Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?
-
0:01 - 0:03Este é o meu tío avó,
-
0:03 - 0:06o irmán máis novo do pai de meu pai.
-
0:06 - 0:08Chamábase Joe McKenna.
-
0:08 - 0:13Era un marido mozo e un
xogador de baloncesto semiprofesional -
0:13 - 0:16e un bombeiro en Nova York.
-
0:17 - 0:20A historia familiar di
que adoraba ser bombeiro, -
0:20 - 0:24así que en 1938, nun dos seus días libres,
-
0:24 - 0:26decidiu ir pasa-lo tempo á
estación de bombeiros. -
0:27 - 0:31Para facer algo útil aquel día,
empezou a sacarlle brillo ó latón, -
0:31 - 0:35ás varandas dos camións,
ós accesorios das paredes, -
0:35 - 0:37e unha das boquillas das mangueiras,
-
0:37 - 0:39un enorme e pesado anaco de metal,
-
0:39 - 0:43caeu dun estante e golpeouno.
-
0:44 - 0:47Uns días despois,
comezou a doerlle o ombro. -
0:47 - 0:51Dous días despois,
empezou a ter febre. -
0:51 - 0:53A febre subía e subía.
-
0:53 - 0:55A súa muller coidaba del,
-
0:55 - 0:59pero nada semellaba dar resultado,
e cando chegou o médico, -
0:59 - 1:02nada do que el fixo importou tampouco.
-
1:02 - 1:05Colleron un taxi e levárono ó hospital.
-
1:06 - 1:10Alí as enfermeiras souberon
decontado que tiña unha infección, -
1:10 - 1:14o que daquela chamarían
"intoxicación do sangue" -
1:14 - 1:16e aínda que probablemente non o dixeron,
-
1:16 - 1:18daríanse conta ó instante
-
1:18 - 1:21de que non podían facer nada por el.
-
1:22 - 1:25Non podían facer nada
porque as cousas que usamos agora -
1:25 - 1:27para curar infeccións
aínda non existían daquela. -
1:28 - 1:31A primeira proba da penicilina,
o primeiro antibiótico, -
1:31 - 1:34tivo lugar tres anos despois.
-
1:34 - 1:39A xente que collía infeccións
ou ben se recuperaba, se tiñan sorte, -
1:39 - 1:40ou morrían.
-
1:40 - 1:42O meu tío avó non tivo sorte.
-
1:42 - 1:46Estivo no hospital unha semana,
tremendo cos calafríos, -
1:46 - 1:48deshidratado e delirando,
-
1:48 - 1:50afundíndose nun coma
a medida que os seus órganos fallaban. -
1:50 - 1:53O seu estado era tan desesperado
-
1:53 - 1:57que os seus compañeiros bombeiros
se aliñaban para facerlle transfusións -
1:57 - 2:01coa esperanza de diluír
a infección que invadía o seu sangue. -
2:01 - 2:05Nada funcionou. Morreu.
-
2:05 - 2:08Tiña 30 anos.
-
2:08 - 2:10Se lle botamos unha ollada á historia,
-
2:10 - 2:13a maioría da xente morría
do mesmo xeito que o meu tío avó. -
2:13 - 2:16A maioría non morría de cáncer
ou do corazón, -
2:16 - 2:20as enfermidades que nos
afectan hoxe en Occidente. -
2:20 - 2:24Non morrían desas enfermidades
porque non vivían o tempo suficiente -
2:24 - 2:26para desenvolvelas.
-
2:26 - 2:28Morrían por feridas...
-
2:28 - 2:31turrábaos un boi,
-
2:31 - 2:33disparábanlles no campo de batalla,
-
2:33 - 2:37ou esmagábaos unha máquina nalgunha das
novas fábricas da Revolución Industrial... -
2:37 - 2:40e a maior parte do tempo por infeccións,
-
2:40 - 2:43que acababan o que esas feridas comezaran.
-
2:44 - 2:48Todo iso cambiou
coa chegada dos antibióticos. -
2:49 - 2:52De súpeto, infeccións que antes
eran unha sentenza de morte -
2:52 - 2:56convertéronse en algo
do que te recuperabas en días. -
2:56 - 2:59Parecía un milagre,
-
2:59 - 3:05e dende entón, estamos vivindo na
época dourada dos medicamentos milagre. -
3:05 - 3:09E agora... estamos chegando á súa fin.
