Os efectos transformadores do exercicio sobre o cerebro
-
0:01 - 0:05E se vos dixera que hai algo
que podedes facer agora mesmo -
0:05 - 0:09que tería un efecto positivo
e inmediato no voso cerebro, -
0:09 - 0:12no voso humor e concentración?
-
0:12 - 0:18E se vos dixera que pode durar moito tempo
-
0:18 - 0:20e protexer o voso cerebro
de varias enfermidades -
0:20 - 0:24como a depresión,
o alzhéimer ou a demencia? -
0:24 - 0:26Fariádelo?
-
0:26 - 0:27Si!
-
0:27 - 0:32Estou a falar dos poderosos efectos
da actividade física. -
0:32 - 0:34O simple feito de mover o corpo
-
0:34 - 0:39ten efectos inmediatos, protectores
e de longa duración no cerebro. -
0:40 - 0:42E poden durar o resto da vosa vida.
-
0:42 - 0:45Hoxe quero contarvos unha historia
-
0:45 - 0:49sobre como empreguei
os meus coñecementos de neurociencia, -
0:49 - 0:51como profesora de neurociencia,
-
0:51 - 0:54basicamente para facer
un experimento comigo mesma -
0:54 - 0:57no que descubrín
os fundamentos que explican -
0:57 - 1:01por que o exercicio é o máis transformador
-
1:01 - 1:03que podedes facer hoxe polo voso cerebro.
-
1:03 - 1:07Agora ben, como neurocientífica
sei que o noso cerebro, -
1:07 - 1:10é dicir, o que hai
dentro da nosa cabeza agora mesmo, -
1:10 - 1:15é a estrutura máis complexa
coñecida pola humanidade. -
1:15 - 1:18Pero unha cousa é falar do cerebro
-
1:18 - 1:19e outra é velo.
-
1:20 - 1:23Aquí podedes ver
un cerebro humano real conservado. -
1:23 - 1:27Mostra dúas áreas chave
das que imos falar hoxe. -
1:27 - 1:31A primeira é o córtex prefrontal,
xusto detrás da fronte, -
1:31 - 1:37fundamental para a toma de decisións,
concentración, atención ou personalidade. -
1:37 - 1:42A segunda área chave atópase
no lobo temporal, que vemos aquí. -
1:42 - 1:45Tendes dous lobos temporais no cerebro,
o dereito e o esquerdo, -
1:45 - 1:47e no fondo do lobo temporal
hai unha estrutura chave -
1:47 - 1:49que é crucial para a capacidade
-
1:49 - 1:54de formar e reter novos recordos
a longo prazo sobre feitos e sucesos. -
1:54 - 1:57Esa estrutura chámase hipocampo.
-
1:57 - 2:00O hipocampo sempre me cativou.
-
2:01 - 2:05Como pode ser que un suceso
que dura só un intre, -
2:05 - 2:08coma o primeiro bico
-
2:08 - 2:11ou o nacemento do primeiro fillo,
-
2:11 - 2:14poida formar unha lembranza
que cambie o cerebro -
2:14 - 2:17para toda a vida?
-
2:17 - 2:19Iso é o que quero entender.
-
2:19 - 2:24Quería rexistrar a actividade
de neuronas individuais -
2:24 - 2:25no hipocampo
-
2:25 - 2:28mentres os suxeitos
formaban novos recordos. -
2:28 - 2:33E tentar descifrar como eses estalidos
de actividade eléctrica, -
2:33 - 2:36que é como as neuronas
se comunican unhas con outras, -
2:36 - 2:41como eses estalidos ou ben nos permitían
formar unha lembranza, ou non. -
2:41 - 2:44Pero hai uns anos
fixen algo pouco habitual en ciencia. -
2:44 - 2:46Como catedrática de neurociencia,
-
2:46 - 2:50decidín cambiar completamente
o meu programa de investigación. -
2:51 - 2:55Foi porque atopei algo tan incrible
-
2:55 - 2:58con potencial para mudar tantas vidas
-
2:58 - 2:59que tiña que estudalo.
-
3:00 - 3:06Descubrín e experimentei cambios
no cerebro debidos ao exercicio. -
3:06 - 3:10E fíxeno de xeito totalmente accidental.
-
3:10 - 3:13A verdade é que estaba no cume
do meu traballo sobre a memoria, -
3:13 - 3:15non paraba de xurdir información,
-
3:15 - 3:20estaba facéndome coñecida no meu campo
con todo este traballo da memoria. -
3:20 - 3:23E tería que ir xenial.
Cientificamente, ía xenial. -
3:24 - 3:28Pero cando asomei a cabeza
fóra do meu laboratorio -
3:28 - 3:29decateime de algo.
