Return to Video

Desmitifiquemos o TOC

  • 0:07 - 0:08
    Existe un erro común:
  • 0:08 - 0:11
    se che gusta organizar
    meticulosamente as túas cousas,
  • 0:11 - 0:13
    manter limpas as mans
  • 0:13 - 0:16
    ou planear a túa fin de semana
    ata o último detalle,
  • 0:16 - 0:19
    é probable que teñas un TOC.
  • 0:19 - 0:24
    O TOC, que significa
    trastorno obsesivo-compulsivo,
  • 0:24 - 0:26
    é unha doenza psiquiátrica grave
  • 0:26 - 0:29
    frecuentemente mal comprendida
    pola sociedade
  • 0:29 - 0:32
    e mesmo polos profesionais
    da saúde mental.
  • 0:32 - 0:35
    Imos comezar a desmitificalo.
  • 0:35 - 0:40
    Mito un: comportamentos repetitivos
    ou rituais son sinónimo de TOC.
  • 0:40 - 0:42
    Tal e como suxire o seu nome,
  • 0:42 - 0:45
    o trastorno obsesivo-compulsivo
    ten dúas facetas:
  • 0:45 - 0:50
    as obsesións: incómodas imaxes,
    pensamentos ou impulsos;
  • 0:50 - 0:53
    e o comportamento compulsivo,
    que estas persoas empregan
  • 0:53 - 0:57
    co fin de liberar a ansiedade
    que lle causan as obsesións.
  • 0:57 - 1:00
    O tipo de accións que a xente
    adoita asociar ao TOC,
  • 1:00 - 1:04
    como o lavado excesivo de mans
    ou comprobar as cousas unha e outra vez,
  • 1:04 - 1:08
    poden ser exemplos de tendencias
    compulsivas ou obsesivas
  • 1:08 - 1:11
    que moitos de nós podemos amosar
    de cando en cando.
  • 1:11 - 1:16
    Pero o verdadeiro trastorno é
    moito máis raro e pode ser incapacitante.
  • 1:16 - 1:19
    As persoas afectadas
    teñen pouco ou ningún control
  • 1:19 - 1:22
    sobre as súas ideas obsesivas
    e os comportamentos compulsivos,
  • 1:22 - 1:24
    que lles rouban moito tempo,
  • 1:24 - 1:28
    interferindo co seu traballo,
    ou coa súa vida escolar ou social,
  • 1:28 - 1:31
    ata o punto de causarlles
    unha angustia significativa.
  • 1:31 - 1:37
    Estes criterios diagnósticos
    son os que separan a quen sofre TOC
  • 1:37 - 1:40
    daqueles que só son
    un pouco máis metódicos
  • 1:40 - 1:42
    ou obsesionados coa hixiene do habitual.
  • 1:42 - 1:47
    Mito dous: o principal síntoma do TOC
    é o lavado de mans excesivo.
  • 1:47 - 1:52
    A pesar de ser esta a imaxe máis común
    que se ten do TOC na cultura popular,
  • 1:52 - 1:56
    as obsesións e as compulsións
    poden presentarse de moitas formas.
  • 1:56 - 2:00
    As obsesións poden manifestarse
    como medo a contaminarse ou enfermar.
  • 2:00 - 2:02
    preocupación por magoar aos demais
  • 2:02 - 2:08
    ou inquedanzas sobre números, patróns,
    moralidade ou identidade sexual.
  • 2:08 - 2:12
    As compulsións poden ir
    dende revisar ou limpalo todo vinte veces
  • 2:12 - 2:15
    ata colocar os obxectos con precisión
  • 2:15 - 2:19
    ou camiñar seguindo determinados patróns.
  • 2:19 - 2:20
    Mito tres:
  • 2:20 - 2:25
    as persoas cun TOC non comprenden
    que están a actuar irracionalmente.
  • 2:25 - 2:29
    Moitas persoas cun TOC
    si son conscientes da relación
  • 2:29 - 2:33
    entre as súas obsesións
    e as súas compulsións.
  • 2:33 - 2:35
    Ser incapaces de evitar
    eses pensamentos e accións
  • 2:35 - 2:38
    a pesar de entender o que lles acontece
  • 2:38 - 2:42
    é unha das razóns polas que o TOC
    é tan anguriante.
  • 2:42 - 2:44