-
3:09 - 3:14O meu tío avó morreu nos
últimos días da era preantibióticos. -
3:14 - 3:19Hoxe estamos no limiar
da era postantibióticos, -
3:19 - 3:23nos primeiros días dun tempo
no que infeccións tan simples -
3:23 - 3:28como a que tivo Joe
matarán á xente outra vez. -
3:29 - 3:32De feito, xa o están facendo.
-
3:32 - 3:36A xente está morrendo por infeccións
outra vez por causa dun fenómeno -
3:36 - 3:38chamado resistencia ós antibióticos.
-
3:38 - 3:40En resumo, funciona así.
-
3:40 - 3:45As bacterias compiten entre elas
polos recursos, polo alimento, -
3:45 - 3:50creando compostos letais
que unhas dirixen contra outras. -
3:50 - 3:52Outras bacterias, para protexerse,
-
3:52 - 3:55evolucionan creando defensas
contra ese ataque químico. -
3:55 - 3:58A primeira vez que
creamos antibióticos, -
3:58 - 4:02levamos eses compostos ó laboratorio
e creamos as nosas propias versións deles, -
4:02 - 4:06e as bacterias responderon ó noso
ataque igual que o fixeron sempre. -
4:08 - 4:10Isto é o que pasou a continuación:
-
4:10 - 4:13A penicilina distribuíuse en 1943,
-
4:13 - 4:19e a resistencia xeneralizada
á penicilina chegou en 1945. -
4:19 - 4:22A vancomicina chegou en 1972,
-
4:22 - 4:25e a resistencia á vancomicina en 1988.
-
4:25 - 4:27O imipenem apareceu en 1985,
-
4:27 - 4:30e a resistencia a este en 1998.
-
4:30 - 4:34A daptomicina, un dos medicamentos
máis recentes, apareceu en 2003, -
4:34 - 4:38e a resistencia a este só
un ano máis tarde, en 2004. -
4:39 - 4:42Durante 70 anos, xogamos
a superar a súa resistencia -
4:42 - 4:45cun novo medicamento,
-
4:45 - 4:49e despois outro medicamento,
e outra resistencia máis... -
4:49 - 4:51e agora o xogo está rematando.
-
4:51 - 4:55As bacterias desenvolven resistencias
tan rápido que as compañías farmacéuticas -
4:55 - 5:00decidiron que facer
antibióticos non lles convén, -
5:00 - 5:03así que hai infeccións
movéndose por todo o mundo -
5:03 - 5:06para as que, dos
máis de 100 antibióticos -
5:06 - 5:08dispoñibles no mercado,
-
5:08 - 5:12dous poden funcionar
con efectos secundarios, -
5:12 - 5:14ou un,
-
5:14 - 5:16ou ningún.
-
5:16 - 5:18Esta é a pinta que ten.
-
5:18 - 5:22No ano 2000, o Centro para a Prevención
e o Control de Enfermidades, o CDC, -
5:22 - 5:25identificou un único caso
-
5:25 - 5:27nun hospital en Carolina do Norte
-
5:27 - 5:30dunha infección resistente a
tódolos antibióticos excepto dous. -
5:31 - 5:35Hoxe, esa infección chamada KPC,
-
5:35 - 5:38xa se estendeu a tódolos
estados, con tres excepcións, -
5:38 - 5:40e a América do Sur, Europa
-
5:40 - 5:42e Oriente Medio.
-
5:43 - 5:45En 2008, en Suecia os médicos
-
5:45 - 5:48diagnosticaron un home
da India cunha infección distinta -
5:48 - 5:52resistente a tódolos
medicamentos excepto a un. -
5:52 - 5:54O xene que crea esa resistencia,
-
5:54 - 6:00coñecido como NDM, xa se estendeu
dende a India ata China, Asia, África, -
6:00 - 6:05Europa, Canadá e os Estados Unidos.
