Unha arma secreta contra o Zika e outras enfermidades transmitidas por mosquitos.
-
0:01 - 0:02A febre de Zika:
-
0:04 - 0:08a última enfermidade temíbel.
-
0:08 - 0:11Que é? De onde veu?
-
0:11 - 0:12Como loitar contra ela?
-
0:13 - 0:16Para a maioría dos adultos,
trátase dunha doenza leve: -
0:16 - 0:21un pouco de febre, unha lixeira xaqueca,
dor nas articulacións, quizais un eccema. -
0:21 - 0:24De feito, moita xente que o pasa
non sabe sequera que o tivo. -
0:25 - 0:29Pero canto máis sabemos sobre o Zika
-
0:29 - 0:30máis arrepiante parece.
-
0:30 - 0:34Por exemplo, os médicos detectaron
un incremento nos últimos andazos -
0:34 - 0:37de algo chamado
síndrome de Guillain-Barré. -
0:37 - 0:41Na Guillain-Barré, o sistema inmune
ataca as células nerviosas, -
0:41 - 0:44pode paralizarte, parcial ou totalmente.
-
0:44 - 0:48Por sorte, é pouco frecuente
e a maioría recupérase. -
0:48 - 0:52Mais se estás embarazada
no momento da infección -
0:54 - 0:56arríscaste a algo terrible.
-
0:57 - 1:00Un neno coa cabeza deforme.
-
1:01 - 1:02Aquí temos un bebé normal.
-
1:03 - 1:07E aquí, con microcefalia,
-
1:07 - 1:10un cerebro nunha cabeza demasiado pequena.
-
1:10 - 1:12E non se coñece a cura.
-
1:13 - 1:19No nordeste do Brasil, hai apenas un ano,
-
1:19 - 1:24os médicos detectaron
tras un andazo de febre de Zika, -
1:24 - 1:28que había un pico de microcefalia.
-
1:29 - 1:30Levoulles outro ano asegurarse
-
1:31 - 1:33de que a causa era o virus de Zika
-
1:33 - 1:34mais xa están certos.
-
1:35 - 1:37Se vostedes son do tipo "Santo Tomás"
-
1:37 - 1:39consulten esta publicación.
-
1:40 - 1:43E de onde vén e como chegou?
-
1:43 - 1:44Porque xa está aquí.
-
1:44 - 1:47Coma moitos dos virus
-
1:47 - 1:51chegou dende África,
en concreto do bosque de Zika en Uganda. -
1:52 - 1:57Investigadores do Instituto
para a Investigación en Febre Amarela -
1:57 - 2:01identificaron un virus descoñecido
nun mono da selva de Zika -
2:01 - 2:03e de aí lle vén o nome.
-
2:04 - 2:06Os primeiros casos de Zika en humanos
-
2:06 - 2:09xurdiron uns poucos anos despois
en Uganda e Tanzania -
2:09 - 2:12Estendeuse logo por África occidental
-
2:13 - 2:20e polo leste cara a Asia: Paquistán,
India, Malaisia, Indonesia. -
2:20 - 2:24Mais aparecía sobre todo en monos e,
por suposto, mosquitos. -
2:26 - 2:32Nos 60 anos que pasaron
entre a primeira aparición de 1947 e 2007 -
2:32 - 2:35déronse só 13 casos de Zika en humanos.
-
2:36 - 2:42Entón sucedeu algo fóra do común
nas minúsculas illas Yap da Micronesia. -
2:42 - 2:47Produciuse un andazo que afectou
ata ao 75 % da poboación. -
2:48 - 2:51Como chegou ata alí? Polo ar.
-
2:52 - 2:55Hoxe en día, hai dous mil millóns
de pasaxeiros de avión. -
2:55 - 3:00Unha persoa infectada pode ir en avión,
e voar por medio mundo -
3:00 - 3:03denantes de presentar síntomas
(se é que presenta algún). -
3:04 - 3:08Cando aterra, os mosquitos locais
vano picar e espallar a febre. -
3:09 - 3:15A febre de Zika volveu aparecer
en 2013 na Polinesia francesa. -
3:15 - 3:21Os mosquitos locais transmitíana
en decembro dese ano. -
3:21 - 3:26Iso levou a un estalido explosivo no que
case 30 000 persoas foron infectadas. -
3:26 - 3:29Dende aí estendeuse cara ao Pacífico.
-
3:29 - 3:33Houbo andazos nas Illas Cook,
en Nova Caledonia, -
3:34 - 3:36en Vanuatu, nas Illas Salomón
-
3:36 - 3:41e en case toda a costa de América do Sur
e Illa de Pascua. -
3:41 - 3:45Entón, a inicios do 2015,
-
3:45 - 3:49houbo un rexurdimento de casos
dunha síndrome similar ao dengue -
3:49 - 3:53na cidade de Natal, no nordeste de Brasil.
