Return to Video

Velaquí o que fai aos empregados felices no traballo

  • 0:00 - 0:04
    Consultamos directivos, policías,
    camioneiros, cociñeiros, enxeñeiros.
  • 0:04 - 0:07
    Entrevistamos a calquera
    que estivera traballando.
  • 0:07 - 0:09
    E o que sabemos,
    en canto á súa felicidade:
  • 0:09 - 0:11
    é que todos os traballadores
    queren o mesmo.
  • 0:11 - 0:13
    [Como traballamos]
  • 0:15 - 0:18
    Hai tres mil millóns
    de traballadores no mundo.
  • 0:18 - 0:21
    E preto do 40 % deles dirían
    que son felices no traballo.
  • 0:21 - 0:25
    Isto significa que uns 1.800 millóns,
    ou case dous mil millóns de persoas,
  • 0:25 - 0:26
    non están felices no traballo.
  • 0:26 - 0:27
    Que supón iso,
  • 0:27 - 0:30
    tanto para esas persoas como
    para as organizacións en que traballan?
  • 0:30 - 0:32
    Falemos de cartos.
  • 0:32 - 0:35
    As organizacións que teñen
    unha morea de empregados felices
  • 0:35 - 0:37
    triplican o crecemento dos ingresos,
  • 0:37 - 0:39
    en comparación con organizacións
    onde iso non ocorre.
  • 0:39 - 0:42
    E multiplican por tres
    a evolución da bolsa.
  • 0:42 - 0:43
    E se miran a rotación de traballadores,
  • 0:43 - 0:48
    é a metade da das organizacións
    que teñen moitos empregados infelices.
  • 0:48 - 0:49
    O milagreiro é,
  • 0:49 - 0:52
    que non hai que gastar
    máis cartos para facer isto.
  • 0:52 - 0:55
    Non se trata de mesas de ping-pong,
    masaxes e paseos para mascotas.
  • 0:55 - 0:56
    Non se trata dos beneficios.
  • 0:56 - 0:59
    Trátase de como os tratan os seus líderes
  • 0:59 - 1:00
    e a xente con que traballan.
  • 1:00 - 1:04
    Así que quería compartir algunhas ideas
    que crean empregados felices.
  • 1:04 - 1:06
    Idea número un:
  • 1:06 - 1:09
    Nas organizacións que teñen
    empregados felices,
  • 1:09 - 1:11
    atopanse dúas cousas:
  • 1:11 - 1:12
    confianza e respecto.
  • 1:12 - 1:14
    Os líderes adoitan dicir:
  • 1:14 - 1:15
    "Confiamos nos nosos empregados.
  • 1:15 - 1:17
    Apoderamos os nosos empregados. "
  • 1:17 - 1:19
    E cando un empregado precisa un portátil,
  • 1:19 - 1:20
    --é un exemplo real--
  • 1:20 - 1:23
    15 persoas teñen que aprobalo.
  • 1:23 - 1:25
    Así que para o empregado,
    as palabras están ben,
  • 1:25 - 1:29
    pero, 15 niveis de aprobación
    para un portátil de 1.500 dólares?
  • 1:29 - 1:32
    En realidade gastáronse máis cartos
    na aprobación ca no portátil.
  • 1:32 - 1:36
    E o empregado sente
    que quizais non se fían de verdade.
  • 1:36 - 1:40
    Entón, que pode facer unha organización
    para ter un alto nivel de confianza?
  • 1:40 - 1:43
    A primeira organización
    que me vén á mente é Four Seasons.
  • 1:43 - 1:46
    Posúen magníficas propiedades
    arredor do mundo.
  • 1:46 - 1:48
    E dixéronlles aos seus empregados:
  • 1:48 - 1:51
    "Fai o que creas correcto
    cando atendas ao cliente. "
  • 1:51 - 1:55
    Darlles esa confianza aos seus empregados
    para que fagan o que eles crean correcto
  • 1:55 - 1:57
    fai que se sintan de marabilla.
  • 1:57 - 2:00
    E por iso son coñecidos
    por ofrecer algúns dos mellores servizos
  • 2:00 - 2:01
    no mundo.
  • 2:01 - 2:04
    Idea número dous: equidade.