-
3:30 - 3:31Non tiña vida social.
-
3:31 - 3:34Pasaba demasiado tempo
escoitando a esas neuronas -
3:34 - 3:36nun cuarto escuro eu soa.
-
3:36 - 3:37(Risas)
-
3:37 - 3:40Non movía nada o corpo.
-
3:40 - 3:42Gañara 10 quilos.
-
3:42 - 3:45E levoume moitos anos decatarme
-
3:45 - 3:47de que era moi infeliz.
-
3:47 - 3:48E non debería ser infeliz.
-
3:48 - 3:53Fun soa a unha excursión de balsismo
porque non tiña vida social. -
3:53 - 3:54E volvín
-
3:54 - 3:55(Risas)
-
3:55 - 3:59pensando: "mi madriña,
a máis débil da excursión era eu". -
3:59 - 4:00E volvín cunha misión.
-
4:00 - 4:03Dixen: "nunca máis
me vou sentir a persoa máis débil -
4:03 - 4:04nunha excursión de balsismo".
-
4:04 - 4:06E iso fíxome ir ao ximnasio.
-
4:06 - 4:10E centrei a miña personalidade de tipo A
-
4:10 - 4:13en ir a tódalas clases de exercicio
no ximnasio. -
4:13 - 4:15Probei todo.
-
4:15 - 4:19Fun a kickboxing, baile, ioga,
clases de step, -
4:19 - 4:21e o comezo foi moi duro.
-
4:21 - 4:26Pero decateime de que
tras cada adestramento -
4:26 - 4:30o meu estado de ánimo e enerxía
melloraban moitísimo. -
4:30 - 4:33E iso facíame seguir indo ao ximnasio.
-
4:33 - 4:35Comecei a me sentir máis forte.
-
4:35 - 4:39Comecei a me sentir mellor
e ata perdín eses 10 quilos. -
4:39 - 4:44Agora, despois dun ano e medio
con este programa de exercicio, -
4:45 - 4:48decateime de algo
que me fixo erguerme e prestar atención. -
4:48 - 4:51Estaba redactando a solicitude
dunhas axudas á investigación -
4:51 - 4:53e veume un pensamento á mente
-
4:53 - 4:56que nunca me viñera antes.
-
4:56 - 4:58E ese pensamento era
-
4:58 - 5:01"Que ben vai hoxe
a redacción de solicitudes de axudas!" -
5:01 - 5:02E tódolos científicos...
-
5:02 - 5:03(Risas)
-
5:03 - 5:06Tódolos científicos se rin cando o digo
-
5:06 - 5:08porque redactar de solicitudes
nunca vai ben. -
5:08 - 5:11É tan difícil, que queres arrincar
os pelos da cabeza -
5:11 - 5:14tentando pensar nunha idea millonaria.
-
5:14 - 5:17Pero deime conta
de que as solicitudes ían ben -
5:17 - 5:22porque era quen de concentrarme
e manter a atención -
5:22 - 5:24durante máis tempo que antes.
-
5:24 - 5:29E a miña memoria a longo prazo,
o que estaba a estudar no meu laboratorio, -
5:29 - 5:31parecía funcionarme mellor.
-
5:32 - 5:34Entón atei cabos.
-
5:34 - 5:39Se cadra todo o exercicio
que lle engadira á miña vida -
5:39 - 5:40cambiara o meu cerebro.
-
5:40 - 5:43Se cadra fixera un experimento comigo
sen sequera me decatar. -
5:43 - 5:45Como boa neurocientífica curiosa,
-
5:45 - 5:48fun á bibliografía a ver que atopaba
sobre o que se sabía -
5:49 - 5:51dos efectos do exercicio no cerebro.
-
5:51 - 5:55E atopei un incrible
e crecente número de fontes -
5:55 - 5:59que ilustraban todo
o que eu notara en min mesma. -
5:59 - 6:03Mellor humor, enerxía, memoria e atención.
-
6:04 - 6:06E canto máis aprendía,
-
6:06 - 6:09máis me decataba
do poderoso que era o exercicio. -
6:09 - 6:12Isto acaboume levando á gran decisión
-
6:12 - 6:16de mudar completamente
o enfoque da miña investigación. -
6:16 - 6:21E agora, varios anos despois
de centrarme nesta cuestión, -
6:21 - 6:24cheguei á seguinte conclusión:
-
6:24 - 6:27o exercicio é o máis transformador
-
6:28 - 6:30que podedes facer hoxe polo voso cerebro
-
6:30 - 6:32polas tres razóns seguintes.
