O que realmente importa ao final da vida
-
0:02 - 0:05Todos precisamos dunha razón
para erguernos. -
0:07 - 0:09A min, costoume soamente 11.000 voltios.
-
0:11 - 0:13Son educados demais
para preguntar, -
0:13 - 0:14así que contareillelo.
-
0:15 - 0:18Unha noite do segundo ano de universidade,
-
0:18 - 0:21ao volver de acción de grazas,
-
0:21 - 0:24estaba cuns amigos armando
barullo -
0:24 - 0:28e decidín subir ao teito
dun tren de cercanías aparcado. -
0:28 - 0:31Estaba alí,
cos cables enriba del. -
0:31 - 0:34Por algunha razón, pareceume
unha idea moi boa. -
0:35 - 0:37Certo é que fixeramos cousas máis
estúpidas. -
0:38 - 0:41Subín pola escaleira de atrás
-
0:41 - 0:43e cando me puxen de pé,
-
0:43 - 0:47a corrente eléctrica entroume polo brazo,
-
0:47 - 0:49derriboume e saiume polos pés
e iso foi todo. -
0:52 - 0:54Poden crer que ese reloxo aínda funciona?
-
0:56 - 0:57Costoume unha malleira!
-
0:57 - 0:58(Risas)
-
0:58 - 1:01O meu pai lévao agora en solidariedade.
-
1:03 - 1:09Esa noite comezou a miña relación
coa morte (a miña morte), -
1:09 - 1:13e a miña carreira
como paciente. -
1:13 - 1:14É unha boa palabra.
-
1:14 - 1:16Paciente significa o que sufre.
-
1:17 - 1:18Creo que todos o somos.
-
1:20 - 1:22Agora, o sistema sanitario americano
-
1:22 - 1:25ten unha máis que xusta taxa
de disfunción, -
1:25 - 1:27equiparable á súa brillantez.
-
1:28 - 1:32Agora son médico, un doutor
de coidados terminais e paliativos, -
1:32 - 1:34polo que coñezo as dúas partes.
-
1:35 - 1:39Créanme: case todos os que acuden
aos servizos sanitarios, -
1:39 - 1:42van realmente, quero dicir, de verdade.
-
1:43 - 1:47Pero os que traballamos neles,
somos tamén axentes involuntarios -
1:47 - 1:51dun sistema que non funciona
demasiado a miúdo. -
1:52 - 1:53Por que?
-
1:54 - 1:57Bueno, a resposta para esa pregunta
é sinxela -
1:57 - 1:59e explica moitas cousas:
-
1:59 - 2:05os servizos sanitarios céntranse
nas enfermidades, non nas persoas. -
2:06 - 2:09Por iso, obviamente,
deseñáronse mal. -
2:10 - 2:16E non hai un intre no que o mal deseño
sexa máis descorazonador -
2:16 - 2:20ou máis atractiva a posibilidade
dun bo deseño -
2:20 - 2:22que ao final da vida,
-
2:22 - 2:25momento no que as cousas son tan intensas.
-
2:26 - 2:28Non hai segundas oportunidades.
-
2:30 - 2:35O meu obxectivo hoxe é superar
as distintas disciplinas -
2:35 - 2:39e convidar ao pensamento creativo
a esta conversa. -
2:39 - 2:45É dicir, atraer as boas intencións
e a creatividade -
2:45 - 2:48á experiencia de morrer.
-
2:49 - 2:53Temos unha oportunidade tremenda
diante de nós, -
2:53 - 2:58ante un dos poucos temas universais
-
2:58 - 3:01que nos afecta como individuos
e como sociedade: -
3:01 - 3:05repensar e redeseñar como morremos.
-
3:07 - 3:10Así que comecemos polo final.
-
3:12 - 3:16Á maioría, o que máis medo lle dá
de morrer, non é a morte, -
3:16 - 3:17é estar morrendo, sufrindo.
-
3:18 - 3:19Esa é a principal diferenza.
-
3:20 - 3:23Para chegar ao fondo disto,
pode axudar moito -
3:23 - 3:27coñecer o sufrimento,
que é preciso tal como é -
3:27 - 3:30porque grazas a el podése cambiar.
-
3:30 - 3:36O pasado é unha parte esencial da vida,
é unha parte da experiencia, -
3:36 - 3:41á que lle hai que facer sitio,
adaptarse e crecer grazas a ela. -
3:43 - 3:48É moi bo comprender forzas
que son superiores a nós. -
3:49 - 3:52Achega proporcionalidade,
-
3:52 - 3:55como un redimensionamento cósmico.
