WEBVTT 00:00:06.608 --> 00:00:08.269 Existe un erro común: 00:00:08.269 --> 00:00:11.000 se che gusta organizar meticulosamente as túas cousas, 00:00:11.000 --> 00:00:12.573 manter limpas as mans 00:00:12.573 --> 00:00:15.727 ou planear a túa fin de semana ata o último detalle, 00:00:15.727 --> 00:00:19.152 é probable que teñas un TOC. 00:00:19.152 --> 00:00:24.129 O TOC, que significa trastorno obsesivo-compulsivo, 00:00:24.129 --> 00:00:26.348 é unha doenza psiquiátrica grave 00:00:26.348 --> 00:00:28.623 frecuentemente mal comprendida pola sociedade 00:00:28.623 --> 00:00:31.739 e mesmo polos profesionais da saúde mental. 00:00:31.739 --> 00:00:34.669 Imos comezar a desmitificalo. 00:00:34.669 --> 00:00:40.318 Mito un: comportamentos repetitivos ou rituais son sinónimo de TOC. 00:00:40.318 --> 00:00:41.951 Tal e como suxire o seu nome, 00:00:41.951 --> 00:00:45.102 o trastorno obsesivo-compulsivo ten dúas facetas: 00:00:45.102 --> 00:00:50.106 as obsesións: incómodas imaxes, pensamentos ou impulsos; 00:00:50.106 --> 00:00:53.413 e o comportamento compulsivo, que estas persoas empregan 00:00:53.413 --> 00:00:56.942 co fin de liberar a ansiedade que lle causan as obsesións. 00:00:56.942 --> 00:01:00.217 O tipo de accións que a xente adoita asociar ao TOC, 00:01:00.217 --> 00:01:04.079 como o lavado excesivo de mans ou comprobar as cousas unha e outra vez, 00:01:04.079 --> 00:01:08.029 poden ser exemplos de tendencias compulsivas ou obsesivas 00:01:08.029 --> 00:01:10.847 que moitos de nós podemos amosar de cando en cando. 00:01:10.847 --> 00:01:16.264 Pero o verdadeiro trastorno é moito máis raro e pode ser incapacitante. 00:01:16.264 --> 00:01:18.928 As persoas afectadas teñen pouco ou ningún control 00:01:18.928 --> 00:01:22.075 sobre as súas ideas obsesivas e os comportamentos compulsivos, 00:01:22.333 --> 00:01:24.108 que lles rouban moito tempo, 00:01:24.108 --> 00:01:28.405 interferindo co seu traballo, ou coa súa vida escolar ou social, 00:01:28.405 --> 00:01:31.230 ata o punto de causarlles unha angustia significativa. 00:01:31.230 --> 00:01:36.506 Estes criterios diagnósticos son os que separan a quen sofre TOC 00:01:36.506 --> 00:01:39.702 daqueles que só son un pouco máis metódicos 00:01:39.702 --> 00:01:42.488 ou obsesionados coa hixiene do habitual. 00:01:42.488 --> 00:01:47.239 Mito dous: o principal síntoma do TOC é o lavado de mans excesivo. 00:01:47.239 --> 00:01:51.864 A pesar de ser esta a imaxe máis común que se ten do TOC na cultura popular, 00:01:51.864 --> 00:01:55.718 as obsesións e as compulsións poden presentarse de moitas formas. 00:01:55.718 --> 00:01:59.847 As obsesións poden manifestarse como medo a contaminarse ou enfermar. 00:01:59.847 --> 00:02:02.196 preocupación por magoar aos demais 00:02:02.196 --> 00:02:08.035 ou inquedanzas sobre números, patróns, moralidade ou identidade sexual. 00:02:08.035 --> 00:02:11.623 As compulsións poden ir dende revisar ou limpalo todo vinte veces 00:02:11.623 --> 00:02:14.938 ata colocar os obxectos con precisión 00:02:14.938 --> 00:02:18.534 ou camiñar seguindo determinados patróns. 00:02:18.534 --> 00:02:19.856 Mito tres: 00:02:19.856 --> 00:02:24.857 as persoas cun TOC non comprenden que están a actuar irracionalmente. 