O alzhéimer non é o envellecemento normal, e podémolo curar
-
0:01 - 0:03No ano 1901
-
0:03 - 0:06unha muller chamada Auguste
foi levada a un psiquiátrico de Frankfurt. -
0:07 - 0:08Auguste deliraba
-
0:09 - 0:12e non lembraba nin os detalles
máis básicos da súa vida. -
0:12 - 0:14O seu médico chamábase Alois.
-
0:16 - 0:18Alois non sabía cómo axudarlle a Auguste,
-
0:18 - 0:22pero mirou por ela ata que,
por desgraza, ela faleceu en 1906. -
0:23 - 0:25Logo de que morrera,
Alois realizoulle unha autopsia -
0:25 - 0:28e atopou placas e enguedellos estraños
no cerebro de Auguste, -
0:29 - 0:31como nunca tal vira.
-
0:31 - 0:33Pero hai algo aínda máis rechamante.
-
0:34 - 0:37Se Auguste estivese viva hoxe,
-
0:38 - 0:43non lle daríamos prestado máis axuda
da que Alois puido darlle hai 114 anos. -
0:44 - 0:48Alois era o Dr. Alois Alzheimer.
-
0:49 - 0:50E Auguste Deter
-
0:51 - 0:55foi a primeira doente diagnosticada co que
agora chamamos enfermidade de Alzheimer. -
0:56 - 0:59Desde 1901 a medicina leva avanzado moito.
-
0:59 - 1:03Descubrimos antibióticos e vacinas
para protexérmonos das infeccións, -
1:03 - 1:07moitos tratamentos para o cancro,
antirretrovirais para o VIH, -
1:07 - 1:10estatinas para as doenzas cardíacas,
e moito máis. -
1:11 - 1:18Pero practicamente non progresamos nada
tratando a enfermidade de Alzheimer. -
1:18 - 1:20Pertenzo a un equipo científico
-
1:20 - 1:24que vén traballando na busca dunha cura
ao Alzheimer desde hai máis dunha década. -
1:24 - 1:26Así que penso nisto todo o tempo.
-
1:26 - 1:30O alzhéimer afecta actualmente
a 40 millóns de persoas no mundo. -
1:30 - 1:36Pero en 2050 afectará a 150 millóns...
-
1:36 - 1:40incluídos, por certo, moitos de vostedes.
-
1:41 - 1:44Se esperan vivir ata os 85 ou máis,
-
1:45 - 1:47a súa probabilidade de ter alzhéimer
-
1:47 - 1:50será case de unha entre dúas.
-
1:52 - 1:55Noutras palabras, o máis probable
é que pasen os seus anos dourados -
1:55 - 1:57ou padecendo alzhéimer
-
1:57 - 2:01ou axudando a coidar dun amigo
ou dalgún ser querido que o padece. -
2:02 - 2:04Só nos Estados Unidos de América,
-
2:05 - 2:09a atención do alzhéimer custa xa
200 mil millóns de dólares cada ano. -
2:10 - 2:14Un de cada cinco dólares de Medicare
gástase no alzhéimer. -
2:15 - 2:17É hoxe a doenza máis cara,
-
2:18 - 2:21e prevese que os custos
se multiplicarán por cinco en 2050, -
2:21 - 2:23ao envellecer a xeración do baby boom.
-
2:24 - 2:27Talvez lles sorprenda que, falando claro,
-
2:27 - 2:32o alzhéimer sexa un dos meirandes desafíos
médicos e sociais da nosa xeración. -
2:33 - 2:35Mais fixemos relativamente
pouco para afrontalo. -
2:36 - 2:39Hoxe, das dez primeiras
causas de morte no mundo, -
2:40 - 2:47o alzhéimer é a única que non somos
quen de previr, curar ou mesmo frear. -
2:48 - 2:51Entendemos menos do alzhéimer
que doutras doenzas -
2:52 - 2:55porque investimos menos
tempo e diñeiro en investigalo. -
2:55 - 2:59O goberno estadounidense
gasta cada ano dez veces máis -
2:59 - 3:02na investigación do cancro
que na do alzhéimer -
3:02 - 3:05malia custarnos máis o alzhéimer
-
3:06 - 3:11e causar cada ano un número
de mortes semellante ao cancro. -
3:12 - 3:16A falta de recursos xorde
dunha causa máis fundamental: -
3:16 - 3:17a falta de conciencia.
