O sorprendente papel da nutrición na saúde mental | Julia Rucklidge | TEDxChristchurch
-
0:11 - 0:13En 1847
-
0:13 - 0:15un médico chamado Semmelweis
-
0:15 - 0:17recomendoulles a todos os médicos
que lavasen as mans -
0:17 - 0:19antes de tocar unha muller preñada
-
0:19 - 0:21para evitar as febres puerperais.
-
0:22 - 0:25Na súa investigación demostrou
que se podía reducir -
0:25 - 0:27a taxa de mortalidade por septicemia
-
0:27 - 0:29dun 18% a un 2%
-
0:29 - 0:33simplemente con lavaren as mans
con cloruro de cal. -
0:33 - 0:38Os seus colegas negábanse a aceptar
a súa responsabilidade -
0:38 - 0:40na propagación da infección.
-
0:40 - 0:43Os seus compañeiros ridiculizárono,
afastáronse del -
0:43 - 0:46e as críticas e a súa repercusión
afundírono -
0:46 - 0:50e acabou morrendo nun psiquiátrico
dúas semanas despois, -
0:50 - 0:53de septicemia, aos seus 47 anos.
-
0:55 - 0:58Hoxe veño falar de algo
que pode parecer tan radical -
0:58 - 1:01como para un médico de mediados do XIX
ter que lavar as mans. -
1:01 - 1:03E con todo, é igualmente científico.
-
1:03 - 1:07É a simple idea
de que mellorar a nutrición -
1:07 - 1:09é un xeito seguro e factible
-
1:09 - 1:13de evitar, tratar ou mitigar
as enfermidades mentais. -
1:13 - 1:16A alimentación é moi importante!
-
1:16 - 1:20Unha mala alimentación é un factor
de risco significante e modificable -
1:20 - 1:24para o desenvolvemento
das enfermidades mentais. -
1:24 - 1:27Segundo a enquisa de saúde
de Nova Zelandia de 2013 -
1:27 - 1:30as taxas de enfermidades
psiquiátricas en nenos -
1:30 - 1:32duplicáronse nos últimos cinco anos.
-
1:32 - 1:36A nivel internacional
os casos de TDAH multiplicáronse por 3, -
1:36 - 1:38os de autismo por 20,
-
1:38 - 1:42e por 40 os de trastorno bipolar
en nenos. -
1:42 - 1:47E este gráfico mostra
como se multiplicou por catro -
1:48 - 1:51o número de persoas con discapacidades
-
1:51 - 1:56como consecuencia directa
de enfermidades psiquiátricas subxacentes. -
1:56 - 1:58As taxas de enfermidades mentais
van en aumento. -
1:59 - 2:01Daquela, como estamos tratando
este problema? -
2:03 - 2:07Actualmente o noso sistema de sanidade
actúa dentro dun modelo médico. -
2:07 - 2:12Isto significa que primeiro ofrécense
medicinas psiquiátricas, -
2:12 - 2:15e despois terapias psicolóxicas
-
2:15 - 2:17e outros tipos de apoio.
-
2:19 - 2:23Que dependemos dos medicamentos
como primeira opción de tratamento -
2:23 - 2:26é evidente polo aumento de receitas.
-
2:26 - 2:27Por exemplo, en 2012
-
2:27 - 2:30a medio millón de neozelandeses,
a oitava parte da poboación, -
2:31 - 2:33receitáronselles antidepresivos.
-
2:33 - 2:37Iso é un 38% máis ca cinco anos antes.
-
2:38 - 2:42Do mesmo xeito, duplicouse
a cantidade de receitas de neurolépticos -
2:42 - 2:44desde 2006 até 2011.
-
2:47 - 2:50Posto que este modelo médico
-
2:50 - 2:53está bastante estendido
na sociedade occidental -
2:53 - 2:57poderíase esperar que funcionase
correctamente. -
2:57 - 3:02De feito, nalgúns casos,
este tipo de tratamentos salva vidas, -
3:02 - 3:05e non estou aquí para desvalorizalos
por completo. -
3:05 - 3:09Porén, se un tratamento é
realmente efectivo, -
3:10 - 3:14non deberían diminuír as porcentaxes
de trastornos e discapacidades -
3:14 - 3:16que son consecuencia directa
desta enfermidade -
3:16 - 3:19en lugar de estaren aumentando?
