Itay Talgam: Lidera como os grandes directores
-
0:01 - 0:05O momento máxico, o momento máxico da dirección.
-
0:05 - 0:07Isto é, cando subes no escenario. Unha orquestra sentada.
-
0:07 - 0:11Están todos no aquecemento e ensaiando.
-
0:11 - 0:13E subo ao estrado.
-
0:13 - 0:16A pequena oficina do director.
-
0:16 - 0:19Ou máis ben o seu cubículo, un cubículo aberto,
-
0:19 - 0:21cunha chea de espacio.
-
0:21 - 0:23E fronte todo ese ruido,
-
0:23 - 0:25fas un pequeno xesto.
-
0:25 - 0:29Algo como isto, non moi pomposo, non moi sofisticado, isto.
-
0:29 - 0:32E de pronto, de entre o caos, a orde.
-
0:32 - 0:34O ruído transfórmase en música.
-
0:34 - 0:36E isto é fantástico. E é tan tentador
-
0:36 - 0:38pensar que todo ten que ver comigo.
-
0:38 - 0:40(Risas)
-
0:40 - 0:42Todas esas persoas, virtuosos,
-
0:42 - 0:44que fan ruído, precisan que eu faga iso.
-
0:44 - 0:46Realmente non. Se fose iso,
-
0:46 - 0:48aforraríavos a charla,
-
0:48 - 0:50e ensinaríavos o xesto.
-
0:50 - 0:52De modo que puidesedes sair ao mundo
-
0:52 - 0:55e facelo en calquera empresa ou en calquera sitio que queirades,
-
0:55 - 0:57para conseguir unha harmonía perfecta. Non funciona.
-
0:57 - 0:59Vexamos o primeiro video.
-
0:59 - 1:02Espero que pensedes que é un bon exemplo de harmonía.
-
1:02 - 1:06E despois falamos un pouco de como chega.
-
1:06 - 1:10(Música)
-
2:02 - 2:04Foi bonito?
-
2:04 - 2:07Foi un tipo de éxito.
-
2:07 - 2:10Agora, a quen deberiamos agradecer polo resultado?
-
2:10 - 2:12Quero dicir, naturalmente aos músicos da orquestra
-
2:12 - 2:14tocando ben,
-
2:14 - 2:18a Orquestra Filarmónica de Viena.
-
2:18 - 2:20Nin sequera adoitan mirar ao director.
-
2:20 - 2:23E tamén está o auditorio que aplaude,
-
2:23 - 2:25en realidade formando parte de música resultante.
-
2:25 - 2:29Sabedes que os auditorios en Viena non interactúan normalmente coa música.
-
2:29 - 2:33Isto é o máis próximo a un festival oriental de baile do ventre
-
2:33 - 2:35que estarás en Viena.
-
2:35 - 2:36(Risas)
-
2:36 - 2:39Diferente a Israel, por exemplo, onde o auditorio tuse todo o tempo.
-
2:39 - 2:42Arthur Rubinstein, o pianista, adoitaba dicir
-
2:42 - 2:45que "en todas partes do mundo, a xente cando ten gripe, vai ao médico.
-
2:45 - 2:48En Tel Aviv veñen aos meus concertos".
-
2:48 - 2:49(Risas)
-
2:49 - 2:51Así que é algún tipo de tradición.
-
2:51 - 2:53Pero os auditorios de Viena non fan iso.
-
2:53 - 2:58Aquí sáense do normal, só para ser parte diso,
-
2:58 - 3:00para ser parte da orquestra e iso e xenial.
-
3:00 - 3:02Sabedes, auditorios coma vos
-
3:02 - 3:05son os que fan o evento.
-
3:05 - 3:07Pero que pasa co director? Que podedes dicir
-
3:07 - 3:11que estaba a facer en realidade?
-
3:11 - 3:14Um, estaba contento.
-
3:14 - 3:17E normalmente mostro isto a xestores senior.
-
3:17 - 3:19A xente enfádase.
-
3:19 - 3:21"Vés a traballar. Como é que estás tan contento?"