-
3:19 - 3:22Porque velaquí o que poucos saben,
pero todos deberían saber: -
3:23 - 3:25o alzhéimer é unha doenza,
-
3:26 - 3:28e podemos curala.
-
3:28 - 3:31A maior parte dos últimos 114 anos
-
3:31 - 3:33todos, incluídos os científicos,
-
3:33 - 3:36confundiron o alzhéimer co envellecemento.
-
3:36 - 3:38Críamos que quedar senil
-
3:38 - 3:40era unha parte normal
e inevitable de ir vello. -
3:41 - 3:43Pero abonda con ver unha imaxe
-
3:43 - 3:47dun cerebro vello san comparado
co cerebro dun doente de alzhéimer -
3:47 - 3:50para decatarse do dano físico
certo causado por esta doenza. -
3:51 - 3:55Amais de provocar unha grave perda
da memoria e das capacidades mentais, -
3:55 - 3:57o dano cerebral causado polo alzhéimer
-
3:57 - 4:00reduce sensiblemente a esperanza de vida
-
4:00 - 4:02e sempre é fatal.
-
4:02 - 4:06Recorden que o Dr. Alzheimer atopou
placas e enguedellos estraños -
4:06 - 4:08no cerebro de Auguste hai un século.
-
4:08 - 4:11Durante case un século,
non soubemos moito acerca deles. -
4:12 - 4:15Hoxe sabemos que están feitos
de moléculas proteicas. -
4:16 - 4:17Imaxínense unha molécula proteica
-
4:17 - 4:21como un papel que normalmente se prega
nunha elaborada figura de papiroflexia. -
4:22 - 4:24No papel hai partes apegadizas
-
4:25 - 4:30e cando se prega axeitadamente,
estas partes apegadizas acaban dentro. -
4:30 - 4:34Pero ás veces as cousas saen mal,
e algunhas partes apegadizas quedan fóra. -
4:34 - 4:37Isto causa que as moléculas proteicas
se peguen unhas ás outras, -
4:37 - 4:41formando masas que co tempo
forman placas e enguedellos grandes. -
4:42 - 4:44Iso é o que vemos nos cerebros
dos doentes con alzhéimer. -
4:45 - 4:48Pasamos os últimos dez anos
na Universidade de Cambridge -
4:48 - 4:51tratando de entender
como funciona esta anomalía. -
4:52 - 4:56Hai moitos pasos, e identificar o paso
que cómpre bloquear é complexo. -
4:57 - 4:58Como desactivar unha bomba.
-
4:59 - 5:01Cortar un cable podería non facer nada.
-
5:01 - 5:03Cortar outros pode facer explotar a bomba.
-
5:04 - 5:06Temos que dar co paso
que cómpre bloquear, -
5:06 - 5:08e logo crear un fármaco que o faga.
-
5:09 - 5:11Ata hai pouco, case todo o que fixemos
-
5:11 - 5:13foi cortar cables e confiar na sorte.
-
5:14 - 5:16Pero agora xuntamos
un grupo diverso de persoas: -
5:16 - 5:19médicos, biólogos, xenetistas, químicos,
-
5:19 - 5:22físicos, enxeñeiros e matemáticos.
-
5:22 - 5:26E xuntos, conseguimos identificar
un paso esencial no proceso -
5:26 - 5:30e estamos agora probando unha nova clase
de fármacos para bloquear xusto este paso -
5:31 - 5:32e deter a enfermidade.