00:02:24.857 --> 00:02:28.712 Moitas persoas cun TOC si son conscientes da relación 00:02:28.712 --> 00:02:32.729 entre as súas obsesións e as súas compulsións. 00:02:32.729 --> 00:02:35.358 Ser incapaces de evitar eses pensamentos e accións 00:02:35.358 --> 00:02:38.444 a pesar de entender o que lles acontece 00:02:38.444 --> 00:02:42.040 é unha das razóns polas que o TOC é tan anguriante. 00:02:42.040 --> 00:02:44.489 As persoas cun TOC din que tolean 00:02:44.489 --> 00:02:47.465 pola ansiedade que lles causan as súas ideas irracionais 00:02:47.465 --> 00:02:50.836 e pola dificultade para controlar a súa resposta. 00:02:50.836 --> 00:02:53.371 Entón, cal é a causa do TOC? 00:02:53.371 --> 00:02:56.328 A frustrante resposta é que non a coñecemos. 00:02:56.328 --> 00:02:58.765 Porén, temos importantes pistas. 00:02:58.765 --> 00:03:02.236 O TOC é considerado un trastorno neurobiolóxico. 00:03:02.236 --> 00:03:06.466 Noutras palabras, a investigación suxire que o cerebro daqueles que sofren TOC 00:03:06.466 --> 00:03:10.228 está programado para comportarse dun determinado xeito. 00:03:10.228 --> 00:03:12.701 Crese que son tres rexións do cerebro 00:03:12.701 --> 00:03:16.900 involucradas no comportamento social e na planificación cognitiva complexa, 00:03:16.900 --> 00:03:18.575 nos movementos voluntarios, 00:03:18.575 --> 00:03:22.261 e nas respostas emocionais e motivacionais. 00:03:22.261 --> 00:03:24.089 A outra peza do quebracabezas 00:03:24.089 --> 00:03:28.271 é que o TOC se asocia con baixos niveis de serotonina, 00:03:28.271 --> 00:03:32.023 un neurotransmisor que comunica as estruturas cerebrais entre si 00:03:32.023 --> 00:03:34.594 e axuda a regular procesos vitais 00:03:34.594 --> 00:03:37.417 como o ánimo, a agresividade, o control de impulsos, 00:03:37.417 --> 00:03:42.205 o sono, o apetito, a temperatura corporal e a dor. 00:03:42.205 --> 00:03:46.728 Mais son a serotonina e a actividade destas rexións cerebrais a causa do TOC, 00:03:46.728 --> 00:03:51.227 ou son síntomas dunha causa subxacente do trastorno? 00:03:51.227 --> 00:03:52.768 É probable que non o saibamos 00:03:52.768 --> 00:03:56.726 ata que teñamos un coñecemento moito máis preciso do cerebro. 00:03:56.726 --> 00:04:00.254 A boa nova é que existen tratamentos efectivos para o TOC, 00:04:00.254 --> 00:04:03.462 como medicamentos que aumentan a serotonina no cerebro 00:04:03.462 --> 00:04:06.513 inhibindo a súa reabsorción polas células cerebrais; 00:04:06.513 --> 00:04:11.517 a terapia condutual, que diminúe a propensión á ansiedade dos doentes 00:04:11.517 --> 00:04:14.660 e nalgúns casos, a terapia electroconvulsiva, 00:04:14.660 --> 00:04:19.188 ou a cirurxía, se o TOC non responde a outras formas de tratamento. 00:04:19.188 --> 00:04:21.762 Saber que o cerebro te engana 00:04:21.762 --> 00:04:26.000 mentres non es capaz de resistir as súas ordes, pode ser anguriante. 00:04:26.000 --> 00:04:30.105 Pero co coñecemento e a comprensión vén o poder de buscar axuda, 00:04:30.105 --> 00:04:31.750 e a investigación científica 00:04:31.750 --> 00:04:34.962 achegaranos as respostas que estamos a buscar.