-
3:21 - 3:24Algo debe estar errado. Pero el está a desprender felicidade.
-
3:24 - 3:26E penso que a felicidade, o importante desta felicidade
-
3:26 - 3:29non vén só
-
3:29 - 3:32da súa propia historia e o seu desfrute da música.
-
3:32 - 3:36O pracer ten que ver con posibilitar que as historias dos demais
-
3:36 - 3:38sexan escoitadas ao mesmo tempo.
-
3:38 - 3:42Tes a historia da orquestra como un equipo profesional.
-
3:42 - 3:45Tes a historia do auditorio como unha comunidade.
-
3:45 - 3:47Están as historias dos individuos
-
3:47 - 3:49na orquestra e no público.
-
3:49 - 3:52E logo hai outras historias, non vistas.
-
3:52 - 3:55A xente que construíu esta marabillosa sala de concertos.
-
3:55 - 4:00A xente que fixo eses Stradivarius, Amati, todos eses preciosos instrumentos.
-
4:00 - 4:03E todas esas historias escóitanse ao mesmo tempo.
-
4:03 - 4:06Esta é a verdadeira experiencia dun concerto en directo.
-
4:06 - 4:08Esa é a razón para saír da casa.
-
4:08 - 4:11E non todos os directores fan simplemente iso.
-
4:11 - 4:13Vexamos alguén máis, un gran director,
-
4:13 - 4:15Riccardo Muti, por favor.
-
4:16 - 4:20(Música)
-
4:52 - 4:54Si, foi moi curto. Pero puidestes ver
-
4:54 - 4:56que era un comportamento totalmente diferente. Verdade?
-
4:56 - 4:58El é incrible. Tan dominante.
-
4:58 - 5:03Tan claro. Pode que un pouco claro en exceso.
-
5:03 - 5:06Podemos facer unha pequena demostración? Seriades a miña orquestra un segundo?
-
5:06 - 5:08Podedes cantar, por favor, a primeira nota de Don Giovanni?
-
5:08 - 5:11Tendes que cantar "Aaaaaah" e eu parareivos.
-
5:11 - 5:13Vale? Listos?
-
5:13 - 5:15Público: ♫ Aaaaaaah ... ♫
-
5:15 - 5:17Itay Tagam: Vamos, comigo. Se o facedes sen min
-
5:17 - 5:20síntome incluso máis prescindible do que xa me sinto.
-
5:20 - 5:23Así que por favor, esperade polo director.
-
5:23 - 5:26Agora mirádeme. "Aaaaaaah" e vos paro. Imos aló.
-
5:26 - 5:30Público: ♫ Aaaaaaah ... ♫
-
5:30 - 5:32(Risas)
-
5:32 - 5:34Itay Talgam: Teremos unha pequena conversa despois.
-
5:34 - 5:35(Risas)
-
5:35 - 5:39Pero... hai unha vacante...
-
5:39 - 5:43Pero... (risas)
-
5:43 - 5:46...puidestes ver que podía parar unha orquestra cun dedo.
-
5:46 - 5:48Que fai Ricardo Muti? Fai algo como isto...
-
5:51 - 5:52(Risas)
-
5:52 - 5:55E logo... algo como... (risas)
-
5:55 - 5:58Así que non só queda clara a orde,
-
5:58 - 6:01senón tamén a sanción, o que ocorrirá se non fas o que eu che digo.
-
6:01 - 6:04(Risas)
-
6:04 - 6:08Así, funciona? Si, funciona...
-
6:08 - 6:10ata certo punto.
-
6:10 - 6:12Cando se lle pregunta a Muti, "por que dirixes así?"
-
6:12 - 6:14El di, "son responsable".
-
6:14 - 6:16Responsable fronte a el.
-
6:16 - 6:18E non se refire a El. Quere dicir Mozart,
-
6:18 - 6:22que está... (risas) ...como na terceira silla dende o centro.
-
6:22 - 6:23(Risas)
-
6:23 - 6:25Así que el di, "se eu son...
