades 420 00:18:32,147 --> 00:18:34,898 a encher as mentes dos nosos estudantes con contido 421 00:18:34,898 --> 00:18:38,118 a través de leccións, e máis tempo a acender a súa creatividade, 422 00:18:38,118 --> 00:18:41,373 a súa imaxinación e as súas destrezas na resolución de problemas 423 00:18:41,373 --> 00:18:43,871 conversando, realmente, con eles. 424 00:18:43,871 --> 00:18:45,238 Entón, como o facemos? 425 00:18:45,238 --> 00:18:48,669 Facémolo a través da aprendizaxe activa na aula. 426 00:18:48,669 --> 00:18:51,118 Houbo moitos estudos, incluído este, 427 00:18:51,118 --> 00:18:53,198 que demostran que coa aprendizaxe activa, 428 00:18:53,198 --> 00:18:55,614 cando interactuamos cos nosos estudantes na aula, 429 00:18:55,614 --> 00:18:58,310 o rendemento mellora en todas as dimensións, 430 00:18:58,310 --> 00:19:00,759 en asistencia, en compromiso e en aprendizaxe 431 00:19:00,759 --> 00:19:02,814 medidos en probas estandarizadas. 432 00:19:02,814 --> 00:19:04,958 Vedes, por exemplo, que o nivel de rendemento 433 00:19:04,958 --> 00:19:07,548 case se duplica neste experimento concreto. 434 00:19:07,548 --> 00:19:11,949 Entón, quizais é así como deberiamos usar o noso tempo nas universidades. 435 00:19:11,949 --> 00:19:16,526 Para resumir, se puidésemos ofrecer unha educación de alta calidade 436 00:19:16,526 --> 00:19:18,589 para todas as persoas do mundo, de balde, 437 00:19:18,589 --> 00:19:21,250 que suporía? Tres cousas. 438 00:19:21,250 --> 00:19:24,671 Primeiro, estableceríase a educación como un dereito humano fundamental, 439 00:19:24,671 --> 00:19:26,287 calquera persoa ao redor do mundo 440 00:19:26,287 --> 00:19:27,958 con capacidades e motivación 441 00:19:27,958 --> 00:19:30,169 podería desenvolver as destrezas que precisase 442 00:19:30,169 --> 00:19:31,494 para mellorar a súa vida, 443 00:19:31,494 --> 00:19:33,681 a das súas familias e a das súas comunidades. 444 00:19:33,681 --> 00:19:36,272 Segundo, faría posible a aprendizaxe ao longo da vida. 445 00:19:36,272 --> 00:19:38,203 É unha vergoña que, para tantas persoas, 446 00:19:38,203 --> 00:19:41,405 a aprendizaxe remate ao finalizar o ensino medio ou a universidade. 447 00:19:41,405 --> 00:19:43,886 O feito de termos dispoñible este asombroso contido, 448 00:19:43,886 --> 00:19:46,629 permítenos aprender algo novo 449 00:19:46,629 --> 00:19:47,765 cando o desexemos, 450 00:19:47,765 --> 00:19:49,674 para simplemente expandir a mente 451 00:19:49,674 --> 00:19:51,153 ou para cambiar as nosas vidas. 452 00:19:51,153 --> 00:19:54,198 E, finalmente, isto faría posible unha marea de innovación, 453 00:19:54,198 --> 00:19:57,270 xa que podemos atopar un asombroso talento en calquera parte. 454 00:19:57,270 --> 00:20:00,278 Quizais o próximo Albert Einstein ou o próximo Steve Jobs 455 00:20:00,278 --> 00:20:02,893 estea vivindo nalgún lugar nunha remota aldea de África. 456 00:20:02,893 --> 00:20:05,549 E se podemos ofrecerlle a esa persoa unha educación, 457 00:20:05,549 --> 00:20:08,035 poderá ser capaz de aparecer coa próxima grande idea 458 00:20:08,035 --> 00:20:10,309 e facer do mundo un lugar mellor para todos nós. 459 00:20:10,309 --> 00:20:11,469 Moitas grazas. 460 00:20:11,469 --> 00:20:19,052 (Aplausos)