Gordon Brown: interconectando unha rede pra o ben global
-
0:01 - 0:05¿Podo dicir o encantado que estou de estar alonxado
-
0:05 - 0:08da calma de Westminster e Whitehall?
-
0:10 - 0:14Esta é Kim, unha nena vietnamita de nove anos
-
0:14 - 0:19coas costas queimadas polo Napalm
-
0:19 - 0:23ela espertou a conciencia da nación americana
-
0:23 - 0:26pra comenzar o fin da Guerra do Vietnam
-
0:26 - 0:31Esta é Birhan, que foi a nena etíope
-
0:31 - 0:35que lanzou a campaña Live Aid nos oitenta
-
0:35 - 0:38a 15 minutos de morrer cando foi rescatada
-
0:38 - 0:42e esta foto do seu rescate circulou por todo o mundo
-
0:43 - 0:46Esta é a praza de Tiananmen
-
0:46 - 0:50un home diante dun tanque converteuse nunha foto
-
0:50 - 0:54que voltouse nun símbolo da resistencia pra todo o mundo
-
0:54 - 0:58A seguinte é unha nena sudanesa
-
0:58 - 1:01uns intres antes de morrer
-
1:01 - 1:04e no fondo agardando un voitre
-
1:04 - 1:07unha foto que percorreu o mundo
-
1:07 - 1:10e levou á xente a actuar contra a pobreza
-
1:11 - 1:14Esta é Neda, a nena iraniana
-
1:14 - 1:18que morreu dun disparo nunha manifestación co seu pai no Irán,
-
1:18 - 1:23hai unhas semanas e hoxe é, xustamente, o foco de atención
-
1:23 - 1:26da xeración YouTube
-
1:26 - 1:31¿Qué teñen todas estas fotos e eventos en común?
-
1:31 - 1:34o que teñen en común é o que vemos revélanos
-
1:34 - 1:37o que non podemos ver
-
1:37 - 1:42O que vemos revélanos os lazos invisibles
-
1:42 - 1:45e ligazóns de simpatía que nos unen
-
1:45 - 1:49pra convertírmonos nunha comunidade humana
-
1:50 - 1:53O que estas fotos amosan é que
-
1:53 - 1:55sentimos a dor dos outros
-
1:55 - 1:57inda que estean lonxe
-
1:57 - 2:00O que penso que estas fotos amosan
-
2:00 - 2:04é que cremos nalgo máis grande ca nós mesmos
-
2:04 - 2:07O que estas fotos amosan é
-
2:07 - 2:12que hai un sentido moral en tódalas relixións, en tódalas fes,
-
2:12 - 2:16en tódolos continentes -- un sentido moral de que
-
2:16 - 2:18compartimos non só a dor dos outros
-
2:18 - 2:20e cremos nalgo máis grande ca nós mesmos
-
2:20 - 2:22senón que temos a obriga de actuar cando vemos cousas
-
2:22 - 2:24que son incorrectas e necesitan ser endereitadas
-
2:24 - 2:26vemos danos que teñen que ser corrixidos
-
2:26 - 2:29vemos problemas que teñen que ser rectificados
-
2:30 - 2:34Hai unha historia sobre Olof Palme, o Primeiro ministro sueco
-
2:34 - 2:37cando foi ver a Ronald Reagan a America nos oitenta
-
2:37 - 2:39Antes de que él chegara Ronald Reagan dixo --
-
2:39 - 2:41e él era o Primeiro ministro sueco
-
2:41 - 2:43"¿Non é este home un comunista?"
-
2:44 - 2:48A resposta foi: "Non, Señor Presidente, él é un anti-comunista."
-
2:48 - 2:51E Ronald Reagan dixo: " Non me importa que clase de comunista sexa!"
-
2:51 - 2:53(Risas)
-
2:53 - 2:56Ronald Reagan preguntoulle a Olof Palme
-
2:56 - 2:59ó Primeiro ministro Social Demócrata Sueco
-
2:59 - 3:03"Ben ¿e vostede en que cree? ¿Quere abolir ós ricos?"