-
3:57 - 3:59Despois de perder as miñas extremidades,
-
3:59 - 4:04esa perda, por exemplo,
converteuse nun feito, permanente -
4:04 - 4:07e que é necesariamente parte da miña vida
-
4:07 - 4:13e aprendín que non podía rexeitar
este feito máis que a min mesmo. -
4:15 - 4:18Levoume un pouco,
pero co tempo entendino. -
4:19 - 4:21Agora, outra gran cousa sobre
o sufrimento necesario -
4:21 - 4:24é que é o único
-
4:24 - 4:30que une ao coidador e ao coidado,
-
4:30 - 4:31ambos seres humanos.
-
4:33 - 4:37Neste punto é cando se
produce a curación. -
4:38 - 4:41Si, a compaixón, literalmente,
-
4:41 - 4:43sufrir xuntos.
-
4:45 - 4:48Agora, con respecto aos sistemas,
-
4:48 - 4:52tanto sufrimento é innecesario,
inventado -
4:52 - 4:55e non serve para nada.
-
4:55 - 4:59Pero a boa noticia é que, desde que
se inventou a marca do sufrimento, -
4:59 - 5:00podemos cambialo.
-
5:02 - 5:04Podemos influír no xeito
de morrer. -
5:06 - 5:10Facer que o sistema sexa sensible
en canto á diferenza -
5:10 - 5:14entre o sufrimento necesario
e o innecesario -
5:14 - 5:18danos a primeira das tres cuestións
sobre o deseño que abordaremos hoxe. -
5:18 - 5:23A fin de contas, a nosa función como
coidadores, persoas que coidan -
5:23 - 5:28é aliviar a dor, non acrecentala.
-
5:30 - 5:32Segundo as bases do
coidado paliativo, -
5:32 - 5:36eu son como un defensor reflexivo
-
5:36 - 5:38e á vez un médico prescriptor.
-
5:39 - 5:45Un inciso: os coidados paliativos son un
eido moi importante e incomprendido -
5:45 - 5:48xa que non se limitan aos coidados
durante a fin da vida, -
5:48 - 5:50non se limitan a fases terminais.
-
5:51 - 5:54Tratáse, sinxelamente, de vivir
cómodamente e ben en calquera momento. -
5:55 - 5:58Así que saiban que non teñen que
estar a morrer -
5:58 - 6:00para beneficiarse dos paliativos.
-
6:01 - 6:04Agora, permítanme presentarlles a Frank.
-
6:06 - 6:07Serve como exemplo.
-
6:07 - 6:09Frank é o meu paciente desde hai anos.
-
6:09 - 6:13Vive cun cancro de próstata en fase
avanzada e con VIH desde hai tempo. -
6:14 - 6:16Traballamos na dor de ósos e na fatiga,
-
6:16 - 6:21mais sobre todo conversamos
sobre a súa vida -
6:21 - 6:22en serio, sobre a vida.
-
6:23 - 6:25Isto alivia a Frank.
-
6:25 - 6:29Deste xeito, acepta as súas perdas
a medida que se suceden -
6:29 - 6:32e así está preparado para asimilar
o que está por vir. -
6:34 - 6:38A perda é unha cousa,
o pesar é outra ben distinta. -
6:39 - 6:41Frank foi sempre un aventureiro.
-
6:41 - 6:44Parece saído dun cadro de
Norman Rockwell -
6:44 - 6:46e non un afeccionado ao pesar.
-
6:47 - 6:49Por iso non me sorprendeu cando un día
chegou á clínica -
6:49 - 6:52e dixo que quería facer o descenso
do río Colorado. -
6:53 - 6:55Era unha boa idea?
-
6:55 - 6:59Tendo en conta os riscos para a súa saúde
e a súa seguridade, moitos dirían que non. -
6:59 - 7:03Moitos dixérono, pero fixémolo,
mentres el aínda era capaz. -
7:04 - 7:08Foi unha excursión marabillosa, gloriosa:
-
7:09 - 7:14auga xeada, calor abrasadora,
escorpións, serpes, -
7:14 - 7:18bramidos da fauna que
saían do Gran Canón... -
7:20 - 7:23Todas as caras do mundo,
fóra do noso control. -
7:24 - 7:26A decisión de Frank, foi dramática
-
7:26 - 7:29pero é exactamente a mesma
que moitos tomariamos, -
7:29 - 7:35se tivésemos a oportunidade de saber
que é o mellor para nós. -
7:37 - 7:41Moitas das cousas das que estamos a falar
son cuestión de perspectiva. -
7:43 - 7:45Despois do accidente,
ao volver á universidade, -
7:45 - 7:47cambiei de carreira para
estudar historia da arte. -
7:48 - 7:52Mentres estudaba arte visual,
aprendín como mirar -
7:54 - 7:57unha lección enorme para un rapaz
que non era quen de cambiar, -
7:57 - 7:59e que o cambia o que estaba vendo.