  • 2:04 - 2:07
    O que erosiona a confianza
    nunha organización
  • 2:07 - 2:09
    máis rápido que calquera outra cousa
  • 2:09 - 2:12
    é que os empregados sintan
    que son tratados inxustamente.
  • 2:12 - 2:14
    Eles queren recibir o mesmo trato,
  • 2:14 - 2:17
    independentemente do seu rango,
    contrato, idade,
  • 2:17 - 2:19
    experiencia ou categoría profesional,
  • 2:19 - 2:20
    en comparación cos demáis.
  • 2:20 - 2:24
    Cando penso en grandes organizacións
    que teñen equidade,
  • 2:24 - 2:26
    a primeira que me vén á mente é Salesforce
  • 2:26 - 2:29
    Eles descubriron que homes e mulleres
    que facían o mesmo traballo
  • 2:29 - 2:31
    co mesmo nivel de competencia
  • 2:31 - 2:33
    gañaban salarios diferentes.
  • 2:33 - 2:35
    Así que de inmediato,
    calcularon a diferenza,
  • 2:35 - 2:39
    e investiron tres millóns de dólares
    para tentar equilibrar as cousas.
  • 2:39 - 2:41
    A idea número tres é escoitar.
  • 2:42 - 2:45
    Para ser un oínte que se conecta
    con todo tipo de persoas,
  • 2:45 - 2:47
    temos que desaprender algunhas cousas.
  • 2:47 - 2:51
    A todos nos ensinaron
    a escoita activa e o contacto visual,
  • 2:51 - 2:53
    unha mirada intensa
  • 2:53 - 2:55
    e unha mirada compasiva.
  • 2:55 - 2:56
    Iso non é escoitar.
  • 2:56 - 2:59
    Repetir o que di a persoa non é escoitar.
  • 2:59 - 3:00
    Ser humilde,
  • 3:00 - 3:04
    sempre rastrexando e buscando
    a mellor idea posible,
  • 3:04 - 3:05
    iso é escoitar.
  • 3:05 - 3:08
    E os empregados poden sentir
    se o estás a facer ou non.
  • 3:08 - 3:11
    Cando falan contigo
    e comparten unha idea, queren saber
  • 3:11 - 3:13
    se se tivo en consideración
    ao tomar a decisión?
  • 3:13 - 3:18
    O único que todo o mundo aprecia
    e quere cando está falando
  • 3:18 - 3:21
    é saber que o que di importa tanto
  • 3:21 - 3:24
    que pode provocar o teu cambio de opinión.
  • 3:24 - 3:26
    Se non, cal é o sentido da conversa?
  • 3:28 - 3:30
    Todos sabemos o que precisamos cambiar,
  • 3:30 - 3:32
    o que precisamos facer doutro xeito.
  • 3:32 - 3:35
    Como te comportas, como tratas a outros,
  • 3:35 - 3:38
    como respondes, como apoias,
  • 3:38 - 3:41
    definen a experiencia laboral
    para todos os que te rodean.
  • 3:41 - 3:43
    Cambiar para ser unha mellor persoa,
  • 3:43 - 3:45
    --o mundo está cheo deses fallos.
  • 3:45 - 3:48
    Pero cambiar porque cres en algo,
  • 3:48 - 3:50
    porque tes algún propósito,
  • 3:50 - 3:52
    polo que estás disposto
    a arriscar case todo
  • 3:52 - 3:54
    porque é moi importante para ti,
  • 3:54 - 3:56
    esa é a razón para cambiar.
  • 3:56 - 3:59
    Se non, quizais deberías
    traballar nun lugar diferente.
Title:
Velaquí o que fai aos empregados felices no traballo
Speaker:
Michael C. Bush
Description:

Hai tres mil millóns de persoas que traballan neste planeta, e só o 40 por cento delas din que están contentas no traballo. Michael C. Bush comparte o seu punto de vista sobre o que fai aos traballadores infelices, e como as empresas poden mellorar os seus balances fomentando a satisfacción.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED Series
Duration:
04:12

Galician subtitles

Revisions