-
3:19 - 3:22Xusto por isto debemos reflexionar
sobre o papel -
3:22 - 3:25que teñen os medicamentos
nestes resultados. -
3:25 - 3:30Con calquera tipo de medicación,
sexan neurolépticos, ansiolíticos -
3:30 - 3:32ou antidepresivos,
-
3:32 - 3:33vemos que o patrón é o mesmo.
-
3:33 - 3:34A curto prazo,
-
3:34 - 3:37a miúdo estes tratamentos
son moi efectivos, -
3:37 - 3:39mais non a longo prazo.
-
3:39 - 3:42E nalgúns casos
empeoran a calidade de vida. -
3:43 - 3:44Se botamos un ollo,
-
3:44 - 3:47por exemplo, a estudos realizados
-
3:47 - 3:50sobre nenos con TDAH
tratados con estimulantes ou Ritalina, -
3:51 - 3:53a curto prazo
-
3:53 - 3:55son mellores,
-
3:56 - 3:57e responden
-
3:57 - 4:00mellor que calquera outro tipo
de tratamento; -
4:00 - 4:02mais a longo prazo
-
4:02 - 4:04vailles algo peor cós nenos
-
4:05 - 4:08aos que nunca se lles prescribiron
estes medicamentos. -
4:08 - 4:11Outro estudo demostrou que,
-
4:11 - 4:14a pesar da nosa crecente dependencia
dos antidepresivos, -
4:15 - 4:17as taxas de recuperación e recaída
-
4:17 - 4:20non son mellores agora que hai 50 anos,
-
4:20 - 4:22antes da chegada destes medicamentos.
-
4:23 - 4:26Ademais, os nenos con depresión
-
4:26 - 4:28tratados con antidepresivos
-
4:28 - 4:32son tres veces máis propensos
ao trastorno bipolar -
4:32 - 4:37que aqueles que nunca tomaron
este tipo de medicamentos. -
4:37 - 4:40O grupo aleatorio de pacientes que seguiu
-
4:40 - 4:44coa súa dose de antipsicóticos
-
4:44 - 4:48teñen menos probabilidade de se recuperar
de esquizofrenia a longo prazo -
4:49 - 4:51ca aqueles aos que se lles reduciu a dose
-
4:51 - 4:55ou se lles eliminou completamente
o tratamento. -
4:55 - 4:57E podo ensinar aínda máis
-
4:57 - 5:00e máis estudos,
-
5:00 - 5:05que destacan esta desesperanzadora imaxe.
-
5:07 - 5:08En resumo,
-
5:09 - 5:10bastante deprimente.
-
5:10 - 5:13(Risas)
-
5:13 - 5:15Hai outro camiño?
-
5:16 - 5:18Hai case dúas décadas,
-
5:18 - 5:20a miña directora de tese,
a profesora Bonnie Kaplan, -
5:20 - 5:22faloume dalgunhas familias
-
5:22 - 5:24que se trataban a si mesmas con nutrientes
-
5:24 - 5:25en Alberta do Sur, en Canadá.
-
5:25 - 5:29Pois ben, tiñan trastorno bipolar,
psicose e depresión. -
5:29 - 5:30Estas son enfermidades graves,
-
5:30 - 5:33e na miña formación en psicoloxía clínica
-
5:33 - 5:37aprendín que a nutrición e a dieta eran
moi pouco transcendentes -
5:37 - 5:38para a saúde mental,
-
5:38 - 5:41e que só os fármacos e a psicoterapia
podían tratar estes graves trastornos. -
5:42 - 5:46Pero ela e outras persoas
publicaran datos preliminares -
5:46 - 5:48a comezos deste século
-
5:48 - 5:51sobre casos de pacientes
que se recuperaban e non recaían. -
5:51 - 5:53Así que decidín estudar estes nutrientes,
-
5:53 - 5:56e é o que levo facendo
durante os últimos dez anos. -
5:57 - 5:58En 2009 recibín algúns fondos
-
5:58 - 6:01para facer un experimento
controlado con placebo -
6:01 - 6:06usando vitaminas e minerais,
tamén coñecidos como micronutrientes, -
6:06 - 6:08para o tratamento de TDAH en adultos.