-
3:03 - 3:06Él Contestoulle "Non, eu quero abolir ós pobres"
-
3:06 - 3:09A nosa responsabilidade é permitir que todos teñan a oportunidade
-
3:09 - 3:12de desenvolver o seu potencial por completo©
-
3:13 - 3:17Eu creo que existe un sentido moral e unha ética global
-
3:17 - 3:20que merece a atención da xente de calquera relixión,
-
3:20 - 3:23de calqueira fe e da xente sen fe.
-
3:24 - 3:28Pero eu creo que o que é diferente é que agora temos a capacidade
-
3:28 - 3:30de comunicarnos instantáneamente cruzando fronteiras
-
3:30 - 3:33por todo o mundo
-
3:33 - 3:35Temos agora a capacidade de atopar unha razón común
-
3:35 - 3:37con xente que nunca coñeceremos
-
3:37 - 3:42pero que coñeceremos a través do Internet e a través
-
3:42 - 3:44de tódolos medios modernos de comunicación
-
3:44 - 3:46que agora temos a capacidade de organizar
-
3:46 - 3:49e actuar colectivamente, xuntos
-
3:49 - 3:52pra afrontar os problemas ou as inxustizas
-
3:52 - 3:54que queiramos tratar,
-
3:54 - 3:57e eu creo que isto fai desta época un momento único na historia humana
-
3:57 - 4:00e é o comezo do que eu chamaría
-
4:00 - 4:04a creación dunha verdadeira sociedade global
-
4:04 - 4:07Retornemos 200 anos atrás cando o comercio de escravos estaba
-
4:07 - 4:11baixo presión de William Wilberforce e todolos manifestantes.
-
4:12 - 4:14Protestaron por toda Gran Bretaña.
-
4:14 - 4:17Gañaronse a opinión pública por un largo periodo,
-
4:17 - 4:21pero levoulles 24 anos de campaña para alcanzar o éxito.
-
4:21 - 4:24¿Qué terían feito coas fotos que poderían amosar
-
4:24 - 4:28se tivesen a súa disposición os medios modernos de comunicación
-
4:28 - 4:30pra gañarse os corazóns e as mentes da xente?
-
4:30 - 4:32Ou vexan a Eglantyne Jebb,
-
4:32 - 4:35a muller que creou "Save the Children" hai 90 anos,
-
4:35 - 4:39Ela estaba tan arrepiada do que estaba a acontecer en Austria
-
4:39 - 4:43como consecuencia da Primeira Guerra Mundial e do que lle estaba acontecendo ós nenos
-
4:43 - 4:47que eran parte das familias derrotadas de Austria
-
4:47 - 4:49que en Gran Bretaña quixo actuar,
-
4:49 - 4:51pero tivo que ir de casa en casa,
-
4:51 - 4:54de folleto en folleto, pra acadar a atención do publico pra que acudira
-
4:54 - 4:57a unha concentración no teatro Royal Albert Hall
-
4:57 - 5:00e co tempo naceu "Save the Children",
-
5:00 - 5:03unha organización internacional que hoxe é totalmente recoñecida
-
5:03 - 5:07como unha das grandes institucións na nosa terra e no mundo.
-
5:07 - 5:09¿Pero canto máis tería feito
-
5:09 - 5:12se tivese os medios modernos de comunicación a súa disposición
-
5:12 - 5:15pra xerar o sentimento no que as inxustizas que vía a xente
-
5:15 - 5:17puidesen ser afrontadas inmediatamente?
-
5:17 - 5:20Agora vexamos o que sucedeu nos últimos dez anos
-
5:20 - 5:23Nas Filipinas no 2001, Presidente Estrada
-
5:23 - 5:28un millón de persoas enviáronse mensaxes de texto sobre a corrupción do rexime
-
5:28 - 5:33que co tempo caeu e foi chamado, por suposto, o "golpe do texto"
-
5:34 - 5:39Tamén teñen a Zimbawe, a primeira elección baixo Robert Mugabe, fai un ano,
-
5:39 - 5:42Debido a que a xente puido tomar fotos cos seus mobiles
-
5:42 - 5:45do que estaba acontecendo nos postos electorais, foi imposible
-
5:45 - 5:49que o primer ministro arranxara as eleccións na forma que quería facelo.