    As persoas cun TOC din que tolean
  • 2:44 - 2:47
    pola ansiedade que lles causan
    as súas ideas irracionais
  • 2:47 - 2:51
    e pola dificultade
    para controlar a súa resposta.
  • 2:51 - 2:53
    Entón, cal é a causa do TOC?
  • 2:53 - 2:56
    A frustrante resposta
    é que non a coñecemos.
  • 2:56 - 2:59
    Porén, temos importantes pistas.
  • 2:59 - 3:02
    O TOC é considerado
    un trastorno neurobiolóxico.
  • 3:02 - 3:06
    Noutras palabras, a investigación suxire
    que o cerebro daqueles que sofren TOC
  • 3:06 - 3:10
    está programado para comportarse
    dun determinado xeito.
  • 3:10 - 3:13
    Crese que son tres rexións do cerebro
  • 3:13 - 3:17
    involucradas no comportamento social
    e na planificación cognitiva complexa,
  • 3:17 - 3:19
    nos movementos voluntarios,
  • 3:19 - 3:22
    e nas respostas emocionais
    e motivacionais.
  • 3:22 - 3:24
    A outra peza do quebracabezas
  • 3:24 - 3:28
    é que o TOC se asocia
    con baixos niveis de serotonina,
  • 3:28 - 3:32
    un neurotransmisor que comunica
    as estruturas cerebrais entre si
  • 3:32 - 3:35
    e axuda a regular procesos vitais
  • 3:35 - 3:37
    como o ánimo, a agresividade,
    o control de impulsos,
  • 3:37 - 3:42
    o sono, o apetito,
    a temperatura corporal e a dor.
  • 3:42 - 3:47
    Mais son a serotonina e a actividade
    destas rexións cerebrais a causa do TOC,
  • 3:47 - 3:51
    ou son síntomas dunha causa
    subxacente do trastorno?
  • 3:51 - 3:53
    É probable que non o saibamos
  • 3:53 - 3:57
    ata que teñamos un coñecemento
    moito máis preciso do cerebro.
  • 3:57 - 4:00
    A boa nova é que existen
    tratamentos efectivos para o TOC,
  • 4:00 - 4:03
    como medicamentos
    que aumentan a serotonina no cerebro
  • 4:03 - 4:07
    inhibindo a súa reabsorción
    polas células cerebrais;
  • 4:07 - 4:12
    a terapia condutual, que diminúe
    a propensión á ansiedade dos doentes
  • 4:12 - 4:15
    e nalgúns casos,
    a terapia electroconvulsiva,
  • 4:15 - 4:19
    ou a cirurxía, se o TOC non responde
    a outras formas de tratamento.
  • 4:19 - 4:22
    Saber que o cerebro te engana
  • 4:22 - 4:26
    mentres non es capaz de resistir
    as súas ordes, pode ser anguriante.
  • 4:26 - 4:30
    Pero co coñecemento e a comprensión
    vén o poder de buscar axuda,
  • 4:30 - 4:32
    e a investigación científica
  • 4:32 - 4:35
    achegaranos as respostas
    que estamos a buscar.
Title:
Desmitifiquemos o TOC
Speaker:
Dr. Natascha M. Santos
Description:

Existe un erro común: se che gusta organizarte meticulosamente, manter as limpas as mans, ou planear a túa fin de semana ata o último detalle, é probable que teñas un TOC. O TOC (trastorno obsesivo-compulsivo) é unha doenza psiquiátrica grave, frecuentemente mal comprendida pola sociedade e mesmo polos profesionais da saúde mental. Natascha M. Santos axúdanos a desmitificar o TOC. [Dirección de Zedem Media, narración de Addison Anderson].

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
04:51
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Cristina Pernas edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Cristina Pernas edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Cristina Pernas edited Galician subtitles for Debunking the myths of OCD
Show all

Galician subtitles

Revisions