-
3:53 - 3:59O virus non era dengue, era Zika,
e estendeuse rapidamente. -
3:59 - 4:05A gran metrópole de Recife máis ao sur
axiña se converteu no epicentro. -
4:05 - 4:11A xente especulou que foran
os seareiros do Mundial de fútbol de 2014 -
4:11 - 4:13os que trouxeran o virus ao país.
-
4:14 - 4:18Outros especularon se viñera do Pacífico,
-
4:18 - 4:21cos insulares que participaban
no campionato de canoas -
4:21 - 4:23celebrado en Río aquel mesmo ano.
-
4:24 - 4:27Hoxe xa pasou un ano.
-
4:28 - 4:31Os mosquitos transmiten o virus localmente
-
4:31 - 4:34practicamente por toda América do Sur,
América Central, México -
4:34 - 4:36e as illas do Caribe.
-
4:37 - 4:40Ata este ano, os milleiros de casos
-
4:40 - 4:44diagnosticados nos EUA
contraéronse noutra parte. -
4:45 - 4:50Pero dende este verán,
xa se transmite localmente en Miami. -
4:50 - 4:51Está aquí.
-
4:52 - 4:53Que imos facer contra el?
-
4:53 - 4:57Previr a infección
-
4:58 - 5:02consiste tanto en protexer a xente
como en eliminar os mosquitos. -
5:02 - 5:04Imos falar primeiro da poboación.
-
5:05 - 5:06Podes vacinarte.
-
5:07 - 5:11Non viaxar a zonas con Zika.
-
5:11 - 5:14Ou podes cubrirte ata os ollos
e botar repelente. -
5:15 - 5:18Vacinarse non é unha opción
porque aínda non hai vacina -
5:18 - 5:21e seica non a haberá
ata dentro dun par de anos. -
5:22 - 5:26Ficar na casa tampouco é infalíbel
-
5:26 - 5:29porque agora sabemos
que se transmite por vía sexual. -
5:30 - 5:33Taparse e aplicar repelente
para mosquitos funciona... -
5:34 - 5:35...ata que che esquece.
-
5:36 - 5:38(Risos)
-
5:38 - 5:41Iso deixa só os mosquitos e así é
como os controlamos ata hoxe: -
5:41 - 5:43botando insecticidas.
-
5:44 - 5:48Fai falla unha roupa especial
por tratarse de substancias tóxicas -
5:48 - 5:51que matan tanto á xente coma ós bechos.
-
5:51 - 5:55Aínda que fai falta maior dose
para matar a alguén. -
5:55 - 5:59Estas son fotografías
de Brasil e Nicaragua. -
5:59 - 6:01Pero pasa o mesmo en Miami (Florida).
-
6:02 - 6:07Por suposto, podemos espallar
insecticida dende avións. -
6:07 - 6:14No verán, oficiais do control de mosquitos
-
6:14 - 6:18autorizaron o uso do insecticida Naled
en Dorchester County (Carolina do Sur), -
6:18 - 6:21pola mañanciña
como recomenda o fabricante. -
6:21 - 6:25Nese mesmo día, unha apicultora
contoulles aos xornalistas -
6:25 - 6:29que a súa colmea parecía
arrasada pola bomba atómica. -
6:30 - 6:31Arre demo!
-
6:32 - 6:33As abellas son os bos.
-
6:34 - 6:41Malia as protestas cidadás
-
6:41 - 6:45a fumigación continuou.
Tamén os casos de Zika. -
6:46 - 6:50Isto é porque os insecticidas
non son moi efectivos. -
6:50 - 6:57Haberá logo outros enfoques
máis eficaces cá fumigación -
6:59 - 7:04con menos efectos secundarios
ca as substancias tóxicas? -
7:04 - 7:08Son unha gran defensora
do control biolóxico, -
7:08 - 7:12e comparto a visión de Rachel Carson,
autora de Primavera silenciosa, -
7:12 - 7:17o libro considerado coma o inicio
do movemento medioambiental. -
7:17 - 7:21Nese libro conta, como exemplo, a historia
-
7:21 - 7:27de como unha molesta praga do gando
-
7:27 - 7:30foi eliminada no século pasado.
-
7:30 - 7:33Ninguén coñece xa esa historia.