-
6:25 - 6:27(Aplauso)
-
6:27 - 6:29Se eu son responsable ante Mozart.
-
6:29 - 6:31esta será a única historia que se conte.
-
6:31 - 6:35É Mozart como eu, Riccardo Muti, o entendo".
-
6:35 - 6:37E sabedes o que lle ocorreu a Muti?
-
6:37 - 6:39Hai tres anos recibiu unha carta asinada por
-
6:39 - 6:42os 700 empregados de La Scala,
-
6:42 - 6:44os empregados musicais, quero dicir os músicos,
-
6:44 - 6:48dicindo, "es un gran director. Non queremos traballar contigo. Por favor, dimite."
-
6:48 - 6:49(Risas)
-
6:49 - 6:52"Por que? Porque non nos deixas desenvolvernos.
-
6:52 - 6:55Utilízasnos como instrumentos, non como compañeiros.
-
6:55 - 6:57e o noso desfrute da música, etc. etc. ..."
-
6:57 - 6:59Tivo que deixalo. Non é bonito?
-
6:59 - 7:01(Risas)
-
7:01 - 7:04É un bo tipo. De verdade que o é.
-
7:04 - 7:07Ben, podes facelo con menos control,
-
7:07 - 7:09ou cun control diferente?
-
7:09 - 7:13Vexamos ao seguinte director, Richard Strauss.
-
7:15 - 7:19(Música)
-
7:43 - 7:47Me temo que pensaredes que o escollín porque é maior.
-
7:47 - 7:50Non é certo. Cando era xoven,
-
7:50 - 7:52arredor dos 30, escribiu o que chamou
-
7:52 - 7:54"Os Dez Mandamentos dos Directores".
-
7:54 - 7:57O primeiro era: se ao final do concerto estás a suar
-
7:57 - 7:59significa que debes ter feito algo mal.
-
7:59 - 8:01Ese é o primeiro. O cuarto gustaravos aínda máis.
-
8:01 - 8:03Di: nunca mires aos trombóns...
-
8:03 - 8:05non fai máis que esporealos.
-
8:05 - 8:10(Risas)
-
8:10 - 8:12Así que a idea global é deixar
-
8:12 - 8:14que ocorra por si mesmo.
-
8:14 - 8:16Non interferir.
-
8:16 - 8:19Pero como ocorre? Vistes
-
8:19 - 8:21como pasaba as páxinas da partitura?
-
8:21 - 8:23Agora, ou está senil,
-
8:23 - 8:26e non lembra a súa propia música, porque él escribiu a música.
-
8:26 - 8:29Ou realmente está a transmitir unha mensaxe moi forte, dicindo,
-
8:29 - 8:33"veña xente. Tendes que tocar seguindo o libro.
-
8:33 - 8:35Así que non ten que ver coa miña historia. Non é a vosa historia.
-
8:35 - 8:38É soamente a execución de música escrita,
-
8:38 - 8:40sen interpretación".
-
8:40 - 8:43A interpretación é a historia real do artista.
-
8:43 - 8:46E non, iso non é o que quere. É un tipo diferente de control.
-
8:46 - 8:49Vexamos a outro super-director,
-
8:49 - 8:52un super-director alemán, Herbert von Karajan, por favor.
-
8:52 - 8:56(Música)
-
9:25 - 9:28Cal é a diferencia? Vistes os seus ollos? Pechados.
-
9:28 - 9:31Vistes as súas mans?
-
9:31 - 9:34Vistes ese movemento? Deixádeme que vos dirixa. Dúas veces.
-
9:34 - 9:36Unha como Muti e vos... (palmada) ...aplaudiredes, só unha vez.
-
9:36 - 9:38E despois como Karajan. Vexamos o que ocorre, vale?
-
9:38 - 9:41Como Muti. Estades listos? Porque Muti...
-
9:41 - 9:44(Risas) Vale? Listos? Fagámolo.
-
9:44 - 9:45Público: (Aplausos)
-
9:45 - 9:47Itay Talgam: Hmm... outra vez.