-
8:01 - 8:04A perspectiva é a clase de alquimia coa
que os humanos podemos xogar -
8:04 - 8:07e converter a angustia nunha flor.
-
8:10 - 8:14Avancemos: actualmente traballo nun lugar
incrible en San Francisco -
8:14 - 8:16que é o Proxecto Zen de Hospital
para terminais, -
8:16 - 8:20onde temos un pequeno ritual
que axuda a cambiar a perspectiva. -
8:20 - 8:23Cando un dos residentes morre,
-
8:23 - 8:28os homes da funeraria veñen e, cando
cando se está a sacar o corpo polo xardín, -
8:28 - 8:30dirixíndose á porta, paramos.
-
8:30 - 8:32Calquera que o desexa
-
8:32 - 8:35(outros residentes, familia,
enfermeiros, voluntarios, -
8:35 - 8:37os condutores dos coches fúnebres...)
-
8:37 - 8:42comparte unha historia, unha canción
ou un silencio -
8:42 - 8:45mentres cubrimos o corpo con pétalos
de flores. -
8:45 - 8:47Leva uns minutos
-
8:47 - 8:53e é unha imaxe sinxela e delicada
para pasar acompañar a dor co cariño, -
8:53 - 8:55no canto de con desprezo.
-
8:56 - 8:59Comparen iso co que adoita acontecer
nun hospital: -
9:01 - 9:06unha habitación iluminada, chea de tubos
e alarmas -
9:06 - 9:10e luces que non deixan de capelexar,
mesmo cando a vida dos pacientes cesou. -
9:11 - 9:14Os limpadores entran,
o corpo desaperece -
9:14 - 9:19e semella que esa persoa
nunca existiu realmente. -
9:21 - 9:24A intención é boa, claro está, pero,
en nome da esterilidade, -
9:24 - 9:27os hospitais tenden a agredir
os nosos sentidos -
9:27 - 9:33e o máximo que podemos esperar dentro
desas paredes é adormecemento -
9:33 - 9:37(anestesia, que é o contrario á estética)
-
9:38 - 9:43Venero aos hospitais polo que fan,
estou vivo grazas a eles. -
9:44 - 9:46Pero pedímoslles demasiado.
-
9:47 - 9:51Son lugares para traumatismos agudos
e enfermidades curables. -
9:51 - 9:55Non son un lugar para vivir e morrer.
Non están deseñados para iso. -
9:58 - 10:00Iso si, non deixo de crer
-
10:00 - 10:04que as nosas institucións
poden ser máis humanas. -
10:04 - 10:06Hai fermosura en calquera parte.
-
10:09 - 10:11Pasei uns meses nunha unidade
de queimados -
10:11 - 10:14no hospital S. Barnabas de
Livingston, Nova Jersei. -
10:14 - 10:18Alí recibín un coidado fantástico
en todos os turnos, -
10:18 - 10:21incluídos coidados paliativos
para a dor. -
10:21 - 10:24E unha noite, comezou a nevar fóra.
-
10:25 - 10:29Lémbrome de que as miñas enfermeiras
queixábanse de ter que conducir así, -
10:30 - 10:32Non había fiestra na miña habitación,
-
10:32 - 10:36mais era estupendo imaxinala caendo,
toda apegañenta. -
10:37 - 10:41Ao día seguinte, unha das enfermeiras
tróuxome unha bóla de neve. -
10:41 - 10:43Meteuna na unidade.
-
10:45 - 10:50Non podo explicar a éxtase que sentín
ao sostela na man -
10:50 - 10:53e ao sentir como o frío
entraba na miña pel queimada. -
10:53 - 10:56O milagre disto
-
10:56 - 10:59foi a miña fascinación ao vela
derreterse e converterse en auga. -
11:03 - 11:05Daquela,
-
11:05 - 11:10para min era máis importante formar
parte deste universo -
11:10 - 11:12que se vivía ou morría.
-
11:12 - 11:15A pequena bóla de neve
deume canta inspiración precisaba -
11:15 - 11:18para intentar vivir e aceptar
se non o facía. -
11:19 - 11:22Nun hospital, ese é un intre roubado.