-
6:09 - 6:13Este estudo foi publicado
no British Journal of Psychiatry -
6:13 - 6:14en abril deste ano,
-
6:14 - 6:16e isto é o que atopamos:
-
6:16 - 6:18nun período de só oito semanas
-
6:18 - 6:22no grupo dos micronutrientes
responderon ben o dobre de persoas -
6:22 - 6:24que no grupo do placebo;
-
6:24 - 6:26a depresión do dobre de persoas
entrou en remisión -
6:26 - 6:28no grupo dos micronutrientes.
-
6:28 - 6:32A hiperactividade e a impulsividade
reducíronse ao rango normal, non clínico, -
6:32 - 6:34e os que tomaron os micronutrientes
-
6:34 - 6:36eran máis propensos a informar
-
6:36 - 6:40de que os seus síntomas do TDAH
afectaban e interferían menos -
6:40 - 6:43no seu traballo
e nas súas relacións sociais -
6:43 - 6:45que os que tomaran o placebo.
-
6:45 - 6:46Un ano despois,
-
6:46 - 6:49aquelas persoas que seguiron
tomando os micronutrientes -
6:49 - 6:52mantiveron os seus cambios
ou mostraron unha mellora adicional, -
6:52 - 6:56e aqueles que se pasaron aos medicamentos
-
6:56 - 6:58ou pararon de tomar micronutrientes
-
6:58 - 7:00acabaron mostrando empeoramento
dos seus síntomas. -
7:01 - 7:03Debo aclarar
-
7:03 - 7:05que cando digo micronutrientes,
-
7:05 - 7:09estoume a referir a unha dose
máis alta da que habería -
7:09 - 7:12nunhas vitaminas
compradas nun supermercado. -
7:12 - 7:15Neste estudo demos aos participantes
-
7:15 - 7:19até 15 comprimidos ao día
con 36 nutrientes. -
7:19 - 7:23Así que se tomases un suplemento
sen receita médica, -
7:23 - 7:26sería improbable
que puideses ver estes beneficios, -
7:26 - 7:30xa que a dose é reducida
e cantidade de nutrientes é baixa. -
7:31 - 7:36Agora ben, estes beneficios
non están limitados a un único estudo. -
7:37 - 7:38O meu grupo
na Universidade de Canterbury -
7:38 - 7:41é o Grupo de Investigación
sobre Saúde Mental e Nutrición -
7:41 - 7:44e xa temos publicados
máis de 20 artigos en revistas, -
7:44 - 7:46documentando os beneficios
dos micronutrientes. -
7:46 - 7:50Por exemplo, este estudo mostra
que se poden reducir -
7:50 - 7:54os síntomas do trastorno bipolar
en nenos nun 50% -
7:54 - 7:57reducindo a cantidade de medicamentos.
-
7:57 - 8:01Este outro estudo demostra
que puidemos reducir -
8:03 - 8:05as taxas de probable trastorno
de estrés postraumático -
8:06 - 8:10dun 65%
-
8:10 - 8:11a un 18%
-
8:11 - 8:13despois dos terremotos de Christchurch,
-
8:13 - 8:16cunha intervención dun mes
de micronutrientes -
8:16 - 8:19sen cambios naqueles que non
tomaron nutrientes. -
8:19 - 8:23Incluso un ano despois, aquelas persoas
que tomaran nutrientes -
8:23 - 8:25levábano mellor que aqueles
que non os tomaran. -
8:25 - 8:27E acabamos de repetir estes achados
-
8:27 - 8:30en colaboración con investigadores
da Universidade de Calgary -
8:30 - 8:33despois das inundacións de xuño de 2013
en Alberta, Canadá. -
8:34 - 8:36Para min a mensaxe está clara:
-
8:36 - 8:39un corpo e un cerebro ben nutridos
-
8:39 - 8:41son máis capaces de soportar
estrés continuo -
8:41 - 8:43e de se recuperar de enfermidades.
-
8:43 - 8:46Proporcionar micronutrientes
en doses apropiadas -
8:46 - 8:50pode ser unha intervención eficiente
e barata da sanidade pública -
8:50 - 8:54para mellorar a saúde mental
dunha poboación -
8:54 - 8:57despois dunha catástrofe ambiental.