-
9:47 - 9:49Público: (Aplausos)
-
9:49 - 9:51Itay Talgam: Ben. Agora como Karajan. Como xa estades entrenados,
-
9:51 - 9:54deixádeme concentrar, pecho os ollos. Imos, imos.
-
9:56 - 9:58Público: (Aplausos) (Risas)
-
9:58 - 10:00Itay Talgam: Por que non todos xuntos? (Risas)
-
10:00 - 10:02Porque non sabiades cando tocar.
-
10:02 - 10:04Agora pódovos dicir, que incluso a Filarmónica de Berlín
-
10:04 - 10:06non sabe cando tocar.
-
10:06 - 10:07(Risas)
-
10:07 - 10:09Pero direivos cando o fan. Sen cinismo.
-
10:09 - 10:11É unha orquestra alemana, si?
-
10:11 - 10:15Miran a Karajan. E logo míranse os uns aos outros.
-
10:15 - 10:18(Risas)
-
10:18 - 10:21"Entendes o que quere este tipo?"
-
10:21 - 10:23E despois de facer iso,
-
10:23 - 10:25míranse os uns aos outros e os primeiros músicos da orquestra
-
10:25 - 10:28lideran ao conxunto para tocar xuntos.
-
10:28 - 10:30E cando se lle pregunta por isto a Karajan
-
10:30 - 10:32O que di é, "si, o peor dano
-
10:32 - 10:34que lle podo facer á miña orquestra
-
10:34 - 10:38é darlles unha orde clara.
-
10:38 - 10:40Porque iso
-
10:40 - 10:44evitaría que se escoitasen os uns aos outros en conxunto
-
10:44 - 10:46como se precisa nunha orquestra".
-
10:46 - 10:48É fantástico. Pero que hai dos ollos?
-
10:48 - 10:50Por que están pechados?
-
10:50 - 10:54Hai unha historia marabillosa de Karajan dirixindo en Londres.
-
10:54 - 10:57E sinala a un flautista así.
-
10:57 - 11:00O tipo non ten idea do que facer. (Risas)
-
11:00 - 11:03"Maestro, con todo o debido respeto, cando quere que comece?"
-
11:03 - 11:06Cal pensades que foi a resposta de Karajan? Cando teño que empezar?
-
11:06 - 11:10Oh si. El di, "comeza cando non o podas aturar máis".
-
11:10 - 11:13(Risas)
-
11:13 - 11:18Querendo dicir que sabes que non tes autoridade para cambiar nada.
-
11:18 - 11:22É a miña música. A música real só está na cabeza de Karajan.
-
11:22 - 11:25E tes que adiviñar a miña mente. Así que estás baixo unha presión tremenda
-
11:25 - 11:27porque non che dou instruccións,
-
11:27 - 11:29e a pesar diso, tes que adiviñar a miña mente.
-
11:29 - 11:31Así que é unha clase de, un control moi espiritual,
-
11:31 - 11:34pero aínda un control moi firme.
-
11:34 - 11:36Podemos facelo doutro xeito? Naturalmente que si. Volvamos atrás
-
11:36 - 11:38ao primeiro director que temos visto:
-
11:38 - 11:40Carlos Kleiber é o seu nome. O seguinte video por favor.
-
11:42 - 11:46(Música)
-
12:38 - 12:40(Risas)
-
12:40 - 12:43Ben, é diferente. Pero non é iso controlar do mesmo xeito?
-
12:43 - 12:46Non, non o é. Porque non lles está a dicir que facer.
-
12:46 - 12:48Cando fai isto, non é,
-
12:48 - 12:51"colle o teu Stradivarius e, como Jimi Hendrix,
-
12:51 - 12:53estámpao contra o chan". Non é iso.
-
12:53 - 12:55El di, "este é o xeito da música.
-
12:55 - 12:57Estouvos a abrir o espazo
-
12:57 - 12:59para que o poñades noutro nivel
-
12:59 - 13:01de interpretación".
-
13:01 - 13:03Esa é outra historia.