-
6:05 - 6:08Sería normal esperar
-
6:08 - 6:11que estas infeccións
fosen casos extraordinarios, -
6:11 - 6:13pero de feito,
-
6:13 - 6:16nos Estados Unidos e Europa,
-
6:16 - 6:1850.000 persoas morren cada ano
-
6:18 - 6:22de infeccións que ningún
medicamento pode curar. -
6:23 - 6:26Un proxecto encargado
polo goberno británico -
6:26 - 6:30coñecido como a Análise
da Resistencia Antimicrobiana -
6:30 - 6:37estimou que pagamos un prezo global
de 700.000 mortes ao ano. -
6:38 - 6:43Iso son moitas mortes,
-
6:43 - 6:46e con todo, é moi probable
que non te sintas en perigo, -
6:46 - 6:49que imaxines que esa xente
eran pacientes hospitalizados -
6:49 - 6:51en unidades de
coidados intensivos -
6:51 - 6:55ou residentes de asilos
preto do fin das súas vidas, -
6:55 - 6:58xente cuxas infeccións nos son remotas,
-
6:58 - 7:01en situacións coas que
non nos sentimos identificados. -
7:02 - 7:06No que non pensaches,
ningún de nós o fai, -
7:06 - 7:11é en que os antibióticos
manteñen case toda a vida moderna. -
7:12 - 7:14Se perderamos os antibióticos,
-
7:14 - 7:16isto é o que perderiamos tamén:
-
7:16 - 7:20Primeiro, calquera protección para
xente con sistemas inmunes debilitados -
7:20 - 7:23pacientes con cancro, con SIDA,
-
7:23 - 7:28pacientes con transplantes,
bebés prematuros. -
7:28 - 7:32Despois, calquera tratamento que
introduza obxectos estraños no corpo: -
7:32 - 7:36stents para os infartos,
bombas para a diabetes, -
7:36 - 7:40a diálise, as próteses.
-
7:40 - 7:44Canta xente atlética de mediana idade
precisa novas cadeiras e xeonllos? -
7:44 - 7:47Un estudo recente
estima que sen os antibióticos, -
7:47 - 7:50un de cada seis morrería.
-
7:51 - 7:54Deseguido, probablemente
perderiamos a cirurxía. -
7:54 - 7:56Moitas operacións van precedidas
-
7:56 - 7:59de doses profilácticas de antibióticos.
-
7:59 - 8:01Sen esa protección,
-
8:01 - 8:05perderiamos a capacidade de abrir
os espazos escondidos do corpo. -
8:05 - 8:08Así que nada de operacións cardíacas,
-
8:08 - 8:11nada de biopsias de próstata,
-
8:11 - 8:13nada de cesáreas.
-
8:14 - 8:18Teriamos que aprender a temer
infeccións que agora semellan menores. -
8:19 - 8:23As infeccións de gorxa
adoitaban causar fallos cardíacos. -
8:23 - 8:25As infeccións cutáneas
levaban a amputacións. -
8:26 - 8:29Dar a luz mataba,
nos hospitais máis limpos, -
8:29 - 8:31a case unha de cada 100 mulleres.
-
8:32 - 8:37A pneumonía levaba 3 de cada 10 nenos.
-
8:37 - 8:39Sobre todo,
-
8:39 - 8:44perderiamos a confianza
coa que vivimos o noso día a día. -
8:45 - 8:49Se souberas que
calquera ferida podería matarte, -
8:49 - 8:52subiríaste nunha moto,
-
8:52 - 8:56esquiarías por unha pista empinada,
-
8:56 - 8:59subirías a unha escada
para poñer as luces de Nadal, -
8:59 - 9:03deixarías que os teus
fillos xogasen ó béisbol? -
9:04 - 9:07Despois de todo, a primeira
persoa que recibiu penicilina, -
9:07 - 9:11un policía británico
chamado Albert Alexander, -
9:11 - 9:15que estaba tan devastado pola infección
que o seu coiro cabeludo supuraba pus -
9:15 - 9:18e os médicos tiveron
que extirparlle un ollo, -
9:18 - 9:21infectouse facendo algo moi simple.
-
9:22 - 9:27Rabuñou a cara cunha espiña no seu xardín.
-
9:29 - 9:32O proxecto británico que mencionei
que estima unha mortalidade global -
9:32 - 9:36de 700.000 persoas ó ano na actualidade
-
9:36 - 9:43tamén predí que se non conseguimos
controlar a situación para o 2050, -
9:43 - 9:50non tan lonxe, a mortalidade
global será de 10 millóns ó ano. -
9:50 - 9:53Como chegamos ata este punto
-
9:53 - 9:55onde podemos ter que enfrontar
-
9:55 - 9:58eses aterradores números?