-
8:57 - 9:00Nos meus 20 anos de carreira
poucas veces vin -
9:01 - 9:04este tipo de respostas
en tratamentos convencionais. -
9:04 - 9:06Cando a xente se pon boa,
-
9:06 - 9:07melloran en todos os ámbitos,
-
9:07 - 9:10non só nos síntomas que se lles trataban
-
9:10 - 9:12senón tamén noutras áreas:
-
9:12 - 9:12mellora do sono,
-
9:12 - 9:14estabilización do humor,
-
9:14 - 9:15redución da ansiedade
-
9:15 - 9:19e diminución da necesidade
de cigarros, marihuana e alcol. -
9:19 - 9:21A miña investigación e outras
por todo o mundo -
9:21 - 9:26demostraron que o 60-80% da xente
responde aos micronutrientes, -
9:26 - 9:29o que revela o potente que é
esta intervención. -
9:29 - 9:31E internacionalmente,
-
9:32 - 9:35xa houbo 20 estudos aleatorios
controlados con placebo -
9:35 - 9:38--esta é a regra de ouro
que usamos para tomar decisións clínicas-- -
9:38 - 9:41que demostran que podemos reducir
a agresividade en presos, -
9:41 - 9:44retrasar a deterioración cognitiva
en persoas maiores, -
9:44 - 9:48tratar depresión, ansiedade
estrés, autismo e TDAH. -
9:52 - 9:56E incluso poden ser máis económicos
-
9:57 - 9:59que os actuais tratamentos convencionais.
-
9:59 - 10:04Este estudo documentou o tratamento
dun neno de 10 anos con psicose. -
10:05 - 10:08Despois do fracaso do seu tratamento
con medicación -
10:08 - 10:10durante a súa hospitalización,
-
10:10 - 10:12foi tratado con micronutrientes.
-
10:12 - 10:16E non só resultou que os micronutrientes
-
10:16 - 10:19eliminaron completamente
as súas alucinacións e desvaríos -
10:20 - 10:23--cambios que se mantiveron
aínda seis anos despois-- -
10:23 - 10:26senón que o custo do tratamento
-
10:26 - 10:30foi menor do 2% do custo
do seu tratamento anterior -
10:30 - 10:31como paciente interno.
-
10:31 - 10:34Xa só o aforro que isto supón
fai obrigatorio -
10:34 - 10:36que a nosa sociedade preste atención
-
10:36 - 10:39aos maiores beneficios deste enfoque.
-
10:39 - 10:41E aínda hai máis boas novas!
-
10:43 - 10:44Tratando...
-
10:44 - 10:47Dar suplementos antes de que xurda
unha enfermidade mental -
10:47 - 10:51pode evitar a aparición
deste tipo de problemas. -
10:51 - 10:54Nestoutro excelente estudo
-
10:54 - 10:57observouse a 81 adolescentes
con risco de psicose -
10:57 - 10:59e administróuselles aleatoriamente
-
10:59 - 11:02ácidos graxos Omega-3
en forma de aceite de peixe, -
11:02 - 11:04nutrientes esenciais
para a saúde cerebral, -
11:04 - 11:06ou un placebo
-
11:06 - 11:08durante un período de 12 semanas.
-
11:08 - 11:09Un ano despois,
-
11:09 - 11:13o 5% dos que recibiran o aceite de peixe
manifestaran psicose -
11:14 - 11:17fronte ao 28% dos que tomaran o placebo.
-
11:17 - 11:19Isto representa unha redución do 80%
-
11:19 - 11:23de probabilidades de que
se manifeste a psicose, -
11:23 - 11:25con só tomar aceite de peixe.
-
11:26 - 11:29Penso que sei
o que estaredes a pensar. -
11:30 - 11:32Pode que digades:
-
11:32 - 11:36"Agarda, daquela
por que non comer mellor?" -
11:37 - 11:41"Por que non dicirlle a todo o mundo
que coma mellor?" -
11:42 - 11:46Efectivamente, hai algúns
estudos fantásticos -
11:46 - 11:51que demostran a forte relación
entre tipos de dieta e saúde mental, -
11:51 - 11:55malia que aínda estamos comezando
a investigar isto cientificamente. -
11:56 - 12:01Non sabemos quen obtería beneficios
só cunha manipulación da dieta -
12:02 - 12:05e quen podería necesitar
un estímulo extra de nutrientes. -
12:06 - 12:08Pero incluso nos últimos cinco anos
-
12:08 - 12:12houbo 11 estudos epidemiolóxicos,
-
12:12 - 12:17transversal e lonxitudinalmente,
-
12:17 - 12:19en grandes poboacións
por todo o mundo -
12:19 - 12:22que demostran exactamente o mesmo.