-
5:49 - 5:53Ou vexan Burma e os monxes que estiveron blogeando,
-
5:53 - 5:57un país onde ninguen sabía o que estaba a acontecer ata que os blogs
-
5:57 - 5:59dixéronlle ó mundo da represión existente,
-
5:59 - 6:01que estábanse a perder vidas
-
6:01 - 6:04e que a xente estaba sendo perseguida e de Aung San Suu Kyi
-
6:04 - 6:08que é unha das grandes encadeadas de concencia do mundo,
-
6:08 - 6:10que tiña que ser escoitada.
-
6:10 - 6:14Vexamos o Irán mesmo e o que a xente esta facendo agora,
-
6:14 - 6:17seguindo o que lle aconteceu a Neda,
-
6:17 - 6:23a xente que estan a evitar que os servizos de seguridade de Irán atopen as persoas
-
6:23 - 6:26que estan a bloguear fora de Irán,
-
6:26 - 6:29cambiando os seus enderezos a Teherán, Irán
-
6:29 - 6:31e facendo a vida difícil ós servizos de seguridade.
-
6:31 - 6:35Polo tanto, vexamos do que é capaz a tecnoloxía moderna:
-
6:35 - 6:42O poder do noso sentido moral ligado co poder das comunicacións
-
6:42 - 6:45e da nosa capacidade de organizármonos internacionalmente
-
6:45 - 6:49Iso, dende o meu punto de vista, danos a primeira oportunidade como comunidade
-
6:49 - 6:53de cambiar fundamentalmente o mundo
-
6:53 - 6:56A política exterior xa non pode ser a mesma de novo.Non pode ser xestionada polas elites;
-
6:56 - 7:01debe ser xestionada escoitando a opinión pública da xente que esta a bloguear
-
7:01 - 7:04que esta a se comunicar cos seus semellantes ó redor do mundo.
-
7:04 - 7:07Hai 200 anos o problema que tiñamos que resolver era a escravitude;
-
7:08 - 7:12Hai 150 anos,supoño que o problema principal dun país como o noso♪
-
7:12 - 7:15era como cumprir co dereito á educación pra os nenos e a xente nova:
-
7:15 - 7:20hai 100 anos na maioría dos paises europeos, a presión era pra acadar o dereito ó voto
-
7:20 - 7:25hai 50 anos anos a presión era pra obter o dereito á seguridade social e ó benestar
-
7:25 - 7:31Nos últimos 50-60 anos vimos fascismo, antisemitismo, racismo, apartheid,
-
7:31 - 7:36discriminación de sexo, xénero e sexualidade;
-
7:36 - 7:38todos estes teñen estado baixo presión
-
7:38 - 7:42debido ás campañas da xente para cambialo mundo.
-
7:42 - 7:46Hai un ano estiven con Nelson Mandela cando estivo en Londres,
-
7:46 - 7:51Estaba nun concerto ó que él asistía co motivo do seu aniversario
-
7:51 - 7:56e pra a xeración de novos recursos pra a súa fundación.
-
7:56 - 8:00Estaba sentado a carón de Nelson Mandela --tiña ese enorme privilexio --
-
8:00 - 8:03cando Amy Winehouse achegouse ó estrado
-
8:03 - 8:07e Nelson Mandela estaba bastante abraiado da aparición da cantante
-
8:07 - 8:11e expliqueille nese momento quen era ela.
-
8:12 - 8:18Amy Winehouse dixo: "Nelson Mandela e mais eu temos moito en común.
-
8:18 - 8:23Meu esposo tamén pasou moito tempo na cadea"
-
8:23 - 8:26(Risas)
-
8:26 - 8:30Entón Nelson Mandela acudiu ó escenario
-
8:30 - 8:33e resumiu o reto que temos todos.