-
11:24 - 11:28Polo meu traballo, ao longo dos anos,
coñecín moita xente -
11:28 - 11:30lista para marchar,
para morrer. -
11:31 - 11:36Non porque atoparan unha paz
final ou unha transcendencia, -
11:36 - 11:40mais polo rechazo que sentían
pola vida que tiñan. -
11:43 - 11:47En poucas palabras, unha vida horrible.
-
11:51 - 11:57Hai cifras de cantos de nós convivimos
con enfermidades crónicas ou terminais -
11:57 - 11:59e ata idades avanzadas.
-
12:00 - 12:05Non estamos preparados, nin nada que se
lle pareza, para o tsunami prateado. -
12:07 - 12:11Precisamos infraestructuras
suficientemente dinámicas para manexar -
12:11 - 12:15estes movementos sísmicos
da nosa poboación. -
12:16 - 12:19Agora é o momento de crear
algo novo, algo vital. -
12:19 - 12:21Sei que podemos porque temos que facelo.
-
12:21 - 12:23A alternativa é inaceptable.
-
12:24 - 12:25E os elementos fundamentais son:
-
12:25 - 12:28política, educación e adestramento,
-
12:29 - 12:31sistemas, ladrillos e morteiro.
-
12:33 - 12:36Temos moreas de datos cos que deseñadores
de toda clase poden traballar. -
12:37 - 12:39Por exemplo, sabemos por investigacións
-
12:39 - 12:42que é o máis importante para a xente
que está ao bordo da morte: -
12:42 - 12:49a comodidade, sentirse aliviado
e aliviar aos seres queridos, -
12:50 - 12:55a paz existencial e un sentimento
de asombro e espiritualidade. -
12:57 - 13:01Ao longo dos case 30 anos do Hospicio Zen
-
13:01 - 13:04aprendemos moito máis
dos nosos residentes cos detalles sutiles. -
13:06 - 13:08Os pequenos detalles non son tan pequenos.
-
13:09 - 13:11Por exemplo, Janette.
-
13:11 - 13:14Para ela, cada día é máis difícil respirar,
debido á ELA. -
13:14 - 13:15Saben que?
-
13:16 - 13:19Ela quere volver a fumar
-
13:19 - 13:22e que ademais sexan cigarros franceses,
se fan o favor. -
13:25 - 13:27Non é ningún tipo de tendencia
autodestructiva. -
13:27 - 13:31Trátase de sentir encherse os seus pulmóns
mentres os fuma. -
13:33 - 13:34As prioridades cambian.
-
13:36 - 13:38Ou Kate. Quere saber
-
13:38 - 13:41que o seu can Austin está
aos pés da súa cama, -
13:42 - 13:46co seu frío fociño contra a súa pel seca,
-
13:46 - 13:48en lugar de máis quimioterapia
correndo polas súas venas. -
13:48 - 13:50E fíxoo.
-
13:51 - 13:56Un detalle gratificante, sensual, estético
nun nomento, nun intre -
13:56 - 13:59no que nos sentimos recompensados por vivir.
-
14:03 - 14:08Tan só se trata de gozar do tempo
que se ten, aproveitando os sentidos, -
14:08 - 14:13o corpo (precisamente, o que vive
e morre). -
14:14 - 14:16Quizais, a sala máis conmovedora
-
14:16 - 14:18do hospicio Zen é a nosa cociña.
-
14:18 - 14:20Isto é chamativo se temos en
conta -
14:20 - 14:24que a maior parte dos residentes
non poden comer case nada. -
14:24 - 14:30O que pasa é que, nela,
damos sustento a diferentes niveis: -
14:30 - 14:33olfacto, un plano simbólico.
-
14:34 - 14:39De veras, con todas as tarefas duras que
levamos a cabo, -
14:39 - 14:43unha das accións máis efectivas e
auténticas que coñecemos -
14:43 - 14:47é facer galletas.
-
14:58 - 15:00Mentres temos os sentidos...
-
15:00 - 15:02aínda que só sexa un...
-
15:02 - 15:05temos a posibilidade de acceder
-
15:05 - 15:08ao que nos fai sentir humanos,
conectados. -
15:11 - 15:14Imaxinen as implicacións deste concepto
-
15:14 - 15:17para os millóns que viven
e morren con demencia. -
15:18 - 15:22Praceres sensoriais primarios que din
cousas para as que non temos palabras, -
15:22 - 15:25impulsos que nos fan seguir presentes
-
15:25 - 15:28sen necesidade de pasado ou futuro.