-
12:22 - 12:25Se tes unha dieta moderada,
mediterránea, -
12:25 - 12:27ou baseada en alimentos non procesados,
-
12:27 - 12:30terás menor risco de padecer depresión.
-
12:30 - 12:33E se tes unha dieta occidental
ou baseada en alimentos procesados, -
12:33 - 12:36terás maior probabilidade
de padecer depresión. -
12:36 - 12:40Só vin un estudo
que non chegou a esta asociación, -
12:40 - 12:43mais ningún estudo demostra
-
12:43 - 12:47que a dieta occidental
sexa boa para a nosa saúde mental. -
12:47 - 12:50(Risas)
-
12:50 - 12:52Que é a dieta occidental?
-
12:52 - 12:55Ben, é unha dieta moi procesada,
-
12:56 - 12:59con alto contido de cereais procesados,
-
12:59 - 13:00bebidas azucradas,
-
13:00 - 13:01comida para levar,
-
13:01 - 13:03e con poucos produtos frescos.
-
13:03 - 13:06E unha dieta saudábel é aquela
que é fresca -
13:06 - 13:09con moitas froitas e verduras,
-
13:09 - 13:12moito peixe, froitos secos,
graxas saudábeis, -
13:12 - 13:14e con pouca comida procesada.
-
13:14 - 13:18O que a túa avoa recoñecería
como "comida". -
13:18 - 13:19(Risas)
-
13:19 - 13:21Aínda quedan moitas preguntas
por responder -
13:21 - 13:25sobre a relación entre a saúde mental
e a nutrición. -
13:25 - 13:28Cal é o papel que xoga a xenética
-
13:28 - 13:30para determinar quen vai responder
aos nutrientes -
13:30 - 13:34e quen vai precisar máis nutrientes
dos que pode obter da súa dieta? -
13:34 - 13:38Como actúa un intestino infectado
ou inflamado na absorción de nutrientes? -
13:38 - 13:40Non somos o que comemos,
-
13:40 - 13:42senón o que absorbemos!
-
13:42 - 13:44E cal é o papel que xogan os medicamentos
-
13:44 - 13:47para determinar a efectividade
dos nutrientes? -
13:47 - 13:50Combinar medicamentos e nutrientes
é realmente complicado, -
13:50 - 13:54e necesitamos investigar máis
para entender mellor estas interaccións. -
13:54 - 13:56Pero á fin e ao cabo,
-
13:56 - 13:59tamén precisamos saber
canto duran estes beneficios. -
13:59 - 14:01Así que con todos estes datos,
-
14:01 - 14:04estes datos abundantes que destacan
o poder da nutrición, -
14:04 - 14:07penso que xa podemos empezar
a cambiar individual e colectivamente. -
14:08 - 14:10Poderiamos
-
14:10 - 14:13reconsiderar o noso enfoque
sobre os tratamentos: -
14:13 - 14:15dar prioridade aos factores
do estilo de vida: -
14:15 - 14:18a comida saudábel, o exercicio,
os suplementos, -
14:18 - 14:21e, de ser necesario,
o tratamento psicolóxico, -
14:21 - 14:24e reservar os medicamentos
-
14:24 - 14:27para cando estes métodos non funcionen.
-
14:27 - 14:28Se os nutrientes funcionan,
-
14:28 - 14:31non deberían estar cubertos
polo sistema sanitario? -
14:33 - 14:35Tomemos en serio a prevención universal
-
14:35 - 14:38mellorando a nutrición daquelas persoas
que son vulnerábeis. -
14:38 - 14:40Non agardamos polo ataque ao corazón
-
14:40 - 14:43para cambiar eses hábitos que sabemos
que contribúen -
14:43 - 14:45á aparición das enfermidades cardíacas.
-
14:45 - 14:48Así que non debería ser diferente
coa saúde mental. -
14:48 - 14:51Un xeito sinxelo de pór en práctica
a prevención universal -
14:51 - 14:53sería que as mulleres preñadas...
-
14:53 - 14:54non as mulleres preñadas,
-
14:54 - 14:56as comadroas informasen
ás mulleres preñadas -
14:56 - 15:00sobre a importancia da nutrición.