-
7:33 - 7:37Jack Block e mais eu recuperámola
-
7:37 - 7:40cando escribimos un artigo
sobre a problemática actual do mosquito. -
7:40 - 7:45Na fase capsular, as pupas
(é dicir, a forma inmatura do insecto) -
7:45 - 7:50foron radiadas ata volvelas estériles,
creceron ata a adultez -
7:50 - 7:53e logo foron liberadas dende avións
por todo o Suroeste, o Sueste, -
7:53 - 7:58ata México e América Central,
-
7:58 - 8:02centos de millóns dende avionetas,
-
8:02 - 8:06eliminando ao fin esta terrible praga
-
8:07 - 8:09en practicamente todo o hemisferio norte.
-
8:10 - 8:13O noso auténtico propósito co artigo
-
8:13 - 8:16era amosarlles aos lectores
o que podiamos facer hoxe: -
8:16 - 8:20non con radiación senón con xenética.
-
8:20 - 8:21Déixenme que llelo explique
-
8:22 - 8:24Velaquí o malo: Aedes aegypti.
-
8:24 - 8:29É o vector da maioría de enfermidades,
-
8:29 - 8:31non só o Zika, tamén o dengue,
-
8:31 - 8:36o chikungunya, o virus do Nilo occidental
e a antiga praga, a febre amarela. -
8:37 - 8:39Trátase dun mosquito urbano
-
8:39 - 8:43e a femia fai todo o traballo sucio.
-
8:43 - 8:48Pica para obter unha comida sanguenta
para a súa prole. -
8:48 - 8:52Os machos non pican, nin sequera teñen
elementos trabadores na boca. -
8:53 - 8:59A pequena compañía británica Oxitec
modificou xeneticamente o mosquito -
8:59 - 9:05para que cando copulase coa femia salvaxe
os ovos non chegaran á idade adulta. -
9:05 - 9:06Deixen que llelo amose.
-
9:07 - 9:09Aquí temos o ciclo normal.
-
9:10 - 9:14O deseño de Oxitec fai que
ao copularen entre eles -
9:15 - 9:16os ovos non crezan.
-
9:17 - 9:18Parece imposible?
-
9:19 - 9:22Vóullelo amosar cun diagrama.
-
9:23 - 9:26Aquí está o núcleo da célula dun mosquito,
-
9:26 - 9:29e esta lea no medio é o xenoma,
-
9:29 - 9:31a suma total do seus xenes.
-
9:32 - 9:35Os científicos engadiron tan só un xene
-
9:35 - 9:39que codifica esa bola laranxa, a proteína,
-
9:39 - 9:45que se retroalimenta
cuspindo máis proteína. -
9:45 - 9:50As copias extra, pola contra,
afectan aos xenes do mosquito -
9:50 - 9:51matando o organismo.
-
9:52 - 9:56Para mantelo con vida no laboratorio,
usaron o composto tetraciclina. -
9:57 - 10:02A tetraciclina anula ese xene e
permite o desenvolvemento normal. -
10:02 - 10:06Engadiron outra pequena engurra
para poder estudar o que pasaba. -
10:06 - 10:13O que fixeron foi engadir un xene
que brilla baixo luz ultravioleta -
10:14 - 10:17de modo que cando o soltaran
podían seguilo por moi lonxe que fora -
10:17 - 10:21por moito que vivise
e todos eses datos necesarios -
10:21 - 10:22para un bo estudo científico.
-
10:23 - 10:26Aquí temos a fase de pupa.
Nesta etapa -
10:27 - 10:30as femias son máis grandes ca os machos.
-
10:31 - 10:34Isto permítelles distinguir
entre machos e femias, -
10:34 - 10:39só permiten aos machos chegar á madurez.
-
10:39 - 10:42Permítanme recordarlles
que os machos non pican. -
10:42 - 10:43A partir de aí é moi simple.
-
10:43 - 10:47Colleron vasos cheos de mosquitos macho
-
10:47 - 10:49vertéronos en cartóns de leite
e conduciron pola cidade -
10:49 - 10:52liberándoos guiados por un GPS.
-
10:53 - 10:55Velaí o alcalde da cidade
liberando o primeiro lote -
10:55 - 10:58do que deron en chamar o "Aedes amigábel".
-
10:58 - 11:02Oxalá fose nos EE. UU., pero non foi.
-
11:02 - 11:04Foi en Piracicaba (Brasil).
-
11:04 - 11:09O máis incríbel é que nun só ano
-
11:09 - 11:14os casos de dengue baixaron nun 91 %.
-
11:14 - 11:18Iso é mellor que calquera insecticida.
