Consultamos directivos, policías, camioneiros, cociñeiros, enxeñeiros. Entrevistamos a calquera que estivera traballando. E o que sabemos, en canto á súa felicidade: é que todos os traballadores queren o mesmo. [Como traballamos] Hai tres mil millóns de traballadores no mundo. E preto do 40 % deles dirían que son felices no traballo. Isto significa que uns 1.800 millóns, ou case dous mil millóns de persoas, non están felices no traballo. Que supón iso, tanto para esas persoas como para as organizacións en que traballan? Falemos de cartos. As organizacións que teñen unha morea de empregados felices triplican o crecemento dos ingresos, en comparación con organizacións onde iso non ocorre. E multiplican por tres a evolución da bolsa. E se miran a rotación de traballadores, é a metade da das organizacións que teñen moitos empregados infelices. O milagreiro é, que non hai que gastar máis cartos para facer isto. Non se trata de mesas de ping-pong, masaxes e paseos para mascotas. Non se trata dos beneficios. Trátase de como os tratan os seus líderes e a xente con que traballan. Así que quería compartir algunhas ideas que crean empregados felices. Idea número un: Nas organizacións que teñen empregados felices, atopanse dúas cousas: confianza e respecto. Os líderes adoitan dicir: "Confiamos nos nosos empregados. Apoderamos os nosos empregados. " E cando un empregado precisa un portátil, --é un exemplo real-- 15 persoas teñen que aprobalo. Así que para o empregado, as palabras están ben, pero, 15 niveis de aprobación para un portátil de 1.500 dólares? En realidade gastáronse máis cartos na aprobación ca no portátil. E o empregado sente que quizais non se fían de verdade. Entón, que pode facer unha organización para ter un alto nivel de confianza? A primeira organización que me vén á mente é Four Seasons. Posúen magníficas propiedades arredor do mundo. E dixéronlles aos seus empregados: "Fai o que creas correcto cando atendas ao cliente. " Darlles esa confianza aos seus empregados para que fagan o que eles crean correcto fai que se sintan de marabilla. E por iso son coñecidos por ofrecer algúns dos mellores servizos no mundo. Idea número dous: equidade. O que erosiona a confianza nunha organización máis rápido que calquera outra cousa é que os empregados sintan que son tratados inxustamente. Eles queren recibir o mesmo trato, independentemente do seu rango, contrato, idade, experiencia ou categoría profesional, en comparación cos demáis. Cando penso en grandes organizacións que teñen equidade, a primeira que me vén á mente é Salesforce Eles descubriron que homes e mulleres que facían o mesmo traballo co mesmo nivel de competencia gañaban salarios diferentes. Así que de inmediato, calcularon a diferenza, e investiron tres millóns de dólares para tentar equilibrar as cousas. A idea número tres é escoitar. Para ser un oínte que se conecta con todo tipo de persoas, temos que desaprender algunhas cousas. A todos nos ensinaron a escoita activa e o contacto visual, unha mirada intensa e unha mirada compasiva. Iso non é escoitar. Repetir o que di a persoa non é escoitar. Ser humilde, sempre rastrexando e buscando a mellor idea posible, iso é escoitar. E os empregados poden sentir se o estás a facer ou non. Cando falan contigo e comparten unha idea, queren saber se se tivo en consideración ao tomar a decisión? O único que todo o mundo aprecia e quere cando está falando é saber que o que di importa tanto que pode provocar o teu cambio de opinión. Se non, cal é o sentido da conversa? Todos sabemos o que precisamos cambiar, o que precisamos facer doutro xeito. Como te comportas, como tratas a outros, como respondes, como apoias, definen a experiencia laboral para todos os que te rodean. Cambiar para ser unha mellor persoa, --o mundo está cheo deses fallos. Pero cambiar porque cres en algo, porque tes algún propósito, polo que estás disposto a arriscar case todo porque é moi importante para ti, esa é a razón para cambiar. Se non, quizais deberías traballar nun lugar diferente.