-
15:00 - 15:04As nais con poucos nutrientes
enxendran nenos con poucos nutrientes. -
15:04 - 15:06Unha dieta pobre durante o embarazo
-
15:06 - 15:10aumenta as posibilidades de que o bebé
teña un problema de saúde mental. -
15:13 - 15:16Aprendamos algo sobre os riscos
da comida barata e procesada. -
15:16 - 15:20Como dixo Michael Pollan,
"a comida barata é unha ilusión, -
15:20 - 15:23non existe a comida barata".
-
15:23 - 15:25O prezo págase nalgún lugar,
-
15:25 - 15:29e se non é na caixa do supermercado,
entón é no medio ambiente -
15:29 - 15:32e nos fondos públicos
en forma de subvencións -
15:32 - 15:34e pagámolo na nosa saúde.
-
15:34 - 15:36Tódolos rapaces deben aprender a cociñar.
-
15:36 - 15:40Todos deben saber
que a comida non vén empaquetada. -
15:40 - 15:44As escolas poderían reflexionar
sobre o que teñen nos seus menús. -
15:44 - 15:49A miúdo premiamos aos nenos
con comidas procesadas -
15:49 - 15:51cando se portan ben.
-
15:51 - 15:54Necesitamos reflexionar sobre
se esta relación ten un sentido intuitivo. -
15:54 - 15:57Temos a responsabilidade última
de lles aprender -
15:57 - 16:00que cada vez que levan algo á boca
-
16:00 - 16:01toman unha decisión:
-
16:01 - 16:06comer algo nutritivo,
ou algo de escaso valor nutricional. -
16:06 - 16:09No século XIX,
os médicos sentíronse ofendidos -
16:09 - 16:13cando Semmelweis lles suxeriu
que lavaran as mans antes dos partos. -
16:13 - 16:15Agora pedímoslles que reconsideren
-
16:15 - 16:19se as medicinas que receitan
-
16:19 - 16:21contribúen a un mal resultado
a longo prazo -
16:21 - 16:23para as persoas con enfermidades mentais.
-
16:24 - 16:28Pero comer ben e, cando sexa necesario,
tomar nutrientes adicionais -
16:29 - 16:32pode mellorar a saúde mental
de moita xente. -
16:32 - 16:34Déixovos cun último pensamento.
-
16:37 - 16:40No séc. XVII,
probas controladas aleatorizadas -
16:40 - 16:44demostraron que levar limas nos barcos
que facían viaxes longas -
16:44 - 16:47eliminaba completamente o 40%
da mortalidade por escorbuto. -
16:47 - 16:51Pero o goberno británico tardou 264 anos
-
16:51 - 16:55en esixirlles a todos os barcos
que levasen cítricos para as tripulacións. -
16:55 - 17:00Canto tardará a nosa sociedade en prestar
atención á investigación que demostra -
17:01 - 17:07que unha mala nutrición contribúe
á epidemia das enfermidades mentais? -
17:08 - 17:10Así que esta é a miña idea:
-
17:10 - 17:11a nutrición importa,
-
17:12 - 17:15e se realmente estamos listos
para tomar en serio a saúde mental, -
17:15 - 17:20teremos que tomar en serio
o importante papel da nutrición. -
17:20 - 17:21Moitas grazas.
-
17:21 - 17:24(Aplausos) (Aclamacións)
- Title:
- O sorprendente papel da nutrición na saúde mental | Julia Rucklidge | TEDxChristchurch
- Description:
-
more » « less
Nesta importantísima charla, a psicóloga clínica Julia Rucklidge explora unha serie de investigacións científicas, incluída a súa, que plasman a importancia do papel da nutrición na saúde mental e nas enfermidades.
A doutora Julia J. Rucklidge leva estudando durante os últimos 6 anos o papel dos micronutrientes na manifestación das enfermidades mentais, especialmente no TDAH, no trastorno bipolar, na ansiedade e, máis recentemente, no estrés e no trastorno de estrés postraumático asociados aos terremotos de Canterbury.
Esta conferencia tivo lugar nun evento TEDx utilizando o formato de conferencia TED, mais organizada independentemente por unha comunidade local. Para máis información visite http://ted.com/tedx
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDxTalks
- Duration:
- 17:43