-
9:58 - 10:03A difícil resposta é que
nolo causamos nós mesmos. -
10:03 - 10:06A resistencia é un
proceso biolóxico inevitable, -
10:06 - 10:10pero nós somos
os responsables de aceleralo. -
10:10 - 10:14Fixémolo malgastando antibióticos
-
10:14 - 10:18cunha despreocupación
que agora nos parece sorprendente. -
10:19 - 10:23A penicilina vendeuse sen
receita ata a década dos 50. -
10:23 - 10:27En moitos países en desenvolvemento,
isto aínda pasa coa maioría dos antibióticos. -
10:27 - 10:31Nos Estados Unidos, o 50%
-
10:31 - 10:35dos antibióticos que se dan
nos hospitais son innecesarios. -
10:35 - 10:39O 45% das receitas feitas polos médicos
-
10:39 - 10:43son para enfermidades que
os antibióticos non poden curar. -
10:45 - 10:47E iso é só na asistencia sanitaria.
-
10:47 - 10:52Por todo o planeta, os animais de carne
reciben antibióticos a diario, -
10:52 - 10:54non para curar enfermidades,
-
10:54 - 10:58senón para engordalos
e para protexelos contra -
10:58 - 11:02as condicións nas que son criados.
-
11:02 - 11:05Nos Estados Unidos, posiblemente o 80%
-
11:05 - 11:12dos antibióticos vendidos anualmente
van a animais de granxa, non a humanos, -
11:12 - 11:15creando bacterias resistentes
que saen das granxas -
11:15 - 11:18na auga, no po,
-
11:18 - 11:21na carne na que se converten os animais.
-
11:21 - 11:24A acuicultura tamén
depende dos antibióticos, -
11:24 - 11:26particularmente en Asia,
-
11:26 - 11:29e o cultivo de froitas
depende dos antibióticos -
11:29 - 11:34para protexer mazás, peras,
cítricos, contra enfermidades. -
11:34 - 11:40E dado que as bacterias poden
pasar o seu ADN dunhas a outras -
11:40 - 11:45como un viaxeiro pasando
unha maleta nun aeroporto, -
11:45 - 11:49unha vez que fomentamos
a existencia desta resistencia, -
11:49 - 11:52é imposible saber ata onde se espallará.
-
11:54 - 11:55Isto era predicible.
-
11:56 - 11:59De feito, prediciuno
-
11:59 - 12:03Alexander Fleming,
o home que descubriu a penicilina. -
12:03 - 12:07Gañou o Premio Nobel en 1945,
-
12:07 - 12:11e nunha entrevista
pouco despois, isto é o que dixo: -
12:11 - 12:16"A persoa inconsciente que xogue
cun tratamento de penicilina -
12:16 - 12:19é moralmente responsable
pola morte do home -
12:19 - 12:21que sucumba á infección
-
12:21 - 12:24por un organismo resistente á penicilina."
-
12:24 - 12:28Engadiu, "espero que
este mal poida ser evitado." -
12:29 - 12:32Podemos evitalo?
-
12:32 - 12:36Hai empresas traballando
en novos antibióticos, -
12:36 - 12:39cousas que os supermicrobios
nunca viron antes. -
12:39 - 12:42Necesitamos eses novos
medicamentos con urxencia, -
12:42 - 12:44e necesitamos incentivos:
-
12:44 - 12:47bolsas para os descubrimentos,
patentes prolongadas, -
12:47 - 12:53premios que atraian a outras empresas
para volver facer antibióticos. -
12:53 - 12:56Pero probablemente non abondará.
-
12:56 - 13:00Polo seguinte motivo:
a evolución sempre gaña. -
13:01 - 13:05As bacterias crean unha
nova xeración cada 20 minutos. -
13:05 - 13:09Á química farmacéutica lévalle
10 anos crear un novo medicamento. -
13:09 - 13:12Cada vez que usamos un antibiótico,
-
13:12 - 13:16dámoslle ás bacterias miles
de millóns de oportunidades -
13:16 - 13:17para descifrar os códigos
-
13:17 - 13:20das defensas que construímos.
-
13:20 - 13:23Ata agora nunca existiu un medicamento
-
13:23 - 13:25que non puidesen vencer.
-
13:25 - 13:29Trátase dunha guerra asimétrica,
-
13:29 - 13:33pero podemos cambiar o resultado.