-
15:30 - 15:36Se aliviar o sufrimento innecesario
é o desafío número un do sistema, -
15:39 - 15:41intentar acadar a dignidade
por medio dos sentidos, -
15:41 - 15:45por medio do corpo
(a esfera estética) -
15:45 - 15:47é o desafío número dous.
-
15:48 - 15:52Isto lévanos ao terceiro
e último punto do día. -
15:52 - 15:59Precisamos elevar a nosa visión
sobre que é o benestar -
15:59 - 16:02de xeito que a vida, a saúde
e a sanidade -
16:02 - 16:04traten de facer a vida
máis marabillosa -
16:04 - 16:07en lugar de menos horrible.
-
16:08 - 16:09A beneficencia.
-
16:11 - 16:13Neste punto, atopámonos coa diferenza
-
16:13 - 16:18entre un sistema centrado na enfermidade ou
no coidado do paciente, da persoa. -
16:18 - 16:22Aí é cando coidar se converte nun acto
creativo, creador -
16:22 - 16:24e mesmo xoguetón.
-
16:25 - 16:27O termo "xogar" pode semellar raro neste
contexto, -
16:28 - 16:31mais é unha das ferramentas de
adaptación máis importantes. -
16:31 - 16:35Pensen en todos os esforzos
que esixe ser humano. -
16:35 - 16:38A necesidade de alimento,
impulsou a cociña. -
16:38 - 16:40A necesidade dun fogar,
deu lugar á arquitectura. -
16:40 - 16:43A necesidade de abrigo,
á moda. -
16:43 - 16:45E ao estar sometidos ao tempo,
-
16:45 - 16:49inventamos a música.
-
16:52 - 16:55Dado que morrer é unha parte
necesaria da vida, -
16:55 - 16:58que podemos facer con isto?
-
17:00 - 17:03Con "xogar" non intento que tomemos
á lixeira o tema da morte -
17:03 - 17:06ou que impoñamos ningunha
maneira de morrer. -
17:06 - 17:09Hai montes de tristeza
que non podemos combater -
17:09 - 17:12e dun xeito ou doutro,
todos temos que afrontalos. -
17:13 - 17:16Para iso, pido que creemos un espazo
-
17:16 - 17:22(físico e psíquico) que permita á vida
marchar, -
17:22 - 17:26en lugar de desaparecer sen máis.
-
17:26 - 17:30Envellecer e morrer podería ser
un proceso de ascenso cara a fin. -
17:33 - 17:37Non podemos evitar a morte.
-
17:38 - 17:41Sei que algúns de vostedes traballan niso.
-
17:41 - 17:44(Risas)
-
17:45 - 17:47Mentres tanto, podemos...
-
17:47 - 17:49(Risas)
-
17:49 - 17:51deseñar o camiño ata chegar a ela.
-
17:52 - 17:53Partes de min xa morreron.
-
17:53 - 17:56Isto é algo que, por unha ou
outra razón, pásanos a todos. -
17:57 - 17:59Tiven que redeseñar a miña vida
en función a este feito, -
17:59 - 18:02e para min foi unha liberación
-
18:03 - 18:06decatarme de que sempre hai
beleza ou un significado -
18:06 - 18:08no que a un lle depara a vida,
-
18:08 - 18:11como a bóla de neve, que fixo daquel
un momento perfecto -
18:11 - 18:13ata que se derreteu.
-
18:15 - 18:20Se apreciamos eses instantes
con intensidade, -
18:21 - 18:23podemos aprender a vivir ben,
-
18:23 - 18:25non a pesar da morte,
-
18:25 - 18:27mais grazas a ela.
-
18:31 - 18:33Deixemos que a morte nos guíe,
-
18:33 - 18:36non perdamos a imaxinación.
-
18:37 - 18:38Grazas.
-
18:38 - 18:54(Aplausos)
- Title:
- O que realmente importa ao final da vida
- Speaker:
- BJ Miller
- Description:
-
more » « less
Ao final das nosas vidas, que é o que máis desexamos? Moitos, sinxelamente: comodidade, respecto, amor. BJ Miller é un doutor dun hospital de enfermos terminais que reflexiona en profundidade sobre como crear unha fin digna e agradable para os seus pacientes. Tómense o tempo de saborear esta emotiva charla, que fai grandes preguntas sobre o que pensamos sobre a vida e unha vida digna.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 19:07
|
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What really matters at the end of life | |
| Belén García Penerbosa accepted Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life | ||
| Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for What really matters at the end of life |