-
11:18 - 11:24Daquela, por que non usar nos EUA
este extraordinario control biolóxico? -
11:24 - 11:31Porque é un OMX:
un organismo modificado xeneticamente. -
11:31 - 11:36Fíxense que o subtítulo di que
se a FDA lles deixase -
11:36 - 11:39poderían facer o mesmo aquí,
cando chegue o Zika. -
11:39 - 11:40Abofé que xa chegou.
-
11:41 - 11:44Debo contarlles a versión curta
-
11:44 - 11:50da longa e tortuosa historia
da lexislación sobre OMX nos EUA. -
11:51 - 11:58Nos EUA, hai tres axencias que regulan
os organismos modificados xeneticamente: -
11:58 - 12:01a FDA (Departamento
da Alimentación e Medicamentos), -
12:01 - 12:03a EPA (Axencia de Protección
do Medioambiente) -
12:03 - 12:06e a USDA, o Departamento Estadounidense
de Agricultura. -
12:07 - 12:11A esta xente levoulle dous anos
decidir que debería ser a FDA -
12:11 - 12:14quen lexislase sobre o mosquito
modificado xeneticamente. -
12:14 - 12:21E que o tratarían como un novo
animal medicamento, se iso ten sentido. -
12:21 - 12:25Levoulles outros cinco anos
indo de aquí para alá -
12:25 - 12:30convencer á FDA da súa inocuidade
para a xente -
12:30 - 12:33e para o medio ambiente.
-
12:33 - 12:39Finalmente, déronlles permiso
para facer un pequeno test este verán -
12:39 - 12:40nas Florida Keys,
-
12:40 - 12:47onde os invitaran uns anos antes
cando o brote do dengue. -
12:48 - 12:50Non ía ser tan doado.
-
12:50 - 12:53Cando os residentes oíron
-
12:53 - 12:57que ían probar na súa comunidade
mosquitos modificados xeneticamente -
12:57 - 13:00algúns comezaron a convocar protestas.
-
13:00 - 13:05Incluso organizaron unha petición
en internet con ese logo tan curriño -
13:05 - 13:11chegando a conseguir unhas 160 000 firmas.
-
13:11 - 13:13Pediron un referendo
-
13:13 - 13:16que vai ter lugar nun par de semanas
-
13:16 - 13:19sobre se permitir ou non as probas.
-
13:20 - 13:27De certo é Miami onde se precisan
mellores modos de controlar os insectos. -
13:27 - 13:29E aí si están cambiando as actitudes.
-
13:29 - 13:35De feito, hai pouco un grupo bipartidista
composto por máis de 60 lexisladores -
13:35 - 13:38escribiulle a Sylvia Burwell,
Secretaria de Saúde, -
13:38 - 13:43pedíndolle que, como autoridade federal,
lle facilite a Florida o acceso -
13:44 - 13:46a esta nova tecnoloxía.
-
13:46 - 13:48O punto crucial é este:
-
13:48 - 13:51o control biolóxico dos insectos daniños
-
13:52 - 13:57pode ser á vez efectivo
e moito máis amigábel co medio ambiente -
13:57 - 14:01que usar insecticidas,
que son substancias tóxicas. -
14:02 - 14:05Era así no tempo de Rachel Carson
e segue a ser así hoxe. -
14:05 - 14:11O que cambiou é que temos
infinitamente máis información -
14:11 - 14:13sobre xenética da que tiñan daquela,
-
14:13 - 14:17e polo tanto maior capacidade
para usar esa información -
14:17 - 14:20para preferir estes controis biolóxicos.
-
14:20 - 14:25E espero que conseguise espertar
a súa curiosidade o suficiente -
14:25 - 14:31para comezar a indagar pola súa conta,
non só sobre os mosquitos MX -
14:31 - 14:37senón sobre outros organismos modificados
tan controvertidos agora. -
14:38 - 14:42Penso que se o fan e rebuscan máis alá
da desinformación, -
14:42 - 14:44e da publicidade
-
14:44 - 14:47da industria da comida orgánica
ou dos Greenpeaces -
14:47 - 14:50e atopan a ciencia, a verdadeira ciencia,
-
14:50 - 14:53ficarán sorprendidos e encantados.
-
14:53 - 14:54Moitas grazas.
-
14:54 - 14:56(Aplausos)
- Title:
- Unha arma secreta contra o Zika e outras enfermidades transmitidas por mosquitos.
- Speaker:
- Nina Fedoroff
- Description:
-
more » « less
De onde vén o Zika e que podemos facer contra el? A bióloga molecular Nina Fedoroff lévanos arredor do mundo para comprender as orixes do Zika e como se expandiu, ao tempo que propón un controvertido modo de parar o virus --e outras enfermidades mortais-- evitando que os mosquitos portadores se multipliquen.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:10