-
13:03 - 13:05Pero como funciona realmente o conxunto
-
13:05 - 13:07se el non lles dá instruccións?
-
13:07 - 13:09É como estar nunha montaña rusa.
-
13:09 - 13:11Non se che dan instruccións.
-
13:11 - 13:15Pero as forzas do proceso mesmo te manteñen no sitio.
-
13:15 - 13:17Iso é o que el fai.
-
13:17 - 13:19O interesante é, naturalmente, que a montaña rusa non existe realmente.
-
13:19 - 13:23Non é algo físico. Está nas cabezas dos músicos.
-
13:23 - 13:26E iso é o que os fai socios.
-
13:26 - 13:28Tes o plano na túa cabeza.
-
13:28 - 13:31Sabes o que facer, incluso a pesar de que Kleiber non te está a dirixir.
-
13:31 - 13:34Pero aquí, aló e acolá, sabes o que facer.
-
13:34 - 13:37E faste parte dunha sociedade construíndo unha montaña rusa,
-
13:37 - 13:39si, con son,
-
13:39 - 13:41como se foses realmente no carriño.
-
13:41 - 13:44Isto é moi excitante para os músicos.
-
13:44 - 13:46Despois teñen que ir ao psiquiátrico durante dúas semanas.
-
13:46 - 13:47(Risas)
-
13:47 - 13:49É esgotador.
-
13:49 - 13:53Pero é o mellor facendo música, desta maneira.
-
13:53 - 13:56Pero naturalmente non ten só que ver coa motivación
-
13:56 - 13:59e con darlles unha morea de enerxía física.
-
13:59 - 14:01Tamén tes que ser moi profesional.
-
14:01 - 14:03E mirade de novo isto, Kleiber.
-
14:03 - 14:05Podemos ver rapidamente o seguinte video?
-
14:05 - 14:09Veredes o que ocorre cando hai un erro.
-
14:09 - 14:12(Música) Outra vez vedes a bonita linguaxe corporal.
-
14:12 - 14:15(Música)
-
14:18 - 14:21E agora un trompetista
-
14:21 - 14:23fai algo que non é exactamente o que tiña que facer.
-
14:23 - 14:25Continúa o video. Mirade.
-
14:28 - 14:32Mirade, segunda vez ao mesmo músico.
-
14:34 - 14:37(Risas) E agora unha terceira vez para o mesmo músico.
-
14:41 - 14:42(Risas)
-
14:42 - 14:44"Espérame despois do concerto.
-
14:44 - 14:46teño un pequeno comunicado que darche".
-
14:46 - 14:50Sabedes, cando é preciso, a autoridade está aí. É moi importante.
-
14:50 - 14:53Pero a autoridade non é suficiente para facer da xente os teus socios.
-
14:53 - 14:55Vexamos o seguinte video. Vexamos o que acontece aquí.
-
14:55 - 14:57Poderiades estar sorprendidos de ter visto a Kleiber
-
14:57 - 15:00como alguén tan hiperactivo.
-
15:00 - 15:02Está a dirixir Mozart.
-
15:02 - 15:05(Música)
-
15:05 - 15:07Toda a orquestra está a tocar.
-
15:07 - 15:09(Música)
-
15:09 - 15:11Agora algo máis.
-
15:11 - 15:14(Música)
-
15:21 - 15:25Vedes? Está aí ao cento por cento,
-
15:25 - 15:27pero non dominante, sen dicir o que facer.
-
15:27 - 15:30Máis ben desfrutando o que está a facer o solista.
-
15:30 - 15:33(Música)
-
15:33 - 15:36Agora outro solo. Mirade o que se pode sacar disto.
-
15:36 - 15:39(Música)
-
15:42 - 15:44Mirade os ollos.
-
15:48 - 15:50Podedes velo?
-
15:50 - 15:53O primeiro, é como un eloxio que a todos nos gusta recibir.
-
15:53 - 15:56Non é feedback. E un "Mmmm..." Si, vén de por aquí.
-
15:56 - 15:58Así que está ben.
