África é unha xigante dormente... e estou tentando espertala.
-
0:01 - 0:02Que tal, xente?
-
0:02 - 0:05Non podo crer que estea nunha TED Talk.
-
0:05 - 0:07Isto é de nivel,
-
0:07 - 0:10porque agora mesmo
toda a miña vila está a ver isto. -
0:10 - 0:13Así que, loxicamente,
o meu prezo de noiva acaba de subir -
0:13 - 0:15Chámome Adeola Fayehun.
-
0:15 - 0:16Son de Nixeria.
-
0:16 - 0:17Vivo nos Estados Unidos,
-
0:17 - 0:19son xornalista, ou cómica,
-
0:20 - 0:21ou artista satírica,
-
0:21 - 0:23o que queiras que sexa, de feito.
-
0:23 - 0:25Son calquera muller, lévoas todas dentro.
-
0:25 - 0:29Presento un programa en YouTube
chamado Keeping it real with Adeola. -
0:30 - 0:32É un programa amable e respectuoso
-
0:32 - 0:37e un xeito contundente
de sinalar os líderes africanos corruptos. -
0:37 - 0:40Presidente Buhari: Descoñezo a que partido
pertence a miña muller, -
0:40 - 0:42mais sei que pertence á miña cociña.
-
0:42 - 0:44Adeola: Ai, por Deus!
-
0:44 - 0:45Necesito auga... por favor
-
0:45 - 0:47Dixen que necesito auga!
-
0:49 - 0:50Ves?
-
0:50 - 0:51Son moi honesta con eles, ha!
-
0:52 - 0:54Sobre todo cando a lían,
algo que pasa moitas veces. -
0:55 - 0:58Se algún alto cargo africano
está a verme, por certo, -
0:58 - 1:00non estou a falar de vostede, señor.
-
1:00 - 1:02Estou a falar dos seus colegas, si.
-
1:03 - 1:07Fago isto porque África
ten todo o que cómpre para ser grande. -
1:07 - 1:09Medrei coa crenza
-
1:09 - 1:11de que África, como continente,
é un xigante. -
1:12 - 1:14Temos máis habilidades, intelectuais,
-
1:14 - 1:18e recursos naturais
ca ningún outro continente. -
1:18 - 1:22África abastece mundialmente
o 31% do ouro, -
1:22 - 1:24manganesio e uranio,
-
1:24 - 1:2757% dos diamantes do mundo
-
1:27 - 1:29e 13% do petróleo mundial.
-
1:29 - 1:32Non hai razón
para que dependamos das axudas -
1:32 - 1:36ou empréstitos de China
ou do Banco Mundial. -
1:36 - 1:37Mais, sen bos líderes,
-
1:37 - 1:41somos como unha aguia
que non sabe que pode voar, -
1:42 - 1:43e moito menos elevarse.
-
1:43 - 1:46África é coma unha xigante dormente.
-
1:46 - 1:49O certo é que estou tentando
espertar a esa xigante, -
1:49 - 1:51por iso aireo os trapos sucios
-
1:51 - 1:53dos que están a cargo desta xigante.
-
1:53 - 1:56Os nosos políticos, os líderes relixiosos,
-
1:56 - 1:58con moito respecto, por suposto,
-
1:58 - 2:00porque, máis ca ningunha outra cousa,
-
2:01 - 2:04os líderes africanos
adoran que os respecten. -
2:04 - 2:06E eu fágolles o favor en pequenas doses.
-
2:06 - 2:07No meu programa
-
2:08 - 2:09fágolles unha reverencia... ha!
-
2:09 - 2:12Chámolles meus tíos, miñas tías,
-
2:12 - 2:14meus pais no nome de Deus,
-
2:14 - 2:15e logo...
-
2:15 - 2:18insúltoos
por insultar a nosa intelixencia. -
2:19 - 2:21Porque estamos cansos
-
2:21 - 2:24da hipocrisía e as falsas promesas.
-
2:24 - 2:25Por exemplo,
-
2:26 - 2:29o presidente nixeriano
xurou acabar co turismo médico -
2:29 - 2:32mediante a mellora
dos nosos ruinosos hospitais -
2:32 - 2:34e a construción de novos centros.