-
6:32 - 6:36Número un: ten efectos inmediatos
no voso cerebro. -
6:36 - 6:38Adestrar unha soa vez
-
6:38 - 6:41aumentará inmediatamente
os niveis de neurotransmisores -
6:41 - 6:45como dopamina, serotonina e noradrenalina.
-
6:45 - 6:48Iso mellorará o voso humor
xusto ao rematar o adestramento, -
6:48 - 6:50exactamente o que eu sentía.
-
6:50 - 6:52O meu laboratorio amosou
que un só adestramento -
6:52 - 6:56pode mellorar a vosa capacidade
para desprazar e centrar a atención, -
6:56 - 7:00e esa mellora na concentración
durará polo menos dúas horas. -
7:00 - 7:01Finalmente, os estudos amosan
-
7:02 - 7:05que un só adestramento
mellorará a vosa velocidade de reacción, -
7:05 - 7:06o que significa
-
7:06 - 7:10que ides ser máis rápidos
collendo a cunca de Starbucks -
7:10 - 7:11que está a caer da barra,
-
7:11 - 7:13e iso é importantísimo.
-
7:13 - 7:14(Risas)
-
7:14 - 7:18Pero estes efectos inmediatos
son transitorios, axudan no momento. -
7:19 - 7:21Tendes que facer o que fixen eu,
-
7:21 - 7:25cambiar o voso plan de exercicio,
aumentar a función cardiorrespiratoria -
7:25 - 7:27para obter os efectos de longa duración.
-
7:27 - 7:29Estes efectos son de longa duración
-
7:29 - 7:34porque o exercicio cambia de verdade
a anatomía do cerebro, -
7:34 - 7:36a súa fisioloxía e a súa función.
-
7:36 - 7:40Comecemos coa miña área favorita
do cerebro, o hipocampo. -
7:40 - 7:42O hipocampo,
-
7:42 - 7:46ou máis ben o exercicio,
crea novas neuronas, -
7:46 - 7:51novas neuronas que aumentan o seu volume
-
7:51 - 7:55ao tempo que melloran
a memoria a longo prazo, -
7:55 - 7:58a vosa e máis a miña.
-
7:58 - 8:02Número dous: a descuberta máis común
nos estudos de neurociencia -
8:02 - 8:05sobre os efectos do exercicio
a longo prazo -
8:05 - 8:09é a mellora na función de atención
que depende do córtex prefrontal. -
8:09 - 8:12Non só obtedes
mellor concentración e atención -
8:12 - 8:15senón que o volume do hipocampo
tamén aumenta. -
8:15 - 8:20E finalmente, non só obtedes
efectos inmediatos no humor co exercicio, -
8:20 - 8:22senón que duran moito máis.
-
8:22 - 8:27Obtedes incrementos de longa duración
neses neurotransmisores do bo humor. -
8:28 - 8:32Pero, en realidade,
o máis transformador do exercicio -
8:33 - 8:36é o seu efecto protector do cerebro.
-
8:36 - 8:39Podedes pensar no cerebro
coma nun músculo. -
8:39 - 8:40Canto máis adestredes,
-
8:40 - 8:45máis grandes e fortes se volven
o hipocampo e o córtex prefrontal. -
8:46 - 8:47Por que é importante?
-
8:47 - 8:50Porque o córtex prefrontal e o hipocampo
-
8:50 - 8:56son as dúas áreas máis susceptíbeis
ante as enfermidades neurodexenerativas -
8:56 - 8:58e a deterioración cognitiva normal
da idade. -
8:59 - 9:02Así que con máis exercicio
ao longo da vosa vida -
9:02 - 9:05non ides curar a demencia ou o alzhéimer,
-
9:05 - 9:08pero si ides facer
-
9:08 - 9:10o hipocampo e o córtex prefrontal
máis grandes e fortes -
9:11 - 9:15polo que a estas enfermidades
lles levará máis tempo facer efecto. -
9:16 - 9:18Entón, podedes pensar no exercicio
-
9:18 - 9:24coma nun superplan de pensións
para o voso cerebro. -
9:24 - 9:27E é aínda mellor, porque é de balde.
-
9:28 - 9:31Este é o momento da conferencia
en que todo o mundo di: -
9:31 - 9:33"Que interesante, Wendy,
-
9:33 - 9:35pero só me importa unha cousa.
-
9:36 - 9:39Só quero que me digas
a cantidade mínima de exercicio -
9:39 - 9:41que preciso para obter estes cambios."
-
9:41 - 9:42(Risas)
-
9:42 - 9:45Así que vou responder a esa pregunta.
-
9:45 - 9:49Boas novas: non hai que ser triatleta
para obter estes efectos. -
9:50 - 9:54Como regra xeral, hai que adestrar
tres ou catro veces á semana -
9:54 - 9:57durante un mínimo de 30 minutos por sesión
-
9:58 - 10:00e hai que facer exercicio aeróbico.