-
13:34 - 13:40Poderiamos crear sistemas que recompilen
datos que nos digan de xeito automático -
13:40 - 13:43e específico como se están
usando os antibióticos. -
13:43 - 13:46Poderiamos crear filtros
nos pedidos de medicamentos -
13:46 - 13:50para que cada receita
sexa revisada dúas veces. -
13:50 - 13:56Poderiamos esixirlle á agricultura
que renuncie ó uso de antibióticos. -
13:56 - 13:59Poderiamos crear sistemas de vixilancia
-
13:59 - 14:04que nos digan onde vai
emerxer a próxima resistencia. -
14:04 - 14:06Esas son as solucións tecnolóxicas.
-
14:06 - 14:09É probable que tampouco abonden,
-
14:09 - 14:12a menos que nós axudemos.
-
14:16 - 14:18A resistencia ós antibióticos é un hábito.
-
14:18 - 14:22Todos sabemos o difícil
que é cambiar un hábito. -
14:22 - 14:26Pero como sociedade,
xa o fixemos no pasado. -
14:26 - 14:30A xente adoitaba tirar lixo nas rúas,
-
14:30 - 14:32non poñía o cinto de seguridade,
-
14:32 - 14:36fumaba dentro dos edificios públicos.
-
14:36 - 14:39Xa non facemos esas cousas.
-
14:39 - 14:41Non estragamos o medio ambiente
-
14:41 - 14:45nin buscamos devastadores accidentes
-
14:45 - 14:48nin expoñemos a outros
á posibilidade dun cancro, -
14:48 - 14:51porque decidimos que
esas cousas saían caras, -
14:51 - 14:55que eran destrutivas, non nos conviñan.
-
14:56 - 14:59Cambiamos as normas sociais.
-
14:59 - 15:03Tamén poderiamos cambiar as normas
sociais sobre o uso dos antibióticos. -
15:05 - 15:08Sei que a dimensión da
resistencia dos antibióticos -
15:08 - 15:10semella abafante,
-
15:10 - 15:13pero se algunha vez
mercaches unha lámpada fluorescente -
15:13 - 15:16porque te preocupaba
o cambio climático, -
15:16 - 15:19ou liches a etiqueta
dunha caixa de galletas -
15:19 - 15:23porque pensas na deforestación
debida ó aceite de palma, -
15:23 - 15:26xa sabes o que se sente
-
15:26 - 15:31ó dar un pequeno paso para
resolver un enorme problema. -
15:32 - 15:36Tamén poderiamos tomar esa clase
de medidas no uso dos antibióticos. -
15:36 - 15:44Poderiamos renunciar a dar un antibiótico
se non estamos certos de que é o correcto. -
15:44 - 15:51Poderiamos non insistir nunha receita
para a infección de oído do noso neno -
15:51 - 15:52antes de estar seguros de qué a causou.
-
15:54 - 15:57Poderiamos preguntar a cada restaurante,
-
15:57 - 15:59a cada supermercado,
-
15:59 - 16:00de onde vén a súa carne.
-
16:01 - 16:03Poderiamos prometernos
-
16:03 - 16:07non volver mercar polo ou gambas ou froita
-
16:07 - 16:10criados co uso rutineiro de antibióticos,
-
16:10 - 16:12e se fixeramos esas cousas,
-
16:12 - 16:17poderiamos retrasar a chegada
do mundo postantibióticos. -
16:18 - 16:22Pero temos que facelo axiña.
-
16:22 - 16:26A penicilina deu comezo á
era dos antibióticos en 1943. -
16:26 - 16:32En só 70 anos,
camiñamos ata a beira do desastre. -
16:32 - 16:35Non imos ter 70 anos
-
16:35 - 16:38para atopar unha saída outra vez.
-
16:39 - 16:40Moitas grazas.
-
16:41 - 16:47(Aplausos)
- Title:
- Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?
- Speaker:
- Maryn McKenna
- Description:
-
A penicilina cambiouno todo. Infeccións que antes mataban, de súpeto podíanse curar con rapidez. Mais como explica Maryn McKenna nesta charla que invita á reflexión, estragamos as vantaxes que tanto este como os antibióticos posteriores nos proporcionaron. As bacterias resistentes ós medicamentos indican que estamos entrando na era postantibióticos -e non vai ser bonita. Hai, no entanto, cousas que podemos facer... se comezamos xa.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 16:59
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more? |