-
8:33 - 8:37Dixo que na súa vida escalara unha gran montaña, a montaña
-
8:37 - 8:41de retar e logo vencer a opresión racial e derrotar ó apartheid.
-
8:41 - 8:44Agregou que había por diante desafíos máis grandes,
-
8:44 - 8:48o desafío da pobreza, do cambio climático e dos retos globais
-
8:48 - 8:50que necesitan solucións globais
-
8:50 - 8:54e necesitan da creación dunha sociedade auténticamente global.
-
8:54 - 8:58Somos a primeira xeración que está na posición de facelo,
-
8:58 - 9:01Combinar o poder dunha ética global
-
9:01 - 9:06co poder da nosa capacidade pra comunicarnos
-
9:06 - 9:10e organizármonos globalmente pra afrontar os retos actuais,
-
9:10 - 9:13moitos dos cales son de natureza global.
-
9:13 - 9:16O cambio climático non pode solucionarse nun país soamente
-
9:16 - 9:19senón que ten que ser solucionado por todo o mundo traballando xunto.
-
9:19 - 9:21Unha crisis financeira, tal como a vimos, non pode ser
-
9:21 - 9:23resolta polos Estados Unidos ou Europa soamente;
-
9:23 - 9:25necesita todo o mundo traballando en conxunto.
-
9:25 - 9:28Vexamos os problemas de seguridade e terrorismo e, igualmente,
-
9:28 - 9:30o problema dos dereitos humanos e o desenvolvemento:
-
9:30 - 9:32África soa non os pode solucionar;
-
9:32 - 9:36Estados Unidos ou Europa sós non os poden solucionar.
-
9:36 - 9:39Non podemos solucionar estes problemas a menos que traballemos xuntos.
-
9:39 - 9:42Entón o gran proxecto da noxa xeración, paréceme,
-
9:42 - 9:45é construir por primeira vez dende unha ética global
-
9:45 - 9:47e a nosa capacidade global de comunicación
-
9:47 - 9:50e de organización conxunta, unha sociedade auténticamente global,
-
9:50 - 9:54construida sobre esa ética pero con institucións
-
9:54 - 9:58que poidan servir á sociedade global e fagan un futuro diferente.
-
9:58 - 10:03Hoxe temos, e somos a primeira xeración, o poder de facelo.
-
10:03 - 10:05Consideremos o cambio climático. Non é absolutamente escandaloso
-
10:05 - 10:07que teñamos unha situación
-
10:07 - 10:11na que sabemos que hai un problema de cambio climático
-
10:11 - 10:14na que todos sabemos tamén que isto significa que debemos dar máis recursos
-
10:14 - 10:16ós países máis pobres pra que lle fagan fronte,
-
10:16 - 10:19na que queremos crear un mercado do carbón global,
-
10:19 - 10:21pero non existe unha institución global
-
10:21 - 10:23na que a xente poida alcanzar un acordo
-
10:23 - 10:25para afrontar este problema?
-
10:25 - 10:28Unha das cousas que debe xurdir de Copenhague nos próximos meses
-
10:28 - 10:30é un acordo pra que haxa
-
10:30 - 10:32unha institución medioambiental global
-
10:32 - 10:34que sexa capaz de afrontar
-
10:34 - 10:37ós problemas de persuadir a todo o mundo
-
10:37 - 10:39de avanzar cunha axenda de cambio climático.
-
10:40 - 10:45(Aplausos)
-
10:46 - 10:51Unha das razóns polas que unha institución soa non é suficiente
-
10:51 - 10:53é que temos que persuadir á xente ó redor do mundo
-
10:53 - 10:55pra cambiar o seu comportamiento tamén,
-
10:55 - 10:58polo tanto necesítase unha ética global de xustiza e responsabilidade
-
10:58 - 11:00en todalas xeracións.