-
10:00 - 10:02É dicir, acelerar o ritmo cardíaco.
-
10:02 - 10:05E a boa nova é
que non precisades ir ao ximnasio -
10:05 - 10:07e pagar unha cota carísima.
-
10:07 - 10:10Engadídelle unha volta máis
á vosa camiñada. -
10:10 - 10:13Se vedes escaleiras, subídeas.
-
10:13 - 10:17Pasar a aspiradora a bo ritmo
pode ser tan bo coma a clase de aeróbic -
10:17 - 10:19á que queriades ir no ximnasio.
-
10:20 - 10:24Pasei de pioneira da memoria
-
10:24 - 10:26a exploradora do exercicio.
-
10:26 - 10:29Pasei do funcionamento
máis recóndito do cerebro -
10:30 - 10:34a tentar entender como o exercicio
pode mellorar o funcionamento do cerebro -
10:34 - 10:37e o meu obxectivo no meu laboratorio
agora mesmo -
10:37 - 10:40é ir máis alá da regra xeral da que falei
-
10:40 - 10:42--3 ou 4 veces á semana, 30 minutos--.
-
10:42 - 10:47Quero entender
a cantidade óptima de exercicio -
10:47 - 10:51para vós, á vosa idade,
coa vosa condición física -
10:51 - 10:53e cos vosos antecedentes xenéticos,
-
10:53 - 10:57para maximizar
os efectos do exercicio hoxe -
10:57 - 11:02e tamén para mellorar o cerebro
e protexelo o mellor posible -
11:02 - 11:04durante o resto da vosa vida.
-
11:04 - 11:08Pero unha cousa é falar de exercicio
e outra é facelo. -
11:08 - 11:12Vou empregar o meu poder
como instrutora de exercicio cualificada -
11:12 - 11:13para pedirvos que vos levantedes.
-
11:13 - 11:15(Risas)
-
11:15 - 11:17Imos facer un só minuto de exercicio.
-
11:17 - 11:21Facede o que eu faga
e dicide o que eu diga -
11:21 - 11:24e tende coidado
de non lle pegar ao veciño. -
11:24 - 11:25Música!
-
11:25 - 11:27(Música animada)
-
11:27 - 11:31Cinco, seis, sete, oito,
dereita, esquerda, dereita, esquerda. -
11:31 - 11:36E digo: agora son forte.
-
11:36 - 11:37Agora vós.
-
11:37 - 11:40Público: agora son forte.
-
11:40 - 11:44Wendy Suzuki: mozas,
son forte coma a Muller Marabilla. -
11:44 - 11:45Agora vós.
-
11:45 - 11:48Público: son forte
coma a Muller Marabilla. -
11:48 - 11:51WS: movemento novo,
gancho, dereita e esquerda. -
11:51 - 11:55Agora estoume motivando. Tócavos!
-
11:55 - 11:58Público: agora estoume motivando.
-
11:58 - 12:02WS: último movemento, cara a abaixo,
dereita e esquerda, dereita e esquerda. -
12:02 - 12:07Estou que me saio! Agora vós.
-
12:07 - 12:10Público: estou que me saio.
-
12:10 - 12:13WS: Xa está! Ben feito!
-
12:13 - 12:18(Aplauso)
-
12:18 - 12:20Grazas.
-
12:20 - 12:22Vouvos deixar cunha última idea.
-
12:22 - 12:26Incluír o exercicio na vosa vida
-
12:26 - 12:31non só vos protexerá
e vos fará máis felices hoxe -
12:31 - 12:35senón que tamén protexerá o voso cerebro
de enfermidades incurables. -
12:36 - 12:41E dese xeito
mudará a traxectoria da vosa vida -
12:41 - 12:42para mellor.
-
12:42 - 12:43Moitas grazas.
-
12:43 - 12:46(Aplausos)
-
12:46 - 12:48Grazas.
-
12:48 - 12:49(Aplausos)
- Title:
- Os efectos transformadores do exercicio sobre o cerebro
- Speaker:
- Wendy Suzuki
- Description:
-
Que é o máis transformador que podes facer hoxe polo teu cerebro? Exercicio! afirma a neurocientífica Wendy Suzuki. Motívate para ir ao ximnasio con Suzuki, que explica como, segundo a ciencia, facer exercicio mellora o humor e a memoria, ademais de protexer o cerebro contra enfermidades neurodexenerativas coma o alzhéimer.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:02
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise | |
![]() |
Alejandra Pazos edited Galician subtitles for The brain-changing benefits of exercise |