-
2:34 - 2:36Pero que fixo?
-
2:36 - 2:41Pasou tres meses recibindo tratamento
en Londres no 2017. -
2:41 - 2:44Estivemos sen presidente
durante tres meses. -
2:44 - 2:46Fomos orfos durante tres meses.
-
2:46 - 2:49Criticar ó Presidente
converteuse no meu traballo, -
2:49 - 2:50con respecto, obviamente.
-
2:50 - 2:53Dixen: "Sr. Presidente,
son a súa fan, Adeola. -
2:54 - 2:55Xa sabe como estou,
que tal vostede? -
2:56 - 2:57Non ten vergoña".
-
2:57 - 2:59Esquecín dicir "señor".
-
2:59 - 3:01"Señor, non ten vergoña.
-
3:01 - 3:03(En Yoruba) Vostede non teme a Deus.
-
3:03 - 3:04Vostede non teme a Deus".
-
3:04 - 3:0935.000 médicos nixerianos
están a traballar nos Estados Unidos, -
3:09 - 3:10no Reino Unido e Canadá
-
3:10 - 3:12facendo cousas incribles
-
3:12 - 3:15porque en Nixeria
non teñen un bo soldo -
3:15 - 3:17nin teñen o equipamento necesario
-
3:17 - 3:20para poder facer o seu traballo.
-
3:20 - 3:23E isto pasa en moitos países africanos.
-
3:24 - 3:26Temos a capacidade de voar.
-
3:26 - 3:31Mais moito talento africano
está a voar lonxe de África -
3:31 - 3:32cara a outros continentes.
-
3:33 - 3:34Por exemplo,
-
3:34 - 3:37este médico nixeriano
operou nun bebé que aínda non nacera -
3:37 - 3:38en Texas.
-
3:39 - 3:40Este médico nixeriano
-
3:40 - 3:45descubriu os efectos neurolóxicos
das conmocións cerebrais en atletas. -
3:45 - 3:49E moitos países teñen atletas africanos
a gañar medallas de ouro... -
3:49 - 3:50para eles.
-
3:51 - 3:52O interesante é que
-
3:52 - 3:55estamos a esperar que Deus arranxe África.
-
3:55 - 3:57En serio, non é broma.
Estamos a esperar por Deus. -
3:58 - 4:00Non hai máis que ver
ó presidente de Burundi -
4:00 - 4:02que encarcela a xornalistas
e a opositores, -
4:02 - 4:05pero que proclamou
un Día Nacional de Pregaria -
4:05 - 4:08para que a xente puidese pedirlle a Deus
que arranxase o país. -
4:08 - 4:11E eu pensei, non debería ser el
quen arranxase o país? -
4:11 - 4:13Oh, no, no, no, no, no, no.
-
4:13 - 4:15Queremos que o arranxe Deus.
-
4:15 - 4:17Ves o que teño que aturar?
-
4:17 - 4:18Xa cho digo eu,
-
4:19 - 4:22o día menos pensado
van levar o seu merecido. -
4:22 - 4:24Podemos ser mellores.
-
4:24 - 4:28Quero que os nosos líderes
comecen a responsabilizarse -
4:28 - 4:31e deixen de cargarlle o morto a Deus.
-
4:32 - 4:34Deus deunos todo o que necesitamos.
-
4:34 - 4:36Está aquí mesmo, usémolo.
-
4:37 - 4:40A miña parte favorita do meu traballo
-
4:40 - 4:43é destacar a xente de África
que realiza traballos incribles, -
4:43 - 4:45xente normal que marca outras vidas.
-
4:45 - 4:48Como esta muller kenyana, Wangari Maathai,
-
4:48 - 4:51a primeira muller africana
en recibir o premio Nobel da Paz -
4:52 - 4:53pola súa defensa dos dereitos humanos
-
4:53 - 4:55e por plantar un millón de árbores.
-
4:56 - 4:58Ou esta muller de Zimbabwe,
-
4:58 - 4:59Dra. Tererai Trent,
-
4:59 - 5:02forzada a casar con 14 anos
-
5:02 - 5:04a cambio dunha vaca.