-
5:32 - 5:35Permítanme amosarlles algúns
dos nosos últimos resultados. -
5:35 - 5:38Ninguén fóra do noso
laboratorio os viu aínda. -
5:38 - 5:43Vexamos uns vídeos do que pasou
cando probamos estes fármacos en vermes. -
5:43 - 5:44Estes son vermes sans,
-
5:44 - 5:47e poden velos moverse normalmente.
-
5:48 - 5:50Estes vermes, porén,
-
5:50 - 5:54teñen neles moléculas proteicas pegadas,
-
5:54 - 5:55como os humanos con alzhéimer,
-
5:55 - 5:58e poden ver que están claramente doentes.
-
5:58 - 6:03Pero se lles damos a estes vermes
o noso novo fármaco nunha fase temperá, -
6:03 - 6:04vemos que están sans,
-
6:04 - 6:07e a súa vida dura o normal.
-
6:07 - 6:09Este é só un primeiro resultado positivo,
-
6:09 - 6:11pero investigacións coma esta amosan
-
6:11 - 6:15que o alzhéimer é unha enfermidade
que podemos entender e podemos curar. -
6:16 - 6:19Logo de 114 anos de espera,
-
6:19 - 6:21hai por fin unha esperanza real
do que pode acadarse -
6:21 - 6:23nos vindeiros 10 ou 20 anos.
-
6:24 - 6:26Pero para alimentar esa esperanza,
-
6:26 - 6:27para acabar vencendo ao alzhéimer,
-
6:28 - 6:29necesitamos axuda.
-
6:29 - 6:31Non é cousa dos científicos coma min;
-
6:31 - 6:32é cousa de vostedes.
-
6:33 - 6:36Necesitámolos para espertar a conciencia
de que o alzhéimer é unha doenza -
6:36 - 6:39e de que se o intentamos podemos vencela.
-
6:39 - 6:40No caso doutras doenzas,
-
6:40 - 6:44os pacientes e as súas familias
lideraron a demanda de máis investigación -
6:44 - 6:47e fixeron presión sobre os gobernos,
a industria farmacéutica, -
6:47 - 6:49os científicos e os lexisladores.
-
6:49 - 6:54Iso foi esencial para progresar
no tratamento do VIH a fins dos 80. -
6:54 - 6:58Hoxe vemos o mesmo impulso
para combater co cancro. -
6:58 - 7:03Pero moitos doentes de alzhéimer
non poden defenderse por si mesmos. -
7:03 - 7:07E as súas familias, as vítimas ocultas,
a coidar aos seres queridos día e noite, -
7:07 - 7:10están a miúdo demasiado cansas
para saír defender o cambio. -
7:11 - 7:14Así que de feito depende de vostedes.
-
7:16 - 7:19O alzhéimer non é, polo xeral,
unha enfermidade xenética. -
7:19 - 7:21Quenquera que teña cerebro está en risco.
-
7:22 - 7:26Hoxe hai 40 millóns
de doentes como Auguste, -
7:27 - 7:30que non poden por si mesmos
crear o cambio que necesitan. -
7:30 - 7:31Axuden a defendelos,
-
7:32 - 7:34e axuden a reclamar unha cura.
-
7:35 - 7:36Grazas.
-
7:37 - 7:40(Aplausos)
- Title:
- O alzhéimer non é o envellecemento normal, e podémolo curar
- Speaker:
- Samuel Cohen
- Description:
-
Hai máis de 40 millóns de enfermos de alzhéimer no mundo, e estímase que nos vindeiros anos esa cifra vai aumentar de forma drástica. Porén, apenas se levan producido verdadeiros avances no tratamento desta enfermidade desde que se identificou hai xa máis dun século. O científico Samuel Cohen presenta un importante paso adiante dado polo seu laboratorio na investigación sobre o alzhéimer e envía unha mensaxe de esperanza: "O alzhéimer é unha enfermidade, e podémola curar".
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 07:53