-
15:58 - 16:00E a segunda cousa é
-
16:00 - 16:02sobre ter realmente o control,
-
16:02 - 16:04pero dun modo moi especial.
-
16:04 - 16:07Cando Kleiber o fai... vistes os ollos,
-
16:07 - 16:09movéndoos dende aquí? (Cantando)
-
16:09 - 16:13Sabedes o que ocorre? A gravidade xa non existe.
-
16:13 - 16:15Kleiber non só crea un proceso,
-
16:15 - 16:18senón que crea as condicións no mundo
-
16:18 - 16:21nas que ese proceso se produce.
-
16:21 - 16:23Así que, outra vez, o que toca o oboe
-
16:23 - 16:25é completamente autónomo
-
16:25 - 16:28e polo tanto está contento e orgulloso do seu traballo,
-
16:28 - 16:30e creativo e todo iso.
-
16:30 - 16:34E o nivel no que Kleiber controla está nun escalón diferente.
-
16:34 - 16:37O control xa non é un xogo de suma cero.
-
16:37 - 16:39Tendes este control. Tendes este control. E todo o que xuntedes
-
16:39 - 16:43en colaboración, traerá a mellor música.
-
16:43 - 16:45Así que Kleiber ten que ver co proceso.
-
16:45 - 16:47Kleiber ten que ver coas condicións no mundo.
-
16:47 - 16:51Pero necesitades proceso e contido para crear o significado.
-
16:51 - 16:53Lenny Bernstein, o meu maestro
-
16:53 - 16:56xa que era un gran profesor,
-
16:56 - 17:02Lenny Bernstein sempre comezaba polo sentido. Mirade isto por favor.
-
17:02 - 17:06(Música)
-
18:01 - 18:03Recordades a cara de Muti, ao principio?
-
18:03 - 18:06Bon, tiña unha expresión marabillosa, pero unha soa.
-
18:06 - 18:07(Risas)
-
18:07 - 18:09Vistes a cara de Lenny?
-
18:09 - 18:13Sabedes por que? Porque o sentido de melodía era a dor.
-
18:13 - 18:15E estás a interpretar un son doloroso.
-
18:15 - 18:18E miras a Lenny e está a sufrir.
-
18:18 - 18:20Pero non ese sufrimento que queres deter.
-
18:20 - 18:24É sufrimento como... desfrutando ao estilo xudeu, como eles din.
-
18:24 - 18:28(Risas)
-
18:28 - 18:31Pero podes ver a música na súa cara.
-
18:31 - 18:34Podes ver que a batuta abandonou a súa man. Non máis batuta.
-
18:34 - 18:36Ahora tócavos a vós, os músicos,
-
18:36 - 18:38contar a historia.
-
18:38 - 18:40Agora deuse a volta ás cousas. Vós contades a historia. E vós contades a historia.
-
18:40 - 18:43En suma, convertídesvos en contadores de historias
-
18:43 - 18:46aos que a comunidade, toda a comunidade, escoita.
-
18:46 - 18:50E Bernstein posibilita iso. Non é marabilloso?
-
18:50 - 18:54Agora, se estades a facer todo do que falamos, todos xuntos,
-
18:54 - 18:56e pode que algúns outros,
-
18:56 - 18:59podedes chegar ao marabilloso extremo de facer sen facer.
-
18:59 - 19:04E como último video, penso que este é o mellor título.
-
19:04 - 19:06O meu amigo Peter di,
-
19:06 - 19:10"se amas algo, déixao ir". Así que, por favor.
-
19:10 - 19:14(Música)
-
20:14 - 20:31(Aplausos)
- Title:
- Itay Talgam: Lidera como os grandes directores
- Speaker:
- Itay Talgam
- Description:
-
Un director de orquestra enfronta o reto definitivo do liderado: crear unha harmonía perfecta sen pronunciar unha palabra. Nesta engaiolante charla, Itay Talgam demostra os peculiares estilos de seis grandes directores do século XX para ilustrar leccións cruciais para todos os líderes.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 20:31