-
11:00 - 11:02Consideremos a crise financeira
-
11:02 - 11:08Se a xente dos paises máis pobres poden sufrir por unha crise que comeza en Nova york
-
11:08 - 11:12ou comeza no mercado dos créditos "subprime" nos Estados Unidos
-
11:12 - 11:14Se a xente pode atopar que ese producto "subprime"
-
11:14 - 11:16foi transferido entre as nacións
-
11:16 - 11:18moitas, moitas veces ata rematar nos bancos de Islandia
-
11:18 - 11:20ou no resto da Gran Bretaña
-
11:20 - 11:23e os aforros da xente común vense afectados por elo
-
11:23 - 11:26entón non se pode confiar nun sistema de supervisión nacional.
-
11:26 - 11:29Pra ter estabilidade, crecimento económico,
-
11:29 - 11:32traballos, así como estabilidade financeira a largo prazo,
-
11:32 - 11:35requírense institucións económicas globais que aseguren
-
11:35 - 11:37que o crecemento a soster sexa compartido
-
11:37 - 11:39e construido sobre o principio
-
11:39 - 11:42de que a prosperidade deste mundo é indivisible.
-
11:42 - 11:45Polo tanto, outro reto pra nosa xeración é crear institucións globais
-
11:45 - 11:49que reflictan as nosas ideas de xustiza e responsabilidade
-
11:49 - 11:51e non as ideas que foron a base
-
11:51 - 11:56da última etapa do desenvolvemento financeiro durante estes anos recentes.
-
11:56 - 12:00Entón consideremos o desenvolvemento e as asociacións que necesitamos entre os nosos países
-
12:00 - 12:05e o resto do mundo, a parte máis pobre do mundo.
-
12:05 - 12:09Non temos as bases dunha asociación apropiada pra o futuro,
-
12:09 - 12:12e nembargantes, do desexo da xente dunha ética global
-
12:12 - 12:15e unha sociedade global se pode facer.
-
12:15 - 12:18Falaba recentemente co Presidente de Serra Leona,
-
12:18 - 12:21Este é un país con seis millóns e medio de habitantes,
-
12:21 - 12:25pero só teñen 80 doutores, 200 enfermeiras
-
12:25 - 12:28e 120 parteiras.
-
12:28 - 12:32Non se pode comezar a construir un sistema de saude pra seis millóns de persoas
-
12:32 - 12:35con recursos tan limitados.
-
12:35 - 12:37Ou consideren a nena que coñecín cando estiven en Tanzania,
-
12:37 - 12:39unha nena chamada Miriam;
-
12:39 - 12:43tiña 11 anos e os seus pais morreran os dous de SIDA,
-
12:43 - 12:45a súa nai e logo o seu pai
-
12:45 - 12:48Era unha orfa do SIDA que pasara
-
12:48 - 12:51por diferentes familias pra o seu cuidado.
-
12:51 - 12:53Ela mesma sufría do VIH,
-
12:53 - 12:55e padecía tuberculose.
-
12:55 - 12:59A coñecín nun campo, en farrapos, sen zapatos,
-
12:59 - 13:02cando a miras ós ollos, calquera nena de once anos
-
13:02 - 13:05está a esperar o futuro,
-
13:05 - 13:09pero había unha tristeza inalcanzable nos ollos desta nena
-
13:09 - 13:14que si eu puidese traducir ó resto o do mundo ese momento,
-
13:14 - 13:18Eu creo que todo o traballo que se fixera polo fondo global do VIH/SIDA
-
13:18 - 13:21veríase recompensado por xente disposta a facer donacións.
-
13:21 - 13:25Debemos entón construir una relación axeitada entre os países
-
13:25 - 13:27máis ricos e os máis pobres
-
13:27 - 13:30basada no noso desexo de que poidan valerse por sí mesmos
-
13:30 - 13:33coa inversión que sexa necesaria na súa agricultura,
-
13:33 - 13:37de modo que África non sexa un importador neto de alimentos senón un exportador de alimentos.
-
13:37 - 13:39Consideremos os problemas dos dereitos humanos e
-
13:39 - 13:42os problemas de seguridade en tantos países ó redor do mundo.
