< Return to Video

Que é a cor?

  • 0:14 - 0:18
    Unha das propiedades máis impresionantes
    da vida é que ten cor.
  • 0:18 - 0:22
    Para entender o fenómeno da cor,
    podemos pensar na luz como unha onda.
  • 0:22 - 0:25
    Pero, antes de chegar aí,
  • 0:25 - 0:28
    falemos un pouco das ondas en xeral.
  • 0:28 - 0:33
    Imaxinade que estades sentados nun bote,
    mirando unha rolla que sobe e baixa.
  • 0:33 - 0:36
    O primeiro en que vos fixades é
    en que este movemento é repetitivo.
  • 0:36 - 0:42
    A rolla fai o mesmo camiño unha vez
    e outra... sobe e baixa, sobe e baixa.
  • 0:42 - 0:47
    Este movemento repetitivo ou periódico
    é característico das ondas.
  • 0:47 - 0:48
    Entón, decatádesvos de algo máis...
  • 0:48 - 0:52
    usando un cronómetro, medides o tempo
    que tarda a rolla
  • 0:52 - 0:56
    en ir do punto máis alto
    ao máis baixo, e ao revés.
  • 0:56 - 0:58
    Supoñamos que lle leva dous segundos.
  • 0:58 - 1:03
    Na lingua dos físicos, o que medistes é
    o período das ondas en que a rolla aboia.
  • 1:03 - 1:07
    É dicir, canto tarda a onda en percorrer
    unha vez o seu ciclo de movemento.
  • 1:07 - 1:13
    Isto pode expresarse doutro xeito
    calculando a frecuencia da onda.
  • 1:13 - 1:17
    A frecuencia, como o seu nome suxire,
    indica como son de frecuentes as ondas;
  • 1:17 - 1:20
    É dicir, cantas pasan nun segundo.
  • 1:20 - 1:23
    Se sabemos cantos segundos tarda
    unha onda enteira,
  • 1:23 - 1:26
    entón, é doado determinar cantas
    pasan nun segundo.
  • 1:26 - 1:33
    Neste caso, se cada onda tarda 2 segundos
    a frecuencia é de 0,5 ondas por segundo.
  • 1:33 - 1:37
    Abonda de falar de rollas aboiando...
    Que pasa coa luz e a cor?
  • 1:37 - 1:39
    Se a luz é unha onda,
    debe ter unha frecuencia, non si?
  • 1:39 - 1:41
    Si, efectivamente.
  • 1:41 - 1:45
    E xa hai un nome para a frecuencia
    de luz que detectan os nosos ollos.
  • 1:45 - 1:47
    Chamámoslle "cor".
  • 1:47 - 1:51
    Así é. A cor non é máis que unha medida
    do rápido que as ondas de luz ondean.
  • 1:51 - 1:54
    Se os ollos fosen rápidos abondo
    poderiamos ver directamente
  • 1:54 - 1:56
    este movemento periódico,
  • 1:56 - 1:58
    igual que podemos ver a rolla e o océano.
  • 1:58 - 2:00
    Pero a frecuencia da luz que vemos
    é tan alta,
  • 2:00 - 2:04
    -ondea arriba e abaixo uns 400 billóns
    de veces por segundo-
  • 2:04 - 2:09
    que non podemos vela como unha onda.
    Pero podemos dicir, observando a súa cor,
  • 2:09 - 2:11

    que frecuencia ten.
  • 2:11 - 2:15
    A frecuencia máis baixa que podemos ver
    é o vermello, e a máis alta, o violeta.
  • 2:15 - 2:19
    No medio, as outras frecuencias forman
    unha banda continua de cor:
  • 2:19 - 2:20
    o especto visible.
  • 2:21 - 2:24
    Por tanto, que pasa se un ten
    un lápis amarelo sobre o seu escritorio?
  • 2:24 - 2:29
    O sol emite todas as cores da luz, así que
    luz de todas as cores chega ao lápis.
  • 2:29 - 2:34
    Vemos o lapis amarelo porque reflicte
    a luz amarela máis ca as outras cores.
  • 2:34 - 2:37
    E a luz azul, a violeta e a vermella?
  • 2:37 - 2:41
    Son absorbidas e a enerxía que transportan
    convértese en calor.
  • 2:41 - 2:43
    E o mesmo con obxectos doutras cores.
  • 2:43 - 2:46
    As cousas azuis reflicten luz azul,
    as vermellas, a luz vermella, etc.
  • 2:46 - 2:49
    Os obxectos brancos reflicten
    todas as cores da luz,
  • 2:49 - 2:53
    mentres que os negros fan ao revés
    e absorben todas as frecuencias.
  • 2:53 - 2:57
    E por iso che é incómodo poñer
    a túa camiseta favorita de Metallica
  • 2:57 - 2:59
    nun día solleiro.
Title:
Que é a cor?
Speaker:
Colm Kelleher
Description:

Pode ver a lección completa en: http://ed.ted.com/lessons/how-do-we-see-color-colm-kelleher

Pensou algunha vez que é a cor? Nesta primeira entrega da serie sobre a luz, Colm Kelleher describe a física que está detrás das cores: por que as cores que observamos teñen relación co período de movemento e a frecuencia das ondas.

Lección de Colm Kelleher, animación de Vitreous.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
03:10
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for What is color?
Show all

Galician subtitles

Revisions