-
5:04 - 5:07Aínda así, aprendeu por si soa
a ler e escribir, -
5:07 - 5:09e acabou no programa de Oprah.
-
5:09 - 5:13Oh, Señor,
eu tamén quero acabar onda Oprah. -
5:13 - 5:15Esta muller construíu escolas
-
5:15 - 5:17para milleiros de cativos en Zimbabwe.
-
5:18 - 5:21O famoso arquitecto británico
David Adjaye deseñou -
5:22 - 5:24edificios incribles por todo o mundo.
-
5:24 - 5:27É de Ghana e de Tanzania,
-
5:27 - 5:31así que seguro que foi
o arroz jollof de Ghana, -
5:31 - 5:33que el comera,
-
5:33 - 5:35o que o inspirou a crear.
-
5:35 - 5:38Se cadra foi o arroz de Nixeria,
que é mellor. -
5:38 - 5:41Sexa como for,
esa foi a súa inspiración para ser -
5:41 - 5:43a excelente persoa que é hoxe.
-
5:43 - 5:45E aproveitando a túa atención,
-
5:45 - 5:46teño algo máis que engadir,
-
5:46 - 5:47así que achégate.
-
5:47 - 5:50Vale, perfecto,
non te pases, aí está ben. -
5:50 - 5:52Non me gusta a forma que tedes
-
5:52 - 5:53de retratar África.
-
5:53 - 5:55Non todos vós, só algúns.
-
5:55 - 5:56Ti en concreto.
-
5:56 - 5:59Para comezar, non é un país,´
é un continente. -
5:59 - 6:01Non coñezo a Paul de Uganda,
-
6:01 - 6:03nin a Rebecca de Zimbabwe.
-
6:04 - 6:06Nixeria está tan lonxe de Zimbabwe
-
6:06 - 6:08como Nova York de Francia.
-
6:08 - 6:11E non hai un monton de xente núa
necesitada de caridade occidental. -
6:11 - 6:13Estades moi equivocados.
-
6:13 - 6:15Os leóns non pasean polas nosas rúas.
-
6:15 - 6:16Podería seguir,
-
6:16 - 6:18pero xa sabedes a que me refiro.
-
6:18 - 6:21Así que, mentres eu traballo para espertar
-
6:21 - 6:22á xigante dormente que é África,
-
6:22 - 6:25para que poida reclamar
o seu lugar na escena internacional, -
6:26 - 6:27ti podes facer a túa parte.
-
6:27 - 6:29Por favor, escoita máis.
-
6:30 - 6:32Escoita ás túas amizades africanas
-
6:32 - 6:34sen ideas preconcibidas
-
6:34 - 6:36sobre o que pensas que van dicir.
-
6:37 - 6:38Le libros africanos.
-
6:39 - 6:41Oh, meu Deus, ve filmes africanos.
-
6:41 - 6:42Ou, como mínimo,
-
6:42 - 6:46aprende algúns dos nomes
dos nosos 54 preciosos países. -
6:46 - 6:49Así é, 54, meu ben. Cinco-catro.
-
6:49 - 6:51Bueno, foi un pracer,
-
6:51 - 6:52e estou sendo honesta.
-
6:52 - 6:54Até a próxima, vémonos nun chisco.
-
6:54 - 6:55Saudiña.
- Title:
- África é unha xigante dormente... e estou tentando espertala.
- Speaker:
- Adeola Fayehun
- Description:
-
"África é unha xigante dormente", di a xornalista e escritora satírica Adeola Fayehun ó comezo desta hilarante e mordaz charla. "O certo é que estou tentando espertar a esa xigante. Por iso aireo os trapos sucios dos que mandan".
Engánchate ós escarnios que lles adica ós altos funcionarios africanos e ás mostras que dá de que o continente xa ten todo o necesario para reclamar o seu lugar na escena internacional... se os seus líderes comezasen a responsabilizarse. - Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 07:09
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Alba Gil edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Alba Gil edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Alba Gil edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Alba Gil edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up | |
![]() |
Alba Gil edited Galician subtitles for Africa is a sleeping giant -- I'm trying to wake it up |