-
En xuño de 2001, nacín grazas a dous pais
marabillosos, no país de Filipinas
-
Ambos os meus pais e as súas familias
creceron e viviron alí as súas vidas
-
A minha irmá mais eu, tamén nacimos alí.
Despois de que os nosos pais casaran
-
estiveron pensando en emigrar aos
Estados Unidos, xa dende hai tempo
-
Os familiares do meu pai estaban
comenzando a mudarse alí
-
coa esperanza dunha vida mellor
-
Os Estados Unidos eran coñecidos como
a terra das oportunidades e a liberdade,
-
e os meus pais procuraban esa nova
oportunidade para eles
-
e para as súas fillas
-
Sabían que mudándonos aló
poderíamos vivir máis cómodamente
-
Eles tardaron anos en conseguir
preparar todo para a mudanza
-
e emigrar para os Estados
-
Tiveron que pasar por moitas
probas e requerimentos
-
para comprobar que non eran
persoas problemáticas
-
que eran persoas sás
-
e suficientemente educadas
para vivir alí
-
Fumos afortunados e finalmente
fixemos a mudanza para California en 2004
-
Vivimos co meu tío e a súa familia,
que xa estaban instalados,
-
mentres buscábamos unha nova casa
na que vivir permanentemente
-
Todo marchou ben durante
os primeiros anos alí
-
E entón, comecei a ir á escola
-
O xardín da infancia foi duro,
podo lembralo con claridade
-
Eu non falaba inglés e era
complicado facer amigos
-
Eles non sabían como
falar comigo
-
E sempre choraba porque
ninguén quería estar comigo,
-
e non comprendía o que o
mestre estaba dicindo
-
Comecei a adaptarme e a
aprender inglés de maneira natural
-
tamén fixen amigos e
todo estaba mellor
-
No ano 2007 naceu
a minha irmá Louine
-
E a nosa familia completouse
-
Os meus pais educáronme coma
se estivesemos nas Filipinas
-
con regras estritas e moral
tradicional filipina
-
Son moi conservadores
e relixiosos
-
As minhas leccións cando era nena
trataban sobre relixión
-
e o que Deus quería para min
-
Saltando a sexto grado,
cambiei de escola,
-
e tiven que despedirme
dos meus amigos
-
aos que coñecera
por moito tempo
-
e adaptarme a unha nova
situación con persoas novas
-
Comecei a darme conta do que
me facía diferente dos demais
-
Levaba o meu almorzo á escola
-
Normalmente, arroz e ovos,
arroz e salchichas, ou
-
calquera cousa que o meu pai
combinase con arroz
-
Ao principio a xente pensaba
que era extraño que eu sempre
-
comera arroz e comida filipina varia
-
Tiña un olor diferente
-
Sempre me sentía avergoñada
por non ter galletas ou
-
bocadillos, como os meus compañeiros
-
Outra xente mofábase de min por
pronunciar cousas doutra maneira
-
No canto de "comfortable"
decía "comFORtable"
-
Así era cómo os meus pais
me ensinaran a dicilo
-
Despois eu tentaba corrixilos
e eles dicíanme que o inglés
-
non era a súa lingua materna
e que debía ter paciencia
-
Tamén sentía vergoña cando
ía co meu pai a algún sitio porque
-
él ten un acento filipino moi
marcado e a xente non o entendía
-
e eu tiña que traducir
-
Aínda que ás veces
non encaixamos
-
quérolles moito!
-
Sempre os apreciarei
polo que fixeron por nós