-
13:42 - 13:47Burma está encadeada, Zimbawe é unha traxedia humana,
-
13:47 - 13:50no Sudán miles de persoas morreron innecesariamente
-
13:50 - 13:53por guerras que poderíamos evitar.
-
13:53 - 13:56No Museo Infantil de Ruanda,
-
13:56 - 14:00hai unha fotografía dun neno de 10 anos
-
14:00 - 14:06e o Museo Infantil conmemora as vidas que se perderon
-
14:06 - 14:10no xenocidio de Ruanda no que morreron un millón de persoas.
-
14:10 - 14:13Hai unha fotografía dun neno chamado David,
-
14:13 - 14:17ó carón da fotografía hai información da súa vida,
-
14:17 - 14:20que dí: "David, idade 10 anos."
-
14:20 - 14:23David, a súa ambición: ser doutor.
-
14:23 - 14:27Deporte favorito: futbol ¿qué lle gustaba máis?
-
14:27 - 14:30Facer rir á xente,
-
14:30 - 14:33¿cómo morreu?
-
14:33 - 14:35Torturado a morte.
-
14:35 - 14:40As últimas palabras que lle dixo a súa nai que tamén foi torturada ata morrer:
-
14:40 - 14:44"No te preocupes, as Nacións Unidas van chegar."
-
14:44 - 14:47e nunca o fixemos
-
14:47 - 14:49E este rapaz creu nas nosas promesas,
-
14:49 - 14:52que axudaríamos á xente en dificultades en Ruanda,
-
14:52 - 14:54e nunca o fixemos.
-
14:54 - 14:56Entón non só temos que crear neste mundo
-
14:56 - 14:58institucións pra manter a paz e de axuda humanitaria,
-
14:59 - 15:02senón tamen de reconstrucción e seguridade
-
15:02 - 15:05pra algúns dos estados cheos de conflictos no mundo.
-
15:05 - 15:08Polo tanto o meu argumento hoxe é fundamentalmente este:
-
15:08 - 15:11Temos os medios cos que podemos crear unha auténtica sociedade global.
-
15:11 - 15:17Con nosos esforzos podemos crear as institucións desta sociedade global;
-
15:17 - 15:21Que a ética global pode infundir a xustiza e responsabilidade que é necesaria
-
15:21 - 15:24pra que estas institucións funcionen
-
15:24 - 15:27pero non debemos perder a oportunidade nesta xeración,
-
15:27 - 15:31nesta década en particular, co Presidente Obama nos Estados unidos,
-
15:31 - 15:34e con outra xente traballando con nos ó redor do mundo
-
15:34 - 15:36pra crear institucións globais pra o medioambiente,
-
15:36 - 15:38pra as finanzas
-
15:38 - 15:40e pra a seguridade e o desenvolvemento,
-
15:40 - 15:43que dean sentido a nosa responsabilidade cara as outras personas,
-
15:43 - 15:46o noso desexo de concilialo mundo e
-
15:46 - 15:50a nosa necesidade de afrontar os problemas que todos sabemos que existen.
-
15:50 - 15:55Dise que na Roma Antiga, cando Cicerón dirixíase a súa audiencia,
-
15:55 - 16:01a xente mirábase entre sí e dicían de Ciceron: "Gran discurso."
-
16:01 - 16:03Mais dise que na Grecia antiga
-
16:03 - 16:06cando Demóstenes dirixíase a súa audiencia,
-
16:06 - 16:09a xente mirábanse e non dicían: "Gran discurso"
-
16:09 - 16:11dicían: "Imos logo"
-
16:11 - 16:14Debemos ir tamén nós cara a unha sociedade global.
-
16:14 - 16:15Gracias.
-
16:15 - 16:21Aplausos
- Title:
- Gordon Brown: interconectando unha rede pra o ben global
- Speaker:
- Gordon Brown
- Description:
-
Estamos nun intre único na historia, dí o Primer ministro do Reino Unido Gordon Brown:podemos usar a interconectividade de hoxe pra desenvolver unha ética global compartida e traballar xuntos pra enfrentarnos ós retos da pobreza, a seguridade, o cambio climático